SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  31
Télécharger pour lire hors ligne
Organización-II


                                ¿Como funciona unha
   MANUAL DE FORMACIÓN




                                Confraría?
                                ¿Cales son as vantaxes
   PARA O MARISQUEO




                                de formar unha Agrupación?
                                ¿Quen pode ser socio
                                dunha Confraría?
                                ¿Por que temos que estar
                                organizadas?
                                ¿Como elixímo-la
                                Xunta Directiva?
                         XUNTA DE GALICIA
XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE PESCA E
ASUNTOS MARÍTIMOS
Dirección Xeral de Innovación e
Desenvolvemento Pesqueiro
         MANUAL DE FORMACIÓN
         PARA O MARISQUEO




Coordinación:
        José Antonio García Villanueva
        Matilde Alonso Acosta
        Antonio Rodríguez Fernández
        Beatriz Villar Cedrón

Autores:
        Montserrat Castro Vázquez
        Belén Escariz Pérez
        Mª Visitación Iturralde de la Fuente
        Salvador Lago Cordo
        Mª Luz Lamas Ferreiro
        Mª José López Barral
        Félix Lorenzo de Dios
        Esperanza Martínez Bouzas
        Mª do Carmen Novoa Valiñas
        Maximina Pereira Rodríguez
        María Rioboo San Luis
        Mª Anxeles Santorum Pérez

Supervisión:
        Elisa Gago Moldes
        Jesús Pérez Alén
        Juan Codesido Villar
        Concepción Blanco Louro

Debuxos:
       Tangaraño

Deseño e maquetación:
       Ninfa e Riveiro

Fotomecánica:
       Resolución

Impresión:
        Litonor

D.L.: C-2667-20002
ISBN: 84-453-3372-0


Agradecimientos: A tódalas persoas que contribuíron cos seus coñecementos e aportacións a realización deste manual .
ORGANIZACIÓN - II

                ¿Como funciona unha
                         confraría?
                                            ¿Quen pode ser socio
                                            dunha confraría?
           ¿Cales son as vantaxes
                  de formar unha
                     agrupación?           ¿Por que temos que estar
                                           organizadas?

              ¿Como elixímo-la xunta
                          directiva?


7.- AS CONFRARÍAS
7.1.- A historia das confrarías

   As confrarías e os gremios naceron hai centos de anos
como mostra de solidariedade entre os seus membros para a
defensa de intereses comúns á súa profesión. A principios
do século XX apareceron os pósitos de pescadores como
entidades modernas de crédito e formación; foron
transformados en confrarías no ano 1943 e mantiveron a
estructura mixta de traballadores-empresarios ata os nosos
días.

  Actualmente colaboran coa Administración, e incluso
poden participar na elaboración das leis relativas á
ordenación do sector pesqueiro.

   En resumo, as confrarías son institucións moi antigas que
souberon adaptarse ós cambios sociais sen perde-la súa
identidade, evolucionando cara a formas máis xustas e
participativas de asociacionismo profesional.

                                                               Módulo Organización - PARTE COMÚN   1
7.2.- ¿Que son as confrarías?

       Son organizacións de profesionais do mar que se asocian libremente para
    defende-los seus intereses.
      As confrarías teñen as súas propias normas de funcionamento. Estas normas non
    poden contradici-las leis, e están recollidas nos estatutos.
      As confrarías teñen unha parte pública (colaboración e consulta coa
    Administración) e unha parte privada (organización e comercialización da
    producción).
      A Administración tutela as confrarías, é dicir, coida de que estas cumpran as
    normas.




    7.3.- Os estatutos

    a) ¿Que son?

      Os estatutos son as normas de funcionamento da confraría.
      Son elaborados, aprobados e modificados polos propios socios.
      Para que sexan válidos, teñen que ser ratificados e rexistrados pola Consellería
    de Pesca e Asuntos Maritimos.

2   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
b) ¿Que inclúen?

                                             • O domicilio da confraría e o
                                                territorio que abrangue.
                                                    • A composición dos órganos
                                                 rectores e as normas para elixi-los
                                               seus membros.
                                                 • A forma en que se levarán as
                                             contas e cómo se vai financia-la
                                           confraría.
                                            • Os dereitos e deberes dos socios.
                                           • Cáles son os bens da confraría.




7.4.- As funcións das confrarías

   Informan e asesoran ós seus socios sobre as
leis que lles afectan.
   Actúan como oficinas públicas nas
que se rexistra e tramita a
documentación dirixida á
Administración autonómica.
   Facilitan a formación dos seus
socios.
   Son consultadas pola
Administración e dan a súa
opinión sobre asuntos que lles
afectan.
   Velan polo cumprimento da
lexislación pesqueira.
   Son responsables da vixilancia das
zonas que lle fosen encomendadas para a súa explotación.
   Organizan a producción, é dicir, fan os plans de explotación e
controlan o acceso ó recurso.
   Organizan a comercialización: concentran a oferta e regulan os prezos.

                                                                 Módulo Organización - PARTE COMÚN   3
Para cumprir tódalas súas funcións, as confrarías poden formar dúas seccións:
        • SECCIÓN DE ORIENTACIÓN.
        • SECCIÓN DE ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN.

       En tódalas confrarías existe a sección de orientación.
       Pódese crea-la sección de organización da producción se así o decide a maioría
    absoluta dos membros da xunta xeral. Ocuparíase de face-los plans de explotación
    e dar saída á producción, concentrando a oferta e regulando os prezos.
       Cada unha das seccións da confraría debe ter un responsable.



4   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
7.5.- Os socios

a) ¿Quen pode ser socio?

   Tódalas persoas (físicas ou xurídicas) que voluntariamente se asocien, sempre e
cando desenvolvan unha actividade empresarial ou laboral dentro do ámbito
territorial da confraría coa correspondente autorización administrativa para a
extracción de recursos mariños vivos.
   Non se pode ser membro de dúas confrarías ó mesmo tempo.

  Os pensionistas do sector poden seguir sendo socios, pero non poderán votar
nin seren elixidos agás que sigan desempeñando unha actividade empresarial.

   Dentro da confraría os socios encadraranse, segundo a súa condición, na
sección de traballadores ou na de armadores.

b) ¿Cales son os dereitos e deberes dos socios?

                     DEREITOS                                             DEBERES
 Elixir e ser elixido para postos de                  Cumpri-lo disposto nos estatutos.
 responsabilidade e dirección dentro da confraría.
 Participar en tódolos actos e xuntanzas ós que       Cumpri-los acordos dos órganos de goberno.
 deban ser convocados.
 Solicitarlle ó cabido información sobre as contas,   Actuar de boa fe, non obstaculizando o normal
 o patrimonio, o funcionamento e as actuacións        funcionamento da confraría.
 da confraría que lles afecten.
 Facerlles propostas ós seus representantes.          Outros que aparezan nos estatutos.


 O incumprimento dos deberes pode ocasionar unha sanción, pero en ningún caso se pode perder ningún dos
 dereitos sen que exista un expediente sancionador.




                                                                                    Módulo Organización - PARTE COMÚN   5
7.6.- Os órganos rectores

    ¿CALES SON?
      A XUNTA XERAL
      O CABIDO
      A PATROA OU PATRÓN MAIOR




6   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
7.6.1.- A Xunta Xeral

A) ¿QUE É?


   É o órgano superior de goberno e decisión da confraría.
   Nela deben estar representados tódolos sectores.
   Os acordos que toman afectan a tódolos socios.
   Os membros da xunta xeral elíxense entre tódolos socios da confraría, por un
período de catro anos, e poden ser reelixidos na seguinte votación-sufraxio.
   A patroa (ou patrón) maior preside a xunta xeral.

B) ¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?




                                                              Módulo Organización - PARTE COMÚN   7
7.6.2.- O cabido ou comisión permanente

    A) ¿QUE É?
         É o órgano de goberno e xestión da confraría.




        ESTÁ FORMADO POR:
        A patroa ou o patrón maior
        As/os vicepatroas ou vicepatróns
        A/O secretaria ou secretario da confraría
        Un mínimo de 6 e un máximo de 12 vocais, e deben ser sempre un número par.

       A metade dos membros do cabido serán traballadores, e a outra metade,
    armadores.
       Os membros do cabido son elixidos pola xunta xeral ou asemblea por un
    período de catro anos. Poden ser reelixidos.
       O cabido estará presidido pola patroa ou patrón maior asistida polas
    vicepatroas ou vicepatróns.

    B) ¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?
       Dirixir e realiza-las actividades necesarias para que a confraría funcione
    normalmente.


8   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
7.6.3.- A patroa ou patrón maior

A) ¿QUEN É?
   É o representante da confraría.
   Será elexido entre os membros da xunta xeral. O seu cargo é incompatible
con outro nos órganos de goberno, seccións ou agrupacións da confraría.
   As vicepatroas (ou vicepatróns) maiores, en función da súa orde (primeira ou
segunda), substitúen á patroa ou patrón maior no caso de ausencia ou
enfermidade e en casos de vacante ata que se realice a nova elección.
   A vicepatroa (ou vicepatrón) primeira será a presidenta da agrupación de
empresarios ou traballadores distinta da da patroa ou patrón maior.
   A vicepatroa (ou vicepatrón) segunda será a presidenta da agrupación de
empresarios ou traballadores á que pertenza a patroa ou patrón maior.

B) ¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?




                                                               Módulo Organización - PARTE COMÚN   9
7.7.- As eleccións na confraría

        Nas eleccións da confraría elíxense aqueles socios que van formar parte dos
     órganos rectores.

     A) ¿QUE PASOS SE DAN ANTES DA CELEBRACIÓN DAS ELECCIÓNS?




10   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
B) ¿QUE FAI A COMISIÓN ELECTORAL?




                                    Módulo Organización - PARTE COMÚN   11
C) ¿QUEN FORMA A MESA ELECTORAL?
       • Un presidente, que será a patroa ou patrón maior.
       • Catro vocais, que serán os traballadores de maior e menor idade e os
     armadores de maior e menor idade.
       • A secretaria ou secretario da confraría.

     D) ¿QUE FAI A MESA ELECTORAL?
         • Preside as votacións.
         • Realiza o escrutinio.
         • Resolve as reclamacións que se produzan sobre as votacións e o escrutinio.




12   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
8.- A AGRUPACIÓN DE
MARISCADORAS
   Está formada polos socios da confraría que se dedican á mesma modalidade de
traballo e que se asocian para defende-los seus intereses económicos e
profesionais.


8.1.- ¿Para que se crea?

  •   Para   aumenta-lo benestar económico e social dos seus membros.
  •   Para   aumenta-la producción dos bancos naturais.
  •   Para   acadar unha maior formación profesional dos seus membros.
  •   Para   propoñe-lo plan de explotación de cada campaña.


  ESCTRUCTURA DA AGRUPACIÓN
  • Asemblea xeral
  • Xunta directiva
  • Presidente ou presidenta
  • Secretario/a
  • Tesoureiro/a

  ASEMBLEA XERAL
  • Constitúena a totalidade de membros do sector con voz e voto.
  • Está presidida polo patrón maior ou en caso de ausencia polo presidente da
agrupación.
  • Os acordos son aprobados pola maioría ou maioría cualificada segúndo os casos.
  • Reunirase, polo menos, unha vez ó ano.
  Aproba o plan de actuación da agrupación, o orzamento, as contas anuais, a
xestión económica, etc.

  XUNTA DIRECTIVA
  • Está composta por un mínimo de cinco membros.
  • O presidente é o que obtivo o maior número de votos na elección de
membros da xunta directiva.
  • A duración do mandato é de catro anos.

                                                                Módulo Organización - PARTE COMÚN   13
• As reunións celébranse unha vez ó mes ou cando o solicite o patrón maior, o
     presidente ou a maioría dos seus vocais.

       PRESIDENTE
       • O mandato do presidente terá unha duración de dous anos.
       • Preside as reunións da asemblea xeral, cando non o faga o patrón maior.
       • Asiste a tódalas reunións, actos e convocatorias relacionadas coa agrupación.
       • Poderá percibir unha gratificación polos traballos realizados se o aproba a
     xunta xeral e é ratificada pola asemblea xeral

       SECRETARIO
       • Participa nas reunións da xunta directiva e da asemblea xeral con voz pero sen
     voto.

         TESOUREIRO
         • Elaborará a memoria económica do ano rematado.
         • Asinará, xunto co patrón maior e co presidente da agrupación, a autorización
         da disposición de fondos da conta da agrupación.




     8.2.- ¿Cales son os pasos para formar unha agrupación?




14   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
Módulo Organización - PARTE COMÚN   15
16   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
9.- AS ORGANIZACIÓNS DE
PRODUCTORES PESQUEIROS
(OPP)




9.1.- ¿Que son?

  Son organizacións formadas voluntariamente polos productores ou asociacións
de productores.


9.2.- ¿Para que se crean?

  • Para explota-los recursos de forma racional (elaborando plans de capturas).
  • Para mellora-las condicións de venda da producción: concentra-la oferta, fixar
prezos de retirada, normas de calidade, etc.




                                                                Módulo Organización - PARTE COMÚN   17
9.3.- ¿Que é necesario para formar unha OPP?

        • ORGANIZACIÓNS DE PRODUCTORES PESQUEIROS: xustificar que se vende,
     alomenos, o 15% da producción da especie ou grupo de especies para a que se
     solicita o recoñecemento.
        • ORGANIZACIÓNS DE PRODUCTORES DE ACUICULTURA: xustificar que se
     vende, plo menos, o 25% da producción da especie ou grupo de especies para a
     que se solicita o recoñecemento.
         A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos é competente para recoñece-las
     organizacións de productores no ámbito da Comunidade Autónoma, e o
     Ministerio de Agricultura e Pesca ten competencia para recoñecer organizacións
     de productores no ámbito nacional.


     9.4.- ¿Que inclúen os estatutos da OPP?

        • Quén pode ser socio (a asociación é libre e voluntaria) e cáles son os seus
     dereitos e deberes.
        • O tempo mínimo de permanencia dentro da OPP: os membros que queiran
     darse de baixa poden facelo despois de permanecer un mínimo de tres anos na
     OPP. A baixa debe comunicarse con, alomenos, un ano de antelación.Tamén se
     pode produci-la baixa por expulsión nos casos nos que así o recolla o
     regulamento interno.
        • A zona na que se vai realiza-la actividade de producción.
        • Os órganos de goberno e as súas funcións.
        • O réxime económico da OPP
        • Qué sucederá no caso de que se disolva a OPP


     9.5.- ¿Que se fai unha vez que estea recoñecida a OPP?

        • Elabóranse os plans de capturas.
        • Establécense normas de comercialización.
        • Os membros contribúen con diñeiro a un fondo común que servirá para
     regulamenta-lo mercado, establecendo prezos de retirada.




18   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
10.- A CONSELLERÍA DE PESCA
E ASUNTOS MARÍTIMOS
  A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos é un órgano da Administración da
Comunidade Autónoma.




10.1.- ¿Cales son as competencias de Galicia na pesca,
marisqueo e acuicultura?

   • A ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo e acuicultura.
   • As confrarías de pescadores.
   • Os establecementos de almacenamento, manipulación, vendas e
transformación dos productos da pesca.

                                                                Módulo Organización - PARTE COMÚN   19
• As ensinanzas marítimo-pesqueiras, náutico-deportivas e o mergullo.
         • Os portos non declarados de interese xeral do Estado.


     10.2.- ¿De que órganos dispón para realiza-las súas
     funcións?

        Os órganos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos son: o Conselleiro, a
     Secretaría Xeral e tres direccións xerais: Recursos Mariños, Estructuras Pesqueiras
     e Mercados, e Innovación e Desenvolvemento; as delegacións territoriais e
     comarcais, e os órganos colexiados.
        No cadro que aparece a continuación podemos ve-la estructura dos distintos
     órganos da consellería e as principais funcións de cada un deles.




20   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
Servicio Técnico Xurídico
                         SECRETARÍA XERAL

                                   Subdirección Xeral de Recursos                                    Subdirección Xeral de Xestión
                                Humanos e Coordinación Administrativa                                 Orzamentaria e Contratación

                                        Servicio de Planificación                                           Servicio de Xestión
                                                                                                        Orzamentaria e Contratación
                                          Servicio de Persoal e
                                       Coordinación Administrativa                                 Servicio de Supervisión e Control

                                         Intervención Delegada                                               Asesoría Xurídica



                        DIRECCIÓN XERAL DE
                        RECURSOS MARIÑOS
                                                           SDX de Recursos Mariños                       SDX de Xestión Administrativa
                                                                                                               e Usos do Litoral
                                                                 Servicio de Marisqueo
                                                                                                               Servicio de Usos do Litoral
                                                                 Servicio de Acuicultura
                                                                                                               Servicio de Asesoría Técnica
                                                                 Servicio de Pesca


                           DIRECCIÓN XERAL DE
                        ESTRUCTURAS PESQUEIRAS E
                           MERCADOS DA PESCA
                                                                 Subdirección Xeral de                                Subdirección Xeral de
                                                                 Estructuras Pesqueiras                                Mercados da Pesca

                                                                       Servicio de Flota                                    Servicio de Análise e
                                                                                                                            Estudios de Mercado
                                                                       Servicio de Desenvolvemento
CONSELLERÍA DE PESCA                                                        e Modernización do                                Servicio de Pomoción
E ASUNTOS MARÍTIMOS                                                          Tecido Productivo                                e Mellora da Calidade
                                                                                                                            dos Productos Pesqueiros
 Conselleiro de Pesca                                                    Servicio de Xestión
                                                                       das Axudas Estructurais
 e Asuntos Marítimos
                        DIRECCIÓN XERAL DE
                           INNOVACIÓN E
                        DESENVOLVEMENTO                                                                                                          Cento de
                             PESQUEIRO                    SDX de Ensino e                                        SDX de Xestión e
                                                     Desenvolvemento Pesqueiro                                 Investigación Mariña           Investigacións
                                                                                                                                              Mariñas (CIMA)
                                                            Servicio de Ensino e
                                                            Titulacións Náutico            Centros de               Servicio de Coordinación
                                                                 Pesqueiras                Formación                      e Xestión da
                                                                                                                     Investigación Mariña
                                                            Servicio de Desenvolvemento
                                                                      Pesqueiro                                     Servicio de Estudios
                                                                                                                        Pesqueiros
                                                            Servicio de Fomento da
                                                            Organización Sectorial

                          CENTRO DE CONTROL
                           DO MEDIO MARIÑO
                        (con rango de dirección xeral)



                        DELEGACIÓNS               delegacións territoriais                                                       delegacións comarcais
                        TERRITORIAIS                      Lugo                                                                           Ferrol
                                                        A Coruña                                                                        Ribeira
                                                       Pontevedra                                                                        Carril
                                                                                        Secretaría                                    Pontevedra

                                                                                        Servicio de Recursos Mariños

                                                                                        Servicio de Estructuras e
                                                                                          Mercados da Pesca

                                                                                        Servicio de Usos do Litoral




                         SDX de Cooperación                             SDX de Control, Salvamento Marítimo
                        Pesqueira Internacional                           e Loita contra a Contaminación

                        Servicio de Cooperación                Servicio de Protección                    Servicio de Busca e
                               Pesqueira                            de Recursos                      Salvamento Marítimo e Loita
                                                                                                       contra a Contaminación



                                                                                                                   Módulo Organización - PARTE COMÚN     21
FOLLA DE AUTOAVALIACIÓN

       1.- Sinala cál sería o xeito máis apropiado para que as mariscadoras nos
     organizasemos.

             s     Por zonas.
             s     Por traballos.
             s     Por quendas.
             s     Outras.


       2.- Reflexiona sobre os problemas que na actualidade están a impedi-lo
     desenvolvemento do marisqueo na túa zona e expón aquelas medidas que cres
     que mellorarían a situación ou arranxarían o problema.

             s     Furtivismo.
             s     Individualismo (cadaquén vai polo seu lado).
             s     Prezos baixos.
             s     Outros.


         3.- Indica cáles son as fontes de financiamento que pode te-la agrupación.
         ...................................................................................................................
         ...................................................................................................................
         ...................................................................................................................
         ...................................................................................................................
         ...................................................................................................................
         ...................................................................................................................
         ...................................................................................................................

       4.- Sinala cómo podemos distribuí-los ingresos da venda do marisco e cál sería
     o mellor xeito, segundo a túa opinión:

             s Por mariscadora en función da producción que saque cada unha.
             s A partes iguais.
             s En función das horas traballadas (sementando, no desdobramento, na
               limpeza, na selección, etc.).
             s Outros.

22   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
5.- Decide se as frases que seguen son verdadeiras ou falsas:

       s a) Tódolos profesionais do marisqueo dunha zona están obrigados a
            asociarse á confraría.
       s b) Unha confraría pode funcionar sen estatutos.
       s c) As confrarías son responsables da vixilancia das zonas que lle foron
            encomendadas para a súa explotación.
       s ch) Tódolos xubilados poden ser socios con voz e voto.
       s d) Non se pode ser socio de dúas confrarías á vez.
       s e) Non tódolos sectores teñen que estar representados na xunta
            xeral da confraría.
       s f) O cabido está formado pola patroa ou patrón maior, as/os
            vicepatroas/vicepatróns, a secretaria ou secretario e de 6 a 12 vocais.
       s g) A comisión electoral elabora o plan electoral e propono ó cabido
            para a súa aprobación.
       s h) Se unha mariscadora non aparece no censo electoral ten que
            reclamar ante a patroa ou patrón maior.
       s i) A metade dos membros do cabido serán traballadores, e a outra
            metade, armadores.

   6.- Une con frechas:

   Convocar eleccións
   Modifica-lo estatuto da confraría                                           XUNTA XERAL
   Aproba-lo regulamento
   interno da agrupación                                                              CABIDO
   Elixi-la patroa ou patrón maior
   Destituí-la patroa ou patrón maior                                 PATROA/PATRÓN MAIOR
   Establece-las cotas
   Representa-la confraría

  7.- Decide se a organización da que formas parte cumpre as condicións para
constituír unha organización de productores acuícolas.
  ...................................................................................................................
  ...................................................................................................................
  ...................................................................................................................
  ...................................................................................................................
  ...................................................................................................................

                                                                                              Módulo Organización - PARTE COMÚN   23
8.- Ordena-los pasos necesarios para constituír unha agrupación de
     Mariscadoras:

             s Elixi-la comisión xestora que elabora o regulamento.
             s Ratifica-lo regulamento na Consellería de Pesca, Marisqueo e
               Acuicultura.
             s Comunicarlle á patroa ou patrón maior, mediante un escrito, a vontade
               de constituír unha agrupación.
             s Aproba-lo regulamento pola xunta xeral da confraría.
             s Aproba-lo regulamento na asemblea de mariscadoras.
             s Convocar eleccións para elixi-la xunta directiva e a presidenta.
             s Convoca-lo colectivo para que aprobe a creación da agrupación.




24   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
BIBLIOGRAFÍA
NÚÑEZ, T. e LOSCERTALES, F.: El grupo y su eficacia”. Técnicas al servicio de la
 dirección y coordinación de grupos. EUB, S. L., 1996.

MAQUEDA LAFUENTE, F. J.: Cómo crear y desarrollar una empresa. Deusto, 1990.

DELICADO, Á.; FERNÁNDEZ, F. e BELLMUNT, A.: Cultura organizativa
 cooperativa. Direcció General d´Ocupació. Institut de Promonció i Foment del
 Cooperativisme, 1991.

GAGO CONDE, C.: Divulgación cooperativa. Asociación para a Economía Social,
 1994.

XUNTA DE GALICIA: Libro branco sobre a xestión das confrarías de pescadores de
 Galicia, 1994.

VARIOS AUTORES: Cooperativismo. Unión de Cooperativas do Ensino de
  Traballo Asociado de Galicia, 1997.

VARIOS AUTORES: Ordenación bioeconómica do marisqueo. Intrasub S.
  Coop./Xedega. S. Coop. de Editores Galegos, 1995.




                                                              Módulo Organización - PARTE COMÚN   25
NORMATIVA APLICABLE
Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 134,
  xoves, 15 de xullo de 1993.

Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, polo que se regula a estructura, organización
  e funcionamento das confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 49, do 12 de
  marzo de 1998.

Resolución do 29 de xuño de 1998, pola que se dispón a publicación do modelo
 de estatutos de confrarías elaborados de conformidade co disposto no Decreto
 79/1998, do 12 de febreiro. DOG nº. 137, do 17 de xullo de 1998.

Correción de erros no DOG nº 42 do 2 de marzo do 1999. Modificada pola orden
  do 27 de outubro de 2000 (DOG nº. 219, do 13 de novembro de 2000).

Orde do 4 de xaneiro de 1999, pola que se regula a constitución de agrupacións.
  DOG nº. 21, martes, 2 de febreiro de 1999.

Real decreto 1429/1992, do 27 de novembro, polo que se regulan as organizacións
 de productores da pesca e as súas asociacións. BOE nº. 287, do 30 de novembro
 de 1992.

Real decreto 1189/1998, do 12 de xuño, polo que se modifica o RD 1429/1992,
 de 27 de novembro, polo que se regulan as organizacións de productores da pesca
 e as súas asociacións. BOE nº. 141, sábado 13 de xuño de 1998.

Regulamento (CE) nº. 3759/92 do Consello, do 17 de decembro de 1992, polo que
 se establece a organización común de mercados no sector dos productos da pesca
 e da acuicultura (DOCE nº. L 388/1, do 31 de decembro de 1992).

Regulamento (CE) nº. 3318/94 do Consello, do 22 de decembro de 1994, que
 modifica o Regulamento (CE) nº. 3759/92 polo que se establece a organización
 común de mercados no sector dos productos da pesca e da acuicultura (DOCE
 nº. L 350/15, do 31 de decembro de 1994).



                                                               Módulo Organización - PARTE COMÚN   27
Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, DOG nº. 251, do 30
       de decembro de 1998.
     Decreto 109/1998, do 5 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da
       Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. DOG nº. 65, do 6 de abril de
       1998.

     Real decreto do 11 de marzo de 1978, nº. 670, que regula a creación e            o
      recoñecemento das cofrarías de pescadores.

     Orde do 31 de agosto de 1978, que desenvolve o real decreto.

     Orde do 21 de decembro de 1993, pola que se regula a levanza dos libros de rexistro
       nas confrarías de pescadores. DOG nº. 251, xoves, 30 de decembro de 1993.

     Orde do 4 de xaneiro de 1999, pola que se establece a obriga de levar un libro de
       rexistro de socios nas confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 10, luns, 18
       de xaneiro de 1999.

     Orde do 30 de novembro de 2001, pola que se regulan os procesos electorais nas
       confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 233, luns, 3 de decembro de 2001.




28   MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
MANUAL DE FORMACIÓN
             PARA O MARISQUEO




         UNTA
          DE GALICIA


CONSELLERÍA DE PESCA E
    ASUNTOS MARÍTIMOS
Dirección Xeral de Innovación e
 Desenvolvemento Pesqueiro

Contenu connexe

Similaire à Manual de formación para o marisqueo 07. organización ii

Similaire à Manual de formación para o marisqueo 07. organización ii (8)

Manual de formación para o marisqueo 06. organización i
Manual de formación para o marisqueo 06. organización iManual de formación para o marisqueo 06. organización i
Manual de formación para o marisqueo 06. organización i
 
Estatutos cmv
Estatutos cmvEstatutos cmv
Estatutos cmv
 
Estatutos
Estatutos Estatutos
Estatutos
 
Estatutos Anabad Galicia
Estatutos Anabad GaliciaEstatutos Anabad Galicia
Estatutos Anabad Galicia
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardo
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardo
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardo
 

Plus de ASOAR-ARMEGA

Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015ASOAR-ARMEGA
 
Agenda congreso def
Agenda congreso defAgenda congreso def
Agenda congreso defASOAR-ARMEGA
 
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 defAnalisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 defASOAR-ARMEGA
 
Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013ASOAR-ARMEGA
 
Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013ASOAR-ARMEGA
 
Plan de emprego asoar 2012 castellano
Plan de emprego asoar 2012  castellanoPlan de emprego asoar 2012  castellano
Plan de emprego asoar 2012 castellanoASOAR-ARMEGA
 
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...ASOAR-ARMEGA
 
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORAGESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORAASOAR-ARMEGA
 
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesDecreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesASOAR-ARMEGA
 
Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)ASOAR-ARMEGA
 
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)ASOAR-ARMEGA
 
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajoGuía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajoASOAR-ARMEGA
 
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. inshtGuía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. inshtASOAR-ARMEGA
 
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)ASOAR-ARMEGA
 
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...ASOAR-ARMEGA
 

Plus de ASOAR-ARMEGA (20)

Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015
 
Agenda congreso def
Agenda congreso defAgenda congreso def
Agenda congreso def
 
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 defAnalisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
 
Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013
 
Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013
 
Plan de emprego asoar 2012 castellano
Plan de emprego asoar 2012  castellanoPlan de emprego asoar 2012  castellano
Plan de emprego asoar 2012 castellano
 
Un día de mar
Un día de marUn día de mar
Un día de mar
 
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
 
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORAGESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
 
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesDecreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
 
Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)
 
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
 
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
 
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
 
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
 
Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)
 
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajoGuía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
 
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. inshtGuía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
 
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
 
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
 

Manual de formación para o marisqueo 07. organización ii

  • 1. Organización-II ¿Como funciona unha MANUAL DE FORMACIÓN Confraría? ¿Cales son as vantaxes PARA O MARISQUEO de formar unha Agrupación? ¿Quen pode ser socio dunha Confraría? ¿Por que temos que estar organizadas? ¿Como elixímo-la Xunta Directiva? XUNTA DE GALICIA
  • 2. XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO Coordinación: José Antonio García Villanueva Matilde Alonso Acosta Antonio Rodríguez Fernández Beatriz Villar Cedrón Autores: Montserrat Castro Vázquez Belén Escariz Pérez Mª Visitación Iturralde de la Fuente Salvador Lago Cordo Mª Luz Lamas Ferreiro Mª José López Barral Félix Lorenzo de Dios Esperanza Martínez Bouzas Mª do Carmen Novoa Valiñas Maximina Pereira Rodríguez María Rioboo San Luis Mª Anxeles Santorum Pérez Supervisión: Elisa Gago Moldes Jesús Pérez Alén Juan Codesido Villar Concepción Blanco Louro Debuxos: Tangaraño Deseño e maquetación: Ninfa e Riveiro Fotomecánica: Resolución Impresión: Litonor D.L.: C-2667-20002 ISBN: 84-453-3372-0 Agradecimientos: A tódalas persoas que contribuíron cos seus coñecementos e aportacións a realización deste manual .
  • 3. ORGANIZACIÓN - II ¿Como funciona unha confraría? ¿Quen pode ser socio dunha confraría? ¿Cales son as vantaxes de formar unha agrupación? ¿Por que temos que estar organizadas? ¿Como elixímo-la xunta directiva? 7.- AS CONFRARÍAS 7.1.- A historia das confrarías As confrarías e os gremios naceron hai centos de anos como mostra de solidariedade entre os seus membros para a defensa de intereses comúns á súa profesión. A principios do século XX apareceron os pósitos de pescadores como entidades modernas de crédito e formación; foron transformados en confrarías no ano 1943 e mantiveron a estructura mixta de traballadores-empresarios ata os nosos días. Actualmente colaboran coa Administración, e incluso poden participar na elaboración das leis relativas á ordenación do sector pesqueiro. En resumo, as confrarías son institucións moi antigas que souberon adaptarse ós cambios sociais sen perde-la súa identidade, evolucionando cara a formas máis xustas e participativas de asociacionismo profesional. Módulo Organización - PARTE COMÚN 1
  • 4. 7.2.- ¿Que son as confrarías? Son organizacións de profesionais do mar que se asocian libremente para defende-los seus intereses. As confrarías teñen as súas propias normas de funcionamento. Estas normas non poden contradici-las leis, e están recollidas nos estatutos. As confrarías teñen unha parte pública (colaboración e consulta coa Administración) e unha parte privada (organización e comercialización da producción). A Administración tutela as confrarías, é dicir, coida de que estas cumpran as normas. 7.3.- Os estatutos a) ¿Que son? Os estatutos son as normas de funcionamento da confraría. Son elaborados, aprobados e modificados polos propios socios. Para que sexan válidos, teñen que ser ratificados e rexistrados pola Consellería de Pesca e Asuntos Maritimos. 2 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 5. b) ¿Que inclúen? • O domicilio da confraría e o territorio que abrangue. • A composición dos órganos rectores e as normas para elixi-los seus membros. • A forma en que se levarán as contas e cómo se vai financia-la confraría. • Os dereitos e deberes dos socios. • Cáles son os bens da confraría. 7.4.- As funcións das confrarías Informan e asesoran ós seus socios sobre as leis que lles afectan. Actúan como oficinas públicas nas que se rexistra e tramita a documentación dirixida á Administración autonómica. Facilitan a formación dos seus socios. Son consultadas pola Administración e dan a súa opinión sobre asuntos que lles afectan. Velan polo cumprimento da lexislación pesqueira. Son responsables da vixilancia das zonas que lle fosen encomendadas para a súa explotación. Organizan a producción, é dicir, fan os plans de explotación e controlan o acceso ó recurso. Organizan a comercialización: concentran a oferta e regulan os prezos. Módulo Organización - PARTE COMÚN 3
  • 6. Para cumprir tódalas súas funcións, as confrarías poden formar dúas seccións: • SECCIÓN DE ORIENTACIÓN. • SECCIÓN DE ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN. En tódalas confrarías existe a sección de orientación. Pódese crea-la sección de organización da producción se así o decide a maioría absoluta dos membros da xunta xeral. Ocuparíase de face-los plans de explotación e dar saída á producción, concentrando a oferta e regulando os prezos. Cada unha das seccións da confraría debe ter un responsable. 4 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 7. 7.5.- Os socios a) ¿Quen pode ser socio? Tódalas persoas (físicas ou xurídicas) que voluntariamente se asocien, sempre e cando desenvolvan unha actividade empresarial ou laboral dentro do ámbito territorial da confraría coa correspondente autorización administrativa para a extracción de recursos mariños vivos. Non se pode ser membro de dúas confrarías ó mesmo tempo. Os pensionistas do sector poden seguir sendo socios, pero non poderán votar nin seren elixidos agás que sigan desempeñando unha actividade empresarial. Dentro da confraría os socios encadraranse, segundo a súa condición, na sección de traballadores ou na de armadores. b) ¿Cales son os dereitos e deberes dos socios? DEREITOS DEBERES Elixir e ser elixido para postos de Cumpri-lo disposto nos estatutos. responsabilidade e dirección dentro da confraría. Participar en tódolos actos e xuntanzas ós que Cumpri-los acordos dos órganos de goberno. deban ser convocados. Solicitarlle ó cabido información sobre as contas, Actuar de boa fe, non obstaculizando o normal o patrimonio, o funcionamento e as actuacións funcionamento da confraría. da confraría que lles afecten. Facerlles propostas ós seus representantes. Outros que aparezan nos estatutos. O incumprimento dos deberes pode ocasionar unha sanción, pero en ningún caso se pode perder ningún dos dereitos sen que exista un expediente sancionador. Módulo Organización - PARTE COMÚN 5
  • 8. 7.6.- Os órganos rectores ¿CALES SON? A XUNTA XERAL O CABIDO A PATROA OU PATRÓN MAIOR 6 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 9. 7.6.1.- A Xunta Xeral A) ¿QUE É? É o órgano superior de goberno e decisión da confraría. Nela deben estar representados tódolos sectores. Os acordos que toman afectan a tódolos socios. Os membros da xunta xeral elíxense entre tódolos socios da confraría, por un período de catro anos, e poden ser reelixidos na seguinte votación-sufraxio. A patroa (ou patrón) maior preside a xunta xeral. B) ¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? Módulo Organización - PARTE COMÚN 7
  • 10. 7.6.2.- O cabido ou comisión permanente A) ¿QUE É? É o órgano de goberno e xestión da confraría. ESTÁ FORMADO POR: A patroa ou o patrón maior As/os vicepatroas ou vicepatróns A/O secretaria ou secretario da confraría Un mínimo de 6 e un máximo de 12 vocais, e deben ser sempre un número par. A metade dos membros do cabido serán traballadores, e a outra metade, armadores. Os membros do cabido son elixidos pola xunta xeral ou asemblea por un período de catro anos. Poden ser reelixidos. O cabido estará presidido pola patroa ou patrón maior asistida polas vicepatroas ou vicepatróns. B) ¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? Dirixir e realiza-las actividades necesarias para que a confraría funcione normalmente. 8 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 11. 7.6.3.- A patroa ou patrón maior A) ¿QUEN É? É o representante da confraría. Será elexido entre os membros da xunta xeral. O seu cargo é incompatible con outro nos órganos de goberno, seccións ou agrupacións da confraría. As vicepatroas (ou vicepatróns) maiores, en función da súa orde (primeira ou segunda), substitúen á patroa ou patrón maior no caso de ausencia ou enfermidade e en casos de vacante ata que se realice a nova elección. A vicepatroa (ou vicepatrón) primeira será a presidenta da agrupación de empresarios ou traballadores distinta da da patroa ou patrón maior. A vicepatroa (ou vicepatrón) segunda será a presidenta da agrupación de empresarios ou traballadores á que pertenza a patroa ou patrón maior. B) ¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? Módulo Organización - PARTE COMÚN 9
  • 12. 7.7.- As eleccións na confraría Nas eleccións da confraría elíxense aqueles socios que van formar parte dos órganos rectores. A) ¿QUE PASOS SE DAN ANTES DA CELEBRACIÓN DAS ELECCIÓNS? 10 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 13. B) ¿QUE FAI A COMISIÓN ELECTORAL? Módulo Organización - PARTE COMÚN 11
  • 14. C) ¿QUEN FORMA A MESA ELECTORAL? • Un presidente, que será a patroa ou patrón maior. • Catro vocais, que serán os traballadores de maior e menor idade e os armadores de maior e menor idade. • A secretaria ou secretario da confraría. D) ¿QUE FAI A MESA ELECTORAL? • Preside as votacións. • Realiza o escrutinio. • Resolve as reclamacións que se produzan sobre as votacións e o escrutinio. 12 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 15. 8.- A AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS Está formada polos socios da confraría que se dedican á mesma modalidade de traballo e que se asocian para defende-los seus intereses económicos e profesionais. 8.1.- ¿Para que se crea? • Para aumenta-lo benestar económico e social dos seus membros. • Para aumenta-la producción dos bancos naturais. • Para acadar unha maior formación profesional dos seus membros. • Para propoñe-lo plan de explotación de cada campaña. ESCTRUCTURA DA AGRUPACIÓN • Asemblea xeral • Xunta directiva • Presidente ou presidenta • Secretario/a • Tesoureiro/a ASEMBLEA XERAL • Constitúena a totalidade de membros do sector con voz e voto. • Está presidida polo patrón maior ou en caso de ausencia polo presidente da agrupación. • Os acordos son aprobados pola maioría ou maioría cualificada segúndo os casos. • Reunirase, polo menos, unha vez ó ano. Aproba o plan de actuación da agrupación, o orzamento, as contas anuais, a xestión económica, etc. XUNTA DIRECTIVA • Está composta por un mínimo de cinco membros. • O presidente é o que obtivo o maior número de votos na elección de membros da xunta directiva. • A duración do mandato é de catro anos. Módulo Organización - PARTE COMÚN 13
  • 16. • As reunións celébranse unha vez ó mes ou cando o solicite o patrón maior, o presidente ou a maioría dos seus vocais. PRESIDENTE • O mandato do presidente terá unha duración de dous anos. • Preside as reunións da asemblea xeral, cando non o faga o patrón maior. • Asiste a tódalas reunións, actos e convocatorias relacionadas coa agrupación. • Poderá percibir unha gratificación polos traballos realizados se o aproba a xunta xeral e é ratificada pola asemblea xeral SECRETARIO • Participa nas reunións da xunta directiva e da asemblea xeral con voz pero sen voto. TESOUREIRO • Elaborará a memoria económica do ano rematado. • Asinará, xunto co patrón maior e co presidente da agrupación, a autorización da disposición de fondos da conta da agrupación. 8.2.- ¿Cales son os pasos para formar unha agrupación? 14 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 17. Módulo Organización - PARTE COMÚN 15
  • 18. 16 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 19. 9.- AS ORGANIZACIÓNS DE PRODUCTORES PESQUEIROS (OPP) 9.1.- ¿Que son? Son organizacións formadas voluntariamente polos productores ou asociacións de productores. 9.2.- ¿Para que se crean? • Para explota-los recursos de forma racional (elaborando plans de capturas). • Para mellora-las condicións de venda da producción: concentra-la oferta, fixar prezos de retirada, normas de calidade, etc. Módulo Organización - PARTE COMÚN 17
  • 20. 9.3.- ¿Que é necesario para formar unha OPP? • ORGANIZACIÓNS DE PRODUCTORES PESQUEIROS: xustificar que se vende, alomenos, o 15% da producción da especie ou grupo de especies para a que se solicita o recoñecemento. • ORGANIZACIÓNS DE PRODUCTORES DE ACUICULTURA: xustificar que se vende, plo menos, o 25% da producción da especie ou grupo de especies para a que se solicita o recoñecemento. A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos é competente para recoñece-las organizacións de productores no ámbito da Comunidade Autónoma, e o Ministerio de Agricultura e Pesca ten competencia para recoñecer organizacións de productores no ámbito nacional. 9.4.- ¿Que inclúen os estatutos da OPP? • Quén pode ser socio (a asociación é libre e voluntaria) e cáles son os seus dereitos e deberes. • O tempo mínimo de permanencia dentro da OPP: os membros que queiran darse de baixa poden facelo despois de permanecer un mínimo de tres anos na OPP. A baixa debe comunicarse con, alomenos, un ano de antelación.Tamén se pode produci-la baixa por expulsión nos casos nos que así o recolla o regulamento interno. • A zona na que se vai realiza-la actividade de producción. • Os órganos de goberno e as súas funcións. • O réxime económico da OPP • Qué sucederá no caso de que se disolva a OPP 9.5.- ¿Que se fai unha vez que estea recoñecida a OPP? • Elabóranse os plans de capturas. • Establécense normas de comercialización. • Os membros contribúen con diñeiro a un fondo común que servirá para regulamenta-lo mercado, establecendo prezos de retirada. 18 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 21. 10.- A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos é un órgano da Administración da Comunidade Autónoma. 10.1.- ¿Cales son as competencias de Galicia na pesca, marisqueo e acuicultura? • A ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo e acuicultura. • As confrarías de pescadores. • Os establecementos de almacenamento, manipulación, vendas e transformación dos productos da pesca. Módulo Organización - PARTE COMÚN 19
  • 22. • As ensinanzas marítimo-pesqueiras, náutico-deportivas e o mergullo. • Os portos non declarados de interese xeral do Estado. 10.2.- ¿De que órganos dispón para realiza-las súas funcións? Os órganos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos son: o Conselleiro, a Secretaría Xeral e tres direccións xerais: Recursos Mariños, Estructuras Pesqueiras e Mercados, e Innovación e Desenvolvemento; as delegacións territoriais e comarcais, e os órganos colexiados. No cadro que aparece a continuación podemos ve-la estructura dos distintos órganos da consellería e as principais funcións de cada un deles. 20 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 23. Servicio Técnico Xurídico SECRETARÍA XERAL Subdirección Xeral de Recursos Subdirección Xeral de Xestión Humanos e Coordinación Administrativa Orzamentaria e Contratación Servicio de Planificación Servicio de Xestión Orzamentaria e Contratación Servicio de Persoal e Coordinación Administrativa Servicio de Supervisión e Control Intervención Delegada Asesoría Xurídica DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MARIÑOS SDX de Recursos Mariños SDX de Xestión Administrativa e Usos do Litoral Servicio de Marisqueo Servicio de Usos do Litoral Servicio de Acuicultura Servicio de Asesoría Técnica Servicio de Pesca DIRECCIÓN XERAL DE ESTRUCTURAS PESQUEIRAS E MERCADOS DA PESCA Subdirección Xeral de Subdirección Xeral de Estructuras Pesqueiras Mercados da Pesca Servicio de Flota Servicio de Análise e Estudios de Mercado Servicio de Desenvolvemento CONSELLERÍA DE PESCA e Modernización do Servicio de Pomoción E ASUNTOS MARÍTIMOS Tecido Productivo e Mellora da Calidade dos Productos Pesqueiros Conselleiro de Pesca Servicio de Xestión das Axudas Estructurais e Asuntos Marítimos DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO Cento de PESQUEIRO SDX de Ensino e SDX de Xestión e Desenvolvemento Pesqueiro Investigación Mariña Investigacións Mariñas (CIMA) Servicio de Ensino e Titulacións Náutico Centros de Servicio de Coordinación Pesqueiras Formación e Xestión da Investigación Mariña Servicio de Desenvolvemento Pesqueiro Servicio de Estudios Pesqueiros Servicio de Fomento da Organización Sectorial CENTRO DE CONTROL DO MEDIO MARIÑO (con rango de dirección xeral) DELEGACIÓNS delegacións territoriais delegacións comarcais TERRITORIAIS Lugo Ferrol A Coruña Ribeira Pontevedra Carril Secretaría Pontevedra Servicio de Recursos Mariños Servicio de Estructuras e Mercados da Pesca Servicio de Usos do Litoral SDX de Cooperación SDX de Control, Salvamento Marítimo Pesqueira Internacional e Loita contra a Contaminación Servicio de Cooperación Servicio de Protección Servicio de Busca e Pesqueira de Recursos Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación Módulo Organización - PARTE COMÚN 21
  • 24. FOLLA DE AUTOAVALIACIÓN 1.- Sinala cál sería o xeito máis apropiado para que as mariscadoras nos organizasemos. s Por zonas. s Por traballos. s Por quendas. s Outras. 2.- Reflexiona sobre os problemas que na actualidade están a impedi-lo desenvolvemento do marisqueo na túa zona e expón aquelas medidas que cres que mellorarían a situación ou arranxarían o problema. s Furtivismo. s Individualismo (cadaquén vai polo seu lado). s Prezos baixos. s Outros. 3.- Indica cáles son as fontes de financiamento que pode te-la agrupación. ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... 4.- Sinala cómo podemos distribuí-los ingresos da venda do marisco e cál sería o mellor xeito, segundo a túa opinión: s Por mariscadora en función da producción que saque cada unha. s A partes iguais. s En función das horas traballadas (sementando, no desdobramento, na limpeza, na selección, etc.). s Outros. 22 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 25. 5.- Decide se as frases que seguen son verdadeiras ou falsas: s a) Tódolos profesionais do marisqueo dunha zona están obrigados a asociarse á confraría. s b) Unha confraría pode funcionar sen estatutos. s c) As confrarías son responsables da vixilancia das zonas que lle foron encomendadas para a súa explotación. s ch) Tódolos xubilados poden ser socios con voz e voto. s d) Non se pode ser socio de dúas confrarías á vez. s e) Non tódolos sectores teñen que estar representados na xunta xeral da confraría. s f) O cabido está formado pola patroa ou patrón maior, as/os vicepatroas/vicepatróns, a secretaria ou secretario e de 6 a 12 vocais. s g) A comisión electoral elabora o plan electoral e propono ó cabido para a súa aprobación. s h) Se unha mariscadora non aparece no censo electoral ten que reclamar ante a patroa ou patrón maior. s i) A metade dos membros do cabido serán traballadores, e a outra metade, armadores. 6.- Une con frechas: Convocar eleccións Modifica-lo estatuto da confraría XUNTA XERAL Aproba-lo regulamento interno da agrupación CABIDO Elixi-la patroa ou patrón maior Destituí-la patroa ou patrón maior PATROA/PATRÓN MAIOR Establece-las cotas Representa-la confraría 7.- Decide se a organización da que formas parte cumpre as condicións para constituír unha organización de productores acuícolas. ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... Módulo Organización - PARTE COMÚN 23
  • 26. 8.- Ordena-los pasos necesarios para constituír unha agrupación de Mariscadoras: s Elixi-la comisión xestora que elabora o regulamento. s Ratifica-lo regulamento na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. s Comunicarlle á patroa ou patrón maior, mediante un escrito, a vontade de constituír unha agrupación. s Aproba-lo regulamento pola xunta xeral da confraría. s Aproba-lo regulamento na asemblea de mariscadoras. s Convocar eleccións para elixi-la xunta directiva e a presidenta. s Convoca-lo colectivo para que aprobe a creación da agrupación. 24 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 27. BIBLIOGRAFÍA NÚÑEZ, T. e LOSCERTALES, F.: El grupo y su eficacia”. Técnicas al servicio de la dirección y coordinación de grupos. EUB, S. L., 1996. MAQUEDA LAFUENTE, F. J.: Cómo crear y desarrollar una empresa. Deusto, 1990. DELICADO, Á.; FERNÁNDEZ, F. e BELLMUNT, A.: Cultura organizativa cooperativa. Direcció General d´Ocupació. Institut de Promonció i Foment del Cooperativisme, 1991. GAGO CONDE, C.: Divulgación cooperativa. Asociación para a Economía Social, 1994. XUNTA DE GALICIA: Libro branco sobre a xestión das confrarías de pescadores de Galicia, 1994. VARIOS AUTORES: Cooperativismo. Unión de Cooperativas do Ensino de Traballo Asociado de Galicia, 1997. VARIOS AUTORES: Ordenación bioeconómica do marisqueo. Intrasub S. Coop./Xedega. S. Coop. de Editores Galegos, 1995. Módulo Organización - PARTE COMÚN 25
  • 28.
  • 29. NORMATIVA APLICABLE Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 134, xoves, 15 de xullo de 1993. Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, polo que se regula a estructura, organización e funcionamento das confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 49, do 12 de marzo de 1998. Resolución do 29 de xuño de 1998, pola que se dispón a publicación do modelo de estatutos de confrarías elaborados de conformidade co disposto no Decreto 79/1998, do 12 de febreiro. DOG nº. 137, do 17 de xullo de 1998. Correción de erros no DOG nº 42 do 2 de marzo do 1999. Modificada pola orden do 27 de outubro de 2000 (DOG nº. 219, do 13 de novembro de 2000). Orde do 4 de xaneiro de 1999, pola que se regula a constitución de agrupacións. DOG nº. 21, martes, 2 de febreiro de 1999. Real decreto 1429/1992, do 27 de novembro, polo que se regulan as organizacións de productores da pesca e as súas asociacións. BOE nº. 287, do 30 de novembro de 1992. Real decreto 1189/1998, do 12 de xuño, polo que se modifica o RD 1429/1992, de 27 de novembro, polo que se regulan as organizacións de productores da pesca e as súas asociacións. BOE nº. 141, sábado 13 de xuño de 1998. Regulamento (CE) nº. 3759/92 do Consello, do 17 de decembro de 1992, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos productos da pesca e da acuicultura (DOCE nº. L 388/1, do 31 de decembro de 1992). Regulamento (CE) nº. 3318/94 do Consello, do 22 de decembro de 1994, que modifica o Regulamento (CE) nº. 3759/92 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos productos da pesca e da acuicultura (DOCE nº. L 350/15, do 31 de decembro de 1994). Módulo Organización - PARTE COMÚN 27
  • 30. Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, DOG nº. 251, do 30 de decembro de 1998. Decreto 109/1998, do 5 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. DOG nº. 65, do 6 de abril de 1998. Real decreto do 11 de marzo de 1978, nº. 670, que regula a creación e o recoñecemento das cofrarías de pescadores. Orde do 31 de agosto de 1978, que desenvolve o real decreto. Orde do 21 de decembro de 1993, pola que se regula a levanza dos libros de rexistro nas confrarías de pescadores. DOG nº. 251, xoves, 30 de decembro de 1993. Orde do 4 de xaneiro de 1999, pola que se establece a obriga de levar un libro de rexistro de socios nas confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 10, luns, 18 de xaneiro de 1999. Orde do 30 de novembro de 2001, pola que se regulan os procesos electorais nas confrarías de pescadores de Galicia. DOG nº. 233, luns, 3 de decembro de 2001. 28 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Organización
  • 31. MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO UNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro