SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  68
Télécharger pour lire hors ligne
Xornal 2013
Xornal 2013
A Carballeira
Páxina 3
RobertoVidalBolaño
Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cida-
de en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70,
renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as
súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do
"Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola bre-
ve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que le-
vou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pan-
tasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimen-
tación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, so-
cial e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que
esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non entorpeceu
en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero
Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasa-
llan ao lector.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios
("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes
do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os
anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael
Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), norma-
lizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en
consequencia, do público.
A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos,
cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun
teatro nacional galego.
A Carballeira
Páxina 4
RobertoVidalBolaño
TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL
O ANANO: Velo aí tes o tesouro que eu gardo. É de fíos preciosos. Pero só te poderás
facer con el se es quen de me falar nunha lingua que eu non coñeza. E coñézoas todas.
Galego, francés, alemán, chinés, hebreo, quechua... Veña, di algo! Se non o entendo, é
teu.
O TATEXO:(Con grande esforzo) Poppoiis nononon mememe popopoderei fafafafacer
cococon el.
O ANANO: Como dis? Repítemo outra vez, por se non oín ben.
O TATEXO: Quequequeque nononon mememe popopoderei fafafafacer cococon el.
O ANANO: (Con asombro) Non pode ser.
O TATEXO: Oooooo qqqqque?
O ANANO: Non hai maneira! Non te entendo! Non podes falar máis claro?
O TATEXO: Nonononon seseseñor.
O ANANO: Pois amoláchesme! Esa lingua non a coñezo. Toma, aí o tes, o tesouro é teu.
(O rapaz, sen o crer alá moito, bótalles man aos fíos todos e disponse a saír con eles co-
rrendo)
O TATEXO: Momomomomomoitatatatas gragragragracias.
O ANANO: Antes de que te vaias e, só por matar o verme, en que lingua me falaches?
O TATEXO: Eeee en en en cacacal hahabía ser? En galego, naturalmente! Pero son tate-
xo e ás veces entrampállome un pouco. Aínda que non sempre, como pode ver.
O ANANO: Serei paspán! Como non me decatei?
Roberto Vidal Bolaño.
A Carballeira
Páxina 5
LetrasGalegas
150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS
Rosalía de Castro é a máis grande e máis representativa escritora da lingua e da litera-
tura galegas así como tamén unha das principais responsábeis do proceso que se deu en
chamar „Rexurdimento‟ da literatura e da cultura galega.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século
XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional,
pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou per-
manentemente a súa obra e o seu pensamento, chegando a formar parte da nómina de escri-
toras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a primeira
obra escrita integramente no noso idioma, que sinala o inicio da restauración do uso escrito
do galego e o final de séculos de silencio e esquecemento.
Cantares gallegos e o Día das Letras Galegas
Cantares Gallegos foi publicado o 17 de maio de 1963.
A principios dos anos sesenta, o intelectual Francisco Fernández del Riego propuxo a
institución dunha celebración anual que potenciase a lingua galega, ao modo do Día del Li-
bro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes, o 23 de
abril. Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares Gallegos, polo seu
significado no rexurdimento da literatura galega. Tras a súa proposta, a Real Academia Ga-
lega aprobou en 1963 convocar o Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, cele-
brándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.
A Carballeira
Páxina 6
LetrasGalegas
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
E chegou o día. Celebramos as Letras Galegas coa visualización do vídeo sobre o
autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño.
Logo, Hugo e Adrián interpretaron un anaco da obra "Touporroutou da lúa e do sol".
Que ben o fixeron!!
Como tamén este ano se celebra o 150 aniversario da publicación de Cantares
Gallegos recordamos a nosa participación na súa lectura colectiva promovida pola
AELG co poema Acolá enriba.
E para rematar......karaoke! Noso o mundo é!!!
A Carballeira
Páxina 7
Asnosascousas
OS PETRÓGLIFOS
Este ano todos @s alumn@s do cole desde os máis pequenos aos máis grandes, partici-
pamos nun Proxecto Documental Integrado que leva por título "AS PEGADAS DO PASA-
DO" no que investigamos sobre a prehistoria. O motivo principal que nos impulsou a querer
saber máis sobre esta etapa da humanidade o temos no patio do cole.
Estamos moi orgullosos de ser o único cole do mundo que temos dentro do noso recin-
to escolar un petróglifo neolítico.
Os petróglifos ( do gregos petros=pedra e glyphein=tallar) son imaxes gravadas na
rocha, desbastando a súa capa máis superficial. Se usaban como forma de comunicación po-
los nosos antepasados prehistóricos do Neolítico (10.000 a.C.) e poden chegar ata os tempos
modernos nalgunhas cultura e lugares.
Alguns petróglifos se fixeron picando a superficie cunha rocha máis dura, mediante o
golpeteo constante con outro instrumento auxiliar (percusión). Outros graváronse ao raiar co
filo dunha rocha tallada (raiado). A superficie tamén puido ser frotada cun instrumento de
pedra e finalmente pulida coa axuda de area e auga (abrasión).
Cando se visite unha "estación" con petróglifos non se deben tocar e moito menos pin-
tar con xiz ou ceras escolares para que saian ben na foto. Isto deterióraos. Os especialistas
pódeno facer contando sempre cun permiso previo da Dirección Xeral de Patrimonio utilizan
técnicas non destrutivas. Se se quere obter boas fotos abonda con esperar ás últimas luces do
día, cando os raios do sol inciden lateralmente sobre os sucos e resaltan o seu trazado.
O noso petroglifo está gravado nunha laxe granítica horizontal a ras de chan. Obsérvanse
diversas combinacións de círculos concéntricos con apéndice, cadrados coas esquinas redon-
deadas, círculos simples, coviñas e outros trazos.
O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeo
e incluso mundial. As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico de
Arte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unha
escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese
motivo chegaron ata os nosos días.
A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado que
é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde se
conservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás pro-
vincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos.
A Carballeira
Páxina 8
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 9
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 10
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 11
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 12
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 13
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 14
Asnosascousas
A Prehistoria é a etapa máis longa na vida da Humanidade. Dura varios millóns de anos: desde a
aparición dos primeiros homínidos ata a invención da escritura.
Como a Prehistoria é tan longa, para poder estudiala divídese en etapas: O Paleolítico, o
Neolítico e a Idade dos Metais.
Paleolítico significa“pedra vella”. Du-
rante o Paleolítico, a xente tiña que cazar, pes-
car e recoller froitos para poder vivir. Organizá-
banse en clans formados por membros da mes-
ma familia. Cando non había caza ou cambiaba
o tempo tiñan que desplazarse, así que vivían en
covas naturais ou facían cabanas para poder mo-
verse dun lado a outro: eran nómades. Para ca-
zar e pescar fabricaban ferramentas e utensilios
de pedra, que tallaban batendo unha pedra con-
tra outra e suxeitándoa nun pau . Da caza aproveitaban a carne para comer, a pel para vestirse e os
ósos para facer trebellos.
Neolítico significa “pedra nova” ou “pedra pulimentada”. No Neolítico prodúcense tres in-
vencións ou descubrimentos que van supoñer
cambios decisivos na vida da xente: a agricultu-
ra, a gandería e a maneira de facer lume. Grazas
á agricultura e á gandería os homes e mulleres
primitivos xa non dependían tanto da caza e da
pesca, pois tiñan alimentos para vivir. Xa non
tiñan que desplazarse dun lugar a outro, de mo-
do que vivían todo o ano no mesmo sitio: fixé-
ronse sedentarios e formaron os primeiros po-
boados onde vivían os distintos clans. A inven-
ción da forma de facer lume fixo que a vida da xente primitiva fose máis doada. Nesta época empe-
zan a “fabricar” utensilios con barro para cociñar e gardar alimentos.
Na Idade dos Metais os homes e mulleres primitivos xa dominan o lume e descubren que hai mate-
riais mellores que a pedra para facer ferramentas e armas: o cobre, o bronce e o ferro.
Alumn@s de 3º curso.
A Carballeira
Páxina 15
Asnosascousas
Visita a Campo Lameiro
Continuando co noso Proxecto Documental Integrado "AS PEGADAS DO
PASADO" tivemos unha saída ó Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo
Lameiro.
Comezamos cun breve percorrido pola exposición estable e acadamos a
información necesaria para descubrir os enigmas que se agochaban nos
petroglifos.
Despois achegámonos en grupos á área arqueolóxica. É algo espectacular ver as
pegadas dos nosos antepasados gravadas nunhas rochas. Grandes enigmas,
diferentes deseños xeométricos, realmente emocionante.
Por último fixemos dous grupos para levar a cabo os talleres. Os máis cativos
tiveron a oportunidade de fabricar vasillas de cerámica coma no Neolítico.
A Carballeira
Páxina 16
Asnosascousas
Os maiores fixeron unha búsqueda do tesouro nun lugar que os deixou abraiados
por todo o que ían descubrindo.
Dende aquí queremos agradecer a todo o persoal que nos acolleu polas súas
explicacións e atención recibida. A verdade é que aprendemos moitísimo.
A Carballeira
Páxina 17
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 18
Asnosascousas
Ano Internacional da Enerxía Sostible
O ano 2012 foi o ano internacional da enerxía sostible.
Os rapaces do noso cole están moi concienciados de que debemos aforrar enerxía.
Este ano estamos coñecendo as diferentes enerxías renovables e non renovables e
participamos nun taller de granxa enerxía, promovido por Endesa Educa.
Fixemos unha serie de experimentos e unha das cousas que máis nos sorprendeu
foi cómo co movemento das pernas ó pedalear unha bici podemos converter en
enerxía eléctrica.
Tamén descubrimos cómo quentar a comida cun día de sol empregando unha cociña
solar. Estamos cheos de enerxía!
A Carballeira
Páxina 19
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 20
Asnosascousas
ENTREVISTAMOS A FRAN
Fran é un neno de 2º de primaria que está convencido de que o aforro enerxético é unha
asignatura pendente que temos, por iso converteuse nun inspector da enerxía durante os recreos.
Coa súa libreta na man vai por todas as instalacións do noso cole comprobando que estamos
levando a cabo diferentes medidas de aforro coma apagar as luces no recreo cando as aulas están
valeiras, apagar as pantallas dos ordenadores cando non se usan, etc
Hoxe fixémoslle unha pequena entrevista.
Bos días Fran
Bos días.
Por qué cres que é importante aforrar enerxía?
Porque penso que así haberá enerxía para todos os
humanos do planeta. Podemos intentar aforrar.
Cal é a medida de aforro que estades levando a cabo
no recreo?
Pois estou indo polo cole adiante, pola biblioteca, despachos, clases e ximnasio e vou mirando se as
luces están acesas ou apagadas. Se están acesas poño mal e se están apagadas poño ben. Vai
conmigo sempre un axudante que é algún dos meus compañeiros India, Aarón, Priscila e Antonio,
cada día tócalle a un. Eu prefiro que sexan nenas porque así poden ver os baños, non vou a entrar
eu no baño das nenas!. A tarefa do meu axudante é ir apagando as luces mentres eu lle poño nota na
miña libreta.
Cumpren as alternativas de aforro os teus compañeiros?
Non. Unha vez fun a clase de terceiro e os nenos non sabían o que estaba facendo. Casi non me
deixaban entrar e tiven que explicarlles que son un investigador da enerxía que soamente ía
observar se estaban aforrando xa que estaban a punto de saír o recreo e deixaban todo aceso.
Queres darlle algún consello ós teus compañeiros sobre o aforro enerxético?
Si. Quero contarlles que é mellor a luz solar para os ollos e ademáis así non gastamos. Ademais que
é moi importante utilizar as placas solares.
Cando acendemos a calefacción temos que pechar as ventás. Non temos que quentar o aire do patio
senón as aulas.
Recoméndanos algún libro para investigar sobre o tema?
Si. A min gústame moito o de “Os bolechas queren saber como aforrar enerxía“ e a enciclopedia
que temos da enerxía. Hai moitos profesionais que non saben que moitas cousas están nos libros. A
min axúdanme a aprender moitas cousas.
Na túa casa tamén levas a cabo isto?
Non. Porque imaxino que os meus pais xa saben aforrar.
Moitas gracias Fran pola tua labor. Seguiremos poñéndonos as pilas e aplicando medidas de aforro
para coidar o noso planeta.
A Carballeira
Páxina 21
SalóndoLibro
A toda máquina!!!
Este ano tampouco podiamos perdernos o salón do libro, con fantásticas
actividades para maiores e pequenos: contacontos, obradoiros, exposición dos
traballos dos colexios de Pontevedra...e Orbil a mascota!
A Carballeira
Páxina 22
Asnosascousas
Este ano o tema do Salón do Libro de Pontevedra foi: “A toda máquina”.
Para participar hai que elixir primeiro o soporte no que se vai presentar o traballo: Nós
escollemos unha presentación tridimensional, consistente nunha “roda de fiar”, pois o noso
libro íase titular ”Enfiando palabras”. Desta parte do traballo encárgase o profe Pancho, por-
que é un “manitas”, ten moi bo gusto e nós somos un Cole de Primaria e non temos asignatu-
ra de Tecnoloxía nin idade para manexar serras e cousas así.
A continuación os distintos ciclos fomos escribindo as nosas historias e, por último,
“enfiámolas” nun precioso libro e o xuntamos coa “roda de fiar” para levalo ao Salón e expo-
ñelo alí.
E chegou o día da visita. O
xoves, 7 de marzo viaxamos ata o
Pazo da Cultura para disfrutar do
Salón. Ao chegar dividímonos en
dous grupos: Infantil e 1º ciclo por
un lado, e 2º e 3º ciclos por outro.
O grupo dos máis pequenos
asistiu a un Obradoiro de Contacon-
tos que resultou moi ameno e diver-
tido, segundo contaron logo.
O grupo “dos maiores” traba-
llamos nun Obradoiro de Ilustración a cargo de Anxo Fariña. Tivemos que seguir unhas ins-
trucións para debuxar unha máquina que se movese moi ben polo mar. Saíronnos unhas ilus-
tracións preciosas e moi imaxinativas, como dixo “o profe”.
Unha vez que remataron os
obradoiros fixemos unha visita
guiada polas instalacións. Mi-
ramos os traballos dos outros
coles (había cousas moi boni-
tas e ben feitas), buscamos e
atopamos o traballo dos exalu-
mnos da Carballeira, entramos
na Máquina dos Desexos e pe-
dimos un desexo cada un, me-
témonos case dentro dunha
máquina de escribir e dun or-
denador, observamos unha bi-
cicleta xigante e máis o debuxo
dun dirixible, parámonos dian-
te dun moble onde gardaban
máquinas de fotos antigas ... pasámolo fenomenal e aprendemos moitas cousas.
Voltamos para o Cole coa sensación do traballo ben feito, porque hai que dicir que o
que máis nos gustou foi o noso.
Alumn@s de 3º curso.
A Carballeira
Páxina 23
Asnosascousas
Visitounos Fina Casalderrey!!!
Este curso abrímoslle as portas do noso cole a Fina Casalderrey, recentemente
nomeada membro honorario da Real Academia Galega.
No noso proxecto lector escollimos varias das súas obras e disfrutamos moito
léndoas, pero escoitala foi unha experiencia para non esquecer.
Comprendemos "o poder das palabras" e comprobamos con que facilidade as
viste de fermosas cores para facernos tremer de emoción.
A Carballeira
Páxina 24
Asnosascousas
ENTREVISTAA FINA CASALDERREY
Por sorte para todos, fai xa algúns anos, descubriu que o que a ela lle gustaba escribir aos
demais nos encantaba leelo. Dende entón, non parou de publicar libros tan entrañables co-
mo “A lagoa das nenas mudas”, “Quen me quere adoptar?”, “O misterio do cemiterio ve-
llo”, “O estanque dos parrulos pobres”, entre outros moitos. Os rapaces e rapazas do 3º ci-
clo entrevistamos a…Fina Casalderrey.
Fala do mesmo xeito en que escribe: facéndote ver e vivir o que está contando, emocio-
nándote, sorprendéndote, permitindo que sintas, que coñezas, que non xuzgues e que com-
prendas… Seguramente por eso entrevistala resulta tan fascinante como ler os seus libros.
Por que quixo ser escritora?
Non é levantarte unha mañá e decidilo. É pouco a pouco, como comezar a namo-
rarse. Son mestra e comecei a escribir obriñas de teatro para os meus alumnos e
pouco a pouco escribín outras cousas.
Que lle gusta máis escribir libros para cativos ou para maiores?
O que me gusta é escribir bonitas historias e que calquera dos meus libros os le-
ran os nenos e logo os maiores.
Escribir para os nenos pequenos é como comer nécoras: enches o prato de cascas
pero levas pouco á boca.
Gustaríame escribir historias maravillosas para todos os públicos
Cal foi o primeiro libro que escribiu?
O primeiro que escribín foi “A noite dos coroides”. O primeiro que publiquei:
“Mutacións xenéticas”.
De que libro está máis orgullosa?
Non diría orgullosa, porque penso que dentro teño a historia máis bonita que aín-
da non escribín. Calquera libro que escribín, gústame.
En que se basean os seus libros: en experiencias que viviu ou en fantasías?
Mesmo se queres, o que vives, o que soñas, a túa profesión… Todo inflúe no que
escribes e se non inflúe, malo, porque ti non te baleiras. As experiencias inflúen,
pero logo fantaseas. Cada historia naceu de algo que me moveu por dentro. Dúas
letras nacen dunha experiencia.
Canta tarda, máis ou menos, en escribir un libro?
Nunca sei o tempo que tardo. As historias mellores saíron de golpe, sin embargo,
eu necesito saber que teño todo o tempo do mundo para escribilas. Ademáis, as his-
torias non é só como as contas, senón tamén como as les.
A Carballeira
Páxina 25
Asnosascousas
Que se sinte sendo unha escritora tan importante que recibiu tantos premios?
O premio Nacional de Literatura déronmo con “O misterio dos fillos de Lúa”.
Cando che dan un premio, o libro pasa a ser “mellor” e os adultos, a diferenza dos
nenos, admiran os libros premiados.
Desde o ano 1996 non me presentei a ningún premio. Os que máis me gustan son os
que me dan os lectores, os editores, os libreiros…
A súa paixón polos nenos é igual ca que manifesta nos libros?
Non sei. Teño 61 anos e aínda non os odio anque algunhas veces vos colgaría
dunha viga. De todos os xeitos, marchei do instituto entre bágoas.
Que lle gusta máis ser mestra ou escritora?
Creo que unha cousa saiu da outra, por iso non podo dicir que non me gustara ser
mestra. Aprendín moito dos nenos.. Gústanme as dúas cousas, pero fun máis anos
mestra que escritora e aprendín máis do que ensinei.
En que se inspirou para elexir o título “As de mosca para Anxo”?
Un título non pode revelar o que hai na historia, pero ten que ter que ver coa histo-
ria.
Por que elexiu a Estrela como protagonista desta historia?
Porque fun mestra moi nova e pasaron moitos nenos pola miña vida, De todos eles
aprendín. Tamén... dunha nena como “Estrela”, chamada Begoña, que foi a miña
alumna e que a pesares da súa discapacidade, poñía todo o seu empeño en facer
as cousas como os demáis.
O tema deste libro é a discapacidade, a súa intención é amosar a realidade cotiá a tra-
vés das súas historias?
Encántame coller da realidade cotiá aquilo que é extraordinario en cada día.
Que sinte ao pertencer á Real Academia Galega?
Unha responsabilidade moi grande e estou moi agradecida. De momento non entrei
porque teño que facer un sesudo discurso e aínda non tiven tempo para escribilo.
Como se transforma un en escritor/a?
Ler é moi importante, pero ter sensibilidade para ver o mundo é imprescindible.
Moitas grazas, Fina. Foi un gran agasallo poder coñecela.
Alumn@s 3º ciclo de E.P.
A Carballeira
Páxina 26
Asnosascousas
Os nenos e as nenas de 3º de Primaria do CEIP A Carballeira participamos
xunto con todo o noso Cole no Proxecto Lector do Centro e adicamos un tempo ca-
da mañá á lectura de distintos contos e libros.
Un libro que nos gustou moito titúlase “¡¡¡Gela se ha vuelto vampira!!!” e es-
cribiuno a autora pontevedresa Fina Casalderrey.
Cando comezamos a súa lectura pareceunos unha historia simpática e moi
imaxinativa...non sabiamos o que pasaría máis adiante. A medida que seguimos a
ler fómonos dando de conta de que aquela historia que parecía tan “simple” a
primeira vista era en realidade unha historia moi común desgraciadamente, e moi
tráxica. O libro falaba de cómo cambiara o carácter do home duna profe, dende que
era o seu noivo ata que se converteu no seu marido... Falaba do maltrato ás mulle-
res.
Cada vez que rematabamos un anaco de lectura falabamos do que viñamos
de ler e tentabamos entender por que se producen este tipo de condutas. As nosas
opinións non estaban moi claras, pero pensamos en xeral que si unha parella non
quere estar xunta, ten que separarse, e non facerse dano un á outra. Si, está ben
escrito: case sempre é o home o fai dano á muller, falándolle mal e batendo nela.
Fixemos debuxos das personaxes do libro e imos facer un resumo para ela-
borar logo un mural e amosarllo a Fina cando nos veña visitar. Agardamos que lle
guste e agardamos tamén que nolo firme, así como que firme os nosos libros.
Alumn@s de 3º curso.
A Carballeira
Páxina 27
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 28
Asnosascousas
UNHA PLANTACIÓN DE TOMATES
O outro día a nosa mestra Antía trouxo tomateiros pequeniños ao colexio, e
díxonos que se levábamos macetas que nos daría os tomateiros.
Así foi, preparamos un obradoiro coa sementeira. Primero tapamos as mesas con
periódicos, despois enchemos as macetas de terra e coas ferramentas fixemos
uns buratos na terra e alí metemos os tomateiros, e por último regámolos un
pouquiño.
Cando estes tomates medren dareillos a os meus pais para que fagan una
alimentación saudable mentres duren.
Encantoume facer esta plantación tan divertida e instructiva!
A miña ilusión é ter unha granxa na que porei una horta chea de plantas e
alimentos.
Lara Rodríguez, 2º curso
A MIÑA PLANTACIÓN
O outro día,na clase de Antía Castro, plantamos unhas tomateiras e tivemos
que traer: unha maceta e terra. Porque así temos unha alimentación sa.
E así no verán tomámolos con leituga todos os días. Agora sabemos plantar
tomates e tomates cherri.
Tomaremos unha comida saudable durante todo o ano e estaremos máis frescos,
delgados e fortes.
Francisco Rosales, 2º curso
A Carballeira
Páxina 29
Asnosascousas
OS MEUS TOMATES
Na nosa clase o outro día plantamos tomateiros e ao seguinte día nos sacamos
fotos con eles. A profe Antía trouxo os tomateiros e nós as macetas.
Nós queremos axudar ao mundo. E queremos tomar unha alimentación sa, por iso
aprendemos a cultivar plantas que nos dean froitos.
Priscila Montoya, 2º curso.
UNHA PLANTACIÓN DE TOMATES
O outro día fixemos unha plantación de tomateiros cos de primeiro e a profe Antía
trouxo as plantas e nós trouxemos a maceta e a terra e o venres levámolas á casa.
Nas mesas puxemos xornais e plantamos o tomateiro.
Agora queremos tomar tomates este verán para estar sans. Deste xeito
aprendemos a facer plantacións para ter os nosos propios froitos.
Javier Vilas, 2º curso
A CarballeiraAsnosascousas
UNHA PLANTACIÓN MOI ESPECIAL
Estes días estivemos facendo unha plantación de tomates o 1º ciclo con motivo de
estudiar o tema das plantas. Todos colaboramos regando, botando a terra e
plantando.
Cuando acabamos deixámolos uns días na clase para que se adaptasen e non
morresen, despois levámolos á casa para coidalos, para ter tomates polo menos
para todo o ano.
Todos o pasamos moi ben. ¡Agora xa sei plantar!
Sara Moledo, 2º curso .
UNHA PLANTACIÓN DE TOMATES
O outro día fixemos unha plantación de tomates xunto con primeiro. A nosa mestra
mercou os tomates e nós as macetas e a terra.
Na clase montamos o taller e fixemos a plantación; primeiro preparamos as mesas
para non manchar e colocamos as ferramentas necesarias: pa, angazo, maceta e
tamén a terra.
Esta actividade foi planificada pola profesora para que aprendamos a facer
plantacions de plantas con froitos.É magnífico facer a nosa propia horta!
India Castro, 2º curso
Páxina 30
A Carballeira
Páxina 31
Samaín
Samain!!!
Como todos os anos, celebramos o Samaín, festa de orixe celta, tallando cabazas
cos compañeiros da clase. Este ano quedounos unha exposición verdadeiramente
terrorífica.
A Carballeira
Páxina 32
IIMagosto
O pasado venres celebramos no colexio o magosto. Pasámolo moi ben. Diversión,
castañas asadas, chourizos, ledicia, xogos divertidísimos dirixidos polos nenos e
nenas de 6º de primaria, bo ambiente, bo tempo, ... qué máis podemos pedir? Sen
dúbida… que se repita!
A Carballeira
Páxina 33
Magosto
A Carballeira
Páxina 34
Nadal2012
Celebramos o festival do Nadal.
Panxoliñas, obras de teatro, homenaxe a Miliki, acrosport, e moitísimas actuacións
máis. Estes nenos son uns verdadeiros artistas. Apáganse as luces e préndense os
soños.
A Carballeira
Páxina 35
Nadal2012
A Carballeira
Páxina 36
IEntroido
ENTROIDO PREHISTORICO
Este ano foi un entroido moi especial. Seguindo co noso PDI, decidimos facer unha
festa prehistórica!
A Carballeira
Páxina37
IEntroido
A Carballeira
Páxina 38
VisitounosaTVG!!
Visitounos a TVG!!!
A noso entroido prehistórico non lle faltou nadiña: pinturas rupestres polas paredes
do ximnasio, todos @s nen@s vestidos de cromañóns....
O programa "A revista da tarde", da TVG, enterouse e quixo gravar a festa
prehistórica do noso cole.
Pasámolo moi ben!. Puidemos ver disfraces chulísimos feitos con materiais
sinxelos. Parabéns ás familias polo seu esforzo e interese!!
A Carballeira
Páxina 39
DíadaPaz
O mércores 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola paz e non violencia. Este
ano fixemos un pequeno guiñol no que cada neno poñía a súa cara pola paz ó
tempo que expresaba o seu desexo por un mundo mellor.
Os máis pequenos recitaron o poema "Amigos de cores"Ademais de poñerlle cara á
paz, este ano traballamos co libro "Wangari e as árbores da paz". Despois
plantamos o noso xardín pola paz.
A Carballeira
Páxina 40
Asnosascousas
30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Os nenos e as nenas de 4º de primaria estivemos investigando sobre os di-
ferentes SIMBOLOS DA PAZ que existen. Destacamos os seguintes:
POMBA DA PAZ
Contan que despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para que, a través
dela, puidéranse coñecer en qué condicións quedara a terra despois do terrible
suceso que obligou a encerrarse na arca. A pomba regresou traendo unha rama
de olivo no pico, signo de que había árbores que no estaban cubertos polo mar e
que polo tanto, podían deixar a arca para volver a vivir en terra firme. A pomba
anunciou que o perigo xa desaparecerá. Actualmente, más alá das diferenzas de
raza, cultura e relixión, o símbolo da pomba da paz é coñecido universalmente.
BANDEIRA BRANCA
A bandeira branca é un símbolo universal que representa a unidade na diversida-
de, para acadar un mundo mellor, previndo o respeto a todas ás crenzas. Ela foi
aceptada por unanimidade por todos os países de América.
Está como un sinal de diálogo ou de rendición, en buques é un sinal de amizade.
Cando o inimigo a ve, entende que eles deben baixar ás armas.
A Carballeira
Páxina 41
Asnosascousas
PIPA DA PAZ
A pipa da paz recibe ese nome porque cando había unha guerra entre dous tribus
de indios. Para selar a paz os dous líderes fumaban unha pipa. De ahí ven o seu
nome.
CDN
Consiste nun círculo con catro liñas no seu interior une a parte superior e tres a infe-
rior en forma de huella de ave que tivo a súa etapa máis representativa na década
dos 60 coa cultura e movemento hippie. Foi creado en 1958 polo diseñador británi-
co Gerald Halton para a campaña do desarme nuclear, aínda que despois o seu sig-
nificado extendeuse ó sentido máis xeral, co que se interpreta hoxe en día.
AS MIL GRULLAS DE PAPEL DE ORIGAMI
As mil grullas de Origami (Sembazuru) son un conxunto de grullas unidad por cor-
das.
Conta unha antiga lenda xaponesa que promete que calquera que faga mil grullas
de papel recibirá un desexo de parte dunha grulla, tal como unha vida longa ou a
recuperación dunha enfermidade.
As mil grullas volvéronse un símbolo de paz e a historia de Sadako Sasaki (1943-
1955) unha pequena nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermedade
producida pola radiación dunha bomba atómica (leucemia).
A Carballeira
Páxina 42
Olimpiadasdorecreo
Entre todas as actividades que realizamos este curso, querémosvos comentar un
chisco sobre as “Olimpiadas do recreo”.
Este é un programa de actividades educativas e de lecer que se desenvolveu no
noso centro cos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria. Nel xúntanse o
fomento da educación e cultura coa promoción do deporte e hábitos saudables.
Comezamos cun gran pasapalabra sobre datos de Pontevedra; seguimos cunhas
probas de orientación no patio do colexio; continuamos con actividades
científicas e divertidas e para finalizar, unha dietista ensinou aos nenos a
importancia dunha dieta axeitada e boas prácticas alimenticias.
A Carballeira
Páxina 43
Saboreando….
O MEL
Hoxe, pola mañá, veu una moza ao cole para falarnos sobre o mel. Explicounos os tipos
de abella que hai: a raíña, as obreiras e os zánganos.
A raíña é a que pon os ovos, a obreira, protexe á raíña cando hai perigo e tamén é a en-
cargada de producir o mel e, por último, os zánganos que son machos e se adican a dar
calor á colmea.
Os apicultores, para recoller o mel, fan o seguinte: coa fumador esparcen o fume por toda
colmea, logo cun pinza especial collen os panais aos que lle quitan cunha espátula o pro-
póleo e cun cepillo apartan ás abellas que saen pegadas ao panal. Cando as abellas fan o
mel sellan a colmea con opérculo que logo o apicultor quita cun cóitelo. Por último, meten
o panal nun extractor para extraer o mel.
Despois de todo, cheguei á conclusión de que é mellor deixalas en paz e non matalas pois
fan un papel moi importante na natureza, axudando á polinización das plantas.
Adrián Quintela Piñeiro, 6º curso.
Hoxe veu una moza a explicarnos o proceso do mel.
Empezou a actividade explicándonos os tipos de abellas que hai e cal era a súa función
na colmea, así como o lugar no que viven.
Despois ensinounos una colmea, poidemos tocala e, realmente, foi estupendo. Tamén
nos explicou como se recollía o mel das colmeas e unha rapaza voluntaria de 4º vestiu o
traxe de apicultor.
Dando xa por rematada esta actividade tan especial, regalounos un bote de mel para que
quedaramos abraiados co seu estupendo sabor.
Yerai Rodríguez Pintos, 6º curso.
A Carballeira
Páxina 44
Omel
A Carballeira
Páxina 45
Puntosdevista
A peceira máxica
A peceira máxica e moi bonita. Eu cando cheguei a miña casa pedinlle un
xornal a miña nai. Funme a miña habitación e comecei a tentar facer peixes. Os
tres primeiros peixes saíronme fatal, pero pouco a pouco comecei a collerlle o
truco, e fixen un “polbo mutado” e un mini peixe. Unha semana despois, na clase,
tentamos facer máis peixes, e fixemos moitos! O difícil disto e que non se pode
facer os peixes con tesoiras, se non que hai que utilizar as mans. O principio
parece aburrido e moi difícil, pero non, é sinxelo e moi entretido. Así que, por qué
non o tentas ti tamén?
A peceira máxica é unha peceira na que hai: peixes, polbos, calamares, etc…
Que son creados e alimentados pola imaxinación das persoas. Na peceira máxica,
non so hai animais mariños, tamén hai decoracións: algas e corais. Na peceira
máxica, todos os peixes lévanse ben. Para min a peceira máxica é máxica e
preciosa e merécense que todos a miren.
Breixo Vaquero Canton e Iago Losada Moledo, 4º curso.
A Carballeira
Páxina 46
Puntosdevista
Samain
O Samain é unha festa que celebrase en Outubro. É moi divertida: a xente prepara cabazas
con caras monstruosas e as adornan como queren, ademais, fanse festas nos colexios e as
veces nas casas. En EEUU, os nenos van pedir lambonadas ás casas e fan festas de
disfraces, como por exemplo: meigas, zombis, momias …
É unha festa que procede da tradición celta dos nosos antepasados. É tamén a festa da
recolleita e marca o final do ano. É a data na que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos
mortos e moi estreita e poden xuntarse. Por iso os nosos antepasados acendían fogueiras
co propósito de guiar os seus defuntas. Esa tradición continua hoxe nas cabazas que
vaciamos para por unha candea acesa dentro.
Raquel Vázquez Rodriguez e Jesús Dios
Santoro
Magosto
O magosto ou castañada é unha festa tradicional do norte da Península Ibérica coma
Galicia, Aragón, Cataluña,Asturias,León e o norte de Portugal. Os elementos comúns son a
celebración no mes de novembro ou finais de Outubro e ter ca festa da castaña ou lume o
protagonismo que nos últimos séculos arrebatoulle o millo e a pataca. Tamén celebrase
esta festa como agradecemento pola colleita recibida. A min gústame por que comemos
castañas asadas e facemos xogos.
O magosto é unha tradición galega para celebrar a chegada do outono. No colexio
festexamolo con divertidos e grandes acontecementos, facemos moitas castañas asadas e
chourizos, que degustamos moi contentos. Logo divertímonos facendo diversos xogos coma
“tira que tira”, “á roda e o pau”, á petanca e a
outros xogos novos e divertidos cada ano,
aínda que as veces topémonos con certas
dificultades para aprender os novos xogos.
Aínda con isto non supón ningunha traba para
pasarnoslo ben todos xuntos.
Iker Fernadez Rodriguez e Sergio Blanco
Torres, 4º curso.
A Carballeira
Páxina 47
Puntosdevista
Nadal
O nadal celebrase sempre o 25 de decembro, o día anterior o 24 de decembro, é noiteboa,
no mes de decembro suponse que tes que poñer os adornos do nadal: o arbol, os calcetins
colgados da arbore, o portal de Belén …Cando chega Papá Noel, encontramos unha
sorpresa debaixo da arbore ou nos calcetíns: os regalos! Que sorpresa, verdade? É moi
emocionante abrilos xa que non sabes o que é. En Bilbao, o encargado dos regalos non
se chama Papá Noel, chamase “Olentzero”
Cristina Saenz Acuña, 4º curso.
Entroido
O entroido é unha festa que gústame moito por que no colexio disfrazamonos, comemos,
xogamos e bailamos.Este ano, ao fío do noso proxecto sobre a prehistoria, disfrazamonos
de “cromañones”. Veu a televisión galega e gravounos! Comemos filloas, orellas, e un
bizcoito que fixo Raquel que gustoume moito. Despois desfilamos e bailamos a canción do
cromañón, e Raquel mais eu a cantamos no micrófono da television galega. Para rematar
bailamos o “Cromañón Style”. Foi o mellor entroido da miña vida.
Hugo Soliño García, 4º curso.
A Carballeira
Páxina 48
Puntosdevista
O conto de Simón
Unha vez había un home que chamábase Simón, tiña unha boa vida: unha muller que o
amaba, e dous fillos que o querían. Ademais tiña un cabalo que era a envexa de todo o
pobo, e que facíalle gañar diñeiro suficiente para vivir axeitadamente. Un día a súa esposa
caeu gravemente enferma e el non saía que facer, así que foi rezar a igrexa. Alí díxolle a
Virxe María que si curaba a súa muller, vendería o seu cabalo, e o que gañara doaríao a
parroquia. Un bo día a súa muller comenzou a mellorar e Simón acordouse do pacto coa
virxe e para poder cumprir con ela, tramou unha idea: O día seguinte colleu unha galiña e o
cabalo, e foi a feira, todos asombráronse, un home ofreceulle unha gran cantidade polo
cabalo, pero Simón non o aceptou, e díxolle que quería tres mil euros por unha galiña, e
trinta polo cabalo, pero que tiñan que ser vendidos xuntos. O día seguinte, Simón donou os
trinta euros da venda do cabalo e cos tres mil da galiña, puido saír adiante.Esta historia
encantoume sobre todo por a moralexa que parece ter: ser pícaro sen ser malo.
O conto foi algo triste, pero ó final non, xa que todo axeitouse e Simón puido dar de comer
a súa familia e seguir traballando xa que a Virxe o axudou. Sempre hai que saber o que fas
para non ter problemas e preocupacións, xa que Simón parece algo tonto por dar unha
galiña e ter que vender o seu cabalo.
Fabiana Cahua Guía e Carmen María Abad Acuña, 4º curso.
Enerxías alternativas
O venres pasado ven un home a o noso colexio e explicounos que hai outros modos de
enerxía. Ensinounos a enerxía solar, hidráulica, e a do vento. Para o do vento, trouxo coma
un muíño eólico. Para o da auga, tróuxonos unha caixa con unha especie de aspas en
forma de culler, e para a enerxía solar, tróuxonos un panel fotovoltaico e un panel solar.
Ese día fixo pouco sol, e nos ensinou o panel fotovoltaico. Tamén nos mostrou unha cociña
solar, que sería moi útil en países do terceiro mundo.
Rubén Salgueiro Fernández, 4º curso.
A Carballeira
Páxina 49
Asnosascousas
A Carballeira
Páxina 50
Asnosascousas
O LEOPARDO
Nesta exposición, falaremos acerca dun felino coñecido como leopardo.
Os leopardos son animais mamíferos que miden un metro e medio de longo. Son delga-
dos, pero moi fortes e teñen moita axilidade para trepar ás árbores.
Esta especie é carnívora, e dicir, aliméntanse de outros animais. Para poder cazar sen nin-
gunha dificultade ás súas presas, os leopardos entrenanse dando rabuñazos ás árbores e
sendo moi sixilosos á hora de abalanzarse sobre as súas vítimas.
As femias solen ter seis crías, aínda que o habitual son tres. Elas as coidan e protexen ata
que chegan a ter dous anos e poden sobrevivir soas.
Os leopardos poden ser unha das moitas mascotas do ser humano si se lles criou ao seu
lado desde pequenos.
Habitualmente, o home suele matar aos leopardos para que non devoren os seus gandos
ou vender a súa pel.
Esta especie necesita ser defendida para que cada día poida aumentar o número de leo-
pardos sobre a terra e coidar de todo tipo de fauna.
Paloma Blanco Valencia, 5º curso.
O CERVO
Hoxe vou falar dos cervos: como son, que fan, onde viven e que clases hai.
Os cervos son animais salvaxes, mamíferos e herbívoros. Os machos diferéncianse das
femias porque teñen unha grande cornamenta ou astas. Poden chegar a medir un metro e
medio de alto e nadan moi ben. Viven en zonas onde a herba é moi espesa que é o lugar
perfecto para agocharse.
A femia ten un cervato cada año. A pesares de ser herbívora, come os restos do nacemen-
to da cría para que os seus depredadores non a atopen.
Mentras son pequenos non se separan da nai e aliméntanse do seu leite. As crías meno-
res dun ano chámanse gabatos e a medida que se lles van desenrolando as astas, as utili-
zan contra os seus compañeiros para aprender a se defender.
Hai máis de corenta especies de cervos. Entre elas podemos destacar: o cervo común, a
sika, o cervo de cola branca, o gamo arispudú que é o máis pequeno de todos e pode che-
gar a medir vintecinco centímetros….
Álvaro Vidal, 6º curso.
A Carballeira
Páxina 51
Seguridadevial
A Carballeira
Páxina 52
Seguridadevial
A Carballeira
Páxina 53
Seguridadevial
A Carballeira
Páxina 54
Certameliterario
III Certame Literario
O III Certame Literario este ano levaba o nome do noso PDI “As Pegadas do Pasado”. Poesías e
contos que xiraron entorno á temática da prehistoria. Foi un proceso selectivo moi difícil xa que
houbo moitos merecedores do premio. Estos foron os traballos gañadores
EN TEMPOS DA PREHISTORIA
Soñei que nacera
en tempos moi, moi lexanos
que vivía nunha cova
fai un millón de anos.
Montaba nun mamut
e era un mono o meu aliado,
nunha cova vivía
fai un millón de anos
Coa miña lanza cazando e pescando
no medio dos rebaños,
nunha cova vivía
fai un millón de años.
Era un ser eremita
e cada día soñaba e seguía soñando,
que vivía nunha cova
fai un millón de anos.
Laura Amai, 6º curso
A Carballeira
Páxina 55
Certameliterario
O PEQUENO NEANDERTHAL
Érase unha vez un pequeno neanderthal chamado Pepe ao que non lle gusta-
ba a caza pero o seu pai, “Ollo Cego” insistía en que tiña que cazar.
Pepe!- dicía- non o poderás evitar. Debes cazar para cando eu non esté, poidas
alimentar á nosa familia.
Pepe, desanimado, marchaba para a cova onde imaxinaba: estar sempre
quente, protexer os seus pés, ter comida sen cazar ou recolleitala de sitios arrisca-
dos.
Todo o mundo pensaba que Pepe era un inútil e que coller a pel dos animais
para vestirse e calzarse non servía de nada.
Un día, Pepe, canso dos insultos, foi a ver ao feiticeiro “Alma de Ferro” e pre-
guntoulle:
Que podo facer coas miñas ideas?. Quen as pode aceptar? E a min?.
Dentro de catro días aparecerá xente distinta á que lle gustarán as túas ideas.-
dixo o feiticeiro.
Pepe pasou, inquedo e sen comer, os catro días seguintes. E, por fin, veu, aló
polo horizonte, ao grupo de xente do que lle falara “Alma de Ferro”.
Ansioso e intrigado, correu cara a eles e puido comprobar, con gran asombro,
que as súas ideas xa eran realidade para eles: vestían peles de animais, os seus
pés estaban protexidos e nunha cestiña levaban froitas e verduras.
Por fin, a súa tribu deixaría de velo coma un tolo vago e deixarían de presiona-
lo para que cazase.
Celia Losada Moledo, 6º
A Carballeira
Páxina 56
Certameliterario
O NENO E O LABERINTO
A porta do castro abriuse, e dela saíu un neno chamado Owen. Era o fillo do
xefe do poboado castrexo “La Subidá”. Este poboado estaba enriba dunha montaña
de Galicia, e dende alí podíase ver o val que daba a praia, onde o seu pobo collía
lapas e mexilóns además de peixes.
Owen tiña doce anos e como fillo do xefe iniciara o seu adestramento para su-
cedelo cando fora preciso.
Owen saudou a súan nai, que estaba diante do castro preparando as tortas
de pan que se facían coa fariña de landras e que xunto ao leite das ovellas e cabras
sería o almorzó da familia para comenzar o día.
Na súa familia había catro fillos, Owen era o primoxénito por iso tiña que asu-
mir o liderato cando fora a súa hora, pero no fondo o que máis dexesaba era ser
gravador de pedras.
Colleu a súa cesta e correu cara a praia que daba o oeste, onde o druida e o
seu aprendiz tallaban pedras ata que se metía o sol. Xa había unha rematada que
tiña o nome de “Pedra dos Mouros”. Èsta xa fora tallada polos seus antepasados.
Sigilo, o druida, nomeara a pedra que estaba traballando como “A Pedra dos Campi-
ños”, pero había outra rocha na que aínda ninguén grabara nada. Alí era onde
Owen tiña pensado tallar os seus debuxos. Owen xa sabía como chamarlle a esa
pedra “A Pedra do Laberinto”. Nela grabaría uns signos que perdurarían moitísimos
anos, tantos que nunca podería imaxinar. Nela quedarían as pegadas do pasado.
Kélvar Castro. 6º Curso
A Carballeira
Páxina 57
Certameliterario
BUBÚ O AVENTUREIRO
En tempos da pedra, en momentos que non estabas ti, nunha caverna vivía, un me-
niño chamado Bubú. Bubú era un cromañón pequeño e forte que cando se aburría facía
unha das súas escapadas en busca de aventura, así que decidido foi escalar unha monta-
ña onde ó chegar arriba atopouse cunha serpe das malas, malísimas e gordas, gordísimas.
Naquel intre tiroulle unha pedra con tan boa puntería que a rematou instantáneamente. Bu-
bú non podía crer a súa sorte e decidiu ir a celebralo na caverna dos seus pais. Como a
viaxe de regreso era moi longa e perigosa, Bubú tiña medo, pero armouse de valor e mar-
chou coa serpe nunha bolsiña de pel de cebra que lle regalaron os seus país xunto cunha
lanza moi ben afiada, e menos mal, porque de súpeto encontrouse un mamut ferido ó que
non se atreveu a matar porque viu o seu propio reflexo nos seus ollos e deulle pena. Deci-
diu cúralo e levouno consigo, ademáis, serviulle para moito.
Logo seguiu a viaxe montado no mamut que estaba en débeda con él por salvarle a
vida. De repente un sable apareceulles diante, queríaos comer!. Bubú baixou do mamut e
tirou del para que fora máis rápido ya que a súa ferida non curara de todo. Os dous compa-
ñeiros lograron despistar ao sable e cando ó fin chegaron á caverna dos seus país, viron
que estaban rodeadas de hienas famentas que encanto cheiraron a bolsiña de Bubú ti-
ránronse a por ela. Bubú lanzoulles a serpe venenosa que cría xa morta e que en realidade
estaba inconsciente. Encanto se viu libre e atacada polas hienas, mordeunas e acabou con
elas.
E así é como remata esta aventura: Bubú sen serpe; os país cunhas boas pezas
para asar; comen o asado; a Bubú regálanlle outra bosiña de pel cunha caracola dentro: e
coas cinzas da leña decoraron as paredes da súa caverna coa incrible aventura do seu pe-
queno gran Bubú.
Aaah!, por certo, agora xa non eran tres, senón que tiña unha nova mascota: Berni o
mamut.
Cristina Sanz Acuña, 4º curso.
A Carballeira
Páxina 58
Certameliterario
O DEUS DA CHUVIA
Na prehistoria existían persoas que viran dos monos e tras moitísi-
mos anos evolucionaron e se convertiron en homes e mulleres.
No neolítico cando xa sabían cultivar legumes e froitas e recollelas
deixou de chover e todos se preguntaban: por qué deixou de chover?
Durante un par de meses houbo sequía e non podían medrar as
plantas polo que tiveron que cazar moitos animais.
Un día, sen chuvia, unha rapaza chamada Sara indo a súa casa se
atopou moitas flores e seguindo as flores atopouse unha cova onde vi-
vía un home vello que lle dixo.
-Qué fas aquí rapaza? –dixo o home.
Eu atopei un camiño cheo de flores e seguíndoo encontrei esta co-
va. E ti, qué fas aquí? –dixo a nena.
-Son Arón, vivo nesta cova desde fai moitos anos. –Proseguiu el.
-Estiveches algunha vez na miña tribu?
-Tribu, qué tribu?
-A miña. Queres vela?
Os dous, Aron e Sara se foron a tribu onde coñeceu a moita xente e
se setiu moi feliz.
Despois da visita á tribu da pequna Sara, Aron non volveu a apare-
cer. Pero no mesmo día, de pronto, na tribu comenzou a chover, e nese
preciso instante Sara comprendeu que Aron era o deus de Chuvia e que
pasara tanto tempo só que alegrouse o ver toda a xente da tribu de Sa-
ra.
Fabiana Cahua Guía. 4º curso
A Carballeira
Páxina 59
Certameliterario
CINCO AMIGOS ÚNICOS
Hai moito tempo houbo un mamut chamado Cornos. Tiña cinco amigos:
Blas, Dani, Carlos, David e Álvaro.
Un día Álvaro preguntou:
-A qué xogamos?
Cornos respondeulle:
-A o mamut máis rápido.
Pero Cornos esqueceuse de que Carlos e David non eran mamuts, senón
que David era un dente de sable e Carlos un perezoso.
Carlos dixo.
-Xoguemos ás carreiras.
Todos respondéronlle_
-Ben, ben, xenial!!!!
Facendo a carreira atoparon unha cova, onde estaban pintadas figuras
iguais ca eles!
A o escapar, uns cavernícolas atraparon a Cornos.
Carlos dixo:
-Qué facemos?
David respondeulle:
-Rescatalo!
Todos dixeron:
-Imos alá!
A Carballeira
Páxina 60
Certameliterario
Foron a cova, pero non estaba!
Os cavernícolas fóranse á montaña para comer a Cornos.
Cando ían comer a Cornos, Carlos, Dani, David, Blas e Álvaro interrompíro-
nos.
Álvaro soltou a Cornos, cona axuda dun neno cavernícola e díxolle:
-Grazas.
O clan do neno cavernícola castigouno.
Cornos invitounos a cear herbas, carne e demáis.
Todos dixeron:
-Ben, ben!
Álvaro dixo:
-A cear, a cear, que ben, que ben, que ben, xenial, xenial, xenial, fabuloso,
que fame teño, ben, ben, xenial, que fame!!
Carlos dixo:
-Tranquilo, tranquilo, quieto e quieto, espera un pouquiño que igual te quimas,
así que podes tranquilizarte.
Todos comeron ben menos Álvaro que vomitou tres veces seguidas, non esperou
e quimouse un pouco a trompa.
E todos dixéronlle que iso pasoulle por non esperar un pouco e ser un mamut
un pouquiño parvo.
Quedaron durmindo toda a noite tranquilos menos Álvaro que berraba ai, ai,
ai, que dolor!. Por favor, por favor, que pare xa!. Por favor, por favor, por favor!
Dende ese día, Álvaro fíxolle máis caso a Cornos.
Víctor Piñón 3º curso.
A Carballeira
Páxina 61
Certameliterario
A prehistoria
É unha historia
Moi grandiosa
E fabulosa.
Inventaron as lanzas
Para non comer só prantas,
Animais deben cazar
Para se alimentar.
Os prehistóricos
Non tiñan periódicos
Con debuxos nas paredes
Comunicábanse entre eles.
Evolucionaron de facer zume
E inventaron o lume
E coas súas invencións
Atoparon coas solucións.
Lara Rodríguez Peón, 2º curso.
A Carballeira
Páxina 62
Certameliterario
LAIA E A SÚA FAMILIA
Había unha vez un pobo chamado “A Cova dos petroglifos”. En ela vivía moita xente e os xefes
tiñan tres fillos: unha era Iza, que era a máis nova e apenas tiña dous anos de idades, logo ía Track
que tiña dez anos, e a máis vella era Laia, que tiña doce anos. Laia tiña unha gran afición a trepar
pola colina que tiñan preto da cova onde vivían.
Tiñan a cova chea de petroglifos.
Trak tiña unha gran afición a durmir.
Iza non facía gran cousa, era un bebé.
Tamén á esquerda da cova había unha Praia chea de lapas, peixes, etc… que recollía a xente
do poboado, pero Laia nunca quería ir coa súa familia. A ela gustáballe quedarse co seu pequeño mo-
niño que se chamaba Puk e o quería moitísimo, pero os seus país desexarían que fora con eles, pero
ela rosmaba, e o seu pai que era moi protector, non quería que lle pasara nada a Laia.
Esta é a historia de Laia e a súa familia.
India Castro, 2º curso.
A Carballeira
Páxina 63
Certameliterario
O SUSTO DOS CAVERNÍCOLAS
Érase unha vez dous cavernícolas que camiñaban polo monte unha tarde de treboada con
moitos lóstregos e tronos.
De súpeto unha luz caeu nunha árbore seca, era un lóstrego, que fixo que a árbore empeza-
ra a arder.
Os cavernícolas, que se chaman Nes e Mape levaron un susto moi grande ao ver o lume.
Nunca viran nada como iso. Nunca viran o lume.
Como non sabían o que era, tocáronno e quimáronse as mans. Entón empezaron a gritar e
saltar coma tolos.
¿Sabedes o qué fixeron?
Foron ao río e metéronse na auga.
E colorín colorado este contiño rematou.
Inés Jerez López, 1º curso.
A Carballeira
Páxina 64
Rumores
Corren rumores...
Corren rumores de que de que un rapaz de 5º toca moito a frauta.
Corren rumores de que o conductor queda a durmir mentres non saímos do
cole.
Corren rumores de que alguén non se entera das normas da Biblioteca.
Corren rumores de que algúns alumnos son tan vagos que baixan ao Ximna-
sio polas escaleiras equivocadas.
Corren rumores de que algúns alumnos “comen” os libros.
Corren rumores de que unha nena de 4º ten un estilo “electrizante”.
Corren rumores de que no cole hai pantasmas que rouban os balóns.
Corren rumores de que o baloncesto e o fútbol no cole van ir á guerra polo
campo.
Corren rumores de que na clase de 3º son moi agarimos@s.
Corren rumores de que no cole van facer outro campo para que o poidan usar
as nenas.
Corren rumores de que @s nen@s da Carballeira son demasiado
parlanchíns.
Corren rumores de que alguén de 3º lastímase moito no fútbol.
Corren rumores de que na illa “del Hierro” pódese xerar un mega-tsunami.
Corren rumores de que algunha de Infantil é moi agarimosa fóra do cole.
Corren rumores de que alguén de 2º é moi “besucón”.
Corren rumores de que o noso colexio dominará ao mundo.
Corren rumores de que Mouriño vaise do Madrid.
Corren rumores de que a escritora Fina Casalderrey é moi simpática e
tod@s querémola moito.
A Carballeira
Páxina 65
@sex-alumn@s
Ola a tod@s!!!
Son Cristina Loureiro, lembrarédevos de min, non??? Fun compañeira vosa durante
seis anos ata que marchei para o Torrente. Ao comezo fomos cun chisco de medo, porque
se nos facía un pouco raro marchar para Pontevedra, pero agora xa estamos afeitos e
vainos moi ben a todos.
Botamos moito de menos o noso colexio de primaria. Eu, por exemplo, que vivo
aquí ao lado, oio o timbre das clases, vexo aos pais buscar aos rapaces, os nenos no recreo,
os coches dos profes aparcados, elémbrome moito de todo o vivido na Carballeira.
O año pasado nós eramos os maiores, comparados cos de Infantil, pero agora somos
nós os pequenos da ESO, aínda que non tan cativos, que algúns xa andan a ver quen "lle
mola" para saír xuntos. Aquí fixemos moitos máis amigos, xa que en Primaria eramos
pouquiños nenos.
Os que vaiades para Secundaria non vos preocupedes, todos os cambios serán para
mellor. Iso sí, hai que ter moito sentidiño, xa que non andan os "papis" detrás de nós.
Procurade estudiar moito e ser responsables co voso traballo, que os profes do "insti" xa
nos tratan como adultos e dannos moita "caña", incluso chaman a casa si non van os
deberes feitos; que medo!!
Igual que en Primaria tamén podemos ir a actividades extraescolares: teatro, música,
inglés, risoterapia... Tamén temos charlas informativas sobre o maltrato á muller, os
perigos de Internet, e incluso fomos ao Salón do Libro, pero iso sí, camiñando por
Pontevedra "a toda máquina" que hai moitos recortes en educación. Alí vimos o voso
traballo feito de madeira, que nos gustou moito, e lembrámonos de vós con moito
agarimo.
No Torrente están moi orgullosos da biblioteca, que leva o nombre dunha mestra, Mª
Victoria Moreno, e hai que visitala moi a miúdo xa que nos mandan ler moitos libros
durante todo o curso, tantos que case non temos tempo para chatear no Tuenti ou no
WhatsApp.
Máis ou menos, isto é o que vos podo contar. Que vos vaia moi ben a todos. O cole
da Carballeira quedará xa para sempre nas nosas biografías e no noso recordo.
Bicos para tod@s!!
Cristina Loureiro
A Carballeira
Páxina 66
Cartadunhanai
Ola!
Son Divina, a nai de Adrián e Gabriel Quintela, e vouvos contar algunhas cousas da
miña infancia.
Dende que comecei en Infantil fun sempre unha nena moi inqueda, aprendín axiña a
ler e a escribir e tiven a mesma profesora durante os tres cursos. O último ano, a "profe"
buscou un método moi efectivo para terme queda: unha xeringa de cristal grande e con
agulla. Sempre ma amosaba e diciame que me había pinchar con ela...Eu tíñalle un medo
terrible!! Un día de final de curso (faltaba un mes para que rematase) collín a xeringa, ti-
reina ao chan e rompina. A mestra non me vira facelo pero soubo rápidamente que fora eu.
Ese día a "profe" levoume da man onde miña nai, contoullo e pediulle que mercara unha
xeringa nova. Así foi como rematou a miña ledicia, pois tiña que volver portarme ben.
Pasei logo a outro colexio, preto da casa. Era de monxas, moi grande e non era mix-
to. Tiña un internado para as nenas que viñan de lonxe. Alí comecei unha etapa nova, pero
seguía coas miñas inquedanzas. Eramos vintecinco ou trinta alumnas en clase e tiñamos
pupitres de madeira. A miña aula tiña uns ventanais enormes, con moita luz, pero estaban
reforzados con barrotes de ferro.
Xa dixen que sempre fun unha nena moi leda, faladora e inqueda. A "profe" po-
ñíanos a traballar, eu era das primiras en rematar, erguíame do meu sitio e ía molestar ás
miñas compañeiras. Aquí a "profe" non tiña xeringa, pero sí novos métodos: atábame co
xersei á cadeira, atábame os cordons dos zapatos un co outro para que caese ao chan si me
erguía...Sempre estaba castigada!!! O seu último método era deixarme soa na aula, coa
porta pechada con chave durante o recreo.
Un día todo comezou a tremer. Eu estaba alí, pechada, sin poder saír. Todas berra-
ban e saíran para fóra do colexio. Miña nai foi ao "cole" para nos recoller á miña irmá e
máis a mín, pero só lle entregaron a miña irmá.... de min ninguén sabía onde estaba. Na-
quel intre, a "profe" non se lembraba de que me tiña castigada. Miña nai quixo entrar e
non a deixaron, pois fixéranse unhas fendas no patio, preto de onde eu estaba pechada...Ao
final rescatáronme e nunca máis utilizaron o método de deixarme castigada.
Despois dese momento eu empecei a comportarme mellor pero recoñezo que pasei
moito medo. Máis que co pinchazo daquela xeringa de cristal!!!
E aquí estou agora, contando unha das tantas trastadas que miña nai tivo que sopor-
tar.
Bicos e unha aperta grande para tod@s
Divina Piñeiro.
Xornal 2013
Xornal 2013

Contenu connexe

Tendances

A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxMarlou
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Marlou
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilRomán Landín
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pakEndl Félix Muriel
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelatombcentoira
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Marlou
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Marlou
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
Escritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuaisEscritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuaisAgrela Elvixeo
 

Tendances (20)

A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra Civil
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pak
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
Escritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuaisEscritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuais
 
Asoreyadleiro
AsoreyadleiroAsoreyadleiro
Asoreyadleiro
 

Similaire à Xornal 2013

Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castroaninha9813
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfpaveam
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Endl Félix Muriel
 
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...tuCkii
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013satelite1
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13belengc7
 
L E T R A S G A L E G A S 2009
L E T R A S  G A L E G A S 2009L E T R A S  G A L E G A S 2009
L E T R A S G A L E G A S 2009susolojo
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
O rexurdimento
O rexurdimentoO rexurdimento
O rexurdimentoagarridog
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoagarridog
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoagarridog
 

Similaire à Xornal 2013 (20)

Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdf
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
 
Castelao en Marín
Castelao en MarínCastelao en Marín
Castelao en Marín
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
L E T R A S G A L E G A S 2009
L E T R A S  G A L E G A S 2009L E T R A S  G A L E G A S 2009
L E T R A S G A L E G A S 2009
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
O rexurdimento
O rexurdimentoO rexurdimento
O rexurdimento
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 

Xornal 2013

  • 3. A Carballeira Páxina 3 RobertoVidalBolaño Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cida- de en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola bre- ve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que le- vou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pan- tasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimen- tación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, so- cial e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non entorpeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasa- llan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), norma- lizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.
  • 4. A Carballeira Páxina 4 RobertoVidalBolaño TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL O ANANO: Velo aí tes o tesouro que eu gardo. É de fíos preciosos. Pero só te poderás facer con el se es quen de me falar nunha lingua que eu non coñeza. E coñézoas todas. Galego, francés, alemán, chinés, hebreo, quechua... Veña, di algo! Se non o entendo, é teu. O TATEXO:(Con grande esforzo) Poppoiis nononon mememe popopoderei fafafafacer cococon el. O ANANO: Como dis? Repítemo outra vez, por se non oín ben. O TATEXO: Quequequeque nononon mememe popopoderei fafafafacer cococon el. O ANANO: (Con asombro) Non pode ser. O TATEXO: Oooooo qqqqque? O ANANO: Non hai maneira! Non te entendo! Non podes falar máis claro? O TATEXO: Nonononon seseseñor. O ANANO: Pois amoláchesme! Esa lingua non a coñezo. Toma, aí o tes, o tesouro é teu. (O rapaz, sen o crer alá moito, bótalles man aos fíos todos e disponse a saír con eles co- rrendo) O TATEXO: Momomomomomoitatatatas gragragragracias. O ANANO: Antes de que te vaias e, só por matar o verme, en que lingua me falaches? O TATEXO: Eeee en en en cacacal hahabía ser? En galego, naturalmente! Pero son tate- xo e ás veces entrampállome un pouco. Aínda que non sempre, como pode ver. O ANANO: Serei paspán! Como non me decatei? Roberto Vidal Bolaño.
  • 5. A Carballeira Páxina 5 LetrasGalegas 150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS Rosalía de Castro é a máis grande e máis representativa escritora da lingua e da litera- tura galegas así como tamén unha das principais responsábeis do proceso que se deu en chamar „Rexurdimento‟ da literatura e da cultura galega. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou per- manentemente a súa obra e o seu pensamento, chegando a formar parte da nómina de escri- toras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a primeira obra escrita integramente no noso idioma, que sinala o inicio da restauración do uso escrito do galego e o final de séculos de silencio e esquecemento. Cantares gallegos e o Día das Letras Galegas Cantares Gallegos foi publicado o 17 de maio de 1963. A principios dos anos sesenta, o intelectual Francisco Fernández del Riego propuxo a institución dunha celebración anual que potenciase a lingua galega, ao modo do Día del Li- bro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes, o 23 de abril. Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares Gallegos, polo seu significado no rexurdimento da literatura galega. Tras a súa proposta, a Real Academia Ga- lega aprobou en 1963 convocar o Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, cele- brándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.
  • 6. A Carballeira Páxina 6 LetrasGalegas DÍA DAS LETRAS GALEGAS E chegou o día. Celebramos as Letras Galegas coa visualización do vídeo sobre o autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño. Logo, Hugo e Adrián interpretaron un anaco da obra "Touporroutou da lúa e do sol". Que ben o fixeron!! Como tamén este ano se celebra o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos recordamos a nosa participación na súa lectura colectiva promovida pola AELG co poema Acolá enriba. E para rematar......karaoke! Noso o mundo é!!!
  • 7. A Carballeira Páxina 7 Asnosascousas OS PETRÓGLIFOS Este ano todos @s alumn@s do cole desde os máis pequenos aos máis grandes, partici- pamos nun Proxecto Documental Integrado que leva por título "AS PEGADAS DO PASA- DO" no que investigamos sobre a prehistoria. O motivo principal que nos impulsou a querer saber máis sobre esta etapa da humanidade o temos no patio do cole. Estamos moi orgullosos de ser o único cole do mundo que temos dentro do noso recin- to escolar un petróglifo neolítico. Os petróglifos ( do gregos petros=pedra e glyphein=tallar) son imaxes gravadas na rocha, desbastando a súa capa máis superficial. Se usaban como forma de comunicación po- los nosos antepasados prehistóricos do Neolítico (10.000 a.C.) e poden chegar ata os tempos modernos nalgunhas cultura e lugares. Alguns petróglifos se fixeron picando a superficie cunha rocha máis dura, mediante o golpeteo constante con outro instrumento auxiliar (percusión). Outros graváronse ao raiar co filo dunha rocha tallada (raiado). A superficie tamén puido ser frotada cun instrumento de pedra e finalmente pulida coa axuda de area e auga (abrasión). Cando se visite unha "estación" con petróglifos non se deben tocar e moito menos pin- tar con xiz ou ceras escolares para que saian ben na foto. Isto deterióraos. Os especialistas pódeno facer contando sempre cun permiso previo da Dirección Xeral de Patrimonio utilizan técnicas non destrutivas. Se se quere obter boas fotos abonda con esperar ás últimas luces do día, cando os raios do sol inciden lateralmente sobre os sucos e resaltan o seu trazado. O noso petroglifo está gravado nunha laxe granítica horizontal a ras de chan. Obsérvanse diversas combinacións de círculos concéntricos con apéndice, cadrados coas esquinas redon- deadas, círculos simples, coviñas e outros trazos. O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeo e incluso mundial. As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico de Arte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días. A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás pro- vincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos.
  • 14. A Carballeira Páxina 14 Asnosascousas A Prehistoria é a etapa máis longa na vida da Humanidade. Dura varios millóns de anos: desde a aparición dos primeiros homínidos ata a invención da escritura. Como a Prehistoria é tan longa, para poder estudiala divídese en etapas: O Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais. Paleolítico significa“pedra vella”. Du- rante o Paleolítico, a xente tiña que cazar, pes- car e recoller froitos para poder vivir. Organizá- banse en clans formados por membros da mes- ma familia. Cando non había caza ou cambiaba o tempo tiñan que desplazarse, así que vivían en covas naturais ou facían cabanas para poder mo- verse dun lado a outro: eran nómades. Para ca- zar e pescar fabricaban ferramentas e utensilios de pedra, que tallaban batendo unha pedra con- tra outra e suxeitándoa nun pau . Da caza aproveitaban a carne para comer, a pel para vestirse e os ósos para facer trebellos. Neolítico significa “pedra nova” ou “pedra pulimentada”. No Neolítico prodúcense tres in- vencións ou descubrimentos que van supoñer cambios decisivos na vida da xente: a agricultu- ra, a gandería e a maneira de facer lume. Grazas á agricultura e á gandería os homes e mulleres primitivos xa non dependían tanto da caza e da pesca, pois tiñan alimentos para vivir. Xa non tiñan que desplazarse dun lugar a outro, de mo- do que vivían todo o ano no mesmo sitio: fixé- ronse sedentarios e formaron os primeiros po- boados onde vivían os distintos clans. A inven- ción da forma de facer lume fixo que a vida da xente primitiva fose máis doada. Nesta época empe- zan a “fabricar” utensilios con barro para cociñar e gardar alimentos. Na Idade dos Metais os homes e mulleres primitivos xa dominan o lume e descubren que hai mate- riais mellores que a pedra para facer ferramentas e armas: o cobre, o bronce e o ferro. Alumn@s de 3º curso.
  • 15. A Carballeira Páxina 15 Asnosascousas Visita a Campo Lameiro Continuando co noso Proxecto Documental Integrado "AS PEGADAS DO PASADO" tivemos unha saída ó Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro. Comezamos cun breve percorrido pola exposición estable e acadamos a información necesaria para descubrir os enigmas que se agochaban nos petroglifos. Despois achegámonos en grupos á área arqueolóxica. É algo espectacular ver as pegadas dos nosos antepasados gravadas nunhas rochas. Grandes enigmas, diferentes deseños xeométricos, realmente emocionante. Por último fixemos dous grupos para levar a cabo os talleres. Os máis cativos tiveron a oportunidade de fabricar vasillas de cerámica coma no Neolítico.
  • 16. A Carballeira Páxina 16 Asnosascousas Os maiores fixeron unha búsqueda do tesouro nun lugar que os deixou abraiados por todo o que ían descubrindo. Dende aquí queremos agradecer a todo o persoal que nos acolleu polas súas explicacións e atención recibida. A verdade é que aprendemos moitísimo.
  • 18. A Carballeira Páxina 18 Asnosascousas Ano Internacional da Enerxía Sostible O ano 2012 foi o ano internacional da enerxía sostible. Os rapaces do noso cole están moi concienciados de que debemos aforrar enerxía. Este ano estamos coñecendo as diferentes enerxías renovables e non renovables e participamos nun taller de granxa enerxía, promovido por Endesa Educa. Fixemos unha serie de experimentos e unha das cousas que máis nos sorprendeu foi cómo co movemento das pernas ó pedalear unha bici podemos converter en enerxía eléctrica. Tamén descubrimos cómo quentar a comida cun día de sol empregando unha cociña solar. Estamos cheos de enerxía!
  • 20. A Carballeira Páxina 20 Asnosascousas ENTREVISTAMOS A FRAN Fran é un neno de 2º de primaria que está convencido de que o aforro enerxético é unha asignatura pendente que temos, por iso converteuse nun inspector da enerxía durante os recreos. Coa súa libreta na man vai por todas as instalacións do noso cole comprobando que estamos levando a cabo diferentes medidas de aforro coma apagar as luces no recreo cando as aulas están valeiras, apagar as pantallas dos ordenadores cando non se usan, etc Hoxe fixémoslle unha pequena entrevista. Bos días Fran Bos días. Por qué cres que é importante aforrar enerxía? Porque penso que así haberá enerxía para todos os humanos do planeta. Podemos intentar aforrar. Cal é a medida de aforro que estades levando a cabo no recreo? Pois estou indo polo cole adiante, pola biblioteca, despachos, clases e ximnasio e vou mirando se as luces están acesas ou apagadas. Se están acesas poño mal e se están apagadas poño ben. Vai conmigo sempre un axudante que é algún dos meus compañeiros India, Aarón, Priscila e Antonio, cada día tócalle a un. Eu prefiro que sexan nenas porque así poden ver os baños, non vou a entrar eu no baño das nenas!. A tarefa do meu axudante é ir apagando as luces mentres eu lle poño nota na miña libreta. Cumpren as alternativas de aforro os teus compañeiros? Non. Unha vez fun a clase de terceiro e os nenos non sabían o que estaba facendo. Casi non me deixaban entrar e tiven que explicarlles que son un investigador da enerxía que soamente ía observar se estaban aforrando xa que estaban a punto de saír o recreo e deixaban todo aceso. Queres darlle algún consello ós teus compañeiros sobre o aforro enerxético? Si. Quero contarlles que é mellor a luz solar para os ollos e ademáis así non gastamos. Ademais que é moi importante utilizar as placas solares. Cando acendemos a calefacción temos que pechar as ventás. Non temos que quentar o aire do patio senón as aulas. Recoméndanos algún libro para investigar sobre o tema? Si. A min gústame moito o de “Os bolechas queren saber como aforrar enerxía“ e a enciclopedia que temos da enerxía. Hai moitos profesionais que non saben que moitas cousas están nos libros. A min axúdanme a aprender moitas cousas. Na túa casa tamén levas a cabo isto? Non. Porque imaxino que os meus pais xa saben aforrar. Moitas gracias Fran pola tua labor. Seguiremos poñéndonos as pilas e aplicando medidas de aforro para coidar o noso planeta.
  • 21. A Carballeira Páxina 21 SalóndoLibro A toda máquina!!! Este ano tampouco podiamos perdernos o salón do libro, con fantásticas actividades para maiores e pequenos: contacontos, obradoiros, exposición dos traballos dos colexios de Pontevedra...e Orbil a mascota!
  • 22. A Carballeira Páxina 22 Asnosascousas Este ano o tema do Salón do Libro de Pontevedra foi: “A toda máquina”. Para participar hai que elixir primeiro o soporte no que se vai presentar o traballo: Nós escollemos unha presentación tridimensional, consistente nunha “roda de fiar”, pois o noso libro íase titular ”Enfiando palabras”. Desta parte do traballo encárgase o profe Pancho, por- que é un “manitas”, ten moi bo gusto e nós somos un Cole de Primaria e non temos asignatu- ra de Tecnoloxía nin idade para manexar serras e cousas así. A continuación os distintos ciclos fomos escribindo as nosas historias e, por último, “enfiámolas” nun precioso libro e o xuntamos coa “roda de fiar” para levalo ao Salón e expo- ñelo alí. E chegou o día da visita. O xoves, 7 de marzo viaxamos ata o Pazo da Cultura para disfrutar do Salón. Ao chegar dividímonos en dous grupos: Infantil e 1º ciclo por un lado, e 2º e 3º ciclos por outro. O grupo dos máis pequenos asistiu a un Obradoiro de Contacon- tos que resultou moi ameno e diver- tido, segundo contaron logo. O grupo “dos maiores” traba- llamos nun Obradoiro de Ilustración a cargo de Anxo Fariña. Tivemos que seguir unhas ins- trucións para debuxar unha máquina que se movese moi ben polo mar. Saíronnos unhas ilus- tracións preciosas e moi imaxinativas, como dixo “o profe”. Unha vez que remataron os obradoiros fixemos unha visita guiada polas instalacións. Mi- ramos os traballos dos outros coles (había cousas moi boni- tas e ben feitas), buscamos e atopamos o traballo dos exalu- mnos da Carballeira, entramos na Máquina dos Desexos e pe- dimos un desexo cada un, me- témonos case dentro dunha máquina de escribir e dun or- denador, observamos unha bi- cicleta xigante e máis o debuxo dun dirixible, parámonos dian- te dun moble onde gardaban máquinas de fotos antigas ... pasámolo fenomenal e aprendemos moitas cousas. Voltamos para o Cole coa sensación do traballo ben feito, porque hai que dicir que o que máis nos gustou foi o noso. Alumn@s de 3º curso.
  • 23. A Carballeira Páxina 23 Asnosascousas Visitounos Fina Casalderrey!!! Este curso abrímoslle as portas do noso cole a Fina Casalderrey, recentemente nomeada membro honorario da Real Academia Galega. No noso proxecto lector escollimos varias das súas obras e disfrutamos moito léndoas, pero escoitala foi unha experiencia para non esquecer. Comprendemos "o poder das palabras" e comprobamos con que facilidade as viste de fermosas cores para facernos tremer de emoción.
  • 24. A Carballeira Páxina 24 Asnosascousas ENTREVISTAA FINA CASALDERREY Por sorte para todos, fai xa algúns anos, descubriu que o que a ela lle gustaba escribir aos demais nos encantaba leelo. Dende entón, non parou de publicar libros tan entrañables co- mo “A lagoa das nenas mudas”, “Quen me quere adoptar?”, “O misterio do cemiterio ve- llo”, “O estanque dos parrulos pobres”, entre outros moitos. Os rapaces e rapazas do 3º ci- clo entrevistamos a…Fina Casalderrey. Fala do mesmo xeito en que escribe: facéndote ver e vivir o que está contando, emocio- nándote, sorprendéndote, permitindo que sintas, que coñezas, que non xuzgues e que com- prendas… Seguramente por eso entrevistala resulta tan fascinante como ler os seus libros. Por que quixo ser escritora? Non é levantarte unha mañá e decidilo. É pouco a pouco, como comezar a namo- rarse. Son mestra e comecei a escribir obriñas de teatro para os meus alumnos e pouco a pouco escribín outras cousas. Que lle gusta máis escribir libros para cativos ou para maiores? O que me gusta é escribir bonitas historias e que calquera dos meus libros os le- ran os nenos e logo os maiores. Escribir para os nenos pequenos é como comer nécoras: enches o prato de cascas pero levas pouco á boca. Gustaríame escribir historias maravillosas para todos os públicos Cal foi o primeiro libro que escribiu? O primeiro que escribín foi “A noite dos coroides”. O primeiro que publiquei: “Mutacións xenéticas”. De que libro está máis orgullosa? Non diría orgullosa, porque penso que dentro teño a historia máis bonita que aín- da non escribín. Calquera libro que escribín, gústame. En que se basean os seus libros: en experiencias que viviu ou en fantasías? Mesmo se queres, o que vives, o que soñas, a túa profesión… Todo inflúe no que escribes e se non inflúe, malo, porque ti non te baleiras. As experiencias inflúen, pero logo fantaseas. Cada historia naceu de algo que me moveu por dentro. Dúas letras nacen dunha experiencia. Canta tarda, máis ou menos, en escribir un libro? Nunca sei o tempo que tardo. As historias mellores saíron de golpe, sin embargo, eu necesito saber que teño todo o tempo do mundo para escribilas. Ademáis, as his- torias non é só como as contas, senón tamén como as les.
  • 25. A Carballeira Páxina 25 Asnosascousas Que se sinte sendo unha escritora tan importante que recibiu tantos premios? O premio Nacional de Literatura déronmo con “O misterio dos fillos de Lúa”. Cando che dan un premio, o libro pasa a ser “mellor” e os adultos, a diferenza dos nenos, admiran os libros premiados. Desde o ano 1996 non me presentei a ningún premio. Os que máis me gustan son os que me dan os lectores, os editores, os libreiros… A súa paixón polos nenos é igual ca que manifesta nos libros? Non sei. Teño 61 anos e aínda non os odio anque algunhas veces vos colgaría dunha viga. De todos os xeitos, marchei do instituto entre bágoas. Que lle gusta máis ser mestra ou escritora? Creo que unha cousa saiu da outra, por iso non podo dicir que non me gustara ser mestra. Aprendín moito dos nenos.. Gústanme as dúas cousas, pero fun máis anos mestra que escritora e aprendín máis do que ensinei. En que se inspirou para elexir o título “As de mosca para Anxo”? Un título non pode revelar o que hai na historia, pero ten que ter que ver coa histo- ria. Por que elexiu a Estrela como protagonista desta historia? Porque fun mestra moi nova e pasaron moitos nenos pola miña vida, De todos eles aprendín. Tamén... dunha nena como “Estrela”, chamada Begoña, que foi a miña alumna e que a pesares da súa discapacidade, poñía todo o seu empeño en facer as cousas como os demáis. O tema deste libro é a discapacidade, a súa intención é amosar a realidade cotiá a tra- vés das súas historias? Encántame coller da realidade cotiá aquilo que é extraordinario en cada día. Que sinte ao pertencer á Real Academia Galega? Unha responsabilidade moi grande e estou moi agradecida. De momento non entrei porque teño que facer un sesudo discurso e aínda non tiven tempo para escribilo. Como se transforma un en escritor/a? Ler é moi importante, pero ter sensibilidade para ver o mundo é imprescindible. Moitas grazas, Fina. Foi un gran agasallo poder coñecela. Alumn@s 3º ciclo de E.P.
  • 26. A Carballeira Páxina 26 Asnosascousas Os nenos e as nenas de 3º de Primaria do CEIP A Carballeira participamos xunto con todo o noso Cole no Proxecto Lector do Centro e adicamos un tempo ca- da mañá á lectura de distintos contos e libros. Un libro que nos gustou moito titúlase “¡¡¡Gela se ha vuelto vampira!!!” e es- cribiuno a autora pontevedresa Fina Casalderrey. Cando comezamos a súa lectura pareceunos unha historia simpática e moi imaxinativa...non sabiamos o que pasaría máis adiante. A medida que seguimos a ler fómonos dando de conta de que aquela historia que parecía tan “simple” a primeira vista era en realidade unha historia moi común desgraciadamente, e moi tráxica. O libro falaba de cómo cambiara o carácter do home duna profe, dende que era o seu noivo ata que se converteu no seu marido... Falaba do maltrato ás mulle- res. Cada vez que rematabamos un anaco de lectura falabamos do que viñamos de ler e tentabamos entender por que se producen este tipo de condutas. As nosas opinións non estaban moi claras, pero pensamos en xeral que si unha parella non quere estar xunta, ten que separarse, e non facerse dano un á outra. Si, está ben escrito: case sempre é o home o fai dano á muller, falándolle mal e batendo nela. Fixemos debuxos das personaxes do libro e imos facer un resumo para ela- borar logo un mural e amosarllo a Fina cando nos veña visitar. Agardamos que lle guste e agardamos tamén que nolo firme, así como que firme os nosos libros. Alumn@s de 3º curso.
  • 28. A Carballeira Páxina 28 Asnosascousas UNHA PLANTACIÓN DE TOMATES O outro día a nosa mestra Antía trouxo tomateiros pequeniños ao colexio, e díxonos que se levábamos macetas que nos daría os tomateiros. Así foi, preparamos un obradoiro coa sementeira. Primero tapamos as mesas con periódicos, despois enchemos as macetas de terra e coas ferramentas fixemos uns buratos na terra e alí metemos os tomateiros, e por último regámolos un pouquiño. Cando estes tomates medren dareillos a os meus pais para que fagan una alimentación saudable mentres duren. Encantoume facer esta plantación tan divertida e instructiva! A miña ilusión é ter unha granxa na que porei una horta chea de plantas e alimentos. Lara Rodríguez, 2º curso A MIÑA PLANTACIÓN O outro día,na clase de Antía Castro, plantamos unhas tomateiras e tivemos que traer: unha maceta e terra. Porque así temos unha alimentación sa. E así no verán tomámolos con leituga todos os días. Agora sabemos plantar tomates e tomates cherri. Tomaremos unha comida saudable durante todo o ano e estaremos máis frescos, delgados e fortes. Francisco Rosales, 2º curso
  • 29. A Carballeira Páxina 29 Asnosascousas OS MEUS TOMATES Na nosa clase o outro día plantamos tomateiros e ao seguinte día nos sacamos fotos con eles. A profe Antía trouxo os tomateiros e nós as macetas. Nós queremos axudar ao mundo. E queremos tomar unha alimentación sa, por iso aprendemos a cultivar plantas que nos dean froitos. Priscila Montoya, 2º curso. UNHA PLANTACIÓN DE TOMATES O outro día fixemos unha plantación de tomateiros cos de primeiro e a profe Antía trouxo as plantas e nós trouxemos a maceta e a terra e o venres levámolas á casa. Nas mesas puxemos xornais e plantamos o tomateiro. Agora queremos tomar tomates este verán para estar sans. Deste xeito aprendemos a facer plantacións para ter os nosos propios froitos. Javier Vilas, 2º curso
  • 30. A CarballeiraAsnosascousas UNHA PLANTACIÓN MOI ESPECIAL Estes días estivemos facendo unha plantación de tomates o 1º ciclo con motivo de estudiar o tema das plantas. Todos colaboramos regando, botando a terra e plantando. Cuando acabamos deixámolos uns días na clase para que se adaptasen e non morresen, despois levámolos á casa para coidalos, para ter tomates polo menos para todo o ano. Todos o pasamos moi ben. ¡Agora xa sei plantar! Sara Moledo, 2º curso . UNHA PLANTACIÓN DE TOMATES O outro día fixemos unha plantación de tomates xunto con primeiro. A nosa mestra mercou os tomates e nós as macetas e a terra. Na clase montamos o taller e fixemos a plantación; primeiro preparamos as mesas para non manchar e colocamos as ferramentas necesarias: pa, angazo, maceta e tamén a terra. Esta actividade foi planificada pola profesora para que aprendamos a facer plantacions de plantas con froitos.É magnífico facer a nosa propia horta! India Castro, 2º curso Páxina 30
  • 31. A Carballeira Páxina 31 Samaín Samain!!! Como todos os anos, celebramos o Samaín, festa de orixe celta, tallando cabazas cos compañeiros da clase. Este ano quedounos unha exposición verdadeiramente terrorífica.
  • 32. A Carballeira Páxina 32 IIMagosto O pasado venres celebramos no colexio o magosto. Pasámolo moi ben. Diversión, castañas asadas, chourizos, ledicia, xogos divertidísimos dirixidos polos nenos e nenas de 6º de primaria, bo ambiente, bo tempo, ... qué máis podemos pedir? Sen dúbida… que se repita!
  • 34. A Carballeira Páxina 34 Nadal2012 Celebramos o festival do Nadal. Panxoliñas, obras de teatro, homenaxe a Miliki, acrosport, e moitísimas actuacións máis. Estes nenos son uns verdadeiros artistas. Apáganse as luces e préndense os soños.
  • 36. A Carballeira Páxina 36 IEntroido ENTROIDO PREHISTORICO Este ano foi un entroido moi especial. Seguindo co noso PDI, decidimos facer unha festa prehistórica!
  • 38. A Carballeira Páxina 38 VisitounosaTVG!! Visitounos a TVG!!! A noso entroido prehistórico non lle faltou nadiña: pinturas rupestres polas paredes do ximnasio, todos @s nen@s vestidos de cromañóns.... O programa "A revista da tarde", da TVG, enterouse e quixo gravar a festa prehistórica do noso cole. Pasámolo moi ben!. Puidemos ver disfraces chulísimos feitos con materiais sinxelos. Parabéns ás familias polo seu esforzo e interese!!
  • 39. A Carballeira Páxina 39 DíadaPaz O mércores 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola paz e non violencia. Este ano fixemos un pequeno guiñol no que cada neno poñía a súa cara pola paz ó tempo que expresaba o seu desexo por un mundo mellor. Os máis pequenos recitaron o poema "Amigos de cores"Ademais de poñerlle cara á paz, este ano traballamos co libro "Wangari e as árbores da paz". Despois plantamos o noso xardín pola paz.
  • 40. A Carballeira Páxina 40 Asnosascousas 30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA. Os nenos e as nenas de 4º de primaria estivemos investigando sobre os di- ferentes SIMBOLOS DA PAZ que existen. Destacamos os seguintes: POMBA DA PAZ Contan que despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para que, a través dela, puidéranse coñecer en qué condicións quedara a terra despois do terrible suceso que obligou a encerrarse na arca. A pomba regresou traendo unha rama de olivo no pico, signo de que había árbores que no estaban cubertos polo mar e que polo tanto, podían deixar a arca para volver a vivir en terra firme. A pomba anunciou que o perigo xa desaparecerá. Actualmente, más alá das diferenzas de raza, cultura e relixión, o símbolo da pomba da paz é coñecido universalmente. BANDEIRA BRANCA A bandeira branca é un símbolo universal que representa a unidade na diversida- de, para acadar un mundo mellor, previndo o respeto a todas ás crenzas. Ela foi aceptada por unanimidade por todos os países de América. Está como un sinal de diálogo ou de rendición, en buques é un sinal de amizade. Cando o inimigo a ve, entende que eles deben baixar ás armas.
  • 41. A Carballeira Páxina 41 Asnosascousas PIPA DA PAZ A pipa da paz recibe ese nome porque cando había unha guerra entre dous tribus de indios. Para selar a paz os dous líderes fumaban unha pipa. De ahí ven o seu nome. CDN Consiste nun círculo con catro liñas no seu interior une a parte superior e tres a infe- rior en forma de huella de ave que tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura e movemento hippie. Foi creado en 1958 polo diseñador británi- co Gerald Halton para a campaña do desarme nuclear, aínda que despois o seu sig- nificado extendeuse ó sentido máis xeral, co que se interpreta hoxe en día. AS MIL GRULLAS DE PAPEL DE ORIGAMI As mil grullas de Origami (Sembazuru) son un conxunto de grullas unidad por cor- das. Conta unha antiga lenda xaponesa que promete que calquera que faga mil grullas de papel recibirá un desexo de parte dunha grulla, tal como unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade. As mil grullas volvéronse un símbolo de paz e a historia de Sadako Sasaki (1943- 1955) unha pequena nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermedade producida pola radiación dunha bomba atómica (leucemia).
  • 42. A Carballeira Páxina 42 Olimpiadasdorecreo Entre todas as actividades que realizamos este curso, querémosvos comentar un chisco sobre as “Olimpiadas do recreo”. Este é un programa de actividades educativas e de lecer que se desenvolveu no noso centro cos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria. Nel xúntanse o fomento da educación e cultura coa promoción do deporte e hábitos saudables. Comezamos cun gran pasapalabra sobre datos de Pontevedra; seguimos cunhas probas de orientación no patio do colexio; continuamos con actividades científicas e divertidas e para finalizar, unha dietista ensinou aos nenos a importancia dunha dieta axeitada e boas prácticas alimenticias.
  • 43. A Carballeira Páxina 43 Saboreando…. O MEL Hoxe, pola mañá, veu una moza ao cole para falarnos sobre o mel. Explicounos os tipos de abella que hai: a raíña, as obreiras e os zánganos. A raíña é a que pon os ovos, a obreira, protexe á raíña cando hai perigo e tamén é a en- cargada de producir o mel e, por último, os zánganos que son machos e se adican a dar calor á colmea. Os apicultores, para recoller o mel, fan o seguinte: coa fumador esparcen o fume por toda colmea, logo cun pinza especial collen os panais aos que lle quitan cunha espátula o pro- póleo e cun cepillo apartan ás abellas que saen pegadas ao panal. Cando as abellas fan o mel sellan a colmea con opérculo que logo o apicultor quita cun cóitelo. Por último, meten o panal nun extractor para extraer o mel. Despois de todo, cheguei á conclusión de que é mellor deixalas en paz e non matalas pois fan un papel moi importante na natureza, axudando á polinización das plantas. Adrián Quintela Piñeiro, 6º curso. Hoxe veu una moza a explicarnos o proceso do mel. Empezou a actividade explicándonos os tipos de abellas que hai e cal era a súa función na colmea, así como o lugar no que viven. Despois ensinounos una colmea, poidemos tocala e, realmente, foi estupendo. Tamén nos explicou como se recollía o mel das colmeas e unha rapaza voluntaria de 4º vestiu o traxe de apicultor. Dando xa por rematada esta actividade tan especial, regalounos un bote de mel para que quedaramos abraiados co seu estupendo sabor. Yerai Rodríguez Pintos, 6º curso.
  • 45. A Carballeira Páxina 45 Puntosdevista A peceira máxica A peceira máxica e moi bonita. Eu cando cheguei a miña casa pedinlle un xornal a miña nai. Funme a miña habitación e comecei a tentar facer peixes. Os tres primeiros peixes saíronme fatal, pero pouco a pouco comecei a collerlle o truco, e fixen un “polbo mutado” e un mini peixe. Unha semana despois, na clase, tentamos facer máis peixes, e fixemos moitos! O difícil disto e que non se pode facer os peixes con tesoiras, se non que hai que utilizar as mans. O principio parece aburrido e moi difícil, pero non, é sinxelo e moi entretido. Así que, por qué non o tentas ti tamén? A peceira máxica é unha peceira na que hai: peixes, polbos, calamares, etc… Que son creados e alimentados pola imaxinación das persoas. Na peceira máxica, non so hai animais mariños, tamén hai decoracións: algas e corais. Na peceira máxica, todos os peixes lévanse ben. Para min a peceira máxica é máxica e preciosa e merécense que todos a miren. Breixo Vaquero Canton e Iago Losada Moledo, 4º curso.
  • 46. A Carballeira Páxina 46 Puntosdevista Samain O Samain é unha festa que celebrase en Outubro. É moi divertida: a xente prepara cabazas con caras monstruosas e as adornan como queren, ademais, fanse festas nos colexios e as veces nas casas. En EEUU, os nenos van pedir lambonadas ás casas e fan festas de disfraces, como por exemplo: meigas, zombis, momias … É unha festa que procede da tradición celta dos nosos antepasados. É tamén a festa da recolleita e marca o final do ano. É a data na que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos e moi estreita e poden xuntarse. Por iso os nosos antepasados acendían fogueiras co propósito de guiar os seus defuntas. Esa tradición continua hoxe nas cabazas que vaciamos para por unha candea acesa dentro. Raquel Vázquez Rodriguez e Jesús Dios Santoro Magosto O magosto ou castañada é unha festa tradicional do norte da Península Ibérica coma Galicia, Aragón, Cataluña,Asturias,León e o norte de Portugal. Os elementos comúns son a celebración no mes de novembro ou finais de Outubro e ter ca festa da castaña ou lume o protagonismo que nos últimos séculos arrebatoulle o millo e a pataca. Tamén celebrase esta festa como agradecemento pola colleita recibida. A min gústame por que comemos castañas asadas e facemos xogos. O magosto é unha tradición galega para celebrar a chegada do outono. No colexio festexamolo con divertidos e grandes acontecementos, facemos moitas castañas asadas e chourizos, que degustamos moi contentos. Logo divertímonos facendo diversos xogos coma “tira que tira”, “á roda e o pau”, á petanca e a outros xogos novos e divertidos cada ano, aínda que as veces topémonos con certas dificultades para aprender os novos xogos. Aínda con isto non supón ningunha traba para pasarnoslo ben todos xuntos. Iker Fernadez Rodriguez e Sergio Blanco Torres, 4º curso.
  • 47. A Carballeira Páxina 47 Puntosdevista Nadal O nadal celebrase sempre o 25 de decembro, o día anterior o 24 de decembro, é noiteboa, no mes de decembro suponse que tes que poñer os adornos do nadal: o arbol, os calcetins colgados da arbore, o portal de Belén …Cando chega Papá Noel, encontramos unha sorpresa debaixo da arbore ou nos calcetíns: os regalos! Que sorpresa, verdade? É moi emocionante abrilos xa que non sabes o que é. En Bilbao, o encargado dos regalos non se chama Papá Noel, chamase “Olentzero” Cristina Saenz Acuña, 4º curso. Entroido O entroido é unha festa que gústame moito por que no colexio disfrazamonos, comemos, xogamos e bailamos.Este ano, ao fío do noso proxecto sobre a prehistoria, disfrazamonos de “cromañones”. Veu a televisión galega e gravounos! Comemos filloas, orellas, e un bizcoito que fixo Raquel que gustoume moito. Despois desfilamos e bailamos a canción do cromañón, e Raquel mais eu a cantamos no micrófono da television galega. Para rematar bailamos o “Cromañón Style”. Foi o mellor entroido da miña vida. Hugo Soliño García, 4º curso.
  • 48. A Carballeira Páxina 48 Puntosdevista O conto de Simón Unha vez había un home que chamábase Simón, tiña unha boa vida: unha muller que o amaba, e dous fillos que o querían. Ademais tiña un cabalo que era a envexa de todo o pobo, e que facíalle gañar diñeiro suficiente para vivir axeitadamente. Un día a súa esposa caeu gravemente enferma e el non saía que facer, así que foi rezar a igrexa. Alí díxolle a Virxe María que si curaba a súa muller, vendería o seu cabalo, e o que gañara doaríao a parroquia. Un bo día a súa muller comenzou a mellorar e Simón acordouse do pacto coa virxe e para poder cumprir con ela, tramou unha idea: O día seguinte colleu unha galiña e o cabalo, e foi a feira, todos asombráronse, un home ofreceulle unha gran cantidade polo cabalo, pero Simón non o aceptou, e díxolle que quería tres mil euros por unha galiña, e trinta polo cabalo, pero que tiñan que ser vendidos xuntos. O día seguinte, Simón donou os trinta euros da venda do cabalo e cos tres mil da galiña, puido saír adiante.Esta historia encantoume sobre todo por a moralexa que parece ter: ser pícaro sen ser malo. O conto foi algo triste, pero ó final non, xa que todo axeitouse e Simón puido dar de comer a súa familia e seguir traballando xa que a Virxe o axudou. Sempre hai que saber o que fas para non ter problemas e preocupacións, xa que Simón parece algo tonto por dar unha galiña e ter que vender o seu cabalo. Fabiana Cahua Guía e Carmen María Abad Acuña, 4º curso. Enerxías alternativas O venres pasado ven un home a o noso colexio e explicounos que hai outros modos de enerxía. Ensinounos a enerxía solar, hidráulica, e a do vento. Para o do vento, trouxo coma un muíño eólico. Para o da auga, tróuxonos unha caixa con unha especie de aspas en forma de culler, e para a enerxía solar, tróuxonos un panel fotovoltaico e un panel solar. Ese día fixo pouco sol, e nos ensinou o panel fotovoltaico. Tamén nos mostrou unha cociña solar, que sería moi útil en países do terceiro mundo. Rubén Salgueiro Fernández, 4º curso.
  • 50. A Carballeira Páxina 50 Asnosascousas O LEOPARDO Nesta exposición, falaremos acerca dun felino coñecido como leopardo. Os leopardos son animais mamíferos que miden un metro e medio de longo. Son delga- dos, pero moi fortes e teñen moita axilidade para trepar ás árbores. Esta especie é carnívora, e dicir, aliméntanse de outros animais. Para poder cazar sen nin- gunha dificultade ás súas presas, os leopardos entrenanse dando rabuñazos ás árbores e sendo moi sixilosos á hora de abalanzarse sobre as súas vítimas. As femias solen ter seis crías, aínda que o habitual son tres. Elas as coidan e protexen ata que chegan a ter dous anos e poden sobrevivir soas. Os leopardos poden ser unha das moitas mascotas do ser humano si se lles criou ao seu lado desde pequenos. Habitualmente, o home suele matar aos leopardos para que non devoren os seus gandos ou vender a súa pel. Esta especie necesita ser defendida para que cada día poida aumentar o número de leo- pardos sobre a terra e coidar de todo tipo de fauna. Paloma Blanco Valencia, 5º curso. O CERVO Hoxe vou falar dos cervos: como son, que fan, onde viven e que clases hai. Os cervos son animais salvaxes, mamíferos e herbívoros. Os machos diferéncianse das femias porque teñen unha grande cornamenta ou astas. Poden chegar a medir un metro e medio de alto e nadan moi ben. Viven en zonas onde a herba é moi espesa que é o lugar perfecto para agocharse. A femia ten un cervato cada año. A pesares de ser herbívora, come os restos do nacemen- to da cría para que os seus depredadores non a atopen. Mentras son pequenos non se separan da nai e aliméntanse do seu leite. As crías meno- res dun ano chámanse gabatos e a medida que se lles van desenrolando as astas, as utili- zan contra os seus compañeiros para aprender a se defender. Hai máis de corenta especies de cervos. Entre elas podemos destacar: o cervo común, a sika, o cervo de cola branca, o gamo arispudú que é o máis pequeno de todos e pode che- gar a medir vintecinco centímetros…. Álvaro Vidal, 6º curso.
  • 54. A Carballeira Páxina 54 Certameliterario III Certame Literario O III Certame Literario este ano levaba o nome do noso PDI “As Pegadas do Pasado”. Poesías e contos que xiraron entorno á temática da prehistoria. Foi un proceso selectivo moi difícil xa que houbo moitos merecedores do premio. Estos foron os traballos gañadores EN TEMPOS DA PREHISTORIA Soñei que nacera en tempos moi, moi lexanos que vivía nunha cova fai un millón de anos. Montaba nun mamut e era un mono o meu aliado, nunha cova vivía fai un millón de anos Coa miña lanza cazando e pescando no medio dos rebaños, nunha cova vivía fai un millón de años. Era un ser eremita e cada día soñaba e seguía soñando, que vivía nunha cova fai un millón de anos. Laura Amai, 6º curso
  • 55. A Carballeira Páxina 55 Certameliterario O PEQUENO NEANDERTHAL Érase unha vez un pequeno neanderthal chamado Pepe ao que non lle gusta- ba a caza pero o seu pai, “Ollo Cego” insistía en que tiña que cazar. Pepe!- dicía- non o poderás evitar. Debes cazar para cando eu non esté, poidas alimentar á nosa familia. Pepe, desanimado, marchaba para a cova onde imaxinaba: estar sempre quente, protexer os seus pés, ter comida sen cazar ou recolleitala de sitios arrisca- dos. Todo o mundo pensaba que Pepe era un inútil e que coller a pel dos animais para vestirse e calzarse non servía de nada. Un día, Pepe, canso dos insultos, foi a ver ao feiticeiro “Alma de Ferro” e pre- guntoulle: Que podo facer coas miñas ideas?. Quen as pode aceptar? E a min?. Dentro de catro días aparecerá xente distinta á que lle gustarán as túas ideas.- dixo o feiticeiro. Pepe pasou, inquedo e sen comer, os catro días seguintes. E, por fin, veu, aló polo horizonte, ao grupo de xente do que lle falara “Alma de Ferro”. Ansioso e intrigado, correu cara a eles e puido comprobar, con gran asombro, que as súas ideas xa eran realidade para eles: vestían peles de animais, os seus pés estaban protexidos e nunha cestiña levaban froitas e verduras. Por fin, a súa tribu deixaría de velo coma un tolo vago e deixarían de presiona- lo para que cazase. Celia Losada Moledo, 6º
  • 56. A Carballeira Páxina 56 Certameliterario O NENO E O LABERINTO A porta do castro abriuse, e dela saíu un neno chamado Owen. Era o fillo do xefe do poboado castrexo “La Subidá”. Este poboado estaba enriba dunha montaña de Galicia, e dende alí podíase ver o val que daba a praia, onde o seu pobo collía lapas e mexilóns además de peixes. Owen tiña doce anos e como fillo do xefe iniciara o seu adestramento para su- cedelo cando fora preciso. Owen saudou a súan nai, que estaba diante do castro preparando as tortas de pan que se facían coa fariña de landras e que xunto ao leite das ovellas e cabras sería o almorzó da familia para comenzar o día. Na súa familia había catro fillos, Owen era o primoxénito por iso tiña que asu- mir o liderato cando fora a súa hora, pero no fondo o que máis dexesaba era ser gravador de pedras. Colleu a súa cesta e correu cara a praia que daba o oeste, onde o druida e o seu aprendiz tallaban pedras ata que se metía o sol. Xa había unha rematada que tiña o nome de “Pedra dos Mouros”. Èsta xa fora tallada polos seus antepasados. Sigilo, o druida, nomeara a pedra que estaba traballando como “A Pedra dos Campi- ños”, pero había outra rocha na que aínda ninguén grabara nada. Alí era onde Owen tiña pensado tallar os seus debuxos. Owen xa sabía como chamarlle a esa pedra “A Pedra do Laberinto”. Nela grabaría uns signos que perdurarían moitísimos anos, tantos que nunca podería imaxinar. Nela quedarían as pegadas do pasado. Kélvar Castro. 6º Curso
  • 57. A Carballeira Páxina 57 Certameliterario BUBÚ O AVENTUREIRO En tempos da pedra, en momentos que non estabas ti, nunha caverna vivía, un me- niño chamado Bubú. Bubú era un cromañón pequeño e forte que cando se aburría facía unha das súas escapadas en busca de aventura, así que decidido foi escalar unha monta- ña onde ó chegar arriba atopouse cunha serpe das malas, malísimas e gordas, gordísimas. Naquel intre tiroulle unha pedra con tan boa puntería que a rematou instantáneamente. Bu- bú non podía crer a súa sorte e decidiu ir a celebralo na caverna dos seus pais. Como a viaxe de regreso era moi longa e perigosa, Bubú tiña medo, pero armouse de valor e mar- chou coa serpe nunha bolsiña de pel de cebra que lle regalaron os seus país xunto cunha lanza moi ben afiada, e menos mal, porque de súpeto encontrouse un mamut ferido ó que non se atreveu a matar porque viu o seu propio reflexo nos seus ollos e deulle pena. Deci- diu cúralo e levouno consigo, ademáis, serviulle para moito. Logo seguiu a viaxe montado no mamut que estaba en débeda con él por salvarle a vida. De repente un sable apareceulles diante, queríaos comer!. Bubú baixou do mamut e tirou del para que fora máis rápido ya que a súa ferida non curara de todo. Os dous compa- ñeiros lograron despistar ao sable e cando ó fin chegaron á caverna dos seus país, viron que estaban rodeadas de hienas famentas que encanto cheiraron a bolsiña de Bubú ti- ránronse a por ela. Bubú lanzoulles a serpe venenosa que cría xa morta e que en realidade estaba inconsciente. Encanto se viu libre e atacada polas hienas, mordeunas e acabou con elas. E así é como remata esta aventura: Bubú sen serpe; os país cunhas boas pezas para asar; comen o asado; a Bubú regálanlle outra bosiña de pel cunha caracola dentro: e coas cinzas da leña decoraron as paredes da súa caverna coa incrible aventura do seu pe- queno gran Bubú. Aaah!, por certo, agora xa non eran tres, senón que tiña unha nova mascota: Berni o mamut. Cristina Sanz Acuña, 4º curso.
  • 58. A Carballeira Páxina 58 Certameliterario O DEUS DA CHUVIA Na prehistoria existían persoas que viran dos monos e tras moitísi- mos anos evolucionaron e se convertiron en homes e mulleres. No neolítico cando xa sabían cultivar legumes e froitas e recollelas deixou de chover e todos se preguntaban: por qué deixou de chover? Durante un par de meses houbo sequía e non podían medrar as plantas polo que tiveron que cazar moitos animais. Un día, sen chuvia, unha rapaza chamada Sara indo a súa casa se atopou moitas flores e seguindo as flores atopouse unha cova onde vi- vía un home vello que lle dixo. -Qué fas aquí rapaza? –dixo o home. Eu atopei un camiño cheo de flores e seguíndoo encontrei esta co- va. E ti, qué fas aquí? –dixo a nena. -Son Arón, vivo nesta cova desde fai moitos anos. –Proseguiu el. -Estiveches algunha vez na miña tribu? -Tribu, qué tribu? -A miña. Queres vela? Os dous, Aron e Sara se foron a tribu onde coñeceu a moita xente e se setiu moi feliz. Despois da visita á tribu da pequna Sara, Aron non volveu a apare- cer. Pero no mesmo día, de pronto, na tribu comenzou a chover, e nese preciso instante Sara comprendeu que Aron era o deus de Chuvia e que pasara tanto tempo só que alegrouse o ver toda a xente da tribu de Sa- ra. Fabiana Cahua Guía. 4º curso
  • 59. A Carballeira Páxina 59 Certameliterario CINCO AMIGOS ÚNICOS Hai moito tempo houbo un mamut chamado Cornos. Tiña cinco amigos: Blas, Dani, Carlos, David e Álvaro. Un día Álvaro preguntou: -A qué xogamos? Cornos respondeulle: -A o mamut máis rápido. Pero Cornos esqueceuse de que Carlos e David non eran mamuts, senón que David era un dente de sable e Carlos un perezoso. Carlos dixo. -Xoguemos ás carreiras. Todos respondéronlle_ -Ben, ben, xenial!!!! Facendo a carreira atoparon unha cova, onde estaban pintadas figuras iguais ca eles! A o escapar, uns cavernícolas atraparon a Cornos. Carlos dixo: -Qué facemos? David respondeulle: -Rescatalo! Todos dixeron: -Imos alá!
  • 60. A Carballeira Páxina 60 Certameliterario Foron a cova, pero non estaba! Os cavernícolas fóranse á montaña para comer a Cornos. Cando ían comer a Cornos, Carlos, Dani, David, Blas e Álvaro interrompíro- nos. Álvaro soltou a Cornos, cona axuda dun neno cavernícola e díxolle: -Grazas. O clan do neno cavernícola castigouno. Cornos invitounos a cear herbas, carne e demáis. Todos dixeron: -Ben, ben! Álvaro dixo: -A cear, a cear, que ben, que ben, que ben, xenial, xenial, xenial, fabuloso, que fame teño, ben, ben, xenial, que fame!! Carlos dixo: -Tranquilo, tranquilo, quieto e quieto, espera un pouquiño que igual te quimas, así que podes tranquilizarte. Todos comeron ben menos Álvaro que vomitou tres veces seguidas, non esperou e quimouse un pouco a trompa. E todos dixéronlle que iso pasoulle por non esperar un pouco e ser un mamut un pouquiño parvo. Quedaron durmindo toda a noite tranquilos menos Álvaro que berraba ai, ai, ai, que dolor!. Por favor, por favor, que pare xa!. Por favor, por favor, por favor! Dende ese día, Álvaro fíxolle máis caso a Cornos. Víctor Piñón 3º curso.
  • 61. A Carballeira Páxina 61 Certameliterario A prehistoria É unha historia Moi grandiosa E fabulosa. Inventaron as lanzas Para non comer só prantas, Animais deben cazar Para se alimentar. Os prehistóricos Non tiñan periódicos Con debuxos nas paredes Comunicábanse entre eles. Evolucionaron de facer zume E inventaron o lume E coas súas invencións Atoparon coas solucións. Lara Rodríguez Peón, 2º curso.
  • 62. A Carballeira Páxina 62 Certameliterario LAIA E A SÚA FAMILIA Había unha vez un pobo chamado “A Cova dos petroglifos”. En ela vivía moita xente e os xefes tiñan tres fillos: unha era Iza, que era a máis nova e apenas tiña dous anos de idades, logo ía Track que tiña dez anos, e a máis vella era Laia, que tiña doce anos. Laia tiña unha gran afición a trepar pola colina que tiñan preto da cova onde vivían. Tiñan a cova chea de petroglifos. Trak tiña unha gran afición a durmir. Iza non facía gran cousa, era un bebé. Tamén á esquerda da cova había unha Praia chea de lapas, peixes, etc… que recollía a xente do poboado, pero Laia nunca quería ir coa súa familia. A ela gustáballe quedarse co seu pequeño mo- niño que se chamaba Puk e o quería moitísimo, pero os seus país desexarían que fora con eles, pero ela rosmaba, e o seu pai que era moi protector, non quería que lle pasara nada a Laia. Esta é a historia de Laia e a súa familia. India Castro, 2º curso.
  • 63. A Carballeira Páxina 63 Certameliterario O SUSTO DOS CAVERNÍCOLAS Érase unha vez dous cavernícolas que camiñaban polo monte unha tarde de treboada con moitos lóstregos e tronos. De súpeto unha luz caeu nunha árbore seca, era un lóstrego, que fixo que a árbore empeza- ra a arder. Os cavernícolas, que se chaman Nes e Mape levaron un susto moi grande ao ver o lume. Nunca viran nada como iso. Nunca viran o lume. Como non sabían o que era, tocáronno e quimáronse as mans. Entón empezaron a gritar e saltar coma tolos. ¿Sabedes o qué fixeron? Foron ao río e metéronse na auga. E colorín colorado este contiño rematou. Inés Jerez López, 1º curso.
  • 64. A Carballeira Páxina 64 Rumores Corren rumores... Corren rumores de que de que un rapaz de 5º toca moito a frauta. Corren rumores de que o conductor queda a durmir mentres non saímos do cole. Corren rumores de que alguén non se entera das normas da Biblioteca. Corren rumores de que algúns alumnos son tan vagos que baixan ao Ximna- sio polas escaleiras equivocadas. Corren rumores de que algúns alumnos “comen” os libros. Corren rumores de que unha nena de 4º ten un estilo “electrizante”. Corren rumores de que no cole hai pantasmas que rouban os balóns. Corren rumores de que o baloncesto e o fútbol no cole van ir á guerra polo campo. Corren rumores de que na clase de 3º son moi agarimos@s. Corren rumores de que no cole van facer outro campo para que o poidan usar as nenas. Corren rumores de que @s nen@s da Carballeira son demasiado parlanchíns. Corren rumores de que alguén de 3º lastímase moito no fútbol. Corren rumores de que na illa “del Hierro” pódese xerar un mega-tsunami. Corren rumores de que algunha de Infantil é moi agarimosa fóra do cole. Corren rumores de que alguén de 2º é moi “besucón”. Corren rumores de que o noso colexio dominará ao mundo. Corren rumores de que Mouriño vaise do Madrid. Corren rumores de que a escritora Fina Casalderrey é moi simpática e tod@s querémola moito.
  • 65. A Carballeira Páxina 65 @sex-alumn@s Ola a tod@s!!! Son Cristina Loureiro, lembrarédevos de min, non??? Fun compañeira vosa durante seis anos ata que marchei para o Torrente. Ao comezo fomos cun chisco de medo, porque se nos facía un pouco raro marchar para Pontevedra, pero agora xa estamos afeitos e vainos moi ben a todos. Botamos moito de menos o noso colexio de primaria. Eu, por exemplo, que vivo aquí ao lado, oio o timbre das clases, vexo aos pais buscar aos rapaces, os nenos no recreo, os coches dos profes aparcados, elémbrome moito de todo o vivido na Carballeira. O año pasado nós eramos os maiores, comparados cos de Infantil, pero agora somos nós os pequenos da ESO, aínda que non tan cativos, que algúns xa andan a ver quen "lle mola" para saír xuntos. Aquí fixemos moitos máis amigos, xa que en Primaria eramos pouquiños nenos. Os que vaiades para Secundaria non vos preocupedes, todos os cambios serán para mellor. Iso sí, hai que ter moito sentidiño, xa que non andan os "papis" detrás de nós. Procurade estudiar moito e ser responsables co voso traballo, que os profes do "insti" xa nos tratan como adultos e dannos moita "caña", incluso chaman a casa si non van os deberes feitos; que medo!! Igual que en Primaria tamén podemos ir a actividades extraescolares: teatro, música, inglés, risoterapia... Tamén temos charlas informativas sobre o maltrato á muller, os perigos de Internet, e incluso fomos ao Salón do Libro, pero iso sí, camiñando por Pontevedra "a toda máquina" que hai moitos recortes en educación. Alí vimos o voso traballo feito de madeira, que nos gustou moito, e lembrámonos de vós con moito agarimo. No Torrente están moi orgullosos da biblioteca, que leva o nombre dunha mestra, Mª Victoria Moreno, e hai que visitala moi a miúdo xa que nos mandan ler moitos libros durante todo o curso, tantos que case non temos tempo para chatear no Tuenti ou no WhatsApp. Máis ou menos, isto é o que vos podo contar. Que vos vaia moi ben a todos. O cole da Carballeira quedará xa para sempre nas nosas biografías e no noso recordo. Bicos para tod@s!! Cristina Loureiro
  • 66. A Carballeira Páxina 66 Cartadunhanai Ola! Son Divina, a nai de Adrián e Gabriel Quintela, e vouvos contar algunhas cousas da miña infancia. Dende que comecei en Infantil fun sempre unha nena moi inqueda, aprendín axiña a ler e a escribir e tiven a mesma profesora durante os tres cursos. O último ano, a "profe" buscou un método moi efectivo para terme queda: unha xeringa de cristal grande e con agulla. Sempre ma amosaba e diciame que me había pinchar con ela...Eu tíñalle un medo terrible!! Un día de final de curso (faltaba un mes para que rematase) collín a xeringa, ti- reina ao chan e rompina. A mestra non me vira facelo pero soubo rápidamente que fora eu. Ese día a "profe" levoume da man onde miña nai, contoullo e pediulle que mercara unha xeringa nova. Así foi como rematou a miña ledicia, pois tiña que volver portarme ben. Pasei logo a outro colexio, preto da casa. Era de monxas, moi grande e non era mix- to. Tiña un internado para as nenas que viñan de lonxe. Alí comecei unha etapa nova, pero seguía coas miñas inquedanzas. Eramos vintecinco ou trinta alumnas en clase e tiñamos pupitres de madeira. A miña aula tiña uns ventanais enormes, con moita luz, pero estaban reforzados con barrotes de ferro. Xa dixen que sempre fun unha nena moi leda, faladora e inqueda. A "profe" po- ñíanos a traballar, eu era das primiras en rematar, erguíame do meu sitio e ía molestar ás miñas compañeiras. Aquí a "profe" non tiña xeringa, pero sí novos métodos: atábame co xersei á cadeira, atábame os cordons dos zapatos un co outro para que caese ao chan si me erguía...Sempre estaba castigada!!! O seu último método era deixarme soa na aula, coa porta pechada con chave durante o recreo. Un día todo comezou a tremer. Eu estaba alí, pechada, sin poder saír. Todas berra- ban e saíran para fóra do colexio. Miña nai foi ao "cole" para nos recoller á miña irmá e máis a mín, pero só lle entregaron a miña irmá.... de min ninguén sabía onde estaba. Na- quel intre, a "profe" non se lembraba de que me tiña castigada. Miña nai quixo entrar e non a deixaron, pois fixéranse unhas fendas no patio, preto de onde eu estaba pechada...Ao final rescatáronme e nunca máis utilizaron o método de deixarme castigada. Despois dese momento eu empecei a comportarme mellor pero recoñezo que pasei moito medo. Máis que co pinchazo daquela xeringa de cristal!!! E aquí estou agora, contando unha das tantas trastadas que miña nai tivo que sopor- tar. Bicos e unha aperta grande para tod@s Divina Piñeiro.