SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  8
Télécharger pour lire hors ligne
Literatura Galega
                            do Século XX e da Actualidade

                            Fina Casalderrei

                                     Entrevista
                              IES Manuel García Barros
                                     A Estrada



                                                             Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                     Fotos: © Todos os dereitos reservados
jueves 1 de marzo de 2012                                                                    1
Fina Casalderrei

               1.       Como unha persoa que nos seus inicios non estaba rodeada de literatura adquiriu ese amor por ela? Marcou a súa obra esta eiva
                        cultural ou aínda a incentivou máis?

                Medrei con poucos libros, é certo; pero rodeada de moita literatura! Se somos quen
                de mirar o mundo con ollos novos..., o mundo nace cada vez que un ollos o observan.
                Non hai mellor taller literario que a vida. “¡Todo lo inventa el rayo de la aurora!”,
                cantaba Jorge Guillén. Meu pai contábame deliciosas historias que quedaron
                habitándome para sempre, mesmo me ensinou a beleza da metáfora atinada —aínda
                descoñecendo o seu nome—, ou que o humor e a hipérbole suavizan o drama... Miña
                nai cantaba coplas, romances... mentres cosía a máquina camisas para unha fábrica...
                Creo que tiven a fortuna de descubrir o valor da sensibilidade, de ser quen de
                meterme noutra pel, de valorar a forza das palabras... Poño por caso, se os libros
                desaparecesen como soporte das historias, dos poemas..., desaparece a literatura?
                Non, asegúrovos que non (eu que case poño todo en dúbida). A literatura naceu co ser
                humano coma unha necesidade e mentres o ser humano siga a ser tal, seguirá
                existindo. Eu..., digamos..., de nena vivín a literatura noutros soportes, mesmo no
                lavadoiro, no río, na leira...

                2.      Algún feito da súa infancia fai que se dedique especialmente á literatura
                infantil e xuvenil? Que papel cre que xoga este apartado na literatura dun país e na
                súa normalización?

               Conscientemente non atopo razóns desta escolla nalgunha pasaxe da infancia. Nin tan sequera estou segura de que teña sido decisoria
               a miña profesión de mestra, aínda que si, estou segura de que influíu, o mesmo que os meus soños, a miña familia, as lecturas, as
               amizades... Que papel xoga a LIX? Diría que, por suposto sen esquecer ao profesorado que pon nas vosas mans determinadas lecturas —
               teño moi claro que moito lles debo e moito vos debo tamén a vós—, a LIX ten un gran papel normalizador. Axuda dende cativos a ver
               como “normal” o feito de ler en galego. Sei, incluso, de moitos pais que se achegaron por 1ª vez á literatura escrita en galego grazas
               aos libros que lían dos seus fillos. O único malo da literatura que chamamos infantil é a “etiqueta”. As etiquetas mancan máis ca no
               reverso dos xerseis. Se non fosen os prexuízos, os adultos descubrirían verdadeiras xoias literarias —capaces de conmovelos tamén a
               eles— nesta literatura.




jueves 1 de marzo de 2012                                                                                                                               2
Fina Casalderrei


            3.     As súas lembranzas ou feitos xuvenís son reflectidas nas súas obras? Pódese escribir prescindindo das experiencias vitais do autor?

            Imos ver... as miñas obras non son “autobiográficas”, pero levan ciscados anaquiños de min. Din que se xuntaramos todos os libros dun
            autor, dunha autora, poderíase facer un retrato bastante fiable de si mesmo. Non creo que se poida escribir prescindindo das
            experiencias, nin sequera sei, no caso de ser posible, se sería bo. Claro que iso non significa en absoluto que teñas que cometer un
            crime para describir un asasinato. Mais, mesmo cando fantasiamos, cando creamos mundos imaxinarios, estamos alimentándonos dos
            soños, e os soños aliméntanse da realidade. Eu... non son unha deusa capaz de crear da nada; son máis ben coma o carpinteiro que
            para facer unha mesa de madeira, precisa da madeira. Poño por caso, “creamos” un monstro, poñémoslle dous ollos en cada palma da
            man, unha man de dous dedos, un rabo no nariz... (que feo me saíu!) , en fin, un monstro que ninguén fixese antes, pero dos ollos,
            rabo, dedos... xa sabiamos da súa existencia. Igual ten razón Lobo Antunes, quen di que o escritor non crea, só “rouba”.

           4.     Que técnicas utiliza vostede para enganchar ós máis novos? Unha delas pode ser que a maioría das súas obras sexan
           protagonizadas por xoves ou adolescentes?

            Algunhas das miñas obras para os máis cativos están protagonizadas por xente maior (Eu son eu, Quen me quere adoptar...), en todo
            caso os novos comparten protagonismo con xentes doutras idades... Certo que me atrae meterme na pel dun neno e tentar ser quen de
            mostrar o mundo dende o seu ángulo, dende ese lado no que non precisan esforzarse para aceptar o marabilloso. É máis, gustaríame
            crer que se un adulto le Lúas de nácara, A Pomba e o Degolado, Un misterio na mochila de Alba... lles guste tanto coma a un mozo
            novo. Non teño unha fórmula máxica que garanta o éxito das miñas obras; só teño moi claro que un neno, unha nena —de calquera
            idade— é máis novo ca min, non menos intelixente. Tento atopar unha fermosa historia e contala da mellor maneira que sei.

            5.      De non ser en Xeve, en que outro espazo lle tería gustado nacer? Ten algo especial esa súa simbiose coa aldea que fai que siga a
            vivir neste espazo? Vémolo reflectido nalgunha das súas obras? A temática do libro O misterio dos fillos de lúa que se traslada da cidade
            ó mundo rural ten que ver coa súa vida no medio aldeán?

            Calquera sitio no que non faltase o pan e a poesía, por seguir os consellos de Celso Emilio Ferreiro, me valería para nacer con tal de
            que fose preto dos meus. Anaquiños de Xeve, de Lérez, do río, de Moraña, de Marín, dos lugares onde aniñan os amigos ou polos que
            viaxei... andan ciscados polos libros, si... Supoño que quedaría mellor se enfocase a resposta dicindo que a aldea, esa aldea universal
            na que caben todas as sensibilidades do universo, está por reivindicar, por descubrir..., pero o certo é que escribo sobre o que sei, o
            que me atrae, o que me gusta...




jueves 1 de marzo de 2012                                                                                                                                3
Fina Casalderrei
            6.      Vostede mostra a súa obra moito interese pola cultura galega. Que é o que máis lle interesa da nosa cultura? Cal cre que é o papel que unha escritora
            ou un escritor xogan nesta cultura?
            Como non me vou interesar por manter con boa saúde a miña “casa”? Como non me vou interesar por saber como son os seus alicerces,
            eses que tantos anos estiveron ocultos e me fixeron crer que o galego non servía nin para escribir unha carta? Méteseme tanto no
            corpo, e na alma, que aínda vivindo eu 200 anos non daría descuberto todo o que en Galicia se fixo e se fai. Oxalá puidésemos, os da
            miña xeración, ser “salvadores da patria”, pero non creo que o poder da literatura sexa tal. Podemos optar a remover conciencias,
            pero é o ser humano, colectivamente, quen ten o poder de cambiar o mundo, se quixese. Se, de certo, tivésemos toda esa forza, co
            lonxe que está chegando a literatura galega con premios estatais e internacionais, con traducións a outras linguas, con recoñecementos
            de lectoras e lectores galegos e foráneos... o galego non tería que estar vivindo nesta incerteza constante sobre a súa saúde futura;
            ninguén me preguntaría a estas alturas “Por que escribes en galego?” Da nosa cultura interésanme sobre todo as ventás, que estean
            sempre abertas para que entre aire de fóra e para que, dende fóra, saiban como recende aquí...

            7.        Vostede recibiu premios dabondo, que supuxeron para Vostede estes recoñecementos? Cumpren unha función importante na normalización dunha
            literatura? Bota de menos algún tipo de premio á arte literaria?

            Si... tiven sorte. De feito despois do Premio Nacional, non me presentei nunca a ningún (vaia... a ese tampouco hai que presentarse);
            os que veñen son doutro tipo. Iso é todo. Explícome: un premio para a literatura non significa nada no sentido de que vaia cambiar a
            calidade da obra segundo sexa premiada ou non, pero cambia a posición inicial do lector ante a mesma, un premio abre a porta aos
            lectores e lectoras, que é en realidade o que quixeramos: que nos lean. Non hai premio mellor ca un lector satisfeito, entregado,
            seducido… a non ser que sexan dous, ou tres… Os premios son unha sorte de “búscase”, coma cando se saca a concurso unha obra
            arquitectónica. Non sempre se acerta... É unha porta que se abre, pero que, afortunadamente, pódeche dar nos fociños se non o
            mereces minimamente. Para normalizar unha literatura, ten que ter quen a lea, se os premios, fan “ruído” para chamar a atención dos
            lectores... valen... Pero intúo que, ás veces, quedan tantas cousas boas inxustamente tapadas por estes “ruídos”!

            8.       Agora está xubilada, pero bota de menos o labor da docencia e o cariño dos alumnos? Algunha vivencia ou anécdota que lle sucedera nas aulas
            reflectiuna nalgunha obra?

            Si, bótoos de menos. Foron 40 anos!! Xa empecei a sentirme enferma de melancolía no momento en que presentei a documentación.
            Débolles tanto! Creo que aprendín con eles, canda eles, moito máis do que ensinei. Gardarei coma un tesouro o caderno no que me
            encheron de declaracións de amor. Aínda volvín ao instituto hai uns días e soubéronme tan ben aquelas carreiras para darme apertas,
            aqueles sorrisos… Aquel “calamidade” que tanto me facía “rabiar” e que me meteu o máis bonito poema de amor no peto o día que me
            fun… Que son da ESO, eh! Esa idade en que tes por norma ocultar as emocións nun cofre secreto. Que se reflectín nalgunha obra algo
            das aulas? Seguro que si. E non lles “roubei” as súas propias historias porque todo se sabe e sería unha vergonza, pero tentada teño
            estado a aproveitarme das súas magníficas ideas. Sempre lles digo, lles dicía, “Se escribides algo co que notades estar gozando, que
            vos gusta…, non o tiredes, quen sabe máis para diante. Aprenderedes a escribir cada vez mellor, pero esa frescura, esas ideas de
            estrea, igual non volven”. Eu, a unha frase dun alumno de Moraña nun recreo —daquela aínda non lle daba clase—, débolle o premio
            Merlín, o 1º.



jueves 1 de marzo de 2012                                                                                                                                                   4
Fina Casalderrei


            9.      Auria, de Asústate Merche é o reflexo da súa adolescencia?
            Non da miña exactamente, non da miña experiencia persoal, pero si da miña observación nalgúns ambientes. E aínda está máis vixente
            do que pensades, e do que pensaba eu… Teño recibido, e conservo, centos de cartas de adolescentes que se identificaban cos
            protagonistas. Conste que o amor e as reaccións que provoca non son tan diferentes nas distintas épocas. Conste que hoxe, 20 anos
            despois de cando a escribín… seguro que a escribiría diferente, pero non podo, nin debo, renegar de ningún dos meus momentos. Sería
            como renegar de min e creo que este libro, a xulgar polas misivas, fixo lectores na nosa lingua…

            10.     Que pensa da situación actual da nosa lingua? E da
            nosa literatura? Hai futuro para ambas?

            Estivo peor na miña infancia, dende logo. Non había radio
            galega, nin televisión, nin revistas, nin galego na escola,
            nin editoriais (agás algunhas de resistencia das que non nos
            chegaban noticia). Foron os segundos séculos de silencio da
            ditadura. Pero logo, xa vivín épocas de máis entusiasmo no
            profesorado e no alumnado ca hoxe, coma se nos tivesen
            que prohibir con forza para nos facer reaccionar co mesmo
            ímpeto. Hoxe todo o mundo sabe ler e escribir en galego, se
            quere; pero moitos non queren… De vós vai depender ese
            futuro. Cada lingua canaliza un estilo. Na nosa lingua
            secular hai riqueza dabondo como para escribir as mellores
            obras do mundo. E na xente nova hai talento. Ás veces
            cádrame de estar en xurados literarios e teño ocasión de
            comprobalo. Herdamos unha lingua rica, temos xente moza
            con talento… —non podo dicir o mesmo da clase política—
            En fin, se vós queredes, eu si, a lingua e a literatura terán
            esas mil primaveras máis das que falaba Cunqueiro. Non é
            bo o pesimismo absoluto e derrotista de quen non fai nada
            por remedialo. Non vale o de “Total xa ía…”




jueves 1 de marzo de 2012                                                                                                                         5
A R IO
                                  IO N
                              ES T
                            CU



jueves 1 de marzo de 2012                      6
Un personaxe galego e
                                            un estranxeiro?                        Fina Casalderrei

                                obra
                         unh
                              a                Lamote e o                           xe de ciencia
                                                                                                  -
                    a  e
               or/- legos?                                             U n persona           se
          aut                                  Principiño.                        ón co que
     /ha raria ga
   Un lite                       lo                                         ficci
                          i o vel as                                           i dentifiqu
                                                                                           e?
                  ir o. S ás ill
             que lvese                                                               e sae nun
                                        .
           n                         s…)                     cine
       Cu          v o
             bad n ser o
                               u tro
                                                      la d
                                                           e             Se non m
       Sim dería                                elícu                                  os… é que
           o p o                         U nha
                                               p
                                                          bella        tris car de ded
      (per
                                            av   id a es
                                                        ía s    er
                                                                         non me i   dentifico…
                                          L        oder
                                              ero p ra).
                  av sa
              lla bel? to




                                           (p
          ur lientá umen




                                                  out
               irí ine
            …) os




                                                                      Un/ha autor/-a e unha obra
           á d ch
              sa on




                                                                        literaria estranxeiros?
                 m
  Un




                                        Unha obr
                                                 a    teatral?
    (m a




                                                                          Katherine
         tro




                                       El guía d
       añ
       m




                                                el                    Kressmann Taylor.
      ou




                                       Hermitag
     A




                                                 e                   Enderezo descoñecido

jueves 1 de marzo de 2012                                                                             7
Un feito histórico?                        Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

             O cese da loita                            A India. Na beira dun río, do mar… á sombra. Onde aniña o
                                                             silencio, e algunha vez perderme entre o bulicio…
            armada de ETA                                            ?                              Un l
                                                                opía                                      ugar
                                                           a ut
                           ?                        Unh              r qu
                                                                           e                                     axeit
                      sica                                       n te á                                       lectu ado para
               d e mú n?                               fel
                                                               e
                                                           iz s ollos                         Un a                  ra?          a
           tipo anció                               r
                                                 Se har os                                           rran
         Un ha c               e
                          iso d e                    pec ade qu        e me                  na c          dead
           Un       es…
                         N
                             e qu                                                                  asa,           oiro
                      zz,
                          blu     tam      e              lid
                                                      rea rodea.                                          unh           que
                l ,j a      …  gús ue cont                                     Ou                  mús          a som         teño
           Sou anción o ou q              n                                ad tro                        icas           bra c
                ac          tic      o… U                                     em     en                        de au           on
           unh tmo poé , mesm .                                                  ais tre
                 ri          ia
            leve a histor e violet
                                     as
                                                                                    da tem                             ga
              unh amito d                                              ho Desc           lit    en
                       r          o?                                     riz ub             era to
                 u rban                                                      on rir
                                                                               tes
                                                                                               tu
                                                                                                  ra?
           u ral/ ña?                                                    cos           no
       do r onta                                Un/ha
                                                          autor/-             am , con vos                                 izar
                                                                                                                               ?
    Mun ia/m                                   quen s               a con        igo ver                           r rea
                                                                                                                         l
      Pra             por
                                                        e ident                     s.. sar                  io po
                                                                                                                             o de
                                                                                                            e
                    pero imo.
                                                                  ifique?              .                anc
                                                                                                      n
                                                                                                                      ar is
                                                Estas p
            To dos, e án                    sempre
                                                        regunt
                                                               a
                                                    incómo s resúltanme
                                                                                                   U
                                                                                                         ent
                  as d                     non so            das. So
                                                                                                    perim AVOA
           qu end                                 n quen
                                                           de qued
                                                                     n maio
                                                                            r…                   Ex
                                                                                                      SER
                                             autor, n              arme cu
                                                      in con               n só
                                                              dez, seq
                                                                       uera…




jueves 1 de marzo de 2012                                                                                                            8

Contenu connexe

Tendances (17)

Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 

En vedette

En vedette (11)

Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Similaire à Fina casalderrei

Similaire à Fina casalderrei (17)

Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Xose luna
Xose lunaXose luna
Xose luna
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 

Plus de Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Plus de Asnosasletras (20)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Dernier

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Dernier (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Fina casalderrei

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Fina Casalderrei Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados jueves 1 de marzo de 2012 1
  • 2. Fina Casalderrei 1. Como unha persoa que nos seus inicios non estaba rodeada de literatura adquiriu ese amor por ela? Marcou a súa obra esta eiva cultural ou aínda a incentivou máis? Medrei con poucos libros, é certo; pero rodeada de moita literatura! Se somos quen de mirar o mundo con ollos novos..., o mundo nace cada vez que un ollos o observan. Non hai mellor taller literario que a vida. “¡Todo lo inventa el rayo de la aurora!”, cantaba Jorge Guillén. Meu pai contábame deliciosas historias que quedaron habitándome para sempre, mesmo me ensinou a beleza da metáfora atinada —aínda descoñecendo o seu nome—, ou que o humor e a hipérbole suavizan o drama... Miña nai cantaba coplas, romances... mentres cosía a máquina camisas para unha fábrica... Creo que tiven a fortuna de descubrir o valor da sensibilidade, de ser quen de meterme noutra pel, de valorar a forza das palabras... Poño por caso, se os libros desaparecesen como soporte das historias, dos poemas..., desaparece a literatura? Non, asegúrovos que non (eu que case poño todo en dúbida). A literatura naceu co ser humano coma unha necesidade e mentres o ser humano siga a ser tal, seguirá existindo. Eu..., digamos..., de nena vivín a literatura noutros soportes, mesmo no lavadoiro, no río, na leira... 2. Algún feito da súa infancia fai que se dedique especialmente á literatura infantil e xuvenil? Que papel cre que xoga este apartado na literatura dun país e na súa normalización? Conscientemente non atopo razóns desta escolla nalgunha pasaxe da infancia. Nin tan sequera estou segura de que teña sido decisoria a miña profesión de mestra, aínda que si, estou segura de que influíu, o mesmo que os meus soños, a miña familia, as lecturas, as amizades... Que papel xoga a LIX? Diría que, por suposto sen esquecer ao profesorado que pon nas vosas mans determinadas lecturas — teño moi claro que moito lles debo e moito vos debo tamén a vós—, a LIX ten un gran papel normalizador. Axuda dende cativos a ver como “normal” o feito de ler en galego. Sei, incluso, de moitos pais que se achegaron por 1ª vez á literatura escrita en galego grazas aos libros que lían dos seus fillos. O único malo da literatura que chamamos infantil é a “etiqueta”. As etiquetas mancan máis ca no reverso dos xerseis. Se non fosen os prexuízos, os adultos descubrirían verdadeiras xoias literarias —capaces de conmovelos tamén a eles— nesta literatura. jueves 1 de marzo de 2012 2
  • 3. Fina Casalderrei 3. As súas lembranzas ou feitos xuvenís son reflectidas nas súas obras? Pódese escribir prescindindo das experiencias vitais do autor? Imos ver... as miñas obras non son “autobiográficas”, pero levan ciscados anaquiños de min. Din que se xuntaramos todos os libros dun autor, dunha autora, poderíase facer un retrato bastante fiable de si mesmo. Non creo que se poida escribir prescindindo das experiencias, nin sequera sei, no caso de ser posible, se sería bo. Claro que iso non significa en absoluto que teñas que cometer un crime para describir un asasinato. Mais, mesmo cando fantasiamos, cando creamos mundos imaxinarios, estamos alimentándonos dos soños, e os soños aliméntanse da realidade. Eu... non son unha deusa capaz de crear da nada; son máis ben coma o carpinteiro que para facer unha mesa de madeira, precisa da madeira. Poño por caso, “creamos” un monstro, poñémoslle dous ollos en cada palma da man, unha man de dous dedos, un rabo no nariz... (que feo me saíu!) , en fin, un monstro que ninguén fixese antes, pero dos ollos, rabo, dedos... xa sabiamos da súa existencia. Igual ten razón Lobo Antunes, quen di que o escritor non crea, só “rouba”. 4. Que técnicas utiliza vostede para enganchar ós máis novos? Unha delas pode ser que a maioría das súas obras sexan protagonizadas por xoves ou adolescentes? Algunhas das miñas obras para os máis cativos están protagonizadas por xente maior (Eu son eu, Quen me quere adoptar...), en todo caso os novos comparten protagonismo con xentes doutras idades... Certo que me atrae meterme na pel dun neno e tentar ser quen de mostrar o mundo dende o seu ángulo, dende ese lado no que non precisan esforzarse para aceptar o marabilloso. É máis, gustaríame crer que se un adulto le Lúas de nácara, A Pomba e o Degolado, Un misterio na mochila de Alba... lles guste tanto coma a un mozo novo. Non teño unha fórmula máxica que garanta o éxito das miñas obras; só teño moi claro que un neno, unha nena —de calquera idade— é máis novo ca min, non menos intelixente. Tento atopar unha fermosa historia e contala da mellor maneira que sei. 5. De non ser en Xeve, en que outro espazo lle tería gustado nacer? Ten algo especial esa súa simbiose coa aldea que fai que siga a vivir neste espazo? Vémolo reflectido nalgunha das súas obras? A temática do libro O misterio dos fillos de lúa que se traslada da cidade ó mundo rural ten que ver coa súa vida no medio aldeán? Calquera sitio no que non faltase o pan e a poesía, por seguir os consellos de Celso Emilio Ferreiro, me valería para nacer con tal de que fose preto dos meus. Anaquiños de Xeve, de Lérez, do río, de Moraña, de Marín, dos lugares onde aniñan os amigos ou polos que viaxei... andan ciscados polos libros, si... Supoño que quedaría mellor se enfocase a resposta dicindo que a aldea, esa aldea universal na que caben todas as sensibilidades do universo, está por reivindicar, por descubrir..., pero o certo é que escribo sobre o que sei, o que me atrae, o que me gusta... jueves 1 de marzo de 2012 3
  • 4. Fina Casalderrei 6. Vostede mostra a súa obra moito interese pola cultura galega. Que é o que máis lle interesa da nosa cultura? Cal cre que é o papel que unha escritora ou un escritor xogan nesta cultura? Como non me vou interesar por manter con boa saúde a miña “casa”? Como non me vou interesar por saber como son os seus alicerces, eses que tantos anos estiveron ocultos e me fixeron crer que o galego non servía nin para escribir unha carta? Méteseme tanto no corpo, e na alma, que aínda vivindo eu 200 anos non daría descuberto todo o que en Galicia se fixo e se fai. Oxalá puidésemos, os da miña xeración, ser “salvadores da patria”, pero non creo que o poder da literatura sexa tal. Podemos optar a remover conciencias, pero é o ser humano, colectivamente, quen ten o poder de cambiar o mundo, se quixese. Se, de certo, tivésemos toda esa forza, co lonxe que está chegando a literatura galega con premios estatais e internacionais, con traducións a outras linguas, con recoñecementos de lectoras e lectores galegos e foráneos... o galego non tería que estar vivindo nesta incerteza constante sobre a súa saúde futura; ninguén me preguntaría a estas alturas “Por que escribes en galego?” Da nosa cultura interésanme sobre todo as ventás, que estean sempre abertas para que entre aire de fóra e para que, dende fóra, saiban como recende aquí... 7. Vostede recibiu premios dabondo, que supuxeron para Vostede estes recoñecementos? Cumpren unha función importante na normalización dunha literatura? Bota de menos algún tipo de premio á arte literaria? Si... tiven sorte. De feito despois do Premio Nacional, non me presentei nunca a ningún (vaia... a ese tampouco hai que presentarse); os que veñen son doutro tipo. Iso é todo. Explícome: un premio para a literatura non significa nada no sentido de que vaia cambiar a calidade da obra segundo sexa premiada ou non, pero cambia a posición inicial do lector ante a mesma, un premio abre a porta aos lectores e lectoras, que é en realidade o que quixeramos: que nos lean. Non hai premio mellor ca un lector satisfeito, entregado, seducido… a non ser que sexan dous, ou tres… Os premios son unha sorte de “búscase”, coma cando se saca a concurso unha obra arquitectónica. Non sempre se acerta... É unha porta que se abre, pero que, afortunadamente, pódeche dar nos fociños se non o mereces minimamente. Para normalizar unha literatura, ten que ter quen a lea, se os premios, fan “ruído” para chamar a atención dos lectores... valen... Pero intúo que, ás veces, quedan tantas cousas boas inxustamente tapadas por estes “ruídos”! 8. Agora está xubilada, pero bota de menos o labor da docencia e o cariño dos alumnos? Algunha vivencia ou anécdota que lle sucedera nas aulas reflectiuna nalgunha obra? Si, bótoos de menos. Foron 40 anos!! Xa empecei a sentirme enferma de melancolía no momento en que presentei a documentación. Débolles tanto! Creo que aprendín con eles, canda eles, moito máis do que ensinei. Gardarei coma un tesouro o caderno no que me encheron de declaracións de amor. Aínda volvín ao instituto hai uns días e soubéronme tan ben aquelas carreiras para darme apertas, aqueles sorrisos… Aquel “calamidade” que tanto me facía “rabiar” e que me meteu o máis bonito poema de amor no peto o día que me fun… Que son da ESO, eh! Esa idade en que tes por norma ocultar as emocións nun cofre secreto. Que se reflectín nalgunha obra algo das aulas? Seguro que si. E non lles “roubei” as súas propias historias porque todo se sabe e sería unha vergonza, pero tentada teño estado a aproveitarme das súas magníficas ideas. Sempre lles digo, lles dicía, “Se escribides algo co que notades estar gozando, que vos gusta…, non o tiredes, quen sabe máis para diante. Aprenderedes a escribir cada vez mellor, pero esa frescura, esas ideas de estrea, igual non volven”. Eu, a unha frase dun alumno de Moraña nun recreo —daquela aínda non lle daba clase—, débolle o premio Merlín, o 1º. jueves 1 de marzo de 2012 4
  • 5. Fina Casalderrei 9. Auria, de Asústate Merche é o reflexo da súa adolescencia? Non da miña exactamente, non da miña experiencia persoal, pero si da miña observación nalgúns ambientes. E aínda está máis vixente do que pensades, e do que pensaba eu… Teño recibido, e conservo, centos de cartas de adolescentes que se identificaban cos protagonistas. Conste que o amor e as reaccións que provoca non son tan diferentes nas distintas épocas. Conste que hoxe, 20 anos despois de cando a escribín… seguro que a escribiría diferente, pero non podo, nin debo, renegar de ningún dos meus momentos. Sería como renegar de min e creo que este libro, a xulgar polas misivas, fixo lectores na nosa lingua… 10. Que pensa da situación actual da nosa lingua? E da nosa literatura? Hai futuro para ambas? Estivo peor na miña infancia, dende logo. Non había radio galega, nin televisión, nin revistas, nin galego na escola, nin editoriais (agás algunhas de resistencia das que non nos chegaban noticia). Foron os segundos séculos de silencio da ditadura. Pero logo, xa vivín épocas de máis entusiasmo no profesorado e no alumnado ca hoxe, coma se nos tivesen que prohibir con forza para nos facer reaccionar co mesmo ímpeto. Hoxe todo o mundo sabe ler e escribir en galego, se quere; pero moitos non queren… De vós vai depender ese futuro. Cada lingua canaliza un estilo. Na nosa lingua secular hai riqueza dabondo como para escribir as mellores obras do mundo. E na xente nova hai talento. Ás veces cádrame de estar en xurados literarios e teño ocasión de comprobalo. Herdamos unha lingua rica, temos xente moza con talento… —non podo dicir o mesmo da clase política— En fin, se vós queredes, eu si, a lingua e a literatura terán esas mil primaveras máis das que falaba Cunqueiro. Non é bo o pesimismo absoluto e derrotista de quen non fai nada por remedialo. Non vale o de “Total xa ía…” jueves 1 de marzo de 2012 5
  • 6. A R IO IO N ES T CU jueves 1 de marzo de 2012 6
  • 7. Un personaxe galego e un estranxeiro? Fina Casalderrei obra unh a Lamote e o xe de ciencia - a e or/- legos? U n persona se aut Principiño. ón co que /ha raria ga Un lite lo ficci i o vel as i dentifiqu e? ir o. S ás ill que lvese e sae nun . n s…) cine Cu v o bad n ser o u tro la d e  Se non m Sim dería elícu os… é que o p o U nha p bella tris car de ded (per av id a es ía s er non me i dentifico… L oder ero p ra). av sa lla bel? to (p ur lientá umen out irí ine …) os Un/ha autor/-a e unha obra á d ch sa on literaria estranxeiros? m Un Unha obr a teatral? (m a Katherine tro El guía d añ m el Kressmann Taylor. ou Hermitag A e Enderezo descoñecido jueves 1 de marzo de 2012 7
  • 8. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O cese da loita A India. Na beira dun río, do mar… á sombra. Onde aniña o silencio, e algunha vez perderme entre o bulicio… armada de ETA ? Un l opía ugar a ut ? Unh r qu e axeit sica n te á lectu ado para d e mú n? fel e iz s ollos Un a ra? a tipo anció r Se har os rran Un ha c e iso d e pec ade qu e me na c dead Un es… N e qu asa, oiro zz, blu tam e lid rea rodea. unh que l ,j a … gús ue cont Ou mús a som teño Sou anción o ou q n ad tro icas bra c ac tic o… U em en de au on unh tmo poé , mesm . ais tre ri ia leve a histor e violet as da tem ga unh amito d ho Desc lit en r o? riz ub era to u rban on rir tes tu ra? u ral/ ña? cos no do r onta Un/ha autor/- am , con vos izar ? Mun ia/m quen s a con igo ver r rea l Pra por e ident s.. sar io po o de e pero imo. ifique? . anc n ar is Estas p To dos, e án sempre regunt a incómo s resúltanme U ent as d non so das. So perim AVOA qu end n quen de qued n maio r… Ex SER autor, n arme cu in con n só dez, seq uera… jueves 1 de marzo de 2012 8