2. XUSTIFICACIÓN
Para a realización de esta tarefa os obxectivos e contidos
foron modificados xa que por error puxen os do 1º ciclo
de Educación Infantil (de 0 a 3 anos), sen embargo os
nenos cos que vamos a traballar pertencen ós do 2º ciclo
de Educación Infantil (de 3 a 6 anos).
Concretamente a idade para que son propostas estas
actividades son para nenos de 3 a 4 anos.
3. ACTIVIDAD DE
COMPRESIÓN ORAL
Comezaremos tódolos días as clases de francés ca
canción de “Bonjour madame, bonjour monsieur”
(http://www.youtube.com/watch?v=jKbj37VAy_4).
Acompañaremos a canción con xestos de saúdo.
4. A continuación explicarémoslles ós nenos que vamos a
traballar cas partes do corpo e poñerémoslle un vídeo
cunha canción como introdución ao tema:
http://www.youtube.com/watch?v=bChrAwLzoSo#t=59
Escoitaremos a canción unhas cantas veces para que os
nenos familiarícense con ela e memoricen algunhas partes
da canción.
Unha vez que os nenos a escoitaron unhas cantas veces a
canción, bailaremos esta canción movendo as partes do
corpo que se indican nesta e intentaremos cantala.
5. Para a avaliación desta actividade, a mestra poñerá na
PDI unha actividade realizada co JClic. Os nenos irán
saíndo de un en un a PDI e a mestra dirá en alto o
nome dunha das partes do corpo (os mencionados na
canción). Eles deberán marcar na pizarra o debuxo da
parte do corpo que a mestra pronunciou e deberán
intentar pronuncialo mentres o buscan, e para
finalizar emparellalo co debuxo correspondente.
6. Aquí os deixo un vídeo de como sería esta actividade de
avaliación:
http://www.youtube.com/watch?v=KawVoYWnDkg
Para finalizar a clase de francés cantaremos a canción
de “Au revoir mes amis”
http://www.youtube.com/watch?v=ngolq1SIHuY
7. TEMPO E RECURSOS
O tempo estimado para esta actividade é de 50
minutos.
Os recursos serían: un ordenador, un proxector e unha
PDI
Os recursos en liña serían:
•Canción de “Bonjour madame, bonjour monsieur
http://www.youtube.com/watch?v=jKbj37VAy_4
Vídeo creado polo usuario Nousallonsman.
•Canción “Les parties du corps”
http://www.youtube.com/watch?v=bChrAwLzoSo#t=59
Vídeo creado polo usuario tialela99.
•Actividade de avaliación co JClic
http://www.youtube.com/watch?v=KawVoYWnDkg
Tarefa e vídeo realizado por min.
•Canción de “Au revoir mes amis”
http://www.youtube.com/watch?v=ngolq1SIHuY
Esta canción foi recortada por min xa que o vídeo era máis longo e o resto non me interesaba
para esta actividade.
O video orixinal é http://www.youtube.com/watch?v=dlSSO7mc8L8 e foi creado polo
usuario Paola Wilson.
8. ACTIVIDAD DE
COMPRESIÓN ESCRITA
Como mencionei antes comezaremos tódolos días as
clases de francés ca canción de “Bonjour madame,
bonjour monsieur”
(http://www.youtube.com/watch?v=jKbj37VAy_4).
Acompañaremos a canción con xestos de saúdo.
9. Posteriormente poñeremos unha canción dun rapaz
que fala co seu pai porque dóenlle moitas partes do
corpo (http://www.youtube.com/watch?v=z93jInZlu_k
)a poñeremos unhas cantas veces e pedirémoslles os
nenos que estean moi atentos ás partes do corpo que
lle doen ó neno. Intentaremos que os nenos canten a
canción e que xestualicen.
10. Para a avaliación de esta actividade, darase aos
alumnos un debuxo dun neno, en tamaño A3
(http://www.imagui.com/a/cuerpo-humano-de-unnino-i6ep7B5EX) . Eles deberán colorear as partes do
corpo que se mencionan no vídeo.
11. Para finalizar a clase de francés cantaremos a canción
de “Au revoir mes amis”
(http://www.youtube.com/watch?v=ngolq1SIHuY)
12. TEMPO E RECURSOS
O tempo estimado para esta actividade é de 20
minutos.
Os recursos serían: un ordenador, un proxector , papel
tamaño A3 e colores para dibuxar.
Os recursos en liña serían:
•Canción de “Bonjour madame, bonjour monsieur:
http://www.youtube.com/watch?v=jKbj37VAy_4
Vídeo creado polo usuario Nousallonsman.
•Canción “Ça va mal”:
http://www.youtube.com/watch?v=z93jInZlu_k
Vídeo creado por min.
A idea partiu do seguinte vídeo de youtube
http://www.youtube.com/watch?v=oJ5zj3YQ0Tg
Vídeo creado polo usuario Sylvia Duckworth
•Actividade de avaliación
Debuxo da páxina web
http://www.imagui.com/a/cuerpo-humano-de-un-nino-i6ep7B5EX
•Canción de “Au revoir mes amis”
http://www.youtube.com/watch?v=ngolq1SIHuY
Esta canción foi recortada por min xa que o vídeo era máis longo e o resto non me interesaba
para esta actividade.
O video orixinal é http://www.youtube.com/watch?v=dlSSO7mc8L8 e foi creado polo
usuario Paola Wilson.
13. REFLEXIÓN
Para realizar a tarefa planifiquei as actividades de
forma que cumpriran os obxectivos, contidos e capacidades
da tarefa 2. Unha vez que xa tiña unha idea, busquei recursos
en liña para poder levalo a cabo. Como non atopei todo o que
necesitaba algúns recursos os tiven que crear eu.
Posteriormente, unha vez escollidos os recursos pasei o
desenvolvemento da tarefa.
Ó facer a actividade de avaliación de comprensión oral
tiven un problema co JClic, xa que non me deixaba publicala
en formato web para logo eu poder colgala ou crear un link
para a súa visualización. A única alternativa que atopei foi a
de grabar un vídeo realizando eu a actividade no ordenador
para que se puidera ver como se faría a actividade cos nenos.
14. Para a actividade de comprensión escrita intentei facer
un vídeo co GoAnimate pero resultoume imposible xa que
non conseguía os resultados que eu quería, polo que tiven
que buscar outra alternativa. Ó final realicei un montaxe co
Movie Maker con imaxes fixas creadas co GoAnimate .
O que máis aprendín con esta tarefa foi a desenvolver
un pouco máis a competencia dixital. Tamén a mellorar á
hora de deseñar, planificar e avaliar os procesos de ensinanzaaprendizaxe e a adaptarme os obxectivos e contidos
plantexados na outra tarefa.
En xeral a tarefa resultoume interesante, xa que
estamos aprendendo a planificar actividades e considero que
isto é unha dos aspectos máis importantes na nosa profesión.