2. O modelo da fe
é a Virxe María:
ela cre decontado e
deixa obrar a Deus,
segundo
a súa palabra;
Sabela diralle:
"Ditosa a que creu
na palabra do seu
Señor"
(Lc 1,v.45).
3. Se a Encarnación foi o comezo,
o feito central e a raíz da fe evanxélica
é a Resurrección de Cristo.
4. O don da fe permanece
no que non pecou
contra ela
(cf. Concilio Trento: DS
1545)
Pero,
"a fe sen obras está
morta“
(St. 2,26):
privada da esperanza
e da caridade,
a fe non une plenamente
ao fiel a Cristo nin fai del
un membro vivo do seu
Corpo.
5. O discípulo de Cristo non
debe só gardar a fe e vivir
dela,
senón tamén profesala,
testimoniala con firmeza
e difundila:
"Todos vivan preparados
para confesar a Cristo
diante dos homes, e a
seguilo polo camiño da cruz
no medio das persecucións
que nunca faltan á Igrexa"
(LG 42; cf. DH 14).
6. O servizo e o testemuño
da fe son requeridos para
a salvación:
"Todo aquel que se
declare por min ante os
homes,
eu tamén me declararei
por el ante meu Pai que
está nos Ceos,
pero a quien me negue
ante os homes, negareino
eu tamén ante meu Pai
que está nos Ceos”
(Mt 10,32-33)
7. O home por propia
culpa pode perder a
fe,
don de Deus
condicionado a unha
actitude humana de
aceptación, de
resposta,
de modo que a falta
de correspondencia
continuada pode levar
á perda da fe.
8. Pola fe cremos en
Deus
e cremos todo o
que El nos revelou
e que a Santa
Igrexa nos propón
como obxecto de
fe.
9. Xesús díxolle a Pedro,
cando o recoñeceu
como o Mesías:
“Ditoso es, Simón,
porque iso non cho
ensinou a carne nin o
sangue,
senón meu Pai que está
nos Ceos”
(Mt. 16, 17).
10. “A fe é un acto do
entendemento,
o cal se adhire á
Verdade Divina,
mediante unha orde
da vontade movida
pola graza de
Deus”.
San Tomé de
Aquino.
11. Santo Agotiño
indícanos como debe
ser a relación entre a
Fe e a razón;
para que e como
utilizar a nosa
intelixencia:
“Creo para
comprender e
comprendo para crer
mellor”.
12. É un don,
unha luz divina pola cal
somos capaces de
recoñecer a Deus,
ver a súa man en canto
nos sucede e ver as
cousas como
El as ve.
Polo tanto, a fe non é
un coñecemento
teórico, abstracto, de
doutrinas que debo
aprender.
A fe é a luz para poder
entender as cousas de
Deus.
13. A fe é un encontro
con Deus,
co seu designio de
salvación.
Coa fe o home
responde libremente
a ese encontro con
Deus entregándose a
El,
coa intelixencia
e a vontade.
14. A fe é sinxela,
non está feita
de
elucubracións e
discursos,
senón de
verdadeira
adhesión a
Deus,
como María,
como
Abraham.
15. A fe é vital, é dicir,
debe cambiar a miña vida,
demostrarse na miña vida.
Por iso, hai que vivir de fe.
16. A fe é
experiencial,
é dicir,
é un coñecemento
de Deus na
intimidade.
Os que teñen
fe gozan de Deus.
17. Non é un sentimento,
senón un coñecemento
do espírito que Deus nos
concede para intimar
con El.
18. Este coñecemento experimental de Deus
ten os seus momentos privilexiados para
manifestarse ás almas:
no sacrificio, na dor,
nos momentos de proba,
cando se require humildade
e un maior desprendemento de si mesmos.
19. A fe é obxectiva, é dicir,
non se queda a nivel subxectivo, intimista,
senón que cremos nun Deus que se revelou
a través da Palabra que temos recibido da
Igrexa;
20. Palabra que é preciso
coñecer,
aprender e facela vida.
Os dogmas da Igrexa son
luces no camiño da nosa
fe; ilumínano e fano
seguro.
21. A fe termina en
compromiso.
Compromete a
vida con Deus na
fidelidade á súa
Lei e na doazón
total a El.
22. Compromiso de
defendela coa miña
palabra e
testemuño,
alimentala coa
continua asistencia
á Eucaristía, lectura
e meditación da
Biblia e difundila a
meu redor no
apostolado.
23. “A Sabedoría provén de
Deus, o mesmo san
Tomé de Aquino
(de quen a historia da
filosofía se mide nun
antes e despois del)
afirmaba cando lle
preguntaban admirados
os seus contemporáneos
como san Alberte
Magno,
san Boaventura,
san Raimundo de
Peñafort, etc,
24. que de onde lle viña tanta sabedoría,
el sempre afirmou contundentemente:
da oración …”.
25. "De sangue, son
albanesa.
De cidadanía, India.
No referente á fe,
son unha monxa
Católica.
En canto á miña
vocación, pertenzo ao
mundo.
En canto ao meu
corazón, pertenzo
completamente ao
Corazón de Xesús."
Beata Madre Tareixa de
Calcuta.
26. O froito do silencio
é a oración.
O froito da oración
é a fe.
O froito da fe
é o amor.
O froito do amor
é o servizo.
O froito do
servizo é a paz.
Bata Madre Tareixa de
Calcuta.
27. Se desexas recibir mails relacionados coa
Igrexa: que conteñen diapositivas, vida
. de Santos, Evanxeo do Domingo, etc
Escribe a:
unidosenelamorajesus@gmail.com
. co título subscricións
.Servizo Gratuíto
.Que Deus te ateigue de bendicións
e que permanezamos unidos no amor a
.Xesús