2. Lugar donde se atopa
● San Fins de Anllóns é unha parroquia que se
localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso
na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón
municipal de 2004 tiña 296 habitantes (155
homes e 141 mulleres) distribuídos en 4
entidades de poboación, o que supón unha
diminución en relación ao ano 1999 cando
contaba con 313 habitantes.
●
● A parroquia debe o seu nome ao río Anllóns, que
a atravesa.
3. Agrupacion de mariscadoras
● A Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns
asistiu o pasado 13 de outubro de 2011, en Madrid, á
entrega dos Premios de Excelencia á Innovación
para Mulleres Rurais na súa segunda edición. Foron
12 os proxectos premiados, sendo o das
mariscadoras do Anllóns o que obtivo mellor
puntuación de todos os presentados.
● Destacar que este proxecto de todos os premiados era o
único que tiña relación co sector do mar e da pesca. O
proxecto mostraba a evolución da agrupación coa
obtención da casa das Mariscadoras, o dispor de de unha
depuradora para poder vender directamente o seu
produto (o berberecho) e o proxecto de diversificación
financiado polo GAC Costa da Morte.
●
4. continuacion
● Este último proxecto incluía entre as súas
actividades a organización de xornadas de
promoción do berberecho, no marco do Proxecto
Berberecho, entre colectivos de hostaleiros da
zona por parte de D. Miguel Silva Redonda
(profesor da escola de Hostalería da Coruña), un
curso de cestería para buscar novas formas de
presentación do produto vídeos e material
promocional para divulgar as actividades das
mariscadoras, visitas de escolares e un pequeno
punto de degustación do produto na casa das
mariscadoras.