3. 1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
Microscopio utilizado por
Robert Hooke (1665)
4. 1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
En 1674 Leuwenhoek
observou hematías,
espermatozoides,
protozoos e mesmo
describiu unha bacteria.
Esquemas dos microorganismos
obsevados por Leeuwenhoek
5. 1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á
construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión
moi ampliada destas estructuras, podendo observar
características totalmente imperceptibles ó ollo humano.
En 1838-39 Schleiden e Schwann enuncian a primeira teoría
celular segundo a cal, a célula é a unidade estructural e
funcional dos seres vivos, capaz de manter unha existencia
propia e independente
6. 1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
1858 Virchow completa o postulado anterior afirmando
que todas as células se orixinan a partir dunha
preexistente.
7. A TEORÍA CELULAR
A teoría celular resúmese nos seguintes puntos:
a) A célula é a unidade estrutural dos seres vivos
b) A célula é a unidade funcional de todos os seres
vivos.
c) Toda célula procede doutra preexistente.
d) A célula comtén o material xenético dun ser vivo.
8. 2. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Son os distintos graos en que se organiza a materia.
Niveis Abióticos:
• Nivel subatómico: formado polas partículas subatómicas (protón, neutrón...)
mico
•Nivel atómico: constituído polos átomos (H, Li, Fe...)
mico
•Nivel molecular: referido ás moléculas (unión de átomos). Podemos falar de
molecular
moléculas orgánicas e inorgánicas. Orgánicas: glícidos, lípidos.../Inorgánicas: auga,
nicas nicas
sales minerais...
As moléculas que forman parte da materia viva denomínanse biomoléculas e hainas
orgánicas e inorgánicas.
A este nivel pertencen tamén as macromoléculas (unións de moléculas: amidón,
triglicéridos...), os complexos supramoleculares (unión de macromoléculas de
distinta natureza: glucoproteínas, virus...) e os orgánulos celulares (asociación de
complexos supramoleculares: R.E., lisosomas...)
9. 2. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Niveis Bióticos:
• Nivel Celular: o das células. Unidade básica de vida. A este nivel pertencen os organismos
unicelulares. É habitual que os unicelulares forman colonias (agrupación de células que
unicelulares
manteñen a independencia).
• Nivel Pluricelular: inclúe a todos los organismos constituídos por máis dunha célula
(organismos pluricelulares); neles as células non son independentes, hai especialización.
pluricelulares
Dentro deste nivel hai distintos graos de complexidade:
- Tecidos: conxunto de células que realizan unha función. P.e. tecido nervioso.
- Órganos: asociación de tecidos para levar a cabo un acto concreto. P.e.
corazón.
- Sistemas: conxunto de órganos parecidos, nos que hai un tecido predominante,
que se asocian para realizar unha función. P.e. sistema circulatorio.
- Aparellos: conxunto de órganos que poden ser moi diferentes, pero cuxos actos
están coordinados para levar a cabo unha función máis xeral que nos sistemas. De feito,é
frecuente que inclúa varios sistemas. P.e.: aparello circulatorio: sistema circulatorio e
linfático.
10. 2. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
- Nivel de poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que son coetáneos.
- Nivel de comunidade: conxunto de poboacións (comunidade ou biocenose).
comunidade
- Nivel de ecosistema: biocenose que vive nun determinado lugar (biotopo) e as súas
ecosistema
interrrelacións.
- Ecosfera: todolos ecosistemas do planeta.
Ecosfera
12. NIVEL MOLECULAR: TIPOS DE MOLÉCULAS
Como dixemos as moléculas que forman parte da materia viva denomínanse
biomoléculas. Hainas orgánicas e inorgánicas.
culas
• Biomoléculas Inorgánicas:
- Existen na materia viva e na inerte.
- Non conteñen C ou é moi escaso.
- Non son enerxéticas.
- Son : auga, sales minerais e gases respiratorios (O2 , CO2).
• Biomoléculas Orgánicas:
- Existen exclusivamente na materia viva.
- Son ricas en C.
- Son enerxéticas.
- Son: glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
14. 3. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
Todas as células
teñen en común:
- Membrana
plasmática
- Citoplasma
- ADN que contén
a información
xenética da célula
15. 3. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
A partir disto a diferenciación máis básica das células establece dous niveis
de organización: célula procariota e célula eucariota.
eucariota
Características procariotas:
• Carecen de verdadeiro núcleo.
• Apenas posúen orgánulos (ribosomas, mesosomas)
• Son bacterias e similares. Reino Moneras.
• Unicelulares ou colonias.
Características eucariotas:
• Posúen verdadeiro núcleo, con envoltura nuclear.
• Numerosos orgánulos.
• Poden ser uni ou pluricelulares.
• Conforman os reinos restantes: Protoctista, fungo, vexetal e animal.
16. ESTRUTURA DUNHA CÉLULA PROCARIOTA
• Menor tamaño (1-10 micras)
• Máis sinxelas
• Presentan:
- Parede bacteriana: envoltura grosa e ríxida formada por glícidos e proteínas
bacteriana
que confire forma a célula. Algunhas bacteria posúen unha capa máis externa
denominada Cápsula bacteriana.
- Membrana plamática: Por dentro da parede. Formada por unha bicapa lipídica
tica
con proteínas. Controla a entrada e saída de substancias e intervén no
metabolismo (respiración) e na duplicación do ADN.
- Cromosoma bacteriano: unha molécula de ADN circular dobre localizada
bacteriano
nunha rexión que non posúe membrana denominada nucleoide.
- Ribosomas: pequenos orgánulos onde se produce a síntese proteica.
Ribosomas
- Flaxelos: prolongacións citoplamáticas que interveñen no desprazamento.
Flaxelos
Non aparecen en todas as bacterias.
- Fimbrias: estruturas curtas e numerosas que son mecanismos de anclaxe.
Fimbrias
18. ESTRUTURA DUNHA CÉLULA EUCARIOTA
• Derivan das procariotas.
• Maior tamaño (10-100 micras).
• Maior complexidade estrutural.
• Presentan:
- Membrana plasmática: bicapa lipídica con proteínas que da forma e
tica
protexe a célula. Regula o intercambio de substancias.
- Citoplasma: Citosol + orgánulos
Citoplasma
O citoplasma é a rexión comprendida entre a m.pl. e o núcleo. Está formada
por un medio acuoso chamado citosol e numerosos orgánulos (mitocondrias,
aparello de Golgi...). Nel tamén atopamos o citoesqueleto e o centrosoma.
- Núcleo: nel reside a información xenética (ADN). Separado do resto da
cleo
célula pola envoltura nuclear.
• Hai dous modelos de eucariotas: célula vexetal e célula animal.
animal
19. ESTRUTURA DUNHA CÉLULA EUCARIOTA
Orgánulos dunha célula eucariota:
Retículo endoplamático: formado por un conxunto de sacos aplanados e condutos
tico
tubulares. Hai dous tipos: rugoso e liso.
O R.E.R. continúase coa envoltura nuclear, posúe na súa cara externa numerosos ribosomas
adosados e a súa función é a síntese proteica.
O R.E.L. carece de ribosomas e a súa principal función é a síntese de lípidos.
Aparello de Golgi: formado por un conxunto de cisternas aplanadas nas que se acumulan
Golgi
as substancias procedentes do R.E.; éstas son segregadas a través de vesículas e
distribuidas as partes da célula que o precisen.
Ribosomas: pequenos orgánulos cuxa nisión é a síntese proteica.
Ribosomas
Mitocondrias: orgánulos esféricos de dobre membrana que constitúen a “central
Mitocondrias
enerxética” da célula; xa que nelas realízase a respiración celular para obter enerxía.
Posúen ADN propio.
Lisosomas: vesículas membranosas con enzimas dixestivos que permiten a hidrólese de
Lisosomas
moléculas complexas. Máis abundantes en animais.
20. ESTRUTURA DUNHA CÉLULA EUCARIOTA
Orgánulos dunha célula eucariota:
Vacúolos: vesículas membranosas fundamentalmente con función de
olos
almacenamento (auga, pigmentos, refugallos...). Característicos das vexetais: nun
principio pequenos e numerosos e co paso do tempo fusiónanse para formar un gran
vacúolo que ocuopa practicamente todo o interior.
Cloroplastos: orgánulos de dobre memebrana exclusivos das células vexetais. No
Cloroplastos
seu interior hai un sistema de membranas (tilacoides) que contén a clorofila.
Realizan a fotosíntese. Posúen ADN propio.
26. DIFERENZAS CÉLULA ANIMAL-VEXETAL
CÉLULA ANIMAL CÉLULA VEXETAL
Non posúe cloroplastos Posúe cloroplastos
Vacúolos pequenos e Vacúolos numerosos que
pouco numerosos tenden a fusionarse nun
só vacúolo grande
Posúen centriolos Non posúe centriolos
Sen parede celular Con parede celular
27. 4. O NÚCLEO CELULAR
Estrutura voluminosa das células
eucariotas. Nel atópase a gran
maioría do ADN celular.
28. 4. O NÚCLEO CELULAR
• Localización: posición central nas células animais e desprazado nas vexetais polos
vacúolos.
• Adoitan ser un por célula, pero hai células binucleadas (hepatocitos), plurinucleadas
(musculares estriadas) e incluso sen núcleo (eritrocitos).
• Compoñentes do núcleo:
- Envoltura nuclear: dobre membrana, externa e interna, separadas polo
espazo intermembranoso. A externa conectada ao R.E.R.
Posúe poros nucleares.
- Nucleoplasma: medio interno acuoso. Nel acontece a replicación do ADN.
- Nucléolo: corpúsculo esférico carente de membrana só observable en
interfase. Forma os ribosomas e pode haber máis dun por núcleo.
- Cromatina: constituída por ADN en diferentes graos de condensación
asocoado a proteínas.
Cando a célula se vai dividir as fibras de cromatina organízanse e
condénsanse para formar os cromosomas. Hai tantas fibras como
cromosomas.
30. 5. CROMOSOMAS
• Son estruturas filamentosas que aparecen na división celular.
• Distribúen o material xenético da célula nai ás células fillas.
• Formados por ADN condensado unido a distintas proteínas.
• Cada cromosoma está constituído por dúas cromátides unidas por un punto
denominado centrómero.
• Unha cromátide contén unha molécula de ADN e a outra posúe outra molécula de ADN
idéntica resultado da replicación.
• As dúas cromátides dun cromosoma son as cromátides irmáns.
• Cada cromátide presenta dous brazos.
32. NÚMERO DE CROMOSOMAS
• O número de cromosomas é característico de cada especie.
• Atendendo a isto podemos falar de:
- Organismos haploides: un xogo de cromosomas (n).
- Organismos diploides: dous xogos de cromosomas (2n; un do pai e outro da
nai) nas células somáticas. As parellas de cromosomas denomínanse homólogos
e portan información para os mesmos caracteres.
• Tipos de cromosomas:
- Metacéntricos: centrómero no medio; brazos iguais.
-Submetacéntricos: centrómero desprazado. Barzos lixeiramente desiguais.
- Acrocéntricos: centrómero moi desprazado. Brazos desiguais.
- Telocéntricos: centrómero nun extremo. Só visible un brazo.