SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  34
Télécharger pour lire hors ligne
PROGRAMACIÓN DE GREGO I

   1º DE BACHARELATO

 DEPARTAMENTO DE CULTURA

          CLÁSICA

    I.E.S. DA TERRA CHÁ

      CASTRO DE REI

             LUGO

     CURSO 2009-2010




       ©Lorenzo Fraga Montero




                 1
ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN:

  1. CONTEXTUALIZACIÓN.

  2. MARCO LEXISLATIVO.

2. OBXECTIVOS.

3. CONTIDOS.

4. EIXOS TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

  CONTIDOS.

6. METODOLOXÍA.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.




                              2
1. INTRODUCCIÓN.

  1. CONTEXTUALIZACIÓN.

     A programación da asignatura de Grego I forma parte do

     Proxecto Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro

     de Rei, na provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do

     Bacharelato na súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais,

     impartíndose no primeiro curso. O grupo de Grego I está formado

     por 2 alumnas. Non hai ningún/a alumno/a de 2º de bacharelato

     con esta asignatura pendente.

  2. MARCO LEXISLATIVO.

     O marco lexislativo desta programación constitúeno as seguintes

     normas:

     1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4

        de maio de 2006)

     2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

        ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

        Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)

     3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

        organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na

        Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008)



2. OBXECTIVOS.

  Os obxectivos establecidos para a asignatura de Grego (I e II) no

  Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación

  e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

  (DOG do 23 de xuño de 2008) son:

  1. Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de

                                3
dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos

     elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua

     grega.

  2. Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe

     cotiá e na terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e

     sufixos gregos que axuden a unha mellor comprensión das linguas

     modernas.

  3. Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos,

     realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as

     características principais e o xénero literario a que pertencen.

  4. Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes

     manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a

     súa contribución e continuidade ao longo da historia no mundo

     actual.

  5. Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas,

     obtendo delas datos relevantes para o coñecemento da lingua e a

     cultura estudadas.



3. CONTIDOS.

  O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se

  establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

  Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os

  contidos da asignatura de Grego I en 5 bloques:

  1. CONTIDOS COMÚNS:

     1. A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a

        precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos

        matices.

                                 4
2. As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con

     respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas;

     evolución posterior e influencia na sociedade occidental.

     Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller

     e da infancia, na escravitude e nas relacións económicas e

     militares entre as cidades-estado.

  3. Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo.

  4. Aproximación a outras culturas do mundo antigo.

2. A LINGUA GREGA.

  1. Do indoeuropeo ao grego moderno.

  2. O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición.

  3. Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal.

     Paradigmas máis frecuentes.

  4. Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións.

  5. Sintaxe das oracións:

     •   nexos e partículas, a oración simple, a coordinación;

     •   inicio do estudo da subordinación:

         ◦   construcións sinxelas de infinitivo e participio,

         ◦   subordinadas de relativo.

         ◦   introdución ao uso das partículas subordinantes máis

             frecuentes.

3. OS TEXTOS GREGOS E A SÚA INTERPRETACIÓN.

  1. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e

     ao comentario de textos gregos.

  2. Análise morfosintáctica.

  3. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos.

4. O LÉXICO GREGO E A SÚA EVOLUCIÓN.

                                5
1. Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa

       frecuencia ou da súa relevancia en galego e castelán.

    2. Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e

       derivación.

    3. Helenismos no vocabulario común das linguas modernas.

    4. O vocabulario científico e técnico.

  5. GRECIA E O SEU LEGADO.

    1. Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia.

    2. Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos.

    3. A polis grega: organización política e social. Etnocentrismo e

       androcentrismo.

    4. A vida cotiá.

    5. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis

       importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas

       manifestacións culturais do mundo occidental).

    6. Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais.

    7. O pensamento; a ciencia. A arte grega.



4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

  1. A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se

    producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron

    posibles.

    Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,

    porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo

    dos diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura,

    etc.), a relevancia do contexto histórico e a importancia dos


                                6
individuos ou colectivos que os fixeron posibles.

2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións

   entre diferentes materias e a aportación de cada unha á

   comprensión global dos fenómenos estudados.

   Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,

   pois en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de

   coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste.

3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo

   as actividades que capaciten para o coñecemento e análise do

   medio que nos circunda e das variadas actividades humanas e

   modos de vida.

   Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de

   contidos relativos a Grecia e o seu legado. As experiencias en

   tódolos ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións,

   vida cotiá, estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en

   moitos casos comúns ou presentan importantes similitudes con

   situacións actuais.

   É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan

   realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación.

4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura,

   ocio e estudo presentes na sociedade do coñecemento.

   Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos

   bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as

   alumnas poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a

   través do cine) como a través do uso de materiais desta natureza


                               7
na explicación (por exemplo, a través do uso de presentacións).

5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a

   tódalas     persoas no mundo globalizado,            entre os   que     se

   considerarán a saúde, a pobreza no mundo, o esgotamento dos

   recursos     naturais,     a   superpoboación,   a     contaminación,   o

   quecemento da Terra, a violencia, o racismo, a emigración e a

   desigualdade entre as persoas, pobos e nacións.

   Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir

   das reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase

   e, tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a

   sociedade grega.

6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade

   dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das

   mulleres.

   Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la

   sociedade grega, con especial referencia á situación dos escravos

   e da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a

   importante evolución e progreso que aportan as sociedades

   occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con

   outras sociedades contemporáneas.

7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución

   das   diferentes         sociedades,   civilizacións    e   culturas    ó

   desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e

   global do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós

   últimos séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do



                                   8
devir da humanidade.

   Este contido transversal trátase ó considera-las importantes

   aportacións do mundo grego en tódolos campos da evolución da

   humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa

   sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o

   mundo grego.

8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o

   progreso   humano    nos   campos   da   saúde,   o   benestar,   as

   comunicacións, a difusión do coñecemento, as formas de goberno

   e as maneiras de satisface-las necesidades humanas básicas.

   Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de

   bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno

   existentes durante a historia de Grecia son aspectos que

   permiten abordar este contido transversal nesta asignatura.

9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos

   actuais e das controversias que suscitan, así como a adquisición de

   actitudes de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a

   conciencia da necesidad de camiñar cara a sostibilidade do

   planeta.

   Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques

   temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que

   se utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en

   formación e que presenta nas súas formulacións disparidade,

   disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente

   adecuadamente.



                               9
10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a

   adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden

   negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da

   personalidade e autonomía do alumnado.

   Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-

   los   hábitos   hixiénicos   e    alimenticios   da   Grecia   clásica,

   considerando que prácticas eran beneficiosas y cales non.

11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade

   democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa

   evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e

   filosófico dos dereitos humanos.

   Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-

   las formas de goberno de Grecia. É importante establecer

   paralelos entre as distintas formas de goberno da Grecia clásica

   (especialmente a democracia ateniense) e os modelos actuais,

   facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios.

   É, ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos

   humanos como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo

   feito de o ser, en especial contraposición á práctica común no

   mundo antigo da escravitude.

12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en

   diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua

   estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas

   polo alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa

   formación integral a través do respeto, o interese e a

   comunicación con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia

                                10
intercultural como vehículo para a comprensión dos problemas do

     mundo globalizado.

     En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido

     transversal. É fundamental que o alumnado sexa quen de se

     expresar, non só con corrección, se non tamén con propiedade á

     hora de trata-los distintos contidos da asignatura. É por iso que

     tanto o traballo en expresión oral como escrita sexa parte

     fundamental desta materia.

  13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de

     coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes

     teóricas coas de carácter empírica e práctica.

     Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto

     que as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que,

     ademais de acceder a e procesar información, terán que pór en

     práctica conceptos e contidos aprendidos na aula.




5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

  CONTIDOS.

  Os contidos desta programación organízanse en unidades didácticas

  que   seguen   unha     secuenciación   progresiva,   da   1   á   16.   A

  temporalización destas unidades didácticas hase concretar na

  programación de aula.

  De seguido enuméranse as unidades didácticas, os contidos de cada

  unha diferenciados segundo os bloques temáticos de contidos e

  establécese unha temporalización por avaliacións que é puramente



                                  11
estimativa. Non se fai referencia ós textos e actividades, pero toda

unidade didáctica vai acompañada de textos, actividades e o

vocabulario correspondente; a concreción de todo isto déixase para a

programación de aula.

ADDENDA: Os contidos que atinxen ó bloque de cultura ou legado

secuencialízanse de modo independente, agás na primeira unidade

didáctica, dado que han se-los/las alumnos/as os/as que, a partir do

material e recursos dados polo profesor, elaboren os materiais de

traballo e estudo.

1. 1ª AVALIACIÓN.

   1. Unidade didáctica 1:

      1. A lingua grega:

         1. O alfabeto grego. Nocións básicas de fonética, fonoloxía e

             transcrición.

         2. Concepto de indoeuropeo e de lingua flexiva.

         3. Orixe do alfabeto grego.

         4. Os dialectos antigos.

         5. Valor das letras gregas e dos signos de puntuación.

         6. A transcrición do grego ó galego e ó castelán.

      2. Interpretación dos textos:

         1. Introducción e procedemento para a lectura e escritura

             correcta de textos gregos.

      3. Léxico e a súa evolución:

         1. A transcrición coma instrumento de análise etimolóxica.

         2. Familiarizarse con algúns nomes propios (principais deuses).

      4. Grecia e o seu legado:

         1. Importancia e influencia do grego na cultura occidental e

             universal.


                               12
2. Orixes da escritura grega e influencia posterior xeral.

2. Unidade didáctica 2:

   1. A lingua grega:

      1. Terceira persoa do singular do presente de indicativo activo.

      2. Concepto de xénero, número, caso e concordancia.

      3. Nominativo e acusativo singular da flexión temática.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Introducción y procedemento para a tradución de textos.

      2. Técnicas de tradución.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Concepto de etimoloxía.

      2. Procedementos     utilizados     en   etimoloxías:   derivados    e

         compostos a partir de palabras gregas.

3. Unidade didáctica 3:

   1. A lingua grega:

      1. Singular do presente de indicativo e imperativo.

      2. Segunda declinación en singular.

      3. Uso de tódolos casos da segunda declinación en singular.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos.

      2. Aplicación da gramática ós textos.

      3. Interpretación   e    relación    dos   textos   traducidos      con

         situacións sociais ou xeográficas da antigüidade.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Derivados e compostos a partir de varias palabras gregas.

      2. Uso dos prefixos preposicionais coma preverbios.

4. Unidade didáctica 4:

   1. A lingua grega:



                              13
1. Segunda declinación, masculinos e neutros.

        2. Os verbos en plural e en infinitivo.

     2. Interpretación dos textos:

        1. Tradución dos textos da unidade.

        2. Interpretación e resumo de textos traducidos sobre a

           democracia.

     3. Léxico e a súa evolución:

        1. Búsqueda de palabras con lito, mega, mono.

        2. Análise da formación de verbos compostos en grego.

        3. Utilización    do   dicionario   para   resolver   problemas   de

           etimoloxía.

  5. Unidade didáctica 5:

     1. A lingua grega:

        1. Tódalas formas do presente de indicativo.

        2. Sustantivos femininos da primeira e segunda declinacións.

        3. Sustantivos masculinos da primeira declinación.

        4. Visión global das formas dos adxectivos da primeira e

           segunda declinacións.

        5. Formas dos adxectivos μέγας e πολύς.

        6. A formación de adverbios.

        7. As formas do artigo e o seu uso coma indicador do caso.

     2. Interpretación dos textos:

        1. Tradución e interpretación dos textos da unidade.

     3. Léxico e a súa evolución:

        1. Utilización de dicionarios para resolve-las etimoloxías da

           unidade.

        2. Proceso de formación dos verbos denominativos gregos.

2. 2ª AVALIACIÓN



                                14
1. Unidade didáctica 6:

   1. A lingua grega:

      1. Verbos contractos en -α-.

      2. Concordancia de suxeito neutro e verbo.

      3. Introducción á voz media.

      4. O uso do artigo ó principio de frase.

      5. Os pronomes persoais.

      6. Os adxectivos posesivos e o xenitivo posesivo.

      7. A posición atributiva e predicativa do adxectivo.

      8. Sustantivos femininos da segunda declinación.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Raíces compostas y derivadas de geo.

      2. Familiaridade co termo auto.

2. Unidade didáctica 7:

   1. A lingua grega:

      1. A voz media.

      2. Os usos do caso dativo vistos nos textos gregos, incluídos os

          que rexen certos verbos.

      3. O uso das preposicións cos casos acusativo, xenitivo e dativo.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos relativos ó mito de Teseo, o Minotauro e

          Ariadna.

      2. Resume e comentario de textos sobre mitoloxía grega.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Búsqueda de significados de compostos coa palabra fobia.

      2. Descrición de relacións entre palabras da mesma familia



                            15
léxica.

3. Unidade didáctica 8:

   1. A lingua grega:

      1. Visión completa do concepto de declinación.

      2. Dous sustantivos máis da terceira declinación.

      3. Introdución ó pronome αύτός e ós pronomes reflexivos.

      4. Adxectivos     posesivos   de   primeira   e   segunda   persoa;

         sustitucións do adxectivo de terceira persoa.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos.

      2. Interpretación de textos traducidos mediante resumos,

         debates ou comentarios.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Palabras cos compoñentes mito e teo.

      2. Derivación e composición con onoma, ergo.

4. Unidade didáctica 9:

   1. A lingua grega:

      1. Participio de presente medio.

      2. Voz media dos verbos contractos en -α-.

      3. Outros sustantivos da terceira declinación e o adxectivo πᾶς.

      4. Os números cardinais e ordinais dende «un» ata «dez», e

         declinación dos ordinais dende «primeiro» ata «décimo».

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos.

      2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre a cidade en

         Grecia.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Derivados e compostos con polis.


                             16
2. Deducción do significado de series de adverbios de lugar.

  5. Unidade didáctica 10:

     1. A lingua grega:

        1. Os principais usos do caso xenitivo.

        2. Algúns usos do artigo.

        3. Participios de presente da voz activa.

     2. Interpretación dos textos:

        1. Tradución de textos.

        2. Interpretación de textos traducidos co seguinte tema:

           1. o Partenón e as obras públicas en Atenas en tempo de

               Pericles.

           2. a Acrópolis.

     3. Léxico e a súa evolución:

        1. Compostos e derivados con el componente demo.

        2. Derivados gregos masculinos do tipo poeta; derivados en
           -ico.

3. 3ª EVALUACIÓN.

  1. Unidade didáctica 11:

     1. A lingua grega:

        1. Formas doutros sustantivos da terceira declinación.

        2. Exemplos de verbos impersoais.

        3. Repaso de palabras usadas para introducir interrogacións.

        4. Revisión das formas verbais de λύω, φιλέω, τιμάω e εἰμί
           aparecidas ata o de agora.

     2. Interpretación dos textos:

        1. Tradución de textos.

        2. Comentario de textos traducidos sobre a festa en xeral.

     3. Léxico e a súa evolución:



                              17
1. Búsqueda de palabras a partir de macro, piro, oftalmo,
         xeno, agon.

2. Unidade didáctica 12:

   1. A lingua grega:

      1. Os tempos de pasado.

      2. O aoristo temático.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos gregos.

      2. Interpreta-los textos gregos orixinais e traducidos de

         acordo co tema da medicina grega.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Compostos co termo logo.

      2. Derivados a partir do sufixo grego –της.

3. Unidade didáctica 13:

   1. A lingua grega:

      1. Aoristo sigmático dos verbos regulares en vocal, consoante e

         contractos.

      2. Aoristo sigmático dos verbos en consoante líquida.

      3. Imperfecto de ειμί, «ser».

      4. Aoristos sigmáticos irregulares de verbos moi frecuentes.

      5. Aumento dos verbos compostos.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos gregos.

      2. Resumo    e    comentario    de   textos   traducidos   sobre   a

         colonización, comercio e viaxes.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Deducción y derivación de compostos con orto-.

      2. Compostos con matemat-, poli-.


                             18
4. Unidade didáctica 14:

   1. A lingua grega:

      1. O imperfecto.

      2. O pronome relativo e as oracións de relativo.

      3. Sustantivos e adxectivos da terceira declinación de temas en
         consoante σ.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Tradución de textos gregos.

      2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre diferentes

         costumes doutras culturas.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Compostos con cosmo, aero, nauta, astro.

      2. Formación de diferentes familias de palabras a partir de

         palabras dadas.

5. Unidade didáctica 15:

   1. A lingua grega:

      1. Adxectivos        comparativos.    Adverbios      comparativos.

         Construcións con adxectivos e adverbios comparativos.

      2. Adxectivos demostrativos όδε, οΰτος, έκεινος.

      3. Series de adverbios interrogativos. Series de adverbios

         indefinidos. Correspondencia entre eles.

   2. Interpretación dos textos:

      1. Lectura e interpretación de textos traducidos.

      2. Lectura, tradución e interpretación de textos gregos.

   3. Léxico e a súa evolución:

      1. Orixe grega dalgúns nomes propios, como Teodoro, Xurxo,

         Felipe, Sofía, Dorotea e Ofelia.

      2. O vocabulario da guerra: polémico, estratéxico.


                              19
6. Unidade didáctica 16:

     1. A lingua grega:

        1. Formas de tres aoristos atemáticos irregulares (έβην, έγνων

            e έστην).

        2. Os verbos contractos en - ο-.

     2. Interpretación dos textos:

        1. Continuación da historia das guerras médicas coa narración

            da batalla de Salamina.

        2. Abandono polos atenienses da súa cidade e toma de Atenas

            polos persas.

     3. Léxico e a súa evolución:

        1. Compostos co termo grego μόνος.

        2. Exercicios con sustantivos e verbos gregos que teñan a

            mesma raíz.

4. SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS DO BLOQUE DE LEGADO.

  1. Unidade didáctica 01: A Grecia clásica. A lingua grega.

     1. O marco xeográfico.

     2. Primeiras civilizacións da Grecia antiga.

     3. Período arcaico (800-496 a.C.)

     4. Período clásico (496-336 a.C.)

     5. Período helenístico (336-146 a.C.)

     6. Do indoeuropeo ó grego.

  2. Unidade didáctica 02: A sociedade grega. A polis.

     1. Orixe e forma de goberno na polis.

     2. A estrutura social: Esparta e Atenas.

     3. Órganos de goberno e maxistrados.

     4. Organización da xustiza.

     5. A familia.



                               20
6. A educación.

       7. A vida privada en Atenas.

    3. Unidade didáctica 03: Mitos e xéneros literarios.

       1. Os mitos gregos (I): a orixe dos deuses.

       2. Os mitos gregos (II): outros deuses e heroes.

       3. A épica.

       4. A lírica.

       5. A dramática.

       6. A prosa.

    4. Unidade didáctica 04: A arte grega.

       1. Primeiras manifestacións da arte grega.

       2. Arquitectura grega (I): o templo.

       3. Arquitectura grega (II): o urbanismo e os edificios públicos.

       4. Escultura grega.

       5. Principais esculturas da arte grega.

       6. Pintura e cerámica gregas.

6. METODOLOXÍA.

    Advertencia previa: por razóns prácticas agrúpanse nun mesmo

    apartado os contidos correspondentes ós bloques de Lingua grega,

    Interpretación dos textos e O léxico e a súa evolución.

  1. Lingua grega, Interpretación dos textos e Léxico e a súa

    evolución.

    1. Presentación: toda unidade didáctica iniciarase presentando

       ós/ás alumnos/as os obxectivos que se prevé acadar en cada

       unidade didáctica, ben oralmente, ben mediante esquemas ou

       presentacións.

    2. Explicación: de seguido explicaranse os contidos teóricos de

       morfoloxía e sintaxe, e faranse os exercicios correspondentes

                                 21
propostos no libro de texto. Normalmente os exercicios de

   tradución faranse na aula e en grupo, mentres que os de

   morfoloxía hanse mandar para casa e hanse corrixir despois,

   xa na aula, xa de modo individualizado.

3. Textos. Dos varios textos que presenta cada unidade

   didáctica, polo menos un hase facer na aula de modo conxunto

   entre os/as alumnos/as e o profesor, e outro de modo

   individual   polos/as   alumnos/as,     para     ser       corrixido    polo

   profesor. Trátase de que os/as alumnos/as aprendan dun modo

   práctico as técnicas de tradución e mailo vocabulario. Así

   mesmo, os textos serán a excusa para o comentario e reflexión

   sobre aspectos de cultura e legado da Grecia clásica.

4. Léxico e a súa evolución:

   1. Léxico.    É   importante     que    dende     o    principio       os/as

      alumnos/as estean afeitos a aprender vocabulario grego. É

      por iso que se considera que todo o vocabulario que se

      utilice nos exercicios, agás que se diga o contrario, debe

      ser coñecido. O obxectivo desta medida é que os/as

      alumnos/as asuman dende o primeiro día que a aprendizaxe

      do grego e mailo latín é neste eido moi similar á das linguas

      modernas.

   2. A súa evolución. En cada unidade didáctica hai unha serie de

      contidos relativos á formación de vocabulario en grego e a

      súa presenza nas linguas modernas, con especial atención ó

      vocabulario     científico.    Así    pois,        en     función     da

      dispoñibilidade de tempo e da importancia, hanse tratar

      estes apartados na aula ou hanse remitir para unha simple

                             22
lectura na casa.

2. Grecia e o seu legado. A literatura grega.

   Este bloque de contidos precisa un tratamento específico, porque

   a metodoloxía a empregar nel é moi distinta á do resto dos

   bloques.

   Para aborda-la metodoloxía que se vai empregar neste apartado

   da programación partimos de dous principios:

   1. os/as alumnos/as deben aprender a traballar de seu, ben en

      grupo, ben individualmente, na procura de novo coñecemento.

   2. para acadaren este obxectivo, os/as alumnos/as deben face-lo

      maior uso posible de tódolos recursos das TICs que coñezan, e,

      ó mesmo tempo, introducirse no uso de novos recursos.

   Así pois a metodoloxía que se propón para tratar este bloque de

   contidos é a seguinte:

   1. hase asignar a cada alumno/a polo menos un dos temas do

      bloque de legado. O modo de asignación quedará a discreción

      do profesor.

   2. cada alumno/a elaborará un traballo a partir do guión

      entregado      polo    profesor.   No   guión   hanse   recolle-los

      obxectivos, o modo de realiza-lo traballo, o formato ou soporte

      do traballo e, sobre todo, o material mínimo a partir do que

      elabora-lo traballo.

   3. o traballo será entregado ó profesor para a súa corrección e

      valoración. Se o traballo está ben, o/a alumno procederá a

      colgalo nun recurso da internet a tal efecto para o poñer á

      disposición dos seus compañeiros. Se o traballo non estivera

      ben, volvería ó/á alumno/a para a súa corrección.

                                 23
4. unha vez que o traballo está colgado na internet, a alumna fará

       unha exposición pública na aula na que utilizará como apoio

       todos eses materiais en soporte informático.



7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÉTODO DE AVALIACIÓN.

  1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

       Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto

       126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e

       o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

       son:

    1. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua

       materna, utilizar os seus diferentes signos ortográficos e de

       puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no

       abecedario latino propio das linguas modernas do noso

       contorno.
       Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado recoñece os

       signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos

       breves. Así mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir

       termos á súa lingua materna e para relacionar os dous sistemas de

       escritura, distinguindo as semellanzas e diferenzas ortográficas e

       fonéticas entre ambos.

    2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos.
       Preténdese comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior

       tradución literal dun texto, o alumnado posúe a capacidade de

       recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos

       serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade mínima.

    3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da


                                 24
morfoloxía e da sintaxe da oración, apreciando variantes e

   coincidencias con outras linguas coñecidas.
   Este criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de

   morfoloxía e sintaxe que permitan recoñecer as características

   dunha lingua flexiva e identificar formas e funcións. Relacionaranse

   eses elementos básicos cos do galego e do castelán ou cos doutras

   linguas coñecidas.

4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do

   vocabulario común e do léxico científico e técnico das linguas

   modernas a partir de termos que aparezan nos textos.
   Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar termos

   da propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co

   correspondente étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado

   adquiriu un vocabulario básico que lle permita deducir palabras da

   mesma familia etimolóxica e os seus significados, tendo en conta os

   procedementos de derivación e composición.

5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros

   ou textos referidos ao mundo grego e distinguir aspectos

   históricos e culturais contidos neles.
   Con   este   criterio   preténdese   determinar   a   capacidade    de

   comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e

   establecer   a relación    entre elas. Poderase manifestar         esta

   competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos

   con sentido completo, contrastando os textos gregos con textos de

   literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os

   textos referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a

   reflexionar sobre os diferentes modos de se achegar á cultura

   clásica.


                              25
6. Situar   no   tempo        e    no   espazo     os   máis   importantes

     acontecementos históricos de Grecia, identificar as súas

     manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na

     nosa civilización.
     Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa época e marco

     xeográfico,   tanto   os       acontecementos    máis   importantes   que

     configuraron a historia de Grecia, como as súas manifestacións

     culturais máis significativas. Preténdese tamén constatar se se é

     capaz de recoñecer os elementos da cultura grega presentes na

     actualidade. Poderase manifestar a competencia elaborando mapas e

     desenvolvendo exposicións escritas ou orais sobre o mundo clásico.

  7. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado,

     pequenos traballos de investigación sobre a persistencia do

     mundo grego, consultando as fontes directas e utilizando as

     tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta

     de organización e comunicación dos resultados.
     Este criterio pretende verificar que as alumnas e os alumnos

     distinguen os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como

     herdanza do noso propio pasado, e que os interpretan criticamente á

     luz dos coñecementos que xa teñen, mediante a utilización selectiva

     de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son capaces de

     indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias

     ordenando os datos obtidos e elaborando o seu traballo mediante o

     uso das tecnoloxías da información e da comunicación como

     ferramentas fundamentais.



2. MÉTODO DE AVALIACIÓN:

  1. A avaliación nesta materia caracterízase por ser CONTINUA,

                                    26
polo tanto, en principio, NON SE LIBERARÁ MATERIA.

2. AVALIACIÓN INICIAL.

  Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do

  seguinte modo:

  1. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e

     sintácticos.   Nesta       proba   hase   tratar   de     valora-lo

     coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe

     xeral ten o alumnado. Esta proba será común a de Latín I.

  2. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e

     legado. Con esta proba preténdese valora-lo grao de

     coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Grecia

     en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en

     particular, con Galicia.

  3. mediante a conversa os primeiros días de clase hase tratar

     de coñece-las razóns que levaron ó alumnado a cursar esta

     asignatura.

3. AVALIACIÓN ORDINARIA. Para establece-las cualificacións

  establécese o siguinte procedemento:

  1. Cualificación avaliación:

     1. en cada avaliación hase realizar, polo menos, un exame

        ou proba completa (preferiblemente dúas). Cada exame

        ou proba completa constará das seguintes partes:

        1. proba de morfoloxía e sintaxe (teoría); exame no que

           o/a alumno/a deberá demostrar un coñecemento

           suficiente dos contidos explicados en clase sobre

           morfoloxía, sintaxe teórica e pervivencia da lingua

           grega    nas     linguas     modernas   coñecidas     polo/a

                            27
alumno/a.

  Esta proba aporta o 40 % da cualificación final do

  exame.

2. Proba de tradución e léxico; exame no que o/a

  alumno/a ten que demostrar e aplicar dun modo

  práctico    os   seus   coñecementos   de   morfoloxía,

  sintaxe e léxico.

  Para a realización desta proba hase dispoñer dun

  léxico grego sen tradución ó galego/castelán.

  Esta proba pode constar de ata tres partes;

  1. unha para traducir de grego a galego/castelán

     (valor 1/3)

  2. outra para traducir de galego/castelán a grego,

     (valor 1/3)

  3. outra para traducir do grego ó galego/castelán un

     texto visto en clase (valor 1/3).

  A proba de tradución aporta o 60 % da cualificación

  final do exame.

  Debido a que o grupo de Grego I está formado por

  dúas alumnas, estas probas poderanse facer de modo

  oral, ben nunha sesión ou ben durante un conxunto de

  sesións previamente indicadas. En caso de que a

  alumna estea en desacordo coa calificación proposta

  polo profesor, farase unha proba escrita.

3. NOTA DE CORTE:

  1. Nun exame: se o/a alumno/a non acadase polo

     menos 4 puntos (NOTA DE CORTE) sobre 10 en

                   28
cada unha das partes do exame mencionadas, o

         exame no seu conxunto hase considerar suspenso

         e a nota máxima, automáticamente, un tres.

      2. Na avaliación: para poder aproba-la avaliación é

         preciso, en todo caso, obter máis dun 4 sobre 10

         na cualificación do segundo exame de avaliación.

         De     non        ser   así,   automáticamente        e

         independentemente da cualificación do primeiro

         exame, a avaliación darase por suspensa, sendo a

         nota máxima un 3.

   4. DOBRE VALOR DA NOTA DO SEGUNDO EXAME: en

      tanto que a avaliación desta materia se concibe coma

      continua, se nunha mesma avaliación se realizan dous

      exames completos, hase prima-la cualificación do

      segundo sobre a do primeiro (multiplicarase a

      cualificación do segundo por dous, sumaráselle a

      cualificación do primeiro e dividirase o total entre

      tres).

2. Cualificación final.

   1. É o resultado da seguinte fórmula: ((cualificación 1ª

      aval.)+(cualific. 2ª aval. X 2)+(cualific. 3ª aval. X 3)) /

      6. Esta fórmula hase aplicar sempre e cando o/a

      alumno supere a 3ª avaliación. Polo tanto, para poder

      aproba-lo curso é preciso aproba-la 3ª avaliación.

   2. A fórmula do punto anterior só é de aplicación cando

      beneficia ó/á alumno/a. Se a cualificación obtida é

      inferior a cualificación da terceira avaliación, a

                      29
cualificación final neste apartado da materia será a

     desta avaliación.

  3. A fórmula do punto primeiro ou a cualificación do

     segundo aportará o 90% da cualificación final. O 10 %

     restante obterase a partir da calificación obtida nos

     traballos     e   exposicións   orais    realizadas   polas

     alumnas.

3. Recuperación.

  1. Nesta asignatura non hai exames de recuperación.

     Dado que non se libera materia, os/as alumnas que

     suspendan          unha     avaliación        recuperarán

     automáticamente a anterior aprobando a seguinte.

4. Proba extraordinaria de setembro.

  Exame similar ó final da 3ª avaliación. Calquera

  restricción dos contidos farase pública no mes de xuño.

  Queda a discreción do profesor esixir ou non os

  contidos de legado na proba de setembro. En todo caso

  esta circunstancia comunicarase ós/as alumnos/as no

  mes de xuño.

5. Redondeos.

  Ademais das probas escritas, valorarase especialmente

  para a determinación dos redondeos das cualificacións

  de avaliación a participación activa en clase, acreditando

  a realización das actividades mandadas para casa e o

  coñecemento da materia explicado ata o momento, así

  como curiosidade polos distintos aspectos da materia.

6. Lecturas obrigadas.

                       30
Para o presente curso establecerase, como mínimo, unha

        lectura obrigada. Para acredita-la efectiva lectura desta

        o profesor poderá optar pola realización dunha breve

        proba tipo test, xa por escrito, xa oral. A superación da

        proba que acredita a lectura non aportará nada a

        cualificación, pero será un requisito indispensable para

        poder aproba-la asignatura.

4. Mínimos esixibles e proba para alumnos/as de 2º de

  bacharelato con Grego I de 1º de pendente.

  Ó remate do curso os/as alumnos/as de primeiro deberán

  poder traducir do grego ó galego/castelán as oracións

  traballadas na aula durante o curso, e do mesmo xeito deberán

  poder traducir do galego/castelán ó grego as oracións

  traballadas na aula durante o curso. Estas traducións faranse

  co apoio dun glosario do vocabulario grego preciso sen

  tradución,   e   irán   acompañadas   da   análise   sintáctica   e

  morfolóxica explicada na aula. Tamén deberán poder traducir,

  sen axuda do dicionario, ó galego/castelán un texto grego visto

  e traballado na aula, e coñecer aqueles aspectos da xeografía,

  historia, sociedade y legado da Grecia clásica que se

  traballaran durante o curso.

5. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas

  de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada

  avaliación, este departamento dispón que toda falta non

  xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a

  durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá

  conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos

                            31
exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise

       con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a

       avaliación independientemente da cualificación obtida.



  3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E DA PRÁCTICA

    DOCENTE.

    Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos

    de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os

    siguintes procedementos:

    1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo

       menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as

       a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do

       profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da

       asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación

       directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a

       marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía

       empregada.

    2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase

       recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión

       terase en conta expresa e especialmente os comentarios

       dos/as alumnos/as.

    3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo

       de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a

       práctica docente.



8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:

  1. Libro de Texto: Este departamento non vai utiliza-lo libro de

                               32
aprobado polo Consello escolar ata o curso 2011-12. O manual de

         referencia ha se-lo libro de Griego 1.º de Bachillerato (Proyecto
         Exedra, de Oxford EDUCACIÓN), que ten coma autores a José Antonio

         Aparicio, Maurice Balme, Jaime Iván Juanes e Gilbert Lawall. En tanto

         que este manual non se pode poñer como obrigado, queda na man deste

         departamento conseguir que este material estea a disposición dos/as

         alumnos/as co menor custo posible.

      2. Libro de lectura (OBRIGADO): A Asemblea das Mulleres (para saber
         cal é a edición recomendada vid. páxina web).

      3. Contas:

         1. de correo electrónico (OBRIGADA).

         2. no recurso SLIDESHARE (OBRIGADA).

      4. Outros recursos didácticos: a través da páxina web do departamento
         ofrecerase aos/as alumnos/as recursos didácticos dispoñibles en

         internet (http://www.departlatin.260mb.com/).



   9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES.

         Este      departamento    ten     previsto   desenvolve-las   seguintes

actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Grego de 1º de

bacharelato:

   1. 2ª Avaliación: asitencia a unha xornada do Festival Grecolatino de

      teatro de Lugo, para asistir a representación de, polo menos, unha

      obra de teatro clásico.

      Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas

      circunstancias,   tanto     de     dispoñibilidade   de   días   como   do

      comportamento e rendemento académico dos/as alumnos/as.



   10.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

                                         33
O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma

  natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as

  optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade,

  escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la

  mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas.

  En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula

  de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o

  grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e

  actividades na forma que resulte máis conveniente.



11.SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

  Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o

  curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no

  libro   de   actas   do   departamento   unha   valoración   acerca do

  desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a

  programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non.

  En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse

  propo-las medidas correctoras oportunas.



  En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009.



                             Asdo.: Lorenzo Fraga Montero
                             (Xefe de Departamento de Cultura Clásica)




                                  34

Contenu connexe

Similaire à PROGRAMACIÓN GREGO I

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
xoserivas
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
Luz Zas
 
Itinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOItinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESO
CPR Colegio Labor
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
Luz Zas
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
Luz Zas
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
xoserivas
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
María Valbuena
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
María Valbuena
 
09 10 prog. física e química 3ºeso modif
09 10 prog. física e química 3ºeso modif09 10 prog. física e química 3ºeso modif
09 10 prog. física e química 3ºeso modif
Cristina
 

Similaire à PROGRAMACIÓN GREGO I (20)

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Caderno Guions Grego I
Caderno Guions Grego ICaderno Guions Grego I
Caderno Guions Grego I
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
 
PROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN IPROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN I
 
Síntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESOSíntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESO
 
Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL
Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIALProgramacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL
Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL
 
3ºESO 16 17
3ºESO 16 173ºESO 16 17
3ºESO 16 17
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
 
Itinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOItinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESO
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º eso Orientación 2º eso
Orientación 2º eso
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
 
Belenchu
BelenchuBelenchu
Belenchu
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
 
09 10 prog. física e química 3ºeso modif
09 10 prog. física e química 3ºeso modif09 10 prog. física e química 3ºeso modif
09 10 prog. física e química 3ºeso modif
 

Plus de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España

Plus de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España (20)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Imagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
Imagines sessionis VII Circuli Latini GallaeciImagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
Imagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
 
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAEIMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
 
Imagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
Imagenes sessionis VI Circuli Latini GallaeciImagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
Imagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
 
Rupprecht Gymnasium München Visita de Observación
Rupprecht Gymnasium München Visita de ObservaciónRupprecht Gymnasium München Visita de Observación
Rupprecht Gymnasium München Visita de Observación
 
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. FebruariasIMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
 
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
 
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptxSESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
 
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptxSESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
 
Unha estadía en imaxes
Unha estadía en imaxesUnha estadía en imaxes
Unha estadía en imaxes
 
PROGRAMA DE LITERATURA LATINA
PROGRAMA DE LITERATURA LATINAPROGRAMA DE LITERATURA LATINA
PROGRAMA DE LITERATURA LATINA
 
Ce 09-04-2018
Ce 09-04-2018Ce 09-04-2018
Ce 09-04-2018
 
Ccp 21 03-2018
Ccp 21 03-2018Ccp 21 03-2018
Ccp 21 03-2018
 
Presentacion proba ccl
Presentacion proba cclPresentacion proba ccl
Presentacion proba ccl
 
Cmap 03
Cmap 03 Cmap 03
Cmap 03
 
Cmap 03 jorge
Cmap 03 jorgeCmap 03 jorge
Cmap 03 jorge
 
A LÍRICA GREGA
A LÍRICA GREGAA LÍRICA GREGA
A LÍRICA GREGA
 
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
 
Enquisa de Latín I, curso 2010-11
Enquisa de Latín I, curso 2010-11Enquisa de Latín I, curso 2010-11
Enquisa de Latín I, curso 2010-11
 
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

PROGRAMACIÓN GREGO I

  • 1. PROGRAMACIÓN DE GREGO I 1º DE BACHARELATO DEPARTAMENTO DE CULTURA CLÁSICA I.E.S. DA TERRA CHÁ CASTRO DE REI LUGO CURSO 2009-2010 ©Lorenzo Fraga Montero 1
  • 2. ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN: 1. CONTEXTUALIZACIÓN. 2. MARCO LEXISLATIVO. 2. OBXECTIVOS. 3. CONTIDOS. 4. EIXOS TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. 6. METODOLOXÍA. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. 2
  • 3. 1. INTRODUCCIÓN. 1. CONTEXTUALIZACIÓN. A programación da asignatura de Grego I forma parte do Proxecto Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no primeiro curso. O grupo de Grego I está formado por 2 alumnas. Non hai ningún/a alumno/a de 2º de bacharelato con esta asignatura pendente. 2. MARCO LEXISLATIVO. O marco lexislativo desta programación constitúeno as seguintes normas: 1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de maio de 2006) 2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) 3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008) 2. OBXECTIVOS. Os obxectivos establecidos para a asignatura de Grego (I e II) no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) son: 1. Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de 3
  • 4. dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua grega. 2. Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe cotiá e na terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e sufixos gregos que axuden a unha mellor comprensión das linguas modernas. 3. Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos, realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as características principais e o xénero literario a que pertencen. 4. Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a súa contribución e continuidade ao longo da historia no mundo actual. 5. Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas, obtendo delas datos relevantes para o coñecemento da lingua e a cultura estudadas. 3. CONTIDOS. O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os contidos da asignatura de Grego I en 5 bloques: 1. CONTIDOS COMÚNS: 1. A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos matices. 4
  • 5. 2. As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e influencia na sociedade occidental. Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller e da infancia, na escravitude e nas relacións económicas e militares entre as cidades-estado. 3. Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo. 4. Aproximación a outras culturas do mundo antigo. 2. A LINGUA GREGA. 1. Do indoeuropeo ao grego moderno. 2. O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición. 3. Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal. Paradigmas máis frecuentes. 4. Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións. 5. Sintaxe das oracións: • nexos e partículas, a oración simple, a coordinación; • inicio do estudo da subordinación: ◦ construcións sinxelas de infinitivo e participio, ◦ subordinadas de relativo. ◦ introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes. 3. OS TEXTOS GREGOS E A SÚA INTERPRETACIÓN. 1. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e ao comentario de textos gregos. 2. Análise morfosintáctica. 3. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos. 4. O LÉXICO GREGO E A SÚA EVOLUCIÓN. 5
  • 6. 1. Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa frecuencia ou da súa relevancia en galego e castelán. 2. Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. 3. Helenismos no vocabulario común das linguas modernas. 4. O vocabulario científico e técnico. 5. GRECIA E O SEU LEGADO. 1. Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia. 2. Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos. 3. A polis grega: organización política e social. Etnocentrismo e androcentrismo. 4. A vida cotiá. 5. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais do mundo occidental). 6. Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais. 7. O pensamento; a ciencia. A arte grega. 4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO. 1. A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron posibles. Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo dos diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura, etc.), a relevancia do contexto histórico e a importancia dos 6
  • 7. individuos ou colectivos que os fixeron posibles. 2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións entre diferentes materias e a aportación de cada unha á comprensión global dos fenómenos estudados. Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, pois en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste. 3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo as actividades que capaciten para o coñecemento e análise do medio que nos circunda e das variadas actividades humanas e modos de vida. Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de contidos relativos a Grecia e o seu legado. As experiencias en tódolos ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións, vida cotiá, estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en moitos casos comúns ou presentan importantes similitudes con situacións actuais. É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación. 4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura, ocio e estudo presentes na sociedade do coñecemento. Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as alumnas poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a través do cine) como a través do uso de materiais desta natureza 7
  • 8. na explicación (por exemplo, a través do uso de presentacións). 5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a tódalas persoas no mundo globalizado, entre os que se considerarán a saúde, a pobreza no mundo, o esgotamento dos recursos naturais, a superpoboación, a contaminación, o quecemento da Terra, a violencia, o racismo, a emigración e a desigualdade entre as persoas, pobos e nacións. Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir das reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase e, tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a sociedade grega. 6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das mulleres. Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la sociedade grega, con especial referencia á situación dos escravos e da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a importante evolución e progreso que aportan as sociedades occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con outras sociedades contemporáneas. 7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución das diferentes sociedades, civilizacións e culturas ó desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e global do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós últimos séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do 8
  • 9. devir da humanidade. Este contido transversal trátase ó considera-las importantes aportacións do mundo grego en tódolos campos da evolución da humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o mundo grego. 8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as comunicacións, a difusión do coñecemento, as formas de goberno e as maneiras de satisface-las necesidades humanas básicas. Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno existentes durante a historia de Grecia son aspectos que permiten abordar este contido transversal nesta asignatura. 9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos actuais e das controversias que suscitan, así como a adquisición de actitudes de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a conciencia da necesidad de camiñar cara a sostibilidade do planeta. Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que se utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en formación e que presenta nas súas formulacións disparidade, disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente adecuadamente. 9
  • 10. 10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da personalidade e autonomía do alumnado. Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera- los hábitos hixiénicos e alimenticios da Grecia clásica, considerando que prácticas eran beneficiosas y cales non. 11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e filosófico dos dereitos humanos. Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera- las formas de goberno de Grecia. É importante establecer paralelos entre as distintas formas de goberno da Grecia clásica (especialmente a democracia ateniense) e os modelos actuais, facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios. É, ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos humanos como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo feito de o ser, en especial contraposición á práctica común no mundo antigo da escravitude. 12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas polo alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa formación integral a través do respeto, o interese e a comunicación con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia 10
  • 11. intercultural como vehículo para a comprensión dos problemas do mundo globalizado. En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido transversal. É fundamental que o alumnado sexa quen de se expresar, non só con corrección, se non tamén con propiedade á hora de trata-los distintos contidos da asignatura. É por iso que tanto o traballo en expresión oral como escrita sexa parte fundamental desta materia. 13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes teóricas coas de carácter empírica e práctica. Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto que as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que, ademais de acceder a e procesar información, terán que pór en práctica conceptos e contidos aprendidos na aula. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. Os contidos desta programación organízanse en unidades didácticas que seguen unha secuenciación progresiva, da 1 á 16. A temporalización destas unidades didácticas hase concretar na programación de aula. De seguido enuméranse as unidades didácticas, os contidos de cada unha diferenciados segundo os bloques temáticos de contidos e establécese unha temporalización por avaliacións que é puramente 11
  • 12. estimativa. Non se fai referencia ós textos e actividades, pero toda unidade didáctica vai acompañada de textos, actividades e o vocabulario correspondente; a concreción de todo isto déixase para a programación de aula. ADDENDA: Os contidos que atinxen ó bloque de cultura ou legado secuencialízanse de modo independente, agás na primeira unidade didáctica, dado que han se-los/las alumnos/as os/as que, a partir do material e recursos dados polo profesor, elaboren os materiais de traballo e estudo. 1. 1ª AVALIACIÓN. 1. Unidade didáctica 1: 1. A lingua grega: 1. O alfabeto grego. Nocións básicas de fonética, fonoloxía e transcrición. 2. Concepto de indoeuropeo e de lingua flexiva. 3. Orixe do alfabeto grego. 4. Os dialectos antigos. 5. Valor das letras gregas e dos signos de puntuación. 6. A transcrición do grego ó galego e ó castelán. 2. Interpretación dos textos: 1. Introducción e procedemento para a lectura e escritura correcta de textos gregos. 3. Léxico e a súa evolución: 1. A transcrición coma instrumento de análise etimolóxica. 2. Familiarizarse con algúns nomes propios (principais deuses). 4. Grecia e o seu legado: 1. Importancia e influencia do grego na cultura occidental e universal. 12
  • 13. 2. Orixes da escritura grega e influencia posterior xeral. 2. Unidade didáctica 2: 1. A lingua grega: 1. Terceira persoa do singular do presente de indicativo activo. 2. Concepto de xénero, número, caso e concordancia. 3. Nominativo e acusativo singular da flexión temática. 2. Interpretación dos textos: 1. Introducción y procedemento para a tradución de textos. 2. Técnicas de tradución. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Concepto de etimoloxía. 2. Procedementos utilizados en etimoloxías: derivados e compostos a partir de palabras gregas. 3. Unidade didáctica 3: 1. A lingua grega: 1. Singular do presente de indicativo e imperativo. 2. Segunda declinación en singular. 3. Uso de tódolos casos da segunda declinación en singular. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos. 2. Aplicación da gramática ós textos. 3. Interpretación e relación dos textos traducidos con situacións sociais ou xeográficas da antigüidade. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Derivados e compostos a partir de varias palabras gregas. 2. Uso dos prefixos preposicionais coma preverbios. 4. Unidade didáctica 4: 1. A lingua grega: 13
  • 14. 1. Segunda declinación, masculinos e neutros. 2. Os verbos en plural e en infinitivo. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución dos textos da unidade. 2. Interpretación e resumo de textos traducidos sobre a democracia. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Búsqueda de palabras con lito, mega, mono. 2. Análise da formación de verbos compostos en grego. 3. Utilización do dicionario para resolver problemas de etimoloxía. 5. Unidade didáctica 5: 1. A lingua grega: 1. Tódalas formas do presente de indicativo. 2. Sustantivos femininos da primeira e segunda declinacións. 3. Sustantivos masculinos da primeira declinación. 4. Visión global das formas dos adxectivos da primeira e segunda declinacións. 5. Formas dos adxectivos μέγας e πολύς. 6. A formación de adverbios. 7. As formas do artigo e o seu uso coma indicador do caso. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución e interpretación dos textos da unidade. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Utilización de dicionarios para resolve-las etimoloxías da unidade. 2. Proceso de formación dos verbos denominativos gregos. 2. 2ª AVALIACIÓN 14
  • 15. 1. Unidade didáctica 6: 1. A lingua grega: 1. Verbos contractos en -α-. 2. Concordancia de suxeito neutro e verbo. 3. Introducción á voz media. 4. O uso do artigo ó principio de frase. 5. Os pronomes persoais. 6. Os adxectivos posesivos e o xenitivo posesivo. 7. A posición atributiva e predicativa do adxectivo. 8. Sustantivos femininos da segunda declinación. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Raíces compostas y derivadas de geo. 2. Familiaridade co termo auto. 2. Unidade didáctica 7: 1. A lingua grega: 1. A voz media. 2. Os usos do caso dativo vistos nos textos gregos, incluídos os que rexen certos verbos. 3. O uso das preposicións cos casos acusativo, xenitivo e dativo. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos relativos ó mito de Teseo, o Minotauro e Ariadna. 2. Resume e comentario de textos sobre mitoloxía grega. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Búsqueda de significados de compostos coa palabra fobia. 2. Descrición de relacións entre palabras da mesma familia 15
  • 16. léxica. 3. Unidade didáctica 8: 1. A lingua grega: 1. Visión completa do concepto de declinación. 2. Dous sustantivos máis da terceira declinación. 3. Introdución ó pronome αύτός e ós pronomes reflexivos. 4. Adxectivos posesivos de primeira e segunda persoa; sustitucións do adxectivo de terceira persoa. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos. 2. Interpretación de textos traducidos mediante resumos, debates ou comentarios. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Palabras cos compoñentes mito e teo. 2. Derivación e composición con onoma, ergo. 4. Unidade didáctica 9: 1. A lingua grega: 1. Participio de presente medio. 2. Voz media dos verbos contractos en -α-. 3. Outros sustantivos da terceira declinación e o adxectivo πᾶς. 4. Os números cardinais e ordinais dende «un» ata «dez», e declinación dos ordinais dende «primeiro» ata «décimo». 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos. 2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre a cidade en Grecia. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Derivados e compostos con polis. 16
  • 17. 2. Deducción do significado de series de adverbios de lugar. 5. Unidade didáctica 10: 1. A lingua grega: 1. Os principais usos do caso xenitivo. 2. Algúns usos do artigo. 3. Participios de presente da voz activa. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos. 2. Interpretación de textos traducidos co seguinte tema: 1. o Partenón e as obras públicas en Atenas en tempo de Pericles. 2. a Acrópolis. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Compostos e derivados con el componente demo. 2. Derivados gregos masculinos do tipo poeta; derivados en -ico. 3. 3ª EVALUACIÓN. 1. Unidade didáctica 11: 1. A lingua grega: 1. Formas doutros sustantivos da terceira declinación. 2. Exemplos de verbos impersoais. 3. Repaso de palabras usadas para introducir interrogacións. 4. Revisión das formas verbais de λύω, φιλέω, τιμάω e εἰμί aparecidas ata o de agora. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos. 2. Comentario de textos traducidos sobre a festa en xeral. 3. Léxico e a súa evolución: 17
  • 18. 1. Búsqueda de palabras a partir de macro, piro, oftalmo, xeno, agon. 2. Unidade didáctica 12: 1. A lingua grega: 1. Os tempos de pasado. 2. O aoristo temático. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos gregos. 2. Interpreta-los textos gregos orixinais e traducidos de acordo co tema da medicina grega. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Compostos co termo logo. 2. Derivados a partir do sufixo grego –της. 3. Unidade didáctica 13: 1. A lingua grega: 1. Aoristo sigmático dos verbos regulares en vocal, consoante e contractos. 2. Aoristo sigmático dos verbos en consoante líquida. 3. Imperfecto de ειμί, «ser». 4. Aoristos sigmáticos irregulares de verbos moi frecuentes. 5. Aumento dos verbos compostos. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos gregos. 2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre a colonización, comercio e viaxes. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Deducción y derivación de compostos con orto-. 2. Compostos con matemat-, poli-. 18
  • 19. 4. Unidade didáctica 14: 1. A lingua grega: 1. O imperfecto. 2. O pronome relativo e as oracións de relativo. 3. Sustantivos e adxectivos da terceira declinación de temas en consoante σ. 2. Interpretación dos textos: 1. Tradución de textos gregos. 2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre diferentes costumes doutras culturas. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Compostos con cosmo, aero, nauta, astro. 2. Formación de diferentes familias de palabras a partir de palabras dadas. 5. Unidade didáctica 15: 1. A lingua grega: 1. Adxectivos comparativos. Adverbios comparativos. Construcións con adxectivos e adverbios comparativos. 2. Adxectivos demostrativos όδε, οΰτος, έκεινος. 3. Series de adverbios interrogativos. Series de adverbios indefinidos. Correspondencia entre eles. 2. Interpretación dos textos: 1. Lectura e interpretación de textos traducidos. 2. Lectura, tradución e interpretación de textos gregos. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Orixe grega dalgúns nomes propios, como Teodoro, Xurxo, Felipe, Sofía, Dorotea e Ofelia. 2. O vocabulario da guerra: polémico, estratéxico. 19
  • 20. 6. Unidade didáctica 16: 1. A lingua grega: 1. Formas de tres aoristos atemáticos irregulares (έβην, έγνων e έστην). 2. Os verbos contractos en - ο-. 2. Interpretación dos textos: 1. Continuación da historia das guerras médicas coa narración da batalla de Salamina. 2. Abandono polos atenienses da súa cidade e toma de Atenas polos persas. 3. Léxico e a súa evolución: 1. Compostos co termo grego μόνος. 2. Exercicios con sustantivos e verbos gregos que teñan a mesma raíz. 4. SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS DO BLOQUE DE LEGADO. 1. Unidade didáctica 01: A Grecia clásica. A lingua grega. 1. O marco xeográfico. 2. Primeiras civilizacións da Grecia antiga. 3. Período arcaico (800-496 a.C.) 4. Período clásico (496-336 a.C.) 5. Período helenístico (336-146 a.C.) 6. Do indoeuropeo ó grego. 2. Unidade didáctica 02: A sociedade grega. A polis. 1. Orixe e forma de goberno na polis. 2. A estrutura social: Esparta e Atenas. 3. Órganos de goberno e maxistrados. 4. Organización da xustiza. 5. A familia. 20
  • 21. 6. A educación. 7. A vida privada en Atenas. 3. Unidade didáctica 03: Mitos e xéneros literarios. 1. Os mitos gregos (I): a orixe dos deuses. 2. Os mitos gregos (II): outros deuses e heroes. 3. A épica. 4. A lírica. 5. A dramática. 6. A prosa. 4. Unidade didáctica 04: A arte grega. 1. Primeiras manifestacións da arte grega. 2. Arquitectura grega (I): o templo. 3. Arquitectura grega (II): o urbanismo e os edificios públicos. 4. Escultura grega. 5. Principais esculturas da arte grega. 6. Pintura e cerámica gregas. 6. METODOLOXÍA. Advertencia previa: por razóns prácticas agrúpanse nun mesmo apartado os contidos correspondentes ós bloques de Lingua grega, Interpretación dos textos e O léxico e a súa evolución. 1. Lingua grega, Interpretación dos textos e Léxico e a súa evolución. 1. Presentación: toda unidade didáctica iniciarase presentando ós/ás alumnos/as os obxectivos que se prevé acadar en cada unidade didáctica, ben oralmente, ben mediante esquemas ou presentacións. 2. Explicación: de seguido explicaranse os contidos teóricos de morfoloxía e sintaxe, e faranse os exercicios correspondentes 21
  • 22. propostos no libro de texto. Normalmente os exercicios de tradución faranse na aula e en grupo, mentres que os de morfoloxía hanse mandar para casa e hanse corrixir despois, xa na aula, xa de modo individualizado. 3. Textos. Dos varios textos que presenta cada unidade didáctica, polo menos un hase facer na aula de modo conxunto entre os/as alumnos/as e o profesor, e outro de modo individual polos/as alumnos/as, para ser corrixido polo profesor. Trátase de que os/as alumnos/as aprendan dun modo práctico as técnicas de tradución e mailo vocabulario. Así mesmo, os textos serán a excusa para o comentario e reflexión sobre aspectos de cultura e legado da Grecia clásica. 4. Léxico e a súa evolución: 1. Léxico. É importante que dende o principio os/as alumnos/as estean afeitos a aprender vocabulario grego. É por iso que se considera que todo o vocabulario que se utilice nos exercicios, agás que se diga o contrario, debe ser coñecido. O obxectivo desta medida é que os/as alumnos/as asuman dende o primeiro día que a aprendizaxe do grego e mailo latín é neste eido moi similar á das linguas modernas. 2. A súa evolución. En cada unidade didáctica hai unha serie de contidos relativos á formación de vocabulario en grego e a súa presenza nas linguas modernas, con especial atención ó vocabulario científico. Así pois, en función da dispoñibilidade de tempo e da importancia, hanse tratar estes apartados na aula ou hanse remitir para unha simple 22
  • 23. lectura na casa. 2. Grecia e o seu legado. A literatura grega. Este bloque de contidos precisa un tratamento específico, porque a metodoloxía a empregar nel é moi distinta á do resto dos bloques. Para aborda-la metodoloxía que se vai empregar neste apartado da programación partimos de dous principios: 1. os/as alumnos/as deben aprender a traballar de seu, ben en grupo, ben individualmente, na procura de novo coñecemento. 2. para acadaren este obxectivo, os/as alumnos/as deben face-lo maior uso posible de tódolos recursos das TICs que coñezan, e, ó mesmo tempo, introducirse no uso de novos recursos. Así pois a metodoloxía que se propón para tratar este bloque de contidos é a seguinte: 1. hase asignar a cada alumno/a polo menos un dos temas do bloque de legado. O modo de asignación quedará a discreción do profesor. 2. cada alumno/a elaborará un traballo a partir do guión entregado polo profesor. No guión hanse recolle-los obxectivos, o modo de realiza-lo traballo, o formato ou soporte do traballo e, sobre todo, o material mínimo a partir do que elabora-lo traballo. 3. o traballo será entregado ó profesor para a súa corrección e valoración. Se o traballo está ben, o/a alumno procederá a colgalo nun recurso da internet a tal efecto para o poñer á disposición dos seus compañeiros. Se o traballo non estivera ben, volvería ó/á alumno/a para a súa corrección. 23
  • 24. 4. unha vez que o traballo está colgado na internet, a alumna fará unha exposición pública na aula na que utilizará como apoio todos eses materiais en soporte informático. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÉTODO DE AVALIACIÓN. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son: 1. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os seus diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado recoñece os signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos breves. Así mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir termos á súa lingua materna e para relacionar os dous sistemas de escritura, distinguindo as semellanzas e diferenzas ortográficas e fonéticas entre ambos. 2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos. Preténdese comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun texto, o alumnado posúe a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade mínima. 3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da 24
  • 25. morfoloxía e da sintaxe da oración, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas. Este criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de morfoloxía e sintaxe que permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar formas e funcións. Relacionaranse eses elementos básicos cos do galego e do castelán ou cos doutras linguas coñecidas. 4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos textos. Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar termos da propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co correspondente étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado adquiriu un vocabulario básico que lle permita deducir palabras da mesma familia etimolóxica e os seus significados, tendo en conta os procedementos de derivación e composición. 5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles. Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas. Poderase manifestar esta competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos gregos con textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os textos referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a reflexionar sobre os diferentes modos de se achegar á cultura clásica. 25
  • 26. 6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de Grecia, identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na nosa civilización. Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa época e marco xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que configuraron a historia de Grecia, como as súas manifestacións culturais máis significativas. Preténdese tamén constatar se se é capaz de recoñecer os elementos da cultura grega presentes na actualidade. Poderase manifestar a competencia elaborando mapas e desenvolvendo exposicións escritas ou orais sobre o mundo clásico. 7. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos traballos de investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio pretende verificar que as alumnas e os alumnos distinguen os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os interpretan criticamente á luz dos coñecementos que xa teñen, mediante a utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son capaces de indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias ordenando os datos obtidos e elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais. 2. MÉTODO DE AVALIACIÓN: 1. A avaliación nesta materia caracterízase por ser CONTINUA, 26
  • 27. polo tanto, en principio, NON SE LIBERARÁ MATERIA. 2. AVALIACIÓN INICIAL. Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do seguinte modo: 1. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o alumnado. Esta proba será común a de Latín I. 2. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e legado. Con esta proba preténdese valora-lo grao de coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Grecia en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en particular, con Galicia. 3. mediante a conversa os primeiros días de clase hase tratar de coñece-las razóns que levaron ó alumnado a cursar esta asignatura. 3. AVALIACIÓN ORDINARIA. Para establece-las cualificacións establécese o siguinte procedemento: 1. Cualificación avaliación: 1. en cada avaliación hase realizar, polo menos, un exame ou proba completa (preferiblemente dúas). Cada exame ou proba completa constará das seguintes partes: 1. proba de morfoloxía e sintaxe (teoría); exame no que o/a alumno/a deberá demostrar un coñecemento suficiente dos contidos explicados en clase sobre morfoloxía, sintaxe teórica e pervivencia da lingua grega nas linguas modernas coñecidas polo/a 27
  • 28. alumno/a. Esta proba aporta o 40 % da cualificación final do exame. 2. Proba de tradución e léxico; exame no que o/a alumno/a ten que demostrar e aplicar dun modo práctico os seus coñecementos de morfoloxía, sintaxe e léxico. Para a realización desta proba hase dispoñer dun léxico grego sen tradución ó galego/castelán. Esta proba pode constar de ata tres partes; 1. unha para traducir de grego a galego/castelán (valor 1/3) 2. outra para traducir de galego/castelán a grego, (valor 1/3) 3. outra para traducir do grego ó galego/castelán un texto visto en clase (valor 1/3). A proba de tradución aporta o 60 % da cualificación final do exame. Debido a que o grupo de Grego I está formado por dúas alumnas, estas probas poderanse facer de modo oral, ben nunha sesión ou ben durante un conxunto de sesións previamente indicadas. En caso de que a alumna estea en desacordo coa calificación proposta polo profesor, farase unha proba escrita. 3. NOTA DE CORTE: 1. Nun exame: se o/a alumno/a non acadase polo menos 4 puntos (NOTA DE CORTE) sobre 10 en 28
  • 29. cada unha das partes do exame mencionadas, o exame no seu conxunto hase considerar suspenso e a nota máxima, automáticamente, un tres. 2. Na avaliación: para poder aproba-la avaliación é preciso, en todo caso, obter máis dun 4 sobre 10 na cualificación do segundo exame de avaliación. De non ser así, automáticamente e independentemente da cualificación do primeiro exame, a avaliación darase por suspensa, sendo a nota máxima un 3. 4. DOBRE VALOR DA NOTA DO SEGUNDO EXAME: en tanto que a avaliación desta materia se concibe coma continua, se nunha mesma avaliación se realizan dous exames completos, hase prima-la cualificación do segundo sobre a do primeiro (multiplicarase a cualificación do segundo por dous, sumaráselle a cualificación do primeiro e dividirase o total entre tres). 2. Cualificación final. 1. É o resultado da seguinte fórmula: ((cualificación 1ª aval.)+(cualific. 2ª aval. X 2)+(cualific. 3ª aval. X 3)) / 6. Esta fórmula hase aplicar sempre e cando o/a alumno supere a 3ª avaliación. Polo tanto, para poder aproba-lo curso é preciso aproba-la 3ª avaliación. 2. A fórmula do punto anterior só é de aplicación cando beneficia ó/á alumno/a. Se a cualificación obtida é inferior a cualificación da terceira avaliación, a 29
  • 30. cualificación final neste apartado da materia será a desta avaliación. 3. A fórmula do punto primeiro ou a cualificación do segundo aportará o 90% da cualificación final. O 10 % restante obterase a partir da calificación obtida nos traballos e exposicións orais realizadas polas alumnas. 3. Recuperación. 1. Nesta asignatura non hai exames de recuperación. Dado que non se libera materia, os/as alumnas que suspendan unha avaliación recuperarán automáticamente a anterior aprobando a seguinte. 4. Proba extraordinaria de setembro. Exame similar ó final da 3ª avaliación. Calquera restricción dos contidos farase pública no mes de xuño. Queda a discreción do profesor esixir ou non os contidos de legado na proba de setembro. En todo caso esta circunstancia comunicarase ós/as alumnos/as no mes de xuño. 5. Redondeos. Ademais das probas escritas, valorarase especialmente para a determinación dos redondeos das cualificacións de avaliación a participación activa en clase, acreditando a realización das actividades mandadas para casa e o coñecemento da materia explicado ata o momento, así como curiosidade polos distintos aspectos da materia. 6. Lecturas obrigadas. 30
  • 31. Para o presente curso establecerase, como mínimo, unha lectura obrigada. Para acredita-la efectiva lectura desta o profesor poderá optar pola realización dunha breve proba tipo test, xa por escrito, xa oral. A superación da proba que acredita a lectura non aportará nada a cualificación, pero será un requisito indispensable para poder aproba-la asignatura. 4. Mínimos esixibles e proba para alumnos/as de 2º de bacharelato con Grego I de 1º de pendente. Ó remate do curso os/as alumnos/as de primeiro deberán poder traducir do grego ó galego/castelán as oracións traballadas na aula durante o curso, e do mesmo xeito deberán poder traducir do galego/castelán ó grego as oracións traballadas na aula durante o curso. Estas traducións faranse co apoio dun glosario do vocabulario grego preciso sen tradución, e irán acompañadas da análise sintáctica e morfolóxica explicada na aula. Tamén deberán poder traducir, sen axuda do dicionario, ó galego/castelán un texto grego visto e traballado na aula, e coñecer aqueles aspectos da xeografía, historia, sociedade y legado da Grecia clásica que se traballaran durante o curso. 5. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada avaliación, este departamento dispón que toda falta non xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos 31
  • 32. exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación independientemente da cualificación obtida. 3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E DA PRÁCTICA DOCENTE. Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os siguintes procedementos: 1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada. 2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as alumnos/as. 3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica docente. 8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS: 1. Libro de Texto: Este departamento non vai utiliza-lo libro de 32
  • 33. aprobado polo Consello escolar ata o curso 2011-12. O manual de referencia ha se-lo libro de Griego 1.º de Bachillerato (Proyecto Exedra, de Oxford EDUCACIÓN), que ten coma autores a José Antonio Aparicio, Maurice Balme, Jaime Iván Juanes e Gilbert Lawall. En tanto que este manual non se pode poñer como obrigado, queda na man deste departamento conseguir que este material estea a disposición dos/as alumnos/as co menor custo posible. 2. Libro de lectura (OBRIGADO): A Asemblea das Mulleres (para saber cal é a edición recomendada vid. páxina web). 3. Contas: 1. de correo electrónico (OBRIGADA). 2. no recurso SLIDESHARE (OBRIGADA). 4. Outros recursos didácticos: a través da páxina web do departamento ofrecerase aos/as alumnos/as recursos didácticos dispoñibles en internet (http://www.departlatin.260mb.com/). 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES. Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Grego de 1º de bacharelato: 1. 2ª Avaliación: asitencia a unha xornada do Festival Grecolatino de teatro de Lugo, para asistir a representación de, polo menos, unha obra de teatro clásico. Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do comportamento e rendemento académico dos/as alumnos/as. 10.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 33
  • 34. O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas. En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e actividades na forma que resulte máis conveniente. 11.SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas correctoras oportunas. En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009. Asdo.: Lorenzo Fraga Montero (Xefe de Departamento de Cultura Clásica) 34