SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
Tecnoloxías apropiadas
Antón Román Portabales

[1. Introducción]
Normalmente a mellor estratexia para enfrentarse a un problema grande é dividilo en
problemas máis pequenos, de xeito que poidamos atacar cada un por separado. Esta é a razón
pola que vou dividir o texto en apartados que poden ser lidos de forma independente. Vou falar
de todo o que eu entendo por tecnoloxías, e iso implica non só falar de cousas como a cociña
solar ou picosatélites, se non de outras tecnoloxías como o diñeiro e a xustiza, que se cadra,
inflúen máis na vida da xente. Non pretendo facer un artigo técnico nin científico, senon unha
prosa rápida de ler, sen moitas cifras. Son consciente de que moitas das cousas que digo está
suxeitas a interpretación, pero intentarei usar o sentido común en todo momento, xa que a miña
intención non é dar información exhaustiva, se non facer pensar ó lector, tanto se está a favor
como se está en contra do que digo.
Normalmente asociamos a tecnoloxía a elementos materiais, pero isto non é así, existen moitas
cousas “non materiais” que podemos considerar tecnoloxía. Se atendemos á definición de
tecnoloxía que aparece na Wikipedia1 vemos que os resultados dunha determinada tecnoloxía
pode ser un servizo. Un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder ás
necesidades dun potencial usuario. Por exemplo, as lexislacións ou os cartos, son cousas que
podemos clasificar como tecnoloxía, xa que son unha creación da mente humana para intentar
solucionar problemas existentes e mellorar a súa vida, o cal inexorablemente pasa por unha
mellor convivencia e mellores relacións sociais e económicas.
Tanto as lexislacións como os cartos sufriron unha evolución histórica e ambas teñen presentan
problemas moi importantes hoxe en día. Solucionar estes problemas, é na miña opinión, aínda
máis importante que mellorar a eficiencia dos paneles fotovoltaicos (por pór un exemplo), que
tamén o é, e moito.

[2. Historia da relación entre o ser humano e a
tecnoloxía condensada.]
Cómpre dicir que eu non son un experto en historia da Tecnoloxía nin da Economía, pero
gustaríame dar a miña visión da mesma.
Aínda que hai algúns animais que empregan ferramentas rudimentarias, o ser humano é o
animal tecnolóxico por excelencia. Podemos dicir entón, que a tecnoloxía está indisolublemente
unida ó proceso evolutivo humano. Dende que dominio do lume nos permitiu cociñar e durmir
1

“ Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos técnicos, ordeados cientificamente, que permiten deseñar
e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ó medio ambiente e satisfacer tanto as necesidades
esenciais como os desexos das persoas...”

1
quentes e tranquilos, e coa capacidade das nosas mans fomos capaces de crear e usar
ferramentas1, conseguimos unha ventaxa competitiva que nos permitiu triunfar como especie
ata chegar, nos últimos tempos, a unha taxa de crecemento poblacional exponencial, máis
propio dunha plaga. Polo tanto, o uso intensivo de ferramentas é algo que nos caracteriza
como especie. Ademais das ferramentas, o ser humano caracterizouse por ser un animal
social, que tivo na vida en grupos a base da súa subsistencia.
Durante miles de anos o home, axudado por unha tecnoloxía rudimentaria, adicouse a subsistir,
primeiro levando unha existencia nómada para finalmente facerse máis sedentario co avance
da agricultura e gandería. Nos últimos 200 anos tivemos dúas Revolucións Industriais. A
primeira comezou en Europa na primeira metade do s.XIX, aínda que despois se transladou a
EEUU, e empregou o carbón como fonte de enerxía. A segunda, comezou na primeira metade
do século XX tivo como epicentro EEUU e estivo baseada no comezo do consumo intensivo de
petróleo e dura ata os nosos días. O ser humano pasou dunha vida de subsitencia nas sabanas
africanas, a ter dispositivos funcionando en marte, cunha evolución tecnolóxica que se
condensou principalmente na última fase histórica, e que é cada vez maior.
As Revolucións Industriais, sumadas ós procesos coloniais que comezaron a partir do século
XV e ós grandes conflictos bélicos do s.XX, deron lugar a un mundo de varias velocidades,
onde principalmente hai dous tipos de zonas: unhas moi tecnolóxicas, consumistas e adictas ó
carbono fósil, e outras, menos tecnolóxicas, máis empobrecidas e moitas veces con
abundantes recursos naturais dos que normalmente se benefician as rexións máis ricas. Non
quero dar unha visión bipolar da economía mundial, xa que no medio hai moitos puntos
intermedios e se cadra cos potencias emerxentes cada vez máis, pero grosso modo, podemos
dicir que esta é situación actual.
A nosa evolución histórica como especie tecnolóxica xa non a podemos cambiar, pero si está
ben que nos fagamos un esquema mental da mesma para construir o futuro, e diso si que
estamos a tempo. A tecnoloxía estivo sempre connosco, pero ten que ser un medio que estea ó
noso servizo, non ó revés, e para ser boa e beneficiosa para todos nós, para o entorno que nos
rodea, e, sobre todo, sustentable no tempo.
Con esta pequena introducción histórica quería facer fincapé en que o ser humano non se
entende sen a tecnoloxía, porque é esencial para a nosa supervivencia e estivo e vai estar
ligada á nós, queiramos ou non. Dito isto, debemos ser conscientes das nosas limitacións como
animal tecnolóxico e dos problemas que a cotío causan as nosas tecnoloxías, e sobre todo,
debemos ter sempre presente algo, as cousas importantes non son cousas (nin servizos). Isto
é a interpretación que me gusta facer do de que "as persoas non deben considerarse como un
medio se non como un fin en si mesmas" de Kant2.
Á altura da película que estamos deberíamos facer extensivas estas palabras non so ó ser
humano, se non ó pequeno planeta azul no que vivimos.
1

Que me perdoen os antropólogos por intentar resumir o proceso de hominización en 26 palabras :-)

2

Hei de dicir que tampouco coñezo moito de Kant, e que tampouco me convence a explicación
que dá para a existencia de Deus, pero penso que é un dos filósofos que realmente paga a
pena estudiar
2
[3. Por que falamos de tecnoloxías apropiadas?]
Por convención falamos de tecnoloxía apropiada entendemos unha tecnoloxía que, cos
recursos dispoñibles, permite realizar unha tarefa dunha forma eficiente e eficaz a unha
población, axudándolle a levar unha vida máis digna. Normalmente refírese a tecnoloxías que
se introducen en países empobrecidos para mellorar as existentes dun xeito acorde coas
posibilidades materiais e económicas dos usuarios. Tamén leva implítcito un compoñente de
sustentabilidade, é dicir, de convivencia harmónica co medio natural dos usuarios. Pero quizais
o de “apropiadas” non é o termo máis atinado cando se quere facer entender o concepto.
Cando un oe falar por primeira de vez das tecnoloxías apropiadas pode preguntarse: seica non
debería ser todas as tecnoloxías apropiadas?, é dicir, se unha tecnoloxía non é óptima dende o
maior número de puntos de vista, para que a queremos?. Ben, esta pregunta ten todo o
sentido, e eu fágoma todos os días. ¿Que fai que unha tecnoloxía sexa apropiada nun sitio e
non noutro? Podemos dicir que iso vén dado por factores como a dispoñibilidade de recursos, o
poder adquisitivo da poboación ou a posibilidade de xestión da mesma por parte da poboación
local. ¿Porque as cociñas de leña melloradas son unha tecnoloxía apropiada en moitos sitios
de África e aquí ninguén as querería?. Sinxelamente porque, por regra xeral, aquí podemos
permitirnos algo mellor. En definitiva, o que quero dicir, é que o termo tecnoloxía apropiada
normalmente leva implícito unha carga de desigualdade social asumida, que se ben é realista
debería facernos pensar.
Por outra banda, hai que distinguir entre tecnoloxía e o uso que se fai da mesma, que moitas
veces se mesturan os conceptos. A tecnoloxía nuclear pode usarse para cousas como destruir
tecidos tumorais ou destruir unha cidade. Polo tanto é importante definir que unha tecnoloxía
non é mala ou boa en si mesma, se non a súa aplicación.
Por último, e en relación coa diferencia entre a tecnoloxía e a súa aplicación, querería facer
unha reflexión sobre determinados productos tecnolóxicos e son apropiados nalgúns sitios e
noutros non. Sempre asociamos o concepto de tecnoloxía apropiada a zonas empobrecidas
onde hai poucos recursos, pero o concepto, ademais de ser aplicable en calquera sitio, podería
ter unha dimensión máis, e ser aplicable a calquera tecnoloxía independentemente do contexto
socio-económico nunha escala global, é dicir, deberíamos poder falar de tecnoloxías
apropiadas para a humanidade. No outro extremo temos tecnoloxías que realmente non sería
doado clasificalas como apropiada en ningún país, o cal dende un punto de vista racional non
ten moito sentido.
Poño o exemplo dun Porsche Cayenne, que é o resultado dun proceso tecnolóxico que ten
como obxecto producir un vehículo grande, moi potente e luxoso. É unha tecnoloxía apropiada
nalgún sitio? é unha tecnoloxía apropiada para a humanidade? Dignifica a vida das persoas?.
Non vou dar a solución porque non son quen, pero quero expoñer os seguintes puntos:

3
●

Alemania é o único páis do mundo, ata onde eu sei, que se pode empregar gran parte
da potencia que o motor dun Porsche Cayenne pode dar. En España por exemplo, o
seu motor nunca poderá, por lei, dar a potencia máxima para a que foi deseñada.

●

É un coche grande, o cal sempre va a implicar máis consumo de enerxía na súa
utilización. O mesmo servizo pode darse con vehículos máis eficiente xa que é un coche
deseñado para transporte por estrada.

●

En xeral, na súa fabricación deste tipo de vehículo, empregarase unha cantidade maior
de materiais, e polo tanto de enerxía fósil, que para outro vehículo máis pequeno que
dea o mesmo servizo.

Polo tanto, é un Porsche Cayenne unha tecnoloxía apropiada nalgún sitio? Dende un punto de
vista puramente económico podemos dicir que en Alemania si, porque no proceso de
transformación das materias primas iniciais no coche, saca unha importante plusvalía cando o
vende noutros países, como facía en España nos anos do ladrillo. Segundo os baremos actuais
o Cayenne é unha tecnoloxía boa para Alemania, porque é rentable. Pero, ¿é o punto de vista
económico, como único criterio, un parámetro válido para calificar unha tecnoloxía como
apropiada?, en caso afirmativo entón as bombas de racimo que se fabricaban 1 en España
tamén o serían.

[4. Falando de cartos, son unha tecnoloxía
apropiada?]
Os cartos son unha abstracción humana, unha tecnoloxía que inventamos cando empezamos a
querer cambiar excedentes agrícolas por outras cousas que non tíñamos e que precisábamos.
Ó principio como moeda se usaban cousas con valor: sal, metais preciosos... Despois deixou
de facerse así, pero o papel moeda seguía sendo a representación dun valor real: o patrón
ouro, que durou ata a I Guerra Mundial. Dende entón xa nin ésas, os cartos xéranse todos os
días sen ningún tipo de representación física, pero non son nada en si mesmo, nada máis que
“confianza impresa”, é dicir, para todos os actores do sistema económico entre os que nos
atopamos, os cartos van ter un valor determinado.
Moitas veces asociamos un maior valor en cartos con un maior valor real dun obxecto dende
un punto de vista obxectivo, pero en moitos casos non é así. A economía financeira, que move
moitísimos máis cartos que a real, hoxe en día é a causa de moitos problemas graves da
humanidade e ten un grao de descontrol moi alto (ou mellor dito, de control por parte dunha
pequena élite allea ó interesés común). Non deberíamos preguntarnos tamén se os cartos son
hoxe en día unha tecnoloxía apropiada? non deberíamos dar algunha volta ó sistema?

1

Hoxe en día xa non é legal fabricar este tipo de bombas en España, e entendo polo tanto que non se
fabrican.

4
Do mesmo xeito que outras tecnoloxías, o diñeiro, pasou de ser unha ferramenta para
conseguir benestar xa que nos permite cambiar o noso tempo e habilidades por elementos
materiais e servizos precisos para a nosa vida, a ser un fin en si mesmo. O prezo é
normalmente o elemento de decisión máis importante á hora de facer unha compra, pero,
realmente o prezo recolle o valor dun producto? e sobre todo, recolle o impacto que ten no
medio onde é producido e o consumo de recursos non renovables que implica? Normalmente
non, e iso é algo que deberíamos cambiar. En moitos casos non se internalizan ese costes nos
productos. Poño como exemplo, o leite nos últimos tempos, estase a usar polas grandes
superficies como reclamo para traer compradores, poñen o leite moi barato, cunha marxe moi
pequena, e como case todo o mundo consume leite vai ir á súa grande superficie, xa que
ademais de leite mercará outras cousas con máis marxe. Neste caso, os maiores prexudicados
son os gandeiros non reciben un prezo xusto polo leite que producen. Isto non debería ser así,
o prezo pagado debería permitir producir leite do xeito máis sostible posible.
Existen iniciativas, como a Economía do Ben Común que pretenden internalizar todos os
factores relativos á producción do producto (condicións laborais, cumprimento das obrigas
medioambientais, producción ecolóxica, etc) nun selo que se inclúe no envase do producto, do
mesmo que se fai cos electrodoméstico para indicar o nivel de eficiencia enerxética, ou coas
vivendas. O prezo máis caro do producto cunha boa puntuación de Ben Común, respecto ó
equivalente tradicional nos que unicamente se intenta minimizar o coste de producción, podería
ser compensado cunha diminución de taxas do productor ou mesmo do IVE aplicado. Esta
iniciativa paréceme unha tecnoloxía apropiada en calquera país que se aplique.
Por outra banda, unha das cousas nas que se basea a Economía do Ben Común é na idea de
colaboración, fronte o concepto tradicional asociado á producción de bens e servizos: a
competencia. A mentalidade tradicional dirá que non ten sentido, é dicir, que iso rompería as
regras do mercado baseadas na oferta e na demanda. Adam Smith, que foi dos primeiros en
falar dunha man invisible que regula de forma misteriosa e automática a oferta e a demanda
deixando progreso e benestar no camiño, está baseada nunha concepción newtoniana da
economía. É dicir, cando aplicamos unha forza sobre un corpo nun sentido, temos outra de
sentido contrario. Smith e os seus seguidores, postulan que cando un producto é demasiado
caro o mercado reducirá a súa demanda, de forma que se baixará o prezo para volver a
aumentala. Maxia! todo funciona, o mercado é un motor automático. Certamente non, a maxia
non existe, e o mercado libre que defenden os liberais tampouco. Tampouco en Estados
Unidos, onde hai moitos sectores como a enerxía, que están fortemente subvencionados polo
estado. Unha cousa que Smith e compañía non tiveron en conta é a irreversibiliade de moitos
procesos en Economía, como por exemplo o consumo de recursos finitos1, moito máis
complexos que unha relación acción-reacción.

1

Esta reflexión tomeina do libro, La Tercera Revolución Industrial, ed Paidós, de Jeremy Refkin

5
[4. Colaboración vs competencia]
O ser humano é un animal social, dependemos os uns dos outros dende o primeiro momento e
sempre vivimos en grupos máis ou menos grandes. Dende pequenos explícannos que a
competencia é o motor da economía. Esta competencia baséanse normalmente en producir o
máis barato posible e vender o máis caro posible de forma que se obteña o máximo beneficio.
Ademais do prezo, tamén se intenta dar algo diferente o usuario, chegando ó extremo de
vender un papel hixiénico onde a principal ventaxa é que podes tirar o cartón do medio polo
váter. Si, a estas cousas nos leva a competencia...
Ben, é posible entender como colaboración as alianzas ou absorcións de empresas para
facerse co mercado, e acabar coa competencia. Na miña opinión isto normalmente non so non
é bo, se non que é malo, xa que o obxectivo desta "colaboración" e sempre maximizar o
beneficio, reduncindo costes de produción e tendo liberdade para fixar os prezos. A teoría da
Economía do Ben Común propón limitar este tipo de compras dunha empresa por outra.
Moitos estudos científicos do tema avalan o feito de que normalmente, a colaboración é mellor
estratexia que a competencia para a resolución da calquera tipo de problema. Nós na nosa vida
diaria somos colaboradores, coa nosa familia, cos nosos amigos, cos nosos veciños. Por que
debemos usar un patrón de comportamento totalmente diferente na actividade económica?
Dentro das mesmas organizacións (empresas, gobernos, ONG, etc) é moi común, que exista
competencia entre departamentos aínda sendo algo totalmente perxudicial para o conxunto.
Aprender a traballar en equipo pode entenderse como unha tecnoloxía apropiada máis, xa que
é unha tecnoloxía transversal ó desenvolvemento ou posta en marcha de calquera outra.
Nos proxectos de cooperación, a clave principal para o éxito dun proxecto é a colaboración e
organización dos usuarios finais para facelo sostible no tempo. E aquí non poden axudar os
procesadores de dobre núcleo, se non a "enxeñería social", a capacidade de organizar a un
grupo de persoas, para que respectando as súas particularidades, participen no proxecto de
forma activa e, sobre todo, responsable. Isto non é aplicable so a proxectos de cooperación, se
non á sociedade en xeral. A Educación é un elemento clave aquí, e non me refiro á simple
adquisición de coñecementos, se non a ensinar a traballar en equipo e a pensar no grupo. A
habilidade de traballar e todas as tecnoloxías que permiten facelo son as maiores ferramentas
evolutivas do ser humano, e no futuro vai ser preciso facer cada vez un uso máis intesivo
dela.

[5. Solidariedade vs Xustiza]
Cando falaba antes dos gandeiros e o prezo que reciben pola leite en Galicia, non me refería a
que temos que pagarlles iso por solidariedade senón por xustiza. Simplemente hai que pagar

6
un prezo xusto, que cubra os costes e que lles permita vivir dignamente e investir na súa
instalación.
Cando se fai cooperación moitas veces apélase á solidariedade, que dalgún modo consiste en
empatizar coa situación doutra e axudarlle para que estea mellor. Ben, a solidariedade é un
valor loable e bo pero nun plano circunstancial, cando algo vai especialmente mal por algunha
causa, pero eu penso que o valor que debe imperar de forma estructural é a xustiza. Por
exemplo, hai uns anos o valor da axuda humanitaria recibida por África, sería igual a un
aumento das exportacións por parte de África. Ben se é tan doado, por que non exporta máis
África? Cada vez estao a facer máis, e iso fai que o PIB de moitos países empece a medrar e
dende os medios véndese como algo moi bo. O PIB é unha medida en cartos por persoa, pero
non di nada de esa persoa sabe ler, ten asistencia sanitaria e sobre todo, se ten os cartos
suficientes para comer, vestir e durmir quente todos os días. Para iso hai outros indicadores
que nos din cómo de ben vive a xente dun país, este será o indicador que nos dirá se
realmente a vida está mellorando nestes países. Isto non quere dicir que o PIB non inflúa, é
condición necesaria, pero non suficiente.
En resumo, opino que centrarse no desenvolvemento tecnolóxico no sentido convencional do
termo, é menos prioritario que perfeccionar é adaptar as nosas leis, e sobre todo, o máis
importante, que se apliquen de forma correcta e non influenciada por grupos de poder. E esta
mellora da xustiza ten que facerse a todos os niveis: local, rexional, nacional e, moi importante,
a nivel internacional.
Na mairoría dos sitios onde traballan ONG hai problemas de pobreza ou exclusión estructurais,
polo que o obxectivo debería ser axudar dalgún xeito a ser catalizadores do cambio e
empoderar á poboación local para que loiten e traballen pola xustiza e por unha vida digna. Hai
outras zonas, como os campamentos saharaius, Palestina, Colombia ou Congo, onde
sinceramente, as ONG son moitas veces un parche sobre unha situación de inxustiza
internacional. Non pretendo criticar para nada o esforzado traballo destas organizacións, pero
todas debe ser conscientes de que un dos seus principais obxectivos debería ser loitar por
deixar de facer falta. No xerme de toda ONG, debería estar o obxectivo de cambiar o mundo
de xeito que deixe de ser necesaria e lamentablemente, o normal é que non se entenda así.
Todos os conflictos mencionados hai un anaco son moi complexos, moi antigos pero que poden
ter unha solución política, aínda que hoxe ás veces nos pareza imposible. Sinceramente creo
que chegará esa solución algún día no moi lonxano, o que hai que intentar é traballar para que
chegue o antes posible e do xeito máis digno para todos. Seguramente a xente nova máis
preparada e con menos perxuizos históricos será a que dea pulo ós acordos. Haberá que
empregar técnicas de resolución de conflictos, que tiveron un importante avance trala II
Guerra Mundial, que tamén é unha tecnoloxía moi importante para a civilización humana, seica
máis que Play Station, aínda que sexa menos coñecida.

7
[6. Onde focalizar o traballo]
Eu normalmente son bastante crítico coa xente que se centra no problema máis que na
solución que é onde realmente está o valor. Ademais, tampouco me gustan os artigos que
rematan asustando o persoal. Hai moitos problemas e cousas contra as que loitar de forma
activa e liñas de traballo para campañas dende a sociedade civil, pero tamén penso que hai
motivos para a esperanza e o optimismo e gustaríame compartilos convosco.

[6.1 A xuventude]
Xa dende tempos de Sócrates se dicía que a xuventude era cada vez menos educada cos seus
maiores e que non se podía esperar moito dela. Isto vense dicindo dende hai 2000 anos e as
cousas si que foron a mellor. Si, hai guerras e moita fame e miseria, pero imaxinade que
pasaría se nas guerras da antigüidade tiveran os mesmos recursos bélicos que hoxe en día.
Hoxe en día temos as ferramentas para que todo cambie.
Veño de estar uns días en Túnez por traballo. Aquí comezo hai case dous anos xa a revolución
árabe. Con toda a xente nova que falo ten ganas de cambio, e están moi preocupados polo que
o seu goberno islamista moderado poida facer, pero en xeral son optmistas xa que a loita está
dando froitos. Hoxe mesmo no seu veciño Exipto están celebrando un referendo consitucional
nun clima de tranquilidade sorprendente. Hai uns anos isto sería impensable, e practicamente
todo se conseguiu gracias á xente nova.

[6.2 Os perigos da lóxica neoliberal]
En España estamos asistindo a un periodo de privatizacións sobre todo no sistema sanitario,
que conta cun gran número de precedentes noutros países como UK, onde se demostrou que
encareceu e fixo menos eficiente o seu sistema sanitario. A privatización do servizos básicos
como a auga ou a sanidade atende a criterios ideolóxicos e sobre todo intereses económicos
particulares. Podemos pasar a ter un sistema sanitario baseado no beneficio, onde moitas
decisións estean baseadas en criterios unicamente economómicos, como ocorre actualmente
nas clínicas dentais. Existen know-how suficiente para poder manter un sistema público de
calidade a un custo moi razoable. En Europa están empezando numerosas desprivatizacións
de servizos que se privatizaran anos atrás, por exemplo, os servizos de augas en París. Detrás
de moitos servizos non pode imperar a lei de mercado, porque algúns podemos pagar máis que
outros por eles, pero son igual de necesarios para todos. Esta si que non é unha cuestión
tecnolóxica, xa que a xestión dunha empresa privada e pública debería ser igual de eficiente e
rentable, aínda que os beneficios non se midan só en cartos. Sinceramente, considero que é
máis unha cuestión de sentido común, de resposabilidade social e de xustiza.

8
[6.3 África e Latinoamérica]
Que as economías de Latinoamérica e África están crecendo ano tras ano, con excepcións
debidas principalmente a conflictos bélicos ou situacións excepcionais. A maior parte deste
crecemento vén de exportacións de materia prima con baixo valor engadido.
Ata hai poucos anos gran parte desta actividade mineira africana era a principal fonte de
financiación de todos os conflitos bélicos, como a II Guerra do Congo, que cobrou polo menos
4 millóns de mortos. Parece que agora este problema está cedendo, a actividade bélica en
África redúcese e a concienciación mundial sobre a orixe das materias primas crece. Hai que
seguir traballando para que os feitos evolucionen nesa dirección. Un exemplo son as campañas
de electrónica ética que estamos a levar a cabo en moitas organizacións, axudarán a que a
sociedade sexa consciente de onde veñen os materiais usados para fabricar os aparellos
electrónicos que mercan.
Ademais de que a riqueza xerada non vaia destinada á financiación de conflictos bélicos, o reto
agora está en transformar esa riqueza nunha reducción da pobreza nestes países. Aínda
que a corrupción é endémica en moitos lugares (tamén o é en España), parece que en moitos
países estanse movendo na boa dirección. Grazas ás TIC e ao crecente acceso ás mesmas, os
esforzos feitos nun país poden repercutir noutros, é dicir, os países non se comportan como
unidades estancas, a xente sabe que se fai no país veciño e loitará por conseguir o mesmo.
Non vai ser un camiño doado, hai uns meses asistimos a manifestacións de mineiros
sudafricanos con preto de 35 mortos, como este haberá moitos casos invisibles para o
mass-media que non se poden obviar.
Estas economías deben intentar que a súa economía creza noutros sectores xa que a minería
é unha actividade moi intensiva en capital (fan falta moitos cartos para empezar a producir)
pero non o é en man de obra.

[6.4 A educación.]
Penso que como sociedade, a nosa principal labor deber ser educar as novas xeracións para
que nos superen sobre todo en valores morais. O modelo educativo actual está preparado para
unha sociedade da Segunda Revolución Industrial pero movémonos a unha sociedade
diferente, que algúns consideran da terceira Revolución Industrial. A clave será darlle á
Educación o papel principal que se merece, como ferramenta esencial de evolución e de
transmisión de coñecemento e de valores que forman parte do legado humano.

[6.5 A sociedade civil.]
Gústame a sensación de absoluta ignorancia que sinto cando descubro unha nova
problemática e todas as iniciativas sociais que xa existen para propor e loitar polas solucións. A
xente móvese, e en todas as partes do mundo se quere avanzar.
No noso entorno hai unha chea de iniciativas civiles para intentar cambiar as cousas, dende
banca ética-popular, para a defensa de sectores sociais excluidos, para a defensa do medio
ambiente, etc. A sociedade vén avanzando así dende moi atrás e é algo que hai que potenciar.

9
Ás veces hai pasos atrás, pero o poder da sociedade civil é moi grande, máis do que a
xente pensa.

10

More Related Content

Similar to Tecnoloxias apropiadas antón román

Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Joserra2
 
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedadeCiencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedadeJaniih
 
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1Felix10play
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónbenitomou
 
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024iesgontor
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaaleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónAs Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónAdrian Teixeira Romero
 
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c docmiguelez25
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación Cristofer Lorenzo Fernandez
 
Traballo Word TICs
Traballo Word TICsTraballo Word TICs
Traballo Word TICsbertocosvaz
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación JosebaDelgado8
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónJosebaDelgado8
 
traballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nievestraballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nievesRakel Loriente
 
As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)RamiVR
 
Esteban tics final
Esteban tics finalEsteban tics final
Esteban tics finalesteban23598
 
Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C esteban23598
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónivanbas
 

Similar to Tecnoloxias apropiadas antón román (20)

Unha posible contradición
Unha posible contradiciónUnha posible contradición
Unha posible contradición
 
Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Traballoinicial 1
Traballoinicial 1
 
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedadeCiencia, tecnoloxía e sociedade
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
 
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaa
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónAs Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación
 
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación
 
Traballo Word TICs
Traballo Word TICsTraballo Word TICs
Traballo Word TICs
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
traballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nievestraballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nieves
 
As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)
 
Esteban tics final
Esteban tics finalEsteban tics final
Esteban tics final
 
Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da información
 

More from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 

More from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase iiInforme evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 
Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013
 
Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013
 

Tecnoloxias apropiadas antón román

  • 1. Tecnoloxías apropiadas Antón Román Portabales [1. Introducción] Normalmente a mellor estratexia para enfrentarse a un problema grande é dividilo en problemas máis pequenos, de xeito que poidamos atacar cada un por separado. Esta é a razón pola que vou dividir o texto en apartados que poden ser lidos de forma independente. Vou falar de todo o que eu entendo por tecnoloxías, e iso implica non só falar de cousas como a cociña solar ou picosatélites, se non de outras tecnoloxías como o diñeiro e a xustiza, que se cadra, inflúen máis na vida da xente. Non pretendo facer un artigo técnico nin científico, senon unha prosa rápida de ler, sen moitas cifras. Son consciente de que moitas das cousas que digo está suxeitas a interpretación, pero intentarei usar o sentido común en todo momento, xa que a miña intención non é dar información exhaustiva, se non facer pensar ó lector, tanto se está a favor como se está en contra do que digo. Normalmente asociamos a tecnoloxía a elementos materiais, pero isto non é así, existen moitas cousas “non materiais” que podemos considerar tecnoloxía. Se atendemos á definición de tecnoloxía que aparece na Wikipedia1 vemos que os resultados dunha determinada tecnoloxía pode ser un servizo. Un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder ás necesidades dun potencial usuario. Por exemplo, as lexislacións ou os cartos, son cousas que podemos clasificar como tecnoloxía, xa que son unha creación da mente humana para intentar solucionar problemas existentes e mellorar a súa vida, o cal inexorablemente pasa por unha mellor convivencia e mellores relacións sociais e económicas. Tanto as lexislacións como os cartos sufriron unha evolución histórica e ambas teñen presentan problemas moi importantes hoxe en día. Solucionar estes problemas, é na miña opinión, aínda máis importante que mellorar a eficiencia dos paneles fotovoltaicos (por pór un exemplo), que tamén o é, e moito. [2. Historia da relación entre o ser humano e a tecnoloxía condensada.] Cómpre dicir que eu non son un experto en historia da Tecnoloxía nin da Economía, pero gustaríame dar a miña visión da mesma. Aínda que hai algúns animais que empregan ferramentas rudimentarias, o ser humano é o animal tecnolóxico por excelencia. Podemos dicir entón, que a tecnoloxía está indisolublemente unida ó proceso evolutivo humano. Dende que dominio do lume nos permitiu cociñar e durmir 1 “ Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos técnicos, ordeados cientificamente, que permiten deseñar e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ó medio ambiente e satisfacer tanto as necesidades esenciais como os desexos das persoas...” 1
  • 2. quentes e tranquilos, e coa capacidade das nosas mans fomos capaces de crear e usar ferramentas1, conseguimos unha ventaxa competitiva que nos permitiu triunfar como especie ata chegar, nos últimos tempos, a unha taxa de crecemento poblacional exponencial, máis propio dunha plaga. Polo tanto, o uso intensivo de ferramentas é algo que nos caracteriza como especie. Ademais das ferramentas, o ser humano caracterizouse por ser un animal social, que tivo na vida en grupos a base da súa subsistencia. Durante miles de anos o home, axudado por unha tecnoloxía rudimentaria, adicouse a subsistir, primeiro levando unha existencia nómada para finalmente facerse máis sedentario co avance da agricultura e gandería. Nos últimos 200 anos tivemos dúas Revolucións Industriais. A primeira comezou en Europa na primeira metade do s.XIX, aínda que despois se transladou a EEUU, e empregou o carbón como fonte de enerxía. A segunda, comezou na primeira metade do século XX tivo como epicentro EEUU e estivo baseada no comezo do consumo intensivo de petróleo e dura ata os nosos días. O ser humano pasou dunha vida de subsitencia nas sabanas africanas, a ter dispositivos funcionando en marte, cunha evolución tecnolóxica que se condensou principalmente na última fase histórica, e que é cada vez maior. As Revolucións Industriais, sumadas ós procesos coloniais que comezaron a partir do século XV e ós grandes conflictos bélicos do s.XX, deron lugar a un mundo de varias velocidades, onde principalmente hai dous tipos de zonas: unhas moi tecnolóxicas, consumistas e adictas ó carbono fósil, e outras, menos tecnolóxicas, máis empobrecidas e moitas veces con abundantes recursos naturais dos que normalmente se benefician as rexións máis ricas. Non quero dar unha visión bipolar da economía mundial, xa que no medio hai moitos puntos intermedios e se cadra cos potencias emerxentes cada vez máis, pero grosso modo, podemos dicir que esta é situación actual. A nosa evolución histórica como especie tecnolóxica xa non a podemos cambiar, pero si está ben que nos fagamos un esquema mental da mesma para construir o futuro, e diso si que estamos a tempo. A tecnoloxía estivo sempre connosco, pero ten que ser un medio que estea ó noso servizo, non ó revés, e para ser boa e beneficiosa para todos nós, para o entorno que nos rodea, e, sobre todo, sustentable no tempo. Con esta pequena introducción histórica quería facer fincapé en que o ser humano non se entende sen a tecnoloxía, porque é esencial para a nosa supervivencia e estivo e vai estar ligada á nós, queiramos ou non. Dito isto, debemos ser conscientes das nosas limitacións como animal tecnolóxico e dos problemas que a cotío causan as nosas tecnoloxías, e sobre todo, debemos ter sempre presente algo, as cousas importantes non son cousas (nin servizos). Isto é a interpretación que me gusta facer do de que "as persoas non deben considerarse como un medio se non como un fin en si mesmas" de Kant2. Á altura da película que estamos deberíamos facer extensivas estas palabras non so ó ser humano, se non ó pequeno planeta azul no que vivimos. 1 Que me perdoen os antropólogos por intentar resumir o proceso de hominización en 26 palabras :-) 2 Hei de dicir que tampouco coñezo moito de Kant, e que tampouco me convence a explicación que dá para a existencia de Deus, pero penso que é un dos filósofos que realmente paga a pena estudiar 2
  • 3. [3. Por que falamos de tecnoloxías apropiadas?] Por convención falamos de tecnoloxía apropiada entendemos unha tecnoloxía que, cos recursos dispoñibles, permite realizar unha tarefa dunha forma eficiente e eficaz a unha población, axudándolle a levar unha vida máis digna. Normalmente refírese a tecnoloxías que se introducen en países empobrecidos para mellorar as existentes dun xeito acorde coas posibilidades materiais e económicas dos usuarios. Tamén leva implítcito un compoñente de sustentabilidade, é dicir, de convivencia harmónica co medio natural dos usuarios. Pero quizais o de “apropiadas” non é o termo máis atinado cando se quere facer entender o concepto. Cando un oe falar por primeira de vez das tecnoloxías apropiadas pode preguntarse: seica non debería ser todas as tecnoloxías apropiadas?, é dicir, se unha tecnoloxía non é óptima dende o maior número de puntos de vista, para que a queremos?. Ben, esta pregunta ten todo o sentido, e eu fágoma todos os días. ¿Que fai que unha tecnoloxía sexa apropiada nun sitio e non noutro? Podemos dicir que iso vén dado por factores como a dispoñibilidade de recursos, o poder adquisitivo da poboación ou a posibilidade de xestión da mesma por parte da poboación local. ¿Porque as cociñas de leña melloradas son unha tecnoloxía apropiada en moitos sitios de África e aquí ninguén as querería?. Sinxelamente porque, por regra xeral, aquí podemos permitirnos algo mellor. En definitiva, o que quero dicir, é que o termo tecnoloxía apropiada normalmente leva implícito unha carga de desigualdade social asumida, que se ben é realista debería facernos pensar. Por outra banda, hai que distinguir entre tecnoloxía e o uso que se fai da mesma, que moitas veces se mesturan os conceptos. A tecnoloxía nuclear pode usarse para cousas como destruir tecidos tumorais ou destruir unha cidade. Polo tanto é importante definir que unha tecnoloxía non é mala ou boa en si mesma, se non a súa aplicación. Por último, e en relación coa diferencia entre a tecnoloxía e a súa aplicación, querería facer unha reflexión sobre determinados productos tecnolóxicos e son apropiados nalgúns sitios e noutros non. Sempre asociamos o concepto de tecnoloxía apropiada a zonas empobrecidas onde hai poucos recursos, pero o concepto, ademais de ser aplicable en calquera sitio, podería ter unha dimensión máis, e ser aplicable a calquera tecnoloxía independentemente do contexto socio-económico nunha escala global, é dicir, deberíamos poder falar de tecnoloxías apropiadas para a humanidade. No outro extremo temos tecnoloxías que realmente non sería doado clasificalas como apropiada en ningún país, o cal dende un punto de vista racional non ten moito sentido. Poño o exemplo dun Porsche Cayenne, que é o resultado dun proceso tecnolóxico que ten como obxecto producir un vehículo grande, moi potente e luxoso. É unha tecnoloxía apropiada nalgún sitio? é unha tecnoloxía apropiada para a humanidade? Dignifica a vida das persoas?. Non vou dar a solución porque non son quen, pero quero expoñer os seguintes puntos: 3
  • 4. ● Alemania é o único páis do mundo, ata onde eu sei, que se pode empregar gran parte da potencia que o motor dun Porsche Cayenne pode dar. En España por exemplo, o seu motor nunca poderá, por lei, dar a potencia máxima para a que foi deseñada. ● É un coche grande, o cal sempre va a implicar máis consumo de enerxía na súa utilización. O mesmo servizo pode darse con vehículos máis eficiente xa que é un coche deseñado para transporte por estrada. ● En xeral, na súa fabricación deste tipo de vehículo, empregarase unha cantidade maior de materiais, e polo tanto de enerxía fósil, que para outro vehículo máis pequeno que dea o mesmo servizo. Polo tanto, é un Porsche Cayenne unha tecnoloxía apropiada nalgún sitio? Dende un punto de vista puramente económico podemos dicir que en Alemania si, porque no proceso de transformación das materias primas iniciais no coche, saca unha importante plusvalía cando o vende noutros países, como facía en España nos anos do ladrillo. Segundo os baremos actuais o Cayenne é unha tecnoloxía boa para Alemania, porque é rentable. Pero, ¿é o punto de vista económico, como único criterio, un parámetro válido para calificar unha tecnoloxía como apropiada?, en caso afirmativo entón as bombas de racimo que se fabricaban 1 en España tamén o serían. [4. Falando de cartos, son unha tecnoloxía apropiada?] Os cartos son unha abstracción humana, unha tecnoloxía que inventamos cando empezamos a querer cambiar excedentes agrícolas por outras cousas que non tíñamos e que precisábamos. Ó principio como moeda se usaban cousas con valor: sal, metais preciosos... Despois deixou de facerse así, pero o papel moeda seguía sendo a representación dun valor real: o patrón ouro, que durou ata a I Guerra Mundial. Dende entón xa nin ésas, os cartos xéranse todos os días sen ningún tipo de representación física, pero non son nada en si mesmo, nada máis que “confianza impresa”, é dicir, para todos os actores do sistema económico entre os que nos atopamos, os cartos van ter un valor determinado. Moitas veces asociamos un maior valor en cartos con un maior valor real dun obxecto dende un punto de vista obxectivo, pero en moitos casos non é así. A economía financeira, que move moitísimos máis cartos que a real, hoxe en día é a causa de moitos problemas graves da humanidade e ten un grao de descontrol moi alto (ou mellor dito, de control por parte dunha pequena élite allea ó interesés común). Non deberíamos preguntarnos tamén se os cartos son hoxe en día unha tecnoloxía apropiada? non deberíamos dar algunha volta ó sistema? 1 Hoxe en día xa non é legal fabricar este tipo de bombas en España, e entendo polo tanto que non se fabrican. 4
  • 5. Do mesmo xeito que outras tecnoloxías, o diñeiro, pasou de ser unha ferramenta para conseguir benestar xa que nos permite cambiar o noso tempo e habilidades por elementos materiais e servizos precisos para a nosa vida, a ser un fin en si mesmo. O prezo é normalmente o elemento de decisión máis importante á hora de facer unha compra, pero, realmente o prezo recolle o valor dun producto? e sobre todo, recolle o impacto que ten no medio onde é producido e o consumo de recursos non renovables que implica? Normalmente non, e iso é algo que deberíamos cambiar. En moitos casos non se internalizan ese costes nos productos. Poño como exemplo, o leite nos últimos tempos, estase a usar polas grandes superficies como reclamo para traer compradores, poñen o leite moi barato, cunha marxe moi pequena, e como case todo o mundo consume leite vai ir á súa grande superficie, xa que ademais de leite mercará outras cousas con máis marxe. Neste caso, os maiores prexudicados son os gandeiros non reciben un prezo xusto polo leite que producen. Isto non debería ser así, o prezo pagado debería permitir producir leite do xeito máis sostible posible. Existen iniciativas, como a Economía do Ben Común que pretenden internalizar todos os factores relativos á producción do producto (condicións laborais, cumprimento das obrigas medioambientais, producción ecolóxica, etc) nun selo que se inclúe no envase do producto, do mesmo que se fai cos electrodoméstico para indicar o nivel de eficiencia enerxética, ou coas vivendas. O prezo máis caro do producto cunha boa puntuación de Ben Común, respecto ó equivalente tradicional nos que unicamente se intenta minimizar o coste de producción, podería ser compensado cunha diminución de taxas do productor ou mesmo do IVE aplicado. Esta iniciativa paréceme unha tecnoloxía apropiada en calquera país que se aplique. Por outra banda, unha das cousas nas que se basea a Economía do Ben Común é na idea de colaboración, fronte o concepto tradicional asociado á producción de bens e servizos: a competencia. A mentalidade tradicional dirá que non ten sentido, é dicir, que iso rompería as regras do mercado baseadas na oferta e na demanda. Adam Smith, que foi dos primeiros en falar dunha man invisible que regula de forma misteriosa e automática a oferta e a demanda deixando progreso e benestar no camiño, está baseada nunha concepción newtoniana da economía. É dicir, cando aplicamos unha forza sobre un corpo nun sentido, temos outra de sentido contrario. Smith e os seus seguidores, postulan que cando un producto é demasiado caro o mercado reducirá a súa demanda, de forma que se baixará o prezo para volver a aumentala. Maxia! todo funciona, o mercado é un motor automático. Certamente non, a maxia non existe, e o mercado libre que defenden os liberais tampouco. Tampouco en Estados Unidos, onde hai moitos sectores como a enerxía, que están fortemente subvencionados polo estado. Unha cousa que Smith e compañía non tiveron en conta é a irreversibiliade de moitos procesos en Economía, como por exemplo o consumo de recursos finitos1, moito máis complexos que unha relación acción-reacción. 1 Esta reflexión tomeina do libro, La Tercera Revolución Industrial, ed Paidós, de Jeremy Refkin 5
  • 6. [4. Colaboración vs competencia] O ser humano é un animal social, dependemos os uns dos outros dende o primeiro momento e sempre vivimos en grupos máis ou menos grandes. Dende pequenos explícannos que a competencia é o motor da economía. Esta competencia baséanse normalmente en producir o máis barato posible e vender o máis caro posible de forma que se obteña o máximo beneficio. Ademais do prezo, tamén se intenta dar algo diferente o usuario, chegando ó extremo de vender un papel hixiénico onde a principal ventaxa é que podes tirar o cartón do medio polo váter. Si, a estas cousas nos leva a competencia... Ben, é posible entender como colaboración as alianzas ou absorcións de empresas para facerse co mercado, e acabar coa competencia. Na miña opinión isto normalmente non so non é bo, se non que é malo, xa que o obxectivo desta "colaboración" e sempre maximizar o beneficio, reduncindo costes de produción e tendo liberdade para fixar os prezos. A teoría da Economía do Ben Común propón limitar este tipo de compras dunha empresa por outra. Moitos estudos científicos do tema avalan o feito de que normalmente, a colaboración é mellor estratexia que a competencia para a resolución da calquera tipo de problema. Nós na nosa vida diaria somos colaboradores, coa nosa familia, cos nosos amigos, cos nosos veciños. Por que debemos usar un patrón de comportamento totalmente diferente na actividade económica? Dentro das mesmas organizacións (empresas, gobernos, ONG, etc) é moi común, que exista competencia entre departamentos aínda sendo algo totalmente perxudicial para o conxunto. Aprender a traballar en equipo pode entenderse como unha tecnoloxía apropiada máis, xa que é unha tecnoloxía transversal ó desenvolvemento ou posta en marcha de calquera outra. Nos proxectos de cooperación, a clave principal para o éxito dun proxecto é a colaboración e organización dos usuarios finais para facelo sostible no tempo. E aquí non poden axudar os procesadores de dobre núcleo, se non a "enxeñería social", a capacidade de organizar a un grupo de persoas, para que respectando as súas particularidades, participen no proxecto de forma activa e, sobre todo, responsable. Isto non é aplicable so a proxectos de cooperación, se non á sociedade en xeral. A Educación é un elemento clave aquí, e non me refiro á simple adquisición de coñecementos, se non a ensinar a traballar en equipo e a pensar no grupo. A habilidade de traballar e todas as tecnoloxías que permiten facelo son as maiores ferramentas evolutivas do ser humano, e no futuro vai ser preciso facer cada vez un uso máis intesivo dela. [5. Solidariedade vs Xustiza] Cando falaba antes dos gandeiros e o prezo que reciben pola leite en Galicia, non me refería a que temos que pagarlles iso por solidariedade senón por xustiza. Simplemente hai que pagar 6
  • 7. un prezo xusto, que cubra os costes e que lles permita vivir dignamente e investir na súa instalación. Cando se fai cooperación moitas veces apélase á solidariedade, que dalgún modo consiste en empatizar coa situación doutra e axudarlle para que estea mellor. Ben, a solidariedade é un valor loable e bo pero nun plano circunstancial, cando algo vai especialmente mal por algunha causa, pero eu penso que o valor que debe imperar de forma estructural é a xustiza. Por exemplo, hai uns anos o valor da axuda humanitaria recibida por África, sería igual a un aumento das exportacións por parte de África. Ben se é tan doado, por que non exporta máis África? Cada vez estao a facer máis, e iso fai que o PIB de moitos países empece a medrar e dende os medios véndese como algo moi bo. O PIB é unha medida en cartos por persoa, pero non di nada de esa persoa sabe ler, ten asistencia sanitaria e sobre todo, se ten os cartos suficientes para comer, vestir e durmir quente todos os días. Para iso hai outros indicadores que nos din cómo de ben vive a xente dun país, este será o indicador que nos dirá se realmente a vida está mellorando nestes países. Isto non quere dicir que o PIB non inflúa, é condición necesaria, pero non suficiente. En resumo, opino que centrarse no desenvolvemento tecnolóxico no sentido convencional do termo, é menos prioritario que perfeccionar é adaptar as nosas leis, e sobre todo, o máis importante, que se apliquen de forma correcta e non influenciada por grupos de poder. E esta mellora da xustiza ten que facerse a todos os niveis: local, rexional, nacional e, moi importante, a nivel internacional. Na mairoría dos sitios onde traballan ONG hai problemas de pobreza ou exclusión estructurais, polo que o obxectivo debería ser axudar dalgún xeito a ser catalizadores do cambio e empoderar á poboación local para que loiten e traballen pola xustiza e por unha vida digna. Hai outras zonas, como os campamentos saharaius, Palestina, Colombia ou Congo, onde sinceramente, as ONG son moitas veces un parche sobre unha situación de inxustiza internacional. Non pretendo criticar para nada o esforzado traballo destas organizacións, pero todas debe ser conscientes de que un dos seus principais obxectivos debería ser loitar por deixar de facer falta. No xerme de toda ONG, debería estar o obxectivo de cambiar o mundo de xeito que deixe de ser necesaria e lamentablemente, o normal é que non se entenda así. Todos os conflictos mencionados hai un anaco son moi complexos, moi antigos pero que poden ter unha solución política, aínda que hoxe ás veces nos pareza imposible. Sinceramente creo que chegará esa solución algún día no moi lonxano, o que hai que intentar é traballar para que chegue o antes posible e do xeito máis digno para todos. Seguramente a xente nova máis preparada e con menos perxuizos históricos será a que dea pulo ós acordos. Haberá que empregar técnicas de resolución de conflictos, que tiveron un importante avance trala II Guerra Mundial, que tamén é unha tecnoloxía moi importante para a civilización humana, seica máis que Play Station, aínda que sexa menos coñecida. 7
  • 8. [6. Onde focalizar o traballo] Eu normalmente son bastante crítico coa xente que se centra no problema máis que na solución que é onde realmente está o valor. Ademais, tampouco me gustan os artigos que rematan asustando o persoal. Hai moitos problemas e cousas contra as que loitar de forma activa e liñas de traballo para campañas dende a sociedade civil, pero tamén penso que hai motivos para a esperanza e o optimismo e gustaríame compartilos convosco. [6.1 A xuventude] Xa dende tempos de Sócrates se dicía que a xuventude era cada vez menos educada cos seus maiores e que non se podía esperar moito dela. Isto vense dicindo dende hai 2000 anos e as cousas si que foron a mellor. Si, hai guerras e moita fame e miseria, pero imaxinade que pasaría se nas guerras da antigüidade tiveran os mesmos recursos bélicos que hoxe en día. Hoxe en día temos as ferramentas para que todo cambie. Veño de estar uns días en Túnez por traballo. Aquí comezo hai case dous anos xa a revolución árabe. Con toda a xente nova que falo ten ganas de cambio, e están moi preocupados polo que o seu goberno islamista moderado poida facer, pero en xeral son optmistas xa que a loita está dando froitos. Hoxe mesmo no seu veciño Exipto están celebrando un referendo consitucional nun clima de tranquilidade sorprendente. Hai uns anos isto sería impensable, e practicamente todo se conseguiu gracias á xente nova. [6.2 Os perigos da lóxica neoliberal] En España estamos asistindo a un periodo de privatizacións sobre todo no sistema sanitario, que conta cun gran número de precedentes noutros países como UK, onde se demostrou que encareceu e fixo menos eficiente o seu sistema sanitario. A privatización do servizos básicos como a auga ou a sanidade atende a criterios ideolóxicos e sobre todo intereses económicos particulares. Podemos pasar a ter un sistema sanitario baseado no beneficio, onde moitas decisións estean baseadas en criterios unicamente economómicos, como ocorre actualmente nas clínicas dentais. Existen know-how suficiente para poder manter un sistema público de calidade a un custo moi razoable. En Europa están empezando numerosas desprivatizacións de servizos que se privatizaran anos atrás, por exemplo, os servizos de augas en París. Detrás de moitos servizos non pode imperar a lei de mercado, porque algúns podemos pagar máis que outros por eles, pero son igual de necesarios para todos. Esta si que non é unha cuestión tecnolóxica, xa que a xestión dunha empresa privada e pública debería ser igual de eficiente e rentable, aínda que os beneficios non se midan só en cartos. Sinceramente, considero que é máis unha cuestión de sentido común, de resposabilidade social e de xustiza. 8
  • 9. [6.3 África e Latinoamérica] Que as economías de Latinoamérica e África están crecendo ano tras ano, con excepcións debidas principalmente a conflictos bélicos ou situacións excepcionais. A maior parte deste crecemento vén de exportacións de materia prima con baixo valor engadido. Ata hai poucos anos gran parte desta actividade mineira africana era a principal fonte de financiación de todos os conflitos bélicos, como a II Guerra do Congo, que cobrou polo menos 4 millóns de mortos. Parece que agora este problema está cedendo, a actividade bélica en África redúcese e a concienciación mundial sobre a orixe das materias primas crece. Hai que seguir traballando para que os feitos evolucionen nesa dirección. Un exemplo son as campañas de electrónica ética que estamos a levar a cabo en moitas organizacións, axudarán a que a sociedade sexa consciente de onde veñen os materiais usados para fabricar os aparellos electrónicos que mercan. Ademais de que a riqueza xerada non vaia destinada á financiación de conflictos bélicos, o reto agora está en transformar esa riqueza nunha reducción da pobreza nestes países. Aínda que a corrupción é endémica en moitos lugares (tamén o é en España), parece que en moitos países estanse movendo na boa dirección. Grazas ás TIC e ao crecente acceso ás mesmas, os esforzos feitos nun país poden repercutir noutros, é dicir, os países non se comportan como unidades estancas, a xente sabe que se fai no país veciño e loitará por conseguir o mesmo. Non vai ser un camiño doado, hai uns meses asistimos a manifestacións de mineiros sudafricanos con preto de 35 mortos, como este haberá moitos casos invisibles para o mass-media que non se poden obviar. Estas economías deben intentar que a súa economía creza noutros sectores xa que a minería é unha actividade moi intensiva en capital (fan falta moitos cartos para empezar a producir) pero non o é en man de obra. [6.4 A educación.] Penso que como sociedade, a nosa principal labor deber ser educar as novas xeracións para que nos superen sobre todo en valores morais. O modelo educativo actual está preparado para unha sociedade da Segunda Revolución Industrial pero movémonos a unha sociedade diferente, que algúns consideran da terceira Revolución Industrial. A clave será darlle á Educación o papel principal que se merece, como ferramenta esencial de evolución e de transmisión de coñecemento e de valores que forman parte do legado humano. [6.5 A sociedade civil.] Gústame a sensación de absoluta ignorancia que sinto cando descubro unha nova problemática e todas as iniciativas sociais que xa existen para propor e loitar polas solucións. A xente móvese, e en todas as partes do mundo se quere avanzar. No noso entorno hai unha chea de iniciativas civiles para intentar cambiar as cousas, dende banca ética-popular, para a defensa de sectores sociais excluidos, para a defensa do medio ambiente, etc. A sociedade vén avanzando así dende moi atrás e é algo que hai que potenciar. 9
  • 10. Ás veces hai pasos atrás, pero o poder da sociedade civil é moi grande, máis do que a xente pensa. 10