2. A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar . Esta situación orbital e as súas características de masa convértena nun planeta privilexiado, cunha temperatura media duns 15º C, auga en forma líquida e unha atmosfera densa con osíxeno, condicións imprescindibles para o desenvolvemento da vida .
3.
4. A Terra tarda 24 horas en dar un xiro sobre si mesma. Movemento de Rotación. Na parte que ilumina o Sol é día e na que non é noite. Desde que se fai de día ata a noite, o Sol pasa por distintas posicións no ceo e dá lugar ao amañecer, ao mediodía e o anoitecer.
5. verán outono inverno primavera A Terra tarda un ano, é dicir, doce meses, en dar unha volta o arredor do Sol. Movemento de Traslación . Este movemento orixina as catro estacións : primavera, verán, outono e inverno
7. A lúa brilla soamente pola luz que reflicte do Sol; a porción da cara iluminada visible dende a Terra depende do aliñamento do Sol, a Terra e a Lúa, que cambia continuamente, ao longo do período orbital lunar. É o único satélite natural da Terra. É un mundo ermo, poboado de cráteres, sen auga e sen atmosfera. A medida que a Lúa viaxa arredor da Terra no transcurso dun mes, preséntanos o seu ciclo de fases.
8. A estes cambios de forma chámalleses Fases lunares: Lúa chea Cuarto minguante Lúa nova Cuarto crecente. A Lúa xira arredor da Terra e tarda 28 días e dar unha volta completa. Se a observamos ao longo destes días vémola de distintas maneiras.
9. Unha semana máis tarde a Lúa deu un cuarto de volta e presenta media cara iluminada cuarto crecente Outra semana máis e a Lúa ocupa unha posición aliñada co Sol e a Terra, polo cal dende a Terra se aprecia toda a cara iluminada (plenilunio ou Lúa chea, 100%). Unha semana máis tarde se produce o cuarto minguante. Transcorridas unhas catro semanas estamos outra vez en novilunio. A zona que limita a luz e a sombra denomínase terminador. Cando a Lúa está entre a Terra e o Sol, ten orientada cara á Terra a súa cara non iluminada (novilunio ou Lúa nova, 0%). NOVA CRECENTE CHEA MINGUANTE Fíxate no que nos di a sabedoría popular e nunca te enganarás: "A Lúa engana, cando ten forma de C é minguante e cando non é crecente"
11. O Sistema Solar pertence a unha galáxia chamada Via Láctea e está nun dos seus extremos. O Sistema Solar é un conxunto de planetas que xiran ao redor dunha estrela (o Sol) que á súa vez xira arredor do centro da galáxia. Aproximadamente estamos a uns 33 anos luz do centro desta galáxia.
12. O Sol (todo o Sistema Solar) xira arredor do centro da Vía Láctea, a nosa galaxia. Tarda 200 millóns de anos en dar unha volta ao centro da galaxia. O Sol é a estrela máis próxima á Terra e o maior elemento do Sistema Solar. O Sol proporciónanos luz e calor. É curioso que o que fai que xiremos ao seu arredor é unha forte atracción gravitatoria. O Sol formouse hai 4.500 millóns de anos. A temperatura na capa exterior alcanza 6000 graos , a capa exterior chámase fotosfera, pero o máis impresionante é o seu interior, alcanza os ¡15 millóns de graos!. Un gramo de materia solar ten tanta enerxía como 2,5 millóns de litros de gasolina.
13. MERCURIO A distancia media ao Sol é de 58 millóns de km. e o seu diámetro é duns 5000 km. Mercurio na súa órbita afástase moi pouco do Sol e só pode observado en condicións favorables: só se pode ver algunhas veces antes da saída ou o solpor. Mercurio é un dos planetas máis pequenos do Sistema Solar. VENUS Venus é o astro máis brillante despois da Lúa e o Sol, tamén se lle coñece como luceiro da alba, estrela matutina, luceiro e estrela vespertina. A distancia de Venus ao Sol é de 108 millóns de km, o seu diámetro é de 12.200 km. Xira en sentido contrario ao dos outros planetas. A temperatura media na superficie é de 482 graos e por iso non pode ter auga líquida.
14. A Terra é o planeta habitado polo home. É un dos planetas máis pequenos do sistema solar. Ten forma de esfera pero algo achatada. A súa distancia media ao Sol é de 149,6 millóns de quilómetros e ten un raio de 6371 km. A súa temperatura media é de 15 graos sobre cero. A Terra ten tres partes: Atmosfera que está formada por gas, Hidrosfera que está formada por auga e a Litosfera que é a capa sólida. Na Atmosfera está a Troposfera e a Estratosfera. A Troposfera é a capa máis próxima á superficie terrestre; chega ata 15 km de altura e a estratosfera chega ata 50 km de altura. O seu principal interese é a presenza de ozono. A TERRA
15. MARTE O ano marciano dura 687 días terrestres. O seu período de rotación é 24 h. A súa distancia ao Sol é de 228 millóns de km. Ten un diámetro de 6.800 km. Marte ten 2 satélites que se chaman Phobos e Deimos. Unha curiosidade é que se unha persoa pesa na Terra 90 kg en Marte pesa 40 kg XÚPITER Xúpiter é o maior planeta do sistema solar. Tarda 12 anos en dar unha volta arredor do Sol e tarda pouco menos de 10 horas en dar unha volta a si mesmo. A distancia ao Sol é de 778,3 millóns de quilómetros . A súa temperatura na superficie é duns 120 graos baixo cero. Ten 13 satélites coñecidos.
16. SATURNO Saturno é un dos planetas máis grandes do Sistema Solar. O seu diámetro é duns 120000 km.. É dez veces máis grande que a Terra. En grandes telescopios vese unha coroa arredor do planeta. Ten tres aneis con moito brillo, o grosor é de 15 quilómetros. Ademais os aneis de Saturno teñen 12 satélites, o máis grande chámase Titán e outro chámase Rea. Tarda 10 horas e 14 minutos en dar unha volta a si mesmo. Percorre a súa órbita en 29,46 anos. URANO O diámetro de Urano é 47600 km., é dicir, 3,7 maior que o da Terra. A súa distancia ao Sol é de 2870 millóns de km. Emprega 84 anos en dar unha volta ao Sol, en dar unha volta a si mesmo tarda menos de 18 horas. A temperatura é de 210 graos centígrados por debaixo de cero. Coñécense 5 satélites o máis pequeno coñeceuse en 1948 e os máis grandes en 1787.
17. NEPTUNO Está a uns 4.500 millóns de km do Sol. O seu diámetro mide uns 49.000 km. Tamén ten 2 satélites que se chaman: Tritón e Nereida descubertos en 1949. A temperatura é duns 200 graos baixo cero. En dar unha volta a si mesmo tarda 15 h e 48 minutos, e emprega en percorrer a súa órbita 164,8 días terrestres. A atmosfera de Neptuno esta composta por nitróxeno e metano. Neptuno non se ve a simple vista. PLUTÓN Plutón é o planeta máis afastado do Sol e descubriuse en 1930. A distancia ao Sol é de 5.900 millóns de km. Plutón tarda en dar unha volta ao Sol 248 anos e en dar unha volta a si mesmo tarda algo máis de 6 días. A órbita de Plutón é tan excéntrica que algunhas veces Plutón se pon máis preto que Neptuno do Sol. Plutón só pódese ver con potentes telescopios.
18. XÚPITER Observa a táboa Planetas Distancia do Sol- Km Diámetro ecuatorial km Mercurio 58.000.000 4.878 Venus 108.000.000 12.100 A Terra 150.000.000 12.756 Marte 228.000.000 6.786 Xúpiter 778.000.000 142.984 Saturno 1.427.000.000 120.536 Urano 2.870.000.000 51.108 Neptuno 4.497.000.000 49.538 Plutón 5.804.950.980 2.350
19. A Terra Xúpiter Saturno Mercurio Neptuno Urano Marte Plutón Venus Se puxésemos todos os planetas sobre unha mesa, para comparar o seu tamaño, este sería o resultado...
20. Esperamos que esta presentación espertará en ti curiosidade sobre : Isto é só unha mínima parte do que se pode saber do Infinito Universo . A terra O sol e a lúa Os planetas