Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Busca avanzada de imaxes
1. PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 6
Busca Avanzada de Imaxes
• Busca de Imaxes. Filtros.
• Busca Avanzada de Imaxes.
2. Nota inicial.
Lamentablemente, a interface en galego da
páxina de busca de imaxes de Google non parece
dispoñer de todas as opcións funcionando de
forma correcta.
Aconséllase polo tanto
seleccionar, se non o está, a
interface en castelán. Para
elo, na páxina inicial de
Google seleccionamos a
opción “español” debaixo da
caixa de busca, e só despois
imos a páxina de busca de
imaxes.
PFAC IES O Couto
2
3. Busca de imaxes.
Dende a páxina principal de
Google lanzamos a busca de
imaxes facendo clic na barra
superior en “Imaxes”.
Escribimos as palabras clave e
lanzamos a busca como
facemos habitualmente.
A páxina de resultados
amosa:
Miniaturas das imaxes
propostas.
Unha columna a esquerda que
permite establecer filtros e
que en ocasións permite pres-
cindir dunha busca avanzada.
PFAC IES O Couto
3
4. Ó poñer o punteiro do rato sobre
unha miniatura (sen facer clic), esta
amplíase e informa da páxina de
procedencia e do tamaño da imaxe.
Se unha vez ampliada a miniatura
facemos clic dereito sobre ela ábrese
o menú contextual, e podemos facer
clic en “Gardar a imaxe como...” para
almacenar a imaxe no noso equipo.
PFAC IES O Couto
4
5. Se facemos clic nunha miniatura
ábrese unha nova páxina coa
vista da imaxe no centro e de
fondo a páxina orixinal (para
vela, pechamos a vista previa).
Só coa interface en castelán: Ó
pousar o punteiro do rato sobre
unha miniatura ofrécesenos a
maiores as seguintes posibilidades:
Buscar imaxes similares.
Buscar a mesma imaxe en
tamaños diferentes.
PFAC IES O Couto
5
6. Filtros.
A columna esquerda contén varios bloques
que permiten filtrar as imaxes que
aparecen nos resultados.
1 Primeiro bloque: filtra os resultados polo
tipo de ficheiro.
Segundo bloque: permite agrupar os
2 resultados por temas.
3 Terceiro bloque: filtra os resultados por
tamaños. Moi importante para incluír
imaxes en documentos e non facelos moi
pesados.
PFAC IES O Couto
6
7. Cuarto bloque: escollemos imaxes
4 en cor, branco e negro ou cunha
cor predominante.
5
Quinto bloque: filtro para fotos,
imaxes predeseñadas, lineais...
6
Sexto bloque: amosa o tamaño
das imaxes nas súas miniaturas.
7 Moi cómodo para seleccionalas
por este criterio.
Sétimo bloque: permite filtrar por
data de actualización.
PFAC IES O Couto
7
8. Busca avanzada de imaxes.
Accédese mediante a icona do
engrenaxe, arriba a dereita na
páxina de resultados.
Aparecen unha serie de opcións
que permiten afinar os
resultados da busca:
O primeiro bloque “Buscar
imaxes con...” e idéntico o da
busca avanzada de contidos
xerais, xa visto na presentación
anterior.
PFAC IES O Couto
8
9. As seguintes opcións
permiten filtrar resultados
por: 1
1. Tamaños da imaxe (moitos 2
tamaños dispoñibles). 3
2. Proporcións: alta, ancha... 4
3. Cor, branco e negro... 5
4. Tipos: fotos, debuxos... 6
5. Rexión de procedencia das
imaxes.
6. Sitio web (Ex: www.flickr.com)
PFAC IES O Couto
9
10. Máis opcións:
1. SafeSearch: evita resultados 7
con contido sexual. 8
Importante en buscas ante o 9
alumnado.
2. Tipos de imaxe: JPG, GIF...
3. Dereitos de uso: moi
importante para dispoñer de
imaxes que poidamos usar
libremente nos nosos
traballos.
PFAC IES O Couto
10
11. Fin.
GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN
Publicado baixo licenza por:
Blogue Abalar
PFAC IES O Couto
11