SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  12
Télécharger pour lire hors ligne
Carmen Blanco
Carmen Blanco naceu en Lugo no ano 1954. É profesora na
Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo).
Desde os anos setenta tomou parte dos diferentes movementos
de liberación da muller. É autora de obra ensaística (centrada
especialmente na literatura escrita por mulleres así coma de
grandes escritoras e escritores de Literatura Galega coma Luz
Pozo Garza, María Mariño, Uxío Novoneira...), obra poética
( Estraña estranxeira/ Un mundo de mulleres/ Lobo amor...) e
de narrativa (Vermella con lobos/ Atracción total). Tamén se
distinguiu por traducións e edicións de obras.

Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 22 de enero de 2014
Carmen Blanco
1.

Os seus estudos universitarios enmarcáronse nos derradeiros anos da ditadura. Como marcaron aqueles feitos á futura Carmen
Blanco tanto a nivel persoal coma no seu compromiso futuro co noso país, coas nosas mulleres, coa nosa memoria histórica...?
O meu compromiso solidario coa mellora da vida humana e a asunción na práctica diaria da igualdade de dereitos para todas as
persoas sen discriminación vén xa de nena pois fun educada, a contracorrente da ditadura, no seo dunha familia de ideais
progresistas e humanistas por uns pais que eran fillo e filla de pais represaliados polo franquismo: o meu pai era un home de ideais
republicanos e a miña nai tiña unhas profundas conviccións feministas. Nos anos universitarios, como xa fixera durante os graos
anteriores do ensino, ampliei os meus contactos con distintos sectores ideolóxicos das diferentes xeracións que loitaban nas distintas
frontes contra a ditadura e coñecín e traballei solidariamente, con persoas e grupos moi diversos, por conseguir causas comúns,
especialmente, galeguistas, feministas e libertarias. Foron anos de coñecemento e aprendizaxe, como todos os da miña vida. Moitas
colaboracións solidarias daqueles anos perduran hoxe para accións puntuais. E tamén perduraron moitas relacións de amizade e a
relación amorosa con Claudio Rodríguez Fer, pai da miña filla, que comezou nestes anos.

2.

Supoñemos que os seus primeiros contactos con don Ricardo Carballo Calero se produciron na Universidade. Que supuxo para
Vostede aquel “vello profesor”, aquel catedrático de Literatura Galega?
Eu coñecín a Carballo Calero de nena en Lugo cando, no seu exilio interior despois de saír do
cárcere franquista por defender a II República, facía as funcións de director do Colexio Fingoi,
un colexio mixto, galeguista e integrado no medio, que seguía os principios pedagóxicos
innovadores do Instituto Escuela e da Institución Libre de Enseñanza, un colexio excepcional
dentro do contexto da educación autoritaria e sexista da ditadura. Nese colexio deume clase
de Lingua española aos 10 anos Carballo e, tamén no mesmo curso de 1º de bacharelato, na
materia de Debuxo outro escritor e artista represaliado polo franquismo, Angel Johan, aínda
que moito antes eu aprendera con miña nai na casa lectura, escritura e pintura. Xa de nena
Carballo ensinoume cousas tan básicas e importantes como ler, escribir, falar, recitar ou
pensar con precisión e creatividade nas aulas de ensino medio nas que ensinaba ademais outras
cousas moi importantes para a vida como a amar e coñecer o que tiñamos máis próximo: as
linguas, os ríos ou os paxaros do lugar. Logo na Universidade de Santiago xa tiven a sorte de
asistir a leccións maxistrais del de lingua, literatura ou historia galegas, e fun testemuña das
súas técnicas pedagóxicas para aproximarnos aos libros galegos vellos e novos, aos de creación
e aos de estudo. Aprendín moito del nas aulas e nos seus libros. E logo aínda aprendería máis
na relación intelectual que tivemos a raíz das gravacións para o libro Conversas con Carballo
Calero e os libros sucesivos que fixen sobre el.

miércoles 22 de enero de 2014

Carmen Blanco e Ricardo
Carvalho Calero.
Foto: Eduardo Ochoa
Carmen Blanco
3.

Desde os anos setenta foi Vostede militante en todo movemento de liberación das mulleres. Cales cre que foron os avances (e
retrocesos se os houbo) para a muller desde aqueles anos até a actualidade?
Avanzouse moito na ampliación dos dereitos teóricos a través de leis inclusivas que aumentaron as nosas posibilidades vitais
positivas de dereito á educación, ao traballo, ao lecer, ao pracer, ao amor e á felicidade en condicións de igualdade cos homes e que
deron lugar a avances reais moi importantes na mellora da vida das mulleres. Mais segue habendo aínda obstáculos visibles e
invisibles que impiden que esas realidades se cumpran plenamente debido ás inercias do pasado e ao peso dos valores patriarcais e
machistas históricos nas mentes e nos corpos de moitos homes e moitas mulleres. É precisa unha profunda liberación mental e
corporal que desterre o medo á outra e ao outro diferentes e nos abra á liberdade e ao amor profundos. O feminismo profundo está
contra o poder sexual e libera a todas as persoas, tanto as mulleres como os homes e demais seres humanos para que sexamos libres.
É importante ser conscientes disto para loitar contra lacras actuais tan graves como os asasinatos, a escravitude e a violencia sexual
de todos os signos exercida polo sistema ou a feminización da pobreza.

4.

Foi Vostede das creadoras de Unión Libre. Cadernos de Vida e Culturas. Aínda lle falta moito a esta sociedade actual para a libre
unión de ideas, de análise e de creación como reza no proxecto destes “Cadernos”?
Si, a liberdade é un camiño polo que se camiña só con liberdade e aínda temos moito que andar. Mais imos andando: á liberdade só
se chega con liberdade. Unión libre. Cadernos de vida e culturas naceu como unha idea de Claudio Rodríguez Fer, con el e comigo na
coordinación e cun comité de redacción internacional cunha importante presenza cualitativa e cuantitativa de mulleres, como Sara
Lamas, María Lopo ou Olga Novo, por citar só as galegas. Sempre houbo seres libres e seres que loitaron pola liberdade persoal e
colectiva propia e de toda a xente. Estas liberdades ampliáronse moito cos avances da civilización dos dereitos humanos, unha
civilización que non pode existir sen esa liberdade de pensamento que implica liberdade de ideas, de análise, de creación e tamén
de memoria, tal como os cadernos propoñen e tratan de poñer en práctica, inspirándose na revolución integral da vida persoal e
comunal do mellor das vangardas históricas integrais, como a surrealista á que rende homenaxe o nome Unión libre, ou de
experiencias antifascistas como os Cadernos de Ruedo Ibérico, dos que recollemos certas prácticas éticas e estéticas e aos que
homenaxeamos no primeiro número. Cando en 1996 Claudio e mais eu lle propuxemos a Isaac Díaz Pardo este proxecto de vangarda
libertaria e multicultural deunos liberdade total para publicalo en Ediciós do Castro. Desde a morte de Isaac Unión libre publícase
na súa propia web.

miércoles 22 de enero de 2014
Carmen Blanco
5.

Poderiamos dicir que na actualidade aínda a muller está distante de acadar roles igualitarios que Vostede reclama para as
protagonistas de contos clásicos en Vermella con lobos?
Si. Hai que estar loitando continuamente pola liberdade e a independencia persoais e sociais, como pola xustiza, a paz, o amor, o
pracer, a verdade, o benestar, a felicidade..., son valores humanos que non se dan sen esforzo nin por decreto e nos que pode haber
perdas e voltas atrás, son valores só reais e vivos nos movementos humanos persoais e sociais de dárnolos amorosamente a nós
mesmas e nós mesmos e dalos da mesma maneira ás demais e aos demais. Na recreación dos contos de As mil e unha noites, as
palabras da noiva de Simbad o Mariño recollida no pequeno porto de Rinlo, na Mariña lucense, mentres lava o pelo, "Amo mais non
teño amo", afírmanse na idea de que o amor ten que ser libre e dar alegría, non como nos maleduca a maioría da literatura amorosa
tradicional da opresión, da dor e da tristeza. E, por desgraza, os malos tratos contra os que loita para repoñerse a protagonista da
recreación do conto de Barba Azul aínda son un problema abafante en toda a nosa sociedade de hoxe. Mais no libro predomina, xunto
á denuncia dos males da opresión, a persistencia na loita pola liberdade, inspirada en casos reais de persoas modestas como as miñas
avoas, por exemplo, nas recreacións dos contos de A bela dormente ou Cinsenta ou nas de Carapucha e Branca de neve escritas
pensando especialmente na liberdade profunda da xente nova e nun presente con futuro para que continúe a vida en harmonía.

6.

A muller, tanto como escritora como na temática, está case omnipresente na súa obra ensaística. Como cre que se encontra a
nosa literatura escrita por mulleres e como se enxerga o seu futuro? Poderiamos falar de literatura feminina galega ou sería esta
denominación un tanto excluínte?
Penso que a escrita das mulleres, como a dos homes, avanzou moito desde o punto de vista ético e estético tanto na inmensa
variedade do mundo como en Galicia, se a analizamos desde as perspectivas máis abertas dos estudos de sexo e xénero. E, tanto
desde esta perspectiva como desde o conxunto das múltiples perspectivas dunha visión integral da creación, hai na literatura galega
obras profundas, outras máis superficiais, obras de moi diversos xéneros e obras para moi variadas funcións, que deseñan un
panorama moi rico e de alta calidade no que hai de todo e no que hai unha enorme proliferación de obras, e, claro, hai cousas moi
ben feitas e outras que non o están tanto. No amor profundo á obra ben feita, ao seu coñecemento e ao seu coidado está para min o
futuro próspero da creación galega e da propia riqueza de Galicia, pois o desamor e o desleixo, derivados da inautenticidade e da
superficialidade, lévanos ao autodesprezo, ao desánimo e á pobreza e non só no terreo cultural senón en todos os demais.
Desta primeira resposta xa se deduce que o termo literatura feminina pode resultar problemático e éo desde o punto de vista
teórico, pois non está claro qué entendemos exactamente por "feminino" e "masculino" e pode resultar excluínte ou marxinador,
como dicides. Mais pódese utilizar, como facemos na lingua común, para referirnos sen máis á literatura feita por mulleres, como
nos podemos referir con "masculina" á feita por homes. E mesmo pódese utilizar xa dunha maneira histórica máis precisa, para
referirnos a diversos tipos de literatura, feita exclusiva ou preferentemente por mulleres, que pode presentar trazos de distintos
tipos de feminidade dunha determinada época, lugar, sector social, cultural ou ideolóxico.

miércoles 22 de enero de 2014
Carmen Blanco
7.

No curso pasado as nosas compañeiras e os nosos compañeiros tiveron a dita de entrevistar a dona Luz Pozo Garza e alí se pode
comprobar a vitalidade e o compromiso dunha persoa que tamén para Vostede semella representar algo moi importante. Que
papel tivo dona Luz Pozo na súa vida e na súa obra?
Para min tamén foi un pracer coñecer a Luz. Cando estudaba o bacharelato
merquei un libro de Luz Pozo Garza, El vagabundo, que me atraeu nunha
librería de Lugo sen ter conscientemente escoitado falar nunca dela. Lino e
gustoume moito. Máis adiante fun lendo o resto da súa obra e escribindo
sobre ela sen coñecela persoalmente. Cando a coñecín houbo unha boa
comunicación entre nós e naceu unha amizade que hoxe seguimos mantendo,
cousa que non impide que eu estude a súa obra coa obxectividade necesaria
propia das ciencias humanas combinada cun enriquecedor coñecemento
integral profundo. Admiro a súa persoa e a súa obra e aprendo dela, aínda
que as nosas persoas e obras sexan moi distintas, e, ademais de ser
importante na miña vida, Luz Pozo Garza está presente na miña obra de
estudo e na miña obra de creación, como eu na dela. Dediqueille moitos
estudos e o libro Luz Pozo Garza: A ave do norte que editei polo seu 80
aniversario; no primeiro número de Unión libre fixen unha fotobiografía súa
no artigo "Nais de tinta", onde aparece xunto ás irmás Dora e Pura Vázquez e
Pilar Vázquez Cuesta, dentro do monográfico Mulleres escritoras; eu
colaborei nas súas revistas “Nordés” e “Clave Orión” e ela inspirou a miña
creación moitas veces, especialmente Atracción total, onde a recreo como
nai simbólica de mulleres (e homes) libres e cito uns versos magníficos que
ela lle dedicara a Rosalía, filla dunha "nai subversiva", Teresa Castro: "A Nai
Luz dixera unha palabra subversiva: madre e regaláralle á Filla unha boneca
para que comprendese todos os misterios do amor".

miércoles 22 de enero de 2014

Carmen Blanco e Luz Pozo Garza.
Carmen Blanco
8.

Para dona Luz Pozo Rosalía de Castro tamén era un claro referente. Que supuxo, e supón, para Vostede a nosa poeta do
Rexurdimento?

Para min Rosalía é tamén un referente intelectual moi importante. Admiro profundamente a creación rosaliana que vexo como a
contribución clásica máis importante do Rexurdimento galego. E ademais a súa obra e figura ten moita importancia non só na
historia da literatura galega, senón tamén na historia da literatura española e na historia da literatura universal, así como na
historia dos avances na vida das mulleres e na historia dos avances nos dereitos humanos fronte ás marxinacións de clase, de etnia,
de cultura ou de sexo. Aínda que Rosalía non é perfecta e hoxe en moitos aspectos do seu pensamento está superada, como é lóxico,
pois a historia avanza, e ademais eu son moi diferente a Rosalía e, mesmo en moitas dimensións, como no seu canto melancólico e
triste, eu son oposta, ela está presente na súa diversidade en case todos os meus libros de ensaio e creación. En efecto, Rosalía
aparece practicamente en todos, xa sexan de historia da literatura, como Literatura galega da muller ou Sexo e lugar, ou de Historia
do movemento feminista, como O contradiscurso das mulleres, onde está fotografada, na versión en español, xunto a Mary
Wollstonecraft, Virginia Woolf e Simone de Beauvoir, ou de pensamento poético e de poesía, como Alba de mulleres, onde continúo a
súa lúcida revisión antipatriarcal do mito da compaña galega que fai en "Estranxeira na súa patria", ou Un mundo de mulleres, onde
recreo unhas palabras súas da prosa poética Lieders na que se mostra como un ser de pensamento absolutamente libre, "So cantos /
de independencia / e liberdade / saen / dos meus labios", no poema "Rosalía" que lle dedico. E co título rosaliano Extranjera en su
patria publiquei unha mostra bilingüe de poesía galega, editada en Madrid, na que trazo o fío que une as poéticas de Rosalía de
Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel e Luz Pozo Garza, e que nesa capital presentei xunto con Luz.
9.

Vostede tamén se distinguiu pola ilustración de obras literarias, especialmente de Claudio Rodríguez Fer. Que lle resulta máis
doado, facer unha crítica literaria ou ben realizar unhas ilustracións a esa obra?
Deseñei Tigres de ternura ao completo nas súas primeiras edicións como un exercicio de arte
integral e integrado na vida para Claudio, mesmo escribíndoo todo coa miña man e foi
publicado na cooperativa libertaria Reprografía 1846 na que tiña lazos de irmandade e
amizade. Tamén fixen con ese mesmo sentido deseños para Historia da lúa, A muller núa e
Vulva de Claudio. Desde moi nova eu pintaba, mais, ao facer unha carreira filolóxica e exercer
a profesión de profesora e estudosa da literatura, funme especializando cada vez máis na
creación literaria e abandonando a creación plástica ou deixándoa na simple afección, de
maneira que, antes resultábame máis doada a ilustración gráfica e agora resúltame máis
doada a crítica literaria. Mais os dous tipos de creación están en min. O logotipo de Unión
libre tamén o deseñei eu.

Carmen Blanco con Claudio
Rodriguez Fer.
Montaxe fotográfica de Xosé Reigosa

miércoles 22 de enero de 2014
Carmen Blanco
10.

A nosa memoria histórica tamén está moi presente na súa vida (Consello da Memoria, Asociación para a dignificación das vítimas
do fascismo...) Que pensa Vostede cando a algún político soamente se lle ocorre que cómpre mirar para o futuro e deixar o
pasado como está? Será que xa está blindando o seu futuro para que ninguén pescude na súa historia?
Por lealdade á memoria da miña familia modestamente represaliada e a todas as vítimas do fascismo e dos totalitarismos tratei de
exercer sempre, na medida das miñas posibilidades, a difícil solidariedade con esas vítimas, sen ningún tipo de sectarismo e tanto
na vida pública como na privada, ao mellor errando algo pero aprendendo a facelo mellor cada día. Sen mirar atrás non somos nada
como sen mirar adiante e cara a todos os lados. Os males da historia cómpre coñecelos e reparalos para que non se repitan e se
curen as feridas das inxustizas do pasado, con amor responsable e sen resentimento, para construír un presente pacífico, xusto e san
para todas as persoas, no que non se multiplique a espiral da violencia, alimentada polo odio que pode emanar das feridas non
curadas.

11.

Temos unha cita de cando se publicou a súa obra Alba de mulleres na que dixo: “Está feito co pesimismo da intelixencia e o
optimismo da vontade en homenaxe a tódalas mulleres anónimas que sustentan o mundo co seu traballo, ás acosadas, torturadas
e violadas no día a día, ás que padeceron as inxustizas do patriarcado e ás rebeldes e revolucionarias que loitaron para que
desapareceran”. Cre Vostede que este anonimato para con esta realidade está a ralentizar este mundo moderno?
Penso que o anonimato da maioría das vítimas dos abusos do patriarcado que, por desgraza son multitude (pois en certos puntos de
alerta vermella do planeta, como México, o feminicidio é o xenocidio máis grave deste momento), non é o que causa o atraso no
avance dos dereitos humanos, senón máis ben o anonimato dos verdugos e incluso o "prestixio" social da violencia sexual e dos
axentes do maltrato en culturas non civilizadas neste sentido e hoxe espalladas por todo o mundo. Xa Rosalía de Castro no poema
"A xustiza pola man" de Follas novas denuncia a eses que teñen fama de honrados mais non o son.

Carmen Blanco con “Unión libre”
na exposición “Vermellas”.

miércoles 22 de enero de 2014
Carmen Blanco
12.

Un dos puntos da “Marcha Mundial das Mulleres” é a despenalización do aborto, algo desde logo inherente a calquera movemento
de liberación da muller. Que pensa Vostede nestes intres en que se está a modificar e penalizar o aborto?

O feminismo independente, amante das mulleres, non colonizado pola concepción sexual dominada pola óptica masculina machista e
responsable nunca viu no aborto un ben, senón un "mal", só necesario no presente para evitar males maiores para as mulleres
afectadas por un embarazo non desexado e mesmo non esqueceu nunca a violencia sexual que ten obrigado abortar a mulleres, por
hipocrisía ou intereses, cando elas non querían. Dito isto copio un parágrafo do escrito titulado "Vida libre" que recollín no meu libro
Feministas e libertarias que explica o que penso sobre o avance da despenalización do aborto e deste dereito sanitario feminista:
A II República Española foi pioneira deste avance cunha sinxela lei de aborto propiciada pola anarquista Federica Montseny, Ministra
de Sanidade e Asistencia Social entre novembro de 1936 e maio de 1937 no goberno do socialista Francisco Largo Caballero, nunha
actuación libertaria de política integral acompañada doutras medidas tamén destinadas á liberación humana, como a creación de
liberatorios de prostitución ou a atención ás embarazadas e ás criaturas abandonadas. Nos anos da ditadura a solidariedade
feminista loitou pola liberdade das mulleres traballando contra as mortes nos abortos clandestinos. A lei socialista de 1985 mellorou
a vida de moitas persoas. Agora e sempre é preciso seguir avanzando nas melloras.

Cartel de Tigres de ternura.

miércoles 22 de enero de 2014

Zoo, ilustrado por Carmen
Blanco.
Carmen Blanco
Moitísimas grazas por todo, pero gustaríanos rematar esta entrevista co seu himno galego “Marchando máis alá” realizado por
Vostede para a “Marcha Mundial das Mulleres”, por se nolo puider fornecer.
Unha aperta.

Mil grazas a vós pola vosa atención, interese e paciencia para comigo e a miña obra. Agardo que con este traballo o pasedes polo
menos un pouco ben. Aquí está o himno que me pedides:
MARCHANDO MÁIS ALÁ
Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós
Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos
Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos
Pasos libres acompasados co paso das parias trazamos
Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós
Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres somos nós
Vivas ventres vivos contra a violencia libres bailamos
Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós
Labios libres con liberdade a auga nas fontes bebemos
Cruzamos nós territorios libres criaturas libres sen dor
Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos
Morganas nadas no mar das illas mareas libres levamos nós
Sabias sentidas contra os poderes libres pensamos
Libres mentes libres razóns e alegría con elas nós actuamos
Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos
Amamos nós polos espazos libres humanas libres fragor
Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos
Morganas nadas no mar das illas aos mares libres imos nós
Xustas valentes contra a escravitude libres loitamos
Libres seres libres con independencia vivimos libres con vós
Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos
Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor

Unha aperta para vós

miércoles 22 de enero de 2014

Retrato de Carmen Blanco realizado por:
Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB
IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

miércoles 22 de enero de 2014
obra
nha
u
-a e os?
/
utor galeg
e
ha a aria
/
Fer
z
Un liter
gue rque
drí

Ro ura, po .
udio tern
la
vida
C
s de a miña
igre eles
T
n
vai
lien
sa

?

l
ábe
t

Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Tamén moitos, mais especialment
e nestes
momentos a estranxeira na súa pat
ria do poema de
Follas novas de Rosalía, pola súa car
acterización
das mulleres no patriarcado, e Cordel
ia, a filla
menor do Rei Lear de Shakespeare
, que encarna o
amor profundo: o crítico, libre e des
interesado, fronte
á falsidade da adulación interesada
.

Un p

erson
axe l
itera
iden
r
Iden
tifiq io co qu
tifíc
ome
teño
e se
ue?
con
que
as
d
M

Unha película de cine?

o os
Moitas, pero unha das que máis me gustou é
om amén
,c
e
t
oria do e ndo d
t
Xonás que terá 20 anos no ano 2000 de
n
a
his
da no mu , trat e me
es n
s
a s qu a
Tanner, polos soños de humanismo vitalista
or ue
n
tiz
orr
s h se erg nxus o dou peque dade
do e
que contén, e, por razóns afectivas moi
a
si
om
re
ber
as
im mo qu s pola odio, c s, unh da li semp
ít s
v
l
profundas, Mamasunción de Chano Piñeiro.
ci
ás
oai
ria
ara
ada en
tos do fas caus to e s i pers emo paz p
n
en mo
o m de
me as
.
das
onu vítim s feri sentim zóns dam e nsaxe turas
m s
a
r
á
me cria
ar a n re or r
ste
s os
odo entos ra cur or, se ente p n Ám unha an as
T m
a
am alm nk e ña e xog
ap
nu
mo alici as con especi a Fra Coru onde
G
l
en epara onan a An as da ardín
r
ox
oci
nen tim
em a da as ví equen
Lisístrata de Aristófanes pola súa mensaxe
s d no p
atu
est nome
pacifista, aínda que prefiro a consigna hippy
cos

nto
e

nm
U

m
nu
o

contemporánea "Fai o amor e non a guerra".

O amor e a liberdade que son o mesmo, pois o
amor non pode ser máis que libre.

miércoles 22 de enero de 2014

ria
a
iter
l

bra
o
ha
de
un os?
rto
-a e xeir
/
tor tran
cua eu
u
es
aa
Un o s
h
e
/

Unha obra teatral?

Cal é a súa fonte de
inspiración

ic
pe
illas ir un só ctos de m
, pola
di
o
súa ría Alic itos, ma
intel
i
i
ixen a a do Pa s, se
cia a
berta ís das
e lib
re.

arab

Un

lf ade d .
oo rd
W be
tal
nia la li nto vi
rgi , po
Vi eu
me
s
nsa
pe
Un feito histórico?
Toda acción solidaria de paz libre e xusta,
s,
privada ou pública, contra os poderes opresivo
como moitas levadas a cabo polo movemento de
liberación das mulleres ou polos movementos
s,
civís anticlasistas, antirracistas, anticoloniai
antisexistas... e a favor da ampliación dos
dereitos humanos para toda a xente.

Todos, depende do momento ou da compañía. E ademais, visitar
un lugar descoñecido ou coñecido pode ser e é para min un
descanso. Pero, sempre, para descansar máis a natureza, e sobre
todo o mar, e para visitar máis as cidades e os centros urbanos.

zar?
eali

por r
eio

anc
n

Un lugar para visitar? e un lugar para
descansar?

:
min as
U
en
vivo de e a d , a
re
emp elicida uencia
os
esex ropia f consec
d
Un ar a p e, en
e.
ent e amo
idad
n
aum s qu
uma
oa
da h
pers

Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?

Todo me gusta, pero
prefiro a cidade e a
praia.

Un tipo

de músi
ca? Unh
a
canción
?

Todas as
músicas
en especi
al a mús do mundo mais
ica do am
canción
or. Moita
s tamén
s
moment
, segund
os, e sem
o os
pre as ca
amor e l
ncións d
iberdade
e
e agora "
sombra"
Negra
de Xoán
Montes e
"Á alba"
Rosalía,
de Aute
e case to
das as d
Léo Ferr
e
é.

Un l

ugar
a

xeita
lectu do para
Todo
ra?
a
s. Ca
lque
Un/ha autor/-a con quen se
para
r
ler. P a lugar
Shak
identifique?
é bo
ódes
espea
e ler
re na
perru a
Safo porque prefire cantar
quer
o amor e
ía.
non lle gusta a guerra
?
opía
t
Outro entretemento ademais da
ha u
Un
ria.
lectura?
erta

Miles. A música, as artes plásticas, o cine, viaxar, bailar,
andar, contemplar a xente e o mundo, cociñar, facer calquera cousa
con pracer.

miércoles 22 de enero de 2014

A

a lib
topí
u

Contenu connexe

Tendances

PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
REME BUDIÑO
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
cenlf
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
Asnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
Asnosasletras
 

Tendances (18)

Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Muller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdadeMuller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdade
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 

En vedette

Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
Asnosasletras
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
Román Landín
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
Lourenço Alvarez Ruiz
 

En vedette (20)

Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Mendez ferrin
Mendez ferrinMendez ferrin
Mendez ferrin
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo XxO Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
 

Similaire à Carmen Blanco

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
Asnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
Asnosasletras
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 

Similaire à Carmen Blanco (20)

Muller
MullerMuller
Muller
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
Muller con i de igualdade
Muller con i de igualdadeMuller con i de igualdade
Muller con i de igualdade
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Israel, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheiraIsrael, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheira
 
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
risco
riscorisco
risco
 
xenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfxenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdf
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 

Plus de Asnosasletras

Plus de Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 

Dernier

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Carmen Blanco

  • 1. Carmen Blanco Carmen Blanco naceu en Lugo no ano 1954. É profesora na Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). Desde os anos setenta tomou parte dos diferentes movementos de liberación da muller. É autora de obra ensaística (centrada especialmente na literatura escrita por mulleres así coma de grandes escritoras e escritores de Literatura Galega coma Luz Pozo Garza, María Mariño, Uxío Novoneira...), obra poética ( Estraña estranxeira/ Un mundo de mulleres/ Lobo amor...) e de narrativa (Vermella con lobos/ Atracción total). Tamén se distinguiu por traducións e edicións de obras. Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 22 de enero de 2014
  • 2. Carmen Blanco 1. Os seus estudos universitarios enmarcáronse nos derradeiros anos da ditadura. Como marcaron aqueles feitos á futura Carmen Blanco tanto a nivel persoal coma no seu compromiso futuro co noso país, coas nosas mulleres, coa nosa memoria histórica...? O meu compromiso solidario coa mellora da vida humana e a asunción na práctica diaria da igualdade de dereitos para todas as persoas sen discriminación vén xa de nena pois fun educada, a contracorrente da ditadura, no seo dunha familia de ideais progresistas e humanistas por uns pais que eran fillo e filla de pais represaliados polo franquismo: o meu pai era un home de ideais republicanos e a miña nai tiña unhas profundas conviccións feministas. Nos anos universitarios, como xa fixera durante os graos anteriores do ensino, ampliei os meus contactos con distintos sectores ideolóxicos das diferentes xeracións que loitaban nas distintas frontes contra a ditadura e coñecín e traballei solidariamente, con persoas e grupos moi diversos, por conseguir causas comúns, especialmente, galeguistas, feministas e libertarias. Foron anos de coñecemento e aprendizaxe, como todos os da miña vida. Moitas colaboracións solidarias daqueles anos perduran hoxe para accións puntuais. E tamén perduraron moitas relacións de amizade e a relación amorosa con Claudio Rodríguez Fer, pai da miña filla, que comezou nestes anos. 2. Supoñemos que os seus primeiros contactos con don Ricardo Carballo Calero se produciron na Universidade. Que supuxo para Vostede aquel “vello profesor”, aquel catedrático de Literatura Galega? Eu coñecín a Carballo Calero de nena en Lugo cando, no seu exilio interior despois de saír do cárcere franquista por defender a II República, facía as funcións de director do Colexio Fingoi, un colexio mixto, galeguista e integrado no medio, que seguía os principios pedagóxicos innovadores do Instituto Escuela e da Institución Libre de Enseñanza, un colexio excepcional dentro do contexto da educación autoritaria e sexista da ditadura. Nese colexio deume clase de Lingua española aos 10 anos Carballo e, tamén no mesmo curso de 1º de bacharelato, na materia de Debuxo outro escritor e artista represaliado polo franquismo, Angel Johan, aínda que moito antes eu aprendera con miña nai na casa lectura, escritura e pintura. Xa de nena Carballo ensinoume cousas tan básicas e importantes como ler, escribir, falar, recitar ou pensar con precisión e creatividade nas aulas de ensino medio nas que ensinaba ademais outras cousas moi importantes para a vida como a amar e coñecer o que tiñamos máis próximo: as linguas, os ríos ou os paxaros do lugar. Logo na Universidade de Santiago xa tiven a sorte de asistir a leccións maxistrais del de lingua, literatura ou historia galegas, e fun testemuña das súas técnicas pedagóxicas para aproximarnos aos libros galegos vellos e novos, aos de creación e aos de estudo. Aprendín moito del nas aulas e nos seus libros. E logo aínda aprendería máis na relación intelectual que tivemos a raíz das gravacións para o libro Conversas con Carballo Calero e os libros sucesivos que fixen sobre el. miércoles 22 de enero de 2014 Carmen Blanco e Ricardo Carvalho Calero. Foto: Eduardo Ochoa
  • 3. Carmen Blanco 3. Desde os anos setenta foi Vostede militante en todo movemento de liberación das mulleres. Cales cre que foron os avances (e retrocesos se os houbo) para a muller desde aqueles anos até a actualidade? Avanzouse moito na ampliación dos dereitos teóricos a través de leis inclusivas que aumentaron as nosas posibilidades vitais positivas de dereito á educación, ao traballo, ao lecer, ao pracer, ao amor e á felicidade en condicións de igualdade cos homes e que deron lugar a avances reais moi importantes na mellora da vida das mulleres. Mais segue habendo aínda obstáculos visibles e invisibles que impiden que esas realidades se cumpran plenamente debido ás inercias do pasado e ao peso dos valores patriarcais e machistas históricos nas mentes e nos corpos de moitos homes e moitas mulleres. É precisa unha profunda liberación mental e corporal que desterre o medo á outra e ao outro diferentes e nos abra á liberdade e ao amor profundos. O feminismo profundo está contra o poder sexual e libera a todas as persoas, tanto as mulleres como os homes e demais seres humanos para que sexamos libres. É importante ser conscientes disto para loitar contra lacras actuais tan graves como os asasinatos, a escravitude e a violencia sexual de todos os signos exercida polo sistema ou a feminización da pobreza. 4. Foi Vostede das creadoras de Unión Libre. Cadernos de Vida e Culturas. Aínda lle falta moito a esta sociedade actual para a libre unión de ideas, de análise e de creación como reza no proxecto destes “Cadernos”? Si, a liberdade é un camiño polo que se camiña só con liberdade e aínda temos moito que andar. Mais imos andando: á liberdade só se chega con liberdade. Unión libre. Cadernos de vida e culturas naceu como unha idea de Claudio Rodríguez Fer, con el e comigo na coordinación e cun comité de redacción internacional cunha importante presenza cualitativa e cuantitativa de mulleres, como Sara Lamas, María Lopo ou Olga Novo, por citar só as galegas. Sempre houbo seres libres e seres que loitaron pola liberdade persoal e colectiva propia e de toda a xente. Estas liberdades ampliáronse moito cos avances da civilización dos dereitos humanos, unha civilización que non pode existir sen esa liberdade de pensamento que implica liberdade de ideas, de análise, de creación e tamén de memoria, tal como os cadernos propoñen e tratan de poñer en práctica, inspirándose na revolución integral da vida persoal e comunal do mellor das vangardas históricas integrais, como a surrealista á que rende homenaxe o nome Unión libre, ou de experiencias antifascistas como os Cadernos de Ruedo Ibérico, dos que recollemos certas prácticas éticas e estéticas e aos que homenaxeamos no primeiro número. Cando en 1996 Claudio e mais eu lle propuxemos a Isaac Díaz Pardo este proxecto de vangarda libertaria e multicultural deunos liberdade total para publicalo en Ediciós do Castro. Desde a morte de Isaac Unión libre publícase na súa propia web. miércoles 22 de enero de 2014
  • 4. Carmen Blanco 5. Poderiamos dicir que na actualidade aínda a muller está distante de acadar roles igualitarios que Vostede reclama para as protagonistas de contos clásicos en Vermella con lobos? Si. Hai que estar loitando continuamente pola liberdade e a independencia persoais e sociais, como pola xustiza, a paz, o amor, o pracer, a verdade, o benestar, a felicidade..., son valores humanos que non se dan sen esforzo nin por decreto e nos que pode haber perdas e voltas atrás, son valores só reais e vivos nos movementos humanos persoais e sociais de dárnolos amorosamente a nós mesmas e nós mesmos e dalos da mesma maneira ás demais e aos demais. Na recreación dos contos de As mil e unha noites, as palabras da noiva de Simbad o Mariño recollida no pequeno porto de Rinlo, na Mariña lucense, mentres lava o pelo, "Amo mais non teño amo", afírmanse na idea de que o amor ten que ser libre e dar alegría, non como nos maleduca a maioría da literatura amorosa tradicional da opresión, da dor e da tristeza. E, por desgraza, os malos tratos contra os que loita para repoñerse a protagonista da recreación do conto de Barba Azul aínda son un problema abafante en toda a nosa sociedade de hoxe. Mais no libro predomina, xunto á denuncia dos males da opresión, a persistencia na loita pola liberdade, inspirada en casos reais de persoas modestas como as miñas avoas, por exemplo, nas recreacións dos contos de A bela dormente ou Cinsenta ou nas de Carapucha e Branca de neve escritas pensando especialmente na liberdade profunda da xente nova e nun presente con futuro para que continúe a vida en harmonía. 6. A muller, tanto como escritora como na temática, está case omnipresente na súa obra ensaística. Como cre que se encontra a nosa literatura escrita por mulleres e como se enxerga o seu futuro? Poderiamos falar de literatura feminina galega ou sería esta denominación un tanto excluínte? Penso que a escrita das mulleres, como a dos homes, avanzou moito desde o punto de vista ético e estético tanto na inmensa variedade do mundo como en Galicia, se a analizamos desde as perspectivas máis abertas dos estudos de sexo e xénero. E, tanto desde esta perspectiva como desde o conxunto das múltiples perspectivas dunha visión integral da creación, hai na literatura galega obras profundas, outras máis superficiais, obras de moi diversos xéneros e obras para moi variadas funcións, que deseñan un panorama moi rico e de alta calidade no que hai de todo e no que hai unha enorme proliferación de obras, e, claro, hai cousas moi ben feitas e outras que non o están tanto. No amor profundo á obra ben feita, ao seu coñecemento e ao seu coidado está para min o futuro próspero da creación galega e da propia riqueza de Galicia, pois o desamor e o desleixo, derivados da inautenticidade e da superficialidade, lévanos ao autodesprezo, ao desánimo e á pobreza e non só no terreo cultural senón en todos os demais. Desta primeira resposta xa se deduce que o termo literatura feminina pode resultar problemático e éo desde o punto de vista teórico, pois non está claro qué entendemos exactamente por "feminino" e "masculino" e pode resultar excluínte ou marxinador, como dicides. Mais pódese utilizar, como facemos na lingua común, para referirnos sen máis á literatura feita por mulleres, como nos podemos referir con "masculina" á feita por homes. E mesmo pódese utilizar xa dunha maneira histórica máis precisa, para referirnos a diversos tipos de literatura, feita exclusiva ou preferentemente por mulleres, que pode presentar trazos de distintos tipos de feminidade dunha determinada época, lugar, sector social, cultural ou ideolóxico. miércoles 22 de enero de 2014
  • 5. Carmen Blanco 7. No curso pasado as nosas compañeiras e os nosos compañeiros tiveron a dita de entrevistar a dona Luz Pozo Garza e alí se pode comprobar a vitalidade e o compromiso dunha persoa que tamén para Vostede semella representar algo moi importante. Que papel tivo dona Luz Pozo na súa vida e na súa obra? Para min tamén foi un pracer coñecer a Luz. Cando estudaba o bacharelato merquei un libro de Luz Pozo Garza, El vagabundo, que me atraeu nunha librería de Lugo sen ter conscientemente escoitado falar nunca dela. Lino e gustoume moito. Máis adiante fun lendo o resto da súa obra e escribindo sobre ela sen coñecela persoalmente. Cando a coñecín houbo unha boa comunicación entre nós e naceu unha amizade que hoxe seguimos mantendo, cousa que non impide que eu estude a súa obra coa obxectividade necesaria propia das ciencias humanas combinada cun enriquecedor coñecemento integral profundo. Admiro a súa persoa e a súa obra e aprendo dela, aínda que as nosas persoas e obras sexan moi distintas, e, ademais de ser importante na miña vida, Luz Pozo Garza está presente na miña obra de estudo e na miña obra de creación, como eu na dela. Dediqueille moitos estudos e o libro Luz Pozo Garza: A ave do norte que editei polo seu 80 aniversario; no primeiro número de Unión libre fixen unha fotobiografía súa no artigo "Nais de tinta", onde aparece xunto ás irmás Dora e Pura Vázquez e Pilar Vázquez Cuesta, dentro do monográfico Mulleres escritoras; eu colaborei nas súas revistas “Nordés” e “Clave Orión” e ela inspirou a miña creación moitas veces, especialmente Atracción total, onde a recreo como nai simbólica de mulleres (e homes) libres e cito uns versos magníficos que ela lle dedicara a Rosalía, filla dunha "nai subversiva", Teresa Castro: "A Nai Luz dixera unha palabra subversiva: madre e regaláralle á Filla unha boneca para que comprendese todos os misterios do amor". miércoles 22 de enero de 2014 Carmen Blanco e Luz Pozo Garza.
  • 6. Carmen Blanco 8. Para dona Luz Pozo Rosalía de Castro tamén era un claro referente. Que supuxo, e supón, para Vostede a nosa poeta do Rexurdimento? Para min Rosalía é tamén un referente intelectual moi importante. Admiro profundamente a creación rosaliana que vexo como a contribución clásica máis importante do Rexurdimento galego. E ademais a súa obra e figura ten moita importancia non só na historia da literatura galega, senón tamén na historia da literatura española e na historia da literatura universal, así como na historia dos avances na vida das mulleres e na historia dos avances nos dereitos humanos fronte ás marxinacións de clase, de etnia, de cultura ou de sexo. Aínda que Rosalía non é perfecta e hoxe en moitos aspectos do seu pensamento está superada, como é lóxico, pois a historia avanza, e ademais eu son moi diferente a Rosalía e, mesmo en moitas dimensións, como no seu canto melancólico e triste, eu son oposta, ela está presente na súa diversidade en case todos os meus libros de ensaio e creación. En efecto, Rosalía aparece practicamente en todos, xa sexan de historia da literatura, como Literatura galega da muller ou Sexo e lugar, ou de Historia do movemento feminista, como O contradiscurso das mulleres, onde está fotografada, na versión en español, xunto a Mary Wollstonecraft, Virginia Woolf e Simone de Beauvoir, ou de pensamento poético e de poesía, como Alba de mulleres, onde continúo a súa lúcida revisión antipatriarcal do mito da compaña galega que fai en "Estranxeira na súa patria", ou Un mundo de mulleres, onde recreo unhas palabras súas da prosa poética Lieders na que se mostra como un ser de pensamento absolutamente libre, "So cantos / de independencia / e liberdade / saen / dos meus labios", no poema "Rosalía" que lle dedico. E co título rosaliano Extranjera en su patria publiquei unha mostra bilingüe de poesía galega, editada en Madrid, na que trazo o fío que une as poéticas de Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel e Luz Pozo Garza, e que nesa capital presentei xunto con Luz. 9. Vostede tamén se distinguiu pola ilustración de obras literarias, especialmente de Claudio Rodríguez Fer. Que lle resulta máis doado, facer unha crítica literaria ou ben realizar unhas ilustracións a esa obra? Deseñei Tigres de ternura ao completo nas súas primeiras edicións como un exercicio de arte integral e integrado na vida para Claudio, mesmo escribíndoo todo coa miña man e foi publicado na cooperativa libertaria Reprografía 1846 na que tiña lazos de irmandade e amizade. Tamén fixen con ese mesmo sentido deseños para Historia da lúa, A muller núa e Vulva de Claudio. Desde moi nova eu pintaba, mais, ao facer unha carreira filolóxica e exercer a profesión de profesora e estudosa da literatura, funme especializando cada vez máis na creación literaria e abandonando a creación plástica ou deixándoa na simple afección, de maneira que, antes resultábame máis doada a ilustración gráfica e agora resúltame máis doada a crítica literaria. Mais os dous tipos de creación están en min. O logotipo de Unión libre tamén o deseñei eu. Carmen Blanco con Claudio Rodriguez Fer. Montaxe fotográfica de Xosé Reigosa miércoles 22 de enero de 2014
  • 7. Carmen Blanco 10. A nosa memoria histórica tamén está moi presente na súa vida (Consello da Memoria, Asociación para a dignificación das vítimas do fascismo...) Que pensa Vostede cando a algún político soamente se lle ocorre que cómpre mirar para o futuro e deixar o pasado como está? Será que xa está blindando o seu futuro para que ninguén pescude na súa historia? Por lealdade á memoria da miña familia modestamente represaliada e a todas as vítimas do fascismo e dos totalitarismos tratei de exercer sempre, na medida das miñas posibilidades, a difícil solidariedade con esas vítimas, sen ningún tipo de sectarismo e tanto na vida pública como na privada, ao mellor errando algo pero aprendendo a facelo mellor cada día. Sen mirar atrás non somos nada como sen mirar adiante e cara a todos os lados. Os males da historia cómpre coñecelos e reparalos para que non se repitan e se curen as feridas das inxustizas do pasado, con amor responsable e sen resentimento, para construír un presente pacífico, xusto e san para todas as persoas, no que non se multiplique a espiral da violencia, alimentada polo odio que pode emanar das feridas non curadas. 11. Temos unha cita de cando se publicou a súa obra Alba de mulleres na que dixo: “Está feito co pesimismo da intelixencia e o optimismo da vontade en homenaxe a tódalas mulleres anónimas que sustentan o mundo co seu traballo, ás acosadas, torturadas e violadas no día a día, ás que padeceron as inxustizas do patriarcado e ás rebeldes e revolucionarias que loitaron para que desapareceran”. Cre Vostede que este anonimato para con esta realidade está a ralentizar este mundo moderno? Penso que o anonimato da maioría das vítimas dos abusos do patriarcado que, por desgraza son multitude (pois en certos puntos de alerta vermella do planeta, como México, o feminicidio é o xenocidio máis grave deste momento), non é o que causa o atraso no avance dos dereitos humanos, senón máis ben o anonimato dos verdugos e incluso o "prestixio" social da violencia sexual e dos axentes do maltrato en culturas non civilizadas neste sentido e hoxe espalladas por todo o mundo. Xa Rosalía de Castro no poema "A xustiza pola man" de Follas novas denuncia a eses que teñen fama de honrados mais non o son. Carmen Blanco con “Unión libre” na exposición “Vermellas”. miércoles 22 de enero de 2014
  • 8. Carmen Blanco 12. Un dos puntos da “Marcha Mundial das Mulleres” é a despenalización do aborto, algo desde logo inherente a calquera movemento de liberación da muller. Que pensa Vostede nestes intres en que se está a modificar e penalizar o aborto? O feminismo independente, amante das mulleres, non colonizado pola concepción sexual dominada pola óptica masculina machista e responsable nunca viu no aborto un ben, senón un "mal", só necesario no presente para evitar males maiores para as mulleres afectadas por un embarazo non desexado e mesmo non esqueceu nunca a violencia sexual que ten obrigado abortar a mulleres, por hipocrisía ou intereses, cando elas non querían. Dito isto copio un parágrafo do escrito titulado "Vida libre" que recollín no meu libro Feministas e libertarias que explica o que penso sobre o avance da despenalización do aborto e deste dereito sanitario feminista: A II República Española foi pioneira deste avance cunha sinxela lei de aborto propiciada pola anarquista Federica Montseny, Ministra de Sanidade e Asistencia Social entre novembro de 1936 e maio de 1937 no goberno do socialista Francisco Largo Caballero, nunha actuación libertaria de política integral acompañada doutras medidas tamén destinadas á liberación humana, como a creación de liberatorios de prostitución ou a atención ás embarazadas e ás criaturas abandonadas. Nos anos da ditadura a solidariedade feminista loitou pola liberdade das mulleres traballando contra as mortes nos abortos clandestinos. A lei socialista de 1985 mellorou a vida de moitas persoas. Agora e sempre é preciso seguir avanzando nas melloras. Cartel de Tigres de ternura. miércoles 22 de enero de 2014 Zoo, ilustrado por Carmen Blanco.
  • 9. Carmen Blanco Moitísimas grazas por todo, pero gustaríanos rematar esta entrevista co seu himno galego “Marchando máis alá” realizado por Vostede para a “Marcha Mundial das Mulleres”, por se nolo puider fornecer. Unha aperta. Mil grazas a vós pola vosa atención, interese e paciencia para comigo e a miña obra. Agardo que con este traballo o pasedes polo menos un pouco ben. Aquí está o himno que me pedides: MARCHANDO MÁIS ALÁ Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos Pasos libres acompasados co paso das parias trazamos Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos Morganas nadas no mar das illas dos mares libres somos nós Vivas ventres vivos contra a violencia libres bailamos Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós Labios libres con liberdade a auga nas fontes bebemos Cruzamos nós territorios libres criaturas libres sen dor Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos Morganas nadas no mar das illas mareas libres levamos nós Sabias sentidas contra os poderes libres pensamos Libres mentes libres razóns e alegría con elas nós actuamos Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos Amamos nós polos espazos libres humanas libres fragor Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos Morganas nadas no mar das illas aos mares libres imos nós Xustas valentes contra a escravitude libres loitamos Libres seres libres con independencia vivimos libres con vós Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor Unha aperta para vós miércoles 22 de enero de 2014 Retrato de Carmen Blanco realizado por: Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB
  • 11. obra nha u -a e os? / utor galeg e ha a aria / Fer z Un liter gue rque drí Ro ura, po . udio tern la vida C s de a miña igre eles T n vai lien sa ? l ábe t Un personaxe galego e un estranxeiro? Tamén moitos, mais especialment e nestes momentos a estranxeira na súa pat ria do poema de Follas novas de Rosalía, pola súa car acterización das mulleres no patriarcado, e Cordel ia, a filla menor do Rei Lear de Shakespeare , que encarna o amor profundo: o crítico, libre e des interesado, fronte á falsidade da adulación interesada . Un p erson axe l itera iden r Iden tifiq io co qu tifíc ome teño e se ue? con que as d M Unha película de cine? o os Moitas, pero unha das que máis me gustou é om amén ,c e t oria do e ndo d t Xonás que terá 20 anos no ano 2000 de n a his da no mu , trat e me es n s a s qu a Tanner, polos soños de humanismo vitalista or ue n tiz orr s h se erg nxus o dou peque dade do e que contén, e, por razóns afectivas moi a si om re ber as im mo qu s pola odio, c s, unh da li semp ít s v l profundas, Mamasunción de Chano Piñeiro. ci ás oai ria ara ada en tos do fas caus to e s i pers emo paz p n en mo o m de me as . das onu vítim s feri sentim zóns dam e nsaxe turas m s a r á me cria ar a n re or r ste s os odo entos ra cur or, se ente p n Ám unha an as T m a am alm nk e ña e xog ap nu mo alici as con especi a Fra Coru onde G l en epara onan a An as da ardín r ox oci nen tim em a da as ví equen Lisístrata de Aristófanes pola súa mensaxe s d no p atu est nome pacifista, aínda que prefiro a consigna hippy cos nto e nm U m nu o contemporánea "Fai o amor e non a guerra". O amor e a liberdade que son o mesmo, pois o amor non pode ser máis que libre. miércoles 22 de enero de 2014 ria a iter l bra o ha de un os? rto -a e xeir / tor tran cua eu u es aa Un o s h e / Unha obra teatral? Cal é a súa fonte de inspiración ic pe illas ir un só ctos de m , pola di o súa ría Alic itos, ma intel i i ixen a a do Pa s, se cia a berta ís das e lib re. arab Un lf ade d . oo rd W be tal nia la li nto vi rgi , po Vi eu me s nsa pe
  • 12. Un feito histórico? Toda acción solidaria de paz libre e xusta, s, privada ou pública, contra os poderes opresivo como moitas levadas a cabo polo movemento de liberación das mulleres ou polos movementos s, civís anticlasistas, antirracistas, anticoloniai antisexistas... e a favor da ampliación dos dereitos humanos para toda a xente. Todos, depende do momento ou da compañía. E ademais, visitar un lugar descoñecido ou coñecido pode ser e é para min un descanso. Pero, sempre, para descansar máis a natureza, e sobre todo o mar, e para visitar máis as cidades e os centros urbanos. zar? eali por r eio anc n Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? : min as U en vivo de e a d , a re emp elicida uencia os esex ropia f consec d Un ar a p e, en e. ent e amo idad n aum s qu uma oa da h pers Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Todo me gusta, pero prefiro a cidade e a praia. Un tipo de músi ca? Unh a canción ? Todas as músicas en especi al a mús do mundo mais ica do am canción or. Moita s tamén s moment , segund os, e sem o os pre as ca amor e l ncións d iberdade e e agora " sombra" Negra de Xoán Montes e "Á alba" Rosalía, de Aute e case to das as d Léo Ferr e é. Un l ugar a xeita lectu do para Todo ra? a s. Ca lque Un/ha autor/-a con quen se para r ler. P a lugar Shak identifique? é bo ódes espea e ler re na perru a Safo porque prefire cantar quer o amor e ía. non lle gusta a guerra ? opía t Outro entretemento ademais da ha u Un ria. lectura? erta Miles. A música, as artes plásticas, o cine, viaxar, bailar, andar, contemplar a xente e o mundo, cociñar, facer calquera cousa con pracer. miércoles 22 de enero de 2014 A a lib topí u