SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
A lexislatura do goberno do PP
na Xunta de Galiza con Feijoo
como presidente caracterizouse
polo desprezo e contínuos ataques
á lingua galega levados a cabo
desde o propio goberno galego
contra a lingua que ten a obriga
legal de protexer e promocionar.

Feijoo pasará á historia como o
primeiro presidente da Xunta de
Galiza que lexislou contra o uso e
dereitos do galego.
Feijoo traballou arreo na
desgaleguización do noso país
artellando un plan de
exterminio da lingua galega
para acelerar aínda máis o
proceso de substitución do
galego polo español,
aldraxando continuamente ao
pobo galego e a súa lingua.
Durante os 3 anos e medio de goberno do PP na Xunta de Galiza, non se
conseguiu nin un só adianto para o galego. Pola contra, Feijoo, servo da
caverna españolista, empregouse a fondo para atacar ao galego e destruír
a súa oficialidade.
Eliminou as Galescolas,
desposuíndo así a Galiza
dunha rede de ensino infantil
na lingua propia do país.
Aprobou un decretazo contra o galego reducindo, aínda máis, a presenza
do galego na escola. O galego é o único idioma que ten prohibido o seu
uso en determinadas materias de ensino.
Prohibiu que física,
matemáticas, química,
tecnoloxía, informática poidan
ser impartidas en lingua galega.

Traslada a mensaxe ao pobo de
que a nosa lingua “non vale”
para as ciencias e tecnoloxías.
O PP na Xunta adquiriu unha aplicación informática, para un
organismo totalmente desgaleguizado como é a administración de
xustiza, que impide usar o galego.
O galego tampouco lles vale para a xustiza!
Modificou a Lei da Función Pública Galega para que as/os
empregadas/os públicos non teñan a
obriga de demostrar o coñecemento do galego.

Como se garante o noso dereito a sermos atendidos en galego
se non é obrigatorio o seu coñecemento?
Feijoo axfisiou aos medios de
comunicación impresos que
usaban o galego (Xornal.com,
Galicia Hoxe, A Nosa Terra...)
até facelos desaparecer por
falta de axudas públicas...agás
ao xornal conservador “La Voz
de Galicia”, a quen inxecta
suculentas cantidades de cartos
públicos sen facer uso do
galego.
Tirou ao lixo milleiros de libros de texto valorados en 3,8 millóns €
polo “gran delito” de estaren escritos en lingua galega!
Feijoo ameaza con derrogar a Lei de Normalización Lingüística
aprobada por unanimidade no Parlamento Galego hai 30 anos.
Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como única forma
oficial a galega e volver á toponímia franquista (Arteijo, Puentearenas,
Rianjo, Puertosín, Chandreja de Queija...)
Deturpan barbaramente a
nosa toponímia.

O Conselleiro de Cultura
Roberto Varela, pronunciou
publicamente en FITUR
(Madrid) “Desván de los
Monjes” e “Toro” para se
referir ás nosas vilas de
“Sobrado dos Monxes” e
“Touro”.

Tampoco os nomes das nosas
vilas lles valen!
En febreiro de 2009, representantes do PP (Carlos Negreira, Alfonso
Rueda, Corina Porro...) percorreron as rúas compostelás xunto a Galicia
 Bilingüe, Falange Auténtica, Víctimas del Terrorismo...nunha penosa e
vergoñenta manifestación de odio e racismo lingüístico onde se corearon
                     frases contra a lingua galega.
De maior gravidade, se cabe, foi cuestionar mediante a censura de textos
         escolares, que o galego é a lingua propia de Galiza!
O desprezo do PP pola nosa lingua é tal que Feijoo non tivo ningún tipo
de reparos en burlarse dun dos grandes símbolos da nosa identidade
nacional, Castelao, traducindo ao español no Parlamento Galego o
famoso discurso “Alba de Groria” que Castelao pronunciou no exilio.
O PP continúa reproducindo o
esquema de autoodio que ao
pobo galego lle foron inculcando
historicamente os seus
antecesores ideolóxicos e que
Castelao denunciaba en
“Sempre en Galiza”:




  “Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos
nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar
galego era falar mal e falar castelán era falar ben”.
Mais a galegofobia non poderá con nós. A Mesa pola Normalización
Lingüística, símbolo e orgullo dun pobo que non se resigna a que a
nosa lingua sexa ninguneada, é a maior asociación cultural do país e
desenvolve un traballo firme, inquebrantábel e continuado na defensa
da lingua desde hai máis de 25 anos.
Como resposta ás medidas regresivas que no ámbito da lingua e da
cultura estaba a aplicar o goberno de Feijoo, A Mesa impulsou a
plataforma unitaria Queremos Galego, formada por máis de 700
entidades de todo tipo coa vontade de articular unha ampla resposta
colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego.
A convocatoria de Queremos Galego o 18 outubro de 2009 supuxo
 a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores
  mobilizacións de toda a historia de Galiza reunindo a máis de
                        100.000 persoas.
Movámonos a favor de aquilo que nos
une e identifica, que nos sitúa ás galegas
e aos galegos no mundo no mesmo nivel
que ás outras culturas do planeta, aquilo
que nos fai universais: a nosa lingua.

Non permitiremos que o PP continúe
lexislando contra a lingua galega,
desprotexendo os nosos dereitos
lingüísticos ou cuestionando consensos
básicos arredor do idioma, que tanto
traballo custou construír.
Continuemos loitando polos nosos dereitos lingüísticos que como pobo
nos corresponden, polo dereito básico de podermos vivir en galego na
nosa propia terra. E ese día non ha tardar en chegar, pois como ben dixo
o noso gran poeta nacional, Uxío Novoneyra:

     A FORZA DO NOSO AMOR NON PODE SER INÚTIL.

More Related Content

What's hot

Planificación lingüística
Planificación lingüísticaPlanificación lingüística
Planificación lingüísticaSusana Ferreiro
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)A profa Pilar Ponte
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...IreneSeara
 
Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blogcenlf
 
As pombas de carboeiro
As pombas de carboeiroAs pombas de carboeiro
As pombas de carboeiroArousa Norte
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosInma xove
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galegocenlf
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellorceiprandufe
 
Historia galego (1900 1936)
Historia galego (1900 1936)Historia galego (1900 1936)
Historia galego (1900 1936)Susana Ferreiro
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüERomán Landín
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09xenevra
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglMarlou
 
O galego no ambito educativo
O galego no ambito educativoO galego no ambito educativo
O galego no ambito educativobraisrm
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogoscenlf
 

What's hot (19)

Galego finais sec xx
Galego finais sec xxGalego finais sec xx
Galego finais sec xx
 
Planificación lingüística
Planificación lingüísticaPlanificación lingüística
Planificación lingüística
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
 
Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blog
 
As pombas de carboeiro
As pombas de carboeiroAs pombas de carboeiro
As pombas de carboeiro
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticos
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
 
Historia galego (1900 1936)
Historia galego (1900 1936)Historia galego (1900 1936)
Historia galego (1900 1936)
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
 
O galego no ambito educativo
O galego no ambito educativoO galego no ambito educativo
O galego no ambito educativo
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
 

Viewers also liked

La transición española se diseñó en la sede central de la cia
La transición española se diseñó en la sede central de la ciaLa transición española se diseñó en la sede central de la cia
La transición española se diseñó en la sede central de la ciaEgeria Kallaikoi
 
Argentina.inmigracion y literatura
Argentina.inmigracion y literaturaArgentina.inmigracion y literatura
Argentina.inmigracion y literaturaEgeria Kallaikoi
 
Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02
Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02
Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02Egeria Kallaikoi
 
660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía
660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía
660 individuos y 147 corporaciones controlan la economíaEgeria Kallaikoi
 
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARESMORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARESAmparo Cereixo
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaSusana Losada
 

Viewers also liked (8)

La transición española se diseñó en la sede central de la cia
La transición española se diseñó en la sede central de la ciaLa transición española se diseñó en la sede central de la cia
La transición española se diseñó en la sede central de la cia
 
Eurócratas de izquierda
Eurócratas de izquierdaEurócratas de izquierda
Eurócratas de izquierda
 
Argentina.inmigracion y literatura
Argentina.inmigracion y literaturaArgentina.inmigracion y literatura
Argentina.inmigracion y literatura
 
Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02
Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02
Prolingua20mentiras2010 100204161650-phpapp02
 
La otan económica
La otan económicaLa otan económica
La otan económica
 
660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía
660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía
660 individuos y 147 corporaciones controlan la economía
 
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARESMORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 

Similar to Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Coordinadora Galega ENDL
 
Prolingua20mentiras2010
Prolingua20mentiras2010Prolingua20mentiras2010
Prolingua20mentiras2010Xosé Do Cabo
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Ragcenlf
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaLuli2310
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaDrodisha
 
Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013
Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013
Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013cenlf
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaLu132310
 
Escrito Do Cml A Sxpl
Escrito Do Cml A SxplEscrito Do Cml A Sxpl
Escrito Do Cml A Sxplcenlf
 
En vías de extinción
En vías de extinciónEn vías de extinción
En vías de extinciónramoncando1
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
ILP Queremos Galego
ILP Queremos GalegoILP Queremos Galego
ILP Queremos Galegocenlf
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxMarlou
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XXxenevra
 
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Marlou
 
Prexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguénPrexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguénMarlou
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.Marlou
 

Similar to Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01 (20)

Prolingua
ProlinguaProlingua
Prolingua
 
ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
ProLingua. 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
Prolingua20mentiras2010
Prolingua20mentiras2010Prolingua20mentiras2010
Prolingua20mentiras2010
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Rag
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüística
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüística
 
Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013
Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013
Nota imprensa qg ferrol 19.01.2013
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüística
 
Escrito Do Cml A Sxpl
Escrito Do Cml A SxplEscrito Do Cml A Sxpl
Escrito Do Cml A Sxpl
 
En vías de extinción
En vías de extinciónEn vías de extinción
En vías de extinción
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
ILP Queremos Galego
ILP Queremos GalegoILP Queremos Galego
ILP Queremos Galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XX
 
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
 
Prexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguénPrexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguén
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.
 

Recently uploaded

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

  • 1. A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijoo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar. Feijoo pasará á historia como o primeiro presidente da Xunta de Galiza que lexislou contra o uso e dereitos do galego.
  • 2. Feijoo traballou arreo na desgaleguización do noso país artellando un plan de exterminio da lingua galega para acelerar aínda máis o proceso de substitución do galego polo español, aldraxando continuamente ao pobo galego e a súa lingua.
  • 3. Durante os 3 anos e medio de goberno do PP na Xunta de Galiza, non se conseguiu nin un só adianto para o galego. Pola contra, Feijoo, servo da caverna españolista, empregouse a fondo para atacar ao galego e destruír a súa oficialidade.
  • 4. Eliminou as Galescolas, desposuíndo así a Galiza dunha rede de ensino infantil na lingua propia do país.
  • 5. Aprobou un decretazo contra o galego reducindo, aínda máis, a presenza do galego na escola. O galego é o único idioma que ten prohibido o seu uso en determinadas materias de ensino.
  • 6. Prohibiu que física, matemáticas, química, tecnoloxía, informática poidan ser impartidas en lingua galega. Traslada a mensaxe ao pobo de que a nosa lingua “non vale” para as ciencias e tecnoloxías.
  • 7. O PP na Xunta adquiriu unha aplicación informática, para un organismo totalmente desgaleguizado como é a administración de xustiza, que impide usar o galego. O galego tampouco lles vale para a xustiza!
  • 8. Modificou a Lei da Función Pública Galega para que as/os empregadas/os públicos non teñan a obriga de demostrar o coñecemento do galego. Como se garante o noso dereito a sermos atendidos en galego se non é obrigatorio o seu coñecemento?
  • 9. Feijoo axfisiou aos medios de comunicación impresos que usaban o galego (Xornal.com, Galicia Hoxe, A Nosa Terra...) até facelos desaparecer por falta de axudas públicas...agás ao xornal conservador “La Voz de Galicia”, a quen inxecta suculentas cantidades de cartos públicos sen facer uso do galego.
  • 10. Tirou ao lixo milleiros de libros de texto valorados en 3,8 millóns € polo “gran delito” de estaren escritos en lingua galega!
  • 11. Feijoo ameaza con derrogar a Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento Galego hai 30 anos. Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como única forma oficial a galega e volver á toponímia franquista (Arteijo, Puentearenas, Rianjo, Puertosín, Chandreja de Queija...)
  • 12. Deturpan barbaramente a nosa toponímia. O Conselleiro de Cultura Roberto Varela, pronunciou publicamente en FITUR (Madrid) “Desván de los Monjes” e “Toro” para se referir ás nosas vilas de “Sobrado dos Monxes” e “Touro”. Tampoco os nomes das nosas vilas lles valen!
  • 13. En febreiro de 2009, representantes do PP (Carlos Negreira, Alfonso Rueda, Corina Porro...) percorreron as rúas compostelás xunto a Galicia Bilingüe, Falange Auténtica, Víctimas del Terrorismo...nunha penosa e vergoñenta manifestación de odio e racismo lingüístico onde se corearon frases contra a lingua galega.
  • 14. De maior gravidade, se cabe, foi cuestionar mediante a censura de textos escolares, que o galego é a lingua propia de Galiza!
  • 15. O desprezo do PP pola nosa lingua é tal que Feijoo non tivo ningún tipo de reparos en burlarse dun dos grandes símbolos da nosa identidade nacional, Castelao, traducindo ao español no Parlamento Galego o famoso discurso “Alba de Groria” que Castelao pronunciou no exilio.
  • 16. O PP continúa reproducindo o esquema de autoodio que ao pobo galego lle foron inculcando historicamente os seus antecesores ideolóxicos e que Castelao denunciaba en “Sempre en Galiza”: “Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben”.
  • 17. Mais a galegofobia non poderá con nós. A Mesa pola Normalización Lingüística, símbolo e orgullo dun pobo que non se resigna a que a nosa lingua sexa ninguneada, é a maior asociación cultural do país e desenvolve un traballo firme, inquebrantábel e continuado na defensa da lingua desde hai máis de 25 anos.
  • 18. Como resposta ás medidas regresivas que no ámbito da lingua e da cultura estaba a aplicar o goberno de Feijoo, A Mesa impulsou a plataforma unitaria Queremos Galego, formada por máis de 700 entidades de todo tipo coa vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego.
  • 19. A convocatoria de Queremos Galego o 18 outubro de 2009 supuxo a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores mobilizacións de toda a historia de Galiza reunindo a máis de 100.000 persoas.
  • 20. Movámonos a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa ás galegas e aos galegos no mundo no mesmo nivel que ás outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua. Non permitiremos que o PP continúe lexislando contra a lingua galega, desprotexendo os nosos dereitos lingüísticos ou cuestionando consensos básicos arredor do idioma, que tanto traballo custou construír.
  • 21. Continuemos loitando polos nosos dereitos lingüísticos que como pobo nos corresponden, polo dereito básico de podermos vivir en galego na nosa propia terra. E ese día non ha tardar en chegar, pois como ben dixo o noso gran poeta nacional, Uxío Novoneyra: A FORZA DO NOSO AMOR NON PODE SER INÚTIL.