SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  9
Télécharger pour lire hors ligne
Literatura Galega
                                  do Século XX e da Actualidade

                               María Xosé Queizán


                                           Entrevista
                                    IES Manuel García Barros
                                           A Estrada

                                                                   Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                           Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 9 de enero de 2013
María Xosé Queizán

               1.     Convivir nos seus primeiros anos de vida cos tamén primeiros anos da ditadura franquista que supuxo para Vostede? Como lembra
                      aqueles anos? Que supuxeron estas experiencias xuvenís para o seu futuro persoal e literario?

               Como daquela non había TV nin Internet, a familia e a escola eran fundamentais como transmisión de valores. A miña familia, tanto
               por parte dos Queizán coma dos Vilas eran republicanos e de esquerdas.
               Vivía coa familia da miña nai, viúva (mataron ao meu pai a finais da guerra e eu nacín 6 meses despois), avós, tías... Eran persoas
               progresistas. Por exemplo: Na miña casa nunca se pechou o cuarto de baño e as mulleres saían medio espidas a vestirse ao seu cuarto.
               O corpo era algo normal, non era motivo de escándalo.
               Outro aspecto: ninguén se relacionaba con nada do Réxime, nin da Falanxe. Como tampouco fun ao Colexio, até os 9 anos, non lembro
               cantar o Cara al Sol e certos ritos nos que participaron persoas máis novas ca min. Vía, iso si, os desfiles militares no centro de Vigo,
               onde habitaba. Tamén a Cartilla de Racionamento que cumpría levala á tenda para conseguir víveres. Na miña casa comíamos pan
               branco porque tiñan amizade cun panadeiro. Pero a comida había que racionala.
               Miña nai ensinoume a ler aos catro anos, e ía da súa man lendo os letreiros pola rúa. Tiña a biblioteca do meu pai. O meu lugar
               preferido. Alí pasaba horas lendo indiscriminadamente, en función da miña comprensión, supoño. Así me fixen escritora.


                2.     De onde saíu ou como xustificaría Vostede a súa precocidade na escrita por exemplo en
                       “El Pueblo Gallego”?

                Ao non ter pai, carecín de orientación. Ocorréuseme facer periodismo ao rematar o
                bacharelato. Fun á Escola a Madrid e por iso naquel verán estiven en contacto cos
                xornalistas en Vigo e fixen as miñas primeiras entrevistas. Non as conservo. Han ser malas.
                O que me chama a atención é que trataban sobre a situación da muller en diferentes
                ámbitos, legais, na condución..etc. Ver como funcionaban os xornais desencantoume do
                periodismo. Máis tarde comecei Filosofía e Letras e fixen Filoloxía Galego-portuguesa. O
                estudo da lingua, o material da escrita, é oportuno para escribir, aínda que tampouco
                indispensable.




                                                                                                                   Fonte: Centro de Documentación
                                                                                                                               da AELG




miércoles 9 de enero de 2013
María Xosé Queizán

            3.     Tamén vemos que xa desde xove se inmisciu no teatro desde diferentes ámbitos. Pode ser que vise neste xénero literario aquela
                   ferramenta que xa os nosos devanceiros viron desde comezos do século XX ou ben que lle chamase a escena?

             Precisamente, a amizade que fixen cos periodistas abriunos as portas e a cesión dos locais da
             Asociación da Prensa de Vigo, a un grupo de afeccionados que fundamos un Teatro Experimental.
             Representamos alí moitas obras dos mellores dramaturgos europeos. O teatro sempre me pareceu un
             medio de transmisión e de comunicación importante. Máis adiante, no ano 1968, cando xa tiña unha
             filla e ía ter un neno, fundei o Teatro Popular Galego, na Asociación Cultural de Vigo, onde se fixo
             un traballo de cultura e difusión nacionalista moi importante na cidade. Representamos no Teatro
             García Barbón “A puta respectuosa”, de Jean Paul Sartre.
             Deixei de facer teatro, pero non de escribilo. Ultimamente teño varias pezas novas.

             4.     Tocou Vostede todos os xéneros literarios, incluso a tradución. En que eido se sentiu máis a
                    gusto e por que?

             Non me sinto diferente en ningún xénero. Son os mesmos criterios e os mesmos métodos os que
             utilizo. Tardei en escribir poesía.( O 1º libro é do ano 92; a 1ª novela foi escrita no 62.) Non tiña
             moito aprecio por un xénero no que existe moita impostura e mediocridade. Tamén grandísim@s
             creador@s. Até que me decatei que podía facer ensaio poético, unindo a idea e o goce coas palabras.
             Agora sei que cada libro chega co seu xénero debaixo do brazo. Non podo explicalo ben. Segundo se
             incida nas personaxes, nas descripcións, na crítica....
             O artigo, estar na actualidade, tamén me comprace e únese á miña capacidade de síntese. Mágoa           Fonte: Femenistas Independentistas Galegas
             que non me permitan escribir nos xornais onde o fixen durante anos. A censura existe. Eu son vítima
             dela. A democracia é unha palabra oca.

             5.     O eixe temático máis importante para Vostede semella ser o feminismo. De onde cre que se xerou este compromiso seu? Foron
                    circunstancias ou ben a realidade o que provocou este seu compromiso?

             Os meus ensaios son, maioritariamente, feministas. A narrativa, teatro ou poesía, pode non ter temática feminista, senón que están
             escritas por unha feminista. Non se é feminista a ratos. O pensamento e os criterios forman parte das persoas. A defensa da igualdade
             entre @s human@s, unha idea ilustrada que cambiou o mundo desde finais do s.XVIII, paréceme indispensable. A sociedade patriarcal,
             como a racista resúltanme insoportables. E loito contra as inxustizas cos elementos que manexo.




miércoles 9 de enero de 2013
María Xosé Queizán

                6.     En todos os xéneros literarios nos que escribiu o feminismo estivo e está presente, pero cal cre que é máis funcional para
                       poder chegar ao receptor literario?
                A funcionalidade depende da recepción e esta depende da cultura. Hoxe as páxinas www ou os blogs son un medio importante. Pero,
                como sempre ocorre, por un lado, cada persoa fai as súas interpretacións, por outro, a propaganda a favor do machismo e da
                aceptación das mulleres do seu rol, sexual e social, é moi grande. Con tesón e con anos creo que fun deixando pegadas na sociedade
                e que certos criterios xa non alporizan tanto como outrora. Mesmo así, sigo sendo incómoda.


                7.     Até que punto marcou a súa literatura o seu contacto co “Nouveau Roman” francés? E nos seus coetáneos xeracionais?

                A Nova Narrativa galega foi moi importante daquela. Deu un xiro de 90 graos ao Canon galego e cuestionou o ruralismo. Satisfáceme
                ter contribuído.


                8.     Que chega a sentir unha escritora coma Vostede cando o seu labor literario é recoñecido con diferentes premios e incluso pola
                       asociación máis representativa da nosa literatura (a AELG)?

                A pregunta debía ser que pasa cunha escritora a quen nunca se lle premiou un libro. Teño algún premio de Distinción á miña persoa,
                pero ningún premio literario, agás un Guión de cine, un curto, sobre a figura de Prisciliano que non se chegou a facer.
                Cando nova, algún premio houbérame alentado. Tiven que repoñerme soa despois de cada pao, e agora non aceptaría ningún premio.
                Non quero que me derramen a miña “folla de servicios”, ha ha.


                9.     Cando a unha loitadora coma Vostede lle conceden un premio cun nome tan representativo coma o de “Voz da Liberdade”, fai
                       que se sinta reconfortada ou que lle aumenten os devezos para seguir a loitar por esa liberdade?

                 Ese foi un recoñecemento do PEN club, xunto á concesión do E, da AELG, dos que falaba antes.Tamén un libro de Homenaxe que
                 organizaron persoas da Universidade de Vigo e publicou a Editorial Xerais. Son agasallos que agradezo. A Voz da Liberdade,
                 humildemente creo que me acae. É un leit motiv.




miércoles 9 de enero de 2013
María Xosé Queizán

               10.    Que supuxo, e supón, para Vostede a súa “Festa da palabra silenciada”? E para a
                      nosa literatura?

               A Festa da Palabra, da que vai saír xa o nº 28, foi un reto e unha ansia durante moitos
               anos. Ninguén falaba dela hai anos, cando citaba revistas galegas; hoxe é recoñecida como
               unha gran revista e tamén é das poucas publicacións en galego que van quedando. Non só
               para a literatura, senón para o pensamento e o cerne do país é fundamental. Un
               percorrido pola historia das mulleres, pola ciencia, polos fundamentos de feminismo, pola
               cultura galega desde o ano 1983 que chega en galego a universidades ben distantes.

               11.    Que supuxo e supón Rosalía de Castro para as escritoras que loitan porque a voz
                      feminina se faga escoitar nas nosas letras?
                                                                                                                           Fonte: Cruz do Sur

               Que na literatura galega haxa unha nai e non un pai, como na maioría, é determinante. Por moito que, durante moitos anos
               intentaron mitificar e mistificar esa nai e falsear a súa obra, as feministas, e a Festa da Palabra desde o 2º nº no ano 1985, sacámola
               da caverna idealista santa, folclórica, maternal, onde a meteran. No nº 26, Actualizar a Rosalía, do ano 2010, volvemos a ocuparnos
               da nosa gran figura literaria. Unha guía permanente.
                                                                                                                  Fonte: Femenistas Independentistas Galegas


               12.    Sabemos da súa paixón pola interacción entre ciencias e letras, entre ciencias e
                      literatura… Que nos podería dicir encol desta interacción?
                A separación de ciencias e humanidades é falsa. Non hai nada máis humano que a ciencia
                e as aplicacións tecnolóxicas que conseguiron o avance da humanidade e a mellora da
                vida, do benestar, da saúde, das relacións, da comunicación. A ciencia ocúpase de
                explicar como funciona o universo ou os corpos d@s seres que o habitan. A evolución, en
                cada momento histórico médese polas industrias ás que teñen acceso e os artefactos que
                manexan. Determina o proceso de humanización e de pensamento. Mellora a vida e non
                orixina racismo nin odio.
                Tentei sempre eliminar a inxusta dicotomía entre ciencias e humanidades e concluír que
                o método científico serve para calquera tema, xa sexa social, político, filosófico,
                literario. Para todo é preciso un proxecto racional.




miércoles 9 de enero de 2013
María Xosé Queizán


               13.    Que supuxo o traballa
                                            r no ensino para Vost
                     ensino”?                                     ede? Tomouse Vosted
                                                                                       e como referente no
                                                                                                             seu ensaio titulado “A
               Escribir é comunicarse.                                                                                                muller galega no
                                       Teño un verdadeiro entu
               que a xente primitiva se                        siasmo pola transmisión
                                         puxo de pé e coas mans                         cultural, por esa roda im
               Dar aulas, conferencias                           fixo evolucionar o cere                          parable que fai xirar o
                                      , publicar, forma parte                            bro. O ensino e a escrita                        mundo desde
                                                              da mesma actividade.                                 forman parte do mesmo
                                                                                                                                             cometido.




                                                        Fonte: Foto recente realizada por Anxo Cabada




                                                                                                                                                                       a
                                                                                                                                                              a presenz
                                                                                                                                              cisam ente nela
                                                                                                                                    cando pre
                                                                                                                                       G
                                                                                                                          trar na RA
                                                                                                             n uncia a en
                                                                                                  ola súa re                                                         rticipo na
                                                                                                                                                                                s
                                                                                 lle p reguntar p posición?                                                e Vigo. Pa ctos moi
                                                                              de
                                                                   os deixar e xustificar a súa                                                 Concello d            e
                                               rm os, n on podem          se pod                                            c ial da Lingua do ción, en certos asp radical
                                  ra remata                  ría. Como                                           onsello So              a Institu            ticamente mbios
                     1 4 . E pa          está m  oi en mino                                        uller e no C delo. A RAG é unh racionalista e poli                    ca
                              feminina                                                  cipal da M      quero per e unha feminista                             ecesarios
                                                                            sello Muni               n                                               nto nos n             aron e
                                                                o, no Con pouco tempo e no pensaron qu                                    rensión, ta , do que nos afast
                                                   o feminism                o                       la                       de incomp tico común
                                   sto  u activa n urais do país. Teñ on para entrar ne ía contra un muro                            lingüís
                        Escribo, e inistas e cult                      ropuxer                  chocar              ai  do tronco
                                    m                         e me p                   Sei que            a como n
                        accións fe . Se as persoas qu ban equivocadas.                         gua galeg
                         reacciona
                                    ria                   a, esta                   ión da lin              ios.
                                      p odía influír nel      re lativo  á concepc ían os meus criter
                          coma min                 como no                   a aceptar
                                      d a lingua, perar. Na RAG nunc
                          xenéricos s para recu
                                     mo
                           nada fixe




miércoles 9 de enero de 2013
AR IO
                                    TION
                               CUES




miércoles 9 de enero de 2013
a obra       Un personaxe galego e
                    e unh                un estranxeiro?          Outro entretemento ademais da
                r/-a egos?
         a  auto gal                   A protagonista de O
                                                                            literatura?
      n/h teraria
    U     l i
                     ova s de         encaixe roto de Emilia      Cine - Conversar e beber viño coas amizades.
                    sN
                olla de Cas tro.          Pardo Bazán.
              F
                   alía
                                                                       Un p
                                                                             erson
              Ros                                                                   axe l
                                                                                          itera
                                        Unh                                       iden          r
                               ?             a pel                                     tifiq io co qu
                         b ano        A ca
                                                  ícula                Mar                    ue?     e se
                   l/ur ?                 ixa d
                                                          de ci           yW
               rura taña                                ne?                          ollst
            ndo mon
          Mu aia/
                                                e mú                                      onec
                          za para        Costa       sica                                          raft
            Pr     na ture saxe.               Gavr       de
                   a
                        A
                     no. ar. A pa
                                  i                 as
                Urb empl
                  cont
                            a obra                                          Unha obr
                                                                                         a teatral?
                        unh s?
                   /-a e xeiro                                 Esperand
               utor tran            ar                                  o a Godot
           ha a a es
        Un/ erari              rcen                                Samuel         , de
           lit           You                                              Beckett
                    gue rite             Un monumento salientábel?
          M ar
                                              A Ilustración.

miércoles 9 de enero de 2013
Un tipo                            Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
                       de músi
                Unha ca        ca?
                         nción?                   A fin do mundo. Sur de Chile e de Arxentina. Para
            A músic                                              descansar, a casa.
                     a negra
           yanki. C
                    ancións                      Un feito histórico?
               Moitas       :                                                                    topí
                                                                                                     a  ?
                                                                                               u
                                                                                       Unha
                                                  A Revolución                                  opí
                                                                                                         on
                                                                                                    as s zados
                                                                                        A s ut s avan zar.
                                    zar?            Francesa                                  ento patenti
                               eali                                                      am
                                                                                     pens e poden nseguir
                  eio por r             ,                                                 s            o
                                                                                      que tes de c avance .
                                                                                                                 s
          anc                   no mas e                                                 An los, os                 s
     U  n                   autó do firm           Un/h                                          a          ut opía
                         s                                                                  aliz s foron
                    llere pisan
                mu das                     s             a
                                                  quen autor/-                           re
            as                      q ue a                                                   man
                                                                                                   o
       Ver , cómo aballos s do                          se id       a con                hu
            ras          tr        da        .                entif
     s egu lizando Afasta alidade                 Non               ique
                          .
         e rea pracen a anim                          teño               ?
                                                  con p     iden
             com smo e d                              ersoa      tif
                   li                                       s. Só icacións
          na  tura                                  pens
                                                         an o     co qu      Cal é a súa fonte de inspiración?
                                                              u fan    e
                                                                    .
                                                                             Non acredito na inspiración. Nada hai
        Un lugar axeitado para a lectura?                                    fóra de nós que nos asubíe o que imos
                                                                             escribir. Todo parte do noso cerebro, da
         Calquera. Mellor coas costas rectas
                                                                             enorme bagaxe que temos acumulada
                   e con boa luz.                                            nel e do traballo que fagamos con iso.



miércoles 9 de enero de 2013

Contenu connexe

Tendances

Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Marlou
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 

Tendances (20)

Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 

En vedette

En vedette (11)

Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Similaire à María xosé queizán

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 

Similaire à María xosé queizán (13)

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 

Plus de Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Plus de Asnosasletras (17)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

María xosé queizán

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade María Xosé Queizán Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 9 de enero de 2013
  • 2. María Xosé Queizán 1. Convivir nos seus primeiros anos de vida cos tamén primeiros anos da ditadura franquista que supuxo para Vostede? Como lembra aqueles anos? Que supuxeron estas experiencias xuvenís para o seu futuro persoal e literario? Como daquela non había TV nin Internet, a familia e a escola eran fundamentais como transmisión de valores. A miña familia, tanto por parte dos Queizán coma dos Vilas eran republicanos e de esquerdas. Vivía coa familia da miña nai, viúva (mataron ao meu pai a finais da guerra e eu nacín 6 meses despois), avós, tías... Eran persoas progresistas. Por exemplo: Na miña casa nunca se pechou o cuarto de baño e as mulleres saían medio espidas a vestirse ao seu cuarto. O corpo era algo normal, non era motivo de escándalo. Outro aspecto: ninguén se relacionaba con nada do Réxime, nin da Falanxe. Como tampouco fun ao Colexio, até os 9 anos, non lembro cantar o Cara al Sol e certos ritos nos que participaron persoas máis novas ca min. Vía, iso si, os desfiles militares no centro de Vigo, onde habitaba. Tamén a Cartilla de Racionamento que cumpría levala á tenda para conseguir víveres. Na miña casa comíamos pan branco porque tiñan amizade cun panadeiro. Pero a comida había que racionala. Miña nai ensinoume a ler aos catro anos, e ía da súa man lendo os letreiros pola rúa. Tiña a biblioteca do meu pai. O meu lugar preferido. Alí pasaba horas lendo indiscriminadamente, en función da miña comprensión, supoño. Así me fixen escritora. 2. De onde saíu ou como xustificaría Vostede a súa precocidade na escrita por exemplo en “El Pueblo Gallego”? Ao non ter pai, carecín de orientación. Ocorréuseme facer periodismo ao rematar o bacharelato. Fun á Escola a Madrid e por iso naquel verán estiven en contacto cos xornalistas en Vigo e fixen as miñas primeiras entrevistas. Non as conservo. Han ser malas. O que me chama a atención é que trataban sobre a situación da muller en diferentes ámbitos, legais, na condución..etc. Ver como funcionaban os xornais desencantoume do periodismo. Máis tarde comecei Filosofía e Letras e fixen Filoloxía Galego-portuguesa. O estudo da lingua, o material da escrita, é oportuno para escribir, aínda que tampouco indispensable. Fonte: Centro de Documentación da AELG miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. María Xosé Queizán 3. Tamén vemos que xa desde xove se inmisciu no teatro desde diferentes ámbitos. Pode ser que vise neste xénero literario aquela ferramenta que xa os nosos devanceiros viron desde comezos do século XX ou ben que lle chamase a escena? Precisamente, a amizade que fixen cos periodistas abriunos as portas e a cesión dos locais da Asociación da Prensa de Vigo, a un grupo de afeccionados que fundamos un Teatro Experimental. Representamos alí moitas obras dos mellores dramaturgos europeos. O teatro sempre me pareceu un medio de transmisión e de comunicación importante. Máis adiante, no ano 1968, cando xa tiña unha filla e ía ter un neno, fundei o Teatro Popular Galego, na Asociación Cultural de Vigo, onde se fixo un traballo de cultura e difusión nacionalista moi importante na cidade. Representamos no Teatro García Barbón “A puta respectuosa”, de Jean Paul Sartre. Deixei de facer teatro, pero non de escribilo. Ultimamente teño varias pezas novas. 4. Tocou Vostede todos os xéneros literarios, incluso a tradución. En que eido se sentiu máis a gusto e por que? Non me sinto diferente en ningún xénero. Son os mesmos criterios e os mesmos métodos os que utilizo. Tardei en escribir poesía.( O 1º libro é do ano 92; a 1ª novela foi escrita no 62.) Non tiña moito aprecio por un xénero no que existe moita impostura e mediocridade. Tamén grandísim@s creador@s. Até que me decatei que podía facer ensaio poético, unindo a idea e o goce coas palabras. Agora sei que cada libro chega co seu xénero debaixo do brazo. Non podo explicalo ben. Segundo se incida nas personaxes, nas descripcións, na crítica.... O artigo, estar na actualidade, tamén me comprace e únese á miña capacidade de síntese. Mágoa Fonte: Femenistas Independentistas Galegas que non me permitan escribir nos xornais onde o fixen durante anos. A censura existe. Eu son vítima dela. A democracia é unha palabra oca. 5. O eixe temático máis importante para Vostede semella ser o feminismo. De onde cre que se xerou este compromiso seu? Foron circunstancias ou ben a realidade o que provocou este seu compromiso? Os meus ensaios son, maioritariamente, feministas. A narrativa, teatro ou poesía, pode non ter temática feminista, senón que están escritas por unha feminista. Non se é feminista a ratos. O pensamento e os criterios forman parte das persoas. A defensa da igualdade entre @s human@s, unha idea ilustrada que cambiou o mundo desde finais do s.XVIII, paréceme indispensable. A sociedade patriarcal, como a racista resúltanme insoportables. E loito contra as inxustizas cos elementos que manexo. miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. María Xosé Queizán 6. En todos os xéneros literarios nos que escribiu o feminismo estivo e está presente, pero cal cre que é máis funcional para poder chegar ao receptor literario? A funcionalidade depende da recepción e esta depende da cultura. Hoxe as páxinas www ou os blogs son un medio importante. Pero, como sempre ocorre, por un lado, cada persoa fai as súas interpretacións, por outro, a propaganda a favor do machismo e da aceptación das mulleres do seu rol, sexual e social, é moi grande. Con tesón e con anos creo que fun deixando pegadas na sociedade e que certos criterios xa non alporizan tanto como outrora. Mesmo así, sigo sendo incómoda. 7. Até que punto marcou a súa literatura o seu contacto co “Nouveau Roman” francés? E nos seus coetáneos xeracionais? A Nova Narrativa galega foi moi importante daquela. Deu un xiro de 90 graos ao Canon galego e cuestionou o ruralismo. Satisfáceme ter contribuído. 8. Que chega a sentir unha escritora coma Vostede cando o seu labor literario é recoñecido con diferentes premios e incluso pola asociación máis representativa da nosa literatura (a AELG)? A pregunta debía ser que pasa cunha escritora a quen nunca se lle premiou un libro. Teño algún premio de Distinción á miña persoa, pero ningún premio literario, agás un Guión de cine, un curto, sobre a figura de Prisciliano que non se chegou a facer. Cando nova, algún premio houbérame alentado. Tiven que repoñerme soa despois de cada pao, e agora non aceptaría ningún premio. Non quero que me derramen a miña “folla de servicios”, ha ha. 9. Cando a unha loitadora coma Vostede lle conceden un premio cun nome tan representativo coma o de “Voz da Liberdade”, fai que se sinta reconfortada ou que lle aumenten os devezos para seguir a loitar por esa liberdade? Ese foi un recoñecemento do PEN club, xunto á concesión do E, da AELG, dos que falaba antes.Tamén un libro de Homenaxe que organizaron persoas da Universidade de Vigo e publicou a Editorial Xerais. Son agasallos que agradezo. A Voz da Liberdade, humildemente creo que me acae. É un leit motiv. miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. María Xosé Queizán 10. Que supuxo, e supón, para Vostede a súa “Festa da palabra silenciada”? E para a nosa literatura? A Festa da Palabra, da que vai saír xa o nº 28, foi un reto e unha ansia durante moitos anos. Ninguén falaba dela hai anos, cando citaba revistas galegas; hoxe é recoñecida como unha gran revista e tamén é das poucas publicacións en galego que van quedando. Non só para a literatura, senón para o pensamento e o cerne do país é fundamental. Un percorrido pola historia das mulleres, pola ciencia, polos fundamentos de feminismo, pola cultura galega desde o ano 1983 que chega en galego a universidades ben distantes. 11. Que supuxo e supón Rosalía de Castro para as escritoras que loitan porque a voz feminina se faga escoitar nas nosas letras? Fonte: Cruz do Sur Que na literatura galega haxa unha nai e non un pai, como na maioría, é determinante. Por moito que, durante moitos anos intentaron mitificar e mistificar esa nai e falsear a súa obra, as feministas, e a Festa da Palabra desde o 2º nº no ano 1985, sacámola da caverna idealista santa, folclórica, maternal, onde a meteran. No nº 26, Actualizar a Rosalía, do ano 2010, volvemos a ocuparnos da nosa gran figura literaria. Unha guía permanente. Fonte: Femenistas Independentistas Galegas 12. Sabemos da súa paixón pola interacción entre ciencias e letras, entre ciencias e literatura… Que nos podería dicir encol desta interacción? A separación de ciencias e humanidades é falsa. Non hai nada máis humano que a ciencia e as aplicacións tecnolóxicas que conseguiron o avance da humanidade e a mellora da vida, do benestar, da saúde, das relacións, da comunicación. A ciencia ocúpase de explicar como funciona o universo ou os corpos d@s seres que o habitan. A evolución, en cada momento histórico médese polas industrias ás que teñen acceso e os artefactos que manexan. Determina o proceso de humanización e de pensamento. Mellora a vida e non orixina racismo nin odio. Tentei sempre eliminar a inxusta dicotomía entre ciencias e humanidades e concluír que o método científico serve para calquera tema, xa sexa social, político, filosófico, literario. Para todo é preciso un proxecto racional. miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. María Xosé Queizán 13. Que supuxo o traballa r no ensino para Vost ensino”? ede? Tomouse Vosted e como referente no seu ensaio titulado “A Escribir é comunicarse. muller galega no Teño un verdadeiro entu que a xente primitiva se siasmo pola transmisión puxo de pé e coas mans cultural, por esa roda im Dar aulas, conferencias fixo evolucionar o cere parable que fai xirar o , publicar, forma parte bro. O ensino e a escrita mundo desde da mesma actividade. forman parte do mesmo cometido. Fonte: Foto recente realizada por Anxo Cabada a a presenz cisam ente nela cando pre G trar na RA n uncia a en ola súa re rticipo na s lle p reguntar p posición? e Vigo. Pa ctos moi de os deixar e xustificar a súa Concello d e rm os, n on podem se pod c ial da Lingua do ción, en certos asp radical ra remata ría. Como onsello So a Institu ticamente mbios 1 4 . E pa está m oi en mino uller e no C delo. A RAG é unh racionalista e poli ca feminina cipal da M quero per e unha feminista ecesarios sello Muni n nto nos n aron e o, no Con pouco tempo e no pensaron qu rensión, ta , do que nos afast o feminism o la de incomp tico común sto u activa n urais do país. Teñ on para entrar ne ía contra un muro lingüís Escribo, e inistas e cult ropuxer chocar ai do tronco m e me p Sei que a como n accións fe . Se as persoas qu ban equivocadas. gua galeg reacciona ria a, esta ión da lin ios. p odía influír nel re lativo á concepc ían os meus criter coma min como no a aceptar d a lingua, perar. Na RAG nunc xenéricos s para recu mo nada fixe miércoles 9 de enero de 2013
  • 7. AR IO TION CUES miércoles 9 de enero de 2013
  • 8. a obra Un personaxe galego e e unh un estranxeiro? Outro entretemento ademais da r/-a egos? a auto gal A protagonista de O literatura? n/h teraria U l i ova s de encaixe roto de Emilia Cine - Conversar e beber viño coas amizades. sN olla de Cas tro. Pardo Bazán. F alía Un p erson Ros axe l itera Unh iden r ? a pel tifiq io co qu b ano A ca ícula Mar ue? e se l/ur ? ixa d de ci yW rura taña ne? ollst ndo mon Mu aia/ e mú onec za para Costa sica raft Pr na ture saxe. Gavr de a A no. ar. A pa i as Urb empl cont a obra Unha obr a teatral? unh s? /-a e xeiro Esperand utor tran ar o a Godot ha a a es Un/ erari rcen Samuel , de lit You Beckett gue rite Un monumento salientábel? M ar A Ilustración. miércoles 9 de enero de 2013
  • 9. Un tipo Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? de músi Unha ca ca? nción? A fin do mundo. Sur de Chile e de Arxentina. Para A músic descansar, a casa. a negra yanki. C ancións Un feito histórico? Moitas : topí a ? u Unha A Revolución opí on as s zados A s ut s avan zar. zar? Francesa ento patenti eali am pens e poden nseguir eio por r , s o que tes de c avance . s anc no mas e An los, os s U n autó do firm Un/h a ut opía s aliz s foron llere pisan mu das s a quen autor/- re as q ue a man o Ver , cómo aballos s do se id a con hu ras tr da . entif s egu lizando Afasta alidade Non ique . e rea pracen a anim teño ? con p iden com smo e d ersoa tif li s. Só icacións na tura pens an o co qu Cal é a súa fonte de inspiración? u fan e . Non acredito na inspiración. Nada hai Un lugar axeitado para a lectura? fóra de nós que nos asubíe o que imos escribir. Todo parte do noso cerebro, da Calquera. Mellor coas costas rectas enorme bagaxe que temos acumulada e con boa luz. nel e do traballo que fagamos con iso. miércoles 9 de enero de 2013