4. Comparación vertentes hidrográficas Vertente cantábrica Vertente atlántica Vertente mediterránea Lonxitude Ríos curtos, porque nacen nas montañas preto da costa. Longos, porque nacen nas montañas afastadas da desembocadura Ríos curtos, agás o Ebro, porque nacen en montañas preto da costa. Forza erosiva Gran forza erosiva, porque teñen que salvar un grande desnivel entre o lugar de nacemento e o nivel de base. Pouca forza erosiva, porque discorren por chairas. Abarrancados, pola proximidade das montañas nas que nacen e o nivel do mar. Caudal e regularidade Caudalosos e regulares pola abundancia e regularidade das precipitacións Irregulares, con estiaxe principal no verano e outro menor no inverno, polo predominio das situacións anticiclónicas na Meseta. Acusado estiaxe no verano, maior cuanto máis meridional es el é o río. Son frecuentes os torrentes que solo levan auga cando chove. Exemplos Eo, Nalón, Nervión, Bidasoa Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir. Turia, Xúquer, Segura.
12. Humidais 11. Complexo intermareal Umia-Grove, a Lanzada, Lago Rodeira, punta Carreirón 24. Dunas e lagoas de Corrubedo 25. Lagoas e areal de Valdoviño 12. Ría deOrtigueira 32. Ría de Eo e Ribade o Gándaras de Budiño
28. CADRO COMPARATIVO DOS TIPOS DE SOLO Tipo de rochas Solos zonais Solos intrazonais e azonais (atópanse en cualquera das zonas anteriores) Clima oceánico (son ricos en materia orgánica e ácidos, xa que as chuvias constantes lavan as capas superficiais e arrastran as bases cara os estratos inferiores. Todos os solos ácidos requiren abonado para o seu aproveitamento agrícola) Clima mediterráneo (solos moi alterados pola erosión e a acción do home). Mediterráneo estepario . Teñen un cor gris. O seu aproveitamento en secano é nulo, mentres que no regadio é bastante fértil. . Val do Ebro, S.E. e Canarias. Pardo calcáreos . Vide e oliveira. Fértiles en regadío. Aluviais. Cultivo de hortas. Encharcados, areosos, salinos, volcánicos... Rocas silíceas Terras pardas húmidas. É o tipo dominante, é unha excelente terra de cultivo e pastos. Ranker. Nas zonas altas. Pastos e bosques, nunca para cultivo. Terra parda meridional. Moi erosionable. Devesas e pastos pobres. Rocas calcáreas (son solos menos ácidos) Terra parda calcárea Boa para xudías, millo e prados permanentes. Terra fusca. Solo forestal. Solos de diversa fertilidade caracterizados pola súa cor roxiza. Terra rossa . Solos pobres e duros (matogueira , bosque, cultivo da amendoeira e oliveira) Solo roxo mediterráneo. Rico en nutrientes. Apto para todo tipo de cultivo. Rochas arxilosas Terras negras. Dilátanse cando se humedecen e se contraen cando se secan (gretas). Son os máis fértiles de España e se dedican a todo tipo de cultivo agás árbores. (Val do Guadalquivir, Terra de Barros, Conca de Pamplona)
33. Tema. Hidrografía Conca fluvial: Territorio regado por un río principal e polos seus afluentes, está delimitado por las vertentes que conforman a súa divisoria. Divisoria de augas: Zona de terra que separa dos “sistemas de drenaxe” distintos. Coñecese como interfluvio. Rede fluvial: Termo que se refire ao conxunto de augas que verten a un río. Comprende o río e os seus afluentes. Couce: Zona por la que corre as augas de un río o torrente. Infiltración: Movemento lento de descenso das augas superficiais no solo ou nas rochas. Augas Subterráneas: Son as augas que se atopan no subsolo, resultado dun proceso de infiltración dende a superficie terrestre ou liberadas dos magmas ascendentes (do interior da terra). Ocupan os espazos baleiros entre as rochas permeables e as impermeables. Acuífero: Capa subterránea permeable que conduce ás augas de fondo (manto acuífero), que pode ser aproveitado por mananciais ou por pozos. Nivel freático: Nivel superior da auga subterránea na zonas de almacenamento. Aforo: En hidroloxía aplícase á medida das augas dun río. Caudal Absoluto: Volume de auga que despraza un rio nun momento dado e nun punto determinado do seu recorrido. Mídese en m3/seg. Caudal Relativo: Volume de auga que despraza un río nun momento dado e nun punto determinado do seu recorrido, pero con relación a superficie da súa conca. Mídese en “l/seg./km2 Endorreico: Termo que fai referencia a aquelas zonas cuxos ríos non teñen saída ao mar, xa que confluen en depresións interiores. Exorreico: Fai referencia ao espazo cuxas augas teñen saída ao mar. Avenida: Aumento espectacular do caudal habitual dun río, co risco de asolagar os espazos aos que normalmente non chega a auga. Inundación: Estado da corrente dun río cando as augas sobrepasan os marxes e esténdense pola chaira de inundación. En termos xerais, a inundación é a inmersión dun área a causa da subida temporal do nivel do mar, dun río ou dun lago. Estiaxe: É o nivel máis baixo que as augas dun río teñen estacionalmente. Polo xeral soen coincidir co mínimo anual de precipitacións. Torrente: Corrente irregular de auga, rápida e impetuosa, dependendo das chuvias ou das augas de fusión da neve. As partes dun torrente son : a conca de recepción, a canle de desaugue e o cono de dexección. Canón: Val profundo de vertentes con moi forte pendente e ocupado no fondo, xeralmente, por un río. Popularmente reciben o nome de gargantas e débense á acción fluvial. En Galicia son famosas as do río Sil. Terraza Fluvial: Franxa chea de terreo, localizada no val dun río, máis elevada que o couce. Trátase dunha superficie de inundación, na actualidade abandonada. Delta: Construción sedimentaria que se produce na desembocadura de algúns ríos no mar ou no lago cando a carga é tan grande que a forza do río non pode arrastrala. Os deltas amosan un crecemento máis ou menos continuo. Rambla: Río de leito ancho que xeralmente non leva auga, agás cando se producen chuvias torrenciais. Abondan nas rexións áridas ou semiáridas. Réxime fluvial: Evolución do caudal dun río ao largo do ano. O réxime fluvial depende do tipo de alimentación del río: chuvia, neve. Estuario : Nome que recibe a desembocadura dun río caracterizada por unha ampla abertura por onde o mar penetra terra dentro. Ría: Val fluvial anegado en parte o na súa totalidade polas augas do mar. Marisma: Terreo lixeiramente deprimido con respecto ao nivel do mar que resulta inundado polas augas mariñas cando sube a marea. Tamén poden estar situadas nos estuarios dos ríos e verse afectadas polos aportes fluviais. Albufeira: Lagoa litoral formada por auga salgada e separada dp mar por un cordón no que se abren “bocas” que o comunican con el. Exemplo a Albufeira de Valencia. Marea: Oscilación vertical eperiódica das augas do mar, orixinadas polas forzas de atracción da lúa e o sol, en combinación co movemento de rotación da terra. O seu nivel máximo recibe o nome de pleamar e o mínimo de baixamar. Nun día teñen lugar catro mareas (dúas altas e dúas baixas). Tómbolo: Barra litoral de escasa lonxitude e superficie reducida que comunica una illa próxima á costa co continente. Exemplo o Tómbolo da Lanzada. A auga
34. Tema. A Vexetación Bioclimático: Límite producido polos factores e elementos climáticos que inciden na variación da vexetación e da fauna dun área concreta. Biomasa: Masa de materia orgánica dos seres vivos que existen nun determinado ecosistema. Ecosistema: Sistema formado por un conxunto de seres vivos, o ambiente en que se desenvolven e as relacións que establecen entre sí, cos factores abióticos (fisico-químicos) e constitúen o seu medio. Vegetación climax: Estado final na sucesión dun ecosistema, no que a vexetación chega a un estado de equilibrio co medio. Endemismo: Especie que vive exclusivamente nun área determinada, e non se da en ningunha outra. Conífera: Planta de follas persistentes e froito en forma cónica (piñas)e que case sempre ten follas en forma de agulla (pino, ciprés, cedro). Frondosa: Árbores con froitos moi variados e follas anchas. Refírese tamén as arbores con moitas pólas e follas. Especie termófila: Plantas e árbores adaptados aos medios climáticos cálidos, polo que non resisten as baixas temperaturas. Especie umbrófila: Especie vexetal adaptada aos ambientes sombríos e que lles prexudica en exceso a luz solar. Especie heliófila: Especie vexetal que necesita sol para o seu crecemento e desenvolvemento. Especie higrófila: Especie vexetal adaptada aos ambientes húmidos e que lle prexudica a falla de auga. Especie halófila: Especie vexetal adaptada aos solos salinos. Especie xerófila: Especie vexetal adaptada aos ambientes áridos e secos. Especie mesófila: Especie vexetal que precisa un clima máis ou menos húmido e temperaturas moderadas ao largo do ano. Formación arbórea: Conxunto de árbores. Formación arbustiva: Conxunto de plantas leñosas de pouco porte (menos de 5 m.) e que carecen dun tronco principal. Formación herbácea: Conxunto formado por herbas. Bosque caducifolio: Conxunto de árbores que perden temporalmente as follas (carballo). Bosque perennifolio: Conxunto de árbores que non perden temporalmente as follas (coníferas, eucaliptos). Devesa: Terra acoutada e dedicada a pastos, composta por vexetación herbácea e algúns árbores dispersos. Sotobosque: Vexetación dos estratos inferiores (non arbóreos) dun bosque, que inclúe a vexetación arbustiva, herbácea, etc. Pradera: Chaira extensa abundante en pastos naturais. Landa: Formación vexetal de pequeno tamaño que se localiza sobre solos sen cultivar, ácidos e de clima húmido. Débese á degradación das formacións vexetais arbóreas debido á acción do home. Maquis: É unha masa densa de arbustos (oliveiras silvestres, lentiscos, uces, brezos...). Se forman sobre solos silíceos, nas zonas nas que se degradou o bosque mediterráneo. Garriga: É unha formación de arbustos e matorrais de romero, tomillo, lavanda, que soe deixar zonas do solo descubertas onde aflora a rocha espida. é propia dos solos calcáreos, nas zonas en nas que se degradou o bosque mediterráneo. A vexetación