2. Xosé Luis Franco Grande
1. Os seus primeiros pasos na vida foron dados en plena guerra civil e na inmediata posguerra. Que quedou na vida e na obra de
Vostede daquelas circunstancias? Como lembra aqueles anos?
Lembro vagamente, nuns casos, e moi vivamente noutros, as dificultades económicas máis elementais, por exemplo, un pan que
chamaban de carioca, que nin os porcos o comían, así como as colleitas de viño que se perdían enteiras por mor de non haber por
entón produtos efectivos contra as diversas enfermidades da viña. Tamén lembro que case nin había xoguetes, agás que os
fixésemos os rapaces. E o peor de todo, porque se quedou gravado na miña conciencia para sempre: as prédicas dos xesuítas (a
“misión” que lle chamaban) pintando o inferno de maneira que as boas xentes choraban. Un destes xesuítas (o P. Céspedes, que
era de Carrión de los Condes), nunha sesión de auténtica paranoia, flaxelouse en público, no altar maior da igrexa de Santa
María de Tebra (Tomiño), que era a miña parroquia, para que axente vise como se mortificaba. Nunca o poderei esquecer. Era o
ano 1944, tiña eu oito anos
2. Naceu Vostede nun ambiente familiar intelectual. Ser fillo de mestres e mergullado naquel mundo de cultura e docente até
que punto influíu en Vostede? Por que non se inclinou pola profesión dos seus proxenitores?
Na miña família había grande respecto pola cultura, por saber, por ler. Meus pais non tiñan unha grande biblioteca, pero si
libros que eu lin e que contribuíron a que logo seguise lendo. Entre eles estaba “Follas Novas”.Tamén o crego de Tebra, D. José
Areal Bugarín –que foi meu profesor de latín mentres estudei “por libre”-, que me deixaba libros, axudou un pouco. Non seguín a
carreira dos meus pais porque a miña vocación, moi clara por entón, eran as letras. Pensaba facer xornalismo, pero non puido ser
porque meu pais non tiñan posibles para mandarme a Madrid. Empecei Filosofía e Letras en Santiago, que deixei axiña por
Dereito, porque, por aquel entón, aquela Facultade nada tiña que ver coa Filosofía nin coas Letras.
miércoles 5 de diciembre de 2012
3. Xosé Luis Franco Grande
Bernardino Graña
3. Aquel mundo cultural, socio-político... dos anos cincuenta en Compostela foron os que determinaron o seu compromiso coa
nosa cultura e co noso país? Que supuxo aquel fervor dos anos cincuenta e sesenta para o futuro de Galiza e da súa cultura?
Que supuxo Para Vostede aquela “loita pola dignidade nacional de Galicia”?
Xa antes de ir para Santiago eu tiña unha moi clara vocación galeguista. Influíra moito en min o meu oculista Antón Beiras (tío de
X.M. Beiras, a quen ía coñecer moi logo en Santiago, no ano 1954) que me deixou moitos libros que eu non podía atopar nas
librerías, que tivo moitas conversas comigo sobre Galicia, a súa lingua, a súa cultura e os seus problemas en xeral. Por iso, eu
cheguei a Santiago en procura de algo que estaba no ambiente, se ben non tiña moi claro que era. E un día, a primeiros do curso
1954-55, coñecín a Ramón Lugrís, a Gonzalo R. Mourullo, a Baliñas, AS Vidán Torreira, a Perejil e outros moitos, como xa teño
referido no meu libro “Os anos escuros” . E con eles a homes da xeración anterior –Ramón Piñeiro, Garcia Sabell e outros- e aínda
da anterior á destes, como D. Ramón Otero Pedrayo. De xeito que alí tiven a sorte de vivir entre xentes das tres xeracións: isto
foi unha sorte, un verdadeiro privilexio. E penso que foi D. Ramón Otero Pedrayo, coa súa fina intuición, o que primeiro viu que
naqueles anos estaba collendo feitura unha nova xeración galeguista –a da continuidade. Díxoo moi claramente en 1957 no
Circulo Mercantil de Santiago. Supuxo para min aquel ambiente verme no eixo da reconstrución do galeguismo que Franco e o seu
réxime coidaron acabado. Cousa curiosa: a maioría daqueles rapaces de entón eramos fillos de mestres, a clase máis perseguida
pola represión franquista. Non todo estaba atado e ben atado.
O que veu despois –o asociacionismo dos anos sesenta e setenta- foi continuidade, por toda Galicia, do que en Santiago
comezamos. En realidade, se confrontamos as actividades iniciais de Santiago coas das asociacións posteriores, vemos que son
practicamente as mesmas, e aínda desenvolvidas polas mesmas persoas (Rodríguez Pardo, García Bodaño, eu mesmo)
incorporadas agora ás directivas desas asociacións.
4. Tan mal se enxergaba a situación do noso idioma para que Vostede, un estudante de Dereito, se mergullase nos anos sesenta
na lexicografía do galego e dar á luz un dicionario tan empregado até os anos oitenta?
Unha cousa nada ten que ver coa outra. Fixen ese dicionario porque mo pediron como unha especie de acto de servizo ao país.
Foron Piñeiro e Paco del Riego, coa historia de que como eu–segundo eles dicían- era un home disciplinado faría o traballo nun
tempo moi escaso (coido que seis meses), porque querían que “Galaxia” sacase o dicionario antes do que Leandro Carré –xa que
había noticias de que este o pensaba sacar axiña. Esa é toda a historia.
miércoles 5 de diciembre de 2012
4. Xosé Luis Franco Grande
Bernardino Graña
5. Vostede deuse a coñecer na nosa lírica naquelas “Festas Minervais” que tan
boas plumas forneceron para a poesía galega. Que nos podería contar daquel
Certame? Como se sentiu ao ser recoñecido nun certame que antes e despois
gañaron célebres escritores e escritoras galeg@s ?
Paréceme que foi un revulsivo na medida en que era por entón o único certame
universitario, o único, que eu lembre, que incluía a lingua galega (se ben non ao
principio) e porque chegou a ter dimensión popular pode que pola solemnidade con
que sempre se celebrou. A vaidade nunca foi o meu forte. Eu servín ao meu país
dende moi diversos postos. E sígoo facendo hoxe. E así seguirei mentres teña folgos
6. Sabemos que da súa pluma saíron varias pezas teatrais, mais por que
Xosé Luis Franco Grande
soamente se fala da de “Vieiro choído”?
Moi sinxelo: nunca me pareceron boas.
7. Sempre recoñeceu que a súa profesión lle impedira dedicarse de cheo á literatura, o “manter a relación cos lectores
e dicirlles que aínda está vivo”. Canto queda escrito e aínda por escribir por Vostede? Non lle gustaría mergullarse
na narrativa ou hai algo entre mans deste xénero literario?
O feito, está feito. O que estea por vir é un arcano. Sigo traballando. Acabo de rematar un novo libro: “Outra política para outros
tempos”, sobre federalismo, ou sexa, sobre unha posible solución federal para Galicia e para España. Custoume moito traballo,
aínda que é un libro máis ben breve. Iso quere dicir que vou vello e que cada día custa máis escribir. Faremos o que se poida. Pero
non deixa de ser curioso verificar que nos anos cincuenta federalistas en Galicia eramos Piñeiro, Lugrís, pode que Beiras e non sei
se Gonzalo R. Mourullo. Agora tododiós é federalista, incluídos o señoritos de ”El País”, que está descubrindo, con moito retraso,
o federalismo.
8. A súa frase “Alégrame ter sido un elemento de concordia e non de discordia” segue aínda a ter vixencia? Xamais tivo que
remar a contraconrrente e converterse en alguén incómodo para outras persoas por moita concordia que pretendese?
Asi é –o que non quere dicir que non sexa moi polémico no que digo ou escribo, pois teño o vicio de dicir o que penso, xa que non
teño votos que recadar ni xefe do que dependa. Ou sexa, son un home libre. E ben sei que ás veces digo, ou escribo, cousas que
proen. Pero a quen lle proa, que se rasque.
miércoles 5 de diciembre de 2012
5. Xosé Luis Franco Grande
Bernardino Graña
9. O personaxe de Ramón Piñeiro sempre está omnipresente nos persoeiros das nosas letras e do galeguismo de antes e mesmo
despois da entrada de democracia. Tan forte foi o seu pensamento e o seu adoutrinamento?
Xosé Luis Franco
Moi forte e determinante. Os libros de Miguel Barros e de Xesús Alonso Montero, así como o de Xosé
Manuel Dasilva, iluminan o problema. Estes son traballos serios, non sectarios. Son de agradecer. Grande
10. Cando a alguén o nomean “Fillo predilecto” do seu pobo sente que xa tocou o ceu ou iso é un
pulo máis para seguir o vieiro polo que o recoñecen a un?
O de “fillo predilecto” foi unha cortesía, que agradezo moito, duns rapaces de Tomiño moi
simpáticos e dunha alcaldesa que debera seguir na alcaldía de Tomiño moitos, moitos anos. Esas
cousas non son “o meu natural”, que dicía un veciño meu de situacións que non lle gustaban. Pero
non podía negarme e refugar un nomeamento no que moitas persoas puxeran tanta ilusión. Isto
tampouco sería “o meu natural”.
11. Non podiamos deixar de lado un tema profesional no que Vostede se viu inmiscido e que tanto balbordo está a montar na
actualidade. Vostede nalgún momento foi asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo. Que nos podería falar da situación
anterior e presente do sector bancario e, por que non, da desaparición desa tan sobranceira caixa viguesa?
Na situación anterior, a Caixa de Vigo foi unha entidade solvente, ben administrada e moi útil á sociedade galega. Os problemas,
para min, empezaron coas fusións, sempre empuxadas, e ás veces forzadas, polos políticos inútiles que tivo e ten Galicia. E a
guinda foi a fusión con Caixa Galicia: a Xunta pensaba que ía ter un banco ao seu dispor fusionando esas entidades, e o que obtivo
foi unha catástrofe para o país por non ter idea da realidade ou, mellor, porque da realidade só vían o que a eles lles interesaba e
estaban cegos para o demais (unha situación financeira que non aconsellaba ningunha fusión). Principal culpable: a Xunta, unha
Xunta de inútiles que lle está saíndo moi cara ao país. Pero que o país segue votando. ¡Manda carallo!
miércoles 5 de diciembre de 2012
6. Xosé Luis Franco Grande
Bernardino Graña
12. Nas nosas terras estradenses aínda resoan aquelas palabras reivindicativas a prol do noso idioma que Vostede pronunciou
cando lle entregaron o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e que o propio Secretario Xeral de Política Lingüística
tivo que escoitar. Segue a mantelas íntegras ou ben aínda lle quedarían cousas que reivindicar perante os órganos que
deberían dar ao noso idioma o estatus merecente?
Claro que seguen vixentes. Dixen entón, se mal non lembro, que os nosos políticos de hoxe son monicreques, non políticos. E con
monicreques non hai moito futuro.
13. E para finalizarmos, como enxerga Vostede o futuro do noso idioma e da nosa literatura?
Penso que o futuro de galego depende dunha boa política lingüística, que non hai, porque non lle interesa á Xunta. (Tampouco fixo
neste sentido unha boa política o bipartito, non o esquezamos). E non lle interesa porque, dende o presidente ao último
monicreque –o de Cultura, por exemplo- son uns ignorantes absolutos; non saben nada de Galicia; non teñen a menor idea do que
significa unha lingua propia; Galicia non lles importa o máis mínimo. Para eles, Galicia e a súa autonomía redúcense a un tingladiño
que serve para ter nas mans uns fíos que moven a certas marionetas. As Deputacións sérvenlles para un fins determinados, por iso
as defenden, e a autonomía para outros, e por iso non se opoñen a ela. Pero baléirana de contido canto poden ou lles esixa Xénova.
O que importa é manter o tingladiño. Nesas circunstancias, e mentres non saibamos cambialas, o futuro é imperfecto, por suposto.
Pero un aprendeu de pequeno do filósofo danés, Sören Kierkegaard, que a fe é a máis alta dimensión do ser humano. Hai que
manter esa fe, a fe creadora, a fe que cómpre para calquera empresa grande (e aínda para as pequenas).
Xosé Luís
Franco Grande
miércoles 5 de diciembre de 2012
7. A R IO
IO N
ES T
CU
miércoles 5 de diciembre de 2012
8. Un personaxe galego e
Un p
a obra un estranxeiro? ficci ersonax
unh ón c
o qu e de cien
/-a e gos? Ramón Piñeiro – e se i cia-
a utor gale Albert Camus. dent
/ha raria ifiqu
Un lite
N ovas Con
e?
. Fo llas ning
os alía Unh
a pel
ún.
R ícula
ent
o Son de ci
ne
um l? dema
n
mo tábe siada
Un lien os os Unha obr
a teatral? boas s as
sa
as iad Son dem
asiadas a
d em s. boas.
s
S on bo a obr
a
u nh s?
Cal é a sú - a e xeiro
a fonte d u t or/ ran sía
.
inspiraci e a a ia est Poe
A vida (a
ón? n/h erar
U it súa
al
a esperan egria, a tristura, l e –A
za, a inc os soños, ilk
erteza, a .R
R.M
do ser hu fraxilida
mano...) de
miércoles 5 de diciembre de 2012
9. ?
Un feito histórico? Un lugar para visitar? e ut opía
a
Unh licia
Ilustración e a un lugar para descansar?
a Ga
Revolución Unh lega
Calquera ga
Francesa
Un tipo
de músi
Unha ca ca? Un l
nción? ugar
axeit
Clásica- Outro entretemento lectu ado para
A terceir ademais da literatura? ra? a
Sinfoní a Calq
(Beethov
a Coidar as miñas viñas uera
en) de albariño.
? Un/h
b ano a
quen autor/-
l/ur ?
rura taña se id a con ?
ndo mon entif
eal izar
Mu Pode ique
P raia
/
on se comb que
c
?
eio por r ro e
ativo o Camus anc que
s. N .
odo úen de cl e buscad
Un
ibir
o que a
r
T arida or e scr q uixe
e xcl de. Poder o o que
tod
miércoles 5 de diciembre de 2012