SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  17
Télécharger pour lire hors ligne
Paula Fandiño (3ºA)
Castrolandín: o lugar onde vivo


                          Esta é a aldea de Castrolandín,
                          que está situada a menos de 1
                          quilómetro de Cuntis. É moi
                          coñecida porque por riba dela
                          hai un castro do mesmo nome.
                          Nela viven aproximadamente
                          unhas 100 persoas e está a
                          unha altitude duns 198 metros.
                          Moitos turistas que acoden ás
                          augas termais de Cuntis,
                          decídanse a subir ó castro
                          desta aldea. Tamén hai visitas
                          guiadas para visitar o castro e
                          para saber máis deste gran
                          valor arqueolóxico e histórico
                          de Cuntis.
                          No que se refire ás festas
                          desta aldea, só se celebra a
                          festa do San Xoán, que se fai
                          na chan do castro.
Castrolandín: O Castro
               O elemento do patrimonio cultural e
               artístico    máis      importante    de
               Castrolandín    é    o    castro.  Este
               xacemento, que está situado a menos
               dun quilómetro da vila de Cuntis,
               remóntase á Idade de Ferro.
               As excavacións, que comezaron
               durante o ano 2004, son realizadas por
               un     equipo   do     Laboratorio   de
               Arqueoloxía e Formas Culturais da
               Universidade de Santiago.
               Éste é un castro mediano, que estaría
               habitado aproximadamente por unhas
               100 persoas. Foi levantado nos inicios
               do século II antes de Cristo, e
               abandonado no século I despois de
               Cristo, e xamais volveu a ser ocupado.
               Daquela comezouse a formar unha
               pequena aldea no pé da ladeira do
               castro, que nos seus tempos foi un
               asentamento       romano:      o    que
               actualmente é aldea de Castrolandín.
Castrolandín: O Castro no San Xoán




O castro de Castrolandín non é só un xacemento, é un lugar moi especial para os veciños de
Castrolandín. Aquí celebran os veciños desta aldea a festa do San Xoán. Esta festa tradicional galega
estaba prohibida nos anos 40, pero en Castrolandín volveuse recuperar no ano 2000 grazas á
Fundación Terra Termarum, que animou ós veciños para facela, como antes se facía, na croa do
castro.
Din os veciños máis vellos da aldea que en Castrolandín aínda viven os mouros. Hai lendas que falan
sobre mouros e tesouros que se agochan en Castrolandín. Cóntase que na Areeira, onde actualmente
se atopa un piñeiral, se vía unha galiña con pitos de ouro que desaparecían cando os quería coller,
cóntase tamén que o castro é oco por dentro, en el hai enterrado un pote de ouro, e que unha viga,
tamén de ouro, atravesa o castro…
Castrolandín: Hórreos

             Este é un dos moitos hórreos que se poden
             atopar na aldea de Castrolandín.
             Este pertence a un home chamado Camilo e
             está construído desde fai polo menos
             corenta    anos.    Tódolos    hórreos   de
             Castrolandín teñen en común que foron
             construídos hai máis de vintecinco anos,
             son de pedra con madeira integrada nas
             paredes, o seu tellado é de tella, teñen
             unhas escaleiras de pedra, as portas son
             grandes e de madeira e nos extremos dos
             seus tellados teñen cruces ou outros
             adornos.
             A maioría das casas desta aldea teñen un
             hórreo, que xeralmente usan para gardar o
             millo ou outros produtos agrícolas.
             Agora, en Castrolandín, existen polo menos
             dous ou tres hórreos abandonados na aldea,
             pois cada vez menos xente se dedica a
             cultivar millo ou outros produtos agrícolas
             para gardalos no hórreo.
Castrolandín: A fonte

                 Xusto no centro de Castrolandín,
                 atópase       unha     fonte     moi
                 característica. Foi construída fai 59
                 anos, no ano 1949.
                 Esta fonte, con dous chorros de
                 auga e dous pilóns, usábase para
                 lavar a roupa, por iso ten as pedras
                 inclinadas, unha en cada pilón.
                 A fonte, que é de pedra, presenta,
                 tallado na pedra, o símbolo da
                 Falange franquista e a data da súa
                 construción.
                 Na actualidade, a fonte úsase para
                 coller auga, que vén desde o
                 depósito que abastece de auga á
                 aldea, que está situado na entrada
                 do castro.
                 Esta fonte sempre foi un lugar de
                 reunión para as persoas da aldea, e
                 aquí se fan as xuntanzas e reunións
                 da Comunidade de Veciños.
Castrolandín: As Campaíñas

               Esta é a lagoa que se formou artificialmente
               no río da Patela, máis coñecido neste tramo
               co nome das Campaíñas, pois nest fermoso
               sitio antes había moitas campaíñas, que son
               unhas plantas que na primavera botan unha
               flor de cor violeta. O río cae formando
               unhas fervenzas espectaculares. A lagoa
               fixérona porque veñen no verán mozos e
               mozas a bañarse nestas augas.
               Este río é moi importante no ámbito
               paisaxístico, pero tamén no ámbito da
               arquitectura popular, pois ten uns muíños
               que actualmente están inaccesibles porque
               o camiño que vai a eles foi descoidado e
               atópase cheo de silvas e outras plantas
               invasoras.
               O camiño que leva a este espazo natural
               está cerca da entrada do castro.
Castrolandín: Os soutos


                En Castrolandín é moi común que
                haxa soutos nos montes que aínda
                non invadiu o eucalipto.
                Os maiores soutos están na Patela e
                na Areeira. Tódolos habitantes da
                aldea, nos meses de setembro e
                outubro, van a buscar castañas para
                degustalas nas súas casas. Sen
                dúbida ningunha, das especies
                autóctonas galegas, o castiñeiro é a
                que máis abunda despois dos fentos.
                Existen castiñeiros con moitos anos
                de antigüidade nalgunhas casas.
                Este castiñeiro pertence ó souto que
                hai na Patela, que, a pesar de que a
                xente poida ir alí para coller castañas,
                é unha propiedade privada.
Castrolandín: As casas

                    Esta casa pertence a unha familia
                    que leva o apelido de Sande. Foi
                    construída fará aproximadamente
                    uns vintecinco ou trinta anos.
                    Para     realizar   a    vivenda
                    empregouse pedra e no tellado
                    puxéronse tellas.
                    Esta foi unha das casas máis
                    prestixiosas, porque a xente que
                    aquí habitaba tiña unha boa
                    posición social e tiña moitas
                    leiras arredor da casa. Tamén
                    tiñan na súa propiedade un
                    extenso souto.
                    Esta casa ten unha planta baixa,
                    un primeiro andar, un faiado e
                    unha        pequena      bodega
                    subterránea.
Castrolandín: As casas


                  Esta casa, que está situada no
                  medio da aldea, pertence a unha
                  familia    coñecida   co     nome   de
                  Guerra, pois así é o seu apelido. Xa
                  fai moitos anos desde que esta
                  vivenda foi construída, pois tivo que
                  ser restaurada. Está feita de pedra e
                  o seu tellado é de tella.
                  Ten unha mesa exterior, diante da
                  porta do garaxe, que crea un mellor
                  ambiente     no   exterior   da   casa;
                  ademáis, á nomeada mesa, no verán
                  dálle a sombra unha parra que se
                  sitúa por encima da mesa.
Castrolandín: As casas


              Esta casa, a pesar de que me gusta, non me
              parece que vaia ben co medio porque é
              unha construción demasiado grande. Ten
              un tellado de lousa inadecuado para esta
              zona.
              A vivenda está feita con pedra. Ten unha
              piscina e moitas árbores plantadas arredor
              da casa. O garaxe que ten é subterráneo e
              accédese a el mediante un portal ó que se
              entra por outra cancela. Na fachada
              principal hai un balcón e na traseira hai
              outro.
              Diante do portal do garaxe hai unha
              pequena lagoa con rás. A casa ten unha
              chemenea moi peculiar, pois, aparte de ser
              de pedra, conta cuns motivos decorativos
              na súa superficie.
Castrolandín: A Agricultura

                      Na maioría das casas da aldea de
                      Castrolandín,    atoparás     unha
                      pequena veiga para plantar
                      produtos que se consomen
                      diariamente coma as patacas, o
                      repolo ou mesmo o millo.
                      Hai veigas moi extensas, coma a
                      da foto, que están dedicadas
                      normalmente a plantacións de
                      millo. Nas leiras pequenas,
                      plántanse xeralmente patacas,
                      leitugas,     repolos,     verzas,
                      tomates, pementos, cenorias…
                      Nalgúns casos, plántanse fresas.
                      En canto a árbores froiteiras,
                      plántanse as típicas, coma o
                      laranxeiro,    o    limoeiro,    a
                      maceira…
                      Nas veigas donde hai herba,
                      sempre se fan as tarefas típicas:
                      segar, empacar ou ensilar,
                      estender a herba…
Castrolandín: Oficios artesanais

                 Esta muller chámase Esther e ten 73 anos.
                 Desde os 15 anos, que aprendeu a palillar,
                 realiza esta actividade por conta propia, pois
                 a maioría dos encaixes que fai, gárdaos ela e
                 utilízaos para decorar a casa ou para regalar
                 nunha ocasión especial.
                 Dixo, que cando comezara a realizar esta
                 actividade, lle custara moito facelo rápido e
                 sen trabucarse moito; pero co tempo e ca
                 práctica puido facelo de forma rápida.
                 Tamén conta que o aparello que utiliza llo
                 regalaron fai xa moitos anos, e que cando llo
                 deran lle fixera moitísima ilusión, e dende
                 aquela palilla normalmente; polo menos fai un
                 encaixe cada mes. Para seguir co costume de
                 palillar, apréndeulle a unha das súas fillas a
                 practicar esta tarefa, que segundo ela é moi
                 laboriosa.
Castrolandín: As Cabeceiras

                    Este lugar foi, nos seus tempos, o
                    sitio de reunión máis coñecido da
                    aldea., no que os vellos e os non
                    tan vellos, acudían todas as tardes
                    para falar e entreterse.
                    Este lugar coñécese co nome de:
                    “As Cabeceiras”. Agora deixou de
                    ser frecuentado porque as persoas
                    xa non se reúnen tanto, e a xente
                    nova da aldea, que vai diminuíndo
                    cada vez máis, vaise reunir á vila.
                    A pesar de que “As Cabeceiras” era
                    o lugar máis común de reunión,
                    existían outros como a fonte, no
                    que aínda hoxe a xente se reúne,
                    aínda que só sexa para reunións da
                    Comunidade de Veciños, ou a
                    Areeira.
Castrolandín: O meu curruncho

                Non é que teña un lugar especial, pero si
                tivera que escoller algún, escollería este
                como o meu curruncho preferido. Este lugar
                ten un pequeno valo polo que se pode ver un
                regatiño.
                Escollín este sitio porque me transmite moita
                paz e é un lugar moi natural, a pesar de ser
                pequeno e simple. Gústame este lugar porque
                recordo que fará dous ou tres anos, algúns
                rapaces do pobo viñamos aquí nas tardes de
                verán para xogar, xa que cerca hai unha
                cancha de baloncesto na que xogabamos;
                pasabámolo moi mal cando se nos pinchaba a
                pelota, o que acontecía frecuentemente.
Castrolandín: unha persoa importante


                  Esta muller chámase Mercedes, vive na
                  aldea de Castrolandín e ten 86 anos. É a
                  persoa máis vella da aldea, aínda que hai
                  outras que se lle acercan, todas elas
                  mulleres. Vive coas súas irmás e o marido
                  dunha delas. Sempre se dedicou ás tarefas
                  domésticas e á agricultura.

                  Agora, o que máis lle gusta facer é gozar
                  da súa familia e compartir o seu tempo,
                  axudándolle ós seus netos. Nunca casou, e
                  polo conseguinte non ten fillos. Tamén
                  dixo que lle gustaba ir á misa dos
                  domingos, aínda que hai días nos que non
                  pode ir.
CastrolandíN

Contenu connexe

Tendances

Tendances (15)

A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Pregón de Nadal 2017
Pregón de Nadal 2017Pregón de Nadal 2017
Pregón de Nadal 2017
 
O felo
O feloO felo
O felo
 
As árbores na cultura popular
As árbores na cultura popularAs árbores na cultura popular
As árbores na cultura popular
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 

Similaire à CastrolandíN

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º cursosenlleiro2
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNBegoña Codesal
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosPatricia Pena Barbeito
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxoalbela
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte bibliolois
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaAgrela Elvixeo
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)tamaruskio
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
Cultura castrexa
Cultura castrexa Cultura castrexa
Cultura castrexa bibliolois
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 

Similaire à CastrolandíN (20)

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º curso
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
Os lagares
Os lagaresOs lagares
Os lagares
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Violeta Corujo: A Moa
Violeta Corujo: A MoaVioleta Corujo: A Moa
Violeta Corujo: A Moa
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
Cultura castrexa
Cultura castrexa Cultura castrexa
Cultura castrexa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 

Plus de Heladio Anxo Fernández (19)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 

CastrolandíN

  • 2. Castrolandín: o lugar onde vivo Esta é a aldea de Castrolandín, que está situada a menos de 1 quilómetro de Cuntis. É moi coñecida porque por riba dela hai un castro do mesmo nome. Nela viven aproximadamente unhas 100 persoas e está a unha altitude duns 198 metros. Moitos turistas que acoden ás augas termais de Cuntis, decídanse a subir ó castro desta aldea. Tamén hai visitas guiadas para visitar o castro e para saber máis deste gran valor arqueolóxico e histórico de Cuntis. No que se refire ás festas desta aldea, só se celebra a festa do San Xoán, que se fai na chan do castro.
  • 3. Castrolandín: O Castro O elemento do patrimonio cultural e artístico máis importante de Castrolandín é o castro. Este xacemento, que está situado a menos dun quilómetro da vila de Cuntis, remóntase á Idade de Ferro. As excavacións, que comezaron durante o ano 2004, son realizadas por un equipo do Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais da Universidade de Santiago. Éste é un castro mediano, que estaría habitado aproximadamente por unhas 100 persoas. Foi levantado nos inicios do século II antes de Cristo, e abandonado no século I despois de Cristo, e xamais volveu a ser ocupado. Daquela comezouse a formar unha pequena aldea no pé da ladeira do castro, que nos seus tempos foi un asentamento romano: o que actualmente é aldea de Castrolandín.
  • 4. Castrolandín: O Castro no San Xoán O castro de Castrolandín non é só un xacemento, é un lugar moi especial para os veciños de Castrolandín. Aquí celebran os veciños desta aldea a festa do San Xoán. Esta festa tradicional galega estaba prohibida nos anos 40, pero en Castrolandín volveuse recuperar no ano 2000 grazas á Fundación Terra Termarum, que animou ós veciños para facela, como antes se facía, na croa do castro. Din os veciños máis vellos da aldea que en Castrolandín aínda viven os mouros. Hai lendas que falan sobre mouros e tesouros que se agochan en Castrolandín. Cóntase que na Areeira, onde actualmente se atopa un piñeiral, se vía unha galiña con pitos de ouro que desaparecían cando os quería coller, cóntase tamén que o castro é oco por dentro, en el hai enterrado un pote de ouro, e que unha viga, tamén de ouro, atravesa o castro…
  • 5. Castrolandín: Hórreos Este é un dos moitos hórreos que se poden atopar na aldea de Castrolandín. Este pertence a un home chamado Camilo e está construído desde fai polo menos corenta anos. Tódolos hórreos de Castrolandín teñen en común que foron construídos hai máis de vintecinco anos, son de pedra con madeira integrada nas paredes, o seu tellado é de tella, teñen unhas escaleiras de pedra, as portas son grandes e de madeira e nos extremos dos seus tellados teñen cruces ou outros adornos. A maioría das casas desta aldea teñen un hórreo, que xeralmente usan para gardar o millo ou outros produtos agrícolas. Agora, en Castrolandín, existen polo menos dous ou tres hórreos abandonados na aldea, pois cada vez menos xente se dedica a cultivar millo ou outros produtos agrícolas para gardalos no hórreo.
  • 6. Castrolandín: A fonte Xusto no centro de Castrolandín, atópase unha fonte moi característica. Foi construída fai 59 anos, no ano 1949. Esta fonte, con dous chorros de auga e dous pilóns, usábase para lavar a roupa, por iso ten as pedras inclinadas, unha en cada pilón. A fonte, que é de pedra, presenta, tallado na pedra, o símbolo da Falange franquista e a data da súa construción. Na actualidade, a fonte úsase para coller auga, que vén desde o depósito que abastece de auga á aldea, que está situado na entrada do castro. Esta fonte sempre foi un lugar de reunión para as persoas da aldea, e aquí se fan as xuntanzas e reunións da Comunidade de Veciños.
  • 7. Castrolandín: As Campaíñas Esta é a lagoa que se formou artificialmente no río da Patela, máis coñecido neste tramo co nome das Campaíñas, pois nest fermoso sitio antes había moitas campaíñas, que son unhas plantas que na primavera botan unha flor de cor violeta. O río cae formando unhas fervenzas espectaculares. A lagoa fixérona porque veñen no verán mozos e mozas a bañarse nestas augas. Este río é moi importante no ámbito paisaxístico, pero tamén no ámbito da arquitectura popular, pois ten uns muíños que actualmente están inaccesibles porque o camiño que vai a eles foi descoidado e atópase cheo de silvas e outras plantas invasoras. O camiño que leva a este espazo natural está cerca da entrada do castro.
  • 8. Castrolandín: Os soutos En Castrolandín é moi común que haxa soutos nos montes que aínda non invadiu o eucalipto. Os maiores soutos están na Patela e na Areeira. Tódolos habitantes da aldea, nos meses de setembro e outubro, van a buscar castañas para degustalas nas súas casas. Sen dúbida ningunha, das especies autóctonas galegas, o castiñeiro é a que máis abunda despois dos fentos. Existen castiñeiros con moitos anos de antigüidade nalgunhas casas. Este castiñeiro pertence ó souto que hai na Patela, que, a pesar de que a xente poida ir alí para coller castañas, é unha propiedade privada.
  • 9. Castrolandín: As casas Esta casa pertence a unha familia que leva o apelido de Sande. Foi construída fará aproximadamente uns vintecinco ou trinta anos. Para realizar a vivenda empregouse pedra e no tellado puxéronse tellas. Esta foi unha das casas máis prestixiosas, porque a xente que aquí habitaba tiña unha boa posición social e tiña moitas leiras arredor da casa. Tamén tiñan na súa propiedade un extenso souto. Esta casa ten unha planta baixa, un primeiro andar, un faiado e unha pequena bodega subterránea.
  • 10. Castrolandín: As casas Esta casa, que está situada no medio da aldea, pertence a unha familia coñecida co nome de Guerra, pois así é o seu apelido. Xa fai moitos anos desde que esta vivenda foi construída, pois tivo que ser restaurada. Está feita de pedra e o seu tellado é de tella. Ten unha mesa exterior, diante da porta do garaxe, que crea un mellor ambiente no exterior da casa; ademáis, á nomeada mesa, no verán dálle a sombra unha parra que se sitúa por encima da mesa.
  • 11. Castrolandín: As casas Esta casa, a pesar de que me gusta, non me parece que vaia ben co medio porque é unha construción demasiado grande. Ten un tellado de lousa inadecuado para esta zona. A vivenda está feita con pedra. Ten unha piscina e moitas árbores plantadas arredor da casa. O garaxe que ten é subterráneo e accédese a el mediante un portal ó que se entra por outra cancela. Na fachada principal hai un balcón e na traseira hai outro. Diante do portal do garaxe hai unha pequena lagoa con rás. A casa ten unha chemenea moi peculiar, pois, aparte de ser de pedra, conta cuns motivos decorativos na súa superficie.
  • 12. Castrolandín: A Agricultura Na maioría das casas da aldea de Castrolandín, atoparás unha pequena veiga para plantar produtos que se consomen diariamente coma as patacas, o repolo ou mesmo o millo. Hai veigas moi extensas, coma a da foto, que están dedicadas normalmente a plantacións de millo. Nas leiras pequenas, plántanse xeralmente patacas, leitugas, repolos, verzas, tomates, pementos, cenorias… Nalgúns casos, plántanse fresas. En canto a árbores froiteiras, plántanse as típicas, coma o laranxeiro, o limoeiro, a maceira… Nas veigas donde hai herba, sempre se fan as tarefas típicas: segar, empacar ou ensilar, estender a herba…
  • 13. Castrolandín: Oficios artesanais Esta muller chámase Esther e ten 73 anos. Desde os 15 anos, que aprendeu a palillar, realiza esta actividade por conta propia, pois a maioría dos encaixes que fai, gárdaos ela e utilízaos para decorar a casa ou para regalar nunha ocasión especial. Dixo, que cando comezara a realizar esta actividade, lle custara moito facelo rápido e sen trabucarse moito; pero co tempo e ca práctica puido facelo de forma rápida. Tamén conta que o aparello que utiliza llo regalaron fai xa moitos anos, e que cando llo deran lle fixera moitísima ilusión, e dende aquela palilla normalmente; polo menos fai un encaixe cada mes. Para seguir co costume de palillar, apréndeulle a unha das súas fillas a practicar esta tarefa, que segundo ela é moi laboriosa.
  • 14. Castrolandín: As Cabeceiras Este lugar foi, nos seus tempos, o sitio de reunión máis coñecido da aldea., no que os vellos e os non tan vellos, acudían todas as tardes para falar e entreterse. Este lugar coñécese co nome de: “As Cabeceiras”. Agora deixou de ser frecuentado porque as persoas xa non se reúnen tanto, e a xente nova da aldea, que vai diminuíndo cada vez máis, vaise reunir á vila. A pesar de que “As Cabeceiras” era o lugar máis común de reunión, existían outros como a fonte, no que aínda hoxe a xente se reúne, aínda que só sexa para reunións da Comunidade de Veciños, ou a Areeira.
  • 15. Castrolandín: O meu curruncho Non é que teña un lugar especial, pero si tivera que escoller algún, escollería este como o meu curruncho preferido. Este lugar ten un pequeno valo polo que se pode ver un regatiño. Escollín este sitio porque me transmite moita paz e é un lugar moi natural, a pesar de ser pequeno e simple. Gústame este lugar porque recordo que fará dous ou tres anos, algúns rapaces do pobo viñamos aquí nas tardes de verán para xogar, xa que cerca hai unha cancha de baloncesto na que xogabamos; pasabámolo moi mal cando se nos pinchaba a pelota, o que acontecía frecuentemente.
  • 16. Castrolandín: unha persoa importante Esta muller chámase Mercedes, vive na aldea de Castrolandín e ten 86 anos. É a persoa máis vella da aldea, aínda que hai outras que se lle acercan, todas elas mulleres. Vive coas súas irmás e o marido dunha delas. Sempre se dedicou ás tarefas domésticas e á agricultura. Agora, o que máis lle gusta facer é gozar da súa familia e compartir o seu tempo, axudándolle ós seus netos. Nunca casou, e polo conseguinte non ten fillos. Tamén dixo que lle gustaba ir á misa dos domingos, aínda que hai días nos que non pode ir.