2. Introducción Pode que xa celebraras moitas veces o día do teu cumpreanos. Pero, seguramente non sabes que ocorría no mundo no tempo do teu nacemento.
3. A Tarefa explicar o significado dos nomes da vosa familiae a distribución xeográfica dos teus apelidos. encontrar personaxes con certa sona cos que compartas o teu mesmo día de cumpreanos; buscar os títulos de películas ou series de televisión, de cancións ou de libros, que fosen moi populares durante a década na que naciches; descubrir algúns dos acontecementos sucedidos na data do teu nacemento; elaborar un – esquema- informe - escrito e persoal que recolla con claridade toda esa información. Publicar a información no blogue de aula, organizada en diferentes entradiñas, segundo os temas tratados, acompañada das imaxes adecuadas. En determinados casos especiais, tamén utilizaredes outras ferramentas (ex., diccionarios, enciclopedias) para terminar algunha das tarefas citadas.
4. O Proceso 1ª actividade: Busca e explica o significado do teu propio nome, dos nomes dos teus pais e dalgún dos teus avós e avoas. Investigar os teus apelidos. 2ª actividade: Encontra tres personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas, políticos, científicos, etc.) que compartan contigo o mesmo día de cumpreanos. 3ª actividade: Elixe un deses personaxes tan afamados e describe con brevidade os detalles máis salientables da súa biografía. 4ª actividade: Busca e descubre os títulos de películas ou de series de televisión, de cancións ou de libros que fosen moi populares na década na que ti naciches. 5ª actividade: Busca e encontra tres acontecementos que coincidan co día de teu nacemento. Poden ser feitos de carácter social, cultural, político, deportivo, científico, etc.
5. 1ª actividade: Busca e explica o significado do teu propio nome e dos nomes dos teus pais e dalgún dos teus avós e avoas. Investiga a distribución xeográfica dos teus apelidos.
6.
7. 4ª actividade: Busca e descubre os títulos de películas ou de series de televisión, de cancións ou de libros que fosen moi populares durante a década na que naciches.
8. 5ª actividade: Busca e encontra tres acontecementos que coincidan co día de teu nacemento. Poden ser feitos de carácter social, cultural, político, deportivo, científico, etc.
9. Para atopar toda a información que se vos pide, accederemos on-line (é dicir, por medio de Internet) aos recursos que están xa seleccionados en Trapallos. O datos requeridos que se consigan encontrar, serán a base para a elaboración de entradiñas no blogue de aula –texto e imaxes- para así poder finalizar a nosa misión: compartir unha vivencia - escrita da maneiramáis atractiva e informativa posible - e… situármonos no planeta.