SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  31
Télécharger pour lire hors ligne
I AL
    E SPEC 6-2007
      RIO 200
A NUA




     I.E.S.
   RAMÓN Mª
  ALLER ULLOA
OBRADOIROS                                                 UNHA NOVA
    OBRADOIROS OBRADOIROS
      Obradoiros obradoiros obradoiros
                                                              PIRÁMIDE
                                                     Aquí está de novo A Pirámide, pero
            CAMPAÑA DE PREVENCIÓN
                                                     este curso fixémoslle un cambio de”
               “TE PUEDE PASAR”                      look”. Xa non é a clásica revista,
                                                     senón un anuario onde se recollen
Dende as Consellerías de Traballo e                  prácticamente tódalas actividades
Educación faise chegar aos centros es-               destes tres trimestres. Houbo moita
colares un obradoiro de prevención de
riscos laborais. No aparcamento do noso
                                                     variedade (concursos, viaxes, obra-
centro colocaron un autobús e o 28 de                doiros, etc); ademais, incluímos as
novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º da                fotos de tódolos cursos, por aquilo
ESO subiuse nel para realizar a activida-            de que teñades un recordo, e tamén
de. A súa consigna é “Moito ollo”.                   as fotos de moitas das actividades
                                                     realizadas.
                                    LESIÓNS          Queremos dar grazas a todas as
                                   MEDULARES         persoas que colaboraron neste pe-
                                                     queno proxecto, e, se non están to-
                                 Tamén tivemos       dos os que son, pedimos desculpas.
                                 no instituto un
                                 obradoiro sobre     Esperamos que vos guste o que
                                 prevención de
                                                     aquí se fixo!!!
                                 lesións medula-
                                 res.
                                                           

                                                   Promovido polo con-
                                                   cello de Lalín, o 20
                                                   de decembro os de
                                                   1º e 2º da ESO reali-
                                                   zaron un obradoiro,
 O alumnado de 3º da                               “Come comida “, so-
 ESO fixo un obradoiro                             bre a alimentación.
 sobre “Sexualidade”.
Conferencia de GONZALO NAVAZA
Gonzalo Navaza estivo no auditorio de Lalín comunicando cos de 4º ESO, 1º e 2º de ba-
charelato sobre toponimia, e logo revisou a exposición fotográfica que, baseándose no
seu conto “O home do saco”, mostrou as diferencias urbanísticas entre o Lalín de cando
era novo e o Lalín de hoxe en día.




                                    Conferencia de
                                  ROMÁN RODRÍGUEZ
 Profesor de Xeografía e Historia na Universi-
 dade de Santiago e concelleiro de urbanis-
 mo no Concello de Lalín, se reuniu cos rapa-
 ces e rapazas de 3º da ESO para explicarlles
 os cambios urbanísticos producidos no con-
 cello nos últimos sesenta anos. A propó-
 sito da súa visita, durante o trimestre estive-
 ron expostos nos corredores do IES paneis
 cos planos de Lalín dende o ano 1935.
EXPOSICIÓN : OPERACIÓN MONARCA
                                  O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación
                                  Ambiental de Galicia ( CEIDA ) ofrece aos centros
                                  escolares a posibilidade de coñecer todo o rela-
                                  cionado coa bolboreta Monarca, que voa miles de
                                  quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e
                                  nos visita cada ano.
                                  O profesor Luís Pérez e a profesora Berta Calvín
                                  fixeron posible que a exposición Operación Mo-
                                  narca tamén chegara ao noso centro.




CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA DROGADICCIÓN

          Esta campaña vén promovida dende Proxecto                     Home e
          ao noso centro acudiron dúas persoas para informar aos titores de 1º
          da ESO. Ofrecéronlles a posibilidade de levar adiante esta actividade
          nas horas de titoría e, aínda que é algo voluntario, hai que dicir que
          practicamente a acolleron todos os titores.

O programa consta de nove sesións nas que se abordaron distintos temas como
a autoestima, os tipos de drogas, etc. Trátase de aproximar aos rapaces e rapa-
zas ao mundo das drogas e que vexan os seus perigos.

Neste programa tamén están involucrados os pais, xa que teñen que traballar
xunto cos seus fillos no desenvolvemento dun material complementario ao da
aula. Ao final do programa, o persoal de Proxecto Home volverá ao centro para
reunirse con tódolos implicados nesta campaña.
CAMPAÑA PARA O FOMENTO DA
                     RECOLLIDA SELECTIVA DO LIXO
                                               O Concello de Lalín e Sogama, en
                                               colaboración cos centros educati-
                                               vos, organizan esta campaña.

                                              No noso centro foi Berta Calvín a
                                              que se preocupou de que isto se
                                              levara a cabo. O alumnado de
                                              Ciencias Medioambientais de 3º e
                                              4º da ESO elaboraron carteis expli-
                                              cativos da recollida do lixo que co-
                                              locaron polos corredores do insti-
                                              tuto. Esta actividade complétase
                                              polas aulas, ás que acoden para
informar aos seus compañeiros como hai que seleccionar o lixo.

De momento, trátase de facer chegar a información e logo haberá que poñela en
práctica.
ACTIVIDADES
                                            PRO EXCURSIÓN DE 4º DA ESO
                                    Varias rapazas de 4º B, coa axuda inestimable dou-
                                    tros compañeiros de 4º D e E, prepararon o magosto.
                                    Instalaron no patio un pequeno bar no que venderon
                                    refrescos, filloas e bocadillos; as castañas eran de
                                    agasallo e , por certo, ¡estaban ben boas!




Organizaron tamén xogos populares (hai que ver
como tiraban da corda os profes) e un torneo de fút-
bol masculino e feminino.

A recadación seica non estivo mal, segundo conta-
ron as interesadas.

   -As alumnas de 4º ESO prepararon un desfile de moda o 17 de novembro. Convi-
   daron a compañeiros seus doutros cursos e mesmo a nenos pequenos a partici-
   par como modelos con roupas cedidas de forma altruísta polos comercios de La-
   lín.
   O desfile foi divertido, acudiu moito público e aseguraron uns bos cartiños para
   a viaxe.

   -Dedicáronse tamén á venda de doces polas casas varios domingos; tamén fixe-
   ron rifas co sorteo dun xamón, unha cámara de fotos e unha viaxe ao Caribe e a
   Tenerife.

   -Tamén, varios rapaces de 4ºorganizaron, en colaboración coa biblioteca, un ci-
   neforum, cobrando a entrada a 50 céntimos para todo o alumnado da ESO
   que quixo ver Harry Potter e o cáliz de fogo.



                                       2ºA ESO
O departamento de Matemáticas convocou un concurso para poñerlle nome a outro concurso, tamén de matemáti-
                     cas (¡vaia enredo!) e estes foron os tres títulos máis puntuados:
                      -“Problemas problemáticos” de Álvaro López Valiñas , 3º A, que foi o gañador.
                      -“A biblioteca, o escondite do sabor matemático” de Sonia Castro Castro, 2ºESO B.
                      -“Lendo as matemáticas” de Vanesa Gallego Fernández, 2º ESO A.




                                           CONCURSOS


                                                                          Postais
                                                                            De
                                                                           nadal



                                                    As profesoras do departamento de Plásti-
                                                    ca tiveron a idea de organizar un concur-
                                                    so de postais para o alumnado da ESO.
                                                    Podíase concursar en dúas categorías, 1º e
                                                    2º, e 3º e 4º da ESO. O 1º premio tiña un
                                                    valor de 40 euros e o 2º, de 20 euros cam-
                                                    biables por libros,música ou DVD.
1º-2º. De arriba abaixo e de esquer-
da a dereita: Roberto Reijas, Daniel
Villanueva, Roxanna Roza, Ramón Gil
e Tania Martínez.




                 A
             PIRÁMIDE




                                                 3º-4º. De arriba abaixo e de esquerda a dereita: Nerea Fernández,
                                                 Laura García, Antía Cacheda, Laura López e Belén López.
VIAXE EDUCATIVA




Os profesores Felicidad Fraga, Maite Piñeiro e
Jorge Cepeda organizaron unha viaxe á Coruña
para que os de 2º de Bacharelato de Historia da
arte e Debuxo, e os de 4º B e E da ESO viran
unha exposición organizada pola Fundación
Caixa Galicia e Barrié de la Maza.




   2ºC ESO
VARIEDADES
CONCERTO DE NADAL
A nosa vicedirectora, Mª Jesús Gracia, tivo unha idea
estupenda. Como neste centro temos a sorte de contar
con moitos alumnos e alumnas que estudan no conser-
vatorio e tocan instrumentos varios, Mª Jesús falou con
Severiano, o profesor de música, sobre a posibilidade
de formar unha banda de música. ¡Dito e feito! Severia-
no Casalderrey recolleu a idea e xunto con Daniel Igle-
sias, de 4º E, puxéronse co proxecto. Foron polas cla-
ses buscando instrumentistas e a maioría respondeu á
chamada. Así que, comezaron os ensaios e o 21 de de-
cembro puidemos escoitar o primeiro concerto da ban-
da do instituto. Dende aquí queremos dar as grazas a
todos e animarvos para que sigades adiante.

                XOGUETES
                Dende a vicedirec-
                ción organizouse
                a campaña de re-
                collida de xogue-
                tes que se entre-
                garon posterior-
                mente aos servi-
                zos sociais do
                concello de Lalín.


 TEATROTEATROTEATRO
                                     O día 21 de decembro, chegados dende Lisboa, ac-
 O departamento de Orientación       tuaron os títeres Fantoches Baj para representar a
 levou aos de 3º e 4º da ESO a Ou-   obra “ O tío Miseria” . O alumnado de 4º ESO, 1º de
 rense ao teatro. Foron ver “ Bing   Bach e o Ciclo pasaron un tempo de lecer en boa
 bang adolexcente”.                  compaña.



      2ºD ESO
A VISIÓN E O CEREBRO

                                                      A exposi-
                                                      ción     “O
                                                      mundo na
                                                      túa cabeza”
                                                      abreu     as
                                                      súas portas
                                                      en Lalín pa-
                                                      ra amosar
                                                      as curiosi-
                                                      dades    do
                                                      cerebro
                                                      humano en
                                                      relación
                                                      coa percep-
O alumnado de 3º e 4º da ESO subiu ao “autobús da     ción visual
igualdade” enviado pola Deputación de Pontevedra.     da realida-
                                                      de.

                                                                               Varios     dos
                                                                               nosos alum-
                                                                               nos achegá-
                                                                               ronse ao Au-
                                                                               ditorio   para
                                                                               disfrutar    e
                                                                               aprender con
                                                                               ela, axudados
                                                                               polos monito-
Visitounos o presi-                                                            res.
dente da Mesa pola
Normalización Lin-                                  O 23 de novembro, día dedicado á
güística, Carlos Ca-                                violencia de xénero, dende o Con-
llón, invitado polo                                 cello fíxoselle unha invitación aos
departamento        de                              de 1º e 2º de Bacharelato para ir ver
galego e normaliza-                                 aos cines do Pontiñas a película
ción lingüística. No                                Tierra de hombres.
auditorio    reuniuse
con 1º e 2º de Bacha-
relato e faloulles so-
bre a situación da                                                       OS GRUPOS DO ANO
lingua galega na ac-
tualidade.                                                                 3ºA ESO
Autor, Autor




                                                         JOAN MANUEL GISBERT
                                                      Afamado e multipremiado autor de
                                                      literatura infantil e xuvenil, Gisbert
                                                      chegou, falou, repartiu pedras e
                                                      triunfou.

                                                      Os rapaces de 1º de ESO falaron
                                                      con el e coñeceron en persoa ao
                                                      autor da novela “La maldición del
                                                      arquero”, lectura de curso para to-
                                                      dos eles.


            XABIER P. DOCAMPO

Os de 2º da ESO tiveron un encontro con Xabier P.
Docampo na Casa da Xuventude.

Previamente fixeran lectura dalgunha das súas
obras e logo charlaron con el e , a xulgar polo am-
biente que se observaba, pasárono moi ben todos,
tanto os alumnos como o escritor.

Docampo é autor de numerosísimos éxitos litera-
rios, como Cando petan na porta pola noite e A ca-
sa da luz.




  OS GRUPOS DO ANO

    3ºB ESO
O alumnado de 1º Bacharelato de Economía, os Ciclos Formativos e o FOL
                (Formación e Orientación Laboral ), a petición de seu Departamento, recibiron
                unha charla no auditorio, organizada polo BIC-Galicia, organismo colaborador
                do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), orientada a potenciar o
                seu espírito emprendedor e facilitar a xeración de ideas empresariais. Partici-
                paron dous empresarios da zona, ex alumnos, Sergio e Antonio, da empresa
                Lucanos, servizo e creación de páxinas web e presentación en infografía.


                OBRADOIRO: CLASES SEN FUME
A Consellería de Sanidade xunto coa de
Educación organizan unha actividade
que baixo o lema “clases sen fume
“pretende concienciar aos de 1º da ESO                                       Para 2º de Ba-
sobre os riscos para a saúde do consu-                                       charelato, co-
mo de tabaco.                                                                mo todos os
Nesta actividade os rapaces e rapazas                                        anos, a Uni-
comprométense a non fumar durante                                            versidade veu
seis meses. Ademais, cada clase ten que realizar un traballo por tri-        darlles infor-
mestre : crear un slogan, un conto, un poema, teatro, etc. Despois,          mación sobre
de cada clase seleccionase un traballo e envíase a Pontevedra e alí          orientación
fan outra selección e premian os mellores traballos . Debemos re-            universitaria.
cordar que o curso pasado a aula de 1º D gañou unha viaxe ao par-
que da Warner, en Madrid.



    OS GRUPOS DO ANO 3ºC ESO
VISITA A SOGAMA
                      Os alumnos de Ciencias Medioambientais de 3º e 4º da ESO e
                      súa profesora, Berta Calvín, acompañados dos alumnos do IES
                      Laxeiro e en colaboración co Concello de Lalín, visitaron a plan-
                      ta de tratamento de residuos de Sogama, en Cerdeda.
                      Alí viron o proceso de separación de plásticos, briks e latas e
                      como os embalan e os envían a reciclar a outros lugares fóra de
Galicia. Tamén viron a incineradora onde se queima o resto do lixo non reciclable.
Foi unha visita moi interesante.

        VISITA A SOTAVENTO
O alumnado de Tecnoloxía de 2º, 3º e 4º da
ESO, acompañados dos profesores Luís
Viz, Javier Enjamio e Juan José Cabado fo-
ron ver o Parque experimental de Sotaven-
to. Este é un parque experimental e de in-
vestigación sobre enerxías renovables alter-
nativas eólica, solar, etc.
Os monitores informan aos rapaces e tamén
ven as maquetas e os xeradores e paneis
solares reais e as distintas tecnoloxías para
xerar enerxía solar e eólica.
Viñeron satisfeitos xa que tamén puideron
entrar nun xerador eólico.




                     VISITA A Santiago O alumnado de 2º de Bacharelato de Historia
                                         da Arte e de Historia e Xeografía de Galicia,
                                         xunto cos seus profesores Felicidad Fraga e
                                         Jorge Cepeda, viaxaron a Santiago co obxec-
Unha actividade
                                         to de estudar o barroco e o románico da Cate-
conxunta       cos
institutos da zona                       dral e das igrexas de San Martiño e Santa Cla-
consiste en levar                        ra e para ver as cubertas e o museo da Cate-
aos alumnos e                            dral. Tamén foron ver as exposicións do Cen-
alumnas de 4º da                         tro Galego de Arte Contemporánea.
ESO a unhas
charlas de orien-
tación sobre os
Ciclos.      Nesta                                                    OS GRUPOS DO ANO
ocasión foron ao
IES Marco do                                                            3ºD ESO
Camballón, en
Vila de Cruces.
Viaxe a Cabeza de Manzaneda
                                        Durante tres días do mes de maio os de 2º da
                                        ESO foron a Manzaneda con Carlos Malvar, o
                                        orientador, e Astrid Fernández. Este é o relato do
                                        que aconteceu.

                                        Eran as 12:30 cando apurabamos o bocadillo e
                                        metiamos as maletas no autobús. Por fin che-
                                        gou o momento; despedímonos e arrancamos.
                                        O camiño fíxose longo pero ameno porque ia-
                                        mos falando entre nós.

                                        Cando chegamos, déronnos as chaves dos
                                        bungalows (un para os rapaces e os profeso-
                                        res e outro para as rapazas). Logo de desfacer
                                        as maletas fomos, uns para a piscina e outros ,
                                        ver os cabalos. Despois fomos todos cear e ao
                                        rematar, leváronnos á discoteca, pero moito
                                        non bailamos así que , fomos para as habita-
                                        cións e alí deixáronnos xuntar e xogamos á
                                        botella e ás tebras ata ás 12:30 en que tivemos
                                        que ir durmir.

                                         Pola mañá tiñamos que estar preparados ás 9
                                         para almorzar e logo tocou supervivencia no
monte e cars. Chegou a hora de comer e despois fomos xogar ao fútbol descalzos e, co-
mo se esvaraba, caemos un montón de veces, incluídos os profesores.Isto gustounos
moito e pronto se pasou o tempo e xa tivemos que ir cear e outra vez nos xuntamos nas
habitacións. Cando rematou o tempo de troula, cansas, fomos durmir.

Ao día seguinte abrigámonos ben para subir á montaña. Manuela, a monitora, ensinounos
moitas cousas como a erosión da neve sobre as rochas. Aproximadamente percorremos
seis quilómetros.

Fomos comer para recuperar a enerxía despois desta longa camiñada e logo despedímo-
nos dese fermoso lugar, subimos ao autobús e marchamos. De camiño fixemos unha pa-
radiña en Castro Caldelas. Chegamos a Lalín e fomos recibidos polos nosos familiares e
amigos. Adeus Manzaneda!!! (Elena López e Beatriz Gómez (2º ESO))
SEN VIOLENCIA,                                  DÍA DO LIBRO.:
CONVIVENCIA                               FRORES E LIBROS PARA TODOS
A Cruz Vermella da Estrada, a
instancias do Departamento de
Orientación, realizou durante
dúas xornadas lectivas por
grupo, distintos talleres co
alumnado de 2º da ESO sobre
violencia escolar e habilidades
de comunicación e resolución
de conflitos.
Os rapaces e rapazas participa-
ron con interese e os educado-
res marcharon satisfeitos polo
alto nivel de implicación do
alumnado.


                                  En colaboración coa biblioteca do centro, varios rapa-
                                  ces sairon á rúa o 23 de abril e, armados de frores e
                                  libros, fixeron partícipes da festa a moitos cidadáns
                                  de Lalín.


                                                                  3ºE ESO
VIAXE A ANDALUCÍA
                                                        Os alumnos de 4º da ESO, como todos
                                                        saberedes, fomos de excursión de fin
                                                        de curso a Andalucía, onde visitamos
                                                        as cidades de Granada e Sevilla. E den-
                                                        tro da viaxe: Xaén, Ávila, Antequera…

                                                        Estou case segura de que non vos im-
                                                        porta moito o que fixemos ou deixamos
                                                        de facer, pero este artígo vai dedicado
                                                        para todos os que fomos a esa viaxe, e
                                                        en especial aos que estiveron comigo
                                                        eses sete días e aos que lles debo moi-
                                                        tos sorrisos e momentos imborrables
                                                        na miña memoria…VAI POR TODOS!

Non vou dicir o que fixemos día a día porque resultaría moi aburrido,pero si o máis importante:
Saímos de Lalín o domingo 25 de Marzo ás oito da tarde,e embarcámonos no camiño cara Grana-
da. Fixemos varias paradas en áreas de servizo durante toda a noite.

Chegamos á capital granadina pola mañá e instalámonos nun hotel de ****estrelas, chamado CAR-
MEN. Tivemos o día libre, ceamos e estivemos tod@s no hotel durmindo,cada un na súa habita-
ción,sen facer o mínimo ruído…(xD!)

Ó día seguinte fomos á Alhambra e tivemos o resto do día libre.
O día 28 fomos cara Sevilla e comemos en Antequera, onde botamos moito de menos a comida de
Lalín. Comer aquel gazpacho era un acto de valentía…
Xa en Sevilla, pasados dous días fomos ao parque de atraccións “Isla Máxica”.
E xa no 31 de Marzo, almorzamos e collemos o autobús de camiño a Galicia.

A verdade é que foi unha viaxe memorable, digno de volver repetir… pero agora mellor o de 1º de
BAC..

Ben, como dixen ó principio, isto vai de-
dicado: ás da 106, ó do MARTINI, ó dos
CHETOS e aos seus amigos, A Kandi-
datura porque nos fixo a viaxe máis di-
vertida, aos namorados que había por
alí… a aqueles tres cataláns e a IriaJ, aos
nosos “amigos” xitanos… e ó seu can,
ós ingleses de Granada (Yusev e o outro,
que non me acorda como se chamaba..),
ós chupitos de regalo e copas a 3 Euros),
aos chocolates do aparthotel ”PUERTA
DEL SUR”, ao mozo que tan “ben” nos
guiou nas noites sevillistas, ao autobús
nº 72, a Clara Isabel e a Eva Vilas, e ao
que mirou por min, unha noite de abrir e
pechar ventás, GRACIAS! Tamén ás da
habitación do lado, e a seguinte, ao ma-
rroquí da parada de autobús e en espe-
cial a Lucho (outra vez) e a Belelle, xa sabedes por que…e tamén a dúas amigas miñas que xa se
encargaron en Lalín de que os mozos das que marcharon non se sentiran sós, gracias a M. e a N.
E a todos os que se tiveron que quedar aquí, e a Ana e Sara que agora mesmo se estarán rindo…
O ANO QUE VEN REPETIMOS!

Carmen Jorge Fernández. 4º A.
VIAXE A ITALIA
             DO 23 AO 30 DE MARZO UN GRUPO DE 39 ALUMNOS E ALUMNAS ACOMPAÑADOS DE TRES PRO-
             FESORES, MANUEL BALEA , Mª JESÚS GRACIA E PILAR ESPIÑO, VIAXARON A ITALIA.




Alba Toimil, de 1º de bacharelato B, relátanos como foi esta experiencia:

“Cando nos propuxeron marchar a Italia, creo que moi pouca xente pensou no marabilloso que
sería coñecer o berce da nosa civilización e a orixe da nosa historia, unha viaxe apaixonante que
só uns poucos puidemos gozar.

A mostra máis clara de historia atópase, por suposto, na cidade capital, Roma. Cada paso tivo a
súa merecida recompensa, pois cada edificio, cada fonte, cada monumento… deleitaba coa súa
beleza, o que fixo que nos introduciramos nun mundo completamente distante do noso, e que
comprendésemos mellor tradicións e costumes tan arraigados nos romanos de antano. A fontana
de Trevi, o Coliseo, o Panteón, a Piazza de España…foron entre outros os lugares que visitamos, e
era incrible a sensación causada por cada obra vista, a cal era mellor ca a anterior. Sen embargo,
o punto máis destacado, foi a fontana de Trevi ou quizais, o Panteón coa súa inmensa cúpula per-
forada na parte central. Dende logo tamén volvería á Praza de España, onde Bernini deixou a súa
pegada esculpindo unha fonte que recrea a arca de Noé xa case afundida; ou á Piazza Navona,
coa súa inmensa fonte que mostra os continentes a excepción de Oceanía.

A pesar de ser o estado máis pequeno do mun-
do, o Vaticano é un lugar no cal se poden pasar
días e días observando cada detalle trazado
coa máis minuciosa precisión. O cuarto dos
tapices, o museo de Pio Clementino, o museo
Gregoriano, o museo de arte relixiosa moder-
na… foron partes previas ao auténtico espectá-
culo que se contempla na Capela Sixtina, onde
toda a perfección, traballo e fermosura se po-
den percibir por un solo sentido. Non é menos
a Basílica de San Pedro, onde se atopa un altar
nunca visto polas súas descomunais dimen-
sións.
O máis impactante, foi a nosa visita a Pompeia, unha cidade desaparecida pola erupción do xigan-
te Vesubio. Sen embargo, é coma se todo seguise intacto desde aquel instante. Consérvanse todo
tipo de vestixios e incluso algúns dos corpos de persoas que morreron asfixiadas. A cidade esta-
ba colmada de bares e outros lugares de ocio tales como o lupanar ou “fabrica de nenos” e algún
que outro teatro. As casas máis poderosas da cidade estaban adornadas dunha maneira única e
realmente envexable: os compluvios, os impluvios, os chans de mármore… pero sobre todo as
paredes nas cales se representaban as máis detalladas filigranas.

E como sempre din que o último é o mellor, podo corroborar que Florencia foi a cidade por exce-
lencia no noso percorrido a través de Italia. A arte e a elegancia estaban presentes en cada rincón,
o que transmitía esa maxia que poucos lugares conseguen. Tamén máxica é a vista que se percibe
co Ponte Vequio de fondo, no cal penduran as casas colgantes e onde se enmarca o río. A cate-
dral, non foi menos, un estilo totalmente diferenciado e cargado de colorido, a pesar de que o inte-
rior fose bastante austero. A Piazza della Signoria, il mercato del porchelino ou o palacio dos Uffizi
foron outros puntos que así mesmo estaban cheos de en-
canto. Aínda que para encanto, a escultura do xenio Miguel
Ángel: o David, trazada tendo en conta todos os aspectos
da anatomía dun ideal.

A pesar de que chegásemos cansados de comer pasta, creo
que habería máis dalgún que volvería a Italia só polos estu-
pendos gelatti ou os donuts xigantes, un verdadeiro pracer
para o gusto.

Desde logo non hai nada que envexar, foi unha viaxe fantás-
tica. “                                                     Unha pequena avaría no bus...que de todo hai...




                     OS GRUPOS DO ANO

                        4ºA ESO
XOGO DA BOLSA
O alumnado de 1º Bacharelato A, baixo a dirección de Ol-
ga, participou neste concurso organizado por Caixa Gali-
cia. Desenvólvese a nivel europeo,e interviron cinco paí-
ses: Alemaña, Italia, Francia, Austria e España. Aquí par-
ticipan os centros a través das diferentes Caixas de Afo-
rros.
O neso centro gañou o 5º premio de Galicia e foron a Pon-
tevedra á sede social da Caixa, onde os recibiu o director
da obra social para entregarlles un premio, unha simple
bolsa,que non se corresponde co que a entidade representa, cousa que sentimos, xa que
os rapaces poñen moita ilusión nestes concursos para que logo sexan correspondidos
desta maneira.


                                 VISITA A LUGO
                                  Seguindo con 3º da ESO, no segundo trimestre, na materia de
                                  lingua galega e literatura leron Contos de medo polo museo e
                                  logo, un grupo de cincuenta rapaces e rapazas visitaron o Museo
                                  de Lugo. Alí, para que dunha forma lúdica os alumnos visiten o
                                  museo, organizan un concurso coñecido como “Rutas literarias
                                  polo museo”, distribuíndoos en catro grupos, de maneira que
                                  cada grupo ten que resolver os enigmas que se lles presentan e
                                  que están relacionados cos contos que leron previamente. É
unha actividade moi entretida e todos o pasaron moi ben. E para completar a xornada, fixeron
unha visita ás murallas e ao casco antigo da cidade, visita na que serviu de guía o profesor Ma-
nuel Balea. Xa pola tarde, o destino foi o castro de Viladonga. Alí , e acompañados das guías, visi-
taron o museo e o propio castro. ¡ Como vedes foi un día moi completo¡ Nesta ocasión as profe-
soras que organizaron a viaxe foron Victoria Taboada e Pilar Espiño.




        OS GRUPOS DO ANO

           4ºB ESO
Realizouse o 27 de
                                            abril na Escola de
                                            Maxisterio, en Santia-
                                            go, e alí acudían oito
                                            alumnos e alumnas
                                            de 2º da ESO, dous
                         Canguro            por cada grupo.
                         matemático
                                                                        VISITA A OU-
                         Houbo 30 parti-                                RENSE.
                         cipantes de to-                                1º da ESO foi a
                         dos os niveis da                               Ourense      con
                         ESO. O IES foi                                 Carmen Mira e
Rallye matemático
                         sede do concur-                                Mª Jesús Gracia
                         so que se reali-                               ver as termas.
Participaron, o 26 de    zou o 15 de mar-
marzo, tres grupos       zo, pero os re-
de 3º ESO (A,B,D).       sultados, no mo-   PROXECTOS PARA LALÍN
Houbo intercambio        mento de peche     Algúns rapaces de 3º da ESO achegáronse á
de profesores cos do     deste Anuario,     carpa que, instalada na praza da igrexa, mos-
IES Manuel Colmeiro      inda non foron     traba os proxectos de desenvolvemento urba-
de Silleda para vixiar   anunciados.        nístico e rural que hai proxectados para Lalín
os exames pero nes-                         e a súa comarca.
ta ocasión non hou-
bo sorte e non leva-
ron ningún premio.




     OS GRUPOS DO ANO

       4ºC ESO
CONTACONTOS PAVÍS-PAVÓS
            Para 2º da ESO, o departamento de Lingua galega e normaliza-
            ción contrataron a actuación das contacontos Pavís-Pavós no
auditorio.Pasaron un tempo agradable escoitando contos de épocas inmemoriais e de
moitos lugares do mundo; mesmo participaron activamente nalgún deles.


 VISITA A CULTUR.GAL. PONTEVEDRA
 O alumnado de 2º da ESO visitou CULTUR.GAL, a Feira do libro e
 da Industria Cultural celebrada no Pazo de Congresos e exposi-
 cións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007. Trátase dunha
                                            plataforma de refe-
                                            rencia obrigada na
                                            que se integran, dina-
                                            mizan e interrelacio-
                                            nan todos os secto-
                                            res reunidos en torno
                                            á industria cultural galega.
                                            Xogos, talleres, exposicións... foi o
                                            visto e participado polos rapaces
                                            que a foron ver.




 OS GRUPOS DO ANO

   4ºD
NOIA: USO DA FICCIÓN NO TRATAMENTO DA PROBLEMÁTICA DE XÉNERO

                                  Os grupos de 3º ESO D e 1º BACH de
                                  Moncho Failde viaxaron a Noia para
                                  continuar coas súas experiencias coa
                                  ficción para o tratamento dos conflictos
                                  de xénero.

                                  Xogo na rúa e escenificación provoca-
                                  dora contra os rapaces por parte delas,
                                  foron as dúas actividades que centra-
                                  ron o traballo do día.




                                                    OS GRUPOS DO ANO
Roald dahl
                                                      4ºE ESO
Durante o mes de
maio, expúsose no
vestíbulo do centro
unha pequeniña mos-
tra de traballos do
alumnado de inglés
sobre o famosísimo
escritor Roald Dahl.

Sobre a mesma, os ra-
paces tiñeron que rea-
lizar unha serie de ac-
tividades dirixidos po-
los profesores de in-
glés.
EDUCANDO NA XUSTIZA
A directora do noso centro, Xoana Mouriño,
púxose en contacto co Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia para que puideramos parti-
cipar no programa “Educando na xustiza”.

Tivemos a posibilidade de realizar dúas acti-
vidades. Nunha delas Vizoso acompañou aos
de 1º de Bacharelato de Ética do Dereito a
presenciar un xuízo no Xulgado.

A outra actividade consistiu na visita dun xuíz ao que unha alumna entrevistou e, a conti-
nuación, fíxose a representación con todos os elementos propios dun xuízo, onde os
alumnos e alumnas eran actores pero o xuíz era verdadeiro.




     OS GRUPOS DO ANO

       1ºA BAC
EDUCACIÓN VISUAL
                                                       Durante os cursos 2004-2007 le-
                                                       vouse a cabo unha actividade pro-
                                                       posta polo Consorcio Audiovisual
                                                       Galego.

                                                       Trátase dun programa de educa-
                                                       ción audiovisual para o alumnado
                                                       en xeral. Neste centro participaron
                                                       alumnos e alumnas de 3º, 4º e es-
                                                       te curso, os de 1º de Bacharelato
                                                       baixo a supervisión de Manuel Ba-
                                                       lea e Servando Lois.

                                                       A actividade consta dunha parte
                                                       teórica impartida por un poñente
                                                       de fóra e logo, hai a parte prácti-
                                                       ca. Este curso realizaron un corto
                                                       nas instalacións do centro. O cur-
so pasado aprenderon a facer animación con plastilina e o primeiro ano viron cal era o
proceso creativo dunha película. Tamén visitaron as instalacións da TVG.

EXPOSICIÓN SOBRE A ENERXÍA SOLAR

O alumnado de 4º da ESO, dentro das activi-
dades programadas polo departamento de
Tecnoloxía do centro, expuso no vestíbulo
unha mostra didáctica sobre as característi-
cas e cualidades da enerxía solar.

O profesor responsable foi Javier Enjamio.



     OS GRUPOS DO ANO   1ºB BAC
VISITA A BÚBAL: POBOS ABANDOADOS

                                                     Chegamos a Búbal, precioso pobo
                                                     do Pirineo, o 29 de abril ás sete da
                                                     tarde, logo de doce horas de auto-
                                                     bús. Alí dividíronnos en grupos,
                                                     mezclando os dous institutos, o de
                                                     Lalín e o de Griñón.

                                                O primeiro día fixemos un xogo que
                                                chámase “Coñece Búbal”, no cal ía-
                                                mos polas distintas casas do pobo.
                                                Logo comezaron os taxos, e entre
                                                eles destacaban dous: o de sacar
                                                estercol e o da depuradora; había
                                                outros, coma o de carrexar pedra ou
                                                dar de comer aos animais, cortar
                                                madeira... Malia o que dixera Clara,
                                                nos traballamos. Fixemos algúns
                                                traballos como o de facer pan, ba-
                                                rro...
Tamén fixemos outras actividades como a gymkhana ou o xuicio da meiga Orosia.

O derradeiro día fixemos unha especie de festa, na que houbo algún problema con algún
rapaz que ao final superpuse.

O que menos gustounos foi que os
rapaces durmiamos nunca casa e as
rapazas noutra. Craro que iso era en
teoría, pois nos trocabamos todas as
noites, pero cando enterábanse os
profes....Cadaquén a súa habita-
ción....Aunque houbo unha rapaza
que foi a única que durmió todos os
días soa e na súa habitación.

O día 5 de maio chegamos a Lalín ás
once da noite, pero a viaxe de volte
fíxosenos moi levadeira.

(Sergio García, 3ºC)                   JAVIER, A PIQUES DE LEVITAR...ANIMANDO A FESTA


           PEQUENA MOSTRA
         SOBRE A EMIGRACIÓN

Dirixidos por Moncho Failde, varios alumnos
expoñeron diversos materiais sobre o tema
da emigración: datos, opinións, mapas...

Todo elo co obxecto de fomentar a reflexión
crítica sobre un asunto cada vez mais impor-
tante e animar á xente a adoptar unha actitu-
de da máxima tolerancia.
EXPO-EXIPTO
Tivemos tamén unha interesante exposición sobre o Antigo Exip-
to. O alumnado de 1º da ESO de Ciencias Sociais, coordinados
por Elia, recrearon todosos elementos que nos trasladaron a esa
época. Foi unha actividade moi interesante, que realizaron nas ho-
ras libres nas súas casas e na que colaboran os pais e avós, apro-
                                                 veitando os dis-
                                                 tintos     oficios
                                                 que eles teñen
                                                 (carpinteiros,
                                                 costureiras ,etc )
                                                 para a elabora-
                                                 ción dos mate-
                                                 riais.    Trátase
                                                 dun traballo voluntario que ten como
                                                 obxectivo achegar a cultura antiga ao
                                                 mundo actual e aprender a valorar todo
                                                 o que nos aportaron.


                      VISITA AO MOSTEIRO DE SAN ROSENDO
                      Organizada por Luis Moreiras, levouse a
                      cabo, coma todos os anos, a excursión do
                      departamento de Relixión.

                      Este ano, co galo do MC aniversario do
                      nacemento de San Rosendo, tocou ache-
                      garse ao seu Mosteiro, no que alumnos de
                      3º e 4º da ESO poideron contemplar toda a
                      extraordinaria arquitectura do edificio e a
                      gran beleza da súa igrexa.

                                                                    Foto do santo varón.



       OS GRUPOS DO ANO 1ºC BAC
PREMIO PARA A BIBLIOTECA
O noso centro obtivo o 2º premio a
nivel nacional, dotado con 9000
euros, no concurso de boas prácti-
cas para dinamizar e innovar as
bibliotecas escolares.

Este galardón foi posible grazas
ao traballo de dez profesores e
profesoras coordinados por Mario
Pereira, ao que, por certo, viñeron
visitar os da tvg para facerlle nu-
nha entrevista a propósito do ga-
lardón. Parabéns de toda a comu-
nidade escolar deste centro.

O premio foi entregado o 29 de
maio na Biblioteca Nacional de Madrid, nun acto ao que asistiu conselleira de Educación
e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón (quinta pola esquerda na foto) e Cristo-
bal Fernández, delegado provincial de Educación (á esquerda da conselleira). Recolleron
o premio, María Jesús Gracia (vicedirectora), Mario Pereira (responsable da Biblioteca) e
Xoana Mouriño (directora), na foto de esquerda a dereita.


                                                                    OS GRUPOS DO ANO

                                                                      1ºD BAC
Iii CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

                                    Reunido o xurado (o departamento de Ma-
                                   temáticas do Instituto), decideuse conce-
                                   der os premios as fotografías aquí expost-
                                   as.

                                   O xurado indicou que as fotografías pre-
                                   sentadas ao concurso son cada vez mais
                                   orixinais e fixo mención doutras fotos ta-
                                   mén destacables.
      1º PREMIO: “CARACOIS SO-
      BRE COL” DE CRISTINA MON-
                                Ademais, deu as grazas ao profesor Ma-
      TERO GONZÁLEZ
                                nuel Balea por aportar tres fotos á exposi-
                                ción.




       2º PREMIO: “RODANDO
       SOBRE O PLANO” DE JE-             3º PREMIO: “π TIENDE A INFI-
       SÚS VENCE FERNÁNDEZ               NITO” DE CRISTINA TABOA-
                                         DA LÁZARA




2ºA
B
A
C
H
A
R
E
L
A
T
O
OS PRESOS VEÑEN AO INSTITUTO
No centro, os alumnos e alumnas
de 4ºA tiveron unha interesante ex-
periencia. Un grupo de catro inter-
nos, acompañados do educador e
do director do cárcere de Monterro-
so, estiveron na súa aula conver-
sando con eles. Cada interno reu-
niuse con catro rapaces e rapazas e
contestou ás súas preguntas.

Así viviron esa experiencia Tania e
Noelia : “Fai uns meses recibimos
a visita de tres presos do cárcere de
Monterroso. Cada un deles escolleu
un grupo de alumnos e comezou expoñendo o seu problema, o que o levou á perda da
súa liberdade. Ó principio non sobemos como reaccionar, pero logo comezamos a facer
preguntas e a integrarnos na conversa.

A maior parte dos presos están no cárcere por problemas coas drogas. Cousas como o
tráfico de droga, o roubo para poder consumir priman nas súas descricións. O máis sor-
prendente é que en moitos casos son as persoas máis achegadas as que os incitas a con-
sumir. Un deles recoñeceu que foi o seu irmán quen lle deu a primeira dose de cocaína.
Entón todo se volve en contra súa.

Pouco a pouco inician unha nova vida. Aínda que non sexan libres, fan o posible para me-
llorar esta situación. Eles recoñecen que se equivocaron e nós esperamos que se inte-
                                              gren e que teñan outra oportunidade.

                                             En realidade, a visita foi moi apreciada po-
                                             los nosos compañeiros, foi unha experien-
                                             cia enriquecedora e fíxonos darnos conta
                                             de que camiñamos por unha corda frouxa,
                                             da que podemos caer en calquera momen-
                                             to”.

                                             Esta actividade, organizada pola Vicedirec-
                                             ción e o Departamento de Orientación, tivo
                                             moita repercusión mediática e tanto a
                                             prensa como canal Deza publicaron a noti-
                                             cia. [Fotos de La Voz de Galica e de Faro de Vigo]


ALGO DE BOTÁNICA NO ARRANQUE DO CURSO...

A comezos do curso, vimos os froitos dun laborioso traballo
dirixido por Berta Calvín e realizado por alumnos de 3º da
ESO a finais do curso 2005-2006: unha exposición analítica da
flora existente ao redor do noso centro.

Acompañada de libros, foi tamén obxecto dun número espe-
cial do boletín da biblioteca, A MARELA TARABELA.
VISITA DA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN
O venres 11 de maio recibimos no Centro a visita da Conselleira de Educa-
ción, acompañada polo Delegado e o Inspector.

Fixeron un percorrido polo instituto para ver a marcha das obras e logo
desprazáronse ao Xesús Golmar.



LECTORA DE INGLÉS

                                   Cecilia Rebelo é de Braga e foi a lectora coa que conta-
                                   mos este curso. Traballou co departamento de Inglés e
                                   foi unha hora á semana a 3º e 4º da ESO e a 1º de Bacha-
                                   relato, dende principio de curso ata o mes de maio.

                                   Tamén deu un curso de lingua e cultura portuguesa os
                                   martes pola tarde.


 Eleccións ao consello escolar: No primeiro trimestre houbo eleccións ao Consello Escolar e o 30 de
 novembro quedaron proclamados os seguintes membros :
 SECTOR PROFESORADO ELIXIDO: Elena Berta Calvín García, Luís Pérez Vila e Domingo Gutiérrez.
 SECTOR ALUMNADO ELIXIDO: Andrea Cacheda Abeledo, Daniel Cepeda Mouriño e Jacobo González.
 SECTOR PAIS / NAIS ELIXIDA: Tamara Franco Fraiz.
 REPRESENTANTES DESIGNADO POLO CONCELLO : Manuel Gómez Estévez
 REPRESENTANTE DESIGNADO POLAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS: José Luis Vila Coengo
 REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMÓN E SERVIZOS: Olga Carral Vázquez




    2ºB BACHARELATO
2ºC e 2ºD de BACHARELATO
A mala planificación do noso fotógrafo dou ao traste co
proxecto de poñer unha foto de cada un dos grupos que
formaron parte do Instituto o curso 2006-2007. Queda-
ron sen foto 2ºC e 2ºD de bacharelato. Inda así, temos,
cando menos, os seus caretos.




  PARA UN NOVO INSTITUTO...
Deixamos para o final algo que se em-
pezou pero non rematou: AS OBRAS.

Levamos sufrindo en silencio dende
febreiro, os andamios, a pintura, os
trades, etc.

Pero tamén sabemos que todo o refu-
gallo, toda esta tripada ao vento, to-
dos estes cables e ferros nus, son o
sinal dun traballo que, a partir do pró-
ximo outubro, farán deste Instituto a
envexa do pobo. Amén.                                     FELIZ VERÁN

Contenu connexe

En vedette

Food For Thought
Food For ThoughtFood For Thought
Food For ThoughtPROTHINKA
 
Caiet de practica
Caiet de practicaCaiet de practica
Caiet de practicacantaragiu
 
CMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & Evaluation
CMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & EvaluationCMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & Evaluation
CMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & EvaluationCMIDM4
 
Caiet de practica
Caiet de practicaCaiet de practica
Caiet de practicacantaragiu
 
Contextual collaboration v22
Contextual collaboration   v22Contextual collaboration   v22
Contextual collaboration v22Suparna Pal
 
Continuous collaboration
Continuous collaborationContinuous collaboration
Continuous collaborationSuparna Pal
 
Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...
Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...
Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...Jeromy Anglim
 
How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...
How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...
How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...Jeromy Anglim
 
Unidad VI Administración Estratégica
Unidad VI Administración EstratégicaUnidad VI Administración Estratégica
Unidad VI Administración EstratégicaAlberto Rivera
 
Red (direccion y puerta de enlace)
Red (direccion  y puerta de enlace)Red (direccion  y puerta de enlace)
Red (direccion y puerta de enlace)Jossi Francia
 
Bizi- Ohiturak
Bizi- OhiturakBizi- Ohiturak
Bizi- Ohiturakolatz
 
Ico (09 11 11)
Ico  (09 11 11)Ico  (09 11 11)
Ico (09 11 11)jescarra
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
PresentacionAlreal
 

En vedette (20)

Food For Thought
Food For ThoughtFood For Thought
Food For Thought
 
Caiet de practica
Caiet de practicaCaiet de practica
Caiet de practica
 
CMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & Evaluation
CMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & EvaluationCMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & Evaluation
CMIDM4 Deliverable III - Detailed Design & Evaluation
 
Caiet de practica
Caiet de practicaCaiet de practica
Caiet de practica
 
Contextual collaboration v22
Contextual collaboration   v22Contextual collaboration   v22
Contextual collaboration v22
 
Continuous collaboration
Continuous collaborationContinuous collaboration
Continuous collaboration
 
Algebraic thinking
Algebraic thinkingAlgebraic thinking
Algebraic thinking
 
Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...
Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...
Presentation based on "Hierarchical Bayesian Models of Subtask Learning. Angl...
 
How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...
How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...
How to conduct a social network analysis: A tool for empowering teams and wor...
 
Actividad
ActividadActividad
Actividad
 
Presentacion deicy
Presentacion deicyPresentacion deicy
Presentacion deicy
 
Cosas 1
Cosas 1Cosas 1
Cosas 1
 
Web 2
Web 2Web 2
Web 2
 
Unidad VI Administración Estratégica
Unidad VI Administración EstratégicaUnidad VI Administración Estratégica
Unidad VI Administración Estratégica
 
Red (direccion y puerta de enlace)
Red (direccion  y puerta de enlace)Red (direccion  y puerta de enlace)
Red (direccion y puerta de enlace)
 
Bizi- Ohiturak
Bizi- OhiturakBizi- Ohiturak
Bizi- Ohiturak
 
Matances2
Matances2Matances2
Matances2
 
Ico (09 11 11)
Ico  (09 11 11)Ico  (09 11 11)
Ico (09 11 11)
 
Bitácora 12
Bitácora 12Bitácora 12
Bitácora 12
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 

Similaire à Apiramide2007

Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdfartemalone
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Crónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galegaCrónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galegasatelite1
 
II Concurso proxectos de bibliotecas
II Concurso proxectos de bibliotecasII Concurso proxectos de bibliotecas
II Concurso proxectos de bibliotecasNorberto Blanco
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervomaria
 
Crónica campaña sensibilización sos europe
Crónica campaña sensibilización sos europeCrónica campaña sensibilización sos europe
Crónica campaña sensibilización sos europesatelite1
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Encarna Lago
 

Similaire à Apiramide2007 (20)

Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Crónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galegaCrónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galega
 
II Concurso proxectos de bibliotecas
II Concurso proxectos de bibliotecasII Concurso proxectos de bibliotecas
II Concurso proxectos de bibliotecas
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
CONECTA JOVEN
CONECTA JOVENCONECTA JOVEN
CONECTA JOVEN
 
CONECTA JOVEN
CONECTA JOVENCONECTA JOVEN
CONECTA JOVEN
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
Crónica campaña sensibilización sos europe
Crónica campaña sensibilización sos europeCrónica campaña sensibilización sos europe
Crónica campaña sensibilización sos europe
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Piramide0708b
Piramide0708bPiramide0708b
Piramide0708b
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 

Apiramide2007

  • 1. I AL E SPEC 6-2007 RIO 200 A NUA I.E.S. RAMÓN Mª ALLER ULLOA
  • 2. OBRADOIROS UNHA NOVA OBRADOIROS OBRADOIROS Obradoiros obradoiros obradoiros PIRÁMIDE Aquí está de novo A Pirámide, pero CAMPAÑA DE PREVENCIÓN este curso fixémoslle un cambio de” “TE PUEDE PASAR” look”. Xa non é a clásica revista, senón un anuario onde se recollen Dende as Consellerías de Traballo e prácticamente tódalas actividades Educación faise chegar aos centros es- destes tres trimestres. Houbo moita colares un obradoiro de prevención de riscos laborais. No aparcamento do noso variedade (concursos, viaxes, obra- centro colocaron un autobús e o 28 de doiros, etc); ademais, incluímos as novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º da fotos de tódolos cursos, por aquilo ESO subiuse nel para realizar a activida- de que teñades un recordo, e tamén de. A súa consigna é “Moito ollo”. as fotos de moitas das actividades realizadas. LESIÓNS Queremos dar grazas a todas as MEDULARES persoas que colaboraron neste pe- queno proxecto, e, se non están to- Tamén tivemos dos os que son, pedimos desculpas. no instituto un obradoiro sobre Esperamos que vos guste o que prevención de aquí se fixo!!! lesións medula- res.  Promovido polo con- cello de Lalín, o 20 de decembro os de 1º e 2º da ESO reali- zaron un obradoiro, O alumnado de 3º da “Come comida “, so- ESO fixo un obradoiro bre a alimentación. sobre “Sexualidade”.
  • 3. Conferencia de GONZALO NAVAZA Gonzalo Navaza estivo no auditorio de Lalín comunicando cos de 4º ESO, 1º e 2º de ba- charelato sobre toponimia, e logo revisou a exposición fotográfica que, baseándose no seu conto “O home do saco”, mostrou as diferencias urbanísticas entre o Lalín de cando era novo e o Lalín de hoxe en día. Conferencia de ROMÁN RODRÍGUEZ Profesor de Xeografía e Historia na Universi- dade de Santiago e concelleiro de urbanis- mo no Concello de Lalín, se reuniu cos rapa- ces e rapazas de 3º da ESO para explicarlles os cambios urbanísticos producidos no con- cello nos últimos sesenta anos. A propó- sito da súa visita, durante o trimestre estive- ron expostos nos corredores do IES paneis cos planos de Lalín dende o ano 1935.
  • 4. EXPOSICIÓN : OPERACIÓN MONARCA O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA ) ofrece aos centros escolares a posibilidade de coñecer todo o rela- cionado coa bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada ano. O profesor Luís Pérez e a profesora Berta Calvín fixeron posible que a exposición Operación Mo- narca tamén chegara ao noso centro. CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA DROGADICCIÓN Esta campaña vén promovida dende Proxecto Home e ao noso centro acudiron dúas persoas para informar aos titores de 1º da ESO. Ofrecéronlles a posibilidade de levar adiante esta actividade nas horas de titoría e, aínda que é algo voluntario, hai que dicir que practicamente a acolleron todos os titores. O programa consta de nove sesións nas que se abordaron distintos temas como a autoestima, os tipos de drogas, etc. Trátase de aproximar aos rapaces e rapa- zas ao mundo das drogas e que vexan os seus perigos. Neste programa tamén están involucrados os pais, xa que teñen que traballar xunto cos seus fillos no desenvolvemento dun material complementario ao da aula. Ao final do programa, o persoal de Proxecto Home volverá ao centro para reunirse con tódolos implicados nesta campaña.
  • 5. CAMPAÑA PARA O FOMENTO DA RECOLLIDA SELECTIVA DO LIXO O Concello de Lalín e Sogama, en colaboración cos centros educati- vos, organizan esta campaña. No noso centro foi Berta Calvín a que se preocupou de que isto se levara a cabo. O alumnado de Ciencias Medioambientais de 3º e 4º da ESO elaboraron carteis expli- cativos da recollida do lixo que co- locaron polos corredores do insti- tuto. Esta actividade complétase polas aulas, ás que acoden para informar aos seus compañeiros como hai que seleccionar o lixo. De momento, trátase de facer chegar a información e logo haberá que poñela en práctica.
  • 6. ACTIVIDADES PRO EXCURSIÓN DE 4º DA ESO Varias rapazas de 4º B, coa axuda inestimable dou- tros compañeiros de 4º D e E, prepararon o magosto. Instalaron no patio un pequeno bar no que venderon refrescos, filloas e bocadillos; as castañas eran de agasallo e , por certo, ¡estaban ben boas! Organizaron tamén xogos populares (hai que ver como tiraban da corda os profes) e un torneo de fút- bol masculino e feminino. A recadación seica non estivo mal, segundo conta- ron as interesadas. -As alumnas de 4º ESO prepararon un desfile de moda o 17 de novembro. Convi- daron a compañeiros seus doutros cursos e mesmo a nenos pequenos a partici- par como modelos con roupas cedidas de forma altruísta polos comercios de La- lín. O desfile foi divertido, acudiu moito público e aseguraron uns bos cartiños para a viaxe. -Dedicáronse tamén á venda de doces polas casas varios domingos; tamén fixe- ron rifas co sorteo dun xamón, unha cámara de fotos e unha viaxe ao Caribe e a Tenerife. -Tamén, varios rapaces de 4ºorganizaron, en colaboración coa biblioteca, un ci- neforum, cobrando a entrada a 50 céntimos para todo o alumnado da ESO que quixo ver Harry Potter e o cáliz de fogo. 2ºA ESO
  • 7. O departamento de Matemáticas convocou un concurso para poñerlle nome a outro concurso, tamén de matemáti- cas (¡vaia enredo!) e estes foron os tres títulos máis puntuados: -“Problemas problemáticos” de Álvaro López Valiñas , 3º A, que foi o gañador. -“A biblioteca, o escondite do sabor matemático” de Sonia Castro Castro, 2ºESO B. -“Lendo as matemáticas” de Vanesa Gallego Fernández, 2º ESO A. CONCURSOS Postais De nadal As profesoras do departamento de Plásti- ca tiveron a idea de organizar un concur- so de postais para o alumnado da ESO. Podíase concursar en dúas categorías, 1º e 2º, e 3º e 4º da ESO. O 1º premio tiña un valor de 40 euros e o 2º, de 20 euros cam- biables por libros,música ou DVD. 1º-2º. De arriba abaixo e de esquer- da a dereita: Roberto Reijas, Daniel Villanueva, Roxanna Roza, Ramón Gil e Tania Martínez. A PIRÁMIDE 3º-4º. De arriba abaixo e de esquerda a dereita: Nerea Fernández, Laura García, Antía Cacheda, Laura López e Belén López.
  • 8. VIAXE EDUCATIVA Os profesores Felicidad Fraga, Maite Piñeiro e Jorge Cepeda organizaron unha viaxe á Coruña para que os de 2º de Bacharelato de Historia da arte e Debuxo, e os de 4º B e E da ESO viran unha exposición organizada pola Fundación Caixa Galicia e Barrié de la Maza. 2ºC ESO
  • 9. VARIEDADES CONCERTO DE NADAL A nosa vicedirectora, Mª Jesús Gracia, tivo unha idea estupenda. Como neste centro temos a sorte de contar con moitos alumnos e alumnas que estudan no conser- vatorio e tocan instrumentos varios, Mª Jesús falou con Severiano, o profesor de música, sobre a posibilidade de formar unha banda de música. ¡Dito e feito! Severia- no Casalderrey recolleu a idea e xunto con Daniel Igle- sias, de 4º E, puxéronse co proxecto. Foron polas cla- ses buscando instrumentistas e a maioría respondeu á chamada. Así que, comezaron os ensaios e o 21 de de- cembro puidemos escoitar o primeiro concerto da ban- da do instituto. Dende aquí queremos dar as grazas a todos e animarvos para que sigades adiante. XOGUETES Dende a vicedirec- ción organizouse a campaña de re- collida de xogue- tes que se entre- garon posterior- mente aos servi- zos sociais do concello de Lalín. TEATROTEATROTEATRO O día 21 de decembro, chegados dende Lisboa, ac- O departamento de Orientación tuaron os títeres Fantoches Baj para representar a levou aos de 3º e 4º da ESO a Ou- obra “ O tío Miseria” . O alumnado de 4º ESO, 1º de rense ao teatro. Foron ver “ Bing Bach e o Ciclo pasaron un tempo de lecer en boa bang adolexcente”. compaña. 2ºD ESO
  • 10. A VISIÓN E O CEREBRO A exposi- ción “O mundo na túa cabeza” abreu as súas portas en Lalín pa- ra amosar as curiosi- dades do cerebro humano en relación coa percep- O alumnado de 3º e 4º da ESO subiu ao “autobús da ción visual igualdade” enviado pola Deputación de Pontevedra. da realida- de. Varios dos nosos alum- nos achegá- ronse ao Au- ditorio para disfrutar e aprender con ela, axudados polos monito- Visitounos o presi- res. dente da Mesa pola Normalización Lin- O 23 de novembro, día dedicado á güística, Carlos Ca- violencia de xénero, dende o Con- llón, invitado polo cello fíxoselle unha invitación aos departamento de de 1º e 2º de Bacharelato para ir ver galego e normaliza- aos cines do Pontiñas a película ción lingüística. No Tierra de hombres. auditorio reuniuse con 1º e 2º de Bacha- relato e faloulles so- bre a situación da OS GRUPOS DO ANO lingua galega na ac- tualidade. 3ºA ESO
  • 11. Autor, Autor JOAN MANUEL GISBERT Afamado e multipremiado autor de literatura infantil e xuvenil, Gisbert chegou, falou, repartiu pedras e triunfou. Os rapaces de 1º de ESO falaron con el e coñeceron en persoa ao autor da novela “La maldición del arquero”, lectura de curso para to- dos eles. XABIER P. DOCAMPO Os de 2º da ESO tiveron un encontro con Xabier P. Docampo na Casa da Xuventude. Previamente fixeran lectura dalgunha das súas obras e logo charlaron con el e , a xulgar polo am- biente que se observaba, pasárono moi ben todos, tanto os alumnos como o escritor. Docampo é autor de numerosísimos éxitos litera- rios, como Cando petan na porta pola noite e A ca- sa da luz. OS GRUPOS DO ANO 3ºB ESO
  • 12. O alumnado de 1º Bacharelato de Economía, os Ciclos Formativos e o FOL (Formación e Orientación Laboral ), a petición de seu Departamento, recibiron unha charla no auditorio, organizada polo BIC-Galicia, organismo colaborador do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), orientada a potenciar o seu espírito emprendedor e facilitar a xeración de ideas empresariais. Partici- paron dous empresarios da zona, ex alumnos, Sergio e Antonio, da empresa Lucanos, servizo e creación de páxinas web e presentación en infografía. OBRADOIRO: CLASES SEN FUME A Consellería de Sanidade xunto coa de Educación organizan unha actividade que baixo o lema “clases sen fume “pretende concienciar aos de 1º da ESO Para 2º de Ba- sobre os riscos para a saúde do consu- charelato, co- mo de tabaco. mo todos os Nesta actividade os rapaces e rapazas anos, a Uni- comprométense a non fumar durante versidade veu seis meses. Ademais, cada clase ten que realizar un traballo por tri- darlles infor- mestre : crear un slogan, un conto, un poema, teatro, etc. Despois, mación sobre de cada clase seleccionase un traballo e envíase a Pontevedra e alí orientación fan outra selección e premian os mellores traballos . Debemos re- universitaria. cordar que o curso pasado a aula de 1º D gañou unha viaxe ao par- que da Warner, en Madrid. OS GRUPOS DO ANO 3ºC ESO
  • 13. VISITA A SOGAMA Os alumnos de Ciencias Medioambientais de 3º e 4º da ESO e súa profesora, Berta Calvín, acompañados dos alumnos do IES Laxeiro e en colaboración co Concello de Lalín, visitaron a plan- ta de tratamento de residuos de Sogama, en Cerdeda. Alí viron o proceso de separación de plásticos, briks e latas e como os embalan e os envían a reciclar a outros lugares fóra de Galicia. Tamén viron a incineradora onde se queima o resto do lixo non reciclable. Foi unha visita moi interesante. VISITA A SOTAVENTO O alumnado de Tecnoloxía de 2º, 3º e 4º da ESO, acompañados dos profesores Luís Viz, Javier Enjamio e Juan José Cabado fo- ron ver o Parque experimental de Sotaven- to. Este é un parque experimental e de in- vestigación sobre enerxías renovables alter- nativas eólica, solar, etc. Os monitores informan aos rapaces e tamén ven as maquetas e os xeradores e paneis solares reais e as distintas tecnoloxías para xerar enerxía solar e eólica. Viñeron satisfeitos xa que tamén puideron entrar nun xerador eólico. VISITA A Santiago O alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Arte e de Historia e Xeografía de Galicia, xunto cos seus profesores Felicidad Fraga e Jorge Cepeda, viaxaron a Santiago co obxec- Unha actividade to de estudar o barroco e o románico da Cate- conxunta cos institutos da zona dral e das igrexas de San Martiño e Santa Cla- consiste en levar ra e para ver as cubertas e o museo da Cate- aos alumnos e dral. Tamén foron ver as exposicións do Cen- alumnas de 4º da tro Galego de Arte Contemporánea. ESO a unhas charlas de orien- tación sobre os Ciclos. Nesta OS GRUPOS DO ANO ocasión foron ao IES Marco do 3ºD ESO Camballón, en Vila de Cruces.
  • 14. Viaxe a Cabeza de Manzaneda Durante tres días do mes de maio os de 2º da ESO foron a Manzaneda con Carlos Malvar, o orientador, e Astrid Fernández. Este é o relato do que aconteceu. Eran as 12:30 cando apurabamos o bocadillo e metiamos as maletas no autobús. Por fin che- gou o momento; despedímonos e arrancamos. O camiño fíxose longo pero ameno porque ia- mos falando entre nós. Cando chegamos, déronnos as chaves dos bungalows (un para os rapaces e os profeso- res e outro para as rapazas). Logo de desfacer as maletas fomos, uns para a piscina e outros , ver os cabalos. Despois fomos todos cear e ao rematar, leváronnos á discoteca, pero moito non bailamos así que , fomos para as habita- cións e alí deixáronnos xuntar e xogamos á botella e ás tebras ata ás 12:30 en que tivemos que ir durmir. Pola mañá tiñamos que estar preparados ás 9 para almorzar e logo tocou supervivencia no monte e cars. Chegou a hora de comer e despois fomos xogar ao fútbol descalzos e, co- mo se esvaraba, caemos un montón de veces, incluídos os profesores.Isto gustounos moito e pronto se pasou o tempo e xa tivemos que ir cear e outra vez nos xuntamos nas habitacións. Cando rematou o tempo de troula, cansas, fomos durmir. Ao día seguinte abrigámonos ben para subir á montaña. Manuela, a monitora, ensinounos moitas cousas como a erosión da neve sobre as rochas. Aproximadamente percorremos seis quilómetros. Fomos comer para recuperar a enerxía despois desta longa camiñada e logo despedímo- nos dese fermoso lugar, subimos ao autobús e marchamos. De camiño fixemos unha pa- radiña en Castro Caldelas. Chegamos a Lalín e fomos recibidos polos nosos familiares e amigos. Adeus Manzaneda!!! (Elena López e Beatriz Gómez (2º ESO))
  • 15. SEN VIOLENCIA, DÍA DO LIBRO.: CONVIVENCIA FRORES E LIBROS PARA TODOS A Cruz Vermella da Estrada, a instancias do Departamento de Orientación, realizou durante dúas xornadas lectivas por grupo, distintos talleres co alumnado de 2º da ESO sobre violencia escolar e habilidades de comunicación e resolución de conflitos. Os rapaces e rapazas participa- ron con interese e os educado- res marcharon satisfeitos polo alto nivel de implicación do alumnado. En colaboración coa biblioteca do centro, varios rapa- ces sairon á rúa o 23 de abril e, armados de frores e libros, fixeron partícipes da festa a moitos cidadáns de Lalín. 3ºE ESO
  • 16. VIAXE A ANDALUCÍA Os alumnos de 4º da ESO, como todos saberedes, fomos de excursión de fin de curso a Andalucía, onde visitamos as cidades de Granada e Sevilla. E den- tro da viaxe: Xaén, Ávila, Antequera… Estou case segura de que non vos im- porta moito o que fixemos ou deixamos de facer, pero este artígo vai dedicado para todos os que fomos a esa viaxe, e en especial aos que estiveron comigo eses sete días e aos que lles debo moi- tos sorrisos e momentos imborrables na miña memoria…VAI POR TODOS! Non vou dicir o que fixemos día a día porque resultaría moi aburrido,pero si o máis importante: Saímos de Lalín o domingo 25 de Marzo ás oito da tarde,e embarcámonos no camiño cara Grana- da. Fixemos varias paradas en áreas de servizo durante toda a noite. Chegamos á capital granadina pola mañá e instalámonos nun hotel de ****estrelas, chamado CAR- MEN. Tivemos o día libre, ceamos e estivemos tod@s no hotel durmindo,cada un na súa habita- ción,sen facer o mínimo ruído…(xD!) Ó día seguinte fomos á Alhambra e tivemos o resto do día libre. O día 28 fomos cara Sevilla e comemos en Antequera, onde botamos moito de menos a comida de Lalín. Comer aquel gazpacho era un acto de valentía… Xa en Sevilla, pasados dous días fomos ao parque de atraccións “Isla Máxica”. E xa no 31 de Marzo, almorzamos e collemos o autobús de camiño a Galicia. A verdade é que foi unha viaxe memorable, digno de volver repetir… pero agora mellor o de 1º de BAC.. Ben, como dixen ó principio, isto vai de- dicado: ás da 106, ó do MARTINI, ó dos CHETOS e aos seus amigos, A Kandi- datura porque nos fixo a viaxe máis di- vertida, aos namorados que había por alí… a aqueles tres cataláns e a IriaJ, aos nosos “amigos” xitanos… e ó seu can, ós ingleses de Granada (Yusev e o outro, que non me acorda como se chamaba..), ós chupitos de regalo e copas a 3 Euros), aos chocolates do aparthotel ”PUERTA DEL SUR”, ao mozo que tan “ben” nos guiou nas noites sevillistas, ao autobús nº 72, a Clara Isabel e a Eva Vilas, e ao que mirou por min, unha noite de abrir e pechar ventás, GRACIAS! Tamén ás da habitación do lado, e a seguinte, ao ma- rroquí da parada de autobús e en espe- cial a Lucho (outra vez) e a Belelle, xa sabedes por que…e tamén a dúas amigas miñas que xa se encargaron en Lalín de que os mozos das que marcharon non se sentiran sós, gracias a M. e a N. E a todos os que se tiveron que quedar aquí, e a Ana e Sara que agora mesmo se estarán rindo… O ANO QUE VEN REPETIMOS! Carmen Jorge Fernández. 4º A.
  • 17. VIAXE A ITALIA DO 23 AO 30 DE MARZO UN GRUPO DE 39 ALUMNOS E ALUMNAS ACOMPAÑADOS DE TRES PRO- FESORES, MANUEL BALEA , Mª JESÚS GRACIA E PILAR ESPIÑO, VIAXARON A ITALIA. Alba Toimil, de 1º de bacharelato B, relátanos como foi esta experiencia: “Cando nos propuxeron marchar a Italia, creo que moi pouca xente pensou no marabilloso que sería coñecer o berce da nosa civilización e a orixe da nosa historia, unha viaxe apaixonante que só uns poucos puidemos gozar. A mostra máis clara de historia atópase, por suposto, na cidade capital, Roma. Cada paso tivo a súa merecida recompensa, pois cada edificio, cada fonte, cada monumento… deleitaba coa súa beleza, o que fixo que nos introduciramos nun mundo completamente distante do noso, e que comprendésemos mellor tradicións e costumes tan arraigados nos romanos de antano. A fontana de Trevi, o Coliseo, o Panteón, a Piazza de España…foron entre outros os lugares que visitamos, e era incrible a sensación causada por cada obra vista, a cal era mellor ca a anterior. Sen embargo, o punto máis destacado, foi a fontana de Trevi ou quizais, o Panteón coa súa inmensa cúpula per- forada na parte central. Dende logo tamén volvería á Praza de España, onde Bernini deixou a súa pegada esculpindo unha fonte que recrea a arca de Noé xa case afundida; ou á Piazza Navona, coa súa inmensa fonte que mostra os continentes a excepción de Oceanía. A pesar de ser o estado máis pequeno do mun- do, o Vaticano é un lugar no cal se poden pasar días e días observando cada detalle trazado coa máis minuciosa precisión. O cuarto dos tapices, o museo de Pio Clementino, o museo Gregoriano, o museo de arte relixiosa moder- na… foron partes previas ao auténtico espectá- culo que se contempla na Capela Sixtina, onde toda a perfección, traballo e fermosura se po- den percibir por un solo sentido. Non é menos a Basílica de San Pedro, onde se atopa un altar nunca visto polas súas descomunais dimen- sións.
  • 18. O máis impactante, foi a nosa visita a Pompeia, unha cidade desaparecida pola erupción do xigan- te Vesubio. Sen embargo, é coma se todo seguise intacto desde aquel instante. Consérvanse todo tipo de vestixios e incluso algúns dos corpos de persoas que morreron asfixiadas. A cidade esta- ba colmada de bares e outros lugares de ocio tales como o lupanar ou “fabrica de nenos” e algún que outro teatro. As casas máis poderosas da cidade estaban adornadas dunha maneira única e realmente envexable: os compluvios, os impluvios, os chans de mármore… pero sobre todo as paredes nas cales se representaban as máis detalladas filigranas. E como sempre din que o último é o mellor, podo corroborar que Florencia foi a cidade por exce- lencia no noso percorrido a través de Italia. A arte e a elegancia estaban presentes en cada rincón, o que transmitía esa maxia que poucos lugares conseguen. Tamén máxica é a vista que se percibe co Ponte Vequio de fondo, no cal penduran as casas colgantes e onde se enmarca o río. A cate- dral, non foi menos, un estilo totalmente diferenciado e cargado de colorido, a pesar de que o inte- rior fose bastante austero. A Piazza della Signoria, il mercato del porchelino ou o palacio dos Uffizi foron outros puntos que así mesmo estaban cheos de en- canto. Aínda que para encanto, a escultura do xenio Miguel Ángel: o David, trazada tendo en conta todos os aspectos da anatomía dun ideal. A pesar de que chegásemos cansados de comer pasta, creo que habería máis dalgún que volvería a Italia só polos estu- pendos gelatti ou os donuts xigantes, un verdadeiro pracer para o gusto. Desde logo non hai nada que envexar, foi unha viaxe fantás- tica. “ Unha pequena avaría no bus...que de todo hai... OS GRUPOS DO ANO 4ºA ESO
  • 19. XOGO DA BOLSA O alumnado de 1º Bacharelato A, baixo a dirección de Ol- ga, participou neste concurso organizado por Caixa Gali- cia. Desenvólvese a nivel europeo,e interviron cinco paí- ses: Alemaña, Italia, Francia, Austria e España. Aquí par- ticipan os centros a través das diferentes Caixas de Afo- rros. O neso centro gañou o 5º premio de Galicia e foron a Pon- tevedra á sede social da Caixa, onde os recibiu o director da obra social para entregarlles un premio, unha simple bolsa,que non se corresponde co que a entidade representa, cousa que sentimos, xa que os rapaces poñen moita ilusión nestes concursos para que logo sexan correspondidos desta maneira. VISITA A LUGO Seguindo con 3º da ESO, no segundo trimestre, na materia de lingua galega e literatura leron Contos de medo polo museo e logo, un grupo de cincuenta rapaces e rapazas visitaron o Museo de Lugo. Alí, para que dunha forma lúdica os alumnos visiten o museo, organizan un concurso coñecido como “Rutas literarias polo museo”, distribuíndoos en catro grupos, de maneira que cada grupo ten que resolver os enigmas que se lles presentan e que están relacionados cos contos que leron previamente. É unha actividade moi entretida e todos o pasaron moi ben. E para completar a xornada, fixeron unha visita ás murallas e ao casco antigo da cidade, visita na que serviu de guía o profesor Ma- nuel Balea. Xa pola tarde, o destino foi o castro de Viladonga. Alí , e acompañados das guías, visi- taron o museo e o propio castro. ¡ Como vedes foi un día moi completo¡ Nesta ocasión as profe- soras que organizaron a viaxe foron Victoria Taboada e Pilar Espiño. OS GRUPOS DO ANO 4ºB ESO
  • 20. Realizouse o 27 de abril na Escola de Maxisterio, en Santia- go, e alí acudían oito alumnos e alumnas de 2º da ESO, dous Canguro por cada grupo. matemático VISITA A OU- Houbo 30 parti- RENSE. cipantes de to- 1º da ESO foi a dos os niveis da Ourense con ESO. O IES foi Carmen Mira e Rallye matemático sede do concur- Mª Jesús Gracia so que se reali- ver as termas. Participaron, o 26 de zou o 15 de mar- marzo, tres grupos zo, pero os re- de 3º ESO (A,B,D). sultados, no mo- PROXECTOS PARA LALÍN Houbo intercambio mento de peche Algúns rapaces de 3º da ESO achegáronse á de profesores cos do deste Anuario, carpa que, instalada na praza da igrexa, mos- IES Manuel Colmeiro inda non foron traba os proxectos de desenvolvemento urba- de Silleda para vixiar anunciados. nístico e rural que hai proxectados para Lalín os exames pero nes- e a súa comarca. ta ocasión non hou- bo sorte e non leva- ron ningún premio. OS GRUPOS DO ANO 4ºC ESO
  • 21. CONTACONTOS PAVÍS-PAVÓS Para 2º da ESO, o departamento de Lingua galega e normaliza- ción contrataron a actuación das contacontos Pavís-Pavós no auditorio.Pasaron un tempo agradable escoitando contos de épocas inmemoriais e de moitos lugares do mundo; mesmo participaron activamente nalgún deles. VISITA A CULTUR.GAL. PONTEVEDRA O alumnado de 2º da ESO visitou CULTUR.GAL, a Feira do libro e da Industria Cultural celebrada no Pazo de Congresos e exposi- cións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007. Trátase dunha plataforma de refe- rencia obrigada na que se integran, dina- mizan e interrelacio- nan todos os secto- res reunidos en torno á industria cultural galega. Xogos, talleres, exposicións... foi o visto e participado polos rapaces que a foron ver. OS GRUPOS DO ANO 4ºD
  • 22. NOIA: USO DA FICCIÓN NO TRATAMENTO DA PROBLEMÁTICA DE XÉNERO Os grupos de 3º ESO D e 1º BACH de Moncho Failde viaxaron a Noia para continuar coas súas experiencias coa ficción para o tratamento dos conflictos de xénero. Xogo na rúa e escenificación provoca- dora contra os rapaces por parte delas, foron as dúas actividades que centra- ron o traballo do día. OS GRUPOS DO ANO Roald dahl 4ºE ESO Durante o mes de maio, expúsose no vestíbulo do centro unha pequeniña mos- tra de traballos do alumnado de inglés sobre o famosísimo escritor Roald Dahl. Sobre a mesma, os ra- paces tiñeron que rea- lizar unha serie de ac- tividades dirixidos po- los profesores de in- glés.
  • 23. EDUCANDO NA XUSTIZA A directora do noso centro, Xoana Mouriño, púxose en contacto co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que puideramos parti- cipar no programa “Educando na xustiza”. Tivemos a posibilidade de realizar dúas acti- vidades. Nunha delas Vizoso acompañou aos de 1º de Bacharelato de Ética do Dereito a presenciar un xuízo no Xulgado. A outra actividade consistiu na visita dun xuíz ao que unha alumna entrevistou e, a conti- nuación, fíxose a representación con todos os elementos propios dun xuízo, onde os alumnos e alumnas eran actores pero o xuíz era verdadeiro. OS GRUPOS DO ANO 1ºA BAC
  • 24. EDUCACIÓN VISUAL Durante os cursos 2004-2007 le- vouse a cabo unha actividade pro- posta polo Consorcio Audiovisual Galego. Trátase dun programa de educa- ción audiovisual para o alumnado en xeral. Neste centro participaron alumnos e alumnas de 3º, 4º e es- te curso, os de 1º de Bacharelato baixo a supervisión de Manuel Ba- lea e Servando Lois. A actividade consta dunha parte teórica impartida por un poñente de fóra e logo, hai a parte prácti- ca. Este curso realizaron un corto nas instalacións do centro. O cur- so pasado aprenderon a facer animación con plastilina e o primeiro ano viron cal era o proceso creativo dunha película. Tamén visitaron as instalacións da TVG. EXPOSICIÓN SOBRE A ENERXÍA SOLAR O alumnado de 4º da ESO, dentro das activi- dades programadas polo departamento de Tecnoloxía do centro, expuso no vestíbulo unha mostra didáctica sobre as característi- cas e cualidades da enerxía solar. O profesor responsable foi Javier Enjamio. OS GRUPOS DO ANO 1ºB BAC
  • 25. VISITA A BÚBAL: POBOS ABANDOADOS Chegamos a Búbal, precioso pobo do Pirineo, o 29 de abril ás sete da tarde, logo de doce horas de auto- bús. Alí dividíronnos en grupos, mezclando os dous institutos, o de Lalín e o de Griñón. O primeiro día fixemos un xogo que chámase “Coñece Búbal”, no cal ía- mos polas distintas casas do pobo. Logo comezaron os taxos, e entre eles destacaban dous: o de sacar estercol e o da depuradora; había outros, coma o de carrexar pedra ou dar de comer aos animais, cortar madeira... Malia o que dixera Clara, nos traballamos. Fixemos algúns traballos como o de facer pan, ba- rro... Tamén fixemos outras actividades como a gymkhana ou o xuicio da meiga Orosia. O derradeiro día fixemos unha especie de festa, na que houbo algún problema con algún rapaz que ao final superpuse. O que menos gustounos foi que os rapaces durmiamos nunca casa e as rapazas noutra. Craro que iso era en teoría, pois nos trocabamos todas as noites, pero cando enterábanse os profes....Cadaquén a súa habita- ción....Aunque houbo unha rapaza que foi a única que durmió todos os días soa e na súa habitación. O día 5 de maio chegamos a Lalín ás once da noite, pero a viaxe de volte fíxosenos moi levadeira. (Sergio García, 3ºC) JAVIER, A PIQUES DE LEVITAR...ANIMANDO A FESTA PEQUENA MOSTRA SOBRE A EMIGRACIÓN Dirixidos por Moncho Failde, varios alumnos expoñeron diversos materiais sobre o tema da emigración: datos, opinións, mapas... Todo elo co obxecto de fomentar a reflexión crítica sobre un asunto cada vez mais impor- tante e animar á xente a adoptar unha actitu- de da máxima tolerancia.
  • 26. EXPO-EXIPTO Tivemos tamén unha interesante exposición sobre o Antigo Exip- to. O alumnado de 1º da ESO de Ciencias Sociais, coordinados por Elia, recrearon todosos elementos que nos trasladaron a esa época. Foi unha actividade moi interesante, que realizaron nas ho- ras libres nas súas casas e na que colaboran os pais e avós, apro- veitando os dis- tintos oficios que eles teñen (carpinteiros, costureiras ,etc ) para a elabora- ción dos mate- riais. Trátase dun traballo voluntario que ten como obxectivo achegar a cultura antiga ao mundo actual e aprender a valorar todo o que nos aportaron. VISITA AO MOSTEIRO DE SAN ROSENDO Organizada por Luis Moreiras, levouse a cabo, coma todos os anos, a excursión do departamento de Relixión. Este ano, co galo do MC aniversario do nacemento de San Rosendo, tocou ache- garse ao seu Mosteiro, no que alumnos de 3º e 4º da ESO poideron contemplar toda a extraordinaria arquitectura do edificio e a gran beleza da súa igrexa. Foto do santo varón. OS GRUPOS DO ANO 1ºC BAC
  • 27. PREMIO PARA A BIBLIOTECA O noso centro obtivo o 2º premio a nivel nacional, dotado con 9000 euros, no concurso de boas prácti- cas para dinamizar e innovar as bibliotecas escolares. Este galardón foi posible grazas ao traballo de dez profesores e profesoras coordinados por Mario Pereira, ao que, por certo, viñeron visitar os da tvg para facerlle nu- nha entrevista a propósito do ga- lardón. Parabéns de toda a comu- nidade escolar deste centro. O premio foi entregado o 29 de maio na Biblioteca Nacional de Madrid, nun acto ao que asistiu conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón (quinta pola esquerda na foto) e Cristo- bal Fernández, delegado provincial de Educación (á esquerda da conselleira). Recolleron o premio, María Jesús Gracia (vicedirectora), Mario Pereira (responsable da Biblioteca) e Xoana Mouriño (directora), na foto de esquerda a dereita. OS GRUPOS DO ANO 1ºD BAC
  • 28. Iii CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Reunido o xurado (o departamento de Ma- temáticas do Instituto), decideuse conce- der os premios as fotografías aquí expost- as. O xurado indicou que as fotografías pre- sentadas ao concurso son cada vez mais orixinais e fixo mención doutras fotos ta- mén destacables. 1º PREMIO: “CARACOIS SO- BRE COL” DE CRISTINA MON- Ademais, deu as grazas ao profesor Ma- TERO GONZÁLEZ nuel Balea por aportar tres fotos á exposi- ción. 2º PREMIO: “RODANDO SOBRE O PLANO” DE JE- 3º PREMIO: “π TIENDE A INFI- SÚS VENCE FERNÁNDEZ NITO” DE CRISTINA TABOA- DA LÁZARA 2ºA B A C H A R E L A T O
  • 29. OS PRESOS VEÑEN AO INSTITUTO No centro, os alumnos e alumnas de 4ºA tiveron unha interesante ex- periencia. Un grupo de catro inter- nos, acompañados do educador e do director do cárcere de Monterro- so, estiveron na súa aula conver- sando con eles. Cada interno reu- niuse con catro rapaces e rapazas e contestou ás súas preguntas. Así viviron esa experiencia Tania e Noelia : “Fai uns meses recibimos a visita de tres presos do cárcere de Monterroso. Cada un deles escolleu un grupo de alumnos e comezou expoñendo o seu problema, o que o levou á perda da súa liberdade. Ó principio non sobemos como reaccionar, pero logo comezamos a facer preguntas e a integrarnos na conversa. A maior parte dos presos están no cárcere por problemas coas drogas. Cousas como o tráfico de droga, o roubo para poder consumir priman nas súas descricións. O máis sor- prendente é que en moitos casos son as persoas máis achegadas as que os incitas a con- sumir. Un deles recoñeceu que foi o seu irmán quen lle deu a primeira dose de cocaína. Entón todo se volve en contra súa. Pouco a pouco inician unha nova vida. Aínda que non sexan libres, fan o posible para me- llorar esta situación. Eles recoñecen que se equivocaron e nós esperamos que se inte- gren e que teñan outra oportunidade. En realidade, a visita foi moi apreciada po- los nosos compañeiros, foi unha experien- cia enriquecedora e fíxonos darnos conta de que camiñamos por unha corda frouxa, da que podemos caer en calquera momen- to”. Esta actividade, organizada pola Vicedirec- ción e o Departamento de Orientación, tivo moita repercusión mediática e tanto a prensa como canal Deza publicaron a noti- cia. [Fotos de La Voz de Galica e de Faro de Vigo] ALGO DE BOTÁNICA NO ARRANQUE DO CURSO... A comezos do curso, vimos os froitos dun laborioso traballo dirixido por Berta Calvín e realizado por alumnos de 3º da ESO a finais do curso 2005-2006: unha exposición analítica da flora existente ao redor do noso centro. Acompañada de libros, foi tamén obxecto dun número espe- cial do boletín da biblioteca, A MARELA TARABELA.
  • 30. VISITA DA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN O venres 11 de maio recibimos no Centro a visita da Conselleira de Educa- ción, acompañada polo Delegado e o Inspector. Fixeron un percorrido polo instituto para ver a marcha das obras e logo desprazáronse ao Xesús Golmar. LECTORA DE INGLÉS Cecilia Rebelo é de Braga e foi a lectora coa que conta- mos este curso. Traballou co departamento de Inglés e foi unha hora á semana a 3º e 4º da ESO e a 1º de Bacha- relato, dende principio de curso ata o mes de maio. Tamén deu un curso de lingua e cultura portuguesa os martes pola tarde. Eleccións ao consello escolar: No primeiro trimestre houbo eleccións ao Consello Escolar e o 30 de novembro quedaron proclamados os seguintes membros : SECTOR PROFESORADO ELIXIDO: Elena Berta Calvín García, Luís Pérez Vila e Domingo Gutiérrez. SECTOR ALUMNADO ELIXIDO: Andrea Cacheda Abeledo, Daniel Cepeda Mouriño e Jacobo González. SECTOR PAIS / NAIS ELIXIDA: Tamara Franco Fraiz. REPRESENTANTES DESIGNADO POLO CONCELLO : Manuel Gómez Estévez REPRESENTANTE DESIGNADO POLAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS: José Luis Vila Coengo REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMÓN E SERVIZOS: Olga Carral Vázquez 2ºB BACHARELATO
  • 31. 2ºC e 2ºD de BACHARELATO A mala planificación do noso fotógrafo dou ao traste co proxecto de poñer unha foto de cada un dos grupos que formaron parte do Instituto o curso 2006-2007. Queda- ron sen foto 2ºC e 2ºD de bacharelato. Inda así, temos, cando menos, os seus caretos. PARA UN NOVO INSTITUTO... Deixamos para o final algo que se em- pezou pero non rematou: AS OBRAS. Levamos sufrindo en silencio dende febreiro, os andamios, a pintura, os trades, etc. Pero tamén sabemos que todo o refu- gallo, toda esta tripada ao vento, to- dos estes cables e ferros nus, son o sinal dun traballo que, a partir do pró- ximo outubro, farán deste Instituto a envexa do pobo. Amén. FELIZ VERÁN