SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  2
Télécharger pour lire hors ligne
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
           CEIP de Randufe Nº 28 outubro de 2011


              EN GALEGO, POR DEFERENCIA
        Esta anécdota foi recollida por Xurxo Martínez González no seu blogue “O
 marmurio das ondas” (http://omarmuriodaonda.blogaliza.org/2011/04/14/en-galego-
 por-deferencia/). Di así:
    Foi durante unha conferencia nunha sala ampla ateigada de xente
 nunha localidade da Comunidade Autónoma Galega. Non lembro o no-
 me das persoas agás o de Fernando Ónega, o xornalista que fixo carreira
 en Madrid que agora acompaña con anuncios para o Banco Pastor.
    Logo das correspondentes presentacións, tomou a palabra o citado xor-
 nalista. Abriu dun xeito semellante a isto:
    “Como sabedes eu son galego. Sei falar galego e gústame moito a fala
 da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a
 dous colegas de Madrid, por deferencia con eles, voume expresar en cas-
 telán. As linguas están para comunicarnos”.
    Falou, logo, nun castelán empiricamente bo malia que o puidese facer
 nun galego supostamente tan bo.
    A seguir falaba unha señora. Mágoa non lembrar o nome. Comezou:
    “Como sabedes eu son galega. Sei falar galego e gústame moito a fala
 da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a
 dous colegas de Francia, por deferencia con eles, voume expresar en
 francés. As linguas están para comunicarnos” [Nesa sala non había
 francés ningún].
    A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que
 esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o
 que lle arrancaran, por deferencia, había media hora.
   Se nun mundo tan globalizado como o actual non pui-
 désemos falar galego no noso propio pais, porque estive-
 se presente algún foráneo, implicaría a inviabilidade da
 nosa lingua.
   Tamén por isto...
HOUBERON DE AFOGAR, HEI SABER
  Hoxe traemos dúas perífrases galegas que se constrúen co verbo haber. As dúas poden levar a preposi-
ción de, ou non levala; con preposición ou sen ela son dúas construcións correctas e moi galegas, propias e
exclusivas do noso idioma. Unha faise co verbo haber en pasado e outra co verbo haber en presente.
                                 PASADO DO VERBO HABER + (DE) INFINITIVO: Indica que unha acción
era inminente, tiña moitas posibilidades de se producir, mais non ocorreu.
    “O coche saíuse da estrada e houberon de morrer os ocupantes” (están vivos, non morreron).
    “pisou mal e houbo caer polas escaleiras” (non caeu).
    “O domingo houbemos gañar o partido” (non gañamos).
                                 PRESENTE DO VERBO HABER + (DE) INFINITIVO: Indica que unha ac-
ción vaise producir no futuro, sexa un propósito ou unha certeza.
    “Hei saber quen me levou a cancela” (ten o propósito de sabelo).
    “Este ano habemos de ascender a primeira”, di un seareiro do Celta (obviamente é un propósito por
máis que o considere unha certeza).
    “Os camiñantes han chegar a Compostela” (manifesta a certeza de que chegarán a Compostela).


  Unha vella
xa moi vella
botou un to-                                                                                Se non co-
xo no lar,                                                                              meres a me-
saltoulle na                                                                            renda heiche
faldriqueira e                                                                          deixar      sen
hóubolle de                                                                             televisión.
queimar.

Contenu connexe

Plus de ceiprandufe

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellorceiprandufe
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellorceiprandufe
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellorceiprandufe
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellorceiprandufe
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaceiprandufe
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesíaceiprandufe
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017ceiprandufe
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 

Plus de ceiprandufe (20)

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
 

Dernier

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Dernier (12)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Nº 28 outubro 2011 en galego,.

  • 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 28 outubro de 2011 EN GALEGO, POR DEFERENCIA Esta anécdota foi recollida por Xurxo Martínez González no seu blogue “O marmurio das ondas” (http://omarmuriodaonda.blogaliza.org/2011/04/14/en-galego- por-deferencia/). Di así: Foi durante unha conferencia nunha sala ampla ateigada de xente nunha localidade da Comunidade Autónoma Galega. Non lembro o no- me das persoas agás o de Fernando Ónega, o xornalista que fixo carreira en Madrid que agora acompaña con anuncios para o Banco Pastor. Logo das correspondentes presentacións, tomou a palabra o citado xor- nalista. Abriu dun xeito semellante a isto: “Como sabedes eu son galego. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Madrid, por deferencia con eles, voume expresar en cas- telán. As linguas están para comunicarnos”. Falou, logo, nun castelán empiricamente bo malia que o puidese facer nun galego supostamente tan bo. A seguir falaba unha señora. Mágoa non lembrar o nome. Comezou: “Como sabedes eu son galega. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Francia, por deferencia con eles, voume expresar en francés. As linguas están para comunicarnos” [Nesa sala non había francés ningún]. A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o que lle arrancaran, por deferencia, había media hora. Se nun mundo tan globalizado como o actual non pui- désemos falar galego no noso propio pais, porque estive- se presente algún foráneo, implicaría a inviabilidade da nosa lingua. Tamén por isto...
  • 2. HOUBERON DE AFOGAR, HEI SABER Hoxe traemos dúas perífrases galegas que se constrúen co verbo haber. As dúas poden levar a preposi- ción de, ou non levala; con preposición ou sen ela son dúas construcións correctas e moi galegas, propias e exclusivas do noso idioma. Unha faise co verbo haber en pasado e outra co verbo haber en presente. PASADO DO VERBO HABER + (DE) INFINITIVO: Indica que unha acción era inminente, tiña moitas posibilidades de se producir, mais non ocorreu. “O coche saíuse da estrada e houberon de morrer os ocupantes” (están vivos, non morreron). “pisou mal e houbo caer polas escaleiras” (non caeu). “O domingo houbemos gañar o partido” (non gañamos). PRESENTE DO VERBO HABER + (DE) INFINITIVO: Indica que unha ac- ción vaise producir no futuro, sexa un propósito ou unha certeza. “Hei saber quen me levou a cancela” (ten o propósito de sabelo). “Este ano habemos de ascender a primeira”, di un seareiro do Celta (obviamente é un propósito por máis que o considere unha certeza). “Os camiñantes han chegar a Compostela” (manifesta a certeza de que chegarán a Compostela). Unha vella xa moi vella botou un to- Se non co- xo no lar, meres a me- saltoulle na renda heiche faldriqueira e deixar sen hóubolle de televisión. queimar.