SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  29
PROXECTO DIDÁCTICO 
ANTONIO FRAGUAS 
Proxecto gañador da 9ª EDICIÓN 
A PAISAXE LENDARIA 
E TOPONÍMICA DO 
CONCELLO DE 
SILLEDA
Natureza do proxecto 
 Centramos o noso proxecto sobre dous dos aspectos 
máis significativos do patrimonio inmaterial que unha 
comunidade, para definirse como tal, nunca debería 
perder: as lendas e a toponimia (maior e menor). Dúas 
son as razóns que nos levan a prantexar este estudo. Por 
un lado, a paulatina desaparición dos nosos maiores, 
auténticos arquivos de relatos lendarios e herdeiros do 
porqué dun topónimo. Conforme avanzan os anos, a 
cultura tende a homoxeneizarse; e isto atenta contra un 
dos valores fundamentais en toda convivencia 
comunitaria: o diálogo cos maiores. A perda desta 
interacción trae consigo que lendas e topónimos, antes 
transmitidos con celo de xeración a xeración, se vaian 
perdendo.
Natureza do proxecto 
 Por outro lado, un aspecto no que poucas veces 
reparamos pero que se acrecenta nas 
comunidades rurais como a de Silleda: o 
aumento constante das concentracións 
parcelarias. Antigos microtopónimos, fixadores 
dunha experiencia vital e compartida ao longo 
de décadas, estanse perdendo en aras da 
cuantificación que trae consigo a fusión de 
parcelas. O minifundismo do antigo réxime, rico 
en microtoponimia, deixa paso ao latifundismo 
do novo réxime, onde os antigos 
microtopónimos son cuantificados asignándolle 
un número a cada polígono e parcela e, polo 
tanto, perdéndose en parte a rica tradición que 
cada topónimo traía consigo.
Ámbito do proxecto 
 Cómpre ter en conta que o mundo rural do Concello de 
Silleda é o ámbito propicio para realizar a recompilación 
de topónimos e lendas. Por iso, valerémonos : 
 Preferentemente daqueles alumnos e alumnas que 
viven no rural, xa que eles teñen unha relación directa 
non só cos informantes (pais, avós, veciños), senón 
tamén co espazo ao cal se refira cada topónimo e lenda. 
 De seguido, tamén nos aproveitaremos daqueles 
rapaces que teñen os seus ascendentes vivindo no 
rural, aproveitando as visitas puntuais que lle realizan a 
estes para que lles consulten sobre a paisaxe 
toponímica e lendaria da súa zona máis inmediata. 
 Como terceiro recurso, aproveitarémonos das 
asociacións culturais de Silleda e de persoas que, a 
título individual, teñen realizada algunha recompilación 
da toponimia e lendas do seu entorno.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Toponimia das aldeas das 
parroquias de Silleda: realizarase 
unha investigación e darase unha 
explicación da etimoloxía de cada unha 
das aldeas para así dar razón do seu 
nome.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Augas: recolleranse os nomes de fontes, 
regatos, pozos, fervenzas,..., e buscarase o 
porqué dese nome a través do diálogo cos 
veciños dese espazo. Normalmente, en torno 
a estes microtopónimos soe estar asociada 
unha lenda ou unha tradición que explica o 
porqué destes nomes. Recolleranse e 
fixaranse no Google Maps xunto cunha foto, 
se é posible, do lugar.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Castros, mámoas e castelos: No Concello 
de Silleda abundan os castros e as mámoas, 
así como restos de antigas torres (castelos). 
Estes elementos arqueolóxicos do pasado 
están cargados non só de simboloxía senón 
tamén dunha gran riqueza toponímica e 
lendaria. Topónimos como “Castriño” ou 
lendas de mouros son moi abundantes. 
Nestes emprazamentos patrimoniais 
atoparémonos con outra liña de investigación 
e recompilación.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Rede viaria: Os nomes dos camiños, 
das congostras, dos carreiros,... 
servirannos para ampliar os topónimos 
relacionados coas aldeas. Algún deles 
tamén terá lendas e tradicións 
asociadas que nos servirán para 
entender o seu significado.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Terreos: Os prados, leiras, montes, agros,... 
aportan unha grande riqueza toponímica e 
lendaria. Aquí é onde maior protagonismo 
terán os alumnos e alumnas das aldeas, xa 
que o provir dunha familia agro-gandeira ou 
ter relación directa con elas facilitará a 
recompilación desde microtopónimos. Sobre 
eles haberá que facer especial fincapé, xa 
que, como xa referimos anteriormente, as 
parcelarias están levando ao esquecemento 
os nomes destes espazos.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Emprazamentos singulares: 
Penedos, rochas, árbores,... soen ser 
elementos cargados de simboloxía e, 
polo tanto, dun nome referente a unha 
tradición ou a unha lenda explicativa e 
valorativa dese topónimo.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Outros: A relixiosidade popular, os 
acontecementos puntuais da historia, 
algunha que outra matanza, unha 
morte tráxica,... soen ser fonte de 
relatos orais significativos no devir 
social e identitario dunha determinada 
comunidade. Por iso tamén 
atenderemos á recompilación de todo 
eles situándoos nun espazo 
determinado.
Cada un dos que se vaian 
recollendo non só o iremos 
clasificando nun arquivo de Word, 
senón que xa o irémolos situando 
na aplicación Maps de Google do 
seguinte xeito:
Aldeas e lugares
Castros, mámoas,…
Prados, leiras, muíños…
Camiños, vías e congostras
Fontes, fervenzas, fontes, 
regatos,…
Lugares emblemáticos 
(penedos,…)
FICHA DO INFORMANTE 
 Enquisador:.................................................................................. 
 Individual  Grupo  
 Nome(s) do(s) 
Informante(s)................................................................................ 
..................................................................................................... 
 Actividade..................................................................................... 
 Lugar................................ Parroquia ........................................... 
 Municipio...................................................................................... 
 Idade aproximada ................... 
 Anos de residencia no lugar...................
FICHA DE TRABALLO 
 Microtopónimo: ............................................................................... 
............................. 
 Tipo: .................................................................................................. 
.......... 
 Lugar/aldea e parroquia: 
........................................................................................................... 
. 
 Fotografía (se se fai algunha foto do lugar ao que fai referencia o 
topónimo, entregaranse nun pen-drive co nome do microtopónimo 
no pé da foto) 
 Lendas ou tradicións asociadas ao microtopónimo: 
........................................................................................................... 
........................................................................................................... 
........................................................................................................... 
........................................................................................................... 
................................................................................
TEMPORALIZACIÓN 
 Setembro: 
 Información sobre o proxecto ao alumnado por parte 
do profesorado de Lingua Galega 
Outubro: 
 Traballo de campo por parte do alumnado: 
recompilación de microtoponimia e lendas 
 Novembro e Decembro: 
 Gravación de vídeos sobre aquelas lendas e 
microtopónimos máis senlleiros para colgalos na 
internet
Realización do traballo 
(1ª avaliación) 
 1.- Cada alumno/a aportará polo menos 
10 microtopónimos ou lendas. 
 2.- Cada un deles haberá que saber 
situalos no mapa de Silleda, polo que é 
preciso que cada alumno/a, ao 
preguntar polo topónimo ou a lenda, 
tamén se informe da situación do 
mesmo nun espazo concreto.
Realización do traballo 
 3.- Para o traballo de campo, o profesor 
de galego correspondente facilitaralle as 
fichas para a recollida da información. 
 4.- Unha vez que cada un dos alumnos 
teñan as fichas de traballo cubertas 
entregaránllas ao profesor de galego 
correspondente para que as valore en 
canto a súa calidade informativa e a súa 
comprensión.
Realización do traballo 
 5.- Cada profesor valorará o traballo dos 
alumnos cun máximo de 1 punto na nota 
da 1ª avaliación. 
 6.- As fichas, despois da súa avalición, 
entregaránselle aos responsables do 
proxecto para o seu rexistro e fixación 
no Google Maps.
Realización do traballo 
 7.- Daquelas lendas e topónimos que 
sexan máis sobresaíntes, invitarase ao 
alumnado a que os grave para a súa 
posterior manipulación e visualización 
na internet. 
 8.- Para fixar cada un dos topónimos no 
mapa, os responsables valeranse dos 
alumnos en cuestión para que lle 
axuden a colocalos no Google Maps.
Realización do traballo 
 9.- Se os alumnos non souberan situalos 
por si mesmos no mapa, dirixiranse ao 
seu profesor de galego ou aos 
responsbles do proxecto para que lle 
faciliten un mapa en papel que levarán á 
casa. Nel, coa axuda dos seus 
informantes, ubicarán cada un dos 
topónimos.
BBOO 
TTRRAABBAALLLLOO!! 
!!!!

Contenu connexe

Similaire à Proxecto antón fraguas

Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarEncarna Lago
 
As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.satelite1
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Tradición oral
Tradición oralTradición oral
Tradición oralxistina
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfrobledoprimeiroA
 
Dragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiroDragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiroLoli Cid Cid
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfEncarna Lago
 
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaMuseo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaEncarna Lago
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNChelo Alvarez Veira
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14mackerel100
 

Similaire à Proxecto antón fraguas (20)

Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do Mar
 
As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Tradición oral
Tradición oralTradición oral
Tradición oral
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdf
 
Proxecto Dragal
Proxecto DragalProxecto Dragal
Proxecto Dragal
 
Dragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiroDragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiro
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdf
 
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaMuseo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
 

Plus de As Ferreiras Silleda

Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAs Ferreiras Silleda
 
Lexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galegaLexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galegaAs Ferreiras Silleda
 
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galegoNovelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galegoAs Ferreiras Silleda
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosAs Ferreiras Silleda
 
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas As Ferreiras Silleda
 

Plus de As Ferreiras Silleda (20)

Visitando a Manuel María
Visitando a Manuel MaríaVisitando a Manuel María
Visitando a Manuel María
 
Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015
 
Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)
 
Gonzalo Navaza
Gonzalo NavazaGonzalo Navaza
Gonzalo Navaza
 
Presentación ledicia costas
Presentación ledicia costasPresentación ledicia costas
Presentación ledicia costas
 
5 científicos galegos
5 científicos galegos5 científicos galegos
5 científicos galegos
 
10 científicos galegos
10 científicos galegos 10 científicos galegos
10 científicos galegos
 
Cientificas galegas
Cientificas galegasCientificas galegas
Cientificas galegas
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en Galicia
 
Topoloxía
TopoloxíaTopoloxía
Topoloxía
 
O matemático Rodríguez
O matemático RodríguezO matemático Rodríguez
O matemático Rodríguez
 
Lexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galegaLexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galega
 
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galegoNovelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplos
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
 
Aula agustín fernández paz
Aula agustín fernández pazAula agustín fernández paz
Aula agustín fernández paz
 
Aula antonio reigosa
Aula antonio reigosaAula antonio reigosa
Aula antonio reigosa
 
Monicreques
MonicrequesMonicreques
Monicreques
 
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
 
Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 

Proxecto antón fraguas

  • 1. PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS Proxecto gañador da 9ª EDICIÓN A PAISAXE LENDARIA E TOPONÍMICA DO CONCELLO DE SILLEDA
  • 2.
  • 3. Natureza do proxecto  Centramos o noso proxecto sobre dous dos aspectos máis significativos do patrimonio inmaterial que unha comunidade, para definirse como tal, nunca debería perder: as lendas e a toponimia (maior e menor). Dúas son as razóns que nos levan a prantexar este estudo. Por un lado, a paulatina desaparición dos nosos maiores, auténticos arquivos de relatos lendarios e herdeiros do porqué dun topónimo. Conforme avanzan os anos, a cultura tende a homoxeneizarse; e isto atenta contra un dos valores fundamentais en toda convivencia comunitaria: o diálogo cos maiores. A perda desta interacción trae consigo que lendas e topónimos, antes transmitidos con celo de xeración a xeración, se vaian perdendo.
  • 4. Natureza do proxecto  Por outro lado, un aspecto no que poucas veces reparamos pero que se acrecenta nas comunidades rurais como a de Silleda: o aumento constante das concentracións parcelarias. Antigos microtopónimos, fixadores dunha experiencia vital e compartida ao longo de décadas, estanse perdendo en aras da cuantificación que trae consigo a fusión de parcelas. O minifundismo do antigo réxime, rico en microtoponimia, deixa paso ao latifundismo do novo réxime, onde os antigos microtopónimos son cuantificados asignándolle un número a cada polígono e parcela e, polo tanto, perdéndose en parte a rica tradición que cada topónimo traía consigo.
  • 5.
  • 6. Ámbito do proxecto  Cómpre ter en conta que o mundo rural do Concello de Silleda é o ámbito propicio para realizar a recompilación de topónimos e lendas. Por iso, valerémonos :  Preferentemente daqueles alumnos e alumnas que viven no rural, xa que eles teñen unha relación directa non só cos informantes (pais, avós, veciños), senón tamén co espazo ao cal se refira cada topónimo e lenda.  De seguido, tamén nos aproveitaremos daqueles rapaces que teñen os seus ascendentes vivindo no rural, aproveitando as visitas puntuais que lle realizan a estes para que lles consulten sobre a paisaxe toponímica e lendaria da súa zona máis inmediata.  Como terceiro recurso, aproveitarémonos das asociacións culturais de Silleda e de persoas que, a título individual, teñen realizada algunha recompilación da toponimia e lendas do seu entorno.
  • 7. Clasificación das lendas e dos topónimos  Toponimia das aldeas das parroquias de Silleda: realizarase unha investigación e darase unha explicación da etimoloxía de cada unha das aldeas para así dar razón do seu nome.
  • 8. Clasificación das lendas e dos topónimos  Augas: recolleranse os nomes de fontes, regatos, pozos, fervenzas,..., e buscarase o porqué dese nome a través do diálogo cos veciños dese espazo. Normalmente, en torno a estes microtopónimos soe estar asociada unha lenda ou unha tradición que explica o porqué destes nomes. Recolleranse e fixaranse no Google Maps xunto cunha foto, se é posible, do lugar.
  • 9. Clasificación das lendas e dos topónimos  Castros, mámoas e castelos: No Concello de Silleda abundan os castros e as mámoas, así como restos de antigas torres (castelos). Estes elementos arqueolóxicos do pasado están cargados non só de simboloxía senón tamén dunha gran riqueza toponímica e lendaria. Topónimos como “Castriño” ou lendas de mouros son moi abundantes. Nestes emprazamentos patrimoniais atoparémonos con outra liña de investigación e recompilación.
  • 10. Clasificación das lendas e dos topónimos  Rede viaria: Os nomes dos camiños, das congostras, dos carreiros,... servirannos para ampliar os topónimos relacionados coas aldeas. Algún deles tamén terá lendas e tradicións asociadas que nos servirán para entender o seu significado.
  • 11. Clasificación das lendas e dos topónimos  Terreos: Os prados, leiras, montes, agros,... aportan unha grande riqueza toponímica e lendaria. Aquí é onde maior protagonismo terán os alumnos e alumnas das aldeas, xa que o provir dunha familia agro-gandeira ou ter relación directa con elas facilitará a recompilación desde microtopónimos. Sobre eles haberá que facer especial fincapé, xa que, como xa referimos anteriormente, as parcelarias están levando ao esquecemento os nomes destes espazos.
  • 12. Clasificación das lendas e dos topónimos  Emprazamentos singulares: Penedos, rochas, árbores,... soen ser elementos cargados de simboloxía e, polo tanto, dun nome referente a unha tradición ou a unha lenda explicativa e valorativa dese topónimo.
  • 13. Clasificación das lendas e dos topónimos  Outros: A relixiosidade popular, os acontecementos puntuais da historia, algunha que outra matanza, unha morte tráxica,... soen ser fonte de relatos orais significativos no devir social e identitario dunha determinada comunidade. Por iso tamén atenderemos á recompilación de todo eles situándoos nun espazo determinado.
  • 14. Cada un dos que se vaian recollendo non só o iremos clasificando nun arquivo de Word, senón que xa o irémolos situando na aplicación Maps de Google do seguinte xeito:
  • 18. Camiños, vías e congostras
  • 21. FICHA DO INFORMANTE  Enquisador:..................................................................................  Individual Grupo  Nome(s) do(s) Informante(s)................................................................................ .....................................................................................................  Actividade.....................................................................................  Lugar................................ Parroquia ...........................................  Municipio......................................................................................  Idade aproximada ...................  Anos de residencia no lugar...................
  • 22. FICHA DE TRABALLO  Microtopónimo: ............................................................................... .............................  Tipo: .................................................................................................. ..........  Lugar/aldea e parroquia: ........................................................................................................... .  Fotografía (se se fai algunha foto do lugar ao que fai referencia o topónimo, entregaranse nun pen-drive co nome do microtopónimo no pé da foto)  Lendas ou tradicións asociadas ao microtopónimo: ........................................................................................................... ........................................................................................................... ........................................................................................................... ........................................................................................................... ................................................................................
  • 23. TEMPORALIZACIÓN  Setembro:  Información sobre o proxecto ao alumnado por parte do profesorado de Lingua Galega Outubro:  Traballo de campo por parte do alumnado: recompilación de microtoponimia e lendas  Novembro e Decembro:  Gravación de vídeos sobre aquelas lendas e microtopónimos máis senlleiros para colgalos na internet
  • 24. Realización do traballo (1ª avaliación)  1.- Cada alumno/a aportará polo menos 10 microtopónimos ou lendas.  2.- Cada un deles haberá que saber situalos no mapa de Silleda, polo que é preciso que cada alumno/a, ao preguntar polo topónimo ou a lenda, tamén se informe da situación do mesmo nun espazo concreto.
  • 25. Realización do traballo  3.- Para o traballo de campo, o profesor de galego correspondente facilitaralle as fichas para a recollida da información.  4.- Unha vez que cada un dos alumnos teñan as fichas de traballo cubertas entregaránllas ao profesor de galego correspondente para que as valore en canto a súa calidade informativa e a súa comprensión.
  • 26. Realización do traballo  5.- Cada profesor valorará o traballo dos alumnos cun máximo de 1 punto na nota da 1ª avaliación.  6.- As fichas, despois da súa avalición, entregaránselle aos responsables do proxecto para o seu rexistro e fixación no Google Maps.
  • 27. Realización do traballo  7.- Daquelas lendas e topónimos que sexan máis sobresaíntes, invitarase ao alumnado a que os grave para a súa posterior manipulación e visualización na internet.  8.- Para fixar cada un dos topónimos no mapa, os responsables valeranse dos alumnos en cuestión para que lle axuden a colocalos no Google Maps.
  • 28. Realización do traballo  9.- Se os alumnos non souberan situalos por si mesmos no mapa, dirixiranse ao seu profesor de galego ou aos responsbles do proxecto para que lle faciliten un mapa en papel que levarán á casa. Nel, coa axuda dos seus informantes, ubicarán cada un dos topónimos.