3. Fórmase pola confluencia
dos ríos Sengge Zangbo e
Gar que drenan as
cordilleiras de Nganglong
Kangri e Gangdise Shan e
discorren por algúns dos
principais vales da
cordillera do Himalaia.
A fonte máis lonxana está
preto do lago Mana
Sarovar, na Meseta do
Tibet, a 5.500 m de
altitude.
5. CAUDAL: 6.600 m³/s
RÉXIME: Pluvio-nival . Está alimentado polas neves e glaciares das
cordilleiras do Himalaia, Karakorum e Hindu Kush e polas chuvias
monzónicas. Ten augas altas de xullo a setembro e sofre frecuentes
enchentes.
6.
7. NACEMENTO: Cordilleira do Himalaia
Río Gar. Nace na
cordilleira de Gangdise
Shan.
Río Sengge Zangbo.
Drena as montañas
Nganglong Kangri. A
fonte máis lonxana está
preto do lago Mana
Sarovar, na Meseta do
Tibet, a 5.500 m de
altitude.
8. O Indo nas proximidades de
de Skardu (Gilgit-Baltistán)
14. XEOLOXÍA
No curso alto ten un percorrido con
moito desnivel desde os 5.500 m de
altitude do Tibet. Abeira polo norte o
Nanga Parbat e discorre entre canóns de
4.500-5.200 m de profundidade.
No curso medio atravesa as chairas de
Panyab onde é intensamente desviado
para regadío.
Na desembocadura alimenta o abano
submariño do Indo, que é o segundo
corpo sedimentario da Terra, cuns 5
millóns de km³ de material erosionado
das montañas do Karakorum e Himalaia.
16. FLORA
En xeral as rexións do val do Indo son áridas e con escasa vexetación. No
delta hai manglares.
17. FAUNA
No Indo atópase unha especie única, o golfiño do río Indo (Platanista
gangetica minor). No censo de 2001 contaron 1.100 exemplares.
Peixe coitelo (Chitala chtala), peixe gato xigante, hilsa; camarón
(Macrobrachium); gavial...
golfiño do río Indo
hilsa
18. ESPAZOS PROTEXIDOS
Parque Nacional Hemit, Parque Nacional Río Indo, Keti Bunder Norte,
Lago Kinjhar, Thal, Lago Chashma, Tangir...
A zona do delta del Indo está considerada como unha das rexións
ecolóxicas máis importantes do planeta.
Parque Nacional Hemit
19. APROVEITAMENTO
Abastecemento de auga (para o
consumo, a agricultura e a industria),
pesca, acuicultura e produción de
enerxía.
No Indo existe unha das máis complexas
redes de canles de rego do mundo. Foron
inicialmente construídas pola xente da
civilización do val do Indo, e posteriormente
por enxeñeiros do Imperio Cuxano e do
Imperio Mogol. A moderna irrigación foi
introducida pola British East India Company
en 1850
Os amplos proxectos de rego e presas
proporcionan as bases para a gran produción
de cultivos en Paquistán, como algodón, cana
de azucre e trigo. As presas tamén xeran
enerxía eléctrica para as industrias pesadas e
os centros urbanos.
22. HISTORIA
Descubríronse xacementos paleolíticos no
val do Indo en Pothohar, preto de
Islamabad e en Mardar evidencias de covas
habitadas desde hai 15.000 anos.
Entre 7000 a 1750 desenvolveuse a Cultura
do Val do Indo. Alí formáronse algunhas das
cidades máis grandes do mundo desa
época: Harappa e Mohenjo-Daro.
Os primeiros europeos en chegar a esta
zona foron os exércitos de Alejandro
Magno.
Mohenjo-Daro
Nas beiras do río atópanse importantes
monumentos como os mosteiros de Stakna,
Mashro, Thikse e Shey.
Petroglifos de Chilas
23. CURIOSIDADES
O Delta do Indo mencíonase no Rig-Veda
(o texto máis antigo da India, de
mediados do II milenio a.C. como Sapta
Sindhu (Sete Ríos).
No Indo prodúcese o fenómeno do
macareo, unha gran onda que se forma ao
subir a marea e que penetra río arriba
moitos quilómetros.
En setembro de 2010, houbo grandes
enchentes que causaron a morte de 2.000
persoas e a destrución de máis de un
millón de fogares.