1. PACO É ENFERMEIRO... CIDADES, FRAN ALONSO.
Paco é enfermeiro,
Ofrécelle unha inxección de ánimo
E de vida a cada doente
E vive na mesma cidade ca min
(…)
Alberto é empresario,
Crea empresas de amizade
Para as persoas que están sóas
E buscan amigos.
Alberto Domínguez, 2º ESO D
2. Xoán é empresario
Fabrica nubes de algodón
Que adormecen aos nenos
E elevan os soños da xente.
Xoán Corredoira. 2º ESO D
Manuel é informático,
Repara os amores da xente
E programa os amores dos namorados
E vive na mesma cidade ca min.
Manuel Besada, 2º ESO D
3. Xiana é avogada,
Defende a liberdade dos paxaros
Que voan apampados nas rúas
E vive na mesma cidade ca min
(…)
Alex é policía,
Defende a liberdade das persoas
Para que estean máis seguras e que falen máis seguras.
Alejandro Albar, 2º ESO D
Yolanda é forense
Axuda a resolver crimes
E alegra ás familias
E quítalles a tristeza.
Yolanda Iglesias, 2º ESO D
4. Jorge é apicultor,
Traballa coas abellas
E dálle mel a moita xente
E vive das abellas que fan o mel.
Jorge Meijueiro, 2º ESO D
José é futbolista,
Ofrécelle ánimo aos espectadores
Marca moitos goles
E vive na mesma cidade ca min.
José M. Graña, 2º ESO D
5. Anxo é profesor,
Ensínalles aos nenos e nenas na escola
A debuxar soños de futuro
E vive na mesma cidade ca min.
(…)
Carme é profesora
Regala aos nenos ilusións e
Soños de futuro
E vive na mesma cidade ca min.
Carme Besada, 2º ESO D.
Clara é profesora
Ensina a futuros paxaros a
A voar ben
Na escola.
Blanca Besada, 2º ESO D
6. Clara é enxeñeira,
Sabe construír pontes e viadutos para
Facer máis pequenas as distancias
E vive na mesma cidade ca min.
(…)
Alba é profesora,
Ensina á xente
A querer e a soñar
E vive na mesma cidade ca min.
Alba Esperón.2º ESO D
7. Pero eu non os coñezo...
Jessica é perruqueira
para curtarlle o pelo á xente,
sabe curtar o pelo de mil maneiras diferentes
E vive na mesma cidade ca min.
Jessica Veiga, 2º ESO D
Águeda é dentista
para ver lindos sorrisos
Como lle gusta a calquera dentista
e vive na mesma cidade ca min.
Águeda Silva, 2º ESO D