Presentación realizada para trabllar a película Osmosis Jones dentro do Proxecto de alimentación e hábitos saudables do CEIP Plurilinüe san Xoán de Filgueira.
2. 1.- Credes que o protagonista da película (Frank)
ten unha boa hixiene persoal? En que vos
baseades?
3. 2.- Frank é a súa filla viven sós porque a súa
muller morreu? Sabedes de que morreu?
Por que está preocupada a nena polo seu
pai?
1.-Porque vai saír de viaxe
2.-Porque perdeu o traballo
3.-Porque non se coida nada
4. 3.- Frank recolle un ovo do chan que lle tirou
o mono,e o come, que ocorre nese
momento?
Que leva o ovo cando Frank o mete na
boca?
1.- Xermes ou bacterias
2.- Herba
3.- Terra
5. 4.- A película titúlase Osmosis Jones, o
nome dun dos protagonistas, sabedes que
é?
1.- Unha bacteria
2.- Unha plaqueta
3.- Unha gota de cuspe
4.- Un glóbulo branco
6. 5.-Para que serve un glóbulo branco?
1.- Para orixinar infeccións e enfermidades
2.- Para provocar o vómito
3.- Son células da sangue que axudan a
combater infeccións
7. 6.- Por que defenden Jones e o axente
especial Drix a Frank?
1.- Porque Frank comeu moitas patacas
2.- Porque está mal do estómago
3.-Porque comeu un ovo do chan que levaba
unha bacteria maligna.
8. 7.-Sabedes como se chama a bacteria?
1.- Nick
2.- Dixi
3.- Trash “ La muerte roja”
9. 8.-Que pretendía facerlle Trash a Frank?
1.- Orixinarlle unha dor de moas.
2.- Causarlle unha infección de oídos
3.- Causarlle a morte en 48 horas
10. 9.- Pero a culpa de que Frank este enfermo é
de Trash ou .....
1.- Porque o seu corpo está debilitado pola súa
mala alimentación e os seus hábitos hixiénicos.
2.- Porque se bañou en auga moi fría.
3.- Porque está en contacto con animais que
lle transmiten enfermidades
11. 10.- Sheill a filla de Frank díxolle ao seu pai
a seguinte frase:
“ Ao mellor se me fixerades caso e mamá e
ti vos coidarades máis, mamá aínda
estaría viva”. Podedes explicar o que quixo
dicir.
13. 12.- A falta de hábitos hixiénicos axeitados
convértese nun problema grave, non só
pola mala apariencia oupolos malos
olores, senón pola posible transmisión de
xérmenes.
Que lle pasa a Frank no pé? Por que lle saiu
ese uñeiro?
Ten as uñas e os pés limpos?
14. 13.- Cal das seguintes frases é verdadeira e cal é
falsa. Razoar as vosas respostas.
1.- A ducha diaria non é necesaria porque non suamos
e o corpo non produce olores.
2.- Hai que lavar as mans antes e despois de consumir alimentos
e despois de ir ao baño.
3.- É importante soarse os mocos e sempre utilizar panos e non
as mangas da roupa nin escaravellarmos no fociño.
4.- Non hai que lavar os dentes porque lavalos
con frecuencia produce caries.
15. 14.- Como credes que é unha dieta
equilibrada?
Que alimentos debemos tomar para estar
ben nutridos e cales prexudican a nosa
saúde?
16. 15.- Cantas comidas é recomendable
realizar ao día?
É recomendable picar entre comidas?
Razoade a resposta.
Cal credes que é a máis importante e por
que?
17. 16.- Observade a imaxe. Que problema ten
ese neno? Que está comendo?
18. 17.- Adiviña as frases que son verdadeiras:
1.- O exercicio físico e o deporte melloran a nosa saúde e a
calidade de vida.
2.- O exercicio físico fai que as persoas non crezan
o suficiente.
3.- O exercicio físico aporta sensación de benestar.
4.- Fumar é máis beneficioso que facer exercicio físico.
5.- O exercicio físico prevén de enfermidades coronarias
19. 18.- Frank estivo a piques de morrer.
Que aprendeu desta mala experiencia?
20. 19.- Cal é o final da película? Que
aprendimos nós dela?
21. 20.- Analicemos o significado sobre os
seguintes refráns:
- Froita e camiño diaria para ser centenario
- Almorzo de rei, xantar de príncipe e cea de pobre.
- Man lavada, saúde ben gardada
- A saúde non ten prezo e o que a arrisca é necio.
- A lectura é a intelixencia o que a saúde ao corpo.
- De grandes ceas están as sepulturas cheas