SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  11
Télécharger pour lire hors ligne
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

PROPOSTA DE POSICIONAMENTO SOBERANÍA ALIMENTARIA DE
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA


       A Declaración Universal dos Dereitos Humanos adoptada pola Asemblea Xeral
das Nacións Unidas de 1948 recoñece o dereito de todas as persoas a contar con
comida suficiente e de calidade. Sen embargo, cada ano aumenta o número de
persoas que sofren fame no mundo, e a maioría da humanidade ve negado o seu
dereito básico a unha alimentación suficiente e adecuada. Esta situación non ten que
ver coa falta de produción, senón cos problemas de acceso aos alimentos, os cales
son consecuencia das desigualdades, a inxustiza, a mercantilización dos recursos
naturais e a alimentación, e a expansión da agricultura industrial e os seus
monocultivos.
       Neste marco, nace o concepto de soberanía alimentaria que, de acordo coa
definición que xurdiu a partir do Foro de Nyéléni (Malí) no 2007, é o dereito dos
pobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos
de forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistema
alimentario e produtivo.
       Este concepto nace no seo dos movementos sociais, e non propón unicamente
medidas técnicas ou económicas para garantir o acceso aos alimentos, senón que
considera cuestións políticas, ecolóxicas, sociais e culturais, e entende que é
necesaria unha transformación do sistema capitalista neoliberal actual que establece
un modelo de desenvolvemento baseado en regras inxustas e insostibles. Esta
transformación debe ter como principais actores aos agricultores e agricultoras,
poboacións indíxenas e movementos campesiños.
       Os obxectivos da soberanía alimentaria son válidos tanto en países do Sur,
onde o modelo do monocultivo extensivo para a exportación é o imperante, como nos
do Norte, onde as axudas provenientes das políticas agrarias favorecen o dumping e o
mundo rural está desaparecendo a unha velocidade aterradora.

       Consideramos a Soberanía Alimentaria unha proposta integral e completa de
transformación do modelo agroalimentario actual. Cremos que ten en conta e valora
todos os actores que interveñen desde un punto de vista respectuoso con criterios
ecolóxicos, sociais e culturais. Por estes motivos consideramos a Seguridade
Alimentaria e o Dereito á Alimentación termos incompletos e que ignoran elementos


                                                                                  1
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

chave que condicionan fortemente a produción de alimentos e o control sobre a
mesma.


        Polo tanto, para acadar a Soberanía Alimentaria, desde ESF defendemos:
    ➢ Modelo agroecolóxico fronte ao modelo agroindustrial:
        O proceso de industrialización que sufriu a agricultura nas últimas décadas
non só non contribuíu a diminuír a fame nin a mellorar o acceso a alimentos suficientes
e adecuados da poboación mundial, senón que supón unha seria ameaza á
soberanía     alimentaria   dos   pobos.   O    modelo    agroindustrial   aumenta   as
desigualdades sociais, concentra a maior parte dos beneficios económicos en mans
de empresas multinacionais e grandes produtores, dificulta o acceso á terra, auga e
biodiversidade das poboacións campesiñas e indíxenas e promove a desaparición da
agricultura familiar.
        A liña tecnolóxica que deu lugar ao modelo produtivo agroindustrial, e foi
desenvolvida unicamente polas grandes posibilidades de conseguir beneficios para as
industrias e as empresas subministradoras dos insumos agrícolas, impón un modelo
homoxéneo que non ten en conta as condicións ambientais, contexto cultural e
necesidades específicas das poboacións campesiñas e indíxenas.
        A expansión da agricultura industrial erosiona a diversidade cultural,
agrícola e biolóxica do planeta substituíndo os agrosistemas diversos por
monocultivos de exportación, e arrasando selvas, bosques e sabanas pouco aptas
para a agricultura para expandir a fronteira do agronegocio.
        Polo tanto, o modelo de produción alimentaria industrial (baseado nun uso
intensivo de insumos como agroquímicos ou outros produtos químicos de síntese en
acuicultura e maquinaria pesada, monocultivo, utilización irresponsable de sementes
híbridas e transxénicas, auga, etc.) ten consecuencias ambientais e sociais
devastadoras: impactan negativamente sobre o medio ambiente mediante a
liberación indiscriminada de tóxicos e transxénicos, a deforestación, a erosión e
esgotamento dos solos, o empobrecemento da agrobiodiversidade, a sobreexplotación
dos recursos e a dependencia de combustibles fósiles e produtos químicos de síntese
ou outros insumos para asegurar a produtividade (que reducen a autonomía das
persoas produtoras), sendo un factor determinante no cambio climático; xoga coa
saúde de todos/as os/as consumidores/as e produtores/as, e nega o noso dereito a


                                                                                     2
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

consumir e producir alimentos saudables, nutritivos e culturalmente adecuados nunhas
condicións laborais xustas e dignas e sen discriminacións (en particular a de xénero).


       Desde ESF Galicia defendemos o modelo agroecolóxico e outras formas
de produción alimentaria sostible como reacción crítica fronte ao modelo de
produción alimentaria industrial e os seus múltiples impactos. Os espazos
produtivos de produción alimentaria básica deben ser entendidos como ecosistemas
que integran un conxunto diverso de elementos ecolóxicos e humanos, e a busca
da produtividade debe facerse a través da capitalización dos procesos
biolóxicos e naturais, máis que das innovacións químicas ou da enxeñería xenética.
Cremos que é necesario un cambio do actual modelo de produción alimentaria, cara
un baseado nos principios da agroecoloxía, pesca artesanal sostible e outros modelos
de produción alimentaria sostible, que parta do respecto e do equilibrio coas
condicións naturais, a cultura local e os saberes tradicionais, e sobre todo que
garanta a soberanía alimentaria tanto para as poboacións presentes como para as
xeracións futuras.
       Apostamos polo uso de tecnoloxías cun enfoque de desenvolvemento
humano e apropiadas para cada contexto, distintas en cada caso e heteroxéneas.
Ademais, a difusión de técnicas e prácticas debe contar coa participación dos/as
produtores/as, que as probarán, avaliarán e adaptarán por si mesmos.


   ➢ Mercados locais fronte a un mercado global e un modelo
       exportador de alimentos:
       O modelo de industria alimentaria, integrado no sistema capitalista neoliberal,
considera os alimentos como unha mercadoría suxeita ás normas do libre
mercado. Nesta dinámica, os países do Norte, unha vez máis, parten dunha
situación vantaxosa fronte aos países do Sur pois, non só teñen máis recursos
económicos para apoiar a súa produción alimentaria con políticas que contan con
orzamentos millonarios e permiten prácticas como o dumping, senón que tamén son
beneficiados polas políticas económicas impostas polo Fondo Monetario
Internacional, o Banco Mundial, a Organización Mundial de Comercio e
amparados polos Tratados de Libre Comercio. Así mesmo, as grandes empresas
transnacionais tamén se benefician deste sistema influíndo na formulación destas



                                                                                         3
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

políticas segundo os seus intereses económicos, ao igual que se benefician empresas
e entidades financeiras mediante a especulación co prezo dos alimentos.
       En grande parte grazas a estas políticas neoliberais e de axuste estrutural
impostas polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional aos países do
Sur, durante as últimas dúas décadas tivo lugar nestes países unha impresionante
expansión dos monocultivos orientados á exportación, que substituíron sistemas
agrarios diversos dirixidos ao consumo local, e desprazaron dos seus territorios a
milleiros de comunidades indíxenas e campesiñas. Este modelo agroexportador non
só empobreceu aínda máis as economías dos países do Sur, senón que debilitou a
autonomía e a autosuficiencia alimentaria destes países.


       Cremos que a alimentación é un dereito, non unha mercadoría, polo que os
alimentos non deberían estar suxeitos ás normas de libre mercado nin afectados por
actividades especulativas. Polo tanto, é necesario que se tomen medidas para evitar
esta situación, como a retirada da produción de alimentos básicos da
Organización Mundial de Comercio, a prohibición da especulación con
alimentos, así como a protección dos mercados e a produción locais dos países
do Sur.
       Rexeitamos as políticas neoliberais de axuste estrutural impostas polo
Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial aos países do Sur, xa que están
dirixidas polos intereses económicos dos países do Norte e das grandes empresas
transnacionais, e poñen en claro perigo a soberanía alimentaria dos países do Sur.
       Apostamos por un sistema alimentario máis local, no que a comida sexa
producida, recollida, procesada, vendida e consumida o máis preto posible, e pola
defensa e promoción dunha produción de alimentos a pequena escala e sostible,
con importante base familiar e campesiña ou de pesca artesanal que garanta a
autonomía alimentaria da poboación.


   ➢ Acceso á auga e á terra.
       No contexto económico actual, no que a produción de alimentos sufriu un
proceso de mercantilización, a terra, a auga e a biodiversidade deixaron de estar en
mans dos pobos para se converter en obxecto de especulación, expostos á lóxica do
libre mercado. Este proceso fomentou a dinámica de concentración dos bens en
poucas mans e, como consecuencia, a privación do acceso aos bens naturais da

                                                                                     4
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

poboación campesiña e indíxena que, apartada da súa fonte de sustento, se ve
forzada a desprazarse das súas terras cara as cidades, xerando pobreza e
aumentando o despoboamento do mundo rural.
       Ademais, a partir das últimas crises alimentaria e financeira, xurde a grande
escala o fenómeno de acaparamento de terras, que xera unha maior privatización e
concentración das terras agrícolas máis fértiles, e polo tanto unha forte ameaza á
subsistencia futura de persoas que seguen a depender dos seus agroecosistemas
locais para se alimentar nos países do Sur. Este acaparamento está liderado tanto
polos gobernos con “inseguridade alimentaria”, que dependen das importacións
para alimentar os seus pobos, e que se están a apoderar rapidamente de terras
agrícolas por todo o mundo nas que producir os seus propios alimentos fóra do país;
como polas corporacións de alimentos e os investidores privados, ávidos de
ganancias no medio do afondamento da crise financeira, que ven no investimento en
terras agrícolas estranxeiras unha importante fonte nova de ingresos. Desta maneira,
as empresas privadas estranxeiras obteñen novas formas de control sobre
terras agrícolas para producir alimentos, non para as comunidades locais, senón para
outros, e os/as traballadores/as, as/os agricultoras/es e as comunidades locais
inevitabelmente perden acceso á terra para a produción local de alimentos.


       Desde ESF-Galicia cremos que o acceso aos bens naturais garante a
permanencia dos pobos no seu territorio, os seus vencellos co mesmo, os seus
modos de entender o mundo, de vivir e de producir, permitindo o seu
desenvolvemento sociocultural e político autónomo.
       Para un acceso máis equitativo e completo á terra, á auga e a outros recursos
naturais, así como para un maior control democrático sobre eles, é imprescindible
unha Reforma Agraria integral e políticas agrarias que apoien a produción
nacional, desenvolvidas coa plena participación das comunidades campesiñas e
indíxenas e as pequenas produtoras e produtores, e adaptadas ao contexto e ás
necesidades da poboación de cada país ou rexión.
       Rexeitamos que os recursos naturais podan ser obxecto de especulación
financeira, así como o acaparamento por parte de empresas privadas e gobernos
estranxeiros de grandes extensións de terra, pois estas prácticas poñen en perigo a
soberanía alimentaria dos pobos locais.



                                                                                   5
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

       Defendemos que a auga en todas as súas formas é un ben común e o seu
acceso é un dereito humano fundamental e inalienábel. A auga é un patrimonio das
comunidades e dos pobos, non unha mercadoría, e polo tanto a súa xestión e
control deben permanecer no ámbito público, social, comunitario, participativo,
con equidade e sen fin de lucro.
       Apostamos por unha xestión sostible dos ecosistemas e a preservación do
ciclo da auga mediante o ordenamento do territorio, e consideramos a cunca
hidrográfica como unidade básica integral de xestión.


   ➢ Protección de sementes autóctonas.
       Un dos elementos máis característicos do modelo agroindustrial, altamente
tecnificado, é que fai aos e ás agricultoras totalmente dependentes dos insumos de
orixe industrial que subministran as empresas do agronegocio. Desta forma, o
paquete tecnolóxico no que se basea o modelo de produción agroindustrial e que é
ofrecido por unhas poucas multinacionais que dominan de maneira case monopolista
os mercados de insumos agroindustriais, ten coma unha das súas bases
fundamentais, as sementes híbridas estándar. A pesares de que son vendidas como
sementes de alto rendemento, este tipo de sementes necesitan unhas condicións
específicas e abundantes insumos agroindustriais para prosperar e ser realmente
produtivas. Ademais, a produtividade e o índice de xerminación das seguintes
xeracións destas sementes decae de maneira moi importante, feito que impide gardar
parte do gran obtido un ano para usar como semente na colleita posterior,
obrigando polo tanto ás persoas produtoras que o asumen a mercar sementes cada
ano. Así mesmo, mediante o uso destas sementes en lugar de sementes autóctonas
adaptadas á zona, prodúcese unha perda de biodiversidade e polo tanto unha
uniformización xenética dos cultivos, o que aumenta a vulnerabilidade da agricultura
respecto a fenómenos climatolóxicos adversos, enfermidades, pragas e a carencia de
insumos químicos e enerxéticos.
       Ademais, o sistema de patentes desenvolvido por estas multinacionais, e
o control que exercen sobre o mercado, leva consigo a privatización do
coñecemento e o patrimonio agroxenético que as culturas campesiñas e os pobos
indíxenas desenvolveron durante milenios.
       Así mesmo, a recente expansión dos cultivos transxénicos, teoricamente
dirixidos a modernizar a agricultura, aumentar a produción mundial e acabar así coa

                                                                                    6
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

fame no mundo, constituíron en realidade unha nova estratexia das multinacionais
para seguir co control monopolista do mercado mundial de sementes e insumos
agrícolas. Os transxénicos agrícolas controlados por unhas poucas empresas
afondaron na dependencia do campesiñado e os e as consumidoras respecto ás
multinacionais que dominan o sector agroalimentario, posibilitaron ás Empresas
Transnacionais   que    controlan   a   industria   biotecnolóxica   apropiarse   da
agrobiodiversidade desenvolvida polas culturas campesiñas e indíxenas, e negaron
o dereito dos e das produtoras e os e as consumidoras a escoller entre
agricultura e alimentación modificados xeneticamente e libres de transxénicos, xa que
os cultivos modificados xeneticamente levan asociado o fenómeno da contaminación
xenética. Ademais, o uso de sementes transxénicas implicou a utilización de
agroquímicos altamente contaminantes e nocivos para a saúde, e os efectos que
os alimentos xeneticamente modificados poden ter sobre o organismo humano e sobre
o medio ambiente no que son liberados aínda son descoñecidos e impredicibles, de
forma que o principio de precaución foi totalmente ignorado.


       Defendemos a importancia de protexer as sementes autóctonas, pois a
Soberanía Alimentaria depende do acceso, o uso e a conservación que se faga da
biodiversidade agrícola e dos recursos xenéticos. Consideramos necesario que exista
unha ampla variedade de organismos vivos adaptados ás condicións de cada
entorno particular e aproveitables polos seres humanos, para que os pobos podan
decidir a súa propia produción e alimentación, e conservar un alto nivel de
autonomía e independencia das multinacionais, así como preservar a riqueza
tanto ecolóxica como cultural e posibilitar un modelo de produción agroecolóxico
sostible.
       As sementes non son unha mercadoría, senón unha creación colectiva que
reflicte a historia dos pobos, e polo tanto deben manter o seu carácter de patrimonio
colectivo en vez de ser utilizadas para o enriquecemento das multinacionais.
       Os OMX (Organismos Modificados Xeneticamente) non só non están
contribuíndo a reducir a fame no mundo, senón que están favorecendo o monopolio
da agroindustria en detrimento da soberanía alimentaria dos pobos, ademais de
xogar coa saúde de consumidores/as, produtores/as e poboación campesiña. Polo
tanto, cun enfoque de tecnoloxía para o desenvolvemento humano, cremos que o
cultivo de transxénicos con estas condicións debe ser prohibido, xa que


                                                                                    7
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

incumpre o principio de precaución e nega o dereito a producir e consumir produtos
libres de transxénicos polo fenómeno da contaminación xenética.


   ➢ Equidade de xénero.
       Dentro do sistema capitalista neoliberal e patriarcal, as mulleres, que xogaron
un papel fundamental na agricultura ao longo de toda a historia da humanidade, son
as máis afectadas polas políticas neoliberais e sexistas. As consecuencias do
actual modelo de negocio alimentario (pobreza, acceso insuficiente aos recursos,
éxodo rural e migración forzada, guerras e violencia física e sexual, etc.) afectan de
forma máis profunda ás mulleres, que sofren dobremente esta problemática ao partir
de por si dunha situación máis desfavorábel.
       Defendemos o dereito das mulleres a un acceso equitativo aos recursos
produtivos (terra, auga, sementes e outros medios de produción), económicos, a
formación e información, así como o dereito a unhas condicións de traballo xustas e
equitativas. Cremos que é necesario aumentar o empoderamento da muller, e por
tanto a súa autonomía e dereito a participar plenamente nas instancias de toma de
decisións, na identificación e resolución de problemas e no cambio social.


   ➢ A fin da promoción de agrocombustibles.
       A expansión global que os cultivos enerxéticos para a produción de
agrocombustibles están a protagonizar nos últimos anos explícase, en boa parte, polo
impulso que os EEUU e a UE decidiron dar a este novo sector industrial. Ambas
potencias económicas estableceron por lei a implementación obrigatoria durante as
próximas décadas de porcentaxes crecentes de agrocombustibles no sector
transportes. Sen embargo, esta obrigatoriedade contrasta coa incapacidade de
autoabastecerse das materias primas necesarias para os produciren, polo que as
tendencias actuais son inundar os países do Sur con cultivos enerxéticos,
substituíndo territorios ocupados na actualidade por selva, bosque, sabana e sistemas
agropecuarios de subsistencia (e os millóns de persoas que dependen directamente
deles) por monocultivos enerxéticos de exportación, en boa medida transxénicos,
controlados polas multinacionais.
       Ademais, o uso de cultivos -usualmente destinados a alimentación- para
agrocombustibles, leva consigo un claro risco de aumento dos prezos destes



                                                                                      8
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

alimentos, tornándoos inaccesibles para gran parte da poboación, e agudizando a
pobreza e a fame. Igualmente, as consecuencias serán graves se a materia prima
utilizada provén de cultivos non alimentarios, posto que estes substituirán as
producións alimentarias preexistentes. Á vez, o desenvolvemento do modelo de
produción a grande escala previsto significará expandir nos países do Sur a
fronteira agrícola sobre áreas cun enorme valor ecolóxico, social e cultural,
intensificando a presión sobre as comunidades indíxenas e campesiñas e a destrución
ecolóxica asociada á produción a grande escala para a exportación.
       Así mesmo, tendo en conta que o modelo de produción agroindustrial é unha
das principais causas do quencemento global, un modelo de produción a grande
escala de agrocombustibles provocará máis emisións das que podería aforrar en
reducir o consumo de combustibles fósiles e, en lugar de contribuír a mitigar o
cambio climático, acentuarao e ha de aceleralo significativamente.


       Polo tanto, cremos que os agrocombustibles son unha falsa solución para a
transición enerxética, pois, ao estar inseridos no actual modelo agroindustrial,
presentan todas as súas desvantaxes: xeran un maior monopolio das empresas
multinacionais, favorecen o agronegocio e a especulación cos alimentos, dificultan
aínda máis o acceso da poboación local aos recursos produtivos e aos alimentos, e
son incompatibles coa agricultura a pequena e mediana escala destinada á
alimentación, e polo tanto coa soberanía alimentaria.
       Pensamos que o cultivo de agrocombustibles con estas premisas non só non
mitigará o cambio climático, senón que ademais provocará a intensificación das
graves consecuencias globais ecolóxicas, económicas e sociais asociadas á
expansión do modelo agroindustrial, e afondará na dominación neocolonial dos
países do Norte sobre os do Sur, perpetuando o rol destes últimos como
subministradores de materias primas para os primeiros, e impedíndolles avanzar cara
maiores cotas de soberanía alimentaria e desenvolvemento humano.


   ➢ Cambio do modelo de distribución e de consumo.
       Nos últimos vinte anos as grandes empresas dos sectores relacionados coa
agricultura e en xeral coa alimentación levaron a cabo unha intensa actividade para se
faceren co control dos seus respectivos sectores produtivos, fusionándose entre elas e
absorbendo, desprazando e/ou eliminando as empresas máis pequenas que operaban

                                                                                    9
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

no seu sector de actividade económica. É por iso, que o sistema mundial de
produción de alimentos é caracterizado por unha concentración empresarial e
control case-monopolista dunhas poucas Empresas Transnacionais en todos os
elos da cadea alimentaria (aprovisionamento de insumos, produción, transformación,
distribución e comercialización).
       Ademais, a grande concentración horizontal que experimentara recentemente o
sector da distribución e da comercialización e súa marcada tendencia a realizar a súa
actividade     de   venta   detallista   de   alimentos     en   grandes    establecementos
(supermercados e hipermercados) vén de dar lugar ao que se deu en chamar a
Grande Distribución Alimentaria (GDA), que se converteu na única vía dos e das
agricultoras e outras provedoras para acceder ao mercado. Esta posición de dominio
das grandes distribuidoras permítelles exercer un control directo sobre a produción
agrícola, pesqueira e gandeira (obrigando ás e aos produtores a utilizar sementes
híbridas, aplicar agroquímicos, empregar grandes barcos para pesca industrial ou
infraestruturas de acuicultura, facendo inviábel a produción artesanal de produtos do
mar, etc.), e impor uns prezos en orixe que practicamente deixan sen marxe aos e ás
produtoras e provedoras. Á súa vez, este modelo de distribución xera condicións
laborais precarias e de explotación, e a eliminación dos pequenos establecementos e
comercios de barrio que non poden competir cos baixos prezos e os prolongados
horarios de apertura.
       Así mesmo, a comercialización a grande escala está intrinsecamente ligada
ao transporte a grandes distancias dos alimentos e o consecuente gasto enerxético e
contaminación, a desconexión entre a esfera da produción e o consumo, o consumo
de inxentes volumes de embalaxes, envases e bolsas de plástico e á xeralización duns
hábitos      alimentarios   homoxéneos,        insáns,     culturalmente   inadecuados     e
xeradores de graves impactos socioculturais e ambientais.


       Cremos que o modelo de distribución, comercialización e consumo
alimentario     dominante     é   insostible    e   leva    aparellados    graves   impactos
socioculturais e ambientais, sendo factor clave na agudización da fame, a subnutrición
e a pobreza, na degradación medioambiental e na erosión da diversidade de culturas
alimentarias, gastronómicas, produtivas, campesiñas e indíxenas do mundo.
Apostamos por un modelo de organización máis local e ecolóxico, que permita un
maior vínculo entre produtores/as e consumidoras/es, un menor gasto enerxético e


                                                                                          10
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria

emisión de contaminantes, e un maior respecto polas culturas e tradicións e á
vinculación co territorio.
       Rexeitamos o sistema hiperconsumista actual, e pensamos que é preciso
sensibilizar e educar a poboación mundial (e no noso caso particularmente a do
noso entorno) cara un modelo de consumo máis consciente, xusto, respectuoso
co medio ambiente e cos habitantes dos países do Sur.


    ➢ Incidencia política.
       As políticas agrarias promovidas polos organismos multilaterais e a miúdo
polos gobernos, impoñen o modelo do agronegocio e do negocio alimentario, e
impiden polo tanto o desenvolvemento dun modelo de agricultura campesiña ou outros
sistemas de produción de alimentos que garantan a soberanía alimentaria. Sen
embargo, o feito de que estas políticas estean a apoiar un sistema inxusto de
produción, distribución e consumo de alimentos non implica que non sexan necesarias
para garantir e desenvolver un modelo máis equitativo e xusto.


       Pensamos que o rol do estado é importante na construción dun modelo
alternativo de produción, distribución e consumo. É necesaria a vontade política por
parte dos gobernos e entidades políticas para facilitar o acceso aos recursos naturais
e tecnoloxía mediante as reformas lexislativas e institucionais que promovan a
agricultura familiar e outros sistemas de produción alimentaria sostible; así como para
evitar as relacións desiguais e inxustas na comercialización de alimentos.
       As políticas gobernamentais en materia agrícola deben favorecer unha
verdadeira Soberanía Alimentaria, para o que é imprescindible unha transformación
do modelo económico e de negocio alimentario actual, e unha redefinición das
relacións entre os actores involucrados na produción e consumo, para lograr un
modelo máis xusto, equitativo e sostible.




                                                                                    11

Contenu connexe

Similaire à Posicionamento esf sa 2011-galego

U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteEvaPaula
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabularioEvaPaula
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correxmackerel100
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correxmackerel100
 
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)Luisa Márquez Rodríguez
 
Presentación cmc
Presentación cmcPresentación cmc
Presentación cmcqwerty54
 
Presentación cmc
Presentación cmcPresentación cmc
Presentación cmcqwerty54
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 202020minutos
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos ruraisaialo1
 
4.1.sector primario
4.1.sector primario4.1.sector primario
4.1.sector primarioaproferaquel
 
Ideario (resumido)
Ideario (resumido)Ideario (resumido)
Ideario (resumido)willfredo02
 
Transxénicos
TransxénicosTransxénicos
Transxénicosaddri92
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da augaiesasorey
 
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfpdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfssusera8a0c4
 
Agricultura ecolóxica
Agricultura ecolóxicaAgricultura ecolóxica
Agricultura ecolóxicapaulaif
 

Similaire à Posicionamento esf sa 2011-galego (20)

U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parte
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabulario
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correx
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correx
 
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
 
Presentación cmc
Presentación cmcPresentación cmc
Presentación cmc
 
Presentación cmc
Presentación cmcPresentación cmc
Presentación cmc
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 
A agricultura no mundo novo
A agricultura no mundo novoA agricultura no mundo novo
A agricultura no mundo novo
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos rurais
 
4.1.sector primario
4.1.sector primario4.1.sector primario
4.1.sector primario
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Diversidade dos seres vivos
Diversidade dos seres vivosDiversidade dos seres vivos
Diversidade dos seres vivos
 
Ideario (resumido)
Ideario (resumido)Ideario (resumido)
Ideario (resumido)
 
2 crise ambiental
2 crise ambiental2 crise ambiental
2 crise ambiental
 
Transxénicos
TransxénicosTransxénicos
Transxénicos
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da auga
 
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfpdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
 
Agricultura ecolóxica
Agricultura ecolóxicaAgricultura ecolóxica
Agricultura ecolóxica
 

Plus de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 

Plus de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 

Posicionamento esf sa 2011-galego

  • 1. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria PROPOSTA DE POSICIONAMENTO SOBERANÍA ALIMENTARIA DE ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA A Declaración Universal dos Dereitos Humanos adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas de 1948 recoñece o dereito de todas as persoas a contar con comida suficiente e de calidade. Sen embargo, cada ano aumenta o número de persoas que sofren fame no mundo, e a maioría da humanidade ve negado o seu dereito básico a unha alimentación suficiente e adecuada. Esta situación non ten que ver coa falta de produción, senón cos problemas de acceso aos alimentos, os cales son consecuencia das desigualdades, a inxustiza, a mercantilización dos recursos naturais e a alimentación, e a expansión da agricultura industrial e os seus monocultivos. Neste marco, nace o concepto de soberanía alimentaria que, de acordo coa definición que xurdiu a partir do Foro de Nyéléni (Malí) no 2007, é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo. Este concepto nace no seo dos movementos sociais, e non propón unicamente medidas técnicas ou económicas para garantir o acceso aos alimentos, senón que considera cuestións políticas, ecolóxicas, sociais e culturais, e entende que é necesaria unha transformación do sistema capitalista neoliberal actual que establece un modelo de desenvolvemento baseado en regras inxustas e insostibles. Esta transformación debe ter como principais actores aos agricultores e agricultoras, poboacións indíxenas e movementos campesiños. Os obxectivos da soberanía alimentaria son válidos tanto en países do Sur, onde o modelo do monocultivo extensivo para a exportación é o imperante, como nos do Norte, onde as axudas provenientes das políticas agrarias favorecen o dumping e o mundo rural está desaparecendo a unha velocidade aterradora. Consideramos a Soberanía Alimentaria unha proposta integral e completa de transformación do modelo agroalimentario actual. Cremos que ten en conta e valora todos os actores que interveñen desde un punto de vista respectuoso con criterios ecolóxicos, sociais e culturais. Por estes motivos consideramos a Seguridade Alimentaria e o Dereito á Alimentación termos incompletos e que ignoran elementos 1
  • 2. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria chave que condicionan fortemente a produción de alimentos e o control sobre a mesma. Polo tanto, para acadar a Soberanía Alimentaria, desde ESF defendemos: ➢ Modelo agroecolóxico fronte ao modelo agroindustrial: O proceso de industrialización que sufriu a agricultura nas últimas décadas non só non contribuíu a diminuír a fame nin a mellorar o acceso a alimentos suficientes e adecuados da poboación mundial, senón que supón unha seria ameaza á soberanía alimentaria dos pobos. O modelo agroindustrial aumenta as desigualdades sociais, concentra a maior parte dos beneficios económicos en mans de empresas multinacionais e grandes produtores, dificulta o acceso á terra, auga e biodiversidade das poboacións campesiñas e indíxenas e promove a desaparición da agricultura familiar. A liña tecnolóxica que deu lugar ao modelo produtivo agroindustrial, e foi desenvolvida unicamente polas grandes posibilidades de conseguir beneficios para as industrias e as empresas subministradoras dos insumos agrícolas, impón un modelo homoxéneo que non ten en conta as condicións ambientais, contexto cultural e necesidades específicas das poboacións campesiñas e indíxenas. A expansión da agricultura industrial erosiona a diversidade cultural, agrícola e biolóxica do planeta substituíndo os agrosistemas diversos por monocultivos de exportación, e arrasando selvas, bosques e sabanas pouco aptas para a agricultura para expandir a fronteira do agronegocio. Polo tanto, o modelo de produción alimentaria industrial (baseado nun uso intensivo de insumos como agroquímicos ou outros produtos químicos de síntese en acuicultura e maquinaria pesada, monocultivo, utilización irresponsable de sementes híbridas e transxénicas, auga, etc.) ten consecuencias ambientais e sociais devastadoras: impactan negativamente sobre o medio ambiente mediante a liberación indiscriminada de tóxicos e transxénicos, a deforestación, a erosión e esgotamento dos solos, o empobrecemento da agrobiodiversidade, a sobreexplotación dos recursos e a dependencia de combustibles fósiles e produtos químicos de síntese ou outros insumos para asegurar a produtividade (que reducen a autonomía das persoas produtoras), sendo un factor determinante no cambio climático; xoga coa saúde de todos/as os/as consumidores/as e produtores/as, e nega o noso dereito a 2
  • 3. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria consumir e producir alimentos saudables, nutritivos e culturalmente adecuados nunhas condicións laborais xustas e dignas e sen discriminacións (en particular a de xénero). Desde ESF Galicia defendemos o modelo agroecolóxico e outras formas de produción alimentaria sostible como reacción crítica fronte ao modelo de produción alimentaria industrial e os seus múltiples impactos. Os espazos produtivos de produción alimentaria básica deben ser entendidos como ecosistemas que integran un conxunto diverso de elementos ecolóxicos e humanos, e a busca da produtividade debe facerse a través da capitalización dos procesos biolóxicos e naturais, máis que das innovacións químicas ou da enxeñería xenética. Cremos que é necesario un cambio do actual modelo de produción alimentaria, cara un baseado nos principios da agroecoloxía, pesca artesanal sostible e outros modelos de produción alimentaria sostible, que parta do respecto e do equilibrio coas condicións naturais, a cultura local e os saberes tradicionais, e sobre todo que garanta a soberanía alimentaria tanto para as poboacións presentes como para as xeracións futuras. Apostamos polo uso de tecnoloxías cun enfoque de desenvolvemento humano e apropiadas para cada contexto, distintas en cada caso e heteroxéneas. Ademais, a difusión de técnicas e prácticas debe contar coa participación dos/as produtores/as, que as probarán, avaliarán e adaptarán por si mesmos. ➢ Mercados locais fronte a un mercado global e un modelo exportador de alimentos: O modelo de industria alimentaria, integrado no sistema capitalista neoliberal, considera os alimentos como unha mercadoría suxeita ás normas do libre mercado. Nesta dinámica, os países do Norte, unha vez máis, parten dunha situación vantaxosa fronte aos países do Sur pois, non só teñen máis recursos económicos para apoiar a súa produción alimentaria con políticas que contan con orzamentos millonarios e permiten prácticas como o dumping, senón que tamén son beneficiados polas políticas económicas impostas polo Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, a Organización Mundial de Comercio e amparados polos Tratados de Libre Comercio. Así mesmo, as grandes empresas transnacionais tamén se benefician deste sistema influíndo na formulación destas 3
  • 4. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria políticas segundo os seus intereses económicos, ao igual que se benefician empresas e entidades financeiras mediante a especulación co prezo dos alimentos. En grande parte grazas a estas políticas neoliberais e de axuste estrutural impostas polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional aos países do Sur, durante as últimas dúas décadas tivo lugar nestes países unha impresionante expansión dos monocultivos orientados á exportación, que substituíron sistemas agrarios diversos dirixidos ao consumo local, e desprazaron dos seus territorios a milleiros de comunidades indíxenas e campesiñas. Este modelo agroexportador non só empobreceu aínda máis as economías dos países do Sur, senón que debilitou a autonomía e a autosuficiencia alimentaria destes países. Cremos que a alimentación é un dereito, non unha mercadoría, polo que os alimentos non deberían estar suxeitos ás normas de libre mercado nin afectados por actividades especulativas. Polo tanto, é necesario que se tomen medidas para evitar esta situación, como a retirada da produción de alimentos básicos da Organización Mundial de Comercio, a prohibición da especulación con alimentos, así como a protección dos mercados e a produción locais dos países do Sur. Rexeitamos as políticas neoliberais de axuste estrutural impostas polo Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial aos países do Sur, xa que están dirixidas polos intereses económicos dos países do Norte e das grandes empresas transnacionais, e poñen en claro perigo a soberanía alimentaria dos países do Sur. Apostamos por un sistema alimentario máis local, no que a comida sexa producida, recollida, procesada, vendida e consumida o máis preto posible, e pola defensa e promoción dunha produción de alimentos a pequena escala e sostible, con importante base familiar e campesiña ou de pesca artesanal que garanta a autonomía alimentaria da poboación. ➢ Acceso á auga e á terra. No contexto económico actual, no que a produción de alimentos sufriu un proceso de mercantilización, a terra, a auga e a biodiversidade deixaron de estar en mans dos pobos para se converter en obxecto de especulación, expostos á lóxica do libre mercado. Este proceso fomentou a dinámica de concentración dos bens en poucas mans e, como consecuencia, a privación do acceso aos bens naturais da 4
  • 5. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria poboación campesiña e indíxena que, apartada da súa fonte de sustento, se ve forzada a desprazarse das súas terras cara as cidades, xerando pobreza e aumentando o despoboamento do mundo rural. Ademais, a partir das últimas crises alimentaria e financeira, xurde a grande escala o fenómeno de acaparamento de terras, que xera unha maior privatización e concentración das terras agrícolas máis fértiles, e polo tanto unha forte ameaza á subsistencia futura de persoas que seguen a depender dos seus agroecosistemas locais para se alimentar nos países do Sur. Este acaparamento está liderado tanto polos gobernos con “inseguridade alimentaria”, que dependen das importacións para alimentar os seus pobos, e que se están a apoderar rapidamente de terras agrícolas por todo o mundo nas que producir os seus propios alimentos fóra do país; como polas corporacións de alimentos e os investidores privados, ávidos de ganancias no medio do afondamento da crise financeira, que ven no investimento en terras agrícolas estranxeiras unha importante fonte nova de ingresos. Desta maneira, as empresas privadas estranxeiras obteñen novas formas de control sobre terras agrícolas para producir alimentos, non para as comunidades locais, senón para outros, e os/as traballadores/as, as/os agricultoras/es e as comunidades locais inevitabelmente perden acceso á terra para a produción local de alimentos. Desde ESF-Galicia cremos que o acceso aos bens naturais garante a permanencia dos pobos no seu territorio, os seus vencellos co mesmo, os seus modos de entender o mundo, de vivir e de producir, permitindo o seu desenvolvemento sociocultural e político autónomo. Para un acceso máis equitativo e completo á terra, á auga e a outros recursos naturais, así como para un maior control democrático sobre eles, é imprescindible unha Reforma Agraria integral e políticas agrarias que apoien a produción nacional, desenvolvidas coa plena participación das comunidades campesiñas e indíxenas e as pequenas produtoras e produtores, e adaptadas ao contexto e ás necesidades da poboación de cada país ou rexión. Rexeitamos que os recursos naturais podan ser obxecto de especulación financeira, así como o acaparamento por parte de empresas privadas e gobernos estranxeiros de grandes extensións de terra, pois estas prácticas poñen en perigo a soberanía alimentaria dos pobos locais. 5
  • 6. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria Defendemos que a auga en todas as súas formas é un ben común e o seu acceso é un dereito humano fundamental e inalienábel. A auga é un patrimonio das comunidades e dos pobos, non unha mercadoría, e polo tanto a súa xestión e control deben permanecer no ámbito público, social, comunitario, participativo, con equidade e sen fin de lucro. Apostamos por unha xestión sostible dos ecosistemas e a preservación do ciclo da auga mediante o ordenamento do territorio, e consideramos a cunca hidrográfica como unidade básica integral de xestión. ➢ Protección de sementes autóctonas. Un dos elementos máis característicos do modelo agroindustrial, altamente tecnificado, é que fai aos e ás agricultoras totalmente dependentes dos insumos de orixe industrial que subministran as empresas do agronegocio. Desta forma, o paquete tecnolóxico no que se basea o modelo de produción agroindustrial e que é ofrecido por unhas poucas multinacionais que dominan de maneira case monopolista os mercados de insumos agroindustriais, ten coma unha das súas bases fundamentais, as sementes híbridas estándar. A pesares de que son vendidas como sementes de alto rendemento, este tipo de sementes necesitan unhas condicións específicas e abundantes insumos agroindustriais para prosperar e ser realmente produtivas. Ademais, a produtividade e o índice de xerminación das seguintes xeracións destas sementes decae de maneira moi importante, feito que impide gardar parte do gran obtido un ano para usar como semente na colleita posterior, obrigando polo tanto ás persoas produtoras que o asumen a mercar sementes cada ano. Así mesmo, mediante o uso destas sementes en lugar de sementes autóctonas adaptadas á zona, prodúcese unha perda de biodiversidade e polo tanto unha uniformización xenética dos cultivos, o que aumenta a vulnerabilidade da agricultura respecto a fenómenos climatolóxicos adversos, enfermidades, pragas e a carencia de insumos químicos e enerxéticos. Ademais, o sistema de patentes desenvolvido por estas multinacionais, e o control que exercen sobre o mercado, leva consigo a privatización do coñecemento e o patrimonio agroxenético que as culturas campesiñas e os pobos indíxenas desenvolveron durante milenios. Así mesmo, a recente expansión dos cultivos transxénicos, teoricamente dirixidos a modernizar a agricultura, aumentar a produción mundial e acabar así coa 6
  • 7. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria fame no mundo, constituíron en realidade unha nova estratexia das multinacionais para seguir co control monopolista do mercado mundial de sementes e insumos agrícolas. Os transxénicos agrícolas controlados por unhas poucas empresas afondaron na dependencia do campesiñado e os e as consumidoras respecto ás multinacionais que dominan o sector agroalimentario, posibilitaron ás Empresas Transnacionais que controlan a industria biotecnolóxica apropiarse da agrobiodiversidade desenvolvida polas culturas campesiñas e indíxenas, e negaron o dereito dos e das produtoras e os e as consumidoras a escoller entre agricultura e alimentación modificados xeneticamente e libres de transxénicos, xa que os cultivos modificados xeneticamente levan asociado o fenómeno da contaminación xenética. Ademais, o uso de sementes transxénicas implicou a utilización de agroquímicos altamente contaminantes e nocivos para a saúde, e os efectos que os alimentos xeneticamente modificados poden ter sobre o organismo humano e sobre o medio ambiente no que son liberados aínda son descoñecidos e impredicibles, de forma que o principio de precaución foi totalmente ignorado. Defendemos a importancia de protexer as sementes autóctonas, pois a Soberanía Alimentaria depende do acceso, o uso e a conservación que se faga da biodiversidade agrícola e dos recursos xenéticos. Consideramos necesario que exista unha ampla variedade de organismos vivos adaptados ás condicións de cada entorno particular e aproveitables polos seres humanos, para que os pobos podan decidir a súa propia produción e alimentación, e conservar un alto nivel de autonomía e independencia das multinacionais, así como preservar a riqueza tanto ecolóxica como cultural e posibilitar un modelo de produción agroecolóxico sostible. As sementes non son unha mercadoría, senón unha creación colectiva que reflicte a historia dos pobos, e polo tanto deben manter o seu carácter de patrimonio colectivo en vez de ser utilizadas para o enriquecemento das multinacionais. Os OMX (Organismos Modificados Xeneticamente) non só non están contribuíndo a reducir a fame no mundo, senón que están favorecendo o monopolio da agroindustria en detrimento da soberanía alimentaria dos pobos, ademais de xogar coa saúde de consumidores/as, produtores/as e poboación campesiña. Polo tanto, cun enfoque de tecnoloxía para o desenvolvemento humano, cremos que o cultivo de transxénicos con estas condicións debe ser prohibido, xa que 7
  • 8. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria incumpre o principio de precaución e nega o dereito a producir e consumir produtos libres de transxénicos polo fenómeno da contaminación xenética. ➢ Equidade de xénero. Dentro do sistema capitalista neoliberal e patriarcal, as mulleres, que xogaron un papel fundamental na agricultura ao longo de toda a historia da humanidade, son as máis afectadas polas políticas neoliberais e sexistas. As consecuencias do actual modelo de negocio alimentario (pobreza, acceso insuficiente aos recursos, éxodo rural e migración forzada, guerras e violencia física e sexual, etc.) afectan de forma máis profunda ás mulleres, que sofren dobremente esta problemática ao partir de por si dunha situación máis desfavorábel. Defendemos o dereito das mulleres a un acceso equitativo aos recursos produtivos (terra, auga, sementes e outros medios de produción), económicos, a formación e información, así como o dereito a unhas condicións de traballo xustas e equitativas. Cremos que é necesario aumentar o empoderamento da muller, e por tanto a súa autonomía e dereito a participar plenamente nas instancias de toma de decisións, na identificación e resolución de problemas e no cambio social. ➢ A fin da promoción de agrocombustibles. A expansión global que os cultivos enerxéticos para a produción de agrocombustibles están a protagonizar nos últimos anos explícase, en boa parte, polo impulso que os EEUU e a UE decidiron dar a este novo sector industrial. Ambas potencias económicas estableceron por lei a implementación obrigatoria durante as próximas décadas de porcentaxes crecentes de agrocombustibles no sector transportes. Sen embargo, esta obrigatoriedade contrasta coa incapacidade de autoabastecerse das materias primas necesarias para os produciren, polo que as tendencias actuais son inundar os países do Sur con cultivos enerxéticos, substituíndo territorios ocupados na actualidade por selva, bosque, sabana e sistemas agropecuarios de subsistencia (e os millóns de persoas que dependen directamente deles) por monocultivos enerxéticos de exportación, en boa medida transxénicos, controlados polas multinacionais. Ademais, o uso de cultivos -usualmente destinados a alimentación- para agrocombustibles, leva consigo un claro risco de aumento dos prezos destes 8
  • 9. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria alimentos, tornándoos inaccesibles para gran parte da poboación, e agudizando a pobreza e a fame. Igualmente, as consecuencias serán graves se a materia prima utilizada provén de cultivos non alimentarios, posto que estes substituirán as producións alimentarias preexistentes. Á vez, o desenvolvemento do modelo de produción a grande escala previsto significará expandir nos países do Sur a fronteira agrícola sobre áreas cun enorme valor ecolóxico, social e cultural, intensificando a presión sobre as comunidades indíxenas e campesiñas e a destrución ecolóxica asociada á produción a grande escala para a exportación. Así mesmo, tendo en conta que o modelo de produción agroindustrial é unha das principais causas do quencemento global, un modelo de produción a grande escala de agrocombustibles provocará máis emisións das que podería aforrar en reducir o consumo de combustibles fósiles e, en lugar de contribuír a mitigar o cambio climático, acentuarao e ha de aceleralo significativamente. Polo tanto, cremos que os agrocombustibles son unha falsa solución para a transición enerxética, pois, ao estar inseridos no actual modelo agroindustrial, presentan todas as súas desvantaxes: xeran un maior monopolio das empresas multinacionais, favorecen o agronegocio e a especulación cos alimentos, dificultan aínda máis o acceso da poboación local aos recursos produtivos e aos alimentos, e son incompatibles coa agricultura a pequena e mediana escala destinada á alimentación, e polo tanto coa soberanía alimentaria. Pensamos que o cultivo de agrocombustibles con estas premisas non só non mitigará o cambio climático, senón que ademais provocará a intensificación das graves consecuencias globais ecolóxicas, económicas e sociais asociadas á expansión do modelo agroindustrial, e afondará na dominación neocolonial dos países do Norte sobre os do Sur, perpetuando o rol destes últimos como subministradores de materias primas para os primeiros, e impedíndolles avanzar cara maiores cotas de soberanía alimentaria e desenvolvemento humano. ➢ Cambio do modelo de distribución e de consumo. Nos últimos vinte anos as grandes empresas dos sectores relacionados coa agricultura e en xeral coa alimentación levaron a cabo unha intensa actividade para se faceren co control dos seus respectivos sectores produtivos, fusionándose entre elas e absorbendo, desprazando e/ou eliminando as empresas máis pequenas que operaban 9
  • 10. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria no seu sector de actividade económica. É por iso, que o sistema mundial de produción de alimentos é caracterizado por unha concentración empresarial e control case-monopolista dunhas poucas Empresas Transnacionais en todos os elos da cadea alimentaria (aprovisionamento de insumos, produción, transformación, distribución e comercialización). Ademais, a grande concentración horizontal que experimentara recentemente o sector da distribución e da comercialización e súa marcada tendencia a realizar a súa actividade de venta detallista de alimentos en grandes establecementos (supermercados e hipermercados) vén de dar lugar ao que se deu en chamar a Grande Distribución Alimentaria (GDA), que se converteu na única vía dos e das agricultoras e outras provedoras para acceder ao mercado. Esta posición de dominio das grandes distribuidoras permítelles exercer un control directo sobre a produción agrícola, pesqueira e gandeira (obrigando ás e aos produtores a utilizar sementes híbridas, aplicar agroquímicos, empregar grandes barcos para pesca industrial ou infraestruturas de acuicultura, facendo inviábel a produción artesanal de produtos do mar, etc.), e impor uns prezos en orixe que practicamente deixan sen marxe aos e ás produtoras e provedoras. Á súa vez, este modelo de distribución xera condicións laborais precarias e de explotación, e a eliminación dos pequenos establecementos e comercios de barrio que non poden competir cos baixos prezos e os prolongados horarios de apertura. Así mesmo, a comercialización a grande escala está intrinsecamente ligada ao transporte a grandes distancias dos alimentos e o consecuente gasto enerxético e contaminación, a desconexión entre a esfera da produción e o consumo, o consumo de inxentes volumes de embalaxes, envases e bolsas de plástico e á xeralización duns hábitos alimentarios homoxéneos, insáns, culturalmente inadecuados e xeradores de graves impactos socioculturais e ambientais. Cremos que o modelo de distribución, comercialización e consumo alimentario dominante é insostible e leva aparellados graves impactos socioculturais e ambientais, sendo factor clave na agudización da fame, a subnutrición e a pobreza, na degradación medioambiental e na erosión da diversidade de culturas alimentarias, gastronómicas, produtivas, campesiñas e indíxenas do mundo. Apostamos por un modelo de organización máis local e ecolóxico, que permita un maior vínculo entre produtores/as e consumidoras/es, un menor gasto enerxético e 10
  • 11. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria emisión de contaminantes, e un maior respecto polas culturas e tradicións e á vinculación co territorio. Rexeitamos o sistema hiperconsumista actual, e pensamos que é preciso sensibilizar e educar a poboación mundial (e no noso caso particularmente a do noso entorno) cara un modelo de consumo máis consciente, xusto, respectuoso co medio ambiente e cos habitantes dos países do Sur. ➢ Incidencia política. As políticas agrarias promovidas polos organismos multilaterais e a miúdo polos gobernos, impoñen o modelo do agronegocio e do negocio alimentario, e impiden polo tanto o desenvolvemento dun modelo de agricultura campesiña ou outros sistemas de produción de alimentos que garantan a soberanía alimentaria. Sen embargo, o feito de que estas políticas estean a apoiar un sistema inxusto de produción, distribución e consumo de alimentos non implica que non sexan necesarias para garantir e desenvolver un modelo máis equitativo e xusto. Pensamos que o rol do estado é importante na construción dun modelo alternativo de produción, distribución e consumo. É necesaria a vontade política por parte dos gobernos e entidades políticas para facilitar o acceso aos recursos naturais e tecnoloxía mediante as reformas lexislativas e institucionais que promovan a agricultura familiar e outros sistemas de produción alimentaria sostible; así como para evitar as relacións desiguais e inxustas na comercialización de alimentos. As políticas gobernamentais en materia agrícola deben favorecer unha verdadeira Soberanía Alimentaria, para o que é imprescindible unha transformación do modelo económico e de negocio alimentario actual, e unha redefinición das relacións entre os actores involucrados na produción e consumo, para lograr un modelo máis xusto, equitativo e sostible. 11