2. Manuel José Quintana naceu en Madrid o 11 de abril
de 1772, fillo de pais estremeños. Estudou Dereito en
Salamanca, onde forxou unha boa amizade co rector
liberal Diego Muñoz Torrero,sen embargo, co seu
sucesor, Tejerizo, non se levou tan ben e expulsouno
en 1793, sendo readmitido de novo un ano máis
tarde.
Exerceu como avogado dende 1795 e continuou a
súa carreira política. Neste mesmo ano, foi nomeado
procurador fiscal da Xunta de Comercio e Moeda.
Tivo un breve matrimonio con María Antonia
Florencia que rematou en fracaso,separáronse e non
tiveron fillos. Ela falece uns anos máis tarde. Nos
demais aspectos persoais íalle ben: estrea con moito
éxito o seu drama Pelayo (1805), é nomeado censor
de teatros,comeza a publicar unha serie de biografías
de inspiración moi patriótica.
Durante a Guerra da Independencia e a partir de
1808 militou no bando liberal e ocupou varios cargos
3. A partir do momento que inicia tanta responsabilidades
na política, a súa creación literaria queda marxinada,
pois estaba o servizo dos múltiples compromisos
políticos de orientación liberal, xa que era o oficial
primeiro da Secretaría Xeral da Xunta Central dende
xaneiro de 1809,da que era titular Martín de Garay.
Con este e outros membros da Xunta Central,
elaboraron un plan para impoñer as súas ideas liberais
fronte ás dos absolutistas e a de ilustrados como
Jovellanos. O impulso de Quintana e de Garay permitiu
que as Cortes de Cádiz se reunisen nunha sola cámara
sen respectar ó estamento privilexiado. En xaneiro de
1810 foi nomeado Secretario de Interpretación das
Lenguas e participou na Xunta de Instrucción Pública.
Catro anos máis tarde, ingresou na Real Academia
Española. Este mesmo ano co regreso de Fernando VII
de Francia foi encarcelado en Pamplona pola súa
4. Non será ata 1828 que
se lle permita volver a
Madrid. Trala morte do
monarca, foi restituído
nos seus cargos,
nomeado prócer do
reino (1834-1836),
director de Estudos
novamente e senador
electo por Badaxoz.
En 1840 foi nomeado
titor instrutor da Raíña
dona Isabel II. Senador
vitalicio en 1845. o 25
de marzo de 1855 é
5. Morreu en 1857, e debido a súa forma de vida frugal,
deixou algunhas débedas que foron satisfeitas coa
venda de libros da súa biblioteca. O funeral foi
pagado na súa totalidade pola raíña Isabel II.
Todos os seus contemporáneos destacaron nel como
trazos fundamentais no seu carácter a súa
honestidade e integridade, o se patriotismo e
compromiso radical coa liberdade do xénero humano.
A súa poesía é case toda de tema moral, cívico,
patriótica e política, inspirada principalmente no
neoclásico.
Ten unha extensa obra literaria entre a que hai obras
de todos os tipos: de ensaio, poesía, drama... Ata
realizou dous traballos como autólogo.