SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  32
Télécharger pour lire hors ligne
1. EDITORIAL
2. LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA
3. PROXECTO DE CENTRO: COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE
4. UN DÍA NA GRANXA KIRIKO
5. unha escola moi familiar
6. O DÍA DO LIBRO
7. GÚSTANNOS OS CONTOS
8. VIAXE Á CORUÑA
9. TODO VALE, NADA SOBRA
10. NAVEGANDO NO HIDRIA
11. OS XOGOS POPULARES
12. CELEBRANDO OS MAIOS
13. O VALIOSO SABER DOS AVÓS
14. UN CURSO CHEO DE ILUSIÓN
15. CARTA DA A.N.P.A
16. PASATEMPOS




                       -1-
Ola amiguiños e amiguiñas. Lembrádesvos de min? Si, son
Igrexiño, a mascota do voso cole.

   Un ano máis, e con motivo do Día das Letras Galegas, que
este ano está adicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra, aquí
vos achego a revista escolar Nº20 do Ceip Igrexa-Chapela.

   Os traballos que a continuación vos presento son una
recopilación dalgunha das actividades feitas polos nenos e
nenas dos distintos ciclos ó longo do presente curso escolar;
curso que, como vedes na portada da revista, comezamos cheos
de cor e alegría grazas á colaboración dun grupo de familias
que quixeron que este novo ano escolar chegara ás nosas vidas
cun sorriso na cara dos nosos nenos e nenas ó ver o “seu cole”
tan cheo de vida e renovadas ilusións.

  Desexo que disfrutedes con este percorrido polas vivencias
escolares dos vosos Igrexiños e en nome de todos e todas nós:



                “ GRAZAS

     POLA VOSA COLABORACIÓN “




                               -2-
-3-
-4-
Este ano o noso colexio, aproveitando que era o Ano
Internacional da Biodiversidade Biolóxica, centrou a súa
actividade no coidado do medio ambiente, sensibilizándonos
coas necesidades do planeta a nivel humano e material.




   Deste xeito o noso
Entroido converteuse
nunha reivindicación
“SALVEMOS
     O    PLANETA”.
   As rúas de Chapela
enchéronse de luz cos
soles de infantil, os cales
farán que o noso
planeta se encha de
fermosas flores, animais
e árbores.


                              -5-
O día 16 de marzo os nenos e nenas de 3 anos fomos de
excursión á granxa escola Kiriko, tamén viñeron os nenos e
nenas de 4 e 5 anos e os de 1º e 2º de primaria. Tocamos e
vimos animais e plantas, xogamos e mesmo fixemos rosquillas;
plantamos unha semente que trouxemos para casa. Gustounos
moito viaxar en autobús a, verdade é que o pasamos moi ben.

     Non nos importaría volver noutra
                 ocasión.




                               -6-
Na clase fixemos un pequeno proxecto sobre a
granxa, así coñecemos mellor os animais e traballamos
sobre eles.

 Aquí estamos no mural que fixemos todos coa
              axuda da nosa mestra.




                          -7-
Estes son os nosos debuxos   de animais de granxa.
¿Gústavos?




                   -8-
Os nenos e nenas de Infantil de 4 e 5 anos, traballamos en
proxectos nos que colaboraron activamente as nosas familias, o
que lle deu á nosa aprendizaxe un maior significado e motivación.
Así   viaxamos   a   “Arxentina”        da   man   da   avoa   María,
investigamos sobre a enerxía eólica acompañados dun experto no
tema, o papá de Alejandro, participamos en obradoiros de cociña
coas mamás de AArón e de Iker; elaboramos xoguetes cos carozos
do millo, que nos trouxo a mamá de Victoria e disfrazámonos coas
producións dos obradoiros de disfraces, nos que participaron
representantes de todas as familias.




                          Deseño Viviana Closi



                                  -9-
O   noso   caderno viaxeiro co que disfrutamos
            pequenos e maiores, aprendendo poemas, recitando
adiviñas,    enviando    mensaxes,    recordando        con    fotos…,
enriqueceuse coas achegas de todos e todas e quere darnos as
grazas polo
agarimo co
que         o
tratamos.




                              Deseño montaxe fotográfico Viviana Closi




                                          Pasámolo moi ben e
                                          aprendemos moito.




                               -10-
Deseño fotográfico Viviana Closi




                                   -11-
O     luns   19    de     abril
           cando chegamos a clase, a
profe    explicounos    que       ese    venres
iamos celebrar un día moi importante
“O DÍA DO LIBRO”; e durante toda a
semana aprendemos          moitas cousas
relacionadas con el.

         ¿Por qué celebramos o 23 de
abril o Día do libro? preguntounos a
profe.    Como       non      o     sabíamos
explicounos que ese día pero no ano
1616 morreu un escritor español moi,
moi importante”MIGUEL DE CERVANTES”, que escribiu un
libro chamado “DON QUIJOTE DE LA MANCHA”.

 Tamén nos explicou que ese mesmo
día morrera outro escritor inglés
tamén moi importante, pero cun nome
un pouquiño raro “SHAKESPEARE”,¡
sempre se nos esquecía!

    A profe contounos algunhas das
aventuras de Don Quixote e tanto nos gustaron que pasamos
toda a semana traballando cos libros que atopamos na
                           biblioteca.
                           Finalmente
                           elaboramos
                           un libro de
                           recordo
                           para nós.


                                        -12-
Outra das actividades que nos fixo moitísima ilusión
          foi traer a clase o noso libro favorito para compartilo
          cos nosos compañeiros e compañeiras e explicámoslle
por que nos gustaba tanto e de que trataba.




 Chegou o venres “ O DÍA DO LIBRO”. Foi un día inesquecible
pois todo o colexio compartimos a nosa hora de lectura, que
como sempre se fai despois do recreo, pero esta vez fixémola
todos xuntos no ximnasio.

 Iámola facer no patio do colexio pero coa choiva non puido ser
¡Outro ano será!



 Foi unha semana que
 xamais esqueceremos.

    ¡QUE BONITO É
CELEBRAR O DÍA DO
    LIBRO; PROFE!




                               -13-
Os nosos amigos de Kalandraka viñeron contarnos uns contos,
foi moi divertido e queremos presentarvos a:




                              -14-
Tamén nos gusta escribir os nosos contos e medio
                 inventalos…




                 -15-
O 2 de Marzo os nenos e nenas de 3º,4º,5ºe 6º fomos de
excursión á Coruña. Despois de dúas horas de viaxe no autobús




chegamos ao Acuario.

 Baixamos do autobús e puxémonos en parellas. Esperamos un
anaquiño para entrar ata que chegou un guía que nos
acompañou. Alí vimos raias,tiburóns, estrelas de mar, polbos…

 Logo nos contaron unha historia e visitamos unha réplica do
                           interior do
                           submarino
                               do
                            Capitán
                           Nemo.




                              -16-
Despois saímos do Acuario e fumos mirar focas
             comendo e xogando.

              A continuación visitamos o Museo Domus. Aquí
             vimos unha película chulísima sobre os Dinosaurios




en 3D.

 Despois puxéronnos unhas
mesas    e   comemos    o   que
traiamos                    nas
mochilas:patatillas,   zumes,
bocadillos…Cando
                                         rematamos     realizamos
                                         un montón de probas.

                                          Finalmente esperamos
                                         o autobús e regresamos
                                         ao colexio.




                                          Abel, 3º Ed. Primaria


                                  -17-
¡Ola! Son Botellón , unha botella de Coca-Cola que vivo
           nun contenedor de cor verde . Son de
vidro.Botoume aquí un home chamado Ventura, un
home moi guapo ao que lle gustaba moito
reciclar. Teño tapada a barriga cun vestido de cor
vermella. Alí estaba con moitos compañeiros: Gaseosín,
Marmelín...


    Un dia chegou Camioncete, un camión de cor
                                            gris.Levoume
                                               a Reciclín, unha
                                             fábrica de reciclaxe.
                                            Alí primeiro déronme
                                             un baño, e ¡¡menudo
                                               bañooo!! Despois
                                               moéronme con
                                              martelos. ¡¡¡Nunca
                                             crin ter tanta dor!!!
                                                 Máis tarde
                                            retiráronme os restos
                                               metálicos. Logo
    fundíronme nun forno. ¡¡Que calor, 1.600 grados!! Aquí
  convertéronme en Florerín, un fermoso floreiro de vidro.


Pasado un tempo, metéronme a min xunto aos meus irmáns
xemelgos   nunha    caixa   de    cartón,   chamada    Cartonciña,
envolta nun plástico. ¡¡Que medo pasei, canta escuridade!!
Leváronme a unha tenda. Alí expuserónme nun andel de



                                 -18-
madeira.Eu era moi bonito; era a admiración de
          todos os que pasaban pola tenda.Un día chegou á
          tenda unha señorita chamada Maruxa, que se
          encaprichou    por    min.    Levoume    para      a   súa
          casa.Estaba moi cómodo. Colocoume xunto os meus
irmáns. Tiña moitos floreiros,porque os coleccionaba. Sempre
nos acariciaba cuns panos moi suaves. ¡Que cóxegas!


Unha tarde de primavera, Maruxa foi unha florería.Comprou
a Florus.¡Era unha flor fermosa!Maruxa colocou a Florus na
                        miña     barriga.Logo     colocoume       no
                        balcón. Estiven alí medio día mirando
                        como     pasaban    os    paxaros.       Era
                        feliz,pero un día empezou a chover
                        moi forte. Coa auga esvarei e caín.
                        Rompinme. Neste intre a miña vida
                        rematou, deixei de ser floreiro. Pero
                        non me preocupei,porque, como son de
                        vidro, pódenme reciclar as veces que
                        queiran e durar ata a eternidade.
                        Por todo isto, debes saber que ...


                         “Se o medio ambiente queres coidar,
                           é mellor que empeces a reciclar”.




                                       Os alumnos de 4º




                               -19-
Os nenos e nenas do colexio Igrexa fixemos unha
          viaxe no Hidria II.Foi no
trimestre pasado.Na actualidade
utilízase para facer viaxes pola ría.
Ao chegar, estivemos esperando no
porto antes de ir o Hidria II. Ao
entrar, dixéronnos que foramos á
                         bodega. Alí
                         contáronnos
                         cousas fantásticas sobre o Hidria II. É
                         un barco de vapor, único que se
                         conserva en España. Antes servía para
                         subministra
                         r auga aos
                         barcos
grandes que non podían entrar no
porto.
 Navegamos      pola   ría    de     Vigo
vendo    asteleiros,   un    faro,        un
iate,remolcadores...Un      barco         dos
que estaban construíndo chamábase Yara.
                                      O que máis nos gustou foi a
                                   sala de máquinas e a cuberta.
                                   Fíxome graza como saía vapor
                                   ao tocar a serea do barco.
                                      A viaxe foi interesante, pero
                                   quedounos pena de non ver a
                                   Gaspar, ,o golfiño que anda a
                                   xogar pola ría.


                                   -20-
GOMAS

Materiais - Gomas.

Entorno - Ao aire libre ou
nun sitio pechado.

Descrición É un xogo de
tres persoas como
mínimo, dúas aos lados
agarrando a goma e
unha ou máis persoas
saltando. Primeiro ponse
a goma á altura dos nocellos e se quen salta faino ben sóbese
aos xeonllos, despois á cintura etc.




          ZANCOS

Materiais - Zancos.
Entorno - Ao aire libre ou
interior.
Descrición - Xógase
mantendo o equilibrio,
apoiando os pés nos
extremos do zanco e as
mans agarradas ao
pau.Gaña quen percorra
máis distancia.




                              -21-
CASTELO DE
              CADULLOS

          Materiais -
          Mazarocas de
millo.

Entorno - Ao aire libre ou
dentro dalgún lugar.



Descrición - Trátase de facer pisos poñendo as mazarocas de
millo en vertical e en horizontal e o que máis pisos faga gaña.

 O TRES EN RAIA HUMANO

Materiais - 6 chalecos, 3
amarelos e 3 vermellos;un
xiz para pintar os cadros e
6 persoas de fichas.

Entorno - Un chán no que
se poida debuxar o
taboleiro.

Descrición - Por quendas
colocámonos no taboleiro e
ímonos movendo ata
formar unha liña cos
xogadores do teu equipo e evitando que os rivais fagan a súa
liña.

Estes e outros xogos foron practicados na clase de Educación
Física polos alumnos e alumnas de 3º ciclo. O día 16 de abril os
compañeir@s de 6º participaron nunha xornada co alumnado
de 6º dos outros colexios e 1º e 2º da ESO do instituto..

                              -22-
-23-
-24-
ENTREVISTA
            Estela Domínguez González é unha mestra que
           traballa no 1º ciclo do noso colexio e coordina o
equipo de dinamización e normalización lingüística.
P - Dende cando é a coordinadora do equipo?
R   -   Dende   comezos       deste
curso escolar 2009-2010.
P - Gústache facelo? Por que?
R - Si,cando mo propuxo a
Directora pareceume un reto
moi     interesante        dada     a
urxente necesidade de educar
os nosos nenos e nenas en
valores de respecto cara a
nosa lingua.
É o obxectivo que nos propuxemos este curso.
P - Que fai este equipo?
R -Principalmente potenciar o uso do galego na escola a través
de actividades atractivas para os nenos como: contacontos,
obradoiros, visitas ao noso entorno para coñecer a nosa
riqueza tanto cultural como paisaxística; tamén dirixe a
revista escolar do centro e periodicamente reunímonos cos
demais    centros     do    Concello,      para   preparar   actividades
conxuntas como a que levamos a cabo de literatura oral
popular e a elaboración do calendario do 2010 entre outros.
P   -Sabemos    que    este       curso    fixeches   un   traballo   coa
participación de mamás e avoas, en que consistiu?
R - Conscientes do saber popular tan valioso que os avós e as
avoas teñen para compartir cos seus netos e netas o equipo de
normalización do CEIP Igrexa-Chapela xunto cos demais

                                    -25-
centros do concello levamos a cabo unha campaña
          de fomento do uso do galego nas familias.
           Todo este material recollido servirá para facer
          unha recopilación da literatura oral popular do
          concello de Redondela.
P - Que che pareceu esta experiencia?
R - Nunha soa palabra: ENTRAÑABLE. Sobre todo o amor
que percibín por parte dos avós e das avoas
para os seus net@s e a ilusión coa que compartían un
anaquiño de clase con eles e os seus compañeir@s.
Foron intres fermosísimos.
P - Paréceche que debemos valorar máis a lingua galega? Por
que?
R - Veño de traballar nun entorno rural onde o galego era moi
valorado, sorprendeume que aquí algunhas persoas teñan
unha actitude negativa cara a nosa lingua.
 E que se nós como galeg@s que somos non valoramos a nosa
propia lingua, entón apaga e ímonos, acabará desaparecendo
e con ela a nosa cultura e a nosa propia identidade. Que
mágoa, non? Pois poñamos un pouquiño tan só da nosa parte
 para que este tráxico desenlace nunca se produza. Os meus
pequenos de 1º dinme: "Profe, eu síntome orgulloso de ser
                                      galego". Inculquemos nós
                                     como pais e nais este amor
                                     polo noso, pola nosa lingua,
                                     pola nosa terra, porque se
                                     nós non o facemos, non
                                     van vir os de fóra a facelo.
                                        Moitas grazas pola túa
                                            colaboración.

                                         3º Ciclo de Primaria


                              -26-
-27-
-28-
Ao      comezo    do     curso   tivemos    preparados    o
           servizo madruga e o do comedor, dende o primeiro
           día de clase; así como os chándales co anagrama do
colexio   bordado       ao    que     rematamos     de    engadirlle    un
chuvasqueiro e un polo a xogo.
  Tamén ofrecemos a posibilidade de celebrar os aniversarios
das alumn@s no comedor para non ter que desprazarse lonxe
e poder gozar do patio do noso colexio.
  Outro    dos       nosos   labores    é    organizar    as   actividades
extraescolares, as que conseguen un mínimo de nen@s son as
que se poñen en marcha, este ano: balonmán, manualidades
para   nenos     e    adultos,      natación,   patinaxe,      taek-wondo,
pandeireta, percusión, gaita, baile galego, e dende abril tamén
temos cine.
  No magosto asamos as castañas e repartimos augas e
refrescos, cousa que tamén se fai en Nadal (invitamos ós Reis
Magos que deron lambetadas) , Entroido e algunha outra
festividade.
  Tivemos varias propostas de excursións: un día na neve, 6º
a Manzaneda, 5º e 6º a O Grove, e a derradeira farémola ao
Parque de Atraccións de Bracalandia, nesta ocasión tamén
veñen adultos, e faremos algunha máis…
  Participamos no Programa Colgate, o curso anterior só
para os nenos e nenas do comedor, este para todo o cole.
  Colaboramos no Maratón das Letras Galegas, repartimos
bolos de pan, chocolate auga e mazás.
  Facemos dúas ou tres rifas ó ano.
  E por suposto temos unha gran festa de Fin de Curso, con
inchables, música, festa da espuma…
  E sobre todo estamos para o que precisedes.

                                      -29-
-30-
-31-
Para que vos riades un pouco...



                      Por qué está
                         triste o
                       caderno de
                      matemáticas?                                  Mamá, na
  Como se di                                 Que e unha               escola
                       Porque ten
unha     familia                                losa?               chámamme
                         moitos
   pobre en                                                         interesado.
                       problemas.           Unha flol moi
    chino?                                                           Por qué
                                              felmosa.                  fillo?
  Chinagua,
   chinlu,                                                          Se me das
   chinada.                                                           5euros
                                                                     dígocho.




                                                                      Que lle di
                                                                      Tarzan a
  Que lle di
                                                                     un rato?Tan
unha arbore a
                                                                      pequeño e
   outra?
                                                                      con bigote!
  Que pasa
                                                                     Eque lle di o
   tronco!
                                                                           rato a
                                                                        Tarzan?
                                                                            Tan
                                                                     grandote e
                                                                     con pañal.

    Que lle di
        unha
    zapatilla a
   outra? Que                                  Unha muller chama á
                     Que lle di un
    vida mais                                  carnicería e pregunta:
                      semaforo a
   arrastrada                                 Ten orellas de coello? Si.
                      outro?Non
       levamos.
                     me mires que
                                               E cabeza de porco? Si.
                       me estou
                      cambiando!              Meu Deus! É vostede un
                                                        monstruo!
                                     -32-

Contenu connexe

Tendances

O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º esoclimantic4
 
Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?bibliolois
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclobiblioperillo
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 

Tendances (9)

A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º eso
 
Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Piramide0708b
Piramide0708bPiramide0708b
Piramide0708b
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 

En vedette

Last Apresentação - Ana
Last Apresentação - AnaLast Apresentação - Ana
Last Apresentação - Ana12anogolega
 
D0 biodiversitat carol
D0 biodiversitat carolD0 biodiversitat carol
D0 biodiversitat carolXavier
 
Acto creativo n 2 de luisllllllllllll
Acto creativo n 2 de luisllllllllllllActo creativo n 2 de luisllllllllllll
Acto creativo n 2 de luisllllllllllllguestcceaaff5
 
Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30% por José María...
Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30%  por José María...Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30%  por José María...
Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30% por José María...Foro Blog
 
Solicitan Remocion
Solicitan RemocionSolicitan Remocion
Solicitan RemocionForo Blog
 
Pedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición Cívica
Pedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición CívicaPedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición Cívica
Pedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición CívicaForo Blog
 
Jornal zoada bonita abril 2014
Jornal zoada bonita abril 2014Jornal zoada bonita abril 2014
Jornal zoada bonita abril 2014paulo maia
 

En vedette (9)

Last Apresentação - Ana
Last Apresentação - AnaLast Apresentação - Ana
Last Apresentação - Ana
 
D0 biodiversitat carol
D0 biodiversitat carolD0 biodiversitat carol
D0 biodiversitat carol
 
Acto creativo n 2 de luisllllllllllll
Acto creativo n 2 de luisllllllllllllActo creativo n 2 de luisllllllllllll
Acto creativo n 2 de luisllllllllllll
 
Incas e Astecas
Incas e AstecasIncas e Astecas
Incas e Astecas
 
Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30% por José María...
Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30%  por José María...Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30%  por José María...
Argentina: El espejismo de un equilibrio inflacionario al 30% por José María...
 
Solicitan Remocion
Solicitan RemocionSolicitan Remocion
Solicitan Remocion
 
Pedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición Cívica
Pedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición CívicaPedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición Cívica
Pedido de informes Expo Shangai que presentó la Coalición Cívica
 
Scorm
ScormScorm
Scorm
 
Jornal zoada bonita abril 2014
Jornal zoada bonita abril 2014Jornal zoada bonita abril 2014
Jornal zoada bonita abril 2014
 

Similaire à Revista

Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervomaria
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 12TERE
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principiosatelite1
 

Similaire à Revista (20)

Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Actividades de reciclaxe
Actividades de reciclaxeActividades de reciclaxe
Actividades de reciclaxe
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1
 
O noso libro voador
O noso libro voadorO noso libro voador
O noso libro voador
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Biblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pubBiblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pub
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 

Revista

  • 1. 1. EDITORIAL 2. LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA 3. PROXECTO DE CENTRO: COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE 4. UN DÍA NA GRANXA KIRIKO 5. unha escola moi familiar 6. O DÍA DO LIBRO 7. GÚSTANNOS OS CONTOS 8. VIAXE Á CORUÑA 9. TODO VALE, NADA SOBRA 10. NAVEGANDO NO HIDRIA 11. OS XOGOS POPULARES 12. CELEBRANDO OS MAIOS 13. O VALIOSO SABER DOS AVÓS 14. UN CURSO CHEO DE ILUSIÓN 15. CARTA DA A.N.P.A 16. PASATEMPOS -1-
  • 2. Ola amiguiños e amiguiñas. Lembrádesvos de min? Si, son Igrexiño, a mascota do voso cole. Un ano máis, e con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra, aquí vos achego a revista escolar Nº20 do Ceip Igrexa-Chapela. Os traballos que a continuación vos presento son una recopilación dalgunha das actividades feitas polos nenos e nenas dos distintos ciclos ó longo do presente curso escolar; curso que, como vedes na portada da revista, comezamos cheos de cor e alegría grazas á colaboración dun grupo de familias que quixeron que este novo ano escolar chegara ás nosas vidas cun sorriso na cara dos nosos nenos e nenas ó ver o “seu cole” tan cheo de vida e renovadas ilusións. Desexo que disfrutedes con este percorrido polas vivencias escolares dos vosos Igrexiños e en nome de todos e todas nós: “ GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN “ -2-
  • 3. -3-
  • 4. -4-
  • 5. Este ano o noso colexio, aproveitando que era o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica, centrou a súa actividade no coidado do medio ambiente, sensibilizándonos coas necesidades do planeta a nivel humano e material. Deste xeito o noso Entroido converteuse nunha reivindicación “SALVEMOS O PLANETA”. As rúas de Chapela enchéronse de luz cos soles de infantil, os cales farán que o noso planeta se encha de fermosas flores, animais e árbores. -5-
  • 6. O día 16 de marzo os nenos e nenas de 3 anos fomos de excursión á granxa escola Kiriko, tamén viñeron os nenos e nenas de 4 e 5 anos e os de 1º e 2º de primaria. Tocamos e vimos animais e plantas, xogamos e mesmo fixemos rosquillas; plantamos unha semente que trouxemos para casa. Gustounos moito viaxar en autobús a, verdade é que o pasamos moi ben. Non nos importaría volver noutra ocasión. -6-
  • 7. Na clase fixemos un pequeno proxecto sobre a granxa, así coñecemos mellor os animais e traballamos sobre eles. Aquí estamos no mural que fixemos todos coa axuda da nosa mestra. -7-
  • 8. Estes son os nosos debuxos de animais de granxa. ¿Gústavos? -8-
  • 9. Os nenos e nenas de Infantil de 4 e 5 anos, traballamos en proxectos nos que colaboraron activamente as nosas familias, o que lle deu á nosa aprendizaxe un maior significado e motivación. Así viaxamos a “Arxentina” da man da avoa María, investigamos sobre a enerxía eólica acompañados dun experto no tema, o papá de Alejandro, participamos en obradoiros de cociña coas mamás de AArón e de Iker; elaboramos xoguetes cos carozos do millo, que nos trouxo a mamá de Victoria e disfrazámonos coas producións dos obradoiros de disfraces, nos que participaron representantes de todas as familias. Deseño Viviana Closi -9-
  • 10. O noso caderno viaxeiro co que disfrutamos pequenos e maiores, aprendendo poemas, recitando adiviñas, enviando mensaxes, recordando con fotos…, enriqueceuse coas achegas de todos e todas e quere darnos as grazas polo agarimo co que o tratamos. Deseño montaxe fotográfico Viviana Closi Pasámolo moi ben e aprendemos moito. -10-
  • 12. O luns 19 de abril cando chegamos a clase, a profe explicounos que ese venres iamos celebrar un día moi importante “O DÍA DO LIBRO”; e durante toda a semana aprendemos moitas cousas relacionadas con el. ¿Por qué celebramos o 23 de abril o Día do libro? preguntounos a profe. Como non o sabíamos explicounos que ese día pero no ano 1616 morreu un escritor español moi, moi importante”MIGUEL DE CERVANTES”, que escribiu un libro chamado “DON QUIJOTE DE LA MANCHA”. Tamén nos explicou que ese mesmo día morrera outro escritor inglés tamén moi importante, pero cun nome un pouquiño raro “SHAKESPEARE”,¡ sempre se nos esquecía! A profe contounos algunhas das aventuras de Don Quixote e tanto nos gustaron que pasamos toda a semana traballando cos libros que atopamos na biblioteca. Finalmente elaboramos un libro de recordo para nós. -12-
  • 13. Outra das actividades que nos fixo moitísima ilusión foi traer a clase o noso libro favorito para compartilo cos nosos compañeiros e compañeiras e explicámoslle por que nos gustaba tanto e de que trataba. Chegou o venres “ O DÍA DO LIBRO”. Foi un día inesquecible pois todo o colexio compartimos a nosa hora de lectura, que como sempre se fai despois do recreo, pero esta vez fixémola todos xuntos no ximnasio. Iámola facer no patio do colexio pero coa choiva non puido ser ¡Outro ano será! Foi unha semana que xamais esqueceremos. ¡QUE BONITO É CELEBRAR O DÍA DO LIBRO; PROFE! -13-
  • 14. Os nosos amigos de Kalandraka viñeron contarnos uns contos, foi moi divertido e queremos presentarvos a: -14-
  • 15. Tamén nos gusta escribir os nosos contos e medio inventalos… -15-
  • 16. O 2 de Marzo os nenos e nenas de 3º,4º,5ºe 6º fomos de excursión á Coruña. Despois de dúas horas de viaxe no autobús chegamos ao Acuario. Baixamos do autobús e puxémonos en parellas. Esperamos un anaquiño para entrar ata que chegou un guía que nos acompañou. Alí vimos raias,tiburóns, estrelas de mar, polbos… Logo nos contaron unha historia e visitamos unha réplica do interior do submarino do Capitán Nemo. -16-
  • 17. Despois saímos do Acuario e fumos mirar focas comendo e xogando. A continuación visitamos o Museo Domus. Aquí vimos unha película chulísima sobre os Dinosaurios en 3D. Despois puxéronnos unhas mesas e comemos o que traiamos nas mochilas:patatillas, zumes, bocadillos…Cando rematamos realizamos un montón de probas. Finalmente esperamos o autobús e regresamos ao colexio. Abel, 3º Ed. Primaria -17-
  • 18. ¡Ola! Son Botellón , unha botella de Coca-Cola que vivo nun contenedor de cor verde . Son de vidro.Botoume aquí un home chamado Ventura, un home moi guapo ao que lle gustaba moito reciclar. Teño tapada a barriga cun vestido de cor vermella. Alí estaba con moitos compañeiros: Gaseosín, Marmelín... Un dia chegou Camioncete, un camión de cor gris.Levoume a Reciclín, unha fábrica de reciclaxe. Alí primeiro déronme un baño, e ¡¡menudo bañooo!! Despois moéronme con martelos. ¡¡¡Nunca crin ter tanta dor!!! Máis tarde retiráronme os restos metálicos. Logo fundíronme nun forno. ¡¡Que calor, 1.600 grados!! Aquí convertéronme en Florerín, un fermoso floreiro de vidro. Pasado un tempo, metéronme a min xunto aos meus irmáns xemelgos nunha caixa de cartón, chamada Cartonciña, envolta nun plástico. ¡¡Que medo pasei, canta escuridade!! Leváronme a unha tenda. Alí expuserónme nun andel de -18-
  • 19. madeira.Eu era moi bonito; era a admiración de todos os que pasaban pola tenda.Un día chegou á tenda unha señorita chamada Maruxa, que se encaprichou por min. Levoume para a súa casa.Estaba moi cómodo. Colocoume xunto os meus irmáns. Tiña moitos floreiros,porque os coleccionaba. Sempre nos acariciaba cuns panos moi suaves. ¡Que cóxegas! Unha tarde de primavera, Maruxa foi unha florería.Comprou a Florus.¡Era unha flor fermosa!Maruxa colocou a Florus na miña barriga.Logo colocoume no balcón. Estiven alí medio día mirando como pasaban os paxaros. Era feliz,pero un día empezou a chover moi forte. Coa auga esvarei e caín. Rompinme. Neste intre a miña vida rematou, deixei de ser floreiro. Pero non me preocupei,porque, como son de vidro, pódenme reciclar as veces que queiran e durar ata a eternidade. Por todo isto, debes saber que ... “Se o medio ambiente queres coidar, é mellor que empeces a reciclar”. Os alumnos de 4º -19-
  • 20. Os nenos e nenas do colexio Igrexa fixemos unha viaxe no Hidria II.Foi no trimestre pasado.Na actualidade utilízase para facer viaxes pola ría. Ao chegar, estivemos esperando no porto antes de ir o Hidria II. Ao entrar, dixéronnos que foramos á bodega. Alí contáronnos cousas fantásticas sobre o Hidria II. É un barco de vapor, único que se conserva en España. Antes servía para subministra r auga aos barcos grandes que non podían entrar no porto. Navegamos pola ría de Vigo vendo asteleiros, un faro, un iate,remolcadores...Un barco dos que estaban construíndo chamábase Yara. O que máis nos gustou foi a sala de máquinas e a cuberta. Fíxome graza como saía vapor ao tocar a serea do barco. A viaxe foi interesante, pero quedounos pena de non ver a Gaspar, ,o golfiño que anda a xogar pola ría. -20-
  • 21. GOMAS Materiais - Gomas. Entorno - Ao aire libre ou nun sitio pechado. Descrición É un xogo de tres persoas como mínimo, dúas aos lados agarrando a goma e unha ou máis persoas saltando. Primeiro ponse a goma á altura dos nocellos e se quen salta faino ben sóbese aos xeonllos, despois á cintura etc. ZANCOS Materiais - Zancos. Entorno - Ao aire libre ou interior. Descrición - Xógase mantendo o equilibrio, apoiando os pés nos extremos do zanco e as mans agarradas ao pau.Gaña quen percorra máis distancia. -21-
  • 22. CASTELO DE CADULLOS Materiais - Mazarocas de millo. Entorno - Ao aire libre ou dentro dalgún lugar. Descrición - Trátase de facer pisos poñendo as mazarocas de millo en vertical e en horizontal e o que máis pisos faga gaña. O TRES EN RAIA HUMANO Materiais - 6 chalecos, 3 amarelos e 3 vermellos;un xiz para pintar os cadros e 6 persoas de fichas. Entorno - Un chán no que se poida debuxar o taboleiro. Descrición - Por quendas colocámonos no taboleiro e ímonos movendo ata formar unha liña cos xogadores do teu equipo e evitando que os rivais fagan a súa liña. Estes e outros xogos foron practicados na clase de Educación Física polos alumnos e alumnas de 3º ciclo. O día 16 de abril os compañeir@s de 6º participaron nunha xornada co alumnado de 6º dos outros colexios e 1º e 2º da ESO do instituto.. -22-
  • 23. -23-
  • 24. -24-
  • 25. ENTREVISTA Estela Domínguez González é unha mestra que traballa no 1º ciclo do noso colexio e coordina o equipo de dinamización e normalización lingüística. P - Dende cando é a coordinadora do equipo? R - Dende comezos deste curso escolar 2009-2010. P - Gústache facelo? Por que? R - Si,cando mo propuxo a Directora pareceume un reto moi interesante dada a urxente necesidade de educar os nosos nenos e nenas en valores de respecto cara a nosa lingua. É o obxectivo que nos propuxemos este curso. P - Que fai este equipo? R -Principalmente potenciar o uso do galego na escola a través de actividades atractivas para os nenos como: contacontos, obradoiros, visitas ao noso entorno para coñecer a nosa riqueza tanto cultural como paisaxística; tamén dirixe a revista escolar do centro e periodicamente reunímonos cos demais centros do Concello, para preparar actividades conxuntas como a que levamos a cabo de literatura oral popular e a elaboración do calendario do 2010 entre outros. P -Sabemos que este curso fixeches un traballo coa participación de mamás e avoas, en que consistiu? R - Conscientes do saber popular tan valioso que os avós e as avoas teñen para compartir cos seus netos e netas o equipo de normalización do CEIP Igrexa-Chapela xunto cos demais -25-
  • 26. centros do concello levamos a cabo unha campaña de fomento do uso do galego nas familias. Todo este material recollido servirá para facer unha recopilación da literatura oral popular do concello de Redondela. P - Que che pareceu esta experiencia? R - Nunha soa palabra: ENTRAÑABLE. Sobre todo o amor que percibín por parte dos avós e das avoas para os seus net@s e a ilusión coa que compartían un anaquiño de clase con eles e os seus compañeir@s. Foron intres fermosísimos. P - Paréceche que debemos valorar máis a lingua galega? Por que? R - Veño de traballar nun entorno rural onde o galego era moi valorado, sorprendeume que aquí algunhas persoas teñan unha actitude negativa cara a nosa lingua. E que se nós como galeg@s que somos non valoramos a nosa propia lingua, entón apaga e ímonos, acabará desaparecendo e con ela a nosa cultura e a nosa propia identidade. Que mágoa, non? Pois poñamos un pouquiño tan só da nosa parte para que este tráxico desenlace nunca se produza. Os meus pequenos de 1º dinme: "Profe, eu síntome orgulloso de ser galego". Inculquemos nós como pais e nais este amor polo noso, pola nosa lingua, pola nosa terra, porque se nós non o facemos, non van vir os de fóra a facelo. Moitas grazas pola túa colaboración. 3º Ciclo de Primaria -26-
  • 27. -27-
  • 28. -28-
  • 29. Ao comezo do curso tivemos preparados o servizo madruga e o do comedor, dende o primeiro día de clase; así como os chándales co anagrama do colexio bordado ao que rematamos de engadirlle un chuvasqueiro e un polo a xogo. Tamén ofrecemos a posibilidade de celebrar os aniversarios das alumn@s no comedor para non ter que desprazarse lonxe e poder gozar do patio do noso colexio. Outro dos nosos labores é organizar as actividades extraescolares, as que conseguen un mínimo de nen@s son as que se poñen en marcha, este ano: balonmán, manualidades para nenos e adultos, natación, patinaxe, taek-wondo, pandeireta, percusión, gaita, baile galego, e dende abril tamén temos cine. No magosto asamos as castañas e repartimos augas e refrescos, cousa que tamén se fai en Nadal (invitamos ós Reis Magos que deron lambetadas) , Entroido e algunha outra festividade. Tivemos varias propostas de excursións: un día na neve, 6º a Manzaneda, 5º e 6º a O Grove, e a derradeira farémola ao Parque de Atraccións de Bracalandia, nesta ocasión tamén veñen adultos, e faremos algunha máis… Participamos no Programa Colgate, o curso anterior só para os nenos e nenas do comedor, este para todo o cole. Colaboramos no Maratón das Letras Galegas, repartimos bolos de pan, chocolate auga e mazás. Facemos dúas ou tres rifas ó ano. E por suposto temos unha gran festa de Fin de Curso, con inchables, música, festa da espuma… E sobre todo estamos para o que precisedes. -29-
  • 30. -30-
  • 31. -31-
  • 32. Para que vos riades un pouco... Por qué está triste o caderno de matemáticas? Mamá, na Como se di Que e unha escola Porque ten unha familia losa? chámamme moitos pobre en interesado. problemas. Unha flol moi chino? Por qué felmosa. fillo? Chinagua, chinlu, Se me das chinada. 5euros dígocho. Que lle di Tarzan a Que lle di un rato?Tan unha arbore a pequeño e outra? con bigote! Que pasa Eque lle di o tronco! rato a Tarzan? Tan grandote e con pañal. Que lle di unha zapatilla a outra? Que Unha muller chama á Que lle di un vida mais carnicería e pregunta: semaforo a arrastrada Ten orellas de coello? Si. outro?Non levamos. me mires que E cabeza de porco? Si. me estou cambiando! Meu Deus! É vostede un monstruo! -32-