2. “A RAíÑA QUE VIVIA NUN
CASTELO”
Nun lugar moi , moi remoto vivía unha raiña nun castelo. Hai
moitos anos á raiña regalàronlle un vestido rosa.
Un dìa a raiña ìa collendo flores por un bosque atopouse
cun rei e díxolle:
- Que fas por aquí? A raíña contestou:
- Recollo flores vermellas!. Seguiu camiñando e atopouse cun lobo
que a atacou.
Marchou para o castelo ferida e o pai díxolle:
- Que che pasou? E ela contestou:
- Fun atacada por un lobo!
Cando se curou volveu a recoller flores.
Un dìa atopou ao rei e casaron.
Tiveron tres fillos. E viviron felices moitos anos!
Marìa Laura Varela Mata
3. “O AVÓ DESAPARECIDO”
Certo día un avó estivo paseando polo bosque
cando viu unha árbore con forma de casa.
Entrou alí e viu una nena que o encerrou No faiado.
Logo apareceu un neno chamado Gabi e a nena
tamén o encerrou.
Finalmente un vento que sopraba forte levou á
nena e a Gabi polos aires.
Acabouse o conto e levouno o vento!
Pablo Puga
4. “UNHA SEREA ATRAPADA
NA ILLA “
Había unha vez unha serea no fondo do mar.
Posuía uns cabelos roxos e unha cola verde .
O seu pai, que era Neptuno, non a deixaba saír à
superficie.
Nun día de tormenta, Perla, que era así como se
chamaba , saíu à superficie. Un mariñeiro caeu do barco e
levouno á illa, a serea namorouse e cando espertou ela
marchou .
Entón foi onde a bruxa e pediulle que lle dese
pernas, pero a cambio quedouse coa súa voz!
Pipo, o seu mellor amigo, non a volveu ver. Ao final
recuperou a voz.
E viviron felices e comeron moitas perdices.
Alejandra Gerpe Negreira
5. “O FANTASMA NO
HOTEL”
Érase unha ves un fantasma nun hotel que asustaba a
todos os que entraban e saian del.
Pero un día chegou un home que non tiña medo dos
fantasmas e despois outro home que o matou.
E así foi para sempre.
6. Adriàn Garcia Balsa
“OS 6 GNOMOS DA FONTE”
Noutros tempos máis antigos vivían 6 gnomos
nunha fonte abandonada . Eran irmáns, eran moi felices!
Pero un día... A fonte non botaba auga! Botaba barro!
Terri, o can dos gnomos, empezou a seguir o rastro
e...atopou unha cidade.
Os gnomos asustáronse moito e foron correndo para
a casa. Pero o irmán pequeno conseguiu que botara
auga. Pero ao día seguinte... non quedaba alimento!
Pero o irmán maior atopou alimento.
E nunca máis houbo problemas. E foron
acostumándose á cidade.
Colorín, colorado, este conto está rematado.
7. Estela Cambre Abelenda
“O XIGANTE DA
PRAIA”
Aínda que é difícil de crer unha vez pasou que un neno vivía na
cidade e foi á praia de vacacións, atopou unha apócema e bebeuna. E
converteuse nun xigante pero non quería ser xigante.
Viu un cangrexo e preguntoulle : -Sabes de quen é esta apócema
?
- Non, pregúntalle ao golfiño. E así foi.
E foi onda o golfiño e díxolle:
- Sabes de quen é esta apócema?
- Claro que si ! É do científico. Ese é o experimento que está
facendo! Bebíchelo? Se tomas isto farate pequeno!
E pouco a pouco fíxose pequeno e pilín pin pin este conto chegou
ao seu fin.
8. Gabriel Gundín
“A BONECA DO ESPELLO
MÁXICO”
Hai moitos anos, no tempo dos soños, un
home soñou cun espello máxico que cada noite
enseñaba unha boneca, cos ollos azuis.
Cando era de día os paxaros cantaban, o home
espertou e foi almorzar cereais con leite.
Foi traballar, despois fixosélle noite,
E colorín colorete pola chimenea vai un
foguete.
Uxía Naya Castro
9. “O MONSTRO TERRORÍFICO”
Fai moito tempo había un monstro que estaba
convertido en pedra dentro dunha cova.
Era inverno, na época de lúa chea , a pedra rompeu e
o mostro foi liberado. O mostro pensou: “ Tanto tempo
convertido en pedra , vingareime e matarei a todo o país”. E
así o fixo: foi ao pobo a vingarse, o mostro arrasaba con todo.
Pero chegou un valente cabaleiro que loitou e loitou
sen nin sequera facerlle cóxegas.
E un pobre habitante díxolle que ao monstro so se
podería matar coa espada de ouro que había no medio do
bosque. O cabaleiro buscou e buscou e atopouna preto dunha
fonte.Volveu ao pobo e estaba arrasado.
O cabaleiro cravoulle a espada ao monstro e converteuse
en pedra.
Despois destruíu a pedra e esvaeceuse e colorín,
colorete pola cheminea sae un foguete.
10. Adrián Varela Nieto
“ A PRINCESA QUE TOCABA
O PIANO “
Había unha vez nun vello país unha princesa
que tocaba o piano . Un día rompeulle o piano
no prado , e a princesa foi xunta ao príncipe.
Pero cando foi a xunto ao príncipe , perdeuse
no bosque e encontrouse cun lobo .
A princesa escapou e por onde escapou viu
unha luz e foi alí.
Esa luz era o castelo. O lobo viu o castelo e
marchou para o bosque.
Pilin, pin, pin este conto chegou ao seu fin.
11. David Tato Bermúdez
“o gnomo do bosque
encantado”
Era unha vez un gnomo que vivía cerca dun pais moi
coñecido que se chamaba Canarias.
O gnomo non era un deses gnomos non. Era ben listo !
Era alto, delgado e tiña conxuros máxicos.
Un dia cando ía polo bosque entrou nunha parte máis
escura do normal e colleu medo.
De alí a un pouco unha árbore moveuse e cada vez
achegábase máis e Grovim saíu pitando do lugar, pero
resulta que era o seu amigo Harpil cun disfrace de árbore.
Grovim seguía correndo pero estaba moi canso e foi
para a súa casa a cear e despois foi para a cama.
Ao dia seguinte apareceu un dragón enorme que cuspía
lume e enriba del había un gran monstro . Era o seu amigo
Harpil cunha enorme espada e matou ao dragón. E foi así
como o derrotou
12. Guillermo Cantorna Ferreira
“A BRUXA QUE CASE DESTRÚE O
COLEXIO”
Hai moito, moito tempo había unha escola en España á que ía unha
bruxa que sempre facía gamberradas.
Pero un día expulsárona do colexio e a súa nai, que tamén era bruxa,
púxose moi furiosa.
A pequena bruxa sempre preguntaba á súa nai se podía vingarse do que
lle fixeran no colexio, e a súa nai sempre lle dicía que non.
Pero un día, desobedeceulle á súa nai e foi á escola para
destruíla, pero a súa nai estaba alí e quitoulle os poderes e volveron á
casa.
Acabouse o conto e levouno o vento!
13. Iván Pereira Álvarez
“UN DRAGÓN NO BOSQUE”
Hai moitos centos de anos vivía un dragón no bosque.
O dragón era malo, comía ás persoas e tamén, antes
de comelos, asfixiábaos co seu alento.
Un día chegou un cabaleiro e moi pronto se decatou
do problema.
Foi correndo ao bosque e cando chegou á cova onde
vivía o dragón, o cabaleiro chamouno e pelexou contra el.
Ao final matouno. E viviron felices ata o final dos
seus días!!!
14. Javi Malpica Gómez
“ O MONSTRO NO CASTELO “
Había unha vez hai máis de cincocentos anos un monstro
que vivía nun castelo co seu can Robi e co axudante Paco . O
monstro chámase Roberto.
O castelo estaba cerca dun río. O río estaba moi cerca,e ás
veces chegaba á porta do castelo.
Un día o monstro quería ir á cidade pero non puido ir,por
culpa do río.
Ao final o axudante inventou unha barca, subíronse á barca e
o can remou e chegaron a cidade . Coñeceron un neno e quedaron
na súa casa.
E viviron felices moitos anos.
15. Juan Abelenda Pallas
“O AVÓ QUE SE CONVERTEU
EN ÁRBORE”
Certo día había un avó chamado José María, unha avoa
chamada Dona Casilda e unha árbore que lle chamaban rei das
árbores. En realidade a árbore non tiña vida. Pero hai moitos anos
si tiña vida porque o avó José María quedara atrapado e había que
sacalo de alí.
Un día Dona Casilda foi rescatalo pero de camiño atopouse
cun estafador e díxolle que casara con el. Casouse e encerrouna
moitos requetemoitos anos no espello mirando o seu rostro durante
moitos anos.
Ata que un día o avó conseguiu saír da árbore encantada e
rescatou a avoa Dona Casilda.
Acabouse o conto e levouno o vento!