SlideShare a Scribd company logo
1 of 51
Download to read offline
A Fundación Universidade da Coruña foi constituída en marzo de 1997 pola Universidade da Coruña e
diversas Institucións públicas e empresas privadas, co fin de facilitar e potenciar as relacións da Universidade
coa Sociedade, en especial, a cooperación universidade – empresa, tal e como se reflexa nos seus Estatutos.


        Art. 1 Estatutos:”… fundación privada de carácter benéfico-docente para a promoción, desenrolo e
        financiación das actividades propias da Universidade da Coruña, e as súas relacións coa Sociedade,
        con especial incidencia nos Campus Universitarios da Coruña e Ferrol, e proporcionar á Institución
        Universitaria un permanente respaldo social sen fin lucrativo algún e duración indefinida.”


A actividade da Fundación, ao amparo dos fins fundacionais que lle foron outorgados, pódese agrupar en
dous tipos de programas:


    1) Programas de xestión delegada: Convenios subscritos pola Universidade da Coruña coas
        Administracións Públicas ou con entidades privadas, para o desenvolvemento de programas de
        investigación e asistencia científica ou técnica, así como para a celebración de cursos, xornadas,
        congresos e programas de posgrao propio impartidos na Universidade, nos que a Fundación, actúa
        como xestora económica e administrativa.


        A evolución e desenvolvemento do número de programas tramitados a través da xestión delegada,
        depende de dous factores, por unha banda, da vontade e decisión dos investigadores e docentes
        universitarios, para que se decanten por contratar os nosos servizos de xestión, para o que debemos
        dar resposta ás súas necesidades particulares e ofrecer un servizo áxil, práctico e eficaz, que poña á
        súa disposición todos os medios, recursos e facilidades posibles. E doutra banda, non menos
        importante, depende da actuación e intermediación previa que podamos levar a cabo entre os
        actores implicados, léase, empresas, administracións, investigadores, etc. para dar a coñecer as súas
        necesidades, intereses e propostas, alcanzado acordos que satisfagan a todas as partes e que
        faciliten a creación de novos programas.


    2) Programas de iniciativa propia: Son proxectos que a Fundación planifica, elabora, executa e
        xustifica, na súa condición de Unidade de Interface integrada na Rede Tecnoeconómica. Devanditos
        proxectos lévanse a cabo na dimensión rexional, estatal e internacional, e están orientados ao
        cumprimento dos fins fundacionais.
As tarefas realizadas no marco destes proxectos supón a posta en marcha de mecanismos activos de
        información e comunicación, que permitan conseguir unha maior presenza da Universidade da
        Coruña na sociedade, así como un maior impacto entre os entornos científico, tecnolóxico e
        produtivo. Neste sentido a Fundación Universidade da Coruña non pode limitarse á mera xestión e
        administración burocrática das actividades que xorden espontaneamente da relación entre a
        universidade e as empresas, senón que debe adoptar unha actitude proactiva, de procura de novas
        oportunidades para os equipos universitarios de traballo sistemático coas empresas e institucións.


En canto aos eidos de actividade, a Fundación Universidade da Coruña fundamenta a súa labor,
principalmente nos eidos de emprego, formación e innovación, destacando en todo caso a nosa disposición
e carácter eminentemente proactivo, aberto e internacional.


Como obxectivos prioritarios da Fundación, manifestamos dende o pasado ano, o noso interese e
compromiso de fomentar e potenciar a CULTURA EMPRENDEDORA e a CULTURA INNOVADORA, así como a
RESPONSABILIDADE SOCIAL UNIVERSITARIA (RSU), como aspecto transversal a todas as nosas actuacións e
como demostración da filosofía de traballo, misión, valores e principios da entidade.




    •   RESULTADOS CONTABLES


Os resultados económicos da Fundación durante os anos 2005, 2006 e 2007 estiveron marcados por unha
clara tendencia negativa, que se rompe no ano 2008, onde se conseguen recuperar os resultados positivos,
obtidos a través dun severo axuste de gastos e da procura de novos ingresos, tal e como se pode ver nos
seguintes gráficos:
Os anos 2008, 2009 e 2010 aparecen representados con dúas cifras, debido a que o maior importe reflexa o
resultado real acadado no exercicio, mentres que o menor importe é o resultado final aprobado por a
auditoría, unha vez dotada unha provisión voluntaria a longo prazo que poida atender os posibles riscos
existentes de subvencións e indemnizacións laborais nos posgraos propios.
1. PROGRAMAS DE XESTIÓN DELEGADA


Os datos económicos referidos a Xestión Delegada da UDC, tanto en formación como en investigación, están
recollidos sen incluír o I.V.E. no caso de que lles correspondera, referímonos sempre as Bases Impoñibles.
1.1.      ACADÉMICA


Segundo mencionase nas Contas Anuais e Informe de Auditoría, no apartado 16 relativo aos ingresos e
gastos por prestación de servizos, aparece exposta a seguinte táboa, que relaciona o canon que cobra a
Fundación dos programas de xestión delegada, nos seus tres ámbitos: académicos (os cursos de
especialización, posgrao, máster e congresos, xornadas e outros), investigación (os contratos de
investigación, asistencias técnicas, etc ao amparo do artigo 83 da LOU, axudas e subvencións), e bolsas (as
prácticas en empresas por parte de estudantes ou titulados universitarios). A distribución do canon por
prestación de servizos e tipo de programa, sería a seguinte:




                                   Canon de xestión      Canon de xestión       Canon de xestión
                                         2008                   2009                 2010
                 Académicos             78.720                 65.887              52.845,81
                 Investigación         131.773                 176.143            110.068,31
               Xestión de bolsas       233.465                 249.579            293.822,88
                    Total              443.958 €               491.609               456.737




    •   EVOLUCION CANON DE XESTION FUAC




  300.000 €

  250.000 €

  200.000 €

  150.000 €

  100.000 €

    50.000 €

          0€
                    Canon de xestión 2008    Canon de xestión 2009       Canon de xestión 2010
•   EVOLUCION DO VOLUME TOTAL XESTIONADO




                           ANO 2008         ANO 2009     ANO 2010


                               XESTION DELEGADA


        FORMACION         1.574.400€        1.317.740€   1.058.652€



       INVESTIGACIÓN      2.635.460€        3.522.860€   2.201.360€



          BOLSAS          2.094.782€        2.021.735€   2.319.161€


       TOTAL XESTION
                          6.304.642€        6.862.335€   5.579.173€
         DELEGADA


                                 XESTION PROPIA



                           ANO 2008         ANO 2009     ANO 2010



        FORMACION         76.456,15€        211.944,67   149.775,49


         EMPREGO          95.273,73€        107.266,08   64.621,90


        INNOVACIÓN         353.574€         272.608,50   290.868,22


       TOTAL XESTION
                          525.303,88        591.819,25   505.265,61
           PROPIA
PROGRAMAS INICIATIVA PROPIA


          400.000 €

          300.000 €

          200.000 €

          100.000 €

                 0€
                            ANO 2008                 ANO 2009          ANO2010
                                  FORMACION          EMPREGO      INNOVACIÓN




                                         XESTION DELEGADA



         4.000.000 €

         3.000.000 €

         2.000.000 €

         1.000.000 €

                 0€
                             ANO 2008                  ANO 2009             ANO 2010

                                 FORMACION      INVESTIGACIÓN      BOLSAS


                                          *Importes sen I.V.E




                                      XESTIÓN DELEGADA DA UDC


Durante este ano hai que resaltar unha serie de fitos que marcan e marcarán unha mellora nos servizos
prestados os investigadores e profesores da UDC que utilizan os nosos servizos para a xestión dos seus
programas de investigación e formación tales como:
•   Posta en marcha dunha nova imaxe corporativa da FUAC a utilizar en todos os documentos de
       comunicación de información e contratos.
   •   A implantación total e posta en funcionamento do Servizo de Directores a través da nosa web, grazas
       o cal todos os directores teñen acceso inmediato o seu proxecto e a súa xestión administrativa e
       económica incluíndo nestes aceso ( Contratos e Autorizacións de departamentos asinados, facturas
       emitidas, pagos efectuados etc)
   •   A posta en funcionamento dunha Pasarela de Pagos de Matrículas que facilita a xestión dos pagos de
       alumnos estranxeiros a través dunha pasarela virtual na cal o alumno pode inscribirse e aboar o
       programa formativo no mesmo momento tendo acceso o xustificante de inscrición e factura e
       proporcionando o mesmo tempo unha máis rápida xestión do programa por parte do Director
       Académico.


       1.2.    FORMACIÓN


En particular, respecto da xestión delegada de programas formativos, os datos relativos ao exercicio 2010
son os seguintes que deixan entrever a diminución prevista en xestión de Cursos de Posgrao Propios da UDC
debido a progresiva desaparición destes na propia UDC e unha pequena baixada na xestión de Xornadas e
Congresos.


A pretensión da Fundación e seguir potenciando o seu papel na formación de posgraos e a organización de
eventos tipo Simposios ou Congresos, así como a consolidación de programas formativos para estudantes e
de programas deseñados a medida para empresas, así como a formación on line.


Somos conscientes da importancia de potenciar esta liña de actividade e neste momento estamos
traballando en novos proxectos formativos. Neste sentido e necesario sinalar os programas formativos
deseñados con profesores da Facultade de INEFF e da Escola de Arquitectos Técnicos da Universidade da
Coruña que han aumentado considerablemente no ano 2010 tanto en alumnos matriculados como en
empresas interesadas.
Programas       Programas       Programas
                                                               2008           2009             2010
                        Máster                                   6              7                5
               Curso de especialización                         10              4                3
       Curso de formación específica de posgrao                  2              1                1
              Cursos de Posgraos da UDC                         18              12               9
               Xornadas, Congresos etc.                         36              36              23
                   Centro de Linguas                             1              1                1
                  Universidade Sénior                            1              1                1
                  Xornadas e Outros                             38              38              25
                        TOTAL                                   56              50              34




Os ingresos das Xornadas, Cursos e Congresos están formados por matrículas de alumnos, colaboracións e
participacións de Entidades e Empresas, segundo a clasificación seguinte:


                                    TIPO DE INGRESOS EN XORNADAS –
                                        CONFERENCIAS- CONGRESOS
                             MATRICULAS DE ALUMNOS                    23
                                 EMPRESA PRIVADA                      8
                                 ENTIDADE PÚBLICA                     3

                                    FUNDACIÓNS E
                                                                      0
                               ASOCIACIÓNS PRIVADAS


A diminución de xestión económica e administrativa que a Fundación realiza dos seguintes Programas
Académicos da Universidade da Coruña é moi significativa para a Fundación, tanto por volume xestionado
como por a importancia que supón dentro da comunidade universitaria. A súa diminución repercute tamén
claramente na redución da tesourería da FUAC.


É importante recalcar a importancia da xestión dos seguintes programas formativos da UDC, pola súa
relevancia dentro da UDC e a importancia dentro da comunidade universitaria e da propia sociedade.
- UNIVERSIDADE SENIOR.
- CENTRO DE LINGUAS.
A intención é seguir coa potenciación da xestión de XORNADAS, CONFERENCIAS, SEMINARIOS, SIMPOSIOS e
outro tipo de actividades formativas da UDC, así como promover a xestión ou organización de CONGRESOS
dirixidos por a comunidade universitaria, co fin de acadar novos nichos de mercado que axuden a diversificar
as fontes de ingresos. Durante o 2010 aparte de diferentes Xornadas, participamos na organización e xestión
dos seguintes congresos e simposios;


- TALLERES DIXITAIS E CONFERENCIAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL GALEGO
NO MARCO DA INICIATIVA “MUNDOS DIXITAIS 2010”.


-XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUES DE PSICOPEDAGOXIA.


Temos que destacar o éxito da implantación de dous novos Programas de Posgrao Propios implantados
durante o exercicio do 2010 na súa primeira edición, xa que xeraron unha gran demanda de prazas é tiveron
un gran éxito nos alumnos e profesionais interesados:


-C.ESPECIALIZACIÓN EN EXPERTO UNIVERSITARIO EN PERIODONCIA CIRUXÍA E IMPLANTOLOXÍA ORAL.


-CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSTGRADO EN PROTOCOLO, COMUNICACIÓN E IMAGEN
CORPORATIVA




       1.2.1. EVOLUCIÓN DA XESTIÓN DE XORNADAS E OUTROS PROGRAMAS FORMATIVOS E CURSOS DE
POSGRAOS PROPIOS DA UDC.


                                       EVOLUCION CURSOS DE POSGRAO
                                           XORNADAS E OUTROS

                ANO      XORNADAS E OUTROS          CURSOS POSGRAO              TOTAL

                2000                2                       22                    24
                2001                7                       29                    36
                2002                9                       28                    37
                2003               20                       30                    50
                2004               29                       32                    61
                2005               28                       34                    62
2006                27                       25                     52
               2007                32                       26                     58
               2008                38                       18                     56
               2009                38                       12                     50
               2010                25                       9                      34




       1.3.    INVESTIGACIÓN


A Fundación seguiu ao longo do 2010, exercendo a súa labor de fomentar as relacións entre o empresariado
e a sociedade e o mundo universitario, ofertando a súa colaboración e asesoramento para identificar e
satisfacer as necesidades dos empresarios a nivel autonómico e nacional, así como as dos investigadores da
UNIVERSIDADE DA CORUÑA en materia de investigación. Esta colaboración materializouse durante o ano
2010 en Contratos Art. 83, Convenios específicos de colaboración, e outras axudas e subvencións.



         TIPO DE ACTUACIÓN                2003    2004     2005    2006     2007    2008      2009   2010

    CONVENIO DE COLABORACIÓN                4       1        3       8       1          1      8      6
     CONTRATOS INVESTIGACIÓN               46       31      60      38       50         35     19     32
  INFORMES TECNICOS E ASESORIAS             8       27      39      37       60         70     85     66
       AXUDAS E SUBVENCIÓNS                                          2       3          5
                TOTAL                      58       59     102      85      114         111   112    104
A evolución do número de Contratos e Convenios de Investigación da Universidade da Coruña xestionados
por a Fundación no ano 2010 rompe a tendencia ascendente dos últimos años pero sen ser dunha forma
significativa, deixando constancia da confianza que os investigadores da Universidade teñen na xestión
económica e administrativa ofertada por a nosa entidade.


En canto o tipo de actuación, segue predominando a Xestión de Asistencias Técnicas e consultarías con
empresas sobre os Contratos de Investigación, e as Areas Técnicas seguen sendo as que maiores contratos
realizan fronte as Áreas do xurídico-social.
IMPORTE CONTRATADO POR DEPARTAMENTO
(Con maior importe de contratación)
Durante este ano apoiando á Fundación como institución, asináronse Convenios Marcos e Convenios de
colaboración en Actividades de Interese Xeral, a través dos cales favorecese as relacións UNIVERSIDADE-
EMPRESA. As entidades que optaron por este tipo de cooperación son:


   •   C+F GESTIÓN e ADMINISTRACIÓN DE SERVICIOS S.C.
   •   RED ARAÑA
   •   CENTRO TECNOLÓGICO DE SEAT S.A.
   •   INDITEX.
   •   ESCOLA UNIVERSITARIA DE ARQUITECTURA TÉCNICA.
   •   AMBIENTIS INGENIERÍA AMBIENTAL S.L.U.


   •    PARTICIPACIÓN EN REDES:


       A Fundación está integrada en redes e asociacións coa finalidade de establecer colaboración e
       sumar esforzos para ampliar o seu ámbito de actuación e consecución de obxectivos xerais comúns
       os membros das distintas redes.


           •   Red Española de Fundacións Universidad Empresa (Redfues).
           •   Asociación Española de Fundacións con especial participación no Grupo Sectorial de
               Fundaciones Universitarias.
           •   Red Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas.
           •   Global University Network for Innovation
•    AXUDAS E APORTACIÓNS Á UDC:




ANO 2000                                      DOAZONS UDC   COMISIONS


EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO                   1.803,04 €
EXPOSICION 10 ANOS UDC                        41.748,64 €
POSTA EN MARCHA CLUBE DE NEGOCIOS UDC         2.643,25 €


TOTAL                                         46.194,93 €


ANO 2001                                      DOAZONS UDC   COMISIONS


EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO                   2.404,05 €
UNIVERSIDADE SENIOR                           3.005,06 €
CLUBE DE NEGOCIOS UDC                         1.539,55 €
EQUIPOS INFORMÁTICOS REDE ALTA CAPACIDADE     17.429,14 €
COMISION UDC MASTER-PROXECTOS INVESTIGACIÓN
PAGO ANOS 1998,1999,2000                                    144.168,00 €


TOTAL                                         24.377,80 €   144.168,00 €


ANO 2002                                      DOAZONS UDC   COMISIONS
EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO          2.404,05 €
UNIVERSIDADE SENIOR                  3.005,06 €
AXUDA PUBLICIDADE CURSOS POSTGRAOS   13.865,00 €
COMISION CURSOS POSTGRAO                           52.850,84 €
COMISION PROXECTOS INVESTIGACIÓN                   47.210,21 €


TOTAL                                19.274,11 €   100.061.05 €


ANO 2003                             DOAZONS UDC   COMISIONS


EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO          2.404,05 €
UNIVERSIDADE SENIOR                  3.005,06 €
AXUDA PUBLICIDADE CURSOS POSTGRAOS   14.834,15 €
COMISION PROXECTOS INVESTIGACION                   3.616,21 €
COMISION CURSOS POSTGRAO                           162.404,51 €


TOTAL                                20.243,26 €   166.020,72 €


ANO 2004                             DOAZONS UDC   COMISIONS


SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO      2.404,05 €
UNIVERSIDADE SENIOR                  2.163,65 €
UNIVERSIDADE SENIOR                  3.000,00 €
AVIACION COMERCIAL                   15.000,00 €
BOLSAS PREDOCTORALES                 25.000,00 €
UNIVERSIDADE SENIOR                  3.005,06 €
PAGOS COMISION FORMACION                           78.494,84 €


TOTAL                                50.572,76 €   78.494,84 €


ANO 2005                             DOAZONS UDC   COMISIONS


SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO      2.405,05 €
UNIVERSIDADE SENIOR                  3.005,06 €
PUBLICACION MASTERS UDC              2.320,00 €
COMISION INVESTIGACION                             66.701,47 €
COMISION FORMACION                                 63.528,21 €


TOTAL                                7.730,11 €    130.229,68 €


ANO 2006                             DOAZONS UDC   COMISIONS
SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO                3.000,00 €
BOLSAS PREDOCTORALES                           25.000,00 €
AVIACION COMERCIAL                             18.000,00 €
PUBLICACION MASTERS UDC 2006                   12.320,00 €
COLABORACION XESTION EXTENSION UNIVERSITARIA   987,20 €
COMISION INVESTIGACION                                        68.054,04 €
COMISION FORMACION                                            73.500,00 €
TRASPASOS SALDOS XORNADAS                                     20.200,00 €


TOTAL                                          59.307,20 €    161.754,04 €


ANO 2007                                       DOAZONS UDC    COMISIONS


SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO                3.000,00 €
XESTION PAZO DE LONGORA                        39.661,00 €
XESTION PAZO DE LONGORA ANOS ANTERIOIS         144.520,22 €
COMISION INVESTIGACIÓN                                        40.365,23 €
COMISION FORMACION                                            44.894,77 €


TOTAL                                          187.181,22 €   85.260,00 €


ANO 2008                                       DOAZONS UDC    COMISIONS


XESTION PAZO DE LONGORA                        37.804,03 €
COMISION INVESTIGACIÓN                                        48.630,46 €
COMISION FORMACION                                            51.763,55 €


TOTAL                                          37.804,03 €    100.394,01 €


ANO 2009                                       DOAZONS UDC    COMISIONS


XESTION PAZO DE LONGORA                        40.929,13 €
COMISION INVESTIGACIÓN                                        58.724,97 €
COMISION FORMACION                                            54.777,78 €


TOTAL                                          40.929,13 €    113.502,75 €
ANO 2009                                       DOAZONS UDC    COMISIONS
ANO 2010                                       DOAZONS UDC    COMISIONS


XESTION PAZO DE LONGORA                        34.813,13 €
COMISION INVESTIGACIÓN                                        57.722,40 €
COMISION FORMACION                                            20.824,15 €
TOTAL                                                                34.813,13         78.546,55



TOTAIS 1997 - 2010                                                   528.425,51 €      1.058.370,59 €




A Unidade de Emprego e Formación é o órgano impulsor e xestor de cantas iniciativas se adoptan en materia
de emprego nesta Fundación e ten como obxectivo contribuír á inserción laboral dos universitarios e á
mellora da súa empregabilidade.


A Unidade de Emprego e Formación fomenta e xestiona anualmente programas de prácticas en empresas e
institucións, planes experimentais de emprego, programas integrais de inserción laboral, proporciona aos
alumnos formación para o emprego, desenvolve políticas activas de intermediación laboral entre ofertas e
demandas de emprego e realiza o seguimento da inserción laboral dous seus bolseiros.




    1. PROGRAMAS DE PRÁCTICAS FUAC


A Fundación Universidade da Coruña facilita o primeiro contacto dos mozos co ámbito laboral a través dos
programas de prácticas para estudantes e titulados universitarios.


As empresas desempeñan un labor imprescindible na formación dos universitarios, complementando a
posta en práctica dos coñecementos que se adquiren na Universidade e facilitando a adquisición de
competencias profesionais.


A realización e a vivencia dunha experiencia práctica proporcionan unha visión completa do quefacer diario
das actividades da empresa e permiten enfrontarse con éxito a situacións reais de esixencia profesional. Así
mesmo, o coñecemento da actividade dunha organización proporciona unha mellor adaptación ao posto de
traballo e unha eficiente capacidade de resolución de problemas, fundamentadas na experiencia.
Os Programas de Prácticas en empresas son unha ferramenta axeitada e eficaz para a captación, formación e
adecuación ao posto de traballo do futuro profesional. Os universitarios realizan prácticas en empresas,
institucións ou entidades, durante un período determinado, co fin de mellorar as súas aptitudes e
competencias individuais, así como para facilitar a súa inserción no mercado laboral.


Co obxectivo de continuar ampliando as canles de relación dos universitarios coas empresas e facilitar o seu
encontro, a Unidade de Emprego e Formación puxo en marcha o portal de emprego da FUAC, EMPLEA
(http://www.fundacion.udc.es/emplea/). O seu obxectivo é captar máis ofertas das empresas utilizando as
novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Mediante EMPLEA as empresas poden publicar
directamente as ofertas de emprego e prácticas e os universitarios poden presentar a súa candidatura a esas
ofertas.


Os estudos de seguimento de inserción laboral de titulados universitarios corroboran que as prácticas de
empresas son un dos medios máis eficaces para a consecución do primeiro emprego dos titulados
universitarios.


A evolución dende o ano 98 do número de universitarios que participaron nos Programas de Prácticas da
FUAC, así como do número de empresas colaboradoras que participaron nos devanditos programas,
recóllese nos dous gráficos seguintes:


    •      Nº DE BOLSEIROS PARTICIPANTES
•   Nº DE EMPRESAS COLABORADORAS




A evolución experimentada, desde o punto de vista económico, recollese nos seguintes gráficos:


   •   VOLUME DE XESTIÓN
•   VOLUME DE COMISIÓN




•   VOLUME DE XESTIÓN SEGUNDO TIPO DE PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO 2010




•   VOLUME DE COMISIÓN SEGUNDO TIPO DE PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO 2010
•   CLASIFICACIÓN SEGUNDO O TIPO DE UNIVERSITARIO




•   CLASIFICACIÓN SEGUNDO O SEXO




•   CLASIFICACIÓN SEGUNDO A ÁREA DE COÑECEMENTO
•   AS 15 TITULACIÓNS MAIS DEMANDADAS




    1.1.PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE VERÁN TEMPUS


Durante o ano 2008, ante a demanda dos estudantes universitarios, deseñouse e púxose en marcha un novo
Programa de Prácticas, o programa TEMPUS. Este programa ten a característica de que está só vixente
durante os meses de verán e que está dirixido única e exclusivamente a estudantes universitarios. Os datos
de participación foron:
2. PROGRAMAS E PROXECTOS DE EMPREGO


    2.1.PROGRAMA UNINSERTA +:Emprega


Mediante este programa e nunha segunda fase, desenvolveuse, entre os sistemas de información da
Fundación Universidade da Coruña, un produto informático en idioma galego para o uso dos universitarios
empresas galegas. Tratábase de dar resposta á necesidade de poñer en contacto aqueles mozos
universitarios galegos, que demandan experiencia no mercado laboral, coas empresas que demandan novos
talentos para o desenvolvemento de novos proxectos.


Datas de Celebración: Do 1 de setembro de 2010 a 31 de decembro de 2010. Duración: 4 meses.
Financiamento: Consellería de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Beneficiarios: Estudantes e recentemente titulados da Universidade dá Coruña (aprox. 25.000), ademais de
estudantes e titulados doutras universidades galegas con residencia na Coruña (2.000).


ACCIÓNS REALIZADAS: Deseño e desenvolvemento do produto informático UNINSERTA +: EMPREGA. Portal
Web de mozos e empresas galegas para a mellora da inserción laboral dos mozos universitarios galegos.
http://www.fundacion.udc.es/emplea/


    2.2.AULA UNIVERSITARIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


V edición do programa mixto de formación indoor e outdoor para estudantes de últimos cursos de carreira
ou titulados universitarios en situación de desemprego, cuxa finalidade é facilitarlles as ferramentas para a
mellora da súa empregabilidade, dende o punto de vista do deseño e execución de programas de promoción
económica na Provincia da Coruña. O seu obxectivo céntrase en fomentar a empregabilidade dos
participantes como potenciais técnicos de Entidades do terceiro sector, facilitar o emprendimento dende
Entidades non lucrativas, elaborar programas de inserción sociolaboral, elaborar itinerarios personalizados
de aprendizaxe, vincular á comunidade universitaria cos programas de desenvolvemento económico e
difundir o concepto de EMPRENDEDOR SOCIAL.


Datas de Celebración: Do 25 de febreiro a 15 de maio de 2010. Duración: 100h. Financiamento: Deputación
da Coruña. Beneficiarios: 25 universitarios, estudantes e titulados, en situación de desemprego e ocupados.


ACCIONS REALIZADAS:
♦ 5 talleres formativos: Taller 1. Mercado de traballo, emprendimento e promoción económica. Taller
        2. Deseño, avaliación e xustificación de proxectos. Taller 3. Organismos de promoción económica.
        Taller 4. Boas prácticas e desenvolvemento de proxectos. Taller 5. Grupos de traballo, proxectos e
        convocatorias.
   ♦ Xornada de traballo para conformar os grupos, identificar os proxectos de promoción económica
        promovidos polos alumnos e seleccionar as convocatorias de financiamento máis axeitadas.
   ♦ Tutorización de proxectos: 1 acción de tutorización grupal de 4 horas de duración e 4 accións
        individuais de tutorización de 2 horas cada unha. Así mesmo realizouse o acompañamento á
        presentación de diferentes convocatorias, baixo a firma dun protocolo de coaching.


    2.3.PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO USO DAS TIC NA BUSCA DE EMPREGO


Mediante este programa preténdese impulsar a realización de actuacións de difusión e formación
relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na
Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o
Plan Avanza para o exercicio 2010, dirixidas á mellora da empregabilidade dos universitarios da UDC. O seu
obxectivo consiste en que os universitarios se familiaricen coas particularidades das TIC de cara á busca de
emprego, sobre todo no que se refire ás de base tecnolóxica e cun compoñente importante de investigación,
de tal maneira que así poidan mellorar os seus itinerarios persoalizados de inserción laboral.


Datas de Celebración: De 1 al 26 de novembro de 2010. Duración: 1 mes. Financiamento: Consellería de
Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Plan Avanza do
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Beneficiarios: 152 titulados universitarios maioritariamente
en situación de desemprego.


ACCIONS REALIZADAS: 8 acciones formativas de 25 horas de duración cada unha, en quendas de mañá e
tarde. PROGRAMA: Módulo 1. Informática libre, para unha sociedade libre. Módulo 2. Internet para a busca
activa de emprego. Módulo 3. O Videocurrículum. Módulo 4. As redes sociais para o emprego. Módulo 5.
Blogs profesionais.


    2.4.FACILITADOR FINANCEIRO


Neste programa pretendese mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade dos emprendedores e
emprendedoras inmigrantes e retornados da Comunidade Autónoma de Galicia a través dunha metodoloxía
de intervención integral baseada na promoción do autoemprego, a economía social e as microfinanzas,
mellorando deste modo a súa empregabilidade e mobilidade social.


O Facilitador Financeiro é un canal posto en marcha pola FUAC para impulsar o acceso dos autónomos e
pequenas e medianas empresas ao financiamento. O obxectivo do canal do Facilitador Financeiro é por a
disposición de autónomos e pemes unha vía de comunicación directa coas Administracións e Organismos
para solicitar financiamento. O Facilitador Financeiro Social ten como obxectivo estratéxico facilitar recursos
e ferramentas de axuda ós colectivos máis vulnerables, en risco de exclusión social, a través das
microfinanzas e as fórmulas de economía social..


Datas de Celebración: Do 29 de outubro ao 29 de novembro de 2010. Duración: 1 mes. Financiamento:
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Beneficiarios: 40


ACCIONS REALIZADAS:
    ♦ Programa de Difusión e captación de beneficiarios: campaña de información, difusión e captación
        de beneficiarios do programa, seguindo varias vías: prensa, mailing, telefonicamente, webs e redes
        sociais.
    ♦ Xornada de difusión e información do programa: Xornada de 2 horas: Benvida; Presentación do
        proxecto “Facilitador Financeiro”; Entorno empresarial, xeración, maduración e avaliación de ideas
        empresariais; Experiencias de éxito de emprendementos promovidos pola comunidade inmigrante e
        retornada; Test de análise do perfil emprendedor; Entrega do procedemento de incorporación á fase
        de entrevistas individuais; Despedida.,
    ♦ Entrevistas de motivación emprendedora e diagnose do perfil emprendedor: 30 entrevistas de 2
        horas, na que se analiza a idea empresarial, presentouse o servizo de asesoramento, fíxose unha
        proposta de itinerario persoalizado de inserción e a diagnose do perfil emprendedor, valoración de
        presentación de microcrédito.
    ♦ Titorización de proxectos de microempresa: Titorizáronse 4 proxectos cunha duración de 20 horas
        cada unha, coa seguinte estrutura: Sesións 1 e 2. Análise da viabilidade técnica do proxecto. Sesión
        3 e 4. Análise da viabilidade comercial do proxecto. Sesións 5 e 6. Análise da viabilidade económica
        do proxecto. Sesións 7 e 8. Análise da viabilidade financeira do proxecto. Sesións 9 e 10. Análise da
        viabilidade social do proxecto.


    2.5.HABILIDADES DIXITAIS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DA MULLER.
O obxectivo principal do programa é cualificar ás mulleres, con formación universitaria e paradas de longa
duración, nas habilidades dixitais que poidan precisar para desenvolverse axeitadamente ao longo do seu
proceso de procura de emprego.


O programa pretende achegar ferramentas web 2.0 para mellorar a empregabilidade dos universitarias
galegas e a súa busca de emprego en internet. O seu obxectivo é preparalas fronte a unha das principais
tendencias en materia de emprego, como é a creación da súa imaxe persoal na rede, o uso das redes sociais
ou os propios videocurrículums persoais.


Datas de Celebración: Do 18 de novembro ao 14 de decembro de 2010. Duración: 80 horas. Financiamento:
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Secretaría Xeral da Igualdade da
Presidencia da Xunta de Galicia, e o Fondo Social Europeo do Programa Operativo FSE-Galicia 2007-2013.
Beneficiarios: 20 alumnas maiormente universitarias en situación de desemprego.


ACCIÓNS FORMATIVAS: Acción Formativa: Módulo 1. "O software libre". Módulo 2. Internet para a busca
activa de emprego. Módulo 3. Portais de emprego. Módulo 4. O videocurrículum. Módulo 5. As redes sociais
para o emprego. Módulo 6. Blogs profesionais. Módulo 7. Políticas de Igualdade


   2.6.TIC TAC EMPREGO


O obxectivo deste programa foi preparar aos mozos/as universitarios/as fronte a unha das principais
tendencias en materia de emprego, como é a creación da súa imaxe persoal na rede, o uso das redes sociais
ou os propios videocurrículums persoais, saber manexar as ferramentas web 2.0 para acadar unha busca de
emprego adaptada a súa formación, e a adquisición do coñecemento de cómo as TIC poden mellorar os
itinerarios personalizados de procura de emprego dos universitarios.


Datas de Celebración: Do 15 ao 21 de decembro de 2010. Duración: 25 horas. Financiamento: Concellaría
de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Beneficiarios: 20 alumnos
maiormente universitarias en situación de desemprego.


ACCIÓNS FORMATIVAS: Acción Formativa: Módulo 1. Recursos web institucionais para a procura activa de
emprego. Módulo 2. O videocurrículum. Módulo 3. Portais de emprego. Módulo 4. As redes sociais para o
emprego. Módulo 5. Blogs profesionais
2.7.TRABALLO EN REDE E ESPECIALIZACIÓN EN POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO DESDE UNHA
       PERSPECTIVA LOCAL


Mediante este proxecto facilítase os coñecementos específicos relacionados cos conceptos de traballo en
rede e políticas activas de emprego. Intercambiáronse experiencias de traballo en rede para avaliar a
posibilidade de transferencia aos programas operativos en execución.


Datas de Celebración: 10 e 11 de xuño de 2010. Duración: 10 horas. Financiamento: Concello da Coruña.
Beneficiarios: 14 técnicos de emprego do concello da Coruña.


ACCIÓNS FORMATIVAS: Sesión 1: Contextualización sobre a implementación das chamadas políticas activas
de emprego; Introdución á evolución histórica do concepto de rede; Tipoloxías de rede; Axentes de soporte
e axentes de atención ao cliente; Deseño de partenariados; Caso práctico. Sesión 2: Indicadores para a
avaliación do traballo en rede; Indicadores 1.0; Indicadores 2.0; Exemplos de boas prácticas no
desenvolvemento de proxectos en rede; Caso práctico


   3. PROGRAMAS DE AUTOEMPREGO


O fomento da cultura emprendedora dentro da comunidade universitaria forma parte dunha das
importantes liñas de actuación da FUAC. Un dos nosos obxectivos é conseguir que os universitarios
consideren o Autoemprego como unha vía real de inserción laboral. Para o cumprimento deste obxectivo
desenvolvemos un conxunto de accións formativas encamiñadas a cubrir as necesidades de novos proxectos
empresariais. As distintas alternativas postas a disposición dos emprendedores constitúen un variado
programa de formación, xa que dentro de practicamente a totalidade dos programas desenvolvidos pola
unidade intégrase un módulo de creación de empresas.


Ademais durante o ano 2010, en colaboración co IGAPE e co BIC GALICIA, tal e como se ven facendo
anualmente, realizáronse dúas accións formativas:


   3.1.SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA


Enfocados a persoas con inquietudes empresariais, esta acción de difusión e sensibilización pretende dar a
coñecer, a través de experiencias reais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo
pode desenvolver un proxecto empresarial. Ademais de informar sobre o proceso de transformación dunha
idea en empresa, dende que xorde o espírito emprendedor ata a súa concreción nun plan de empresa. Anos
2000-2010 (11 Seminarios)


Datas de Celebración: 3 de marzo de 2010. Duración: 6 horas. Financiamento: Bic Galicia e Fundación
Universidade da Coruña. Beneficiarios: 15 universitarios/as.


    3.2.SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS


Trátase dunha ferramenta de formación mixta que ten como obxectivo que os asistentes poidan crear,
analizar e rentabilizar unha idea empresarial. Para iso é necesario: Xerar ideas; Madurar ideas para
convertelas en ideas empresariais; Realizar unha primeira aproximación á viabilidade económica do proxecto
e do seu potencial como proxecto de empresa. Anos 2000-2010 (12 seminarios)


Datas de Celebración: Do 8 ao 22 de marzo de 2010. Duración: 15 horas. Financiamento: Bic Galicia e
Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 13 universitarios/as.


    3.3.SEMINARIOS PARA A CREACIÓN DE NOVOS PROXECTOS DE EMPRESA


Estes seminarios permiten analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, analizando varias áreas
que faciliten a posterior elaboración do plan de empresa. Para iso é necesario: Coñecer os conceptos básicos
necesarios para a elaboración do Plan de Negocio; Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa e Contrastar a
viabilidade económica financeira do proxecto empresarial. Anos 2000-2010 (12 Seminarios)


Datas de Celebración: Do 19 de abril ao 21 de maio de 2010. Duración: 50 horas. Financiamento: Bic Galicia
e Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 14 universitarios/as.


    4. FORMACIÓN


    4.1.CURSO DE INGLÉS FINANCEIRO


Curso incluído dentro da programación de cursos AFD 2010 (accións formativas para traballadores
desempregados) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da
Xunta de Galicia, dirixido a persoas con titulación media ou superior, demandantes de emprego inscritas no
Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo deste curso é desenvolver as competencias orais e escritas
do idioma inglés nun nivel medio, para facilitar a comunicación, información e atención aos clientes ou
terceiros estranxeiros.


Datas de Celebración: De 27 de xullo a 14 de setembro de 2010. Duración: 180h. Financiamento: Dirección
Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social
Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación universitaria, inscritas
como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.


ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 180 horas de duración, en horario de 9:00 a 14:00h.
PROGRAMA: Módulo 1. Atención ao cliente. Módulo 2. Presentación de produtos e servizos. Módulo 3.
Presentación de feitos e cifras. Módulo 4. Necesidades e obxectivos da empresa en materia financeira.
Módulo 5. Formación para a Igualdade (módulo transversal). Módulo 6. Creación de Empresas (módulo
transversal).


    4.2.CURSO DE EXPERTO EN XESTIÓN DE SALARIOS E SEGUROS SOCIAIS


Curso incluído dentro da programación de cursos AFD 2010 (accións formativas para traballadores
desempregados) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da
Xunta de Galicia, dirixido a persoas con titulación media ou superior, demandantes de emprego inscritas no
Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo desde curso foi capacitar aos alumnos para xestionar a área
laboral da empresa. O alumno formouse nos distintos tipos de contratación existentes, confección do recibo
de salarios, a liquidación das cotas á Seguridade Social, contabilización dos custos producidos polos
conceptos anteriores, así como as retencións e impostos inherentes á área, facendo especial incidencia no
tratamento telemático dos datos na súa relación coas Administracións.


Datas de Celebración: De 10 de agosto a 12 de novembro de 2010. Duración: 330h. Financiamento:
Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o
Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación
universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.


ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 330 horas de duración, en horario de 9:00 a 14:00h.
PROGRAMA: Módulo 1. Lexislación Laboral e Seguridade Social. Módulo 2. Recibo de Salarios: Estrutura e
Cálculo. Módulo 3. Liquidación de Cotas á Seguridade Social. Módulo 4. Retencións e Ingresos a conta do
I.R.P.F.. Módulo 5. Prestacións de Seguridade Social. Módulo 6: Aplicación de custos na pequena e mediana
empresa. Módulo 7: Formación para a Igualdade (módulo transversal). Módulo 8. Creación de Empresas
(módulo transversal).


    4.3.FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO EN ORIENTACIÓN OCUPACIONAL


Acción formativa experimental e complementaria das especialidades do ficheiro do Servizo Público de
Emprego Estatal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo
Público de Emprego Galego. O obxectivo deste curso de posgrao é formar técnic@s especializad@s na
orientación ocupacional que permita mellorar as posibilidades de inserción laboral dos demandantes de
emprego, fomentar a cultura emprendedora nos demandantes de emprego como alternativa de inserción
sociolaboral e adquirir os coñecementos necesarios para que poidan facilitar a inserción laboral d@s
usuarios outorgándolles un perfil profesional demandado na sociedade laboral actual.


Datas de Celebración: De 22 de setembro a 21 de outubro de 2010. Duración: 160h. Financiamento:
Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o
Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación
universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.


ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 160 horas de duración, modalidade mixta, 100 horas
presenciais e 60 de teleformación. PROGRAMA de 6 obradoiros de 25 horas cada un, e un modulo de
igualdade de 10 horas: Obradoiro 1: Planifica a túa traxectoria Profesional ¿Emprego ou Autoemprego?.
Obradoiro 2: Como buscar emprego: CV e Carta de Presentación. Obradoiro 3. Entrevistas de Traballo:
Preparación e Desenvolvemento. Obradoiro 4. O Plan de Empresa. Obradoiro 5. Cómo crear unha empresa
paso a paso. Obradoiro 6. Axudas e Subvencións. Módulo de Igualdade de Oportunidades


    4.4.FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO EN HABILIDADES DIRECTIVAS


Trátase dunha acción formativa experimental e complementaria das especialidades do ficheiro do Servizo
Público de Emprego Estatal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas no
Servizo Público de Emprego Galego. Mediante este curso preténdese formar aos participantes nunha serie
de técnicas e habilidades que lles permita mellorar a súa forma de actuación e integración nun grupo de
traballo, e obter así unha mellora da empregabilidade mediante a potenciación das habilidades interpersoais
propias da intelixencia emocional que tanto están a valorar as empresas actuais.
Datas de Celebración: De 22 de setembro a 26 de outubro de 2010. Duración: 160h. Financiamento:
Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o
Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación
universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.


ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 160 horas de duración, modalidade mixta, 100 horas
presenciais e 60 de teleformación. PROGRAMA: Módulo 1. Creación e selección de equipos. Organización e
distribución de roles. Módulo 2. Comunicación interpersoal. Módulo 3. Motivación. Módulo 4. Liderado
baixo presión. Módulo 5. Capacidade de delegación de funcións. Módulo 6. Análise de problemas e toma de
decisións. Módulo 7. Desenvolvemento creativo. Módulo 8. Xestión de recursos. Módulo 9. Estratexias de
negociación. Módulo 10. Planificación e execución de proxectos. Módulo de formación para a igualdade.
Módulo Outdoor Training.




A Fundación Universidade da Coruña leva a cabo diferentes proxectos de carácter propio que na súa
condición de Unidade de Interface realiza no ámbito de Fomento da Innovación e que ten lugar na
dimensión rexional, estatal e internacional.


As tarefas realizadas no marco destes proxectos supón a posta en marcha de mecanismos activos de
información e comunicación, que permitan conseguir unha maior presenza da Universidade da Coruña na
sociedade, así como un maior impacto entre os ámbitos científico, tecnolóxico e produtivo. Neste sentido a
Fundación Universidade da Coruña non pode limitarse á mera xestión e administración burocrática das
actividades que xorden espontaneamente da relación entre a universidade e as empresas, senón que debe
adoptar unha actitude proactiva, de procura de novas oportunidades para os equipos universitarios de
traballo sistemático coas empresas e institucións.


A efectos do presente informe establécese unha clasificación da tipoloxía dos proxectos xestionados e
executados pola área de Fomento da Innovación da Fundación Universidade da Coruña, en función do
ámbito xeográfico de actuación, en dúas categorías: rexionais e estatais e de cooperación internacional.
PROXECTOS EN EXECUCIÓN


1. COOPERACIÓN INTERNACIONAL


Título do proxecto: REDE TRANSREXIONAL UNIVERSIDADE-EMPRESA PARA A ORGANIZACIÓN DO
MERCADO DA INNOVACIÓN E O COÑECEMENTO NO SUDOE


       Acrónimo: REDOMIC
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Socio principal: Fundación Universidade da Coruña, (ES),
       Outros socios:
               •   Fundación LABEIN (ES)
               •   EUROCEI. Centro Europeo De Empresas e Innovación, S.A. (ES),
               •   SODERCAN S.A.,Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria S.A. (ES),
               •   Fundación General de la Universidad de Salamanca (ES),
               •   Instituto de Soldadura e Qualidade (PT)
               •   UBI, Universidade Da Beira Interior (PT)
               •   APESA, Association pour l'Environnement et la Sécurité en Aquitaine (FR)
       Data inicio-fin: 24 meses (01/03/2009 – 28/02/2012)
O consorcio do proxecto REDOMIC está constituído por organismos de interface que se dotan de
instrumentos de organización de mercado, para operar como rede de carácter transrexional, visible e
estable. As accións de organización do mercado entre Universidade e Empresa do proxecto REDOMIC
estrutúranse por medio da definición dunha oferta e unha demanda, xunto coa actuación do promotor de
relacións.
A formulación do proxecto REDOMIC consiste en establecer as vías polas que a oferta se achegue á demanda
e chéguese a contar cun mercado organizado de carácter transrexional no SUDOE, de modo que se contribúa
á promoción da innovación e á economía do coñecemento nas rexións participantes.

O obxectivo final da rede de institucións que opera no proxecto REDOMIC é promover a innovación e a
economía do coñecemento en rexións SUDOE por medio da introdución de elementos de organización de
mercado entre Universidade e Empresa.

Actividades realizadas no ano 2010:

Grupo de tarefas 1: Coordinación e xestión do proxecto
1.- Coordinación con socios
        -A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu a 3ª reunión de coordinación. Lisboa, 25 e
        26 /01/2010.
        - A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu a 4ª reunión de coordinación. Salamanca,
        31/04 e 1 /05/2010.
        - A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu, a 5ª reunión de coordinación. Santander,
        25 e 26 /10/2010.
2.- Coordinación e xestión coa Autoridade de Xestión- realización de informes de actividade
Grupo de tarefas 3: Organización do mercado
3.1.Acción de formación de promotores de relacións. A Fundación Universidade da Coruña participou e
dirixiu dita acción de formación que se celebrou en Lisboa os días 26,27,28 e 29/01/2010.
Grupo de tarefas 4: Intercambio de experiencias
4.2. Seminarios transrexionais para a profundización no coñecemento mutuo entre a Universidade e a
Empresa
        - Participación no seminario de intercambio franco español sobre Eco innovación organizado por o
        socio 8 (APESA) en Pau (Francia) 7/04/2010
        - Participación seminario de intercambio transrexional sobre Enerxía fotovoltaica organizado por el
        socio 4 (FGUSAL) en Salamanca, 2/06/2010
        - Organización del seminario de intercambio transrexional       sobre Telemedicina en A Coruña,
        30/11/2010.


Título do proxecto: “DISSEMINATION AND NETWORKS OF KNOWLEDGE IN ATLANTIC AREA”


       Acrónimo: KNETWORKS
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Socio principal: Presidência de Conselho de Ministros CEGER – Centro de Gestão da Rede
        Informática do Governo (PT)
       Outros socios:
               •   Presidência do Conselho de Ministros CNEL - Gabinete do Coordenador Nacional da
                   Estratégia de Lisboa e do Plano Tecnológico (PT),
               •   Fundación Universidade da Coruña (ES),
               •   Universidad de Cantabria Dpto. de Transportes y Tecnología de Proyectos y Procesos
                   (ES),
               •   Universidade de Toulouse Le Mirail (FR)
•   Cardiff University (UK)
                 •   Oxford Internet Institute (UK)
       Data inicio-fin: 24 meses (01/01/2010 – 31/12/2012)
Obxectivo xeral: O proxecto Knetworks, aspira a crear unha rede sostíbel de intercambio e difusión do
coñecemento no espazo ATLANTICO, a fin de promover o intercambio de boas prácticas na aplicación de
estratexias para a Sociedade da Información e o Coñecemento.
Neste sentido, o proxecto pretende crear unha rede de excelencia permanente, baseada nas tecnoloxías da
información, a fin de impulsar o desenvolvemento das actividades do proxecto e a difusión dos resultados e
boas prácticas
Actividades realizadas no ano 2010:

        - A Fundación Universidade da Coruña participou na 1ª reunión de coordinación, Lisboa, 28/06/2010.
        - A Fundación Universidade da Coruña participou na 2ª reunión de coordinación, Cardiff,
        18/10/2010.
        - A Fundación Universidade da Coruña participou no seminario Internacional organizado no marco
        do proxecto ”Towards the knowledge society” celebrado en Lisboa o 29/06/2010.
        - A Fundación Universidade da Coruña participou no seminario Internacional organizado no marco
        do proxecto ”Advanced Knowledge Networks Beyond the Atlantic Area” celebrado en Cardiff,
        19/10/2010


Título do proxecto: “APOIO INTEGRAL A ACTORES CLAVE DO SISTEMA DOMINICANO DE INNOVACIÓN
PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DA REPÚBLICA DOMINICANA BASEADO NA ECONOMÍA DO
COÑECEMENTO”


       Acrónimo: SINNDOTEC
       Entidade financiadora: Xunta de Galicia
       Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña
       Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña
       Data inicio-fin: 1 xuño 2010 – 31 novembro 2011


O obxectivo xeral do proxecto é promover a innovación e a economía do coñecemento para o
desenvolvemento da República Dominicana, de xeito que acade maiores cotas de prosperidade económica e
benestar social en base as actividades de I+D+i.
Este novo proxecto senta as súas bases nas entrevistas e reunións mantidas ao longo do ano 2009, as
distintas accións realizadas e a documentación facilitada directamente pola propia SEESCyT. Deste xeito,
téñense identificadas as demandas fundamentais da Administración dominicana e axentes do sistema
nacional de innovación, que son as que se abordan na realización do presente proxecto, a saber:


   •   Colaboración Universidade-Empresa. A SEESCyT, xunto con outros organismos da administración
       dominicana mantén o seu interese en propiciar marcos de traballo conxuntos entre as universidades
       e as empresas do país. Nesta liña, consciente da experiencia da FUAC, solicita apoio e asesoramento
       en tal materia.
   •   Revisión de programas e accións do PECYT+I 2008-2018. Preparación e elaboración do Censo de
       Investigadores e Censo de Centros de Investigación e Enquisas de I+D e innovación a empresas.
       Elaboración de indicadores de carácter científico-técnico.
   •   Avaliación de proxectos de grupos de investigación dominicanos presentados a FONDOCYT, por
       parte de científicos e tecnólogos de universidades, OPIs de Galicia, e participación activa de
       investigadores e tecnólogos galegos en tales proxectos. Promoción de proxectos colaborativos
       susceptibles de ser presentados a convocatorias de programas internacionais.
   •   Visitas de estudio de investigadores dominicanos a instalacións científicas de Galicia. A SEESCyT está
       gratamente impresionada co nivel das infraestruturas científicas e tecnolóxicas de Galicia, coñecidas
       dende as visitas realizadas en INPOLTEC, e desexa enviar os seus investigadores para que realicen
       estanzas de estudio.
   •   Proxectos de cooperación de ámbito transrexional con América Central e o Caribe. A SEESCyT está
       interesada en abrirse á cooperación científica e tecnolóxica cos países do seu ámbito.
   •   Contribuír á mellora da competitividade das Empresas de RD por medio da formación do seu persoal
       en ferramentas de xestión e innovación empresarial.


Título do proxecto: ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS PROGRAMME


      Acrónimo: M4E
      Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
      Socio principal: INOVAMAIS (PT)
      Outros socios: Fundación Universidade da Coruña (ES)
      Data inicio-fin: 18 marzo 2009- 18 setembro 2010
O obxectivo xeral do proxecto é axudar aos novos emprendedores a adquirir as cualificacións necesarias
para a xestión dunha pequena ou mediana empresa (PEME) pasando un tempo nunha empresa en outro
país da UE. Contribúe a mellorar os seus coñecementos e fomenta as transferencias de coñecementos e
experiencias entre empresarios.


Difusión realizada:
       A Fundación Universidade da Coruña organizou unha Xornada de presentación do programa
        ERASMUS en Galicia. A Coruña 30/04/2009.
       Na xornada -"Las Ecoempresas y su proyección de futuro"
       Na xornada: -“Preparación de actuaciones y proyectos para financiarse por distintas
        administraciones en especial con Fondos Comunitarios”
       Promoción do Programa na Website FUAC: www.fundacion.udc.es
        http://www.fundacion.udc.es/fuac.asp?sid=25&cid=276
    •   Promoción do programa Website UDC: www.udc.es. Publicada Nota de prensa 06/10/2009.
    •   Promoción do Programa noutras websites
            o Fundación Galicia Europa:
                http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=23&idTema=29&idNotic
                ia=1097
            o Galicia Pemes - http://www.galiciapms.eu/no_cache/es/noticias/detalle/article/a-comision-
                europea-pon-en-marcha-o-novo-programa-erasmus-para-mozos-
                emprendedores.html?cHash=eb675df6d3&tx_ttnews%5BbackPid%5D=36
            o Emprender Galicia - http://www.emprendergalicia.com/node/116
            o CEC - Confederación de Empresarios de A Coruña
               http://www.cec.es/WebDefault.aspx?MenuInd=2&MenuId=51&mid=334&Lng =es-
        ES&tl=0&ItemId=1362
            o Caype - http://boletin.caype.es/index.php?op=noticia&id=408
            o Integra Consultoría, S.L. - http://www.integra.org.es
            o Red Fue, Red de Fundaciones Universidad-Empresa de España
               http://www.redfue.es/noticia.php?id=0000018&PHPSESSID=5a24a55412dc2 eb7afd618
            o Nanogal
                http://www.nanogal.org/nanogal2/index.php?view=article&catid=41%3Aaxudas&id=117%3
                Acampana-divulgativa-programa-erasmus-para-jovenes-emprendedores-io-
                fuac&option=com_content&Itemid=50
            o FCEER - http://www.fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=505
            o GALPÓN - http://www.ogalpon.com/?q=aggregator/categories/1&page=8
            o Rede Amiga UDC.
http://redeamigaudc.wordpress.com/2009/11/18/programa-erasmus-para-xovenes-
              emprendedores/
           o Facebook
           o Twitter


Obxetivos conqueridos
   •   Emprendedores mobilizados -3
   •   Emprendedores acollidos en empresas de Galicia - 1


Empresas e emprendedores inscritos:




Título do proxecto: PROGRAMA DISNEY-TC3


      Entidades responsables: UDC, Tompkins Cortland Community College- Universidad de Nueva York e
       Walt Disney World (WDW)
      Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña
Este programa de formación, de 6 meses de duración, e unha iniciativa de Tompkins Cortland Community
College, Universidad de Nueva York, que combina actividades académicas con prácticas de traballo no
parque temático en Walt Disney World (WDW) de Florida.
      Este programa é un curso de 15 créditos que inclúe prácticas profesionais pagadas en Walt Disney
       World (WDW) en Orlando, Florida.
      El programa está rexido e supervisado segundo as necesidades académicas de TC3.
      Durante as prácticas, o estudiantado debe completar tanto as obrigas do curso académico como o
       calendario de traballo en WDW.
      Os/as estudantes vivirán nunha residencia de WDW.
Alumnos da UDC que participaron no programa:




2. ÁMBITO REXIONAL E ESTATAL


Título do proxecto: “SERVICIOS DE DIAGNOSIS E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA A MELLORA DA
PRODUCTIVIDADE EN PYMES DOS SECTORES DE FABRICACIÓN DE PRODUCTOS METÁLICOS, MATERIAL E
EQUIPAMENTO ELECTRÓNICO, E BENS DE EQUIPO”


         Entidade financiadora: Ministerio de Industria
         Socio principal: Fundación Universidade da Coruña
         Outros socios:
         Data inicio-fin: 1 xaneiro 2010- 31 decembro 2010


O obxectivo xeral do proxecto centrase en dotar dun servizo tecnolóxico a un conxunto de pequenas e
medianas empresas, de carácter sectorial, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con necesidades e
demandas homólogas, mediante o desenvolvemento de plans empresariais de transferencia tecnolóxica en
pemes do sector de fabricación de Produtos Metálicos, Material e Equipamento Electrónico, e Bens de
Equipo.


Elaboración de 12 plans de transferencia de tecnoloxía:
    1.     Aluminios O Ponto                               2. Aluminios Fene
    3. Antonio Leira e Hijos                               4. Persianas Garcal
5. Meidelo                                         6. Forte Maruxía
    7. Industrias Bedoya Hermanos                      8. Bencal Aluminios
    9. Carpintería As Neves                            10. Invernaderos Trigo
    11. Talleres Maiztegui                             12. Carpintería de Aluminio Ral


Título do proxecto: “IDIPEMES: SISTEMAS DE XESTIÓN DA I+D+I NAS PEMES DE GALICIA”


      Entidade financiadora: Xunta de Galicia
      Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña
      Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña, FUAC (ES)
      Data inicio-fin: 1 setembro 2009 – 31 marzo 2011


O proxecto pretende acadar as seguintes metas:
      Crear un grupo de traballo conformado por pemes galegas innovadoras e pertencentes a sectores
       económicos estratéxicos en Galicia, que se involucren de forma activa nos traballos.
      Dotar as organizacións dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e
       eficientes no desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados
       dos seus proxectos innovadores.
      Fomentar o intercambio de experiencias entre as empresas participantes e promover a difusión de
       boas prácticas organizativas, de forma que o proxecto posúa un carácter demostrativo para todo o
       entramado empresarial galego.


O resultado principal do proxecto é, para cada unha das pemes participantes, a implantación dun Sistema de
Xestión de I+D+i que dea soporte ás súas actividades de I+D+i e que sirva de ferramenta de xestión e mellora
continua. Este Sistema de Xestión de I+D+i desenvolverase conforme a norma UNE 166002:2006 “Xestión da
I+D+i: Requisitos do Sistema de Xestión de I+D+i”, de forma que se apliquen criterios normalizados e
contrastados. Ademais e unha vez implantado o Sistema de Xestión, levará a cabo o proceso de certificación
por parte dunha Entidade Certificadora acreditada por ENAC para ter tamén o recoñecemento e contraste
por parte dunha entidade externa e independente.
Empresas en proceso de certificación:
BLUSENS TECHNOLOGY S.L.U.                                           DINAIN Diseño Naval e Industrial S.L.
AZTECA Consulting de Enxeñería S.L.                                 COMENZA
OTTO Ingeniería y medio Ambiente S.L.
Empresas que participaron nos talleres de certificación de I+D+i:
ARIAS HERMANOS CONSTRUCCIONES, S.A.                             GRUPO AMETS
ARQNOVA ARQUITECTOS, S.L.P.                                     IASESORA
ARQUISOLUX                                                      IGALIA, S.L.
AZTECA Consulting de Ingeniería, S.L.                           LABEL HEADWAY, S.L.
BLUSENS                                                         LAUDEMIO INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.L.
CIMARQ, S.L.                                                    MASTRAFO, S.L.
COMENZA, S.L.                                                   MICEA, S.L.
CONSULTING Y DESARROLLO BIOTECNOLÓGICO, S.L.                    NOMASYSTEMS, S.L.
DEVALAR Consultoría Europea, S.L.                               NORVENTO
DINAIN                                                          NUTER FEED, S.A.U.
DISEÑOS ELECTRONICOS E INFORMATICOS PRODIMAR, S.L.              PERI, S.A.U.
DYGRA FILMS, S.L.                                               PROCESADOS PESQUEROS, S.L.
ELECTROSHIPS GALICIA                                            PROYESTEGAL
ESMEDAGRO, S.L.                                                 QUERES TECNOLOGIAS, S.L.
FUNDACIÓN CHUAC                                                 STUDIO XXI PRODUCCIONES, S.L.
GALEGA DE ECONOMÍA SOCIAL                                       XORNAL DE GALICIA


Título do proxecto: OBSERVATORIO ESTRATÉXICO EN FERROL E COMARCA


        Entidade financiadora: Xunta de Galicia
        Entidade responsable: Fundación Ferrol Metropoli
        Entidades executoras: Fundación Universidade da Coruña
        Data inicio-fin: 1 xullo 2010 – 31 decembro 2010
O obxectivo xeral do proxecto foi contribuír á prosperidade económica e o benestar social de Ferrol e
Comarca, mediante a vixilancia do contorno tecno-económico e a suxestión de accións de mellora baseadas
na Innovación e a I+D.
EVOLUCIÓN PROXECTOS PROPIOS - INNOVACIÓN




FINANCIACIÓN OBTIDA
PROPOSTAS PRESENTADAS NO ANO 2010


1. COOPERACIÓN INTERNACIONAL


Título do proxecto: BASES PARA A CONSTRUCCIÓN DUN SISTEMA DE INNOVACIÓN TRANSREXIONAL NO
SUDOE, FUNDAMENTADO NA CREATIVIDADE PARA A INNOVACIÓN DAS EMPRESAS, CON APOIO DAS
UNIVERSIDADES, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E ENTORNO SOCIAL DAS REXIÓNS PARTICIPANTES


      Acrónimo: CREATINN
      Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
      Socio principal: Fundación Universidade da Coruña, FUAC (ES).
      Outros socios:
              Fundación LABEIN (ES)
              EUROCEI. Centro Europeo De Empresas e Innovación, S.A. (ES),
              SODERCAN S.A.,Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria S.A. (ES),
              Fundación General de la Universidad de Salamanca (ES),
              Fundación Paideia
              APESA, Association pour l'Environnement et la Sécurité en Aquitaine (FR)
              NERSANT – Associação Empresarial da Região de Santarém
              AGATE - Agence de développement économique du Tarn
      Data inicio-fin: xaneiro 2011- decembro 2012


O obxectivo xeral do proxecto CREATINN e contribuír a creación de riqueza mediante o lanzamento dun
instrumento de apoio sistemático a competitividade das Empresas en sectores estratéxicos das rexións
SUDOE participantes, sobre a base da creatividade e a innovación. Para elo, precisase a implicación de
Universidades, Organismos de Investigación e Centros Tecnolóxicos, Administracións Públicas e a Sociedade,
de modo que se poida chegar a constituir un sistema de innovación transrexional no SUDOE.


Título do proxecto: REDE DE INFRAESTRUCTURAS DE INVESTIGACIÓN


      Acrónimo: REINNET
      Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
      Socio principal: Universidad de Alcalá. Red de Laboratorios e Infraestructuras de Investigación de la
       Comunidad de Madrid. (Madrid)
   Outros socios:
               Fundación Universidade da Coruña (Galicia)
               LABEIN (País Vasco)
               CITAndalucía (Andalucía)
               CICECO. Universidad de Aveiro (Centro - Portugal)
               Universidad de Toulouse (Midi-Pyrenées - Francia)
       Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012


Con REINNET buscase dar resposta as necesidades dos investigadores e as empresas. En moitos casos estas
encontran dificultades para acceder ós servizos das institucións de investigación, ben por unha falta de
adecuación dos servizos as necesidades, ben porque debido a especialización de cada laboratorio e difícil
encontrar un único centro que de resposta as diferentes necesidades que se teñen, ben porque debido a
existencia de múltiples organismos, e en ocasións difícil coñecer cal e o adecuado.


Título do proxecto: REFORZO DAS CAPACIDADES DE INNOVACIÓN DE CLÚSTERS DO SUDOESTE EUROPEU


       Acrónimo: HERMES
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Socio principal: SODERCAN (Cantabria)
       Outros socios:
               Fundación Universidade da Coruña (Galicia)
               EUROCEI (Andalucía)
               LABEIN (Pais Vasco)
               ADER (Portugal)
               ADRAVE (Portugal)
               CR. AUVERGNE (Francia)
       Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012


O Obxectivo último e crear unha rede de carácter transrexional visible e estable de fomento e apoio aos
clúster cunha metodoloxía propia e un plan de traballo común, capaz de promover a innovación e a
cooperación internacional dos clúster industriais no Sudoeste europeo.
Título do proxecto: ACCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN DE PLANS
INTEGRAIS SOSTIBLES PARA A DETECCIÓN DO CAMBIO CLIMATICO NO SECTOR AGROECOTURÍSTICO DO
SUDOE


       Acrónimo: EIRIS
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Socio principal: FUNDACION PAIDEIA (Galicia)
       Outros socios:
              Junta Extremadura
              Ayuntamiento De Santillana Del Mar (Cantabria)
              Fundación Universidade Da Coruña
              Midi-Pyrénées
              Inov-Lisboa
       Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012


O Obxectivo último e crear unha rede de carácter transrexional visible e estable de fomento e apoio aos
clúster cunha metodoloxía propia e un plan de traballo común, capaz de promover a innovación e a
cooperación internacional dos clúster industriais no Sudoeste europeo.


Título do proxecto: REDE DE BUSINESS INNOVATION CENTERS NO ESPAZO SUDOE


       Acrónimo: BICNET
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Socio principal: INOVREGIO - ASSOCIAÇÃO DE INOVAÇÃO REGIONAL (Portugal)
       Outros socios:
              Fundación Universidade Da Coruña (Galicia)
              Eurocei (Andalucía)
              Sodercan (Cantabria)
              Auvergne (Francia)
       Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012


O Obxectivo Principal do proxecto é contribuir significativamente o fomento do emprendedurismo,
innovación, dinamismo empresarial e mellora das competencias profesionais, incrementando a creación de
novas empresas, apoiando a mellora e expansión dos seus negocios así como os das empresas existentes,
apostando fortemente pola súa internacionalización, a fin de promover o desenvolvemento sostible e a
competitividade das Rexións dos socios do proxecto.


Título do proxecto: PROXECTO PARA O FOMENTO DA I+D NO ÁMBITO DA CONSTRUCCIÓN BAIXO
PARAMETROS DE SUSTEBILIDADE


       Acrónimo: INSOCONS
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Socio principal: Instituto Tecnolóxico de Galicia
       Outros socios:
               Universidade de Vigo-OTRI
               Fundación Universidade da Coruña
               TecMinho. Associação Universidade Empresa para o Desenvolvimiento.
               Fundación Laboral da Construcción –Galicia
               Centro de Formação Profissional da Indústria de Construção Civil e Obras Públicas do Norte.
                CICCOPN
       Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012


Obxectivo Principal do proxecto: apostar pola construción sostible como motor de cambio dentro do sector.
Para elo a innovación, a investigación, o intercambio tecnolóxico e a creación de redes de colaboración
deberán de ser as bases sobre as que se sustente o proxecto. Desta maneira poderase axudar a dinamizar un
sector, hasta agora en crise, recuperar e xerar novos empregos e mellorar la habitabilidade das vivendas.


Título do proxecto: “PRÁCTICAS EUROPEAS EN EMPRESAS PARA TITULADOS DA UNIVERSIDADE DA
CORUÑA-PRÁCTICAS HAC LUCE 2010”


       Acrónimo: PRACTICAS HAC LUCE 2010
       Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.
       Entidade solicitante: Universidade da Coruña
       Organizacións Asociadas:
                    •    Deputación Provincial de A Coruña
                    •    Fundación Universidade da Coruña
       Organizacións Intermediarias:
                    •    Insup Formation (FR)
•   Institute for Support of Education and Entrepreneurship BONUM (PL)
                    •   Inovaformaçäo-Prestaçäo de serviços de formaçäo pofissional, Lda. (PT)
                    •   Sistema Turismo Srl (IT)
                    •   Training Vision Ltd. (UK)
                    •   Nordelbisches Jugendpfarramt, Jugendaufbauwerk Koppelsberg (DE)
                    •   Bulgaria Gateway Ltd. (BL)
       Data inicio-fin: 1 xaneiro 2011- 31 maio 2012


O proxecto PRÁCTICAS HAC LUCE 2010, nace da necesidade da Universidade da Coruña de completar a
formación dos titulados universitarios e facilitar a súa inserción laboral mediante prácticas en empresas
europeas
Beneficiaranse 95 recen titulados da UDC que realizarán estancias en Portugal, Francia, Alemania, Italia,
Bulgaria, Reino Unido e Polonia. As estancias terán unha duración de 14 semanas que inclúe 1 semana de
preparación sociocultural e 13 semanas de prácticas en empresas de acollida
A UDC por medio de este proxecto quere responder a demanda existente, por parte dos estudantes de
realizar prácticas en empresas como complemento a súa formación e como elemento que lles facilite unha
primeira experiencia laboral tras a obtención do titulo.
Os principais obxetivos son:
       Favorecer a incorporación de recen titulados universitarios ó mundo laboral,
       Dar continuidade a formación recibida mediante prácticas en empresas europeas de calidade,
       Aumentar os niveis de cualificación e coñecemento sobre o mundo laboral,
       Mellorar a capacidade emprendedora e a asunción de autonomía dos participantes,
       Abordar as necesidades de persoal cualificado das empresas.




2. ÁMBITO REXIONAL E ESTATAL


Título do proxecto: DEFINICIÓN E CREACIÓN DE FOLLAS DE RUTA TECNOLÓXICAS


       Entidade financiadora: Xunta de Galicia
       Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña
       Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña e Valora Consultaría e Innovación
       Data inicio-fin: 1 setembro 2010 – 31 decembro 2010
Este proxecto ten por obxecto identificar o potencial tecnolóxico e de desenvolvemento que ten a empresa,
priorizando as súas necesidades e formulando propostas que sirvan para aproveitar as súas fortalezas e
corrixir as súas debilidades. Co seu desenvolvemento, as empresas disporán dun marco de referencia, a Folla
de Ruta Tecnolóxica, que lles permita planificar as súas decisións de investimento en innovación e poder
aproveitar todas as oportunidades de desenvolvemento tecnolóxico.


En definitiva, este proxecto persegue os seguintes obxectivos:
       Coñecer o potencial tecnolóxico da empresa, en recursos humanos e materiais.
       Determinar a actitude da empresa para a innovación tecnolóxica e as súas           necesidades de
        innovación, facéndolle ver a súa importancia.
       Identificar as oportunidades de innovación do mercado.
       Adquirir os coñecementos necesarios para a posterior definición de proxectos de investigación ou
        innovación


Título do proxecto: COMO RENDIBILIZAR OS RESULTADOS DA I+D+I


       Acrónimo: IDIMAIS
       Entidade financiadora: Xunta de Galicia
       Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña
       Data inicio-fin: agosto 2010 – setembro 2011


Os obxectivos son: Crear un grupo de traballo conformado por pemes galegas innovadoras e pertencentes a
sectores económicos estratéxicos en Galicia que se involucren de forma activa nos traballos; Dotar as
organizacións dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e eficientes no
desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados dos seus proxectos
innovadores; Fomentar o intercambio de experiencias entre as empresas participantes e promover a
difusión de boas prácticas organizativas, de forma que o proxecto posúa un carácter demostrativo para todo
o entramado empresarial galego.


Título do proxecto: “SERVICIOS DE DIAGNOSE E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA PEMES INDUSTRIAIS
DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL”


       Entidade financiadora: Ministerio de Industria
       Socio principal: Fundación Universidade da Coruña
   Outros socios:
      Data inicio-fin: 1 xaneiro 2011- 31 decembro 2011


O obxectivo xeral do proxecto centrase en dotar dun servizo tecnolóxico a un conxunto de pequenas e
medianas empresas, de carácter sectorial, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con necesidades e
demandas homólogas, mediante o desenvolvemento de plans empresariais de transferencia tecnolóxica en
pemes industriais.


Convenios marco, de colaboración e convenios específicos


   •   Acordo transnacional de socios do proxecto KNETWORKS.
   •   Convenio SINNDOTEC – Fundación Universidade da Coruña e PUCMM da República Dominicana

More Related Content

Viewers also liked

2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas exp 19331
2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas  exp 19331  2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas  exp 19331
2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas exp 19331 Freelance
 
Elecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para Colombia
Elecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para ColombiaElecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para Colombia
Elecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para ColombiaCINTELColombia
 
Tecnología Educativa
Tecnología EducativaTecnología Educativa
Tecnología Educativamarleny2
 
Que ocorre na terra
Que ocorre na terraQue ocorre na terra
Que ocorre na terraFiz
 
26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...
26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...
26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...Luis Natera
 
Comunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madrid
Comunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madridComunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madrid
Comunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madridcristopher
 
LEODAN MARTINEZ
LEODAN MARTINEZLEODAN MARTINEZ
LEODAN MARTINEZleodanxxg
 
Estructuras Unicas
Estructuras UnicasEstructuras Unicas
Estructuras UnicasBrianamar
 
Concurso "Logotipo AMPA"
Concurso "Logotipo AMPA"Concurso "Logotipo AMPA"
Concurso "Logotipo AMPA"ampamonroyo
 
Ppt Cap 7
Ppt Cap 7Ppt Cap 7
Ppt Cap 7uv_sio
 
PresentacióN Leones
PresentacióN LeonesPresentacióN Leones
PresentacióN Leonesaftsancris2
 
Mobile Evangelism
Mobile EvangelismMobile Evangelism
Mobile EvangelismJorge Yunes
 
Mates treball 2 per penjar
Mates treball 2 per penjarMates treball 2 per penjar
Mates treball 2 per penjarJuanfranibz2k9
 

Viewers also liked (20)

2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas exp 19331
2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas  exp 19331  2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas  exp 19331
2900 pronunciamiento ci proyecto ley de inversiones públicas exp 19331
 
los Ramirez
los Ramirez los Ramirez
los Ramirez
 
Elecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para Colombia
Elecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para ColombiaElecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para Colombia
Elecciones2010 - MOCKUS Propuesta TIC para Colombia
 
Tecnología Educativa
Tecnología EducativaTecnología Educativa
Tecnología Educativa
 
27
2727
27
 
Capitulo 4
Capitulo 4Capitulo 4
Capitulo 4
 
Manuel ordoñez
Manuel ordoñezManuel ordoñez
Manuel ordoñez
 
Chismesitos
ChismesitosChismesitos
Chismesitos
 
Que ocorre na terra
Que ocorre na terraQue ocorre na terra
Que ocorre na terra
 
Quierovolveraconfiar
QuierovolveraconfiarQuierovolveraconfiar
Quierovolveraconfiar
 
26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...
26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...
26Nov14_La construcción de comunidades en red sobre conocimiento urbano en el...
 
Comunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madrid
Comunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madridComunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madrid
Comunicacion interna en la administracion publica. caso ayuntamiento de madrid
 
LEODAN MARTINEZ
LEODAN MARTINEZLEODAN MARTINEZ
LEODAN MARTINEZ
 
Estructuras Unicas
Estructuras UnicasEstructuras Unicas
Estructuras Unicas
 
Concurso "Logotipo AMPA"
Concurso "Logotipo AMPA"Concurso "Logotipo AMPA"
Concurso "Logotipo AMPA"
 
Ppt Cap 7
Ppt Cap 7Ppt Cap 7
Ppt Cap 7
 
PresentacióN Leones
PresentacióN LeonesPresentacióN Leones
PresentacióN Leones
 
Mobile Evangelism
Mobile EvangelismMobile Evangelism
Mobile Evangelism
 
08 Cascadas De Amor
08 Cascadas De Amor08 Cascadas De Amor
08 Cascadas De Amor
 
Mates treball 2 per penjar
Mates treball 2 per penjarMates treball 2 per penjar
Mates treball 2 per penjar
 

Similar to Memoria actividades 2010

Programa H2040 compromisos xerais.
Programa H2040 compromisos xerais.Programa H2040 compromisos xerais.
Programa H2040 compromisos xerais.H2040
 
Presentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en AjePresentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en Ajejcbugallo
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfCEIPN1TUI
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependenciaXianablog
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependenciaXianablog
 
Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015coordinacav
 
Entrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringEntrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringPablo López
 
Mellora da produccion e da cadea loxistica
Mellora da produccion e da cadea loxisticaMellora da produccion e da cadea loxistica
Mellora da produccion e da cadea loxisticaRe-acciona
 
Servizo de desenvolvemento de plans de accion
Servizo de desenvolvemento de plans de accionServizo de desenvolvemento de plans de accion
Servizo de desenvolvemento de plans de accionRe-acciona
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASH2040
 
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010Mónica Valderrama Santomé
 
Xestion por procesos
Xestion por procesosXestion por procesos
Xestion por procesosRe-acciona
 
Aplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidadeAplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidadeRe-acciona
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfCEIPN1TUI
 
Informe círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporteInforme círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporteXianablog
 
Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoachinginnocoaching
 
Servizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarialServizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarialRe-acciona
 

Similar to Memoria actividades 2010 (20)

Programa H2040 compromisos xerais.
Programa H2040 compromisos xerais.Programa H2040 compromisos xerais.
Programa H2040 compromisos xerais.
 
Presentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en AjePresentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en Aje
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
 
BOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPEBOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPE
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
 
Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015
 
Entrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringEntrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede Mentoring
 
Mellora da produccion e da cadea loxistica
Mellora da produccion e da cadea loxisticaMellora da produccion e da cadea loxistica
Mellora da produccion e da cadea loxistica
 
Servizo de desenvolvemento de plans de accion
Servizo de desenvolvemento de plans de accionServizo de desenvolvemento de plans de accion
Servizo de desenvolvemento de plans de accion
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PAS
 
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
 
Presentacion claustro xullo
Presentacion claustro xulloPresentacion claustro xullo
Presentacion claustro xullo
 
Xestion por procesos
Xestion por procesosXestion por procesos
Xestion por procesos
 
Aplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidadeAplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidade
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdf
 
Informe círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporteInforme círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporte
 
Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoaching
 
Coaching Directivo
Coaching DirectivoCoaching Directivo
Coaching Directivo
 
Servizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarialServizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarial
 

Memoria actividades 2010

  • 1.
  • 2. A Fundación Universidade da Coruña foi constituída en marzo de 1997 pola Universidade da Coruña e diversas Institucións públicas e empresas privadas, co fin de facilitar e potenciar as relacións da Universidade coa Sociedade, en especial, a cooperación universidade – empresa, tal e como se reflexa nos seus Estatutos. Art. 1 Estatutos:”… fundación privada de carácter benéfico-docente para a promoción, desenrolo e financiación das actividades propias da Universidade da Coruña, e as súas relacións coa Sociedade, con especial incidencia nos Campus Universitarios da Coruña e Ferrol, e proporcionar á Institución Universitaria un permanente respaldo social sen fin lucrativo algún e duración indefinida.” A actividade da Fundación, ao amparo dos fins fundacionais que lle foron outorgados, pódese agrupar en dous tipos de programas: 1) Programas de xestión delegada: Convenios subscritos pola Universidade da Coruña coas Administracións Públicas ou con entidades privadas, para o desenvolvemento de programas de investigación e asistencia científica ou técnica, así como para a celebración de cursos, xornadas, congresos e programas de posgrao propio impartidos na Universidade, nos que a Fundación, actúa como xestora económica e administrativa. A evolución e desenvolvemento do número de programas tramitados a través da xestión delegada, depende de dous factores, por unha banda, da vontade e decisión dos investigadores e docentes universitarios, para que se decanten por contratar os nosos servizos de xestión, para o que debemos dar resposta ás súas necesidades particulares e ofrecer un servizo áxil, práctico e eficaz, que poña á súa disposición todos os medios, recursos e facilidades posibles. E doutra banda, non menos importante, depende da actuación e intermediación previa que podamos levar a cabo entre os actores implicados, léase, empresas, administracións, investigadores, etc. para dar a coñecer as súas necesidades, intereses e propostas, alcanzado acordos que satisfagan a todas as partes e que faciliten a creación de novos programas. 2) Programas de iniciativa propia: Son proxectos que a Fundación planifica, elabora, executa e xustifica, na súa condición de Unidade de Interface integrada na Rede Tecnoeconómica. Devanditos proxectos lévanse a cabo na dimensión rexional, estatal e internacional, e están orientados ao cumprimento dos fins fundacionais.
  • 3. As tarefas realizadas no marco destes proxectos supón a posta en marcha de mecanismos activos de información e comunicación, que permitan conseguir unha maior presenza da Universidade da Coruña na sociedade, así como un maior impacto entre os entornos científico, tecnolóxico e produtivo. Neste sentido a Fundación Universidade da Coruña non pode limitarse á mera xestión e administración burocrática das actividades que xorden espontaneamente da relación entre a universidade e as empresas, senón que debe adoptar unha actitude proactiva, de procura de novas oportunidades para os equipos universitarios de traballo sistemático coas empresas e institucións. En canto aos eidos de actividade, a Fundación Universidade da Coruña fundamenta a súa labor, principalmente nos eidos de emprego, formación e innovación, destacando en todo caso a nosa disposición e carácter eminentemente proactivo, aberto e internacional. Como obxectivos prioritarios da Fundación, manifestamos dende o pasado ano, o noso interese e compromiso de fomentar e potenciar a CULTURA EMPRENDEDORA e a CULTURA INNOVADORA, así como a RESPONSABILIDADE SOCIAL UNIVERSITARIA (RSU), como aspecto transversal a todas as nosas actuacións e como demostración da filosofía de traballo, misión, valores e principios da entidade. • RESULTADOS CONTABLES Os resultados económicos da Fundación durante os anos 2005, 2006 e 2007 estiveron marcados por unha clara tendencia negativa, que se rompe no ano 2008, onde se conseguen recuperar os resultados positivos, obtidos a través dun severo axuste de gastos e da procura de novos ingresos, tal e como se pode ver nos seguintes gráficos:
  • 4.
  • 5. Os anos 2008, 2009 e 2010 aparecen representados con dúas cifras, debido a que o maior importe reflexa o resultado real acadado no exercicio, mentres que o menor importe é o resultado final aprobado por a auditoría, unha vez dotada unha provisión voluntaria a longo prazo que poida atender os posibles riscos existentes de subvencións e indemnizacións laborais nos posgraos propios.
  • 6. 1. PROGRAMAS DE XESTIÓN DELEGADA Os datos económicos referidos a Xestión Delegada da UDC, tanto en formación como en investigación, están recollidos sen incluír o I.V.E. no caso de que lles correspondera, referímonos sempre as Bases Impoñibles.
  • 7. 1.1. ACADÉMICA Segundo mencionase nas Contas Anuais e Informe de Auditoría, no apartado 16 relativo aos ingresos e gastos por prestación de servizos, aparece exposta a seguinte táboa, que relaciona o canon que cobra a Fundación dos programas de xestión delegada, nos seus tres ámbitos: académicos (os cursos de especialización, posgrao, máster e congresos, xornadas e outros), investigación (os contratos de investigación, asistencias técnicas, etc ao amparo do artigo 83 da LOU, axudas e subvencións), e bolsas (as prácticas en empresas por parte de estudantes ou titulados universitarios). A distribución do canon por prestación de servizos e tipo de programa, sería a seguinte: Canon de xestión Canon de xestión Canon de xestión 2008 2009 2010 Académicos 78.720 65.887 52.845,81 Investigación 131.773 176.143 110.068,31 Xestión de bolsas 233.465 249.579 293.822,88 Total 443.958 € 491.609 456.737 • EVOLUCION CANON DE XESTION FUAC 300.000 € 250.000 € 200.000 € 150.000 € 100.000 € 50.000 € 0€ Canon de xestión 2008 Canon de xestión 2009 Canon de xestión 2010
  • 8. EVOLUCION DO VOLUME TOTAL XESTIONADO ANO 2008 ANO 2009 ANO 2010 XESTION DELEGADA FORMACION 1.574.400€ 1.317.740€ 1.058.652€ INVESTIGACIÓN 2.635.460€ 3.522.860€ 2.201.360€ BOLSAS 2.094.782€ 2.021.735€ 2.319.161€ TOTAL XESTION 6.304.642€ 6.862.335€ 5.579.173€ DELEGADA XESTION PROPIA ANO 2008 ANO 2009 ANO 2010 FORMACION 76.456,15€ 211.944,67 149.775,49 EMPREGO 95.273,73€ 107.266,08 64.621,90 INNOVACIÓN 353.574€ 272.608,50 290.868,22 TOTAL XESTION 525.303,88 591.819,25 505.265,61 PROPIA
  • 9. PROGRAMAS INICIATIVA PROPIA 400.000 € 300.000 € 200.000 € 100.000 € 0€ ANO 2008 ANO 2009 ANO2010 FORMACION EMPREGO INNOVACIÓN XESTION DELEGADA 4.000.000 € 3.000.000 € 2.000.000 € 1.000.000 € 0€ ANO 2008 ANO 2009 ANO 2010 FORMACION INVESTIGACIÓN BOLSAS *Importes sen I.V.E XESTIÓN DELEGADA DA UDC Durante este ano hai que resaltar unha serie de fitos que marcan e marcarán unha mellora nos servizos prestados os investigadores e profesores da UDC que utilizan os nosos servizos para a xestión dos seus programas de investigación e formación tales como:
  • 10. Posta en marcha dunha nova imaxe corporativa da FUAC a utilizar en todos os documentos de comunicación de información e contratos. • A implantación total e posta en funcionamento do Servizo de Directores a través da nosa web, grazas o cal todos os directores teñen acceso inmediato o seu proxecto e a súa xestión administrativa e económica incluíndo nestes aceso ( Contratos e Autorizacións de departamentos asinados, facturas emitidas, pagos efectuados etc) • A posta en funcionamento dunha Pasarela de Pagos de Matrículas que facilita a xestión dos pagos de alumnos estranxeiros a través dunha pasarela virtual na cal o alumno pode inscribirse e aboar o programa formativo no mesmo momento tendo acceso o xustificante de inscrición e factura e proporcionando o mesmo tempo unha máis rápida xestión do programa por parte do Director Académico. 1.2. FORMACIÓN En particular, respecto da xestión delegada de programas formativos, os datos relativos ao exercicio 2010 son os seguintes que deixan entrever a diminución prevista en xestión de Cursos de Posgrao Propios da UDC debido a progresiva desaparición destes na propia UDC e unha pequena baixada na xestión de Xornadas e Congresos. A pretensión da Fundación e seguir potenciando o seu papel na formación de posgraos e a organización de eventos tipo Simposios ou Congresos, así como a consolidación de programas formativos para estudantes e de programas deseñados a medida para empresas, así como a formación on line. Somos conscientes da importancia de potenciar esta liña de actividade e neste momento estamos traballando en novos proxectos formativos. Neste sentido e necesario sinalar os programas formativos deseñados con profesores da Facultade de INEFF e da Escola de Arquitectos Técnicos da Universidade da Coruña que han aumentado considerablemente no ano 2010 tanto en alumnos matriculados como en empresas interesadas.
  • 11. Programas Programas Programas 2008 2009 2010 Máster 6 7 5 Curso de especialización 10 4 3 Curso de formación específica de posgrao 2 1 1 Cursos de Posgraos da UDC 18 12 9 Xornadas, Congresos etc. 36 36 23 Centro de Linguas 1 1 1 Universidade Sénior 1 1 1 Xornadas e Outros 38 38 25 TOTAL 56 50 34 Os ingresos das Xornadas, Cursos e Congresos están formados por matrículas de alumnos, colaboracións e participacións de Entidades e Empresas, segundo a clasificación seguinte: TIPO DE INGRESOS EN XORNADAS – CONFERENCIAS- CONGRESOS MATRICULAS DE ALUMNOS 23 EMPRESA PRIVADA 8 ENTIDADE PÚBLICA 3 FUNDACIÓNS E 0 ASOCIACIÓNS PRIVADAS A diminución de xestión económica e administrativa que a Fundación realiza dos seguintes Programas Académicos da Universidade da Coruña é moi significativa para a Fundación, tanto por volume xestionado como por a importancia que supón dentro da comunidade universitaria. A súa diminución repercute tamén claramente na redución da tesourería da FUAC. É importante recalcar a importancia da xestión dos seguintes programas formativos da UDC, pola súa relevancia dentro da UDC e a importancia dentro da comunidade universitaria e da propia sociedade. - UNIVERSIDADE SENIOR. - CENTRO DE LINGUAS.
  • 12. A intención é seguir coa potenciación da xestión de XORNADAS, CONFERENCIAS, SEMINARIOS, SIMPOSIOS e outro tipo de actividades formativas da UDC, así como promover a xestión ou organización de CONGRESOS dirixidos por a comunidade universitaria, co fin de acadar novos nichos de mercado que axuden a diversificar as fontes de ingresos. Durante o 2010 aparte de diferentes Xornadas, participamos na organización e xestión dos seguintes congresos e simposios; - TALLERES DIXITAIS E CONFERENCIAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL GALEGO NO MARCO DA INICIATIVA “MUNDOS DIXITAIS 2010”. -XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUES DE PSICOPEDAGOXIA. Temos que destacar o éxito da implantación de dous novos Programas de Posgrao Propios implantados durante o exercicio do 2010 na súa primeira edición, xa que xeraron unha gran demanda de prazas é tiveron un gran éxito nos alumnos e profesionais interesados: -C.ESPECIALIZACIÓN EN EXPERTO UNIVERSITARIO EN PERIODONCIA CIRUXÍA E IMPLANTOLOXÍA ORAL. -CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSTGRADO EN PROTOCOLO, COMUNICACIÓN E IMAGEN CORPORATIVA 1.2.1. EVOLUCIÓN DA XESTIÓN DE XORNADAS E OUTROS PROGRAMAS FORMATIVOS E CURSOS DE POSGRAOS PROPIOS DA UDC. EVOLUCION CURSOS DE POSGRAO XORNADAS E OUTROS ANO XORNADAS E OUTROS CURSOS POSGRAO TOTAL 2000 2 22 24 2001 7 29 36 2002 9 28 37 2003 20 30 50 2004 29 32 61 2005 28 34 62
  • 13. 2006 27 25 52 2007 32 26 58 2008 38 18 56 2009 38 12 50 2010 25 9 34 1.3. INVESTIGACIÓN A Fundación seguiu ao longo do 2010, exercendo a súa labor de fomentar as relacións entre o empresariado e a sociedade e o mundo universitario, ofertando a súa colaboración e asesoramento para identificar e satisfacer as necesidades dos empresarios a nivel autonómico e nacional, así como as dos investigadores da UNIVERSIDADE DA CORUÑA en materia de investigación. Esta colaboración materializouse durante o ano 2010 en Contratos Art. 83, Convenios específicos de colaboración, e outras axudas e subvencións. TIPO DE ACTUACIÓN 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 CONVENIO DE COLABORACIÓN 4 1 3 8 1 1 8 6 CONTRATOS INVESTIGACIÓN 46 31 60 38 50 35 19 32 INFORMES TECNICOS E ASESORIAS 8 27 39 37 60 70 85 66 AXUDAS E SUBVENCIÓNS 2 3 5 TOTAL 58 59 102 85 114 111 112 104
  • 14. A evolución do número de Contratos e Convenios de Investigación da Universidade da Coruña xestionados por a Fundación no ano 2010 rompe a tendencia ascendente dos últimos años pero sen ser dunha forma significativa, deixando constancia da confianza que os investigadores da Universidade teñen na xestión económica e administrativa ofertada por a nosa entidade. En canto o tipo de actuación, segue predominando a Xestión de Asistencias Técnicas e consultarías con empresas sobre os Contratos de Investigación, e as Areas Técnicas seguen sendo as que maiores contratos realizan fronte as Áreas do xurídico-social.
  • 15. IMPORTE CONTRATADO POR DEPARTAMENTO (Con maior importe de contratación)
  • 16. Durante este ano apoiando á Fundación como institución, asináronse Convenios Marcos e Convenios de colaboración en Actividades de Interese Xeral, a través dos cales favorecese as relacións UNIVERSIDADE- EMPRESA. As entidades que optaron por este tipo de cooperación son: • C+F GESTIÓN e ADMINISTRACIÓN DE SERVICIOS S.C. • RED ARAÑA • CENTRO TECNOLÓGICO DE SEAT S.A. • INDITEX. • ESCOLA UNIVERSITARIA DE ARQUITECTURA TÉCNICA. • AMBIENTIS INGENIERÍA AMBIENTAL S.L.U. • PARTICIPACIÓN EN REDES: A Fundación está integrada en redes e asociacións coa finalidade de establecer colaboración e sumar esforzos para ampliar o seu ámbito de actuación e consecución de obxectivos xerais comúns os membros das distintas redes. • Red Española de Fundacións Universidad Empresa (Redfues). • Asociación Española de Fundacións con especial participación no Grupo Sectorial de Fundaciones Universitarias. • Red Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas. • Global University Network for Innovation
  • 17. AXUDAS E APORTACIÓNS Á UDC: ANO 2000 DOAZONS UDC COMISIONS EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 1.803,04 € EXPOSICION 10 ANOS UDC 41.748,64 € POSTA EN MARCHA CLUBE DE NEGOCIOS UDC 2.643,25 € TOTAL 46.194,93 € ANO 2001 DOAZONS UDC COMISIONS EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 € UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 € CLUBE DE NEGOCIOS UDC 1.539,55 € EQUIPOS INFORMÁTICOS REDE ALTA CAPACIDADE 17.429,14 € COMISION UDC MASTER-PROXECTOS INVESTIGACIÓN PAGO ANOS 1998,1999,2000 144.168,00 € TOTAL 24.377,80 € 144.168,00 € ANO 2002 DOAZONS UDC COMISIONS
  • 18. EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 € UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 € AXUDA PUBLICIDADE CURSOS POSTGRAOS 13.865,00 € COMISION CURSOS POSTGRAO 52.850,84 € COMISION PROXECTOS INVESTIGACIÓN 47.210,21 € TOTAL 19.274,11 € 100.061.05 € ANO 2003 DOAZONS UDC COMISIONS EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 € UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 € AXUDA PUBLICIDADE CURSOS POSTGRAOS 14.834,15 € COMISION PROXECTOS INVESTIGACION 3.616,21 € COMISION CURSOS POSTGRAO 162.404,51 € TOTAL 20.243,26 € 166.020,72 € ANO 2004 DOAZONS UDC COMISIONS SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 € UNIVERSIDADE SENIOR 2.163,65 € UNIVERSIDADE SENIOR 3.000,00 € AVIACION COMERCIAL 15.000,00 € BOLSAS PREDOCTORALES 25.000,00 € UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 € PAGOS COMISION FORMACION 78.494,84 € TOTAL 50.572,76 € 78.494,84 € ANO 2005 DOAZONS UDC COMISIONS SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 2.405,05 € UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 € PUBLICACION MASTERS UDC 2.320,00 € COMISION INVESTIGACION 66.701,47 € COMISION FORMACION 63.528,21 € TOTAL 7.730,11 € 130.229,68 € ANO 2006 DOAZONS UDC COMISIONS
  • 19. SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 3.000,00 € BOLSAS PREDOCTORALES 25.000,00 € AVIACION COMERCIAL 18.000,00 € PUBLICACION MASTERS UDC 2006 12.320,00 € COLABORACION XESTION EXTENSION UNIVERSITARIA 987,20 € COMISION INVESTIGACION 68.054,04 € COMISION FORMACION 73.500,00 € TRASPASOS SALDOS XORNADAS 20.200,00 € TOTAL 59.307,20 € 161.754,04 € ANO 2007 DOAZONS UDC COMISIONS SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 3.000,00 € XESTION PAZO DE LONGORA 39.661,00 € XESTION PAZO DE LONGORA ANOS ANTERIOIS 144.520,22 € COMISION INVESTIGACIÓN 40.365,23 € COMISION FORMACION 44.894,77 € TOTAL 187.181,22 € 85.260,00 € ANO 2008 DOAZONS UDC COMISIONS XESTION PAZO DE LONGORA 37.804,03 € COMISION INVESTIGACIÓN 48.630,46 € COMISION FORMACION 51.763,55 € TOTAL 37.804,03 € 100.394,01 € ANO 2009 DOAZONS UDC COMISIONS XESTION PAZO DE LONGORA 40.929,13 € COMISION INVESTIGACIÓN 58.724,97 € COMISION FORMACION 54.777,78 € TOTAL 40.929,13 € 113.502,75 € ANO 2009 DOAZONS UDC COMISIONS ANO 2010 DOAZONS UDC COMISIONS XESTION PAZO DE LONGORA 34.813,13 € COMISION INVESTIGACIÓN 57.722,40 € COMISION FORMACION 20.824,15 €
  • 20. TOTAL 34.813,13 78.546,55 TOTAIS 1997 - 2010 528.425,51 € 1.058.370,59 € A Unidade de Emprego e Formación é o órgano impulsor e xestor de cantas iniciativas se adoptan en materia de emprego nesta Fundación e ten como obxectivo contribuír á inserción laboral dos universitarios e á mellora da súa empregabilidade. A Unidade de Emprego e Formación fomenta e xestiona anualmente programas de prácticas en empresas e institucións, planes experimentais de emprego, programas integrais de inserción laboral, proporciona aos alumnos formación para o emprego, desenvolve políticas activas de intermediación laboral entre ofertas e demandas de emprego e realiza o seguimento da inserción laboral dous seus bolseiros. 1. PROGRAMAS DE PRÁCTICAS FUAC A Fundación Universidade da Coruña facilita o primeiro contacto dos mozos co ámbito laboral a través dos programas de prácticas para estudantes e titulados universitarios. As empresas desempeñan un labor imprescindible na formación dos universitarios, complementando a posta en práctica dos coñecementos que se adquiren na Universidade e facilitando a adquisición de competencias profesionais. A realización e a vivencia dunha experiencia práctica proporcionan unha visión completa do quefacer diario das actividades da empresa e permiten enfrontarse con éxito a situacións reais de esixencia profesional. Así mesmo, o coñecemento da actividade dunha organización proporciona unha mellor adaptación ao posto de traballo e unha eficiente capacidade de resolución de problemas, fundamentadas na experiencia.
  • 21. Os Programas de Prácticas en empresas son unha ferramenta axeitada e eficaz para a captación, formación e adecuación ao posto de traballo do futuro profesional. Os universitarios realizan prácticas en empresas, institucións ou entidades, durante un período determinado, co fin de mellorar as súas aptitudes e competencias individuais, así como para facilitar a súa inserción no mercado laboral. Co obxectivo de continuar ampliando as canles de relación dos universitarios coas empresas e facilitar o seu encontro, a Unidade de Emprego e Formación puxo en marcha o portal de emprego da FUAC, EMPLEA (http://www.fundacion.udc.es/emplea/). O seu obxectivo é captar máis ofertas das empresas utilizando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Mediante EMPLEA as empresas poden publicar directamente as ofertas de emprego e prácticas e os universitarios poden presentar a súa candidatura a esas ofertas. Os estudos de seguimento de inserción laboral de titulados universitarios corroboran que as prácticas de empresas son un dos medios máis eficaces para a consecución do primeiro emprego dos titulados universitarios. A evolución dende o ano 98 do número de universitarios que participaron nos Programas de Prácticas da FUAC, así como do número de empresas colaboradoras que participaron nos devanditos programas, recóllese nos dous gráficos seguintes: • Nº DE BOLSEIROS PARTICIPANTES
  • 22. Nº DE EMPRESAS COLABORADORAS A evolución experimentada, desde o punto de vista económico, recollese nos seguintes gráficos: • VOLUME DE XESTIÓN
  • 23. VOLUME DE COMISIÓN • VOLUME DE XESTIÓN SEGUNDO TIPO DE PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO 2010 • VOLUME DE COMISIÓN SEGUNDO TIPO DE PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO 2010
  • 24. CLASIFICACIÓN SEGUNDO O TIPO DE UNIVERSITARIO • CLASIFICACIÓN SEGUNDO O SEXO • CLASIFICACIÓN SEGUNDO A ÁREA DE COÑECEMENTO
  • 25. AS 15 TITULACIÓNS MAIS DEMANDADAS 1.1.PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE VERÁN TEMPUS Durante o ano 2008, ante a demanda dos estudantes universitarios, deseñouse e púxose en marcha un novo Programa de Prácticas, o programa TEMPUS. Este programa ten a característica de que está só vixente durante os meses de verán e que está dirixido única e exclusivamente a estudantes universitarios. Os datos de participación foron:
  • 26. 2. PROGRAMAS E PROXECTOS DE EMPREGO 2.1.PROGRAMA UNINSERTA +:Emprega Mediante este programa e nunha segunda fase, desenvolveuse, entre os sistemas de información da Fundación Universidade da Coruña, un produto informático en idioma galego para o uso dos universitarios empresas galegas. Tratábase de dar resposta á necesidade de poñer en contacto aqueles mozos universitarios galegos, que demandan experiencia no mercado laboral, coas empresas que demandan novos talentos para o desenvolvemento de novos proxectos. Datas de Celebración: Do 1 de setembro de 2010 a 31 de decembro de 2010. Duración: 4 meses. Financiamento: Consellería de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Beneficiarios: Estudantes e recentemente titulados da Universidade dá Coruña (aprox. 25.000), ademais de estudantes e titulados doutras universidades galegas con residencia na Coruña (2.000). ACCIÓNS REALIZADAS: Deseño e desenvolvemento do produto informático UNINSERTA +: EMPREGA. Portal Web de mozos e empresas galegas para a mellora da inserción laboral dos mozos universitarios galegos. http://www.fundacion.udc.es/emplea/ 2.2.AULA UNIVERSITARIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA V edición do programa mixto de formación indoor e outdoor para estudantes de últimos cursos de carreira ou titulados universitarios en situación de desemprego, cuxa finalidade é facilitarlles as ferramentas para a mellora da súa empregabilidade, dende o punto de vista do deseño e execución de programas de promoción económica na Provincia da Coruña. O seu obxectivo céntrase en fomentar a empregabilidade dos participantes como potenciais técnicos de Entidades do terceiro sector, facilitar o emprendimento dende Entidades non lucrativas, elaborar programas de inserción sociolaboral, elaborar itinerarios personalizados de aprendizaxe, vincular á comunidade universitaria cos programas de desenvolvemento económico e difundir o concepto de EMPRENDEDOR SOCIAL. Datas de Celebración: Do 25 de febreiro a 15 de maio de 2010. Duración: 100h. Financiamento: Deputación da Coruña. Beneficiarios: 25 universitarios, estudantes e titulados, en situación de desemprego e ocupados. ACCIONS REALIZADAS:
  • 27. ♦ 5 talleres formativos: Taller 1. Mercado de traballo, emprendimento e promoción económica. Taller 2. Deseño, avaliación e xustificación de proxectos. Taller 3. Organismos de promoción económica. Taller 4. Boas prácticas e desenvolvemento de proxectos. Taller 5. Grupos de traballo, proxectos e convocatorias. ♦ Xornada de traballo para conformar os grupos, identificar os proxectos de promoción económica promovidos polos alumnos e seleccionar as convocatorias de financiamento máis axeitadas. ♦ Tutorización de proxectos: 1 acción de tutorización grupal de 4 horas de duración e 4 accións individuais de tutorización de 2 horas cada unha. Así mesmo realizouse o acompañamento á presentación de diferentes convocatorias, baixo a firma dun protocolo de coaching. 2.3.PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO USO DAS TIC NA BUSCA DE EMPREGO Mediante este programa preténdese impulsar a realización de actuacións de difusión e formación relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o Plan Avanza para o exercicio 2010, dirixidas á mellora da empregabilidade dos universitarios da UDC. O seu obxectivo consiste en que os universitarios se familiaricen coas particularidades das TIC de cara á busca de emprego, sobre todo no que se refire ás de base tecnolóxica e cun compoñente importante de investigación, de tal maneira que así poidan mellorar os seus itinerarios persoalizados de inserción laboral. Datas de Celebración: De 1 al 26 de novembro de 2010. Duración: 1 mes. Financiamento: Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Plan Avanza do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Beneficiarios: 152 titulados universitarios maioritariamente en situación de desemprego. ACCIONS REALIZADAS: 8 acciones formativas de 25 horas de duración cada unha, en quendas de mañá e tarde. PROGRAMA: Módulo 1. Informática libre, para unha sociedade libre. Módulo 2. Internet para a busca activa de emprego. Módulo 3. O Videocurrículum. Módulo 4. As redes sociais para o emprego. Módulo 5. Blogs profesionais. 2.4.FACILITADOR FINANCEIRO Neste programa pretendese mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade dos emprendedores e emprendedoras inmigrantes e retornados da Comunidade Autónoma de Galicia a través dunha metodoloxía
  • 28. de intervención integral baseada na promoción do autoemprego, a economía social e as microfinanzas, mellorando deste modo a súa empregabilidade e mobilidade social. O Facilitador Financeiro é un canal posto en marcha pola FUAC para impulsar o acceso dos autónomos e pequenas e medianas empresas ao financiamento. O obxectivo do canal do Facilitador Financeiro é por a disposición de autónomos e pemes unha vía de comunicación directa coas Administracións e Organismos para solicitar financiamento. O Facilitador Financeiro Social ten como obxectivo estratéxico facilitar recursos e ferramentas de axuda ós colectivos máis vulnerables, en risco de exclusión social, a través das microfinanzas e as fórmulas de economía social.. Datas de Celebración: Do 29 de outubro ao 29 de novembro de 2010. Duración: 1 mes. Financiamento: Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Beneficiarios: 40 ACCIONS REALIZADAS: ♦ Programa de Difusión e captación de beneficiarios: campaña de información, difusión e captación de beneficiarios do programa, seguindo varias vías: prensa, mailing, telefonicamente, webs e redes sociais. ♦ Xornada de difusión e información do programa: Xornada de 2 horas: Benvida; Presentación do proxecto “Facilitador Financeiro”; Entorno empresarial, xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais; Experiencias de éxito de emprendementos promovidos pola comunidade inmigrante e retornada; Test de análise do perfil emprendedor; Entrega do procedemento de incorporación á fase de entrevistas individuais; Despedida., ♦ Entrevistas de motivación emprendedora e diagnose do perfil emprendedor: 30 entrevistas de 2 horas, na que se analiza a idea empresarial, presentouse o servizo de asesoramento, fíxose unha proposta de itinerario persoalizado de inserción e a diagnose do perfil emprendedor, valoración de presentación de microcrédito. ♦ Titorización de proxectos de microempresa: Titorizáronse 4 proxectos cunha duración de 20 horas cada unha, coa seguinte estrutura: Sesións 1 e 2. Análise da viabilidade técnica do proxecto. Sesión 3 e 4. Análise da viabilidade comercial do proxecto. Sesións 5 e 6. Análise da viabilidade económica do proxecto. Sesións 7 e 8. Análise da viabilidade financeira do proxecto. Sesións 9 e 10. Análise da viabilidade social do proxecto. 2.5.HABILIDADES DIXITAIS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DA MULLER.
  • 29. O obxectivo principal do programa é cualificar ás mulleres, con formación universitaria e paradas de longa duración, nas habilidades dixitais que poidan precisar para desenvolverse axeitadamente ao longo do seu proceso de procura de emprego. O programa pretende achegar ferramentas web 2.0 para mellorar a empregabilidade dos universitarias galegas e a súa busca de emprego en internet. O seu obxectivo é preparalas fronte a unha das principais tendencias en materia de emprego, como é a creación da súa imaxe persoal na rede, o uso das redes sociais ou os propios videocurrículums persoais. Datas de Celebración: Do 18 de novembro ao 14 de decembro de 2010. Duración: 80 horas. Financiamento: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Fondo Social Europeo do Programa Operativo FSE-Galicia 2007-2013. Beneficiarios: 20 alumnas maiormente universitarias en situación de desemprego. ACCIÓNS FORMATIVAS: Acción Formativa: Módulo 1. "O software libre". Módulo 2. Internet para a busca activa de emprego. Módulo 3. Portais de emprego. Módulo 4. O videocurrículum. Módulo 5. As redes sociais para o emprego. Módulo 6. Blogs profesionais. Módulo 7. Políticas de Igualdade 2.6.TIC TAC EMPREGO O obxectivo deste programa foi preparar aos mozos/as universitarios/as fronte a unha das principais tendencias en materia de emprego, como é a creación da súa imaxe persoal na rede, o uso das redes sociais ou os propios videocurrículums persoais, saber manexar as ferramentas web 2.0 para acadar unha busca de emprego adaptada a súa formación, e a adquisición do coñecemento de cómo as TIC poden mellorar os itinerarios personalizados de procura de emprego dos universitarios. Datas de Celebración: Do 15 ao 21 de decembro de 2010. Duración: 25 horas. Financiamento: Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Beneficiarios: 20 alumnos maiormente universitarias en situación de desemprego. ACCIÓNS FORMATIVAS: Acción Formativa: Módulo 1. Recursos web institucionais para a procura activa de emprego. Módulo 2. O videocurrículum. Módulo 3. Portais de emprego. Módulo 4. As redes sociais para o emprego. Módulo 5. Blogs profesionais
  • 30. 2.7.TRABALLO EN REDE E ESPECIALIZACIÓN EN POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO DESDE UNHA PERSPECTIVA LOCAL Mediante este proxecto facilítase os coñecementos específicos relacionados cos conceptos de traballo en rede e políticas activas de emprego. Intercambiáronse experiencias de traballo en rede para avaliar a posibilidade de transferencia aos programas operativos en execución. Datas de Celebración: 10 e 11 de xuño de 2010. Duración: 10 horas. Financiamento: Concello da Coruña. Beneficiarios: 14 técnicos de emprego do concello da Coruña. ACCIÓNS FORMATIVAS: Sesión 1: Contextualización sobre a implementación das chamadas políticas activas de emprego; Introdución á evolución histórica do concepto de rede; Tipoloxías de rede; Axentes de soporte e axentes de atención ao cliente; Deseño de partenariados; Caso práctico. Sesión 2: Indicadores para a avaliación do traballo en rede; Indicadores 1.0; Indicadores 2.0; Exemplos de boas prácticas no desenvolvemento de proxectos en rede; Caso práctico 3. PROGRAMAS DE AUTOEMPREGO O fomento da cultura emprendedora dentro da comunidade universitaria forma parte dunha das importantes liñas de actuación da FUAC. Un dos nosos obxectivos é conseguir que os universitarios consideren o Autoemprego como unha vía real de inserción laboral. Para o cumprimento deste obxectivo desenvolvemos un conxunto de accións formativas encamiñadas a cubrir as necesidades de novos proxectos empresariais. As distintas alternativas postas a disposición dos emprendedores constitúen un variado programa de formación, xa que dentro de practicamente a totalidade dos programas desenvolvidos pola unidade intégrase un módulo de creación de empresas. Ademais durante o ano 2010, en colaboración co IGAPE e co BIC GALICIA, tal e como se ven facendo anualmente, realizáronse dúas accións formativas: 3.1.SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA Enfocados a persoas con inquietudes empresariais, esta acción de difusión e sensibilización pretende dar a coñecer, a través de experiencias reais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial. Ademais de informar sobre o proceso de transformación dunha
  • 31. idea en empresa, dende que xorde o espírito emprendedor ata a súa concreción nun plan de empresa. Anos 2000-2010 (11 Seminarios) Datas de Celebración: 3 de marzo de 2010. Duración: 6 horas. Financiamento: Bic Galicia e Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 15 universitarios/as. 3.2.SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS Trátase dunha ferramenta de formación mixta que ten como obxectivo que os asistentes poidan crear, analizar e rentabilizar unha idea empresarial. Para iso é necesario: Xerar ideas; Madurar ideas para convertelas en ideas empresariais; Realizar unha primeira aproximación á viabilidade económica do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa. Anos 2000-2010 (12 seminarios) Datas de Celebración: Do 8 ao 22 de marzo de 2010. Duración: 15 horas. Financiamento: Bic Galicia e Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 13 universitarios/as. 3.3.SEMINARIOS PARA A CREACIÓN DE NOVOS PROXECTOS DE EMPRESA Estes seminarios permiten analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, analizando varias áreas que faciliten a posterior elaboración do plan de empresa. Para iso é necesario: Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio; Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa e Contrastar a viabilidade económica financeira do proxecto empresarial. Anos 2000-2010 (12 Seminarios) Datas de Celebración: Do 19 de abril ao 21 de maio de 2010. Duración: 50 horas. Financiamento: Bic Galicia e Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 14 universitarios/as. 4. FORMACIÓN 4.1.CURSO DE INGLÉS FINANCEIRO Curso incluído dentro da programación de cursos AFD 2010 (accións formativas para traballadores desempregados) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, dirixido a persoas con titulación media ou superior, demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo deste curso é desenvolver as competencias orais e escritas
  • 32. do idioma inglés nun nivel medio, para facilitar a comunicación, información e atención aos clientes ou terceiros estranxeiros. Datas de Celebración: De 27 de xullo a 14 de setembro de 2010. Duración: 180h. Financiamento: Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego. ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 180 horas de duración, en horario de 9:00 a 14:00h. PROGRAMA: Módulo 1. Atención ao cliente. Módulo 2. Presentación de produtos e servizos. Módulo 3. Presentación de feitos e cifras. Módulo 4. Necesidades e obxectivos da empresa en materia financeira. Módulo 5. Formación para a Igualdade (módulo transversal). Módulo 6. Creación de Empresas (módulo transversal). 4.2.CURSO DE EXPERTO EN XESTIÓN DE SALARIOS E SEGUROS SOCIAIS Curso incluído dentro da programación de cursos AFD 2010 (accións formativas para traballadores desempregados) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, dirixido a persoas con titulación media ou superior, demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo desde curso foi capacitar aos alumnos para xestionar a área laboral da empresa. O alumno formouse nos distintos tipos de contratación existentes, confección do recibo de salarios, a liquidación das cotas á Seguridade Social, contabilización dos custos producidos polos conceptos anteriores, así como as retencións e impostos inherentes á área, facendo especial incidencia no tratamento telemático dos datos na súa relación coas Administracións. Datas de Celebración: De 10 de agosto a 12 de novembro de 2010. Duración: 330h. Financiamento: Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego. ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 330 horas de duración, en horario de 9:00 a 14:00h. PROGRAMA: Módulo 1. Lexislación Laboral e Seguridade Social. Módulo 2. Recibo de Salarios: Estrutura e Cálculo. Módulo 3. Liquidación de Cotas á Seguridade Social. Módulo 4. Retencións e Ingresos a conta do I.R.P.F.. Módulo 5. Prestacións de Seguridade Social. Módulo 6: Aplicación de custos na pequena e mediana
  • 33. empresa. Módulo 7: Formación para a Igualdade (módulo transversal). Módulo 8. Creación de Empresas (módulo transversal). 4.3.FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO EN ORIENTACIÓN OCUPACIONAL Acción formativa experimental e complementaria das especialidades do ficheiro do Servizo Público de Emprego Estatal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo deste curso de posgrao é formar técnic@s especializad@s na orientación ocupacional que permita mellorar as posibilidades de inserción laboral dos demandantes de emprego, fomentar a cultura emprendedora nos demandantes de emprego como alternativa de inserción sociolaboral e adquirir os coñecementos necesarios para que poidan facilitar a inserción laboral d@s usuarios outorgándolles un perfil profesional demandado na sociedade laboral actual. Datas de Celebración: De 22 de setembro a 21 de outubro de 2010. Duración: 160h. Financiamento: Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego. ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 160 horas de duración, modalidade mixta, 100 horas presenciais e 60 de teleformación. PROGRAMA de 6 obradoiros de 25 horas cada un, e un modulo de igualdade de 10 horas: Obradoiro 1: Planifica a túa traxectoria Profesional ¿Emprego ou Autoemprego?. Obradoiro 2: Como buscar emprego: CV e Carta de Presentación. Obradoiro 3. Entrevistas de Traballo: Preparación e Desenvolvemento. Obradoiro 4. O Plan de Empresa. Obradoiro 5. Cómo crear unha empresa paso a paso. Obradoiro 6. Axudas e Subvencións. Módulo de Igualdade de Oportunidades 4.4.FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO EN HABILIDADES DIRECTIVAS Trátase dunha acción formativa experimental e complementaria das especialidades do ficheiro do Servizo Público de Emprego Estatal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego Galego. Mediante este curso preténdese formar aos participantes nunha serie de técnicas e habilidades que lles permita mellorar a súa forma de actuación e integración nun grupo de traballo, e obter así unha mellora da empregabilidade mediante a potenciación das habilidades interpersoais propias da intelixencia emocional que tanto están a valorar as empresas actuais.
  • 34. Datas de Celebración: De 22 de setembro a 26 de outubro de 2010. Duración: 160h. Financiamento: Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego. ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 160 horas de duración, modalidade mixta, 100 horas presenciais e 60 de teleformación. PROGRAMA: Módulo 1. Creación e selección de equipos. Organización e distribución de roles. Módulo 2. Comunicación interpersoal. Módulo 3. Motivación. Módulo 4. Liderado baixo presión. Módulo 5. Capacidade de delegación de funcións. Módulo 6. Análise de problemas e toma de decisións. Módulo 7. Desenvolvemento creativo. Módulo 8. Xestión de recursos. Módulo 9. Estratexias de negociación. Módulo 10. Planificación e execución de proxectos. Módulo de formación para a igualdade. Módulo Outdoor Training. A Fundación Universidade da Coruña leva a cabo diferentes proxectos de carácter propio que na súa condición de Unidade de Interface realiza no ámbito de Fomento da Innovación e que ten lugar na dimensión rexional, estatal e internacional. As tarefas realizadas no marco destes proxectos supón a posta en marcha de mecanismos activos de información e comunicación, que permitan conseguir unha maior presenza da Universidade da Coruña na sociedade, así como un maior impacto entre os ámbitos científico, tecnolóxico e produtivo. Neste sentido a Fundación Universidade da Coruña non pode limitarse á mera xestión e administración burocrática das actividades que xorden espontaneamente da relación entre a universidade e as empresas, senón que debe adoptar unha actitude proactiva, de procura de novas oportunidades para os equipos universitarios de traballo sistemático coas empresas e institucións. A efectos do presente informe establécese unha clasificación da tipoloxía dos proxectos xestionados e executados pola área de Fomento da Innovación da Fundación Universidade da Coruña, en función do ámbito xeográfico de actuación, en dúas categorías: rexionais e estatais e de cooperación internacional.
  • 35. PROXECTOS EN EXECUCIÓN 1. COOPERACIÓN INTERNACIONAL Título do proxecto: REDE TRANSREXIONAL UNIVERSIDADE-EMPRESA PARA A ORGANIZACIÓN DO MERCADO DA INNOVACIÓN E O COÑECEMENTO NO SUDOE  Acrónimo: REDOMIC  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: Fundación Universidade da Coruña, (ES),  Outros socios: • Fundación LABEIN (ES) • EUROCEI. Centro Europeo De Empresas e Innovación, S.A. (ES), • SODERCAN S.A.,Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria S.A. (ES), • Fundación General de la Universidad de Salamanca (ES), • Instituto de Soldadura e Qualidade (PT) • UBI, Universidade Da Beira Interior (PT) • APESA, Association pour l'Environnement et la Sécurité en Aquitaine (FR)  Data inicio-fin: 24 meses (01/03/2009 – 28/02/2012) O consorcio do proxecto REDOMIC está constituído por organismos de interface que se dotan de instrumentos de organización de mercado, para operar como rede de carácter transrexional, visible e estable. As accións de organización do mercado entre Universidade e Empresa do proxecto REDOMIC estrutúranse por medio da definición dunha oferta e unha demanda, xunto coa actuación do promotor de relacións. A formulación do proxecto REDOMIC consiste en establecer as vías polas que a oferta se achegue á demanda e chéguese a contar cun mercado organizado de carácter transrexional no SUDOE, de modo que se contribúa á promoción da innovación e á economía do coñecemento nas rexións participantes. O obxectivo final da rede de institucións que opera no proxecto REDOMIC é promover a innovación e a economía do coñecemento en rexións SUDOE por medio da introdución de elementos de organización de mercado entre Universidade e Empresa. Actividades realizadas no ano 2010: Grupo de tarefas 1: Coordinación e xestión do proxecto
  • 36. 1.- Coordinación con socios -A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu a 3ª reunión de coordinación. Lisboa, 25 e 26 /01/2010. - A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu a 4ª reunión de coordinación. Salamanca, 31/04 e 1 /05/2010. - A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu, a 5ª reunión de coordinación. Santander, 25 e 26 /10/2010. 2.- Coordinación e xestión coa Autoridade de Xestión- realización de informes de actividade Grupo de tarefas 3: Organización do mercado 3.1.Acción de formación de promotores de relacións. A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu dita acción de formación que se celebrou en Lisboa os días 26,27,28 e 29/01/2010. Grupo de tarefas 4: Intercambio de experiencias 4.2. Seminarios transrexionais para a profundización no coñecemento mutuo entre a Universidade e a Empresa - Participación no seminario de intercambio franco español sobre Eco innovación organizado por o socio 8 (APESA) en Pau (Francia) 7/04/2010 - Participación seminario de intercambio transrexional sobre Enerxía fotovoltaica organizado por el socio 4 (FGUSAL) en Salamanca, 2/06/2010 - Organización del seminario de intercambio transrexional sobre Telemedicina en A Coruña, 30/11/2010. Título do proxecto: “DISSEMINATION AND NETWORKS OF KNOWLEDGE IN ATLANTIC AREA”  Acrónimo: KNETWORKS  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: Presidência de Conselho de Ministros CEGER – Centro de Gestão da Rede Informática do Governo (PT)  Outros socios: • Presidência do Conselho de Ministros CNEL - Gabinete do Coordenador Nacional da Estratégia de Lisboa e do Plano Tecnológico (PT), • Fundación Universidade da Coruña (ES), • Universidad de Cantabria Dpto. de Transportes y Tecnología de Proyectos y Procesos (ES), • Universidade de Toulouse Le Mirail (FR)
  • 37. Cardiff University (UK) • Oxford Internet Institute (UK)  Data inicio-fin: 24 meses (01/01/2010 – 31/12/2012) Obxectivo xeral: O proxecto Knetworks, aspira a crear unha rede sostíbel de intercambio e difusión do coñecemento no espazo ATLANTICO, a fin de promover o intercambio de boas prácticas na aplicación de estratexias para a Sociedade da Información e o Coñecemento. Neste sentido, o proxecto pretende crear unha rede de excelencia permanente, baseada nas tecnoloxías da información, a fin de impulsar o desenvolvemento das actividades do proxecto e a difusión dos resultados e boas prácticas Actividades realizadas no ano 2010: - A Fundación Universidade da Coruña participou na 1ª reunión de coordinación, Lisboa, 28/06/2010. - A Fundación Universidade da Coruña participou na 2ª reunión de coordinación, Cardiff, 18/10/2010. - A Fundación Universidade da Coruña participou no seminario Internacional organizado no marco do proxecto ”Towards the knowledge society” celebrado en Lisboa o 29/06/2010. - A Fundación Universidade da Coruña participou no seminario Internacional organizado no marco do proxecto ”Advanced Knowledge Networks Beyond the Atlantic Area” celebrado en Cardiff, 19/10/2010 Título do proxecto: “APOIO INTEGRAL A ACTORES CLAVE DO SISTEMA DOMINICANO DE INNOVACIÓN PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DA REPÚBLICA DOMINICANA BASEADO NA ECONOMÍA DO COÑECEMENTO”  Acrónimo: SINNDOTEC  Entidade financiadora: Xunta de Galicia  Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña  Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña  Data inicio-fin: 1 xuño 2010 – 31 novembro 2011 O obxectivo xeral do proxecto é promover a innovación e a economía do coñecemento para o desenvolvemento da República Dominicana, de xeito que acade maiores cotas de prosperidade económica e benestar social en base as actividades de I+D+i.
  • 38. Este novo proxecto senta as súas bases nas entrevistas e reunións mantidas ao longo do ano 2009, as distintas accións realizadas e a documentación facilitada directamente pola propia SEESCyT. Deste xeito, téñense identificadas as demandas fundamentais da Administración dominicana e axentes do sistema nacional de innovación, que son as que se abordan na realización do presente proxecto, a saber: • Colaboración Universidade-Empresa. A SEESCyT, xunto con outros organismos da administración dominicana mantén o seu interese en propiciar marcos de traballo conxuntos entre as universidades e as empresas do país. Nesta liña, consciente da experiencia da FUAC, solicita apoio e asesoramento en tal materia. • Revisión de programas e accións do PECYT+I 2008-2018. Preparación e elaboración do Censo de Investigadores e Censo de Centros de Investigación e Enquisas de I+D e innovación a empresas. Elaboración de indicadores de carácter científico-técnico. • Avaliación de proxectos de grupos de investigación dominicanos presentados a FONDOCYT, por parte de científicos e tecnólogos de universidades, OPIs de Galicia, e participación activa de investigadores e tecnólogos galegos en tales proxectos. Promoción de proxectos colaborativos susceptibles de ser presentados a convocatorias de programas internacionais. • Visitas de estudio de investigadores dominicanos a instalacións científicas de Galicia. A SEESCyT está gratamente impresionada co nivel das infraestruturas científicas e tecnolóxicas de Galicia, coñecidas dende as visitas realizadas en INPOLTEC, e desexa enviar os seus investigadores para que realicen estanzas de estudio. • Proxectos de cooperación de ámbito transrexional con América Central e o Caribe. A SEESCyT está interesada en abrirse á cooperación científica e tecnolóxica cos países do seu ámbito. • Contribuír á mellora da competitividade das Empresas de RD por medio da formación do seu persoal en ferramentas de xestión e innovación empresarial. Título do proxecto: ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS PROGRAMME  Acrónimo: M4E  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: INOVAMAIS (PT)  Outros socios: Fundación Universidade da Coruña (ES)  Data inicio-fin: 18 marzo 2009- 18 setembro 2010 O obxectivo xeral do proxecto é axudar aos novos emprendedores a adquirir as cualificacións necesarias para a xestión dunha pequena ou mediana empresa (PEME) pasando un tempo nunha empresa en outro
  • 39. país da UE. Contribúe a mellorar os seus coñecementos e fomenta as transferencias de coñecementos e experiencias entre empresarios. Difusión realizada:  A Fundación Universidade da Coruña organizou unha Xornada de presentación do programa ERASMUS en Galicia. A Coruña 30/04/2009.  Na xornada -"Las Ecoempresas y su proyección de futuro"  Na xornada: -“Preparación de actuaciones y proyectos para financiarse por distintas administraciones en especial con Fondos Comunitarios”  Promoción do Programa na Website FUAC: www.fundacion.udc.es http://www.fundacion.udc.es/fuac.asp?sid=25&cid=276 • Promoción do programa Website UDC: www.udc.es. Publicada Nota de prensa 06/10/2009. • Promoción do Programa noutras websites o Fundación Galicia Europa: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=23&idTema=29&idNotic ia=1097 o Galicia Pemes - http://www.galiciapms.eu/no_cache/es/noticias/detalle/article/a-comision- europea-pon-en-marcha-o-novo-programa-erasmus-para-mozos- emprendedores.html?cHash=eb675df6d3&tx_ttnews%5BbackPid%5D=36 o Emprender Galicia - http://www.emprendergalicia.com/node/116 o CEC - Confederación de Empresarios de A Coruña http://www.cec.es/WebDefault.aspx?MenuInd=2&MenuId=51&mid=334&Lng =es- ES&tl=0&ItemId=1362 o Caype - http://boletin.caype.es/index.php?op=noticia&id=408 o Integra Consultoría, S.L. - http://www.integra.org.es o Red Fue, Red de Fundaciones Universidad-Empresa de España http://www.redfue.es/noticia.php?id=0000018&PHPSESSID=5a24a55412dc2 eb7afd618 o Nanogal http://www.nanogal.org/nanogal2/index.php?view=article&catid=41%3Aaxudas&id=117%3 Acampana-divulgativa-programa-erasmus-para-jovenes-emprendedores-io- fuac&option=com_content&Itemid=50 o FCEER - http://www.fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=505 o GALPÓN - http://www.ogalpon.com/?q=aggregator/categories/1&page=8 o Rede Amiga UDC.
  • 40. http://redeamigaudc.wordpress.com/2009/11/18/programa-erasmus-para-xovenes- emprendedores/ o Facebook o Twitter Obxetivos conqueridos • Emprendedores mobilizados -3 • Emprendedores acollidos en empresas de Galicia - 1 Empresas e emprendedores inscritos: Título do proxecto: PROGRAMA DISNEY-TC3  Entidades responsables: UDC, Tompkins Cortland Community College- Universidad de Nueva York e Walt Disney World (WDW)  Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña Este programa de formación, de 6 meses de duración, e unha iniciativa de Tompkins Cortland Community College, Universidad de Nueva York, que combina actividades académicas con prácticas de traballo no parque temático en Walt Disney World (WDW) de Florida.  Este programa é un curso de 15 créditos que inclúe prácticas profesionais pagadas en Walt Disney World (WDW) en Orlando, Florida.  El programa está rexido e supervisado segundo as necesidades académicas de TC3.  Durante as prácticas, o estudiantado debe completar tanto as obrigas do curso académico como o calendario de traballo en WDW.  Os/as estudantes vivirán nunha residencia de WDW.
  • 41. Alumnos da UDC que participaron no programa: 2. ÁMBITO REXIONAL E ESTATAL Título do proxecto: “SERVICIOS DE DIAGNOSIS E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA A MELLORA DA PRODUCTIVIDADE EN PYMES DOS SECTORES DE FABRICACIÓN DE PRODUCTOS METÁLICOS, MATERIAL E EQUIPAMENTO ELECTRÓNICO, E BENS DE EQUIPO”  Entidade financiadora: Ministerio de Industria  Socio principal: Fundación Universidade da Coruña  Outros socios:  Data inicio-fin: 1 xaneiro 2010- 31 decembro 2010 O obxectivo xeral do proxecto centrase en dotar dun servizo tecnolóxico a un conxunto de pequenas e medianas empresas, de carácter sectorial, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con necesidades e demandas homólogas, mediante o desenvolvemento de plans empresariais de transferencia tecnolóxica en pemes do sector de fabricación de Produtos Metálicos, Material e Equipamento Electrónico, e Bens de Equipo. Elaboración de 12 plans de transferencia de tecnoloxía: 1. Aluminios O Ponto 2. Aluminios Fene 3. Antonio Leira e Hijos 4. Persianas Garcal
  • 42. 5. Meidelo 6. Forte Maruxía 7. Industrias Bedoya Hermanos 8. Bencal Aluminios 9. Carpintería As Neves 10. Invernaderos Trigo 11. Talleres Maiztegui 12. Carpintería de Aluminio Ral Título do proxecto: “IDIPEMES: SISTEMAS DE XESTIÓN DA I+D+I NAS PEMES DE GALICIA”  Entidade financiadora: Xunta de Galicia  Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña  Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña, FUAC (ES)  Data inicio-fin: 1 setembro 2009 – 31 marzo 2011 O proxecto pretende acadar as seguintes metas:  Crear un grupo de traballo conformado por pemes galegas innovadoras e pertencentes a sectores económicos estratéxicos en Galicia, que se involucren de forma activa nos traballos.  Dotar as organizacións dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e eficientes no desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados dos seus proxectos innovadores.  Fomentar o intercambio de experiencias entre as empresas participantes e promover a difusión de boas prácticas organizativas, de forma que o proxecto posúa un carácter demostrativo para todo o entramado empresarial galego. O resultado principal do proxecto é, para cada unha das pemes participantes, a implantación dun Sistema de Xestión de I+D+i que dea soporte ás súas actividades de I+D+i e que sirva de ferramenta de xestión e mellora continua. Este Sistema de Xestión de I+D+i desenvolverase conforme a norma UNE 166002:2006 “Xestión da I+D+i: Requisitos do Sistema de Xestión de I+D+i”, de forma que se apliquen criterios normalizados e contrastados. Ademais e unha vez implantado o Sistema de Xestión, levará a cabo o proceso de certificación por parte dunha Entidade Certificadora acreditada por ENAC para ter tamén o recoñecemento e contraste por parte dunha entidade externa e independente.
  • 43. Empresas en proceso de certificación: BLUSENS TECHNOLOGY S.L.U. DINAIN Diseño Naval e Industrial S.L. AZTECA Consulting de Enxeñería S.L. COMENZA OTTO Ingeniería y medio Ambiente S.L. Empresas que participaron nos talleres de certificación de I+D+i: ARIAS HERMANOS CONSTRUCCIONES, S.A. GRUPO AMETS ARQNOVA ARQUITECTOS, S.L.P. IASESORA ARQUISOLUX IGALIA, S.L. AZTECA Consulting de Ingeniería, S.L. LABEL HEADWAY, S.L. BLUSENS LAUDEMIO INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.L. CIMARQ, S.L. MASTRAFO, S.L. COMENZA, S.L. MICEA, S.L. CONSULTING Y DESARROLLO BIOTECNOLÓGICO, S.L. NOMASYSTEMS, S.L. DEVALAR Consultoría Europea, S.L. NORVENTO DINAIN NUTER FEED, S.A.U. DISEÑOS ELECTRONICOS E INFORMATICOS PRODIMAR, S.L. PERI, S.A.U. DYGRA FILMS, S.L. PROCESADOS PESQUEROS, S.L. ELECTROSHIPS GALICIA PROYESTEGAL ESMEDAGRO, S.L. QUERES TECNOLOGIAS, S.L. FUNDACIÓN CHUAC STUDIO XXI PRODUCCIONES, S.L. GALEGA DE ECONOMÍA SOCIAL XORNAL DE GALICIA Título do proxecto: OBSERVATORIO ESTRATÉXICO EN FERROL E COMARCA  Entidade financiadora: Xunta de Galicia  Entidade responsable: Fundación Ferrol Metropoli  Entidades executoras: Fundación Universidade da Coruña  Data inicio-fin: 1 xullo 2010 – 31 decembro 2010 O obxectivo xeral do proxecto foi contribuír á prosperidade económica e o benestar social de Ferrol e Comarca, mediante a vixilancia do contorno tecno-económico e a suxestión de accións de mellora baseadas na Innovación e a I+D.
  • 44. EVOLUCIÓN PROXECTOS PROPIOS - INNOVACIÓN FINANCIACIÓN OBTIDA
  • 45. PROPOSTAS PRESENTADAS NO ANO 2010 1. COOPERACIÓN INTERNACIONAL Título do proxecto: BASES PARA A CONSTRUCCIÓN DUN SISTEMA DE INNOVACIÓN TRANSREXIONAL NO SUDOE, FUNDAMENTADO NA CREATIVIDADE PARA A INNOVACIÓN DAS EMPRESAS, CON APOIO DAS UNIVERSIDADES, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E ENTORNO SOCIAL DAS REXIÓNS PARTICIPANTES  Acrónimo: CREATINN  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: Fundación Universidade da Coruña, FUAC (ES).  Outros socios:  Fundación LABEIN (ES)  EUROCEI. Centro Europeo De Empresas e Innovación, S.A. (ES),  SODERCAN S.A.,Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria S.A. (ES),  Fundación General de la Universidad de Salamanca (ES),  Fundación Paideia  APESA, Association pour l'Environnement et la Sécurité en Aquitaine (FR)  NERSANT – Associação Empresarial da Região de Santarém  AGATE - Agence de développement économique du Tarn  Data inicio-fin: xaneiro 2011- decembro 2012 O obxectivo xeral do proxecto CREATINN e contribuír a creación de riqueza mediante o lanzamento dun instrumento de apoio sistemático a competitividade das Empresas en sectores estratéxicos das rexións SUDOE participantes, sobre a base da creatividade e a innovación. Para elo, precisase a implicación de Universidades, Organismos de Investigación e Centros Tecnolóxicos, Administracións Públicas e a Sociedade, de modo que se poida chegar a constituir un sistema de innovación transrexional no SUDOE. Título do proxecto: REDE DE INFRAESTRUCTURAS DE INVESTIGACIÓN  Acrónimo: REINNET  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: Universidad de Alcalá. Red de Laboratorios e Infraestructuras de Investigación de la Comunidad de Madrid. (Madrid)
  • 46. Outros socios:  Fundación Universidade da Coruña (Galicia)  LABEIN (País Vasco)  CITAndalucía (Andalucía)  CICECO. Universidad de Aveiro (Centro - Portugal)  Universidad de Toulouse (Midi-Pyrenées - Francia)  Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012 Con REINNET buscase dar resposta as necesidades dos investigadores e as empresas. En moitos casos estas encontran dificultades para acceder ós servizos das institucións de investigación, ben por unha falta de adecuación dos servizos as necesidades, ben porque debido a especialización de cada laboratorio e difícil encontrar un único centro que de resposta as diferentes necesidades que se teñen, ben porque debido a existencia de múltiples organismos, e en ocasións difícil coñecer cal e o adecuado. Título do proxecto: REFORZO DAS CAPACIDADES DE INNOVACIÓN DE CLÚSTERS DO SUDOESTE EUROPEU  Acrónimo: HERMES  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: SODERCAN (Cantabria)  Outros socios:  Fundación Universidade da Coruña (Galicia)  EUROCEI (Andalucía)  LABEIN (Pais Vasco)  ADER (Portugal)  ADRAVE (Portugal)  CR. AUVERGNE (Francia)  Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012 O Obxectivo último e crear unha rede de carácter transrexional visible e estable de fomento e apoio aos clúster cunha metodoloxía propia e un plan de traballo común, capaz de promover a innovación e a cooperación internacional dos clúster industriais no Sudoeste europeo.
  • 47. Título do proxecto: ACCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN DE PLANS INTEGRAIS SOSTIBLES PARA A DETECCIÓN DO CAMBIO CLIMATICO NO SECTOR AGROECOTURÍSTICO DO SUDOE  Acrónimo: EIRIS  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: FUNDACION PAIDEIA (Galicia)  Outros socios:  Junta Extremadura  Ayuntamiento De Santillana Del Mar (Cantabria)  Fundación Universidade Da Coruña  Midi-Pyrénées  Inov-Lisboa  Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012 O Obxectivo último e crear unha rede de carácter transrexional visible e estable de fomento e apoio aos clúster cunha metodoloxía propia e un plan de traballo común, capaz de promover a innovación e a cooperación internacional dos clúster industriais no Sudoeste europeo. Título do proxecto: REDE DE BUSINESS INNOVATION CENTERS NO ESPAZO SUDOE  Acrónimo: BICNET  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: INOVREGIO - ASSOCIAÇÃO DE INOVAÇÃO REGIONAL (Portugal)  Outros socios:  Fundación Universidade Da Coruña (Galicia)  Eurocei (Andalucía)  Sodercan (Cantabria)  Auvergne (Francia)  Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012 O Obxectivo Principal do proxecto é contribuir significativamente o fomento do emprendedurismo, innovación, dinamismo empresarial e mellora das competencias profesionais, incrementando a creación de novas empresas, apoiando a mellora e expansión dos seus negocios así como os das empresas existentes,
  • 48. apostando fortemente pola súa internacionalización, a fin de promover o desenvolvemento sostible e a competitividade das Rexións dos socios do proxecto. Título do proxecto: PROXECTO PARA O FOMENTO DA I+D NO ÁMBITO DA CONSTRUCCIÓN BAIXO PARAMETROS DE SUSTEBILIDADE  Acrónimo: INSOCONS  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Socio principal: Instituto Tecnolóxico de Galicia  Outros socios:  Universidade de Vigo-OTRI  Fundación Universidade da Coruña  TecMinho. Associação Universidade Empresa para o Desenvolvimiento.  Fundación Laboral da Construcción –Galicia  Centro de Formação Profissional da Indústria de Construção Civil e Obras Públicas do Norte. CICCOPN  Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012 Obxectivo Principal do proxecto: apostar pola construción sostible como motor de cambio dentro do sector. Para elo a innovación, a investigación, o intercambio tecnolóxico e a creación de redes de colaboración deberán de ser as bases sobre as que se sustente o proxecto. Desta maneira poderase axudar a dinamizar un sector, hasta agora en crise, recuperar e xerar novos empregos e mellorar la habitabilidade das vivendas. Título do proxecto: “PRÁCTICAS EUROPEAS EN EMPRESAS PARA TITULADOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA-PRÁCTICAS HAC LUCE 2010”  Acrónimo: PRACTICAS HAC LUCE 2010  Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.  Entidade solicitante: Universidade da Coruña  Organizacións Asociadas: • Deputación Provincial de A Coruña • Fundación Universidade da Coruña  Organizacións Intermediarias: • Insup Formation (FR)
  • 49. Institute for Support of Education and Entrepreneurship BONUM (PL) • Inovaformaçäo-Prestaçäo de serviços de formaçäo pofissional, Lda. (PT) • Sistema Turismo Srl (IT) • Training Vision Ltd. (UK) • Nordelbisches Jugendpfarramt, Jugendaufbauwerk Koppelsberg (DE) • Bulgaria Gateway Ltd. (BL)  Data inicio-fin: 1 xaneiro 2011- 31 maio 2012 O proxecto PRÁCTICAS HAC LUCE 2010, nace da necesidade da Universidade da Coruña de completar a formación dos titulados universitarios e facilitar a súa inserción laboral mediante prácticas en empresas europeas Beneficiaranse 95 recen titulados da UDC que realizarán estancias en Portugal, Francia, Alemania, Italia, Bulgaria, Reino Unido e Polonia. As estancias terán unha duración de 14 semanas que inclúe 1 semana de preparación sociocultural e 13 semanas de prácticas en empresas de acollida A UDC por medio de este proxecto quere responder a demanda existente, por parte dos estudantes de realizar prácticas en empresas como complemento a súa formación e como elemento que lles facilite unha primeira experiencia laboral tras a obtención do titulo. Os principais obxetivos son:  Favorecer a incorporación de recen titulados universitarios ó mundo laboral,  Dar continuidade a formación recibida mediante prácticas en empresas europeas de calidade,  Aumentar os niveis de cualificación e coñecemento sobre o mundo laboral,  Mellorar a capacidade emprendedora e a asunción de autonomía dos participantes,  Abordar as necesidades de persoal cualificado das empresas. 2. ÁMBITO REXIONAL E ESTATAL Título do proxecto: DEFINICIÓN E CREACIÓN DE FOLLAS DE RUTA TECNOLÓXICAS  Entidade financiadora: Xunta de Galicia  Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña  Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña e Valora Consultaría e Innovación  Data inicio-fin: 1 setembro 2010 – 31 decembro 2010
  • 50. Este proxecto ten por obxecto identificar o potencial tecnolóxico e de desenvolvemento que ten a empresa, priorizando as súas necesidades e formulando propostas que sirvan para aproveitar as súas fortalezas e corrixir as súas debilidades. Co seu desenvolvemento, as empresas disporán dun marco de referencia, a Folla de Ruta Tecnolóxica, que lles permita planificar as súas decisións de investimento en innovación e poder aproveitar todas as oportunidades de desenvolvemento tecnolóxico. En definitiva, este proxecto persegue os seguintes obxectivos:  Coñecer o potencial tecnolóxico da empresa, en recursos humanos e materiais.  Determinar a actitude da empresa para a innovación tecnolóxica e as súas necesidades de innovación, facéndolle ver a súa importancia.  Identificar as oportunidades de innovación do mercado.  Adquirir os coñecementos necesarios para a posterior definición de proxectos de investigación ou innovación Título do proxecto: COMO RENDIBILIZAR OS RESULTADOS DA I+D+I  Acrónimo: IDIMAIS  Entidade financiadora: Xunta de Galicia  Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña  Data inicio-fin: agosto 2010 – setembro 2011 Os obxectivos son: Crear un grupo de traballo conformado por pemes galegas innovadoras e pertencentes a sectores económicos estratéxicos en Galicia que se involucren de forma activa nos traballos; Dotar as organizacións dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e eficientes no desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados dos seus proxectos innovadores; Fomentar o intercambio de experiencias entre as empresas participantes e promover a difusión de boas prácticas organizativas, de forma que o proxecto posúa un carácter demostrativo para todo o entramado empresarial galego. Título do proxecto: “SERVICIOS DE DIAGNOSE E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA PEMES INDUSTRIAIS DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL”  Entidade financiadora: Ministerio de Industria  Socio principal: Fundación Universidade da Coruña
  • 51. Outros socios:  Data inicio-fin: 1 xaneiro 2011- 31 decembro 2011 O obxectivo xeral do proxecto centrase en dotar dun servizo tecnolóxico a un conxunto de pequenas e medianas empresas, de carácter sectorial, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con necesidades e demandas homólogas, mediante o desenvolvemento de plans empresariais de transferencia tecnolóxica en pemes industriais. Convenios marco, de colaboración e convenios específicos • Acordo transnacional de socios do proxecto KNETWORKS. • Convenio SINNDOTEC – Fundación Universidade da Coruña e PUCMM da República Dominicana