SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  4
A FAVOR
          As novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais


       Os avances tecnolóxicos no campo das comunicación transformaron os hábitos e costumes da
sociedade, cambiaron os estilos de vida e incluso variaron a linguaxe e o vocabulario dos usuarios.
Como case todas as innovacións ao longo da historia posúen un sector de detractores, tremendistas e
mesmo apocalípticos que só ven os aspectos negativos e manifestan prexuízos con cada avance neste
terreo. Así sucedeu coa aparición do teléfono, da radio, cinematógrafo, da televisión, etc.
Seguro que como todo na vida, coas novas tecnoloxías e redes sociais hai que seguir unhas normas e
ter certas precaucións, pero o que é innegable é que son un avance                     indiscutible   nas
comunicacións e nas relacións sociais, como imos demostrar cos nosos argumentos.


       As novas tecnoloxías entre as que se contan a internet e as redes sociais creban todo tipo de
fronteiras, permiten a comunicación e son unha ferramenta tal útil e efectiva que non ofrece a máis
mínima    dúbida. A listaxe de vantaxes destas tecnoloxías na             mellora das relacions sociais é
interminable:


1. As novas tecnoloxías son positivas nas familias cando existe un bo nivel de comunicación, pois
está demostrado que os artefactos dixitais son utensilios que non fan máis que resaltar os valores
familiares.
       En moitas familias, a tecnoloxía é como un membro máis da mesma que participa en moitos
ámbitos: ocio, compra, viaxes, entretemento. Mais estas novas familias teñen claro que as tecnoloxías
non poden substituír a pasear, ler, facer deporte ou ver unha película.
       Só se as relacións familiares son malas, a tecnoloxía pode distanciar aos integrantes da
familia e resaltar   o illamento e o individualismo que xa estaban             presentes con o sen novas
tecnoloxías.
       E seguindo no àmbito da familia, Unha imaxe vale máis que mil palabras: os netos ensinando a
os seus avós a difícil arte de navegar por internet, de chatear con familiares e amigos, de pescudar e
investigar a través de google o hotmail os máis diversos temas relacionados coa historia, a xeografía, a
arte, a ciencia, a cultura, etc. Os rapaces, os mozos, os adolescentes, dando clases prácticas de
informática, de internet, sobre correos electrónicos, aos seus pais facilitando               un encontro
interxeracional rico e prometedor.
       Rematamos coas relacións familiares falando do uso das novas tecnoloxías na comunicación
entre as familias que se atopan separadas. Mozos que estudan fóra de casa, necesidade de emigrar

                                                                                                        1
para buscar unha vida mellor... Quen non ten no seu contorno un familiar co que se comunican por
Skipe, Wasap? Os nosos pais aínda lembran as dificultades para comunicarse coa familia cando se
atopaban lonxe de casa: longas colas nas cabinas, conferencias carísimas....


2. As novas tecnoloxías permiten traballar desde o domicilio, contribuíndo à conciliación da vida
familiar coa vida laboral e permitindo unha mellor comunicación coa parella e os fillos.


       Desde o punto de vista dos empregados, os expertos aseguran que os traballadores se senten
máis satisfeitos, motivados e con menores niveis de estrés traballando en casa. Xa que se eliminan os
desprazamentos entre o lugar de traballo e a residencia do traballador, redúcense os atascos e o gasto
en transporte público. Ademais, os conflitos que o traballo ocasiona, a miúdo, na familia, poden
diminuír posto que o traballador pode conciliar mellor a súa vida persoal coa profesional grazas uns
horarios máis flexibles.
       Finalmente o teletraballo tamén pode reducir os gastos no coidado dos fillos, ao diminuír o
tempo que se está fóra de casa.
       A nivel social, esta modalidade de traballo facilita a integración no mundo laboral de persoas
con dificultades de desprazamento (discapacitados, nais e pais con bebés, fillos ao coidado de persoas
maiores, etc.).


3. Axudan a globalizar a cultura e a información e levala cada día a máis lugares : os cursos on
line , aulas virtuais, a prensa, están ao alcance de persoas que viven no medio rural ou zonas
periféricas. E se ben o acceso a estes avances comezou sendo un terreo vedado a moitos grupos de
poboación, hoxe en día non hai concello, asociaciòn cultural, Centro de Maiores no que falten cursos
de alfabetización dixital adaptados ás circunstancias de cada caso.


4. Pero a mellora das relacións sociais non só ten que ver con falar cos amigos e coa familia, pois
neste sentido a realidade é tan esmagadora que non ofrece dúbida, existen outras maneiras de empregar
as novas tecnoloxías que significan un grande avance na mellora destas relacións.
       A través das redes sociais hoxe en día, canalízase unha corrente de solidariedade que axuda
a combater as inxustizas asinando cartas dirixidas ás autoridades, aos políticos e solidarizándose coa
xente que sofre agravios e ataques aos dereitos humanos. Numerosas ONG ou plataformas cidadás :
Amnistia Intenacional, vía change.org., achégannos a realidades que nós, no noso mundo, non
podiamos nin imaxinar : mulleres castigadas a morrer lapidadas, nenos que traballan como escravos,
mulleres sen acceso à educaciòn.
       Acaso non significa unha mellora das relacións, que coñezamos esas realidades, que poidamos
asinar e berrar ben forte a través destas plataformas: PROTESTO. De non seren polas novas
tecnoloxías, moitos deses casos xamais se coñecerían.
                                                                                                    2
5. Mellora as relacións das persoas maiores. O número de persoas maiores da nosa sociedade é cada
vez máis amplo, e o sentimento de illamento e soidade cada vez máis frecuente entre eles. As novas
tecnoloxías son unha ferramenta para axudarlles a mellorar as súas relacións sociais e facer que se
sintan máis comunicados e conectados.
           Este é o caso do proxecto Social TV posto en marcha pola Fundación Vodafone España, Cruz
Vermella Española e a Fundación TECSOS, que ten como gran obxectivo crear unha rede social vitual
que poida chegar a converterse nunha rede social física na que as persoas maiores entren en contacto,
se coñezan e se apoien.


6. As Nuevas tecnoloxías abren unha porta á autonomía a persoas con minusvalias e
enfermidades de tipoloxía ben distinta. Melloran a súas relación e en moitos casos cambian
completamente as súas vidas.
           Acaso un ordenador que fala por unha persoa, as ordes que se converten en accións grazas ao
sistema de recoñecemento de voz ou a adaptación de aplicacións informáticas non abren unha porta
para discapacitados? Acaso non adquiren a autonomía que a vida lles negou? Por poñer un exemplo,
Stephen Hawking, unha das mentes máis lúcidas da historia, comunícase co resto do mundo grazas ás
novas tecnoloxías.
Non imaxinades a cantidade de persoas anónimas que se relacionan facendo uso das novas
tecnoloxías.
As novas tecnoloxías supoñen un grande avance en canto á superación das limitacións ás que se ven sometidos algúns colectivos tales como as persoas que sofren
algunha discapacidade.
Existen moitos dispositivos electrónicos destinados a axudar a estas persoas, como pode ser: "Phantom" (dedo-robot para cegos), o ratón bucal e un longo etc.
http://www.uco.es/investiga/grupos/eatco/automatica/ihm/descargar/discapacitados.pdf




7. Tamén as novas tecnoloxías facilitan a comunicación co mundo laboral á hora de buscar
traballo. Moitos son os que se inscriben ou envían o currículo a empresas situadas en calquera parte
do mundo sen necesidade de moverse de casa.
           Outra nova faceta no mundo laboral é o aumento de persoas que coa axuda da internet e dos
marabillosos programas a súa disposición poñen en marcha iniciativas creativas e rendibles en
infinidade de campos: infografìa,repostería, artesanía, moda, arte, xestorías. Son os chamados freelace
ou traballadores por conta propia que agora dispoñen das novas redes para mellorar as relacións con
clientes, provedores, etc.


 8. Tampouco podemos poñer en dúbida que as novas tecnoloxías constitúen un estímulo                                                                             da
creatividade , autoestima e habilidades sociais se se saben seleccionar e dosificar, como todo na
vida, e ofrecen unha grande cantidade de materiais para a diversión e o entretemento.



                                                                                                                                                                  3
Hoxe e día os xogos máis tradicionais están renovados na rede: triviados, apalabrados,
xadrez... conviven con vídeoxogos de última xeración sobre temas diverso e variedade para toas as
idades.
Malia a mala prensa dos vídeoxogos, se se usan de maneira racional ofrecen numerosas vantaxes:
    Entreteñen e divirten
    Estimulan a coordinación óculo-manual
    Promoven procesos cognitivos complexos como a atención, percepción visual, memoria e
          secuenciación da información.
    Axudan a dquirir estratexias para “aprender a aprender” en contornos novos.
    Reforzan o sentido do dominio e control persoal.
    Potencian a autoestima
    E ademais, facilitan as relacións sociais entre xogadores.


9. Por ultimo,a tecnoloxía mobilízanos e amplifica todo "cando os individuos se unen a través da
Internet poden facer que xurda algo completamente novo", como ocorreu con "O Indignado", unha
"figura sen rostro" que emerxeu a partir das mobilizacións sociais de Libia, Siria e Exipto, pero tamén
en Atenas, Londres, Madrid e Nova York.... Nalgúns destes casos, as novas tecnoloxías romperon o
principal dique da incomunicación : a censura; o que sen dúbida mellora as relacións entre as persoas
e entre sociedades en distinto grao de desenvolvemento.


Concluímos reafirmándonos en que as novas tecnoloxías modificaron o xeito de comunicarmos co
resto das persoas e que maioritariamente favorecen as relacións sociais no mundo como nunca o
fixeran antes, incluso ata o punto de a través delas, moitas voces en todas partes do mundo únense
para cuestionar verdades institucionalizadas e defender múltiples puntos de vista na interpretación dos
feitos políticos, sociais, económicos, ecolóxicos.... abrindo a imparable posibilidade da discrepancia.




                                                                                                          4

Contenu connexe

Similaire à Presentación

Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGaabiverin7
 
Tecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicaciónTecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicaciónAlbaParadaQueija
 
Power Point novas tecnoloxías
Power Point novas tecnoloxíasPower Point novas tecnoloxías
Power Point novas tecnoloxíasnoeliaranalopez
 
Powerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxiasPowerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxiascristialba
 
Powerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxiasPowerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxiascristialba
 
SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...
SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...
SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...Pablo Nimo Liboreiro
 
O universo das Tic
O universo das TicO universo das Tic
O universo das Ticomarfdez
 
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedadeCiencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedadeJaniih
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónivanbas
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaaleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónleliii
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónleliii
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónleliii
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similaire à Presentación (20)

Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
 
Tecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicaciónTecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicación
 
Power Point novas tecnoloxías
Power Point novas tecnoloxíasPower Point novas tecnoloxías
Power Point novas tecnoloxías
 
actividades 3 e 4
actividades 3 e 4 actividades 3 e 4
actividades 3 e 4
 
Powerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxiasPowerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxias
 
Powerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxiasPowerpoint novas tecnoloxias
Powerpoint novas tecnoloxias
 
SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...
SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...
SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...
 
O universo das Tic
O universo das TicO universo das Tic
O universo das Tic
 
20abalarei
20abalarei20abalarei
20abalarei
 
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedadeCiencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da información
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaa
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
TICs
TICsTICs
TICs
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 

Plus de Carme Fernández Miranda (8)

4. 5. concertos
4. 5.  concertos4. 5.  concertos
4. 5. concertos
 
3. mª xosé e fran
3. mª xosé e fran3. mª xosé e fran
3. mª xosé e fran
 
2. mel e fel en prodeso
2. mel e fel en prodeso2. mel e fel en prodeso
2. mel e fel en prodeso
 
1.
1.1.
1.
 
28. contraportada
28. contraportada28. contraportada
28. contraportada
 
Refutacións en contra
Refutacións en contraRefutacións en contra
Refutacións en contra
 
Refutacións a favor discapacitados e ine
Refutacións a favor discapacitados e ineRefutacións a favor discapacitados e ine
Refutacións a favor discapacitados e ine
 
Tics para o apoio a persoas con discapacidade
Tics  para o apoio a persoas con discapacidadeTics  para o apoio a persoas con discapacidade
Tics para o apoio a persoas con discapacidade
 

Presentación

  • 1. A FAVOR As novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais Os avances tecnolóxicos no campo das comunicación transformaron os hábitos e costumes da sociedade, cambiaron os estilos de vida e incluso variaron a linguaxe e o vocabulario dos usuarios. Como case todas as innovacións ao longo da historia posúen un sector de detractores, tremendistas e mesmo apocalípticos que só ven os aspectos negativos e manifestan prexuízos con cada avance neste terreo. Así sucedeu coa aparición do teléfono, da radio, cinematógrafo, da televisión, etc. Seguro que como todo na vida, coas novas tecnoloxías e redes sociais hai que seguir unhas normas e ter certas precaucións, pero o que é innegable é que son un avance indiscutible nas comunicacións e nas relacións sociais, como imos demostrar cos nosos argumentos. As novas tecnoloxías entre as que se contan a internet e as redes sociais creban todo tipo de fronteiras, permiten a comunicación e son unha ferramenta tal útil e efectiva que non ofrece a máis mínima dúbida. A listaxe de vantaxes destas tecnoloxías na mellora das relacions sociais é interminable: 1. As novas tecnoloxías son positivas nas familias cando existe un bo nivel de comunicación, pois está demostrado que os artefactos dixitais son utensilios que non fan máis que resaltar os valores familiares. En moitas familias, a tecnoloxía é como un membro máis da mesma que participa en moitos ámbitos: ocio, compra, viaxes, entretemento. Mais estas novas familias teñen claro que as tecnoloxías non poden substituír a pasear, ler, facer deporte ou ver unha película. Só se as relacións familiares son malas, a tecnoloxía pode distanciar aos integrantes da familia e resaltar o illamento e o individualismo que xa estaban presentes con o sen novas tecnoloxías. E seguindo no àmbito da familia, Unha imaxe vale máis que mil palabras: os netos ensinando a os seus avós a difícil arte de navegar por internet, de chatear con familiares e amigos, de pescudar e investigar a través de google o hotmail os máis diversos temas relacionados coa historia, a xeografía, a arte, a ciencia, a cultura, etc. Os rapaces, os mozos, os adolescentes, dando clases prácticas de informática, de internet, sobre correos electrónicos, aos seus pais facilitando un encontro interxeracional rico e prometedor. Rematamos coas relacións familiares falando do uso das novas tecnoloxías na comunicación entre as familias que se atopan separadas. Mozos que estudan fóra de casa, necesidade de emigrar 1
  • 2. para buscar unha vida mellor... Quen non ten no seu contorno un familiar co que se comunican por Skipe, Wasap? Os nosos pais aínda lembran as dificultades para comunicarse coa familia cando se atopaban lonxe de casa: longas colas nas cabinas, conferencias carísimas.... 2. As novas tecnoloxías permiten traballar desde o domicilio, contribuíndo à conciliación da vida familiar coa vida laboral e permitindo unha mellor comunicación coa parella e os fillos. Desde o punto de vista dos empregados, os expertos aseguran que os traballadores se senten máis satisfeitos, motivados e con menores niveis de estrés traballando en casa. Xa que se eliminan os desprazamentos entre o lugar de traballo e a residencia do traballador, redúcense os atascos e o gasto en transporte público. Ademais, os conflitos que o traballo ocasiona, a miúdo, na familia, poden diminuír posto que o traballador pode conciliar mellor a súa vida persoal coa profesional grazas uns horarios máis flexibles. Finalmente o teletraballo tamén pode reducir os gastos no coidado dos fillos, ao diminuír o tempo que se está fóra de casa. A nivel social, esta modalidade de traballo facilita a integración no mundo laboral de persoas con dificultades de desprazamento (discapacitados, nais e pais con bebés, fillos ao coidado de persoas maiores, etc.). 3. Axudan a globalizar a cultura e a información e levala cada día a máis lugares : os cursos on line , aulas virtuais, a prensa, están ao alcance de persoas que viven no medio rural ou zonas periféricas. E se ben o acceso a estes avances comezou sendo un terreo vedado a moitos grupos de poboación, hoxe en día non hai concello, asociaciòn cultural, Centro de Maiores no que falten cursos de alfabetización dixital adaptados ás circunstancias de cada caso. 4. Pero a mellora das relacións sociais non só ten que ver con falar cos amigos e coa familia, pois neste sentido a realidade é tan esmagadora que non ofrece dúbida, existen outras maneiras de empregar as novas tecnoloxías que significan un grande avance na mellora destas relacións. A través das redes sociais hoxe en día, canalízase unha corrente de solidariedade que axuda a combater as inxustizas asinando cartas dirixidas ás autoridades, aos políticos e solidarizándose coa xente que sofre agravios e ataques aos dereitos humanos. Numerosas ONG ou plataformas cidadás : Amnistia Intenacional, vía change.org., achégannos a realidades que nós, no noso mundo, non podiamos nin imaxinar : mulleres castigadas a morrer lapidadas, nenos que traballan como escravos, mulleres sen acceso à educaciòn. Acaso non significa unha mellora das relacións, que coñezamos esas realidades, que poidamos asinar e berrar ben forte a través destas plataformas: PROTESTO. De non seren polas novas tecnoloxías, moitos deses casos xamais se coñecerían. 2
  • 3. 5. Mellora as relacións das persoas maiores. O número de persoas maiores da nosa sociedade é cada vez máis amplo, e o sentimento de illamento e soidade cada vez máis frecuente entre eles. As novas tecnoloxías son unha ferramenta para axudarlles a mellorar as súas relacións sociais e facer que se sintan máis comunicados e conectados. Este é o caso do proxecto Social TV posto en marcha pola Fundación Vodafone España, Cruz Vermella Española e a Fundación TECSOS, que ten como gran obxectivo crear unha rede social vitual que poida chegar a converterse nunha rede social física na que as persoas maiores entren en contacto, se coñezan e se apoien. 6. As Nuevas tecnoloxías abren unha porta á autonomía a persoas con minusvalias e enfermidades de tipoloxía ben distinta. Melloran a súas relación e en moitos casos cambian completamente as súas vidas. Acaso un ordenador que fala por unha persoa, as ordes que se converten en accións grazas ao sistema de recoñecemento de voz ou a adaptación de aplicacións informáticas non abren unha porta para discapacitados? Acaso non adquiren a autonomía que a vida lles negou? Por poñer un exemplo, Stephen Hawking, unha das mentes máis lúcidas da historia, comunícase co resto do mundo grazas ás novas tecnoloxías. Non imaxinades a cantidade de persoas anónimas que se relacionan facendo uso das novas tecnoloxías. As novas tecnoloxías supoñen un grande avance en canto á superación das limitacións ás que se ven sometidos algúns colectivos tales como as persoas que sofren algunha discapacidade. Existen moitos dispositivos electrónicos destinados a axudar a estas persoas, como pode ser: "Phantom" (dedo-robot para cegos), o ratón bucal e un longo etc. http://www.uco.es/investiga/grupos/eatco/automatica/ihm/descargar/discapacitados.pdf 7. Tamén as novas tecnoloxías facilitan a comunicación co mundo laboral á hora de buscar traballo. Moitos son os que se inscriben ou envían o currículo a empresas situadas en calquera parte do mundo sen necesidade de moverse de casa. Outra nova faceta no mundo laboral é o aumento de persoas que coa axuda da internet e dos marabillosos programas a súa disposición poñen en marcha iniciativas creativas e rendibles en infinidade de campos: infografìa,repostería, artesanía, moda, arte, xestorías. Son os chamados freelace ou traballadores por conta propia que agora dispoñen das novas redes para mellorar as relacións con clientes, provedores, etc. 8. Tampouco podemos poñer en dúbida que as novas tecnoloxías constitúen un estímulo da creatividade , autoestima e habilidades sociais se se saben seleccionar e dosificar, como todo na vida, e ofrecen unha grande cantidade de materiais para a diversión e o entretemento. 3
  • 4. Hoxe e día os xogos máis tradicionais están renovados na rede: triviados, apalabrados, xadrez... conviven con vídeoxogos de última xeración sobre temas diverso e variedade para toas as idades. Malia a mala prensa dos vídeoxogos, se se usan de maneira racional ofrecen numerosas vantaxes:  Entreteñen e divirten  Estimulan a coordinación óculo-manual  Promoven procesos cognitivos complexos como a atención, percepción visual, memoria e secuenciación da información.  Axudan a dquirir estratexias para “aprender a aprender” en contornos novos.  Reforzan o sentido do dominio e control persoal.  Potencian a autoestima  E ademais, facilitan as relacións sociais entre xogadores. 9. Por ultimo,a tecnoloxía mobilízanos e amplifica todo "cando os individuos se unen a través da Internet poden facer que xurda algo completamente novo", como ocorreu con "O Indignado", unha "figura sen rostro" que emerxeu a partir das mobilizacións sociais de Libia, Siria e Exipto, pero tamén en Atenas, Londres, Madrid e Nova York.... Nalgúns destes casos, as novas tecnoloxías romperon o principal dique da incomunicación : a censura; o que sen dúbida mellora as relacións entre as persoas e entre sociedades en distinto grao de desenvolvemento. Concluímos reafirmándonos en que as novas tecnoloxías modificaron o xeito de comunicarmos co resto das persoas e que maioritariamente favorecen as relacións sociais no mundo como nunca o fixeran antes, incluso ata o punto de a través delas, moitas voces en todas partes do mundo únense para cuestionar verdades institucionalizadas e defender múltiples puntos de vista na interpretación dos feitos políticos, sociais, económicos, ecolóxicos.... abrindo a imparable posibilidade da discrepancia. 4