SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  4
Télécharger pour lire hors ligne
deaula
OllOs ANO I - Nº 7 - Maio 2013
Maio,
mes da
lingua
Revista para as familias do alumnado
A que idade
lle compro o móbil?
Letras 2013:
Roberto
Vidal Bolaño
8
O vindeiro 17 de maio imos celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado
este ano á figura do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño;
mais desde a CGENDL non pretendemos que esta conmemoración resulte
unha especie de rito oficial no que participan unicamente algúns ilustres
intelectuais, senón que nos gustaría que fose unha festa colectiva na que
poden participar activamente as familias do noso alumnado.
Que podemos facer todos nós arredor das Letras Galegas? En primeiro
lugar, ser conscientes de que podemos estar orgullosos de contarmos cun-
ha cultura propia, moderna e contemporánea, e que se pode converter (a
pouco que lle concedamos un mínimo apoio) nun dos sectores económicos
máis puxantes do país. Porque a cultura galega ofrece traballo a moitos
profesionais relacionados coa industria da edición e da comunicación, das
artes plásticas e musicais, do cine e do teatro, da banda deseñada e o des-
eño gráfico. Xente, case toda ela, chea de talento e iniciativa.
Por iso, animámosvos a que, neste mes das Letras Galegas, fagades unha
aposta en positivo pola lingua e a literatura de Galicia; as opcións que se
nos ofrecen resultan, desde logo, múltiples e variadas: desde a posta en
escena das obras de Roberto Vidal Bolaño, pasando pola celebración das
Feiras do Libro ou a lembranza de Cantares gallegos de Rosalía de Castro,
obra que cumpre 150 anos da súa primeira edición.
E, sobre todo, aproveitemos esta ocasión para visitarmos
unha libraría e agasallar as persoas queridas cun libro
na nosa lingua. Esa será, dende logo, a
maior mostra de gloria
destes días.
Da lingua
Días de gloria
A nena á que non deixaban ser feliz [Miguel
Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Ed. A porta ver-
de do sétimo andar]. Unha nena que unicamente
quere ser feliz e que terá que loitar por alcanzar
o seu soño, enfrontándose a xuízos, cobizas e
tentacións e exhibindo argumentos inapelables.
O triunfo dos valores e da liberdade persoal ante
unha xustiza inxusta nun álbum que observa pe-
gadas dos máis grandes e clásicos escritores uni-
versais. Ilustracións con corazón que simbolizan
maxicamente o paso da historia que lemos.
7
Todos os anos enfrontámonos a un novo reto: sabermos
máis do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. As
editoriais galegas preparan un feixe de ensaios que nos ache-
gan o autor e que nos facilitan enormemente o camiño. Este
ano contamos con Un chapeu negro e un nariz de pallaso
publicado pola editorial Galaxia, texto e documental que nos
introduce tanto na personalidade como na escrita deste xenio
teatral. Así, ambos convértense nunha ferramenta imprescin-
dible para explorar o mundo de Roberto Vidal Bolaño.
CADENCIASGracia Santorum
Para ler
Para xogar
Para sabermos máis
Tastarabás [Antón Cortizas, Ed. Xerais]. Unha obra
imprescindible de consulta na que TODO, absolutamen-
te todo, sobre xogos populares está incluído: brincar no
mundo animal, no mundo vexetal, co mundo imaxinario,
brinquedos de enxeño, de desprazamento, sonoros, cons-
trucións... Todo isto e moito máis nunha obra de máis de
1000 páxinas con centos de fotografías que recollen un
anaco importante da nosa propia historia, esas tradicións
que non debemos deixar morrer.
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Ilustración portada:Caramuxo
bUSCatermos, a base de
datos terminolóxica da
USC, acaba de presentar
a súa aplicación para
iPhone e iPad. Podes
descargala en http://
ir.gl/4cf3ee e buscar
entre máis de 150.000
palabras!
Tres agrupacións
(Xacarandaina, O Fiadeiro
e Cantigas e Agarimos)
acaban de propoñer a
candidatura do baile e
a danza tradicional de
Galicia como patrimonio
inmaterial da humanidade.
Orgullosos/as do noso!
No mes de maio o
Centro Dramático
Galego estará de
xira por toda Galicia
representando Días
sen gloria, de Vidal
Bolaño. Tes toda a
información en www.
centrodramatico.org
O 17 de maio tamén
é o día de internet.
Non deixes de visitar
Mancomún (www.
mancomún.org), a
web que aglutina
as iniciativas sobre
software libre e fontes
abertas que se están a
desenvolver en Galicia.
Este ano o Día das
Letras Galegas está
dedicado a Roberto
Vidal Bolaño. Todo o
que queiras sobre el
podes atopalo en
http://ir.gl/d11ae
Se queres xogos popula-
res para poder gozalos
co teu fillo/a, non perdas
http://ir.gl/50d894, un
recuncho que amorea
xogos de onte, de hoxe e
de sempre.
Para a compra dun móbil, igual que para outras moitas cousas, non
existen idades concretas senón que depende de cada neno/a e de
cada situación. Por regra xeral, só se lle debe comprar un móbil a un
fillo/a cando vexamos que de verdade o necesita ou esteamos verda-
deiramente convencidos de que vai facer un bo uso del.
É verdade que un móbil pode ser moi útil tanto para os nenos/as
como para os pais/nais, xa que eles poden usalo en caso de necesida-
de e a nós permítenos telos localizados. Pero non é menos certo que
os teléfonos de hoxe son “máis ca teléfonos”, son aparatos completí-
simos que permiten facer fotos, grabar vídeos, conectarse a internet,
acceder ás redes sociais…, polo que é fundamental asegurarnos de
que o noso fillo/a é suficientemente maduro como para facer un uso
responsable del.
Aínda que, como diciamos ao comezo, non existen idades concretas
para comprarlles o seu primeiro móbil, si que é certo que se desacon-
sella facelo antes dos 12 anos (aínda que máis da metade dos nenos/
as de 11 anos xa teñen un) e que se recomenda agardar a que teñan
entre 14 e 16 anos. De todos os xeitos, e independentemente da ida-
de, é sempre conveniente limitarlles o seu uso (que o empreguen uni-
camente cando saen sós, que non o leven ao colexio…), controlarlles
o gasto e, sobre todo, educalos nos perigos e ameazas derivadas dun
mal uso.
3
A pregunta
?
		 A que idade lle compro
				 o primeiro móbil?
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{FLEXIBILIZACIÓN}Cando falamos de flexibilización dentro
do ámbito escolar, estamos referíndonos
aos cambios que se poden introducir no
tempo de escolarización dun alumno. É
dicir, que podemos alongar ou reducir a
duración dunha etapa educativa, sempre
e cando haxa un motivo que o xustifique.
Os destinatarios desta medida son
normalmente estudantes de necesidades
educativas especiais, ou sexa, alumnos/
as de altas capacidades
intelectuais, alumnos/
as con discapacidade ou
alumnado con trastornos
graves de conduta.
Pódese flexibilizar a
permanencia dun neno
ou nena xa na educación
infantil, tanto para
adiantar a súa entrada
en primaria como para
mantelo un curso máis
en infantil. Para poder
realizar unha flexibilización
é necesario ter un
informe psicopedagóxico,
a autorización da inspección e o
consentimento dos pais ou titores legais.
Existen, ademais, limitacións legais segundo
a etapa educativa ou o curso afectados.
O feito de que se lembre
no Día das Letras Galegas
de 2013 a Roberto Vidal
Bolaño (Santiago, 1950-
2002) é unha novidade,
porque nos 50 anos que
cumpre esta celebración
nunca antes se dedicara
a un autor teatral. Deste
xeito, a Real Academia
Galega fai xustiza a un
dos escritores galegos
máis importantes do
século XX e, asemade,
ao mundo do teatro,
outorgándolle a
importancia que merece
dentro da nosa cultura.
54
O tema
Luis Gómez Aldegunde
[Profesor de Lingua e literatura galega no CPI dos Dices
(Rois-A Coruña)]
Vidal Bolaño,
Día das Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño foi un pioneiro, porque
fundou a primeira compañía de teatro profe-
sional que houbo en Galicia. Unha circunstan-
cia persoal precipitou ese paso: el xa contaba
cun grupo afeccionado, Teatro Antroido, e
cando o despediron do banco no que traba-
llaba decidiu probar sorte cunha compañía
profesional. Acompañárono naquela aventura
a actriz Laura Ponte, que daquela era a súa
muller, e o actor Rodrigo Roel. A primeira
obra que representaron como profesionais foi
Laudamuco, señor de ningures, estreada en
Santiago en 1978.
O achegamento de Roberto Vidal Bolaño ao
teatro foi múltiple: autor, actor, director, pro-
dutor e iluminador. A mesma variedade pode-
mos atopala nunha obra que foi labrando ata
alcanzar uns textos de calidade extraordinaria
e recoñecida con numerosos premios.
Bolaño loitou tamén pola creación dunha
compañía de teatro institucional que viu a luz
no ano 1984: o Centro Dramático Galego. A
primeira obra dun autor galego que estreara
o CDG tiña que ser de Vidal Bolaño (Agasallo
de sombras, nese mesmo ano). Neste 2013 o
propio CDG dedícalle en exclusiva a súa tem-
pada con Días sen gloria e Touporroutou da
lúa e do sol.
O seu enfrontamento co poder político, que
criticou abertamente na obra Caprice des
dieux, e a falta de apoio dos compañeiros de
profesión fixeron que se afastase do teatro
nun silencio que se prolongou durante 8 anos.
Esta paréntese amarga aproveitouna, porén, para
dedicarse a outra das súas paixóns: o cine. Escribiu
guións e participou en series para a televisión -Ma-
reas vivas, por exemplo- e en filmes coma A lingua
das bolboretas.
Con Belén Quintáns fundou Teatro do Aquí en
1992 e o seu regreso aos escenarios tivo lugar coa
produción Saxo tenor, unha obra que rende home-
naxe ao barrio santiagués de Vista Alegre, no que
nacera. Nesta montaxe podemos atopar algunhas
das constantes da súa obra dramática, coma as
personaxes estrafalarias, perdedores nun ambiente
marxinal para os que Vidal Bolaño sempre atopa
momentos de tenrura e de grandeza.
A cidade e o camiño de Santiago constitúen outro
dos esteos da súa escrita. Á parte das xa citadas,
temos o exemplo de Doentes, os enfermos expul-
sados no Hostal dos Reis Católicos que vagan polas
rúas compostelás. Pola súa parte, o camiño francés
é un elemento fundamental en Días sen gloria e
o que el consideraba o seu mellor texto, As actas
escuras, xira arredor da controversia sobre os restos
que se gardan na cripta da catedral.
Vidal Bolaño foi un home dun grande compromiso
coa nosa lingua, coa nosa cultura e coa sociedade
do seu momen- to. Este ano apareceron moitos
estudos que poden axudarnos a entender esta fi-
gura icónica da nosa literatura. Entre eles están os
de Xosé Manuel Fernández Castro,
Laura Tato ou Camilo Fran-
co. [Para máis información,
pode verse o vídeo coordina-
do polo autor do artigo:
http://ir.gl/7f2abf]

Contenu connexe

Similaire à Ollos de aula. Nº 7. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013satelite1
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013ceipcoiron
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfpaveam
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013trasnoparoleiro
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 

Similaire à Ollos de aula. Nº 7. Versión para imprimir en A4 a dobre cara (20)

Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Xornal 2013
Xornal 2013Xornal 2013
Xornal 2013
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013
 
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdf
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 

Plus de Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Plus de Coordinadora Galega ENDL (20)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Ollos de aula. Nº 7. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

  • 1. deaula OllOs ANO I - Nº 7 - Maio 2013 Maio, mes da lingua Revista para as familias do alumnado A que idade lle compro o móbil? Letras 2013: Roberto Vidal Bolaño 8 O vindeiro 17 de maio imos celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño; mais desde a CGENDL non pretendemos que esta conmemoración resulte unha especie de rito oficial no que participan unicamente algúns ilustres intelectuais, senón que nos gustaría que fose unha festa colectiva na que poden participar activamente as familias do noso alumnado. Que podemos facer todos nós arredor das Letras Galegas? En primeiro lugar, ser conscientes de que podemos estar orgullosos de contarmos cun- ha cultura propia, moderna e contemporánea, e que se pode converter (a pouco que lle concedamos un mínimo apoio) nun dos sectores económicos máis puxantes do país. Porque a cultura galega ofrece traballo a moitos profesionais relacionados coa industria da edición e da comunicación, das artes plásticas e musicais, do cine e do teatro, da banda deseñada e o des- eño gráfico. Xente, case toda ela, chea de talento e iniciativa. Por iso, animámosvos a que, neste mes das Letras Galegas, fagades unha aposta en positivo pola lingua e a literatura de Galicia; as opcións que se nos ofrecen resultan, desde logo, múltiples e variadas: desde a posta en escena das obras de Roberto Vidal Bolaño, pasando pola celebración das Feiras do Libro ou a lembranza de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, obra que cumpre 150 anos da súa primeira edición. E, sobre todo, aproveitemos esta ocasión para visitarmos unha libraría e agasallar as persoas queridas cun libro na nosa lingua. Esa será, dende logo, a maior mostra de gloria destes días. Da lingua Días de gloria
  • 2. A nena á que non deixaban ser feliz [Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Ed. A porta ver- de do sétimo andar]. Unha nena que unicamente quere ser feliz e que terá que loitar por alcanzar o seu soño, enfrontándose a xuízos, cobizas e tentacións e exhibindo argumentos inapelables. O triunfo dos valores e da liberdade persoal ante unha xustiza inxusta nun álbum que observa pe- gadas dos máis grandes e clásicos escritores uni- versais. Ilustracións con corazón que simbolizan maxicamente o paso da historia que lemos. 7 Todos os anos enfrontámonos a un novo reto: sabermos máis do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. As editoriais galegas preparan un feixe de ensaios que nos ache- gan o autor e que nos facilitan enormemente o camiño. Este ano contamos con Un chapeu negro e un nariz de pallaso publicado pola editorial Galaxia, texto e documental que nos introduce tanto na personalidade como na escrita deste xenio teatral. Así, ambos convértense nunha ferramenta imprescin- dible para explorar o mundo de Roberto Vidal Bolaño. CADENCIASGracia Santorum Para ler Para xogar Para sabermos máis Tastarabás [Antón Cortizas, Ed. Xerais]. Unha obra imprescindible de consulta na que TODO, absolutamen- te todo, sobre xogos populares está incluído: brincar no mundo animal, no mundo vexetal, co mundo imaxinario, brinquedos de enxeño, de desprazamento, sonoros, cons- trucións... Todo isto e moito máis nunha obra de máis de 1000 páxinas con centos de fotografías que recollen un anaco importante da nosa propia historia, esas tradicións que non debemos deixar morrer. 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Ilustración portada:Caramuxo bUSCatermos, a base de datos terminolóxica da USC, acaba de presentar a súa aplicación para iPhone e iPad. Podes descargala en http:// ir.gl/4cf3ee e buscar entre máis de 150.000 palabras! Tres agrupacións (Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos) acaban de propoñer a candidatura do baile e a danza tradicional de Galicia como patrimonio inmaterial da humanidade. Orgullosos/as do noso! No mes de maio o Centro Dramático Galego estará de xira por toda Galicia representando Días sen gloria, de Vidal Bolaño. Tes toda a información en www. centrodramatico.org O 17 de maio tamén é o día de internet. Non deixes de visitar Mancomún (www. mancomún.org), a web que aglutina as iniciativas sobre software libre e fontes abertas que se están a desenvolver en Galicia. Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Roberto Vidal Bolaño. Todo o que queiras sobre el podes atopalo en http://ir.gl/d11ae Se queres xogos popula- res para poder gozalos co teu fillo/a, non perdas http://ir.gl/50d894, un recuncho que amorea xogos de onte, de hoxe e de sempre.
  • 3. Para a compra dun móbil, igual que para outras moitas cousas, non existen idades concretas senón que depende de cada neno/a e de cada situación. Por regra xeral, só se lle debe comprar un móbil a un fillo/a cando vexamos que de verdade o necesita ou esteamos verda- deiramente convencidos de que vai facer un bo uso del. É verdade que un móbil pode ser moi útil tanto para os nenos/as como para os pais/nais, xa que eles poden usalo en caso de necesida- de e a nós permítenos telos localizados. Pero non é menos certo que os teléfonos de hoxe son “máis ca teléfonos”, son aparatos completí- simos que permiten facer fotos, grabar vídeos, conectarse a internet, acceder ás redes sociais…, polo que é fundamental asegurarnos de que o noso fillo/a é suficientemente maduro como para facer un uso responsable del. Aínda que, como diciamos ao comezo, non existen idades concretas para comprarlles o seu primeiro móbil, si que é certo que se desacon- sella facelo antes dos 12 anos (aínda que máis da metade dos nenos/ as de 11 anos xa teñen un) e que se recomenda agardar a que teñan entre 14 e 16 anos. De todos os xeitos, e independentemente da ida- de, é sempre conveniente limitarlles o seu uso (que o empreguen uni- camente cando saen sós, que non o leven ao colexio…), controlarlles o gasto e, sobre todo, educalos nos perigos e ameazas derivadas dun mal uso. 3 A pregunta ? A que idade lle compro o primeiro móbil? 6 Lines Salgado Palabras do ensino {FLEXIBILIZACIÓN}Cando falamos de flexibilización dentro do ámbito escolar, estamos referíndonos aos cambios que se poden introducir no tempo de escolarización dun alumno. É dicir, que podemos alongar ou reducir a duración dunha etapa educativa, sempre e cando haxa un motivo que o xustifique. Os destinatarios desta medida son normalmente estudantes de necesidades educativas especiais, ou sexa, alumnos/ as de altas capacidades intelectuais, alumnos/ as con discapacidade ou alumnado con trastornos graves de conduta. Pódese flexibilizar a permanencia dun neno ou nena xa na educación infantil, tanto para adiantar a súa entrada en primaria como para mantelo un curso máis en infantil. Para poder realizar unha flexibilización é necesario ter un informe psicopedagóxico, a autorización da inspección e o consentimento dos pais ou titores legais. Existen, ademais, limitacións legais segundo a etapa educativa ou o curso afectados.
  • 4. O feito de que se lembre no Día das Letras Galegas de 2013 a Roberto Vidal Bolaño (Santiago, 1950- 2002) é unha novidade, porque nos 50 anos que cumpre esta celebración nunca antes se dedicara a un autor teatral. Deste xeito, a Real Academia Galega fai xustiza a un dos escritores galegos máis importantes do século XX e, asemade, ao mundo do teatro, outorgándolle a importancia que merece dentro da nosa cultura. 54 O tema Luis Gómez Aldegunde [Profesor de Lingua e literatura galega no CPI dos Dices (Rois-A Coruña)] Vidal Bolaño, Día das Letras Galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño foi un pioneiro, porque fundou a primeira compañía de teatro profe- sional que houbo en Galicia. Unha circunstan- cia persoal precipitou ese paso: el xa contaba cun grupo afeccionado, Teatro Antroido, e cando o despediron do banco no que traba- llaba decidiu probar sorte cunha compañía profesional. Acompañárono naquela aventura a actriz Laura Ponte, que daquela era a súa muller, e o actor Rodrigo Roel. A primeira obra que representaron como profesionais foi Laudamuco, señor de ningures, estreada en Santiago en 1978. O achegamento de Roberto Vidal Bolaño ao teatro foi múltiple: autor, actor, director, pro- dutor e iluminador. A mesma variedade pode- mos atopala nunha obra que foi labrando ata alcanzar uns textos de calidade extraordinaria e recoñecida con numerosos premios. Bolaño loitou tamén pola creación dunha compañía de teatro institucional que viu a luz no ano 1984: o Centro Dramático Galego. A primeira obra dun autor galego que estreara o CDG tiña que ser de Vidal Bolaño (Agasallo de sombras, nese mesmo ano). Neste 2013 o propio CDG dedícalle en exclusiva a súa tem- pada con Días sen gloria e Touporroutou da lúa e do sol. O seu enfrontamento co poder político, que criticou abertamente na obra Caprice des dieux, e a falta de apoio dos compañeiros de profesión fixeron que se afastase do teatro nun silencio que se prolongou durante 8 anos. Esta paréntese amarga aproveitouna, porén, para dedicarse a outra das súas paixóns: o cine. Escribiu guións e participou en series para a televisión -Ma- reas vivas, por exemplo- e en filmes coma A lingua das bolboretas. Con Belén Quintáns fundou Teatro do Aquí en 1992 e o seu regreso aos escenarios tivo lugar coa produción Saxo tenor, unha obra que rende home- naxe ao barrio santiagués de Vista Alegre, no que nacera. Nesta montaxe podemos atopar algunhas das constantes da súa obra dramática, coma as personaxes estrafalarias, perdedores nun ambiente marxinal para os que Vidal Bolaño sempre atopa momentos de tenrura e de grandeza. A cidade e o camiño de Santiago constitúen outro dos esteos da súa escrita. Á parte das xa citadas, temos o exemplo de Doentes, os enfermos expul- sados no Hostal dos Reis Católicos que vagan polas rúas compostelás. Pola súa parte, o camiño francés é un elemento fundamental en Días sen gloria e o que el consideraba o seu mellor texto, As actas escuras, xira arredor da controversia sobre os restos que se gardan na cripta da catedral. Vidal Bolaño foi un home dun grande compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura e coa sociedade do seu momen- to. Este ano apareceron moitos estudos que poden axudarnos a entender esta fi- gura icónica da nosa literatura. Entre eles están os de Xosé Manuel Fernández Castro, Laura Tato ou Camilo Fran- co. [Para máis información, pode verse o vídeo coordina- do polo autor do artigo: http://ir.gl/7f2abf]