2. Unha mañá soleada do mes de novembro,os
alumnos e alumnas de 3º, saímos ao patio da
nosa escola a facer debuxos das árbores.
3. As follas dos “liquidambar”, árbores
caducifolias, estaban mudando as súas
cores, transformándose en vermellas,
laranxas, castañas, amarelas…
4. Unhas ceras de cores, uns folios e un sinxelo
soporte, servíronnos para poñernos mans á
obra, dispostos a experimentar a técnica
impresionista.
5. O impresionismo
• A característica máis destacada do impresionismo
é a forma de pintar, de aí o seu nome, porque son
impresións.
• Se nos achegamos ao cadro comprobaremos que
practicamente está composto de manchas.
• Se nos alonxamos un pouco, poderemos
observar como esas manchas adquiren forma
para converterse en aquilo que
o pintor quere transmitir.