SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  8
Télécharger pour lire hors ligne
Literatura Galega
                                do Século XX e da Actualidade

                       Arcadio López Casanova



                                         Entrevista
                                  IES Manuel García Barros
                                         A Estrada
                                                                 Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                         Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 30 de enero de 2013
Arcadio López Casanova
               1.    Vostede naceu en Lugo na inmediata posguerra. Até que punto esta circunstancia e este espazo marcou a súa futura obra e o
                     seu pensamento? O Páramo é o espazo da súa obra “Palabra de honor”. Volveu o espazo lugués a ser fundamental na súa obra
                     ou só ocasional?
                Un é, queira ou non, fillo do seu tempo, e, xa que logo, os marcos temporais, sociais, espaciais, etc. son determinantes na
                configuración da personalidade e da visión do mundo propias.
                En canto a O Páramo, é un espazo esencial –que chegou a acadar unha complexa dimensión simbólica- no meu mundo poético, tal se
                pode ver no meu último poemario, “Herdo do canto”.


               2.    A súa infancia foi tan importante como para amosar aquela preocupación obsesiva por recuperala nas súas primeiras obras?

                Por fortuna, tiven una infancia moi feliz, verdadeiramente edénica, naquela paisaxe fermosa d´O Páramo, na casa familiar (que
                será logo, nos meus poemas, a “Casa grande”) e coa figura protectora, mítica, da miña avóa Manoela (decisiva na miña vida).


               3.    Que supuxo para Vostede a descuberta de Compostela onde tomou contacto directo coa galeguidade da época e coa cultura
                     galega?

                En Compostela, naqueles primeiros anos dos 60, tomou corpo o meu sentimento galeguista, e foron uns anos cheos de ilusión, de
                esperanza, de loita por Galicia, de defensa da nosa língua (cando –todo hai que dicilo- apenas eramos unha ducia os mozos
                universitarios comprometidos).


               4.    Que importancia lles daría Vostede a aquelas xeracións dos anos 50-60 coas que colaborou e nas que figura inmiscido para a
                     nosa literatura contemporánea?

                Coido que é uhna xeración verdadeiramente decisiva e anovadora, que trae –e aporta- unhas poéticas (de signo existencial e
                testemuñal) acordes co seu tempo histórico.




miércoles 30 de enero de 2013
Arcadio López Casanova

               5.    A súa estadía no Colexio Fingoy e os contactos co esgrevio Carbalho Calero marcou en Vostede unha nova visión ou
                     simplemente unha continuación da realizade que encetara en Compostela?
                Agradecín moito a confianza que me deu no seu momento don Ricardo, e axudoume, sobre de todo, na tarefa docente e
                investigadora.

               6.    Cre Vostede que aquela xeración ou grupo poético que se deu a coñecer co certame das Festas Minervais marcou un antes e
                     un despois na nosa lírica do século XX?
                Coma xa apuntei, certamente que si, foi verdadeiramente revolucionaria. Pero é unha xeración que aínda hai que investigar a
                fondo, con rigor, para ver toda a súa complexa articulación e todo o alto valor das súas aportacións.

               7.    Coida Vostede que aquela visión desesperada do mundo e das cousas que se podía ollar
                     na “Escola da Tebra” aínda tería vixencia nesta nosa sociedade contemporánea?

                Toda visión auténtica –coma o foi aquela- non desaparez, sempre ten vixencia. Non responde a
                unha moda pasaxeira, senón a algo máis radical e fondo. E non se pode esquecer, doutra
                banda, que estamos en tempos ben mesterosos, nos que o poeta ten que volver a cantar dende
                a “noite do mundo”.

               8.    Recén rematada a ditadura no ano 1976 publícanse dúas obras consideradas fundamentais
                     para a nosa lírica de fins de século: “Con pólvora e magnolias” de Méndez Ferrín e a súa
                     “Mesteres”. Que nos podería contar da importancia destas dúas obras para a nosa lírica?
                     Que sente un escritor ao publicar unha obra coma esta que abre un novo espazo literario?

                Para min foi unha alegría –e una honra- coincidir nese ano co gran amigo e compañeiro, mestre
                en tantas cousas, X.L. Méndez Ferrín. Os dous viñamos das poéticas de signo realista (pero sen
                desbotar os valores estéticos), e coido que os nosos libros –tan diferentes, por outra parte-
                coincidían en supostos básicos de creación: un, a consideración do poema coma obxecto estético;
                outro,un poema non se xustifica pola súa substancia temática (sexa a que for); e outro, a
                revolución tamén está na forma estética.




miércoles 30 de enero de 2013
Arcadio López Casanova

               9.    Dúas obras súas foron retiradas “Por orde gubernativa”. Que sente un
                     autor perante este feito? Fai este feito que, como ocorreu con Curros,
                     aínda se reafirme máis nos seus pensamentos e na súa maneira de actuar?
                Pois, por suposto, frustración e impotencia, cando un comproba que a súa
                palabra non é libre. Pero, certamente, tamén supón un íntimo reforzo dos
                seus ideais, dos seus supostos de creación, do seu espírito de loita.


               10.   A temática da súa obra foi evolucionando incluso desde unha
                     preocupación por recuperar a infancia até meditacións íntimas sobre a
                     morte. Como nos podería xustificar estas temáticas tan antitéticas?

                                                                                                            Fonte: franciscoponce.com
                Non, non son antitéticas se se entende –coma algunhas veces comentei- que toda a miña
                obra agroma dun foco unitario, a vivencia dramática dunha desfeita, da existencia coma
                perda ou desvalemento só sostida –e iluminada- polo amor. Esa desfeita era, nos
                primeiros poemas, a do mundo edénico da infancia; logo, a experiencia do exilio, a perda
                da Terra-Nai e das raíces; e tamén, claro, o asexo visionario da Morte.

               11.   Na creación, e a parte da poesía, interésanlle outros xéneros ou formas literarios?

                Interesoume –e interésame- o relato infantil (publiquei dous) e o teatro (saíu una obra miña, “Orestes”, que chegou a ter una
                lectura escenificada). Dende hai moitos anos –pode que corenta- teño inéditos outro relato infantil e unha obra de teatro.


               12.   Vostede que se deu a coñecer pola súa escrita en galego e que tamén publicou en lingua castelá, en cal dos dous idiomas se
                     sente máis cómodo e comprometido? Pode un escritor acadar un alto nivel literario en dous idiomas ou máis diferentes?

                No meu caso, a língua está sempre en razón do agromo do mundo representado.Por poñer un exemplo: “Mesteres” sería impensable
                en castelán e “La oscura potestad” en galego. Certo tamén –en canto ó compromiso- que é moito máis ampla a miña obra en galego.




miércoles 30 de enero de 2013
Arcadio López Casanova

               13.   Que sente un escritor ao ser premiado? E cando ten que conceder un premio nun xurado? Para cal das dúas facetas lle axudou
                     máis a súa profesión de profesor de critica literaria?

                Un premio é –ó menos para min- o recoñecemento a un traballo creador, e que, por máis, axuda a dar a coñecer a obra dun autor. Nun
                xurado, tento actuar sempre co meirande rigor crítico que me guíe a premiar unha obra de verdadeiro valor literario e que amose
                unha voz orixinal.
                Obviamente, a miña función de profesor e de estudoso da literatura é a que máis me axuda cando estou nesa tarefa de xurado.

               14.   E por último, que supuxo para Vostede que a RAG o nomease “Membro de honra”? Este feito fíxoo pensar en retomar a súa
                     actividade literaria no noso idioma?




                                                               A RAG é a institución emblemática –e xa centenaria- da língua
                                                               e a cultura do noso país. Formar parte dela representa, polo
                                                               tanto, unha honra, e supón un xeneroso recoñecemento ó meu
                                                               traballo creador e de investigación.
                                                               Doutra banda, nunca abandonei a actividade literaria en
                                                               galego. Sucede que a miña obra delóngase moito no tempo, sen
                                                               prisas nin urxencias. Agora, tras sete anos de silencio, teño
                                                               case rematado un novo poemario, “As voces da máscara”.




miércoles 30 de enero de 2013
A R IO
                                      IO N
                                  ES T
                                CU



miércoles 30 de enero de 2013
a   a                                          Un p
                   it           ad o par                                                       erson
              r axe ?                              Unha utopía?                                     axe l
         luga tura                o                                                                        i
                                                                                                  iden terario c
      Un       lec          cia, n                                                      Con              tifiq     o qu
                    e Valen                           A igualdade e                 priva calque               ue?      e se
              asa d acho.                                                                ción   r an
                                                                                                     tih
         iña c desp
                                                                                              econ        é
                                                 liberdade das xentes e                             aute roe que
      Am    meu                                                                                 o seu nticida loita, d
                                                   os pobos oprimidos.                                prox      d         en
                                                                                                           ecto e, por des de a
                                                                                                               vital      envo
                                                                                                                     .         lver
        Un/ha autor/-a e unha obra                                            ?
                                                                       de cine
            literaria galegos?                                     a
                                                           películ                  eo” d
                                                                                          e               Un m
         Direi dous nomes e dúas                   Un   ha                   o“  Orf de                           onum
                                                                      t res:, o selo”        ni,            salie         ento
                                                                   én                      io
         obras cimeiras: Rosalía e                         ei tam O sétim Anton ntes                              ntáb
                                                    C itar au , “           e ” de      ista re                         el?
        “Follas novas”. Pimentel e                      Co cte “A noit (ben d e cut                   Am
                                                                               s
                                                             an e ras xoia ica - de ino,
                                                                                         s                ural
                                                          m                                           “Cid     la da
       “Sombra do aire na herba”.                   Berg rdadei n estét Tarant ).                          ade d      miñ
                                                    tre s ve       o ee        d os         ada                  e ped      a
                                                             t emp actual áis cam                                      ra”.
                                                      – en ado              dem
                                                           rein dóvar e
                                                                 o
       Un/ha autor/-a e unha obra                           Alm                          Un personaxe galego e
           literaria estranxeiros?                                                    un estranxeiro?
      Agora –se se me permite- citarei                                             Sempre tiven –e teño- uhna
                                                                                 grande admiración pola figu
    tres: T.S.Eliot e os “Catro coartetos/                                                                     ra
                                                                                 patriarcal de Otero Pedrayo. De
    “Anábase” de Perse/ “Dios deseado y                                           fora, Gandhi, exemplo dunha
               deseante” de JRJ.                                                     ética ó servizo dun pobo.



miércoles 30 de enero de 2013
Un feito histórico?                     Unha obra teatral?                      Un tipo
                                                                                                     de músi
                                               Dúas,“Divinas palabras” de Valle                                ca? Unh
        A Revolución Francesa (con             - Inclán e “As moscas” de Sartre.       Depende                             a
            todo o que supuxo).                                                               ndo dos
                                                                                                        moment
                                                                                           de ánim              os e o est
                                                                                                    o, Debus
                                                                                        Schönbe
                                                                                                rg. O ca     sy, Falla ado
                                                                                                                       ,
                                          Un lugar para visitar? e un lugar                 os“Carm
                                                                                                         nto greo
                                                                                                                  gorián e
                                                                                                      ina Bur
                                                 para descansar?                                              ana”.
                                           Son un decadente (que lle vou facer!):
             Cal é a súa fonte de         sempre Venecia. Para descansar, a miña
                                            casa ou a Casa grande d´O Páramo.
                                                                                                  Ou
                inspiración?                                                                   ad tro
                                                                                                   em en
     Tentei –e tento- ser sempre fiel ó                                                                ais tret
   que me vai dictando, paso a paso, a                                          ?               Vi          da eme
                                                                           izar             iti axa           l   n
   miña vida, o meu sentir máis fondo
                                                                  por real                     ne
                                                                                                  rar   r, d ectu to
   e auténtico. Para min a poesía é, en                       o              o                                   ra?
                                                       a ncei        io neir n,                       ios esco
   primeiro termo, unha iluminadora
                                                  U n            anc arme                              el      b
                                                                                                          ug rir
     revelación, e ten, por máis, unha                       un c o a C            a
                                                    Esc ribir icad           i da,                          are
    función perfectiva, edificadora da
                                                            d ed      i ña v                                    s.
              nosa existencia.                        roso ra na m ebo.
                                                  amo añei              d
                                                        p        a nto
                                                   com quen t                             Mundo rural/urbano?
            Un/ha autor/-a con quen se                                                      Praia/montaña?
                  identifique?                                                            Eu son lugués do interior, pero a
       Non hai un, hai moitos. Cada momento, cada                                         miña estadía no País Valencano
        etapa da vida ten os seus exemplos, os seus                                     descobriume a presencia e a vivencia
                         modelos.                                                      do mar, que forma parte da miña vida
                                                                                             (e do meu mundo poético).

miércoles 30 de enero de 2013

Contenu connexe

Tendances

María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5cigformacion
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 

Tendances (20)

María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Similaire à Arcadio lópez casanova

Similaire à Arcadio lópez casanova (20)

Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 

Plus de Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Plus de Asnosasletras (17)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Arcadio lópez casanova

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Arcadio López Casanova Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 30 de enero de 2013
  • 2. Arcadio López Casanova 1. Vostede naceu en Lugo na inmediata posguerra. Até que punto esta circunstancia e este espazo marcou a súa futura obra e o seu pensamento? O Páramo é o espazo da súa obra “Palabra de honor”. Volveu o espazo lugués a ser fundamental na súa obra ou só ocasional? Un é, queira ou non, fillo do seu tempo, e, xa que logo, os marcos temporais, sociais, espaciais, etc. son determinantes na configuración da personalidade e da visión do mundo propias. En canto a O Páramo, é un espazo esencial –que chegou a acadar unha complexa dimensión simbólica- no meu mundo poético, tal se pode ver no meu último poemario, “Herdo do canto”. 2. A súa infancia foi tan importante como para amosar aquela preocupación obsesiva por recuperala nas súas primeiras obras? Por fortuna, tiven una infancia moi feliz, verdadeiramente edénica, naquela paisaxe fermosa d´O Páramo, na casa familiar (que será logo, nos meus poemas, a “Casa grande”) e coa figura protectora, mítica, da miña avóa Manoela (decisiva na miña vida). 3. Que supuxo para Vostede a descuberta de Compostela onde tomou contacto directo coa galeguidade da época e coa cultura galega? En Compostela, naqueles primeiros anos dos 60, tomou corpo o meu sentimento galeguista, e foron uns anos cheos de ilusión, de esperanza, de loita por Galicia, de defensa da nosa língua (cando –todo hai que dicilo- apenas eramos unha ducia os mozos universitarios comprometidos). 4. Que importancia lles daría Vostede a aquelas xeracións dos anos 50-60 coas que colaborou e nas que figura inmiscido para a nosa literatura contemporánea? Coido que é uhna xeración verdadeiramente decisiva e anovadora, que trae –e aporta- unhas poéticas (de signo existencial e testemuñal) acordes co seu tempo histórico. miércoles 30 de enero de 2013
  • 3. Arcadio López Casanova 5. A súa estadía no Colexio Fingoy e os contactos co esgrevio Carbalho Calero marcou en Vostede unha nova visión ou simplemente unha continuación da realizade que encetara en Compostela? Agradecín moito a confianza que me deu no seu momento don Ricardo, e axudoume, sobre de todo, na tarefa docente e investigadora. 6. Cre Vostede que aquela xeración ou grupo poético que se deu a coñecer co certame das Festas Minervais marcou un antes e un despois na nosa lírica do século XX? Coma xa apuntei, certamente que si, foi verdadeiramente revolucionaria. Pero é unha xeración que aínda hai que investigar a fondo, con rigor, para ver toda a súa complexa articulación e todo o alto valor das súas aportacións. 7. Coida Vostede que aquela visión desesperada do mundo e das cousas que se podía ollar na “Escola da Tebra” aínda tería vixencia nesta nosa sociedade contemporánea? Toda visión auténtica –coma o foi aquela- non desaparez, sempre ten vixencia. Non responde a unha moda pasaxeira, senón a algo máis radical e fondo. E non se pode esquecer, doutra banda, que estamos en tempos ben mesterosos, nos que o poeta ten que volver a cantar dende a “noite do mundo”. 8. Recén rematada a ditadura no ano 1976 publícanse dúas obras consideradas fundamentais para a nosa lírica de fins de século: “Con pólvora e magnolias” de Méndez Ferrín e a súa “Mesteres”. Que nos podería contar da importancia destas dúas obras para a nosa lírica? Que sente un escritor ao publicar unha obra coma esta que abre un novo espazo literario? Para min foi unha alegría –e una honra- coincidir nese ano co gran amigo e compañeiro, mestre en tantas cousas, X.L. Méndez Ferrín. Os dous viñamos das poéticas de signo realista (pero sen desbotar os valores estéticos), e coido que os nosos libros –tan diferentes, por outra parte- coincidían en supostos básicos de creación: un, a consideración do poema coma obxecto estético; outro,un poema non se xustifica pola súa substancia temática (sexa a que for); e outro, a revolución tamén está na forma estética. miércoles 30 de enero de 2013
  • 4. Arcadio López Casanova 9. Dúas obras súas foron retiradas “Por orde gubernativa”. Que sente un autor perante este feito? Fai este feito que, como ocorreu con Curros, aínda se reafirme máis nos seus pensamentos e na súa maneira de actuar? Pois, por suposto, frustración e impotencia, cando un comproba que a súa palabra non é libre. Pero, certamente, tamén supón un íntimo reforzo dos seus ideais, dos seus supostos de creación, do seu espírito de loita. 10. A temática da súa obra foi evolucionando incluso desde unha preocupación por recuperar a infancia até meditacións íntimas sobre a morte. Como nos podería xustificar estas temáticas tan antitéticas? Fonte: franciscoponce.com Non, non son antitéticas se se entende –coma algunhas veces comentei- que toda a miña obra agroma dun foco unitario, a vivencia dramática dunha desfeita, da existencia coma perda ou desvalemento só sostida –e iluminada- polo amor. Esa desfeita era, nos primeiros poemas, a do mundo edénico da infancia; logo, a experiencia do exilio, a perda da Terra-Nai e das raíces; e tamén, claro, o asexo visionario da Morte. 11. Na creación, e a parte da poesía, interésanlle outros xéneros ou formas literarios? Interesoume –e interésame- o relato infantil (publiquei dous) e o teatro (saíu una obra miña, “Orestes”, que chegou a ter una lectura escenificada). Dende hai moitos anos –pode que corenta- teño inéditos outro relato infantil e unha obra de teatro. 12. Vostede que se deu a coñecer pola súa escrita en galego e que tamén publicou en lingua castelá, en cal dos dous idiomas se sente máis cómodo e comprometido? Pode un escritor acadar un alto nivel literario en dous idiomas ou máis diferentes? No meu caso, a língua está sempre en razón do agromo do mundo representado.Por poñer un exemplo: “Mesteres” sería impensable en castelán e “La oscura potestad” en galego. Certo tamén –en canto ó compromiso- que é moito máis ampla a miña obra en galego. miércoles 30 de enero de 2013
  • 5. Arcadio López Casanova 13. Que sente un escritor ao ser premiado? E cando ten que conceder un premio nun xurado? Para cal das dúas facetas lle axudou máis a súa profesión de profesor de critica literaria? Un premio é –ó menos para min- o recoñecemento a un traballo creador, e que, por máis, axuda a dar a coñecer a obra dun autor. Nun xurado, tento actuar sempre co meirande rigor crítico que me guíe a premiar unha obra de verdadeiro valor literario e que amose unha voz orixinal. Obviamente, a miña función de profesor e de estudoso da literatura é a que máis me axuda cando estou nesa tarefa de xurado. 14. E por último, que supuxo para Vostede que a RAG o nomease “Membro de honra”? Este feito fíxoo pensar en retomar a súa actividade literaria no noso idioma? A RAG é a institución emblemática –e xa centenaria- da língua e a cultura do noso país. Formar parte dela representa, polo tanto, unha honra, e supón un xeneroso recoñecemento ó meu traballo creador e de investigación. Doutra banda, nunca abandonei a actividade literaria en galego. Sucede que a miña obra delóngase moito no tempo, sen prisas nin urxencias. Agora, tras sete anos de silencio, teño case rematado un novo poemario, “As voces da máscara”. miércoles 30 de enero de 2013
  • 6. A R IO IO N ES T CU miércoles 30 de enero de 2013
  • 7. a a Un p it ad o par erson r axe ? Unha utopía? axe l luga tura o i iden terario c Un lec cia, n Con tifiq o qu e Valen A igualdade e priva calque ue? e se asa d acho. ción r an tih iña c desp econ é liberdade das xentes e aute roe que Am meu o seu nticida loita, d os pobos oprimidos. prox d en ecto e, por des de a vital envo . lver Un/ha autor/-a e unha obra ? de cine literaria galegos? a películ eo” d e Un m Direi dous nomes e dúas Un ha o“ Orf de onum t res:, o selo” ni, salie ento én io obras cimeiras: Rosalía e ei tam O sétim Anton ntes ntáb C itar au , “ e ” de ista re el? “Follas novas”. Pimentel e Co cte “A noit (ben d e cut Am s an e ras xoia ica - de ino, s ural m “Cid la da “Sombra do aire na herba”. Berg rdadei n estét Tarant ). ade d miñ tre s ve o ee d os ada e ped a t emp actual áis cam ra”. – en ado dem rein dóvar e o Un/ha autor/-a e unha obra Alm Un personaxe galego e literaria estranxeiros? un estranxeiro? Agora –se se me permite- citarei Sempre tiven –e teño- uhna grande admiración pola figu tres: T.S.Eliot e os “Catro coartetos/ ra patriarcal de Otero Pedrayo. De “Anábase” de Perse/ “Dios deseado y fora, Gandhi, exemplo dunha deseante” de JRJ. ética ó servizo dun pobo. miércoles 30 de enero de 2013
  • 8. Un feito histórico? Unha obra teatral? Un tipo de músi Dúas,“Divinas palabras” de Valle ca? Unh A Revolución Francesa (con - Inclán e “As moscas” de Sartre. Depende a todo o que supuxo). ndo dos moment de ánim os e o est o, Debus Schönbe rg. O ca sy, Falla ado , Un lugar para visitar? e un lugar os“Carm nto greo gorián e ina Bur para descansar? ana”. Son un decadente (que lle vou facer!): Cal é a súa fonte de sempre Venecia. Para descansar, a miña casa ou a Casa grande d´O Páramo. Ou inspiración? ad tro em en Tentei –e tento- ser sempre fiel ó ais tret que me vai dictando, paso a paso, a ? Vi da eme izar iti axa l n miña vida, o meu sentir máis fondo por real ne rar r, d ectu to e auténtico. Para min a poesía é, en o o ra? a ncei io neir n, ios esco primeiro termo, unha iluminadora U n anc arme el b ug rir revelación, e ten, por máis, unha un c o a C a Esc ribir icad i da, are función perfectiva, edificadora da d ed i ña v s. nosa existencia. roso ra na m ebo. amo añei d p a nto com quen t Mundo rural/urbano? Un/ha autor/-a con quen se Praia/montaña? identifique? Eu son lugués do interior, pero a Non hai un, hai moitos. Cada momento, cada miña estadía no País Valencano etapa da vida ten os seus exemplos, os seus descobriume a presencia e a vivencia modelos. do mar, que forma parte da miña vida (e do meu mundo poético). miércoles 30 de enero de 2013