1. Así no Terceiro Reich
A persecución da poboación
xudía na Alemaña nazi
2. Entre 1925 e 1926 Hitler
publica a obra Mein Kampf,
na que mostra os seus
principios antisemitas.
3. -Antes de que os nazis cheguen ao poder, as SA,
forzas paramilitares nazis, empregan de forma cotiá a
violencia e o terror contra os inimigos do partido.
-Xudeus, comunistas e socialistas son os seus
principais obxectivos.
4. O 30 de xaneiro de 1933 Adolf Hitler é nomeado
chanceler.
Case de inmediato, as SA comezan unha campaña de
violencia. As malleiras, os asasinatos, e o saqueo de
negocios xudeus póñense á orde do día
5. Dende abril de 1933 comezan as primeiras medidas
oficiais:
-Promóvese o boicot aos negocios xudeus
-Decrétanse leis que apartan á poboación xudía
dos empregos relacionados coa administración, o
exército, a vida cultural e a información.
6. O 15 de Setembro
apróbanse as Leis de
Nuremberg. Nelas
arrebatábaselle a
cidadanía alemá á
poboación xudía e
prohibíanse os
matrimonios e
relacións sexuais
entre alemáns e
xudeus.
7. Ao celebrarse os Xogos Olímpicos en 1936 en Berlín,
o goberno nazi limitou as súas accións durante un
breve espazo de tempo para tranquilizar á opinión
pública internacional.
8. En 1937 o Estado comezou a expropiar os negocios
xudeus de forma oficial.
9. En 1938 a violencia aumenta, chegando ao seu
momento máis álxido coa Kristallnacht:
-Destruíronse centos de sinagogas, negocios e
vivendas
-Máis de 90 persoas foron asasinadas e 30.000
arrestadas e deportadas a campos de concentración,
como o de Dachau.
10. O 1 de setembro de 1939, Alemaña invade Polonia
Comeza a II Guerra Mundial
11. O 29 de setembro de 1939, o oficial das
SS Reinhard Heydrich fala por primeira
vez da Solución Final, a eliminación
física de toda a poboación xudía.
12. -En novembro de 1939 obrígase a poboación xudía de
Polonia a levar no seu brazo un distintivo. Quen non o
levara podía ser multado, encarcerado ou executado.
-O mesmo proceso se estenderá despois ao resto do
territorio controlado por Alemaña
13. -En Abril de 1940
aparece o primeiro
gueto, o de Lodz,
segregando a
poboación xudía en
barrios. En outubro do
mesmo ano aparece o
de Varsovia.
-O mesmo proceso se
estenderá despois ao
resto do territorio
controlado por
Alemaña
14. -A finais de 1940 construíronse xa máis de 50 campos
de concentración, case todos eles en Polonia
-En 1941 comezan no interior deses campos as
execucións masivas por gas letal: a Solución Final que
citara Heydrich