SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  23
Télécharger pour lire hors ligne
PROGRAMA DE FORMACIÓN MULTIMEDIA
E AUDIOVISUAL 2012 DA REDE CEMIT




CURSO   DE        PRODUCIÓN
AUDIOVISUAL

 Capítulo 2
INDICE DÍA 2
   DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN

      o EN     QUE      CONSISTE   O   DESENVOLVEMENTO   DE

        PRODUCIÓN?

      o TIPOS:

              Propia

              Por encargo

      o IDEA

      o ARGUMENTO

      o SINOPSE

      o TRATAMENTO

      o DOSSIER

      o PITCH

      o DEREITOS

      o COPRODUCIÓN

      o FINANCIAMENTO

      o SUBVENCIÓNS ESTATAIS

      o PRÉSTAMOS E CRÉDITOS

      o INVERSOR

      o PATROCINIOS

      o TELEVISIÓNS

      o GUIÓN LITERARIO
 Idea inicial

 Trama principal

 Personaxes

 Estrutura Narrativa

 Forma

 CELTX
1. DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN


E a etapa previa a calquera produción audiovisual
propiamente dita e caracterízase polo estudio, avaliación e
definición do proxecto a levar a cabo.

Hai dous tipos de produción audiovisual:

  1. A produción propia: Cando se produce para despois vender
     as diferentes canles de exhibición. Os dereitos de explotación
     da obra son propiedade da produtora, tamén entran dentro
     deste concepto as coproducións, aínda que a coprodución sexa
     con unha canle de televisión a dona dos dereitos son as
     produtoras, polo que a produción e a comercialización son
     responsabilidade destas.



  2. A produción por encarga: Cando unha canle de televisión
     contrata a unha produtora para levar a cabo o que se chama
     “produción externa”, e dicir, un proxecto determinado do cal os
     dereitos serán da canle de televisión, xa fora a produtora a que
     presentara a idea do proxecto a canle de televisión, ou o
     contrario, pagando a TV a totalidade dos gastos de produción.
     Isto levará un minucioso control por parte da canle de
     televisión do guión, as imaxes filmadas, os gastos,.. así como
     da montaxe final do produto. Sucede o mesmo con produtos
     institucionais ou cos spots publicitarios.

A partir de unha idea, tratamento ou guión, que chega a un
produtor,    este valora o interese que ten para ser
transformado en imaxes e son.

Unha vez establecido o interese no manuscrito, o produtor contrata a
un produtor executivo que será o encargado de facer unha primeira
valoración orzamentaria aproximada do costo da película, e comeza a
busca de financiamento elaborando un dossier do proxecto, para
podelo presentar a posibles coprodutores e financiadores mediante un
pitch.

Tamén soe ser este o momento no que o produtor vincula o director e
o guionista para establecer a relación entre o narrativo e a produción
e definir os obxectivos do proxecto. Ademais de completar o guión
definitivo.

En canto o produtor da a súa aprobación ao guión, contratase ao
director de produción, quen fará un desgrego xeral do guión para
determinar as necesidades do guión en relación co director. Pasando
á seguinte fase da produción.



ACTIVIDADES E DOCUMENTOS

     IDEA

A idea é o punto de arranque e escríbese nun par de liñas.
Exponse sobre o que quere falar o autor.

As ideas poden ser de moi variada índole, un feito que presenciamos,
unha personaxe histórica, unha anécdota que oímos, unha nova no
xornal, un pensamento que nos ven a cabeza, etc.

     ARGUMENTO

Consiste en desenvolver a idea ata chegar á narración concisa
de unha historia completa. Sóense narrar en tempo presente,
aparecen os acontecementos esenciais da historia e as personaxes
principais.

     SINOPSE

É o desenvolvemento esquemático e completo do argumento;
non se trata da sinopse publicitaria que soe vir nas recensión de
revistas ou DVDs e programacións de televisión. A sinopse ten que
conter as personaxes, o conflito, o nó, o clímax e o desenlace da
historia, sen entrar en detalles técnicos.

     TRATAMENTO

É o desenvolvemento e posterior situación da acción contida
no argumento ou na sinopse. A acción xa se refire a lugares
máis concretos e a unhas personaxes que quedan definidas
polo seu comportamento e as súas relación. Ocupa case a
metade de paxinas que un guión, está escrito en presente e emprega
a terceira persoa. Está dividido en escenas e pode incluír partes do
diálogo.
   DOSSIER

O dossier ou “package” é un conxunto de documentos que
mostran a información máis importante para vender o
proxecto, na busca de inversión. O principal contido deste
paquete de documentos soe ser:

           -   Xustificante da posesión dos dereitos de autor do guión

           -   Sinopse

           -   Carta de intención do director (proposta estética)

           -   Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo)

           -   Ficha artística do reparto principal

           -   Principais localizacións

           -   Cronograma provisional de obxectivos

           -   Presuposto estimativo

           -   Plan financeiro

           -   Historial da produtora

           -   Fotografías e Avance (Teaser)



No caso de que sexa para o ámbito gobernamental (subvencións e
axudas), adóitase requirir tamén documentación de constitución da
produtora así como algún xustificante de estar ao corrente nas contas
coa administración pública.

É importante que este dossier conte con unha boa presentación, disto
dependerá en gran medida o interese que lle dediquen e causará
unha boa impresión do proxecto.

     PITCH

O pitch ou pitching non é mais que un breve discurso oral dun
proxecto. É a maneira de presentarse ante un posible
financiador, un coprodutor, unha canle televisiva, un
produtor,.. Alguén a quen queremos contarlle o noso proxecto
coa intención de obter algo deles.

É moi diferente contar unha historia que vendela. Facer un pictch non
é narrar unha película ou un programa, é vender unha idea, un
concepto. Para isto temos que estar convencidos de que o noso
proxecto é único, debemos estar comprometidos e apaixonados por
levalo a cabo ou do contrario no poderemos esperar que os demais se
interesen nel.

Debe de ser moi breve, en ocasións teremos que contar o noso
proxecto nun par de minutos, aínda que o normal establecido son 7
minutos. Se se interesan polo proxecto, serán eles os que o
demostren facéndonos preguntas concretas ou pedíndonos mais
datos.

Debemos mencionar a información imprescindible: de que se trata, o
porqué lle interesará á audiencia, a quén irá dirixido e cal é a nosa
proposta de financiamento, así como o xénero, o formato e a
atmosfera.

É conveniente facer unha labor previa de escritura do pitch, traballar
os argumentos que utilizaremos e pensar con antelación o que
poderían preguntarnos. Saber canto podemos contar do proxecto,
coñecer a fondo o guión, ter claro o plan de financiamento, a
distribución que queremos darlle.

Tamén é importante saber moi ben o que queremos obter da persoa
coa que falaremos e facer un previo recoñecemento do terreo ó que
nos achegamos. Noutras palabras: que compran, como o fan, cantos
e canto pagan.

Hai quen opinan que para preparar un pitch é bo ensaiar con algún
amigo ou fronte a un espello. É verdade que as posicións corporais e
a nosa aparencia inflúen na percepción de quen nos escoita, pero eu
prefiro pensar que o qué é realmente importante é estar convencidos
de que queremos facelo e coñecer o noso proxecto á perfección. Se
nós creemos nel ¿Por que os demais non o farían?

En un pitching debe coidarse especialmente o peso persuasivo do
discurso, que pasa por dous factores fundamentais:
 Fondo: o que seleccionamos como información. Existen
          criterios básicos para ordenar calquera presentación:
          Definir – Discriminar – Dominar

         Forma: a maneira en que transmitimos a información. O
          sumatorio de tres factores outorga credibilidade ó orador:
          Empoderamiento – Estilo – Enerxía

Son erros frecuentes nun discurso (pitching) as contextualizacións
largas ou sen gancho. Estar preparados por se o oínte comeza a
aburrirse, ter alternativas, cambiar o ton e a forma.

Non se debe responder negativamente a un comentario: dicir que xa
tes pensado en iso e mostrar interese polas distintas percepcións.
Pensa que é posible que volvas con outro proxecto, polo que hai que
coidar de non pechar ningunha porta.



O esquema que utilizan os americanos consta dos seguintes puntos:

     1. Cortesías: saúdos pertinentes.

     2. Presentación: dicir o noso nome e o da produtora que
        representamos, o país desta en caso de falar con empresas
        estranxeiras e ofrecerlle a nosa tarxeta de presentación.

     3. Credenciais: dicir algo sobre nos, o que fixemos con
        anterioridade. En ocasións a nosa persoa pode ser un
        aliciente para quen escoita.

     4. Obxectivo: anunciarlles que queremos deles, o porqué da
        entrevista.

     5. Enunciar os puntos clave: os dous ou tres temas que lle
        vamos a mencionar. Marcar cando empeza e cando acaba
        cada punto.

     6. Desenvolver o primeiro punto.

     7. Desenvolver o segundo punto.

     8. Desenvolver o terceiro punto.
9. Resumo dos puntos: remarcar o falado para concretar a
        entrevista.

     10. Espero lograr o meu obxectivo: “espero que esta oferta
        lles interese e poidamos chegar a un acordo….”

     11.   Invitación a facer preguntas.

     12.   Despedida: deixar currículo e proposta escrita.



   DEREITOS

A obra audiovisual é considerada unha obra orixinal,
independente das apartacións de diferentes autores de obras
incluídas nela, o produtor é o titular dos dereitos patrimoniais
desta no seu conxunto, considerando ao produtor como a persoa
física ou moral que ten a iniciativa, a coordinación e a
responsabilidade da realización da obra audiovisual.

Por outra parte as obras audiovisuais son obxecto de
propiedade intelectual. Xeralmente considéranse autores desta
ao director e/ou realizador, o guionista, o director de
fotografía e o músico, en función das leis que rexan no pais de
produción e dos seus participantes. Tamén se considera a propiedade
intelectual do argumento, os diálogos, as traducións e adaptacións,
obras de teatro, poemas, debuxos, esculturas, debuxos animados ou
libros utilizados dentro do proxecto.

Para realizar unha obra audiovisual é indispensable contar co permiso
explícito de todos e cada un dos autores das obras incluídas no noso
proxecto. Isto reflíctese na firma de contratos, onde os titulares dos
dereitos patrimoniais se comprometen a participar no proxecto e
ceder ao produtor o dereito de reprodución, distribución, exhibición,
etc… é dicir, o seu dereito de explotación económica. Se o proxecto
se base nunha obra existente deberemos preguntar quen é o dono
dos dereitos de explotación, que en moitos casos é o propio autor e
noutros moitos é a editorial da obra orixinal. Tamén é importante
coñecer o país de publicación da obra orixinal para saber por que leis
se rexen os dereitos de propiedade.
O dereito de autor son o conxunto de dereitos, prerrogativas e
privilexios de carácter individual e patrimonial que recoñece a Lei en
favor do autor ou autores dunha obra, dende o momento mesmo no
que é fixada ou plasmada nun soporte material e polo feito de ser
unha creación. Basicamente divídense en dous grupos: Dereitos
morais (autoría, son intransferibles e irrenunciables) e Dereitos
patrimoniais (propiedade de explotación, son transferibles)

    COPRODUCIÓN

É a unión de unha ou máis produtoras co fin de levar a cabo un
proxecto audiovisual concreto. As razóns para a coproducións
poden ser económicas, para pedir subvencións de diversas
localidades, reparto de traballo, compartir riscos, por
beneficios legais, para a distribución ou exhibición, etc.

A coprodución implica moitos factores artísticos, económicos e legais
do produto audiovisual, en dependencia dos intereses e a
participación de cada produtora que se integra no proxecto. Debemos
analizar e avaliar con coidado cada punto de negociación e decidir se
realmente nos interesa facer esa coprodución.

Para coproducir é moi importante ter un bo entendemento coa outra
produtora xa que faremos un traballo en equipo. Temos que estar
abertos á forma de traballar noutros sitios, así como adaptarse ás
normas e lexislacións dos nosos compañeiros e entender os
diferentes mercados.

Nos contratos de coprodución debese de aclarar baixo que lexislación
se realizará a película e en qué tribunal se discutirá en caso
necesario. Se non se estipula con precisión a lei a seguir en cada
parte do desenvolvemento da produción, a lexislación que rexerá será
a do lugar onde se produzan os feitos. As diferentes cláusulas do
contrato poden ser modificadas sempre e cando tódalas partes estean
en común acordo. Tódalas partes da coprodución son copropietarias
da película e polo tanto teñen libre acceso a utilización do negativo e
a nacionalidade do filme será a de cada país coprodutor.

Tódalas partes deben firmar e estar de acordo con:

           -   Orzamento

           -   Plan financeiro
-   Guión definitivo

           -   Plan de rodaxe

           -   Equipo técnico

           -   Equipo artístico



   FINANCIAMENTO

Unha vez confeccionado o dossier de presentación do proxecto
debemos investigar a quén lle poderá interesar o noso
proxecto. Debemos analizar as posibilidades de coprodución,
investigar o mellor posible os diferentes Fondos de Axuda
gobernamentais, a programación das múltiples cadeas de
televisión, etc.

Hai diferentes fontes de financiamento dun produto audiovisual:

           -   Subvencións gobernamentais a desenvolvemento de
               guión, produción, finalización, exhibición, etc.

           -   Prevendas a cadeas de televisión ou distribuidores
               cinematográficos

           -   Compañías aéreas, cadeas         de   hoteis,   compañías
               ferroviarias e de autobuses...

           -   Empresas na busca de promoción e publicidade

           -   Entidades bancarias

           -   Mecenados ou inversores privados

           -   Crowdfunding (produción colectiva)

O noso obxectivo debe ser conseguir o maior número delas xa que
non soen ser excluíntes, a menos que os contratos con algunha delas
especifique o contrario. Cando as producións son pequenas soe ser
mais complicado conseguir bos contratos de distribución, aínda que
con paciencia e un proxecto atractivo é probable que poidamos
negociar con distribuidoras pequenas ou independentes e cadeas de
televisión de baixo presuposto.
Para falar de financiamento dun produto audiovisual será necesario
falar do sistema de recuperación económica da inversión. O mercado
cinematográfico está marcado por unha serie de regras que se deben
seguir, non é habitual que un produto audiovisual rompa a orde
cronolóxica de exhibición, aínda que as novas prestacións de Internet
con respecto os produtos audiovisuais desestabilizaron en certa
medida a cadea tradicional de presentación ao público:

  1. Sas de cine

  2. TVs pechadas (cable ou antena, agora tamén IP TVs)

  3. TVs en aberto, agora TDT

  4. Vídeo e DVD, agora aluguer por Internet

Esta cadea tiña a súa lóxica, xa que un espectador non paga a
entrada a un cine para ver unha película que xa viu por televisión ou
arrendou no videoclub. Sen embargo, ultimamente, coa revolución
tecnolóxica das comunicacións, encabezada pola capacidade case
ilimitada que parece ter a transmisión de datos a través de Internet,
estamos sendo testemuñas de produtos audiovisuais que rompen con
éxito   esta   cadea    de    comercialización  e   exhibición,   que
tradicionalmente estaba instaurada no medio audiovisual.

   SUBVENCIÓNS DE ORGANISMOS DO ESTADO

As subvencións institucionais son apoios a fondo perdido, e
dicir, que non esixen a devolución do monto financiado, aínda
que si soen reclamar a relación de xustificantes, facturas, que
se correspondan co orzamento presentado a hora de aplicar a
ditas axudas. Pódense encontrar subvencións para a maior
parte das fases dunha produción e poden ser a nivel nacional,
rexional ou municipal.

Estas institucións polo xeral a cambio destas axudas soen conservar
os dereitos de exhibición con propósitos culturais e educativos sen
animo de lucro, ademais do recoñecemento de tal axuda nos títulos
de crédito iniciais do produto.

A documentación requirida para a solicitude soe barallar a seguinte
relación:
-   Acreditación de posesión dos dereitos de propiedade
              intelectual sobre o guión, ou no seu caso, acordo de
              opción de compra sobre a obra preexistente (contrato
              de cesión o produtor e Rexistro da Propiedade
              Intelectual do guión)

          -   Guión

          -   Sinopse

          -   Proposta estética do director

          -   Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo)

          -   Ficha artística do reparto principal

          -   Principais localizacións

          -   Cronograma provisional da produción

          -   Orzamento provisional

          -   Plan financeiro

          -   Comprobantes de acreditación de estar o corrente nas
              obrigas fiscais e outros impostos do Estado

          -   CV da produtora

          -   Plan económico especificando os aportes de capital,
              bens e servizos que conforman o orzamento

          -   Estudo de mercado para a comercialización do produto

          -   Contrato ou carta de intención de un distribuidor ou
              unha canle de televisión

          -   Orzamento de inversión no lanzamento comercial,
              prensa e promoción, especificando o número de copias.

   PRÉSTAMOS E CRÉDITOS

Solicitar un préstamo a unha entidade bancaria ten moito
risco, xa que non só nos obriga a devolver a cantidade integra
senón que tamén temos que pagar altos intereses,
independentemente do resultado final do produto. O
incumprimento das condicións do crédito, pódennos deixar
sen o noso produto, sen a empresa produtora e sen calquera
outro ben que nos poidan embargar.

Tamén hai estados que facilitan unha liña de crédito a través de
entidades bancarias concertadas, para incentivar a Industria
Cinematográfica. Estes tamén teñen a obriga de ser devoltos, aínda
que con intereses menores.

A documentación que nos esixen os bancos para concedernos estes
créditos soe ser moito máis especifica e extensa:

          -   Especificación do monto de crédito solicitado

          -   Inscrición da produtora no Instituto de Cine do país

          -   CV da produtora

          -   Guión definitivo

          -   Sinopse

          -   Acreditación de posesión dos dereitos intelectuais do
              guión

          -   CV do produtor e do director

          -   Carta de compromiso dos actores principais e dos
              xefes de departamento.

          -   Presuposto desagregado

          -   Cronograma de produción

          -   Plan financeiro mensual

          -   Plan económico con especificación dos aportes de
              capital, bens e servizos que conforman a inversión así
              como     as   expectativas   desenvolvidas   para   a
              recuperación nos mercados, axuntando contratos,
              cartas de compromiso, etc.

          -   Carta de compromiso dun distribuidor ou canle de TV

          -   Seguro de Bo Fin ou avales e garantías varias

Normalmente non se libera o crédito concedido a menos que o
produtor poida acreditar que conta co financiamento necesario para
cubrir a totalidade dos costos do presuposto. Unha vez outorgado o
crédito, o produtor verase obrigado a entregar informes,
comunicados e relacións de gastos durante toda a produción.

     INVERSOR

O inversor pode ser unha persoa ou unha empresa, relacionada ou
non coa Industria Cinematográfica. Un inversor comparte os
riscos da produción, se non se recupera a inversión non temos
que devolver nada e se hai beneficios a súa ganancia será
proporcional a inversión realizada con respecto o custo total.
O inversor non pode tomar decisións no proceso de realización da
película. Este non pode tomar decisións no proceso de realización e
comercialización, se non se estipulou o contrario no contrato inicial.

Hai países onde se contempla legalmente a participación económica
de persoas ou empresas privadas nun proxecto cinematográfico,
promovendo así unha política de protección cinematográfica con
deducións fiscais nos impostos que deben pagar ó Estado.

    PATROCINADORES

Os patrocinadores ou sponsors son xeralmente empresas
privadas dispostas a ofrecernos un produto a cambio da súa
publicidade dentro do noso produto audiovisual. Dificilmente
poderemos financiar o noso proxecto exclusivamente a través de
patrocinadores, pero se nos movemos acertadamente é probable que
consigamos parte do financiamento e practicamente sen ningún
sacrificio artístico ou económico, reducindo costos en algunhas
partidas da produción. É importante pensar ben qué é o que
necesitamos antes de pasearnos por tódalas empresas para pedirlles
algo.

     TELEVISIÓN

Unha canle de televisión pode comprar os dereitos de antena
para a emisión da nosa película esixindo xeralmente a
exclusividade da súa emisión neste sistema de difusión a nivel
nacional. É indispensable ter o visto bo da censura para poder
negociar con eles.

Se a televisión compra os dereitos de antena por un número de
emisións determinadas nun tempo limitado (xeralmente dous anos),
soe pagar unha cantidade moi reducida ó produtor, o que provoca
que este deba vendela a outras canles en diferentes países para
compensar un pouco a inversión.

Son patrocinadores ou coprodutores (en dependencia de
porcentaxe de inversión) cando fan unha compra anticipada
da película, é dicir, que dan un pago por adiantado para ser utilizado
na produción e a suma é maior que si compraran os dereitos de
explotación da obra e por tanto un alto porcentaxe de recuperación,
pero todo dependerá do contrato e a negociación feita.

Polo xeral esixen que a película estea no idioma da televisión ou que
esta sexa dobrada, resérvanse o dereito a emitila con cortes para
publicidade ou pasala fragmentariamente en días diferentes segundo
os intereses da canle, así como facer publicidades da película
editando fragmentos da cinta sen ter que pagar por elo.
1.1 GUIÓN


GUIÓN LITERARIO.- É un instrumento que non está concibido para
que sexa lido por un público, se non para que sexa estudado por
técnicos e para posteriormente ser levado as mans do director. É o
eslavón fundamental para a realización da película. O director debe
traducir o guión literario en guión técnico que será a guía para que os
técnicos traballen.

A narrativa literaria utiliza os mesmos elementos que a narrativa
cinematográfica, pero existen unha serie de diferenzas:

  1. O cine mostra, mentres que a literatura explica.
  2. O cine vai de fora cara dentro e a literatura constrúe en sentido
     contrario.
  3. A escritura cinematográfica emprega o tempo presente, o que
     se mostra é o que acontece mentres o espectador observa. A
     narrativa literaria constrúese con todo tipo de tempos verbais.
  4. El guión utiliza una escritura técnica, la literatura utiliza una
     escritura emocional.

IDEA DE INICIO

Cando alguén se pon a escribir un guión debe ter en mente tres ideas
esenciais:

   1) QUE?
      De que queremos falar neste guión? Un TEMA, expresado a
      través dunha idea que se nos puido ocorrer.

   2) QUEN?
      PERSONAXES, xa sexan abstractos ou concretos, mediante os
      que expresar a nosa idea.

   3) POR QUE?
      Que MOTIVACIÓN teñen esas personaxes para facer o que fan e
      como o fan, para conseguir un fin.

   4) COMO?
      A través de que ACCIÓNS terán que pasar ou propiciar as
      personaxes para tentar levar a cabo os seus obxectivos.
“A habilidade de expresar unha idea é tan importante como a
idea mesma” Aristóteles.

Por moi novidosa que sexa a nosa idea, se non sabemos como
contala non terá valor algún porque non chegará o receptor.

TRAMA PRINCIPAL

É a que guía ó espectador o longo da historia, polo tanto debemos ter
moi en conta que en ningún intre perda esta función. Sen embargo,
son moi importantes as tramas secundarias que lle aportan a trama
principal volume, acción, ritmo, contidos… o mesmo que as
personaxes secundarias ás personaxes principais.

Unha película ten que ser VEROSÍMIL. Isto non quere dicir que sexa
real, conforme a realidade na que nos vivimos e coñecemos, se non
con respecto a realidade que creamos para situar a historia do guión
que escribimos. Se lle presentamos ao espectador un universo creado
pola nosa imaxinación, debemos respectar o longo de toda a historia
as regras ás que atende ese universo, ten que ser coherente en todo
momento: se as personaxes cando lles disparan morren no universo
no que se moven, de repente por conveniencia non debemos
perdoarlle a vida a unha personaxe illadamente sen motivo aparente,
porque estariamos derrubando toda a credibilidade da nosa historia.

PERSONAXES

Son o corazón, o alma e o sistema nervioso dun guión. Os
espectadores experimentan as emocións en función de cómo as vivan
as personaxes na historia. A creación de boas personaxes resulta
esencial para o éxito do guión: sen personaxe non hai acción, sen
acción non hai conflito, sen conflito non hai historia e sen historia non
hai guión.

Na creación de personaxes debemos ter moi en conta catro
elementos:

   1. A necesidade dramática: o que a personaxe quere gañar,
      adquirir, obter ou lograr non transcurso do guión.

   2. O punto de vista: cómo ve o mundo unha personaxe, que
      opinión lle merece o mundo no que vive. Unha boa personaxe
      sempre transmitirá un punto de vista ben definido que lle dará
      solidez a súa forma de actuar ante os eventos.
3. A actitude: Ao coñecer a actitude da personaxe permítelle
     darlle mais profundidade. Isto define a maneira de transitar
     unha personaxe polo mundo e como actúa fronte aos
     acontecementos que o arrodean.

  4. O cambio: sempre resulta mais interesante o cambio que a
     estabilidade ou a quietude. Cando unha personaxe transita dun
     estado a outro diferente ó longo da historia está facendo
     participe o espectador desa viaxe persoal, aparte do resto da
     acción na que se centre o guión.

Todo isto e valido para tódalas personaxes dende a que está todo o
tempo en pantalla a que intercambia un par de frases en toda a
película, pero debemos lembrar que toda historia ten que ter un
protagonista, sempre hai unha personaxe sobre a que recae o peso
da historia, e todo o anteriormente dito é fundamental que se vexa
reflectido nesa personaxe protagonista.

Ademais, é importante que nunca esquezamos que as personaxes
deben fundamentarse no que fan e non no que din: “as palabras
levas o vento, as accións perduran” e este dito tamén se cumpre
completamente na ficción. Son as accións das personaxes as que
moven a historia, as que lle imprimen ritmo e as que nos chegan con
mais intensidade os espectadores.

ESTRUCTURA NARRATIVA

A estrutura está considerada o elemento mais importante dun
guión, xa que é o que mantén unido tódolos elementos que
conflúen na obra e o que os fai fluír dunha maneira ou doutra,
ademais de outorgarlle un ritmo ou outro a nosa historia.
Cando se escribe un guión, estase describindo o que acontece; esa é
a razón pola que os guións se escriben en presente. O lector ve o que
ve a cámara, unha descrición da acción situada no contexto da
estrutura dramática: principio, medio e fin.

Un guión o mesmo que unha novela funciona en base a estrutura
clásica da literatura en xeral:

     PRIMEIRO ACTO: PLANTEXAMENTO
      Ocupa en torno ó primeiro 25% da obra.
      É onde se presenta ás personaxes principais, o medio no que se
      moven, a situación na que se encontran e a historia que as
      ocupa neste intre.
      Defínese o problema principal que moverá o protagonista ata o
      1º nó ou xiro dramático da trama.
   SEGUNDO ACTO: CONFRONTACIÓN
      Ocupa arredor do segundo 50% da obra.
      E onde se desenvolve toda a acción que levará as personaxes
      ata o 2º nó da historia que desembocará no desenlace final.
      Entre estes dous nós ou puntos de inflexión principais na
      historia, encontrase un punto medio, un feito que empuxe a
      situación da personaxe cara o 2º nó.
      Os sucesivos conflitos imprímenlle interese a historia ao mesmo
      tempo que avanza. O problema vai aumentando nunha
      dirección que se inicia no 1º nó e que volverá a cambiar de
      dirección no 2º nó.

     TERCEIRO ACTO: DESENLACE
      Ocupa sobre o terceiro 25% da obra.
      Nesta parte é onde se encontra o clímax da película, o punto de
      máxima intensidade do guión, onde o protagonista se
      enfrontará cara a cara co seu problema, resolvendo este no seu
      favor ou na súa contra.
      Ao final terá que ser consecuencia de tódalas accións que se
      foron desenvolvendo, deixando concluída a trama principal.
      Pode quedar o final aberto a unha continuación con outra trama
      principal, pero a da presente historia debe de quedar concluída.

É importante que o guionista teña en conta cara quén vai dirixido un
guión: unha persoa encargada de ler guións durante todo o día na
busca de algún que lle sorprenda para recomendarllo os seus
superiores, os produtores.
Segundo o reputado guionista Syd Field é fundamental o que se
escriba nas 10 primeiras páxinas para que o teu guión teña algunha
oportunidade, polo que é de gran importancia que se escriban con
coidado, habilidade e precisión co obxectivo de enganchar ao lector.

O primeiro no que se fixa un lector é no “estilo” da escritura
do guionista, o segundo é de “qué” e de “quén” trata a
historia e o terceiro se se desenvolve nun “contexto
dramático” potente.

Polo tanto debe quedar claro nestas dez páxinas:
            - ¿Quén é o protagonista?
            - ¿De que trata a súa historia?
            - ¿Cales son as circunstancias que enmarcan a acción?

Todo isto que vos ofrezo sobre a escrita de guión é unha pequena
guía, coa idea de que vos sirva de orientación na vosa primeira
experiencia como guionistas. De todas maneiras ei de recalcar que
non tódolos guións que acaban realizándose e tendo éxito, se
cínguese as regras estandarizadas dende os clásicos, e que cada
escritor debe crear o seu propio ideario de regras é mecánica de
escritura. De feito hai estruturas de vangarda ou minimalistas que
rompen a sucesión normal dos acontecementos, mesturando
estruturas de historias independentes ou conectadas entre si de
forma orixinal e outras que son partícipes dunha antiestrutura porque
non se prega a ningunha norma ou recomendación.
aínda que por outro lado teño que sinalar, que de unha maneira ou
de outra a maioría de guións de éxito agochan baixo a súa estrutura
interna, xa sexa máis común ou máis transgresora, os mecanismos
básicos que veñen funcionando dende os clásicos gregos.

Existe tamén unha estrutura externa que ten que ver coas fórmulas
normalizadas para a presentación de guións. En xeral, o modelo mais
estendido é o modelo a unha columna (modelo americano), na que se
sitúa a acción, descríbese esta e transcríbense os diálogos o largo das
páxinas. O formato ideal de grafía é Courrier New, tipo 12. Cada
escena está sinalada por unha cabeceira en maiúscula, unha liña de
referencia na que se pon o nº de escena, se a acción é interior ou
exterior, a localización e se é de día ou noite.
Por exemplo: 1. EXT. MONTE. NOITE

A acción descríbese despois dun espazo, sen xustificar, e ao ancho da
páxina. Os diálogos ocupan unicamente o terzo central da folla e
serán precedidos polo nome en maiúscula da personaxe que os
pronuncie. As anotacións a cada personaxe póñense debaixo do
nome, antes do dialogo e entre parénteses. Normalmente non se fan
indicacións técnicas de movementos de cámara ou encadres, así
como o modo de transitar entre secuencias ou planos, sen embargo
se o guionista o considera axeitado para expresar mellor unha idea
non hai nada que lle impida utilizar este tipo de tecnicismos, aínda
que iso e labor do director coa confección do guión técnico.

A normalización dos guións permite un bo traballo de produción, é
fundamental para que o director de produción poida organizar o plan
de traballo e dividir as sesións.

Cada páxina de guión está estipulado que corresponde
aproximadamente a un minuto de ficción, e para cada minuto
de ficción presupóñense polo menos dúas horas de rodaxe.

aínda que para escribir guións podemos utilizar calquera procesador
de texto, existes programas especializados que xustifican e tabulan
automaticamente a escritura conforme os estándares como
MovieMagic Screenwriter, ScriptThing, Sophocles, Final Draft… que
ademais de escribir o guión literario soen ter outras ferramentas para
confeccionar outras tarefas da pre-produción como son story-boards,
plans de gravación, guión técnico, etc. Nós vamos a afondar no
programa CELTX, que é un software libre para escritura de guións,
fácil de utilizar e moi completo.
Exemplo de guión literario:

SEC.11 EXT. PARQUE, TARDE

Atopamos a unha parella de nenos, xogando nun parque sen
situación exacta, que dende a máis tenra inocencia xa
tratan de escapar ó incesante axexo da soidade confesándose
os seus anhelos.

              NENO
              Toma. Rejalocha.

              NENA
              Gracias!     La        vamos   a  plantar
              aquí...y    así       tendremos un árbol
              nuestro.

              NENO
              Vale!

              NENA
              Tu te      vas    a   casar   cuando   séas
              mayor?

              NENO
              SÍ. E ti?

              NENA
              Sí. Voy a tener un marido muy bueno
              y muy guapo que me va a cuidar
              mucho, mucho.

              NENO
              E a miña muller vai a ser unha
              muller moi guapa coma miña nai, e
              farame de comer e eu vouna querer
              moito e viviremos sempre felices!

              NENA
              Yo tambien voy a ser muy feliz...

              MULLER
              (off)
Mar! Mar, nos vamos!

           NENA
           Tengo que irme...      mañana   vas   a
           venir al parque?

           NENO
           Non o sei, é a primeira vez que me
           traen a este sitio.

           NENA
           A mi también es la primera vez que
           me traen. Yo le voy a dicir a mi
           madre que me traiga mañana aquí.

           NENO
           Eu tamén llo vou a decir. Chámaste
           Mar?..

           MULLER
           (off)
           Venga niña que es tarde y tenemos
           que irnos. Vamos!..

           NENA
           (levantándose)
           Me tengo que ir. Mañana si vienes
           al parque te lo digo.( a nena
           achegase o neno e dalle un bico na
           meixela) Hasta mañana!

O neno quedase mirando como a nena se afasta, levantase e
marcha correndo. A folla queda ocupando o centro da imaxe,
ven un refacho de vento e lévaa consigo, a cámara séguea
ata que vate cun aramado e cae ó chan, quedando en plano o
aramado.

Contenu connexe

Similaire à Manual producion audiovisual parte 2

25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en públicoManager Asesores
 
Dossier conecta 1
Dossier conecta 1Dossier conecta 1
Dossier conecta 1coordinacav
 
Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.
Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.
Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.Roi Rodríguez de Bernardo
 
Xornada 6 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 6 curso asociación de prensa de a coruñaXornada 6 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 6 curso asociación de prensa de a coruñaDaniel Cerqueiro García
 
Documentos creadores gal
Documentos creadores galDocumentos creadores gal
Documentos creadores galcoordinacav
 
Guia cultura-participativa
Guia cultura-participativaGuia cultura-participativa
Guia cultura-participativasatelite1
 
minimos,belen gestoso
minimos,belen gestosominimos,belen gestoso
minimos,belen gestosoBgsts
 
18. ¿Eres un buen negociador?
18. ¿Eres un buen negociador?18. ¿Eres un buen negociador?
18. ¿Eres un buen negociador?Manager Asesores
 
Iniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisIniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisvalladares14
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimosn1cristina
 
GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV
GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV
GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV Mónica Valderrama Santomé
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURAYolanda Castro
 
Proxecto intervención campo de refuxiados
Proxecto intervención campo de refuxiadosProxecto intervención campo de refuxiados
Proxecto intervención campo de refuxiadossatelite1
 
10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiños10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiñosmuinhos94
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimosnoapampin
 
20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyectoManager Asesores
 

Similaire à Manual producion audiovisual parte 2 (20)

25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público
 
Dossier conecta 1
Dossier conecta 1Dossier conecta 1
Dossier conecta 1
 
Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.
Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.
Transmedia: Definición. Guía práctica para a execución dun proxecto transmedia.
 
Xornada 6 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 6 curso asociación de prensa de a coruñaXornada 6 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 6 curso asociación de prensa de a coruña
 
Actividade 8
Actividade 8Actividade 8
Actividade 8
 
Documentos creadores gal
Documentos creadores galDocumentos creadores gal
Documentos creadores gal
 
Guia cultura-participativa
Guia cultura-participativaGuia cultura-participativa
Guia cultura-participativa
 
minimos,belen gestoso
minimos,belen gestosominimos,belen gestoso
minimos,belen gestoso
 
18. ¿Eres un buen negociador?
18. ¿Eres un buen negociador?18. ¿Eres un buen negociador?
18. ¿Eres un buen negociador?
 
Iniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisIniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuais
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
ima muiños
ima muiñosima muiños
ima muiños
 
GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV
GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV
GUÍA DOCENTE ALUMNO TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN EN TV
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Booktrailers
BooktrailersBooktrailers
Booktrailers
 
10 11 imma
10 11 imma10 11 imma
10 11 imma
 
Proxecto intervención campo de refuxiados
Proxecto intervención campo de refuxiadosProxecto intervención campo de refuxiados
Proxecto intervención campo de refuxiados
 
10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiños10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiños
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto
 

Manual producion audiovisual parte 2

  • 1. PROGRAMA DE FORMACIÓN MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL 2012 DA REDE CEMIT CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL Capítulo 2
  • 2. INDICE DÍA 2  DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN o EN QUE CONSISTE O DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN? o TIPOS:  Propia  Por encargo o IDEA o ARGUMENTO o SINOPSE o TRATAMENTO o DOSSIER o PITCH o DEREITOS o COPRODUCIÓN o FINANCIAMENTO o SUBVENCIÓNS ESTATAIS o PRÉSTAMOS E CRÉDITOS o INVERSOR o PATROCINIOS o TELEVISIÓNS o GUIÓN LITERARIO
  • 3.  Idea inicial  Trama principal  Personaxes  Estrutura Narrativa  Forma  CELTX
  • 4. 1. DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN E a etapa previa a calquera produción audiovisual propiamente dita e caracterízase polo estudio, avaliación e definición do proxecto a levar a cabo. Hai dous tipos de produción audiovisual: 1. A produción propia: Cando se produce para despois vender as diferentes canles de exhibición. Os dereitos de explotación da obra son propiedade da produtora, tamén entran dentro deste concepto as coproducións, aínda que a coprodución sexa con unha canle de televisión a dona dos dereitos son as produtoras, polo que a produción e a comercialización son responsabilidade destas. 2. A produción por encarga: Cando unha canle de televisión contrata a unha produtora para levar a cabo o que se chama “produción externa”, e dicir, un proxecto determinado do cal os dereitos serán da canle de televisión, xa fora a produtora a que presentara a idea do proxecto a canle de televisión, ou o contrario, pagando a TV a totalidade dos gastos de produción. Isto levará un minucioso control por parte da canle de televisión do guión, as imaxes filmadas, os gastos,.. así como da montaxe final do produto. Sucede o mesmo con produtos institucionais ou cos spots publicitarios. A partir de unha idea, tratamento ou guión, que chega a un produtor, este valora o interese que ten para ser transformado en imaxes e son. Unha vez establecido o interese no manuscrito, o produtor contrata a un produtor executivo que será o encargado de facer unha primeira valoración orzamentaria aproximada do costo da película, e comeza a busca de financiamento elaborando un dossier do proxecto, para podelo presentar a posibles coprodutores e financiadores mediante un pitch. Tamén soe ser este o momento no que o produtor vincula o director e o guionista para establecer a relación entre o narrativo e a produción
  • 5. e definir os obxectivos do proxecto. Ademais de completar o guión definitivo. En canto o produtor da a súa aprobación ao guión, contratase ao director de produción, quen fará un desgrego xeral do guión para determinar as necesidades do guión en relación co director. Pasando á seguinte fase da produción. ACTIVIDADES E DOCUMENTOS  IDEA A idea é o punto de arranque e escríbese nun par de liñas. Exponse sobre o que quere falar o autor. As ideas poden ser de moi variada índole, un feito que presenciamos, unha personaxe histórica, unha anécdota que oímos, unha nova no xornal, un pensamento que nos ven a cabeza, etc.  ARGUMENTO Consiste en desenvolver a idea ata chegar á narración concisa de unha historia completa. Sóense narrar en tempo presente, aparecen os acontecementos esenciais da historia e as personaxes principais.  SINOPSE É o desenvolvemento esquemático e completo do argumento; non se trata da sinopse publicitaria que soe vir nas recensión de revistas ou DVDs e programacións de televisión. A sinopse ten que conter as personaxes, o conflito, o nó, o clímax e o desenlace da historia, sen entrar en detalles técnicos.  TRATAMENTO É o desenvolvemento e posterior situación da acción contida no argumento ou na sinopse. A acción xa se refire a lugares máis concretos e a unhas personaxes que quedan definidas polo seu comportamento e as súas relación. Ocupa case a metade de paxinas que un guión, está escrito en presente e emprega a terceira persoa. Está dividido en escenas e pode incluír partes do diálogo.
  • 6. DOSSIER O dossier ou “package” é un conxunto de documentos que mostran a información máis importante para vender o proxecto, na busca de inversión. O principal contido deste paquete de documentos soe ser: - Xustificante da posesión dos dereitos de autor do guión - Sinopse - Carta de intención do director (proposta estética) - Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo) - Ficha artística do reparto principal - Principais localizacións - Cronograma provisional de obxectivos - Presuposto estimativo - Plan financeiro - Historial da produtora - Fotografías e Avance (Teaser) No caso de que sexa para o ámbito gobernamental (subvencións e axudas), adóitase requirir tamén documentación de constitución da produtora así como algún xustificante de estar ao corrente nas contas coa administración pública. É importante que este dossier conte con unha boa presentación, disto dependerá en gran medida o interese que lle dediquen e causará unha boa impresión do proxecto.  PITCH O pitch ou pitching non é mais que un breve discurso oral dun proxecto. É a maneira de presentarse ante un posible financiador, un coprodutor, unha canle televisiva, un
  • 7. produtor,.. Alguén a quen queremos contarlle o noso proxecto coa intención de obter algo deles. É moi diferente contar unha historia que vendela. Facer un pictch non é narrar unha película ou un programa, é vender unha idea, un concepto. Para isto temos que estar convencidos de que o noso proxecto é único, debemos estar comprometidos e apaixonados por levalo a cabo ou do contrario no poderemos esperar que os demais se interesen nel. Debe de ser moi breve, en ocasións teremos que contar o noso proxecto nun par de minutos, aínda que o normal establecido son 7 minutos. Se se interesan polo proxecto, serán eles os que o demostren facéndonos preguntas concretas ou pedíndonos mais datos. Debemos mencionar a información imprescindible: de que se trata, o porqué lle interesará á audiencia, a quén irá dirixido e cal é a nosa proposta de financiamento, así como o xénero, o formato e a atmosfera. É conveniente facer unha labor previa de escritura do pitch, traballar os argumentos que utilizaremos e pensar con antelación o que poderían preguntarnos. Saber canto podemos contar do proxecto, coñecer a fondo o guión, ter claro o plan de financiamento, a distribución que queremos darlle. Tamén é importante saber moi ben o que queremos obter da persoa coa que falaremos e facer un previo recoñecemento do terreo ó que nos achegamos. Noutras palabras: que compran, como o fan, cantos e canto pagan. Hai quen opinan que para preparar un pitch é bo ensaiar con algún amigo ou fronte a un espello. É verdade que as posicións corporais e a nosa aparencia inflúen na percepción de quen nos escoita, pero eu prefiro pensar que o qué é realmente importante é estar convencidos de que queremos facelo e coñecer o noso proxecto á perfección. Se nós creemos nel ¿Por que os demais non o farían? En un pitching debe coidarse especialmente o peso persuasivo do discurso, que pasa por dous factores fundamentais:
  • 8.  Fondo: o que seleccionamos como información. Existen criterios básicos para ordenar calquera presentación: Definir – Discriminar – Dominar  Forma: a maneira en que transmitimos a información. O sumatorio de tres factores outorga credibilidade ó orador: Empoderamiento – Estilo – Enerxía Son erros frecuentes nun discurso (pitching) as contextualizacións largas ou sen gancho. Estar preparados por se o oínte comeza a aburrirse, ter alternativas, cambiar o ton e a forma. Non se debe responder negativamente a un comentario: dicir que xa tes pensado en iso e mostrar interese polas distintas percepcións. Pensa que é posible que volvas con outro proxecto, polo que hai que coidar de non pechar ningunha porta. O esquema que utilizan os americanos consta dos seguintes puntos: 1. Cortesías: saúdos pertinentes. 2. Presentación: dicir o noso nome e o da produtora que representamos, o país desta en caso de falar con empresas estranxeiras e ofrecerlle a nosa tarxeta de presentación. 3. Credenciais: dicir algo sobre nos, o que fixemos con anterioridade. En ocasións a nosa persoa pode ser un aliciente para quen escoita. 4. Obxectivo: anunciarlles que queremos deles, o porqué da entrevista. 5. Enunciar os puntos clave: os dous ou tres temas que lle vamos a mencionar. Marcar cando empeza e cando acaba cada punto. 6. Desenvolver o primeiro punto. 7. Desenvolver o segundo punto. 8. Desenvolver o terceiro punto.
  • 9. 9. Resumo dos puntos: remarcar o falado para concretar a entrevista. 10. Espero lograr o meu obxectivo: “espero que esta oferta lles interese e poidamos chegar a un acordo….” 11. Invitación a facer preguntas. 12. Despedida: deixar currículo e proposta escrita.  DEREITOS A obra audiovisual é considerada unha obra orixinal, independente das apartacións de diferentes autores de obras incluídas nela, o produtor é o titular dos dereitos patrimoniais desta no seu conxunto, considerando ao produtor como a persoa física ou moral que ten a iniciativa, a coordinación e a responsabilidade da realización da obra audiovisual. Por outra parte as obras audiovisuais son obxecto de propiedade intelectual. Xeralmente considéranse autores desta ao director e/ou realizador, o guionista, o director de fotografía e o músico, en función das leis que rexan no pais de produción e dos seus participantes. Tamén se considera a propiedade intelectual do argumento, os diálogos, as traducións e adaptacións, obras de teatro, poemas, debuxos, esculturas, debuxos animados ou libros utilizados dentro do proxecto. Para realizar unha obra audiovisual é indispensable contar co permiso explícito de todos e cada un dos autores das obras incluídas no noso proxecto. Isto reflíctese na firma de contratos, onde os titulares dos dereitos patrimoniais se comprometen a participar no proxecto e ceder ao produtor o dereito de reprodución, distribución, exhibición, etc… é dicir, o seu dereito de explotación económica. Se o proxecto se base nunha obra existente deberemos preguntar quen é o dono dos dereitos de explotación, que en moitos casos é o propio autor e noutros moitos é a editorial da obra orixinal. Tamén é importante coñecer o país de publicación da obra orixinal para saber por que leis se rexen os dereitos de propiedade.
  • 10. O dereito de autor son o conxunto de dereitos, prerrogativas e privilexios de carácter individual e patrimonial que recoñece a Lei en favor do autor ou autores dunha obra, dende o momento mesmo no que é fixada ou plasmada nun soporte material e polo feito de ser unha creación. Basicamente divídense en dous grupos: Dereitos morais (autoría, son intransferibles e irrenunciables) e Dereitos patrimoniais (propiedade de explotación, son transferibles)  COPRODUCIÓN É a unión de unha ou máis produtoras co fin de levar a cabo un proxecto audiovisual concreto. As razóns para a coproducións poden ser económicas, para pedir subvencións de diversas localidades, reparto de traballo, compartir riscos, por beneficios legais, para a distribución ou exhibición, etc. A coprodución implica moitos factores artísticos, económicos e legais do produto audiovisual, en dependencia dos intereses e a participación de cada produtora que se integra no proxecto. Debemos analizar e avaliar con coidado cada punto de negociación e decidir se realmente nos interesa facer esa coprodución. Para coproducir é moi importante ter un bo entendemento coa outra produtora xa que faremos un traballo en equipo. Temos que estar abertos á forma de traballar noutros sitios, así como adaptarse ás normas e lexislacións dos nosos compañeiros e entender os diferentes mercados. Nos contratos de coprodución debese de aclarar baixo que lexislación se realizará a película e en qué tribunal se discutirá en caso necesario. Se non se estipula con precisión a lei a seguir en cada parte do desenvolvemento da produción, a lexislación que rexerá será a do lugar onde se produzan os feitos. As diferentes cláusulas do contrato poden ser modificadas sempre e cando tódalas partes estean en común acordo. Tódalas partes da coprodución son copropietarias da película e polo tanto teñen libre acceso a utilización do negativo e a nacionalidade do filme será a de cada país coprodutor. Tódalas partes deben firmar e estar de acordo con: - Orzamento - Plan financeiro
  • 11. - Guión definitivo - Plan de rodaxe - Equipo técnico - Equipo artístico  FINANCIAMENTO Unha vez confeccionado o dossier de presentación do proxecto debemos investigar a quén lle poderá interesar o noso proxecto. Debemos analizar as posibilidades de coprodución, investigar o mellor posible os diferentes Fondos de Axuda gobernamentais, a programación das múltiples cadeas de televisión, etc. Hai diferentes fontes de financiamento dun produto audiovisual: - Subvencións gobernamentais a desenvolvemento de guión, produción, finalización, exhibición, etc. - Prevendas a cadeas de televisión ou distribuidores cinematográficos - Compañías aéreas, cadeas de hoteis, compañías ferroviarias e de autobuses... - Empresas na busca de promoción e publicidade - Entidades bancarias - Mecenados ou inversores privados - Crowdfunding (produción colectiva) O noso obxectivo debe ser conseguir o maior número delas xa que non soen ser excluíntes, a menos que os contratos con algunha delas especifique o contrario. Cando as producións son pequenas soe ser mais complicado conseguir bos contratos de distribución, aínda que con paciencia e un proxecto atractivo é probable que poidamos negociar con distribuidoras pequenas ou independentes e cadeas de televisión de baixo presuposto.
  • 12. Para falar de financiamento dun produto audiovisual será necesario falar do sistema de recuperación económica da inversión. O mercado cinematográfico está marcado por unha serie de regras que se deben seguir, non é habitual que un produto audiovisual rompa a orde cronolóxica de exhibición, aínda que as novas prestacións de Internet con respecto os produtos audiovisuais desestabilizaron en certa medida a cadea tradicional de presentación ao público: 1. Sas de cine 2. TVs pechadas (cable ou antena, agora tamén IP TVs) 3. TVs en aberto, agora TDT 4. Vídeo e DVD, agora aluguer por Internet Esta cadea tiña a súa lóxica, xa que un espectador non paga a entrada a un cine para ver unha película que xa viu por televisión ou arrendou no videoclub. Sen embargo, ultimamente, coa revolución tecnolóxica das comunicacións, encabezada pola capacidade case ilimitada que parece ter a transmisión de datos a través de Internet, estamos sendo testemuñas de produtos audiovisuais que rompen con éxito esta cadea de comercialización e exhibición, que tradicionalmente estaba instaurada no medio audiovisual.  SUBVENCIÓNS DE ORGANISMOS DO ESTADO As subvencións institucionais son apoios a fondo perdido, e dicir, que non esixen a devolución do monto financiado, aínda que si soen reclamar a relación de xustificantes, facturas, que se correspondan co orzamento presentado a hora de aplicar a ditas axudas. Pódense encontrar subvencións para a maior parte das fases dunha produción e poden ser a nivel nacional, rexional ou municipal. Estas institucións polo xeral a cambio destas axudas soen conservar os dereitos de exhibición con propósitos culturais e educativos sen animo de lucro, ademais do recoñecemento de tal axuda nos títulos de crédito iniciais do produto. A documentación requirida para a solicitude soe barallar a seguinte relación:
  • 13. - Acreditación de posesión dos dereitos de propiedade intelectual sobre o guión, ou no seu caso, acordo de opción de compra sobre a obra preexistente (contrato de cesión o produtor e Rexistro da Propiedade Intelectual do guión) - Guión - Sinopse - Proposta estética do director - Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo) - Ficha artística do reparto principal - Principais localizacións - Cronograma provisional da produción - Orzamento provisional - Plan financeiro - Comprobantes de acreditación de estar o corrente nas obrigas fiscais e outros impostos do Estado - CV da produtora - Plan económico especificando os aportes de capital, bens e servizos que conforman o orzamento - Estudo de mercado para a comercialización do produto - Contrato ou carta de intención de un distribuidor ou unha canle de televisión - Orzamento de inversión no lanzamento comercial, prensa e promoción, especificando o número de copias.  PRÉSTAMOS E CRÉDITOS Solicitar un préstamo a unha entidade bancaria ten moito risco, xa que non só nos obriga a devolver a cantidade integra senón que tamén temos que pagar altos intereses, independentemente do resultado final do produto. O incumprimento das condicións do crédito, pódennos deixar
  • 14. sen o noso produto, sen a empresa produtora e sen calquera outro ben que nos poidan embargar. Tamén hai estados que facilitan unha liña de crédito a través de entidades bancarias concertadas, para incentivar a Industria Cinematográfica. Estes tamén teñen a obriga de ser devoltos, aínda que con intereses menores. A documentación que nos esixen os bancos para concedernos estes créditos soe ser moito máis especifica e extensa: - Especificación do monto de crédito solicitado - Inscrición da produtora no Instituto de Cine do país - CV da produtora - Guión definitivo - Sinopse - Acreditación de posesión dos dereitos intelectuais do guión - CV do produtor e do director - Carta de compromiso dos actores principais e dos xefes de departamento. - Presuposto desagregado - Cronograma de produción - Plan financeiro mensual - Plan económico con especificación dos aportes de capital, bens e servizos que conforman a inversión así como as expectativas desenvolvidas para a recuperación nos mercados, axuntando contratos, cartas de compromiso, etc. - Carta de compromiso dun distribuidor ou canle de TV - Seguro de Bo Fin ou avales e garantías varias Normalmente non se libera o crédito concedido a menos que o produtor poida acreditar que conta co financiamento necesario para
  • 15. cubrir a totalidade dos costos do presuposto. Unha vez outorgado o crédito, o produtor verase obrigado a entregar informes, comunicados e relacións de gastos durante toda a produción.  INVERSOR O inversor pode ser unha persoa ou unha empresa, relacionada ou non coa Industria Cinematográfica. Un inversor comparte os riscos da produción, se non se recupera a inversión non temos que devolver nada e se hai beneficios a súa ganancia será proporcional a inversión realizada con respecto o custo total. O inversor non pode tomar decisións no proceso de realización da película. Este non pode tomar decisións no proceso de realización e comercialización, se non se estipulou o contrario no contrato inicial. Hai países onde se contempla legalmente a participación económica de persoas ou empresas privadas nun proxecto cinematográfico, promovendo así unha política de protección cinematográfica con deducións fiscais nos impostos que deben pagar ó Estado.  PATROCINADORES Os patrocinadores ou sponsors son xeralmente empresas privadas dispostas a ofrecernos un produto a cambio da súa publicidade dentro do noso produto audiovisual. Dificilmente poderemos financiar o noso proxecto exclusivamente a través de patrocinadores, pero se nos movemos acertadamente é probable que consigamos parte do financiamento e practicamente sen ningún sacrificio artístico ou económico, reducindo costos en algunhas partidas da produción. É importante pensar ben qué é o que necesitamos antes de pasearnos por tódalas empresas para pedirlles algo.  TELEVISIÓN Unha canle de televisión pode comprar os dereitos de antena para a emisión da nosa película esixindo xeralmente a exclusividade da súa emisión neste sistema de difusión a nivel nacional. É indispensable ter o visto bo da censura para poder negociar con eles. Se a televisión compra os dereitos de antena por un número de emisións determinadas nun tempo limitado (xeralmente dous anos),
  • 16. soe pagar unha cantidade moi reducida ó produtor, o que provoca que este deba vendela a outras canles en diferentes países para compensar un pouco a inversión. Son patrocinadores ou coprodutores (en dependencia de porcentaxe de inversión) cando fan unha compra anticipada da película, é dicir, que dan un pago por adiantado para ser utilizado na produción e a suma é maior que si compraran os dereitos de explotación da obra e por tanto un alto porcentaxe de recuperación, pero todo dependerá do contrato e a negociación feita. Polo xeral esixen que a película estea no idioma da televisión ou que esta sexa dobrada, resérvanse o dereito a emitila con cortes para publicidade ou pasala fragmentariamente en días diferentes segundo os intereses da canle, así como facer publicidades da película editando fragmentos da cinta sen ter que pagar por elo.
  • 17. 1.1 GUIÓN GUIÓN LITERARIO.- É un instrumento que non está concibido para que sexa lido por un público, se non para que sexa estudado por técnicos e para posteriormente ser levado as mans do director. É o eslavón fundamental para a realización da película. O director debe traducir o guión literario en guión técnico que será a guía para que os técnicos traballen. A narrativa literaria utiliza os mesmos elementos que a narrativa cinematográfica, pero existen unha serie de diferenzas: 1. O cine mostra, mentres que a literatura explica. 2. O cine vai de fora cara dentro e a literatura constrúe en sentido contrario. 3. A escritura cinematográfica emprega o tempo presente, o que se mostra é o que acontece mentres o espectador observa. A narrativa literaria constrúese con todo tipo de tempos verbais. 4. El guión utiliza una escritura técnica, la literatura utiliza una escritura emocional. IDEA DE INICIO Cando alguén se pon a escribir un guión debe ter en mente tres ideas esenciais: 1) QUE? De que queremos falar neste guión? Un TEMA, expresado a través dunha idea que se nos puido ocorrer. 2) QUEN? PERSONAXES, xa sexan abstractos ou concretos, mediante os que expresar a nosa idea. 3) POR QUE? Que MOTIVACIÓN teñen esas personaxes para facer o que fan e como o fan, para conseguir un fin. 4) COMO? A través de que ACCIÓNS terán que pasar ou propiciar as personaxes para tentar levar a cabo os seus obxectivos.
  • 18. “A habilidade de expresar unha idea é tan importante como a idea mesma” Aristóteles. Por moi novidosa que sexa a nosa idea, se non sabemos como contala non terá valor algún porque non chegará o receptor. TRAMA PRINCIPAL É a que guía ó espectador o longo da historia, polo tanto debemos ter moi en conta que en ningún intre perda esta función. Sen embargo, son moi importantes as tramas secundarias que lle aportan a trama principal volume, acción, ritmo, contidos… o mesmo que as personaxes secundarias ás personaxes principais. Unha película ten que ser VEROSÍMIL. Isto non quere dicir que sexa real, conforme a realidade na que nos vivimos e coñecemos, se non con respecto a realidade que creamos para situar a historia do guión que escribimos. Se lle presentamos ao espectador un universo creado pola nosa imaxinación, debemos respectar o longo de toda a historia as regras ás que atende ese universo, ten que ser coherente en todo momento: se as personaxes cando lles disparan morren no universo no que se moven, de repente por conveniencia non debemos perdoarlle a vida a unha personaxe illadamente sen motivo aparente, porque estariamos derrubando toda a credibilidade da nosa historia. PERSONAXES Son o corazón, o alma e o sistema nervioso dun guión. Os espectadores experimentan as emocións en función de cómo as vivan as personaxes na historia. A creación de boas personaxes resulta esencial para o éxito do guión: sen personaxe non hai acción, sen acción non hai conflito, sen conflito non hai historia e sen historia non hai guión. Na creación de personaxes debemos ter moi en conta catro elementos: 1. A necesidade dramática: o que a personaxe quere gañar, adquirir, obter ou lograr non transcurso do guión. 2. O punto de vista: cómo ve o mundo unha personaxe, que opinión lle merece o mundo no que vive. Unha boa personaxe sempre transmitirá un punto de vista ben definido que lle dará solidez a súa forma de actuar ante os eventos.
  • 19. 3. A actitude: Ao coñecer a actitude da personaxe permítelle darlle mais profundidade. Isto define a maneira de transitar unha personaxe polo mundo e como actúa fronte aos acontecementos que o arrodean. 4. O cambio: sempre resulta mais interesante o cambio que a estabilidade ou a quietude. Cando unha personaxe transita dun estado a outro diferente ó longo da historia está facendo participe o espectador desa viaxe persoal, aparte do resto da acción na que se centre o guión. Todo isto e valido para tódalas personaxes dende a que está todo o tempo en pantalla a que intercambia un par de frases en toda a película, pero debemos lembrar que toda historia ten que ter un protagonista, sempre hai unha personaxe sobre a que recae o peso da historia, e todo o anteriormente dito é fundamental que se vexa reflectido nesa personaxe protagonista. Ademais, é importante que nunca esquezamos que as personaxes deben fundamentarse no que fan e non no que din: “as palabras levas o vento, as accións perduran” e este dito tamén se cumpre completamente na ficción. Son as accións das personaxes as que moven a historia, as que lle imprimen ritmo e as que nos chegan con mais intensidade os espectadores. ESTRUCTURA NARRATIVA A estrutura está considerada o elemento mais importante dun guión, xa que é o que mantén unido tódolos elementos que conflúen na obra e o que os fai fluír dunha maneira ou doutra, ademais de outorgarlle un ritmo ou outro a nosa historia. Cando se escribe un guión, estase describindo o que acontece; esa é a razón pola que os guións se escriben en presente. O lector ve o que ve a cámara, unha descrición da acción situada no contexto da estrutura dramática: principio, medio e fin. Un guión o mesmo que unha novela funciona en base a estrutura clásica da literatura en xeral:  PRIMEIRO ACTO: PLANTEXAMENTO Ocupa en torno ó primeiro 25% da obra. É onde se presenta ás personaxes principais, o medio no que se moven, a situación na que se encontran e a historia que as ocupa neste intre. Defínese o problema principal que moverá o protagonista ata o 1º nó ou xiro dramático da trama.
  • 20. SEGUNDO ACTO: CONFRONTACIÓN Ocupa arredor do segundo 50% da obra. E onde se desenvolve toda a acción que levará as personaxes ata o 2º nó da historia que desembocará no desenlace final. Entre estes dous nós ou puntos de inflexión principais na historia, encontrase un punto medio, un feito que empuxe a situación da personaxe cara o 2º nó. Os sucesivos conflitos imprímenlle interese a historia ao mesmo tempo que avanza. O problema vai aumentando nunha dirección que se inicia no 1º nó e que volverá a cambiar de dirección no 2º nó.  TERCEIRO ACTO: DESENLACE Ocupa sobre o terceiro 25% da obra. Nesta parte é onde se encontra o clímax da película, o punto de máxima intensidade do guión, onde o protagonista se enfrontará cara a cara co seu problema, resolvendo este no seu favor ou na súa contra. Ao final terá que ser consecuencia de tódalas accións que se foron desenvolvendo, deixando concluída a trama principal. Pode quedar o final aberto a unha continuación con outra trama principal, pero a da presente historia debe de quedar concluída. É importante que o guionista teña en conta cara quén vai dirixido un guión: unha persoa encargada de ler guións durante todo o día na busca de algún que lle sorprenda para recomendarllo os seus superiores, os produtores. Segundo o reputado guionista Syd Field é fundamental o que se escriba nas 10 primeiras páxinas para que o teu guión teña algunha oportunidade, polo que é de gran importancia que se escriban con coidado, habilidade e precisión co obxectivo de enganchar ao lector. O primeiro no que se fixa un lector é no “estilo” da escritura do guionista, o segundo é de “qué” e de “quén” trata a historia e o terceiro se se desenvolve nun “contexto dramático” potente. Polo tanto debe quedar claro nestas dez páxinas: - ¿Quén é o protagonista? - ¿De que trata a súa historia? - ¿Cales son as circunstancias que enmarcan a acción? Todo isto que vos ofrezo sobre a escrita de guión é unha pequena guía, coa idea de que vos sirva de orientación na vosa primeira experiencia como guionistas. De todas maneiras ei de recalcar que
  • 21. non tódolos guións que acaban realizándose e tendo éxito, se cínguese as regras estandarizadas dende os clásicos, e que cada escritor debe crear o seu propio ideario de regras é mecánica de escritura. De feito hai estruturas de vangarda ou minimalistas que rompen a sucesión normal dos acontecementos, mesturando estruturas de historias independentes ou conectadas entre si de forma orixinal e outras que son partícipes dunha antiestrutura porque non se prega a ningunha norma ou recomendación. aínda que por outro lado teño que sinalar, que de unha maneira ou de outra a maioría de guións de éxito agochan baixo a súa estrutura interna, xa sexa máis común ou máis transgresora, os mecanismos básicos que veñen funcionando dende os clásicos gregos. Existe tamén unha estrutura externa que ten que ver coas fórmulas normalizadas para a presentación de guións. En xeral, o modelo mais estendido é o modelo a unha columna (modelo americano), na que se sitúa a acción, descríbese esta e transcríbense os diálogos o largo das páxinas. O formato ideal de grafía é Courrier New, tipo 12. Cada escena está sinalada por unha cabeceira en maiúscula, unha liña de referencia na que se pon o nº de escena, se a acción é interior ou exterior, a localización e se é de día ou noite. Por exemplo: 1. EXT. MONTE. NOITE A acción descríbese despois dun espazo, sen xustificar, e ao ancho da páxina. Os diálogos ocupan unicamente o terzo central da folla e serán precedidos polo nome en maiúscula da personaxe que os pronuncie. As anotacións a cada personaxe póñense debaixo do nome, antes do dialogo e entre parénteses. Normalmente non se fan indicacións técnicas de movementos de cámara ou encadres, así como o modo de transitar entre secuencias ou planos, sen embargo se o guionista o considera axeitado para expresar mellor unha idea non hai nada que lle impida utilizar este tipo de tecnicismos, aínda que iso e labor do director coa confección do guión técnico. A normalización dos guións permite un bo traballo de produción, é fundamental para que o director de produción poida organizar o plan de traballo e dividir as sesións. Cada páxina de guión está estipulado que corresponde aproximadamente a un minuto de ficción, e para cada minuto de ficción presupóñense polo menos dúas horas de rodaxe. aínda que para escribir guións podemos utilizar calquera procesador de texto, existes programas especializados que xustifican e tabulan automaticamente a escritura conforme os estándares como MovieMagic Screenwriter, ScriptThing, Sophocles, Final Draft… que
  • 22. ademais de escribir o guión literario soen ter outras ferramentas para confeccionar outras tarefas da pre-produción como son story-boards, plans de gravación, guión técnico, etc. Nós vamos a afondar no programa CELTX, que é un software libre para escritura de guións, fácil de utilizar e moi completo. Exemplo de guión literario: SEC.11 EXT. PARQUE, TARDE Atopamos a unha parella de nenos, xogando nun parque sen situación exacta, que dende a máis tenra inocencia xa tratan de escapar ó incesante axexo da soidade confesándose os seus anhelos. NENO Toma. Rejalocha. NENA Gracias! La vamos a plantar aquí...y así tendremos un árbol nuestro. NENO Vale! NENA Tu te vas a casar cuando séas mayor? NENO SÍ. E ti? NENA Sí. Voy a tener un marido muy bueno y muy guapo que me va a cuidar mucho, mucho. NENO E a miña muller vai a ser unha muller moi guapa coma miña nai, e farame de comer e eu vouna querer moito e viviremos sempre felices! NENA Yo tambien voy a ser muy feliz... MULLER (off)
  • 23. Mar! Mar, nos vamos! NENA Tengo que irme... mañana vas a venir al parque? NENO Non o sei, é a primeira vez que me traen a este sitio. NENA A mi también es la primera vez que me traen. Yo le voy a dicir a mi madre que me traiga mañana aquí. NENO Eu tamén llo vou a decir. Chámaste Mar?.. MULLER (off) Venga niña que es tarde y tenemos que irnos. Vamos!.. NENA (levantándose) Me tengo que ir. Mañana si vienes al parque te lo digo.( a nena achegase o neno e dalle un bico na meixela) Hasta mañana! O neno quedase mirando como a nena se afasta, levantase e marcha correndo. A folla queda ocupando o centro da imaxe, ven un refacho de vento e lévaa consigo, a cámara séguea ata que vate cun aramado e cae ó chan, quedando en plano o aramado.