SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  28
Télécharger pour lire hors ligne
A MIRADA DOS ESPAZOS
        Cara unha antropoloxía visual
Foto portada: Foto Llanos. [1931-1936]. Ámbito privado. Fábrica.
Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo


José Manuel Rey Pichel
Director Xeral do Patrimonio Cultural



                         EXPOSICIÓN

César Llana
Coordinación


Roberto Aneiros
Fondos Mobles
                                                               COLABORAN
María José Ruiz Vázquez
Restauración Fondos mobles e fotográficos


Rosa Mary Lamas Casado
Fondos bibliográficos


César Llana
Xosé C. Sierra Rodríguez
Documentación , textos e folleto


© dos textos: os autores.
© das imaxes: Museo Etnolóxico. Ribadavia. Xunta de Galicia.
A MIRADA DOS ESPAZOS
Cara unha antropoloxía visual
         Museo Etnolóxico. Ribadavia. Ourense.

                     In memoriam
                  Benito Losada
    A exposición A Mirada dos Espazos constitúe un paso
relevante que o Museo Etnolóxico dá na sua andaina
polos terreos da imaxe e a fotografía. Logo das primeiras
series expositivas (Imaxes de Galicia e Álbuns para o
Reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses) e das
publicacións editadas sobre o mundo da imaxe,
pretendemos agora proxectar unha ollada etnolóxica
máis sistemática sobre os espazos visibles da sociedade
que a imaxe fotográfica mostra e, ás veces, oculta. Figura
como subtítulo da exposición a expresión Cara unha
antropoloxía visual, porque a través dos distintos autores
e dos seus obradoiros realizamos un relato etnográfico no
que asoman ámbitos e espazos da vida social, descritos e
interpretados aqui como textos que suxiren, insinúan e
                                                                                      Benito Losada. Foto Alba Vázquez
falan.

     É intención do Museo lembrar con esta Mostra a figura de Benito Losada, que motivou a
participación dende hai anos do Museo no Outono Fotográfico e fixo posible unha relación fructífera
entre a nosa institución e a Casa da Xuventude. Benito Losada foi quen de promover nesta provincia
o interese pola fotografía como fenómeno social e cultural, interese que se extendeu ao resto do país
complementando outras iniciativas desenvolvidas tempo atrás noutras cidades e vilas galegas. Para
o Museo Etnolóxico Benito Losada foi un amigo e un colaborador particularmente sensible ao feito
etnográfico e á dimensión etnoantropolóxica que nós lle outorgamos á fotografía.

                                                     -5-
Fondos fotográficos na colección do Museo Etnolóxico
    O arquivo fotográfico do MER está conformado por varios tipos de fondos. Por un lado as doazóns de
cidadáns, dentro do programa Álbuns para o Reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses que tanto a título
individual como a través da AMECHIR veñen permitindo conformar un rico conxunto de imaxes en torno
ao álbum familiar. E por outro lado aqueles arquivos procedentes de estudios fotográficos, adquiridos pola
Xunta de Galicia, agás xenerosas excepcións, e depositados no Museo, nos cales se atopan series
referentes a aspectos sociales, políticos, tecnolóxicos, urbanísticos, etc... e tanto en ámbitos urbanos,
como rurais, constituíndo ademáis unha fonte para o coñecemento de aspectos concretos da práctica
profesional a través do tempo que abarcan cada un deles. Un terceiro tipo, ata hoxe excepcional no MER,
é o constituído por imaxes fotográficas procedentes de depósitos ou doazóns da totalidade do
arquivo/álbum dun particular ou dunha institución; documentos que permiten seguir a historia non só ou
non tanto do titular de orixe como coñecer ao seu través a do entorno social no que se aquel esta inserido.
Finalmente, o propio MER documenta con regularidade eventos de interese para os seus fins que integra
nun fondo de produción propia.

    Nesta ocasión se trata de presentar os fotógrafos que teñen obra na colección do Museo Etnolóxico.
Pretendemos con iso dende logo facilitar o seu disfrute e divulgar as súas fotografías, pero tamén dar a
coñecer parte do traballo que o Museo, isto é, tanto o seu persoal como os investigadores que acoden a
estudar estes bens, está a facer con estes fondos. Un traballo centrado na análise da fotografía
esencialmente como documento capaz de aportar información acerca da sociedade na que se produciu;
polo tanto se trata de procurar unha mirada etnográfica e histórica e non tanto artística, que nos permita
empregar a imaxe como un espello dos comportamentos socioculturais e das prácticas que os individous
e os grupos desenvolven nos diferentes ámbits e espacios da súa existencia. Esta exposición pretende, xa
que logo, mostrar a fecundidade da fotografía como etno-texto e como documento histórico, susceptible
de observación e análise por parte dos diversos científicos e analistas sociais. Buscamos pois mostrar aos
visitantes ao Museo Etnolóxico os fenómenos e os valores que a imaxe fotográfica ilustra dende o enfoque
da museoloxía etnográfica.



                                                    -6-
Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970].
   Ámbito privado. Sociabilidade e xénero.




                    -7-
FOTO CHAO

     Colección formada pola produción da saga de fotógrafos ribadavienses iniciada por Sera-
fín Rodríguez Rodríguez circa 1870 e continuada, tralo seu pasamento en 1907, sucesivamente
polo seu cuñado Luis Chao, por Amando Pérez e, finalmente, por Toñito Pérez Chao e Milucho
Pérez Chao, con quen se pecha o Estudio tras a súa xubilación no ano 2005. Máis de un século
de actividade ininterrumpida na cal foron rexistrando coas súas cámaras aos habitantes da
Vila e do Ribeiro, dende os momentos de celebración ata as fotografías esixidas polos trámi-
tes administrativos, dende as feitas no estudio ata as realizadas ao ar libre, por exemplo en
Avión ou en A Cañiza; produ-
ción completada coa activida-
de desenvolvida como fotó-
grafos de prensa e mesmo
forense. Un arquivo de espe-
cial interese para un Museo
Etnolóxico que ten entre os
seus fins o estudio e a posta
en valor da vida cotiá nesta
comarca, pois contén unha
boa parte da documentación
visual existente sobre as
persoas que ao longo do
século XX construíron esta
terra e foron os protagonistas
da súa historia.




                                                        Foto Chao. 1934. Ámbito público. Asociacionismo e activismo agrario.




                                                  -8-
A mirada dos espazos
FOTO LLANOS



    O coñecido como «Arquivo
Llanos» está conformado por
imaxes captadas por tres xera-
cións de fotógrafos da mesma
familia. A saga se inicia cun
pintor e escenográfo valencia-
no, Francisco Llanos Más, que,
como tantos compañeiros de
profesión, decide dar o paso á
fotografía e acaba instalando,
circa 1880, o seu estudio na
Porta do Sol da cidade de Vigo; o
seu fillo, Francisco Miguel
Llanos Trápaga, colabora co pai,                                              Foto Llanos. 1925. Ámbito público. Relixiosidade.
abre o seu propio estudio, na rúa
Policarpo Sanz, e colaborará co diario Faro de Vigo e será corresponsal de prensa madrileña, á par
que funda a revista Alegría (Vigo), adicada ao periodismo literario-humorístico; o tercer fotógrafo
da saga, Ángel Francisco Juan Llanos González, será o continuador do estudio e onde se iniciara na
fotografía; mobilizado na Guerra Civil (1936-1939), tras recibir a cuarta ferida en combate se incor-
pora como fotógrafo ao Cuartel Xeral do xeneral Antonio Aranda Mata, durante a contenda tivo a
oportunidade, nun estacionamento da súa unidade en Zaragoza, de traballar durante algún tempo
con Jalón Ángel; xa reincorporado á vida civil en Vigo, colaborará asiduamente nos xornais Faro de
Vigo e La Voz de Galicia, moi especialmente na fotografía deportiva. No seu conxunto este fondo,
e pese a ter sufrido un incendio en 1910 e pasado por varios traslados, abarca a totalidade do século
XX e recolle unha temática de amplo espectro, sobre todo na parte correspondente á etapa de
Ángel Llanos, home inquieto e de aguda sensibilidade que estivo sempre presto a fixar coa súa
cámara, amais dos eventos releventes, a vida cotiá desenvolvida ao seu redor, na paz ou na guerra,
no traballo ou no lecer, na terra ou no mar, dende un barco ou mesmo dende un avión.
                                                             -9-
FONDO AUGUSTO PACHECO
     Está integrado pola colección familiar do fillo do
fundador desta familia de fotógrafos con presencia
en Ourense, Vigo e A Coruña. Contén imaxes da auto-
ría de José de Sousa Guedes Pacheco e do seu estudo
e, sobre todo, o arquivo do seu continuador ao frente
do mesmo: Augusto Guedes Pacheco. Ademais da
produción de estudo, contén imaxes de diferentes
cronoloxías con vistas da cidade de Ourense e os seus
arredores, así como documenta bens do patrimonio
arquitectónico da provincia, incluíndo pezas e a vella
montaxe do Museo Catedralicio de Ourense.


FOTO BENE
                                                                                           Fondo Augusto Pacheco. [191-?].
                                                                                            Ámbito público. Obras públicas.


                                          Benedicto Conde González mordomo, taxista, pintor, periodista, escritor...
                                     e fotógrafo. Formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola de
                                     Xornalismo do diario madrileño «El Debate», exerceu o xornalismo en El
                                     Pueblo Gallego, El Faro de Vigo, na Hoja del Lunes de Vigo e como corres-
                                     ponsal da Axencia Logos, tendo obtido varios premios; como fotógrafo cabe
                                     destacar, ademais da súa participación na fundación da Agrupación Fotográ-
                                     fica Gallega e a súa participación en salones, nos que foi premiado en varias
                                     ocasións, a súa labor como fotógrafo de rúa cunha fonda sensibilidade
                                     relixiosa. No seu fondo atopamos dende imaxes de Colmeiro, Blanco Amor
                                     ou Castroviejo, ata anónimos pescadores, rederas, varredores, oficinistas...
                                     pasando por paisaxes de vilas, pobos e cidades e mesmo actos relixiosos e
                                     políticos ou escenas dun cámping ou fotografías do patrimonio cultural; de
Foto Bene. [S.d.].
                                     Galicia sobre todo, pero tamén imaxes feitas nas súas viaxes por España,
Ámbito público. Xénero e traballo.   Portugal, Francia ou Arxentina.
                                                         - 10 -
A mirada dos espazos
FONDO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR
    Diego Quiroga y Losada, marqués de Santa María del Villar,
recorrió toda España con su cámara retratando vistas, tipos e
costumes. Entre a súa inmensa produción están unhas decenas
sobre elementos arquitectónicos e outros elementos do patrimo-
nio cultural de Ribadavia e o Ribeiro, feitas nos primeiros anos da
década dos sesenta do século pasado e integradas nas coleccións
do MER. O seu arquivo, que sofreu importantes perdas durante a
Guerra Civil (1936-1939), foi adquirido polo Archivo Real y General
de Navarra e consérvase na Fundación Príncipe de Viana.




                                                  Marqués de Santa María del Villar. [196-?].
                                                         Ámbito público. Xénero e traballo.

FOTO SALVADOR
                                                                                  Acerca do autor desta colección apenas se
                                                                             podemos facer suxestións; problamente se trata
                                                                             de Salvador López, natural de Curuxas, Santa
                                                                             Mariña de Asadur, Maceda, Ourense; que ao seu
                                                                             retorno de Cuba teríase dedicado á fotografía
                                                                             ambulante, sendo habitual a súa presencia nas
                                                                             feiras da comarca entre os anos 1950 e a década de
                                                                             1970. Na súa obra predominan as fotografías de
                                                                             familia sobre outro tipo: bautizos, primeiras comu-
                                                                             nóns, vodas, etc., chamano a atención a propor-
                                                                             ción de imaxes de muller con nenos, que fan
                                                                             pensar en fotografías destinadas a enviar parentes
                                                                             emigrados; o fondo inclúe algunhas imaxes do
                                                                             traballo.
Foto Salvador. [S.d.]. Ámbito privado. Bautizo.

                                                                    - 11 -
FOTO SANCHO
                                                        Ricardo José Martín Sotelo Sancho, ourensán afeccio-
                                                    nado á pintura descubre a fotografía na Coruña, cidade na
                                                    que estaba a facer o seu Servizo Militar; tras anos de exerci-
                                                    cio privado, a finais da década dos sesenta do seculo XX
                                                    monta o laboratorio na praza de Paz Nóvoa e comenza a
                                                    compaxinar a súa profesión de bancario coa realización de
                                                    exposicións, os traballos a gran formato, a colaboración
                                                    con outros artistas: Baltar, Quesada, Buciños... e partici-
                                                    pando en traballos de investigación con José González Paz
                                                     e Fernando González Suárez. É tamén o tempo dos encar-
Foto Sancho. 1969. Ámbito privado. Fábrica.          gos institucionais: para a Deputación de Ourense fará
unha serie da provincia que acabará conformando unha exposición itinerante; outra colección sobre Ourense
seríalle encargada polo Ministerio de Información Turismo. Á vez que fai traballos de publicidade con Publicida-
de Planos e colabora co xornal La Región. A finais dos anos setenta trasládase á avenida da Habana, xunto co
publicista Luis Carballo; xuntos farán catálogos de moda nunha cidade que está a coñecer unha etapa de creati-
vidade. O seu fondo no MER documenta acontecimientos sociais, políticos, relixiosos, festas, etc. de Galicia,
sobre todo Ourense, e o norte de Portugal, e nel atopamos igualmente imaxes doutros lugares de España e de
Europa.


FONDO VÍCTOR MANUEL LÓPEZ QUIJADA

     Fotógrafo afeccionado ribadaviense, participante
activo na vida das agrupacións fotográficas e partici-
pante nos seus salóns. No seu fondo atopamos xentes
ribeiráns en rostros de nenos e anciáns ou en imaxes de
feiras e mercados; e retratos doutras xentes e terras en
fotografías de portos ou trillas, por exemplo.

                                                                  Fondo Víctor M. López Quijada. 1968. Ámbito privado. Oficios.
                                                      - 12 -
A mirada dos espazos
FONDO JOSÉ LILLO BEVIÁ
    Xeólogo, profesor de Didácti-
ca das Ciencias Experientais da
Universidade de Vigo; de temperá
afección á fotografía, ten partici-
pado con éxito en concursos foto-
gráficos, a súa obra nos fondos do
Museo Etnolóxico está conforma-
da por unha serie de vistas das rúas
e prazas de Ribadavia, feitas a
mediados dos anos setenta do
século XX.



FOTO OLIVARES
                                                                            José Lillo Beviá. 1974. Ámbito público. Infancia.




                                                               Membro dunha das ramas da familia ribadavien-
                                                          se de fotógrafos, Luis Olivares Chao «Foto Olivares»
                                                          inicia a súa actividade profesional nos anos sesenta
                                                          do século pasado en Ribadavia, onde permanece ata
                                                          o ano 1975 en que se incorpora como responsable da
                                                          sección de fotografía ao centro de «El Corte Inglés»
                                                          en Vigo, cidade onde formará durante algún tempo
                                                          -xunto a Juan Antonio Gómez Vázquez- a sociedade
                                                          Foto-Asociación. No seu fondo encontramos dende
                                                          reportaxes da vida social ribadaviense, ata interesan-
                                                          tes imaxes de carácter etnográfico e mesmo arqueo-
                                                          lóxico industrial.

Foto Olivares. [S.d.]. Ámbito privado. Oficios.

                                                 - 13 -
FONDO HIPÓLITO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
     Integrado no Fondo Margarita Mosquera e formado
 polo arquivo personal do autor e conservado pola súa
 viúva, contén a actividade fotográfica deste fotógrafo riba-
 daviese que discorreu entre a influencia da fotografía de
 salón nunha primeira etapa como afeccionado, ata a súa
 produción como profesional e membro fundador do
 «Grupo 77» adicada a actividade publicitaria e editorial.
 Así, no seu repertorio é posible atopar dende imaxes das
 rúas e das xentes do Ribeiro, ata unha interesante serie
 publicitaria realizada para adegas da comarca.




FONDO JUAN ANTONIO GÓMEZ VÁZQUEZ                                                     Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970].
                                                                                                          Ámbito privado. Oficios.


                                                                         Despertada a súa vocación fotográfica na súa
                                                                     etapa de estudante de Económicas na Universidad
                                                                     Complutense de Madrid, decide fórmarse na Escola
                                                                     Oficial de Cinematografía de Madrid, especialidade
                                                                     de Cámaras. Tras unha breve e fructífera época adica-
                                                                     da á fotografía afeccionada, na que acada varios
                                                                     premios nacionales e rexionales, dá o paso á profesio-
                                                                     nalidade nos ábitos da editorial e da publicística a
                                                                     través da cofundación, xunto con Hipólito González e
                                                                     Enrique Banet, do «Grupo 77» e, trala desaparición
   Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. 1970. Ámbito público. Entroido. deste, das marcas e sociedades Foto-Asociación –con
Luis Olivares Chao- e ARGOFOT. A súa obra ilustra guías, atlas, enciclopedias, libros de arte, etc. abarcando nunha
longa relación de empresas, editores e instituciones, entre eles algúns tan esixentes como FMR. Entre as súas foto-
grafías conservadas no MER destacan polo seu interese etnográfico as series de xentes na feria, no entroido, na
vendima, nas rúas, etc. así como imaxes de bens da arquitectura rural e vilega.
                                                            - 14 -
A mirada dos espazos
FONDO XENARO MARTÍNEZ DE CASTRO
    Fotógrafo asentado en Santiago de Compostela e
socio fundador do Museo do Pobo Galego; na súa
traxectoria profesional, truncada en plena madureza,
participou en proxectos da Xunta de Galicia para
Museos e en campañas publicitarias e exposicións como
Galicia no Tempo, amais de ter traballado para Caixa
Galicia, a Gran Enciclopedia Gallega, O Museo de Ponte-
vedra, etc. así como ten ilustrado coas súas fotografías
numerosas publicacións. O seu fondo no MER está
formado por unha importante serie de imaxes de diver-
sos bens culturais do Ribeiro, amais de fotografías de
carácter documental.
                                                                                Fondo Xenaro Martínez de Castro. [ca. 2000].
                                                                                                  Ámbito privado. Paisaxe.


                                                               FONDO MILA RODERO
                                                                   Milagros Rodero Carrasco, madrileña de
                                                               Teruel, tras estudiar Historia da Arte na Universi-
                                                               dad Complutense de Madrid e Cinematografía na
                                                               Universidad de Valladolid, un taller impartido por
                                                               Marc Riboud no Círculo de Bellas Artes de
                                                               Madrid, a leva a dedicarse profesionalmente á
                                                               fotografía «sen ningunha pretensión artística»,
                                                               completando a súa formación con cursos de foto-
                                                               grafía na University of California San Diego
Fondo Mila Rodero. 2006. Ámbito privado. Oficios.               (USA). A súa participación en mostras colectivas
e individuais de fotografía é continua dende o ano 1990 (San Diego, Madrid, Toledo e Ribadavia, etc.), com-
paxinando esta actividade coa docencia e as publicacións de libros e catálogos; ten obra en coleccións da
Comunidad de Madrid, da Caja Castilla-La Mancha, Fonds Dólot. Fotografía, etc. A colección no MER é o resul-
tado dun encargo do Museo que pretende retratar a xentes de oficio ourensáns, co obxectivo de reflexionar
                                                      - 15 -
SEADUR
    Fernando García Fernández, fotógra-
fo documentalista de longa traxectoria; o
seu fondo deposido no MER está formado
por imaxes que abarcan un amplo amplo
abano de manifestacións de interese
antropolóxico recollidas por case que
toda Galicia, dende festas, romarías, cele-
bracións do ciclo anual, festas gastronó-
micas, neotradicións ata manifestacións
deportivas e políticas.

                                                                                             Seadur. 2002. Ámbito público. Festa.


NACHO ROMERO

                                                                                 Ignacio Romero Sánchez, historiador
                                                                            da Arte e profesor de Técnicas e Procede-
                                                                            mentos de Imaxe e Son na Escola de Imaxe
                                                                            e Son da Coruña, inicia a súa carreira foto-
                                                                            gráfica na súa época de estudante universi-
                                                                            tario; ten traballado para axencias e xornais;
                                                                            é fundador, con Ángel Cordero e Rodrigo
                                                                            González Romano, da empresa Ran Foto,
                                                                            dedicada á fotografía industrial e publicita-
                                                                            ria; galardoado con varios premios, ven
                                                                            participando en exposicións individuais e
                                                                            colectivas dende 1983. Ten doado ao MER
                                                                            unha das fotografías incluídas na exposición
Nacho Romero. 2009. Ámbito público. Infraestructura ferroviaria.            Vías de Extinción, mostra do Outono Foto-
                                                                            gráfico no MER o ano 2010.
                                                                   - 16 -
A mirada dos espazos

SANTI M. AMIL

    Santiago Míguez Amil, fotógra-
fo documental e de prensa, de
formación autodidacta e antigo
colaborador do Museo Etnolóxico,
que ven desenvolvendo a súa acti-
vidade dende o ano 1986, foi socio
fundador de Nega-2, xunto con
Moncho Fuentes, Nacho Gómez e
Xan Xiadas; tras ter colaborado con
outros medios, na actualidade a
súa actividade profesional está
viculada ao xornal La Voz de Gali-
cia; entre outros recoñecementos,
unha das súas fotografías foi Foto
do Ano de Galicia en Foco 2005. A
súa obra no MER está formada por
series realizadas por encargo da
propia institución e de interese
etnolóxico e documental funda-
mentalmente, así como por un
pequeno fondo constituido por un
conxunto de copias orixinais.




                                               Santi M. Amil. 1996. Ámbito público. Sinalización varia.


                                      - 17 -
A AGRUPACIÓN FOTOGRÁFICA DE RIBADAVIA

    A orixe da Agrupación Fotográfica de Ribadavia(1) (AFR), constituida en 1967, está nas inquietudes duns
amigos, Juan Antonio Gómez Vázquez e Hipólito Fernández González, aos que pasado un tempo se lles une
Víctor Manuel López Quijada. Serán eles tres, xuntamente con Luís Olivares Chao, Enrique Rodríguez Martínez
e Antonio Pérez Chao, os socios fundadores da AFR e os integrantes da súa primeira Xunta Directiva. Sete anos
despois contaba con sesenta e sete socios, entre os que cabe sinalar a presencia de dona Zoila Pérez Dávila, quen
contribúe así a incrementar a nómina de mulleres participando na vida das agrupacións fotográficas galegas
nesas datas.

                             FUNDADORES E PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA DA AFR
                    Víctor Manuel López Quijada                                      Presidente

                    Hipólito Fernández González                                      Tesoureiro

                           Luis Olivares Chao                               Vogal de relacións públicas

                     Enrique Rodríguez Martínez                               Vogal de publicacións

                          Antonio Pérez Chao                    Vogal de proxección e prácticas fotográficas

                   Juan Antonio Gómez Vázquez                                         Secretario



    A AFR tiña a súa sede no número 8 da rúa Mera Soto. Será aquí onde celebren as reunións, realicen prácti-
cas de laboratorio, proxeccións, etc., así como onde dispongan dunha biblioteca. Cabe destacar entre as activi-
dades desenvolvidas por esta agrupación as saídas en grupo para facer fotografías e, sobre todo, a realización
de exposicións, unhas producidas por eles e outras cesión de terceiros. Entre as primeiras realizan no Club
Artístico de Ribadavia, no mesmo ano da súa constitución, a I Exposición de Fotografía Artística e durante os
anos 1969 a 1971 organizan no Grupo Escolar da Vila o Salón da Fotografía Gallega.

         (1) As fontes empregadas para a AFR son: CONDE MURAIS, Perfecto (1974): voz «Agrupación Fotográfica de Ribadavia»; in.: Silverio
   Cañada (Ed.): Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de Compostela. Tomo I, p.: 158; e a documentación procedente dos fondos José Luis
   García Casasnovas, Juan Antonio Gómez Vázquez e Margarita Mosquera do Arquivo do Museo Etnolóxico. Ribadavia.

                                                                   - 18 -
A mirada dos espazos




                                                                    Se o primeiro dos eventos citados foi levado a
                                                                Ourense e a Guadalajara, a vocación da AFR de dar a
                                                                coñecer a fotografía feita na comarca acadó un éxito
                                                                rotundo coa exposición Xentes e Paisaxes do Ribeiro,
                                                                inaugurada en 1968 no Grupo Escolar, e que como
                                                                Salón Circulante recorrió durante os dous anos seguin-
                                                                tes as cidades de Madrid, Guadalajara, Ciudad Real,
                                                                Soria, Rubí, Castellón de la Plana e Barcelona. Activida-
                                                                des que complementou traendo a Ribadavia mostras
                                                                de fotógrafos españoles, proxectando películas produ-
Fundadores e primeira Xunta Directiva da
Agrupación Fotográfica de Ribadavia.                             cidas en Galicia e, dende o ano 1971, creando e conce-
                                                                dendo o Trofeo Galicia.

              A súa preocupación por manterse ao corrente do que se estaba a facer noutras partes materiali-
          zouse no establecemento de relacións con outras asociacións galegas e con agrupacións de Barcelona
          (Agrupación Fotográfica de Cataluña, Agrupación Fotográfica San Juan Bautista e Agrupación Foto-
          gráfica Sitges Foto.Film), de Valencia (Foto Club Valencia), de Madrid (Real Agrupación Fotográfica),
          de Guadalajara (Agrupación Fotográfica de Educación y Descanso), etc. E preocupáronse tamén da
          adquisición de publicacións como Imagen y Sonido, ECOS negra, Cuadernos de Fotografía, AF Arte
          Fotográfico, Bolex Reporter, Fotografía Internacional Kodak, Foto Negativo, FOCUS, ou Butlleti Club
          Cine Foto. Martorell.

              O inicio de novos camiños profesionais e incluso a marcha de Ribadavia de algúns dos seus mem-
          bros máis dinámicos levaron a AFR a súa desaparición, deixando tras si unha honrosa folla de servizos
          á fotografía e aos fotógrafos do Ribeiro.

                                                       - 19 -
Foto Hipólito González Fernández. [ca 1970].
                                                   Ámbito privado. Xénero e idade.




Foto Juan Antonio Gómez Vázquez. 1970.
              Ámbito Público. Entroido.

                                          - 20 -
A mirada dos espazos




                                                             Foto Olivares. [S.d.].
                                                Ámbito privado. Xénero e traballo.




Foto Víctor M. López Quijada. [S.d.]
Ámbito público. Xénero e traballo.




                                       - 21 -
Cara unha antropoloxía visual
    Non sempre é doado distinguir o que
entendemos por espazo público e por espazo
privado. Atribuimos normalmente a condición
de espazo público ao lugar que mostra o com-
partido, o que se visualiza doadamente e non
posúe valados nin fronteiras. Tamén adoita-
mos considerar espazo público o que os indivi-
duos divulgan e ensinan sen opoñerlle fiestras
nin agochalo. Igualmente asumimos como
público o que disfrutamos e ocupamos comu-
nitariamente permitindo a relación social e a
convivencia entre grupos e sectores sociais: v.
                                                           Foto Llanos. [S.d.]. Ámbito privado. Primeira Comuñón.
gr, unha praza, unha estrada ou un camiño,
unha escola, un mercado, unha
igrexa, un campo para a festa, un
estadio deportivo, etc. Dun xeito
máis formal entendemos que o
público é o que identifica ás insti-
tucións das Administracións, polo
tanto cun dono colectivo –o
Estado- que representa á socieda-
de no seu conxunto. Nun tempo
no que os medios de comunica-
ción divulgan acontecementos e
vidas sucede a apropiación pública
de espazos e ámbitos do privado,
fenómeno que se foi xeralizando
coa prensa escrita e implantando-
se totalitariamente cos medios de                                        Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Voda.
comunicación audiovisuais.
                                                  - 22 -
A mirada dos espazos
    O espazo privado adoitar ser aquel
concernido por lindes, por separacións e
pola oposición de barreiras ao observa-
dor alleo. O privado é privativo pois
forma parte dun universo limitado,
sometido a cautelas e sempre acouta-
do. O privado é tamén o que se compar-
te con condicións, sendo posuido e
disfrutado por uns e non por outros. O
privado agóchase, ten vereas máis u
menos ocultas e goza da discrecionali-
dade pactada por todos no seo de cada
sociedade. O privado muda, pode ser
parcial ou totalmente publicitado, aten-
dendo aos códigos morais establecidos
                                                                              Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Enterro.
por cada comunidade culturalmente
diferenciada.




                                                                 Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Segmentación social.



[S.a.] : [1931]. Ámbito privado. Actividade política.

                                                        - 23 -
A fotografía axudou enor-
memente ao desenvolvemen-
to destes procesos, difundin-
do imaxes de toda caste de
indviduos e de todo tipo de
ámbitos, rachando en boa
medida coas lindes entre o
público e o privado. Ao tempo
a fotografía exerceu unha
función de taboleiro para
achegármonos a estes fenó-
menos e para captar o perfil e            Foto Bene. [S.d.]. Ámbito privado. Actividade política.
a dimensión das máis varia-
das circunstancias.




Galiza. Estudio Fotográfico.                       Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Comercio.
[1976].
Ámbito público.
Acto público.
                                - 24 -
A mirada dos espazos
    A socialización da produccción de imaxes e a súa
reproducibilidade, feito maxistralmente analizado
por Walter Benjamin, constitúe unha cuestión subsi-
diaria dos cambios acontecidos na modernidade no
relativo á creación de cidadáns consumidores de
imaxes, fronte as limitacións ao seu acceso que, por
motivos sociais e técnicos, impuñan a pintura e o
grabado. A fotografía é espello de si mesma, porque
como medio logra unha gradual e continua asunción
dos seus produtos e máquinas polos cidadáns, que
chegan a apropiarse do seu manexo técnico. Igual-
mente a fotografía retrata a sociedade que focaliza,
constitíndose en intermediaria da interpretación que        Foto Chao. [195-?].
                                                               Ámbito público.
facemos da vida contemporánea.                                    Escolaridad.




Foto Chao. [1935].
Ámbito público.                                             Foto Chao. [1932].
Entroido.                                                     Ámbito privado.
                                                                  Celebración.


                                                   - 25 -
O interese etnográfico da fotografía reside
                                                   fundamentalmente na súa capacidade para descri-
                                                   bir e interpelar a persoas e comunidades que se
                                                   retratan diante da cámara e que retratan elas
                                                   mesmas a súa contorna, os lugares e as xentes que
                                                   forman parte da súa experiencia vital. A fotografía
                                                   intervén na memoria de homes e mulleres, recrea a
                                                   nostalxia das familias e exerce o papel de fedataria
                                                   da experiencia de vida de grupos, corporacións e
                                                   individuos.




Fondo Augusto Pacheco. [S.d.].
Ámbito público. Mercado.




                                                                                             Foto Bene. [195-?].
                                                                               Ámbito público. Xénero e traballo.


                                                           A fotografía, xa que logo, opera como un
                                                       descritor máis da observación etnográfica ofre-
                                                       cendo un relato para o antropólogo que se mer-
 Foto Bene. [195-?].                                   gulla na iconografía social de tempos e lugares.
 Ámbito público. Estereotipos tradicionais.




                                              - 26 -
Foto contra: Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. [ca. 1960]. Ámbito privado. Adega.
Folleto

Contenu connexe

Tendances (20)

Ver Coruña. 05. Arquitectura de principios do século XX
Ver Coruña. 05. Arquitectura de principios do século XXVer Coruña. 05. Arquitectura de principios do século XX
Ver Coruña. 05. Arquitectura de principios do século XX
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
Castelao2
Castelao2Castelao2
Castelao2
 
Vivente risco
Vivente riscoVivente risco
Vivente risco
 
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz AndradeValentín Paz Andrade
Valentín Paz Andrade
 
M luz morales godoy
M luz morales godoy M luz morales godoy
M luz morales godoy
 
Irmandades da Fala
Irmandades da FalaIrmandades da Fala
Irmandades da Fala
 
O romanticismo
O romanticismoO romanticismo
O romanticismo
 
A viaxe o surrealismo
A viaxe o surrealismo A viaxe o surrealismo
A viaxe o surrealismo
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema7
Tema7 Tema7
Tema7
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Tania
 
7
77
7
 
Jorge peteiro vázquez
Jorge peteiro vázquezJorge peteiro vázquez
Jorge peteiro vázquez
 
Arte
ArteArte
Arte
 
Maruxa mallo
Maruxa malloMaruxa mallo
Maruxa mallo
 
Laxeiro. Unha rúa no barrio de Elviña
Laxeiro. Unha rúa no barrio de ElviñaLaxeiro. Unha rúa no barrio de Elviña
Laxeiro. Unha rúa no barrio de Elviña
 
Luis seoane touro
Luis seoane touroLuis seoane touro
Luis seoane touro
 
Manuel Colmeiro unha rúa no barrio de Elviña
Manuel Colmeiro unha rúa no barrio de ElviñaManuel Colmeiro unha rúa no barrio de Elviña
Manuel Colmeiro unha rúa no barrio de Elviña
 
Biografía de Ricardo Carvalho Calero
Biografía de Ricardo Carvalho CaleroBiografía de Ricardo Carvalho Calero
Biografía de Ricardo Carvalho Calero
 

Similaire à Folleto

A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...Encarna Lago
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXAgrela Elvixeo
 
A arte e a cultura
A arte  e a culturaA arte  e a cultura
A arte e a culturasindi maria
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Cuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverdeCuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverdesatelite1
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorEncarna Lago
 

Similaire à Folleto (20)

Pioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografíaPioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografía
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Doantes biblioteca museo etnoloxico ribadavia
Doantes biblioteca museo etnoloxico ribadaviaDoantes biblioteca museo etnoloxico ribadavia
Doantes biblioteca museo etnoloxico ribadavia
 
Brocos e a 'Defensa de Lugo?
Brocos e a 'Defensa de Lugo?Brocos e a 'Defensa de Lugo?
Brocos e a 'Defensa de Lugo?
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Amencer 212
Amencer 212Amencer 212
Amencer 212
 
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XX
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
A arte e a cultura
A arte  e a culturaA arte  e a cultura
A arte e a cultura
 
Filgueira Valverde
Filgueira ValverdeFilgueira Valverde
Filgueira Valverde
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Cuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverdeCuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverde
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
 

Plus de MUSEO ETNOLOXICO

Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014MUSEO ETNOLOXICO
 
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxicoPresentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
Museo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromisoMuseo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromisoMUSEO ETNOLOXICO
 
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxicoCartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013MUSEO ETNOLOXICO
 
Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013MUSEO ETNOLOXICO
 
Folleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museosFolleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museosMUSEO ETNOLOXICO
 
Folleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadasFolleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadasMUSEO ETNOLOXICO
 
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxicoA feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...MUSEO ETNOLOXICO
 
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011MUSEO ETNOLOXICO
 
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011MUSEO ETNOLOXICO
 
Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012MUSEO ETNOLOXICO
 

Plus de MUSEO ETNOLOXICO (20)

Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014
 
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxicoPresentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
 
Museo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromisoMuseo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromiso
 
Outono fotografico 2013
Outono fotografico 2013Outono fotografico 2013
Outono fotografico 2013
 
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxicoCartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
 
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
 
Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013
 
Folleto de man
Folleto de manFolleto de man
Folleto de man
 
Vidal bolaño e a mit
Vidal bolaño e a mitVidal bolaño e a mit
Vidal bolaño e a mit
 
Folleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museosFolleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museos
 
Folleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadasFolleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadas
 
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxicoA feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
 
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
 
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
 
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
 
Techne n34 2011
Techne n34 2011Techne n34 2011
Techne n34 2011
 
Coré n27 2012
Coré n27 2012 Coré n27 2012
Coré n27 2012
 
Santi amil
Santi amilSanti amil
Santi amil
 
Ricardo alcalde
Ricardo alcaldeRicardo alcalde
Ricardo alcalde
 
Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012
 

Folleto

  • 1. A MIRADA DOS ESPAZOS Cara unha antropoloxía visual
  • 2. Foto portada: Foto Llanos. [1931-1936]. Ámbito privado. Fábrica.
  • 3. Roberto Varela Fariña Conselleiro de Cultura e Turismo José Manuel Rey Pichel Director Xeral do Patrimonio Cultural EXPOSICIÓN César Llana Coordinación Roberto Aneiros Fondos Mobles COLABORAN María José Ruiz Vázquez Restauración Fondos mobles e fotográficos Rosa Mary Lamas Casado Fondos bibliográficos César Llana Xosé C. Sierra Rodríguez Documentación , textos e folleto © dos textos: os autores. © das imaxes: Museo Etnolóxico. Ribadavia. Xunta de Galicia.
  • 4.
  • 5. A MIRADA DOS ESPAZOS Cara unha antropoloxía visual Museo Etnolóxico. Ribadavia. Ourense. In memoriam Benito Losada A exposición A Mirada dos Espazos constitúe un paso relevante que o Museo Etnolóxico dá na sua andaina polos terreos da imaxe e a fotografía. Logo das primeiras series expositivas (Imaxes de Galicia e Álbuns para o Reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses) e das publicacións editadas sobre o mundo da imaxe, pretendemos agora proxectar unha ollada etnolóxica máis sistemática sobre os espazos visibles da sociedade que a imaxe fotográfica mostra e, ás veces, oculta. Figura como subtítulo da exposición a expresión Cara unha antropoloxía visual, porque a través dos distintos autores e dos seus obradoiros realizamos un relato etnográfico no que asoman ámbitos e espazos da vida social, descritos e interpretados aqui como textos que suxiren, insinúan e Benito Losada. Foto Alba Vázquez falan. É intención do Museo lembrar con esta Mostra a figura de Benito Losada, que motivou a participación dende hai anos do Museo no Outono Fotográfico e fixo posible unha relación fructífera entre a nosa institución e a Casa da Xuventude. Benito Losada foi quen de promover nesta provincia o interese pola fotografía como fenómeno social e cultural, interese que se extendeu ao resto do país complementando outras iniciativas desenvolvidas tempo atrás noutras cidades e vilas galegas. Para o Museo Etnolóxico Benito Losada foi un amigo e un colaborador particularmente sensible ao feito etnográfico e á dimensión etnoantropolóxica que nós lle outorgamos á fotografía. -5-
  • 6. Fondos fotográficos na colección do Museo Etnolóxico O arquivo fotográfico do MER está conformado por varios tipos de fondos. Por un lado as doazóns de cidadáns, dentro do programa Álbuns para o Reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses que tanto a título individual como a través da AMECHIR veñen permitindo conformar un rico conxunto de imaxes en torno ao álbum familiar. E por outro lado aqueles arquivos procedentes de estudios fotográficos, adquiridos pola Xunta de Galicia, agás xenerosas excepcións, e depositados no Museo, nos cales se atopan series referentes a aspectos sociales, políticos, tecnolóxicos, urbanísticos, etc... e tanto en ámbitos urbanos, como rurais, constituíndo ademáis unha fonte para o coñecemento de aspectos concretos da práctica profesional a través do tempo que abarcan cada un deles. Un terceiro tipo, ata hoxe excepcional no MER, é o constituído por imaxes fotográficas procedentes de depósitos ou doazóns da totalidade do arquivo/álbum dun particular ou dunha institución; documentos que permiten seguir a historia non só ou non tanto do titular de orixe como coñecer ao seu través a do entorno social no que se aquel esta inserido. Finalmente, o propio MER documenta con regularidade eventos de interese para os seus fins que integra nun fondo de produción propia. Nesta ocasión se trata de presentar os fotógrafos que teñen obra na colección do Museo Etnolóxico. Pretendemos con iso dende logo facilitar o seu disfrute e divulgar as súas fotografías, pero tamén dar a coñecer parte do traballo que o Museo, isto é, tanto o seu persoal como os investigadores que acoden a estudar estes bens, está a facer con estes fondos. Un traballo centrado na análise da fotografía esencialmente como documento capaz de aportar información acerca da sociedade na que se produciu; polo tanto se trata de procurar unha mirada etnográfica e histórica e non tanto artística, que nos permita empregar a imaxe como un espello dos comportamentos socioculturais e das prácticas que os individous e os grupos desenvolven nos diferentes ámbits e espacios da súa existencia. Esta exposición pretende, xa que logo, mostrar a fecundidade da fotografía como etno-texto e como documento histórico, susceptible de observación e análise por parte dos diversos científicos e analistas sociais. Buscamos pois mostrar aos visitantes ao Museo Etnolóxico os fenómenos e os valores que a imaxe fotográfica ilustra dende o enfoque da museoloxía etnográfica. -6-
  • 7. Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970]. Ámbito privado. Sociabilidade e xénero. -7-
  • 8. FOTO CHAO Colección formada pola produción da saga de fotógrafos ribadavienses iniciada por Sera- fín Rodríguez Rodríguez circa 1870 e continuada, tralo seu pasamento en 1907, sucesivamente polo seu cuñado Luis Chao, por Amando Pérez e, finalmente, por Toñito Pérez Chao e Milucho Pérez Chao, con quen se pecha o Estudio tras a súa xubilación no ano 2005. Máis de un século de actividade ininterrumpida na cal foron rexistrando coas súas cámaras aos habitantes da Vila e do Ribeiro, dende os momentos de celebración ata as fotografías esixidas polos trámi- tes administrativos, dende as feitas no estudio ata as realizadas ao ar libre, por exemplo en Avión ou en A Cañiza; produ- ción completada coa activida- de desenvolvida como fotó- grafos de prensa e mesmo forense. Un arquivo de espe- cial interese para un Museo Etnolóxico que ten entre os seus fins o estudio e a posta en valor da vida cotiá nesta comarca, pois contén unha boa parte da documentación visual existente sobre as persoas que ao longo do século XX construíron esta terra e foron os protagonistas da súa historia. Foto Chao. 1934. Ámbito público. Asociacionismo e activismo agrario. -8-
  • 9. A mirada dos espazos FOTO LLANOS O coñecido como «Arquivo Llanos» está conformado por imaxes captadas por tres xera- cións de fotógrafos da mesma familia. A saga se inicia cun pintor e escenográfo valencia- no, Francisco Llanos Más, que, como tantos compañeiros de profesión, decide dar o paso á fotografía e acaba instalando, circa 1880, o seu estudio na Porta do Sol da cidade de Vigo; o seu fillo, Francisco Miguel Llanos Trápaga, colabora co pai, Foto Llanos. 1925. Ámbito público. Relixiosidade. abre o seu propio estudio, na rúa Policarpo Sanz, e colaborará co diario Faro de Vigo e será corresponsal de prensa madrileña, á par que funda a revista Alegría (Vigo), adicada ao periodismo literario-humorístico; o tercer fotógrafo da saga, Ángel Francisco Juan Llanos González, será o continuador do estudio e onde se iniciara na fotografía; mobilizado na Guerra Civil (1936-1939), tras recibir a cuarta ferida en combate se incor- pora como fotógrafo ao Cuartel Xeral do xeneral Antonio Aranda Mata, durante a contenda tivo a oportunidade, nun estacionamento da súa unidade en Zaragoza, de traballar durante algún tempo con Jalón Ángel; xa reincorporado á vida civil en Vigo, colaborará asiduamente nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia, moi especialmente na fotografía deportiva. No seu conxunto este fondo, e pese a ter sufrido un incendio en 1910 e pasado por varios traslados, abarca a totalidade do século XX e recolle unha temática de amplo espectro, sobre todo na parte correspondente á etapa de Ángel Llanos, home inquieto e de aguda sensibilidade que estivo sempre presto a fixar coa súa cámara, amais dos eventos releventes, a vida cotiá desenvolvida ao seu redor, na paz ou na guerra, no traballo ou no lecer, na terra ou no mar, dende un barco ou mesmo dende un avión. -9-
  • 10. FONDO AUGUSTO PACHECO Está integrado pola colección familiar do fillo do fundador desta familia de fotógrafos con presencia en Ourense, Vigo e A Coruña. Contén imaxes da auto- ría de José de Sousa Guedes Pacheco e do seu estudo e, sobre todo, o arquivo do seu continuador ao frente do mesmo: Augusto Guedes Pacheco. Ademais da produción de estudo, contén imaxes de diferentes cronoloxías con vistas da cidade de Ourense e os seus arredores, así como documenta bens do patrimonio arquitectónico da provincia, incluíndo pezas e a vella montaxe do Museo Catedralicio de Ourense. FOTO BENE Fondo Augusto Pacheco. [191-?]. Ámbito público. Obras públicas. Benedicto Conde González mordomo, taxista, pintor, periodista, escritor... e fotógrafo. Formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola de Xornalismo do diario madrileño «El Debate», exerceu o xornalismo en El Pueblo Gallego, El Faro de Vigo, na Hoja del Lunes de Vigo e como corres- ponsal da Axencia Logos, tendo obtido varios premios; como fotógrafo cabe destacar, ademais da súa participación na fundación da Agrupación Fotográ- fica Gallega e a súa participación en salones, nos que foi premiado en varias ocasións, a súa labor como fotógrafo de rúa cunha fonda sensibilidade relixiosa. No seu fondo atopamos dende imaxes de Colmeiro, Blanco Amor ou Castroviejo, ata anónimos pescadores, rederas, varredores, oficinistas... pasando por paisaxes de vilas, pobos e cidades e mesmo actos relixiosos e políticos ou escenas dun cámping ou fotografías do patrimonio cultural; de Foto Bene. [S.d.]. Galicia sobre todo, pero tamén imaxes feitas nas súas viaxes por España, Ámbito público. Xénero e traballo. Portugal, Francia ou Arxentina. - 10 -
  • 11. A mirada dos espazos FONDO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR Diego Quiroga y Losada, marqués de Santa María del Villar, recorrió toda España con su cámara retratando vistas, tipos e costumes. Entre a súa inmensa produción están unhas decenas sobre elementos arquitectónicos e outros elementos do patrimo- nio cultural de Ribadavia e o Ribeiro, feitas nos primeiros anos da década dos sesenta do século pasado e integradas nas coleccións do MER. O seu arquivo, que sofreu importantes perdas durante a Guerra Civil (1936-1939), foi adquirido polo Archivo Real y General de Navarra e consérvase na Fundación Príncipe de Viana. Marqués de Santa María del Villar. [196-?]. Ámbito público. Xénero e traballo. FOTO SALVADOR Acerca do autor desta colección apenas se podemos facer suxestións; problamente se trata de Salvador López, natural de Curuxas, Santa Mariña de Asadur, Maceda, Ourense; que ao seu retorno de Cuba teríase dedicado á fotografía ambulante, sendo habitual a súa presencia nas feiras da comarca entre os anos 1950 e a década de 1970. Na súa obra predominan as fotografías de familia sobre outro tipo: bautizos, primeiras comu- nóns, vodas, etc., chamano a atención a propor- ción de imaxes de muller con nenos, que fan pensar en fotografías destinadas a enviar parentes emigrados; o fondo inclúe algunhas imaxes do traballo. Foto Salvador. [S.d.]. Ámbito privado. Bautizo. - 11 -
  • 12. FOTO SANCHO Ricardo José Martín Sotelo Sancho, ourensán afeccio- nado á pintura descubre a fotografía na Coruña, cidade na que estaba a facer o seu Servizo Militar; tras anos de exerci- cio privado, a finais da década dos sesenta do seculo XX monta o laboratorio na praza de Paz Nóvoa e comenza a compaxinar a súa profesión de bancario coa realización de exposicións, os traballos a gran formato, a colaboración con outros artistas: Baltar, Quesada, Buciños... e partici- pando en traballos de investigación con José González Paz e Fernando González Suárez. É tamén o tempo dos encar- Foto Sancho. 1969. Ámbito privado. Fábrica. gos institucionais: para a Deputación de Ourense fará unha serie da provincia que acabará conformando unha exposición itinerante; outra colección sobre Ourense seríalle encargada polo Ministerio de Información Turismo. Á vez que fai traballos de publicidade con Publicida- de Planos e colabora co xornal La Región. A finais dos anos setenta trasládase á avenida da Habana, xunto co publicista Luis Carballo; xuntos farán catálogos de moda nunha cidade que está a coñecer unha etapa de creati- vidade. O seu fondo no MER documenta acontecimientos sociais, políticos, relixiosos, festas, etc. de Galicia, sobre todo Ourense, e o norte de Portugal, e nel atopamos igualmente imaxes doutros lugares de España e de Europa. FONDO VÍCTOR MANUEL LÓPEZ QUIJADA Fotógrafo afeccionado ribadaviense, participante activo na vida das agrupacións fotográficas e partici- pante nos seus salóns. No seu fondo atopamos xentes ribeiráns en rostros de nenos e anciáns ou en imaxes de feiras e mercados; e retratos doutras xentes e terras en fotografías de portos ou trillas, por exemplo. Fondo Víctor M. López Quijada. 1968. Ámbito privado. Oficios. - 12 -
  • 13. A mirada dos espazos FONDO JOSÉ LILLO BEVIÁ Xeólogo, profesor de Didácti- ca das Ciencias Experientais da Universidade de Vigo; de temperá afección á fotografía, ten partici- pado con éxito en concursos foto- gráficos, a súa obra nos fondos do Museo Etnolóxico está conforma- da por unha serie de vistas das rúas e prazas de Ribadavia, feitas a mediados dos anos setenta do século XX. FOTO OLIVARES José Lillo Beviá. 1974. Ámbito público. Infancia. Membro dunha das ramas da familia ribadavien- se de fotógrafos, Luis Olivares Chao «Foto Olivares» inicia a súa actividade profesional nos anos sesenta do século pasado en Ribadavia, onde permanece ata o ano 1975 en que se incorpora como responsable da sección de fotografía ao centro de «El Corte Inglés» en Vigo, cidade onde formará durante algún tempo -xunto a Juan Antonio Gómez Vázquez- a sociedade Foto-Asociación. No seu fondo encontramos dende reportaxes da vida social ribadaviense, ata interesan- tes imaxes de carácter etnográfico e mesmo arqueo- lóxico industrial. Foto Olivares. [S.d.]. Ámbito privado. Oficios. - 13 -
  • 14. FONDO HIPÓLITO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ Integrado no Fondo Margarita Mosquera e formado polo arquivo personal do autor e conservado pola súa viúva, contén a actividade fotográfica deste fotógrafo riba- daviese que discorreu entre a influencia da fotografía de salón nunha primeira etapa como afeccionado, ata a súa produción como profesional e membro fundador do «Grupo 77» adicada a actividade publicitaria e editorial. Así, no seu repertorio é posible atopar dende imaxes das rúas e das xentes do Ribeiro, ata unha interesante serie publicitaria realizada para adegas da comarca. FONDO JUAN ANTONIO GÓMEZ VÁZQUEZ Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970]. Ámbito privado. Oficios. Despertada a súa vocación fotográfica na súa etapa de estudante de Económicas na Universidad Complutense de Madrid, decide fórmarse na Escola Oficial de Cinematografía de Madrid, especialidade de Cámaras. Tras unha breve e fructífera época adica- da á fotografía afeccionada, na que acada varios premios nacionales e rexionales, dá o paso á profesio- nalidade nos ábitos da editorial e da publicística a través da cofundación, xunto con Hipólito González e Enrique Banet, do «Grupo 77» e, trala desaparición Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. 1970. Ámbito público. Entroido. deste, das marcas e sociedades Foto-Asociación –con Luis Olivares Chao- e ARGOFOT. A súa obra ilustra guías, atlas, enciclopedias, libros de arte, etc. abarcando nunha longa relación de empresas, editores e instituciones, entre eles algúns tan esixentes como FMR. Entre as súas foto- grafías conservadas no MER destacan polo seu interese etnográfico as series de xentes na feria, no entroido, na vendima, nas rúas, etc. así como imaxes de bens da arquitectura rural e vilega. - 14 -
  • 15. A mirada dos espazos FONDO XENARO MARTÍNEZ DE CASTRO Fotógrafo asentado en Santiago de Compostela e socio fundador do Museo do Pobo Galego; na súa traxectoria profesional, truncada en plena madureza, participou en proxectos da Xunta de Galicia para Museos e en campañas publicitarias e exposicións como Galicia no Tempo, amais de ter traballado para Caixa Galicia, a Gran Enciclopedia Gallega, O Museo de Ponte- vedra, etc. así como ten ilustrado coas súas fotografías numerosas publicacións. O seu fondo no MER está formado por unha importante serie de imaxes de diver- sos bens culturais do Ribeiro, amais de fotografías de carácter documental. Fondo Xenaro Martínez de Castro. [ca. 2000]. Ámbito privado. Paisaxe. FONDO MILA RODERO Milagros Rodero Carrasco, madrileña de Teruel, tras estudiar Historia da Arte na Universi- dad Complutense de Madrid e Cinematografía na Universidad de Valladolid, un taller impartido por Marc Riboud no Círculo de Bellas Artes de Madrid, a leva a dedicarse profesionalmente á fotografía «sen ningunha pretensión artística», completando a súa formación con cursos de foto- grafía na University of California San Diego Fondo Mila Rodero. 2006. Ámbito privado. Oficios. (USA). A súa participación en mostras colectivas e individuais de fotografía é continua dende o ano 1990 (San Diego, Madrid, Toledo e Ribadavia, etc.), com- paxinando esta actividade coa docencia e as publicacións de libros e catálogos; ten obra en coleccións da Comunidad de Madrid, da Caja Castilla-La Mancha, Fonds Dólot. Fotografía, etc. A colección no MER é o resul- tado dun encargo do Museo que pretende retratar a xentes de oficio ourensáns, co obxectivo de reflexionar - 15 -
  • 16. SEADUR Fernando García Fernández, fotógra- fo documentalista de longa traxectoria; o seu fondo deposido no MER está formado por imaxes que abarcan un amplo amplo abano de manifestacións de interese antropolóxico recollidas por case que toda Galicia, dende festas, romarías, cele- bracións do ciclo anual, festas gastronó- micas, neotradicións ata manifestacións deportivas e políticas. Seadur. 2002. Ámbito público. Festa. NACHO ROMERO Ignacio Romero Sánchez, historiador da Arte e profesor de Técnicas e Procede- mentos de Imaxe e Son na Escola de Imaxe e Son da Coruña, inicia a súa carreira foto- gráfica na súa época de estudante universi- tario; ten traballado para axencias e xornais; é fundador, con Ángel Cordero e Rodrigo González Romano, da empresa Ran Foto, dedicada á fotografía industrial e publicita- ria; galardoado con varios premios, ven participando en exposicións individuais e colectivas dende 1983. Ten doado ao MER unha das fotografías incluídas na exposición Nacho Romero. 2009. Ámbito público. Infraestructura ferroviaria. Vías de Extinción, mostra do Outono Foto- gráfico no MER o ano 2010. - 16 -
  • 17. A mirada dos espazos SANTI M. AMIL Santiago Míguez Amil, fotógra- fo documental e de prensa, de formación autodidacta e antigo colaborador do Museo Etnolóxico, que ven desenvolvendo a súa acti- vidade dende o ano 1986, foi socio fundador de Nega-2, xunto con Moncho Fuentes, Nacho Gómez e Xan Xiadas; tras ter colaborado con outros medios, na actualidade a súa actividade profesional está viculada ao xornal La Voz de Gali- cia; entre outros recoñecementos, unha das súas fotografías foi Foto do Ano de Galicia en Foco 2005. A súa obra no MER está formada por series realizadas por encargo da propia institución e de interese etnolóxico e documental funda- mentalmente, así como por un pequeno fondo constituido por un conxunto de copias orixinais. Santi M. Amil. 1996. Ámbito público. Sinalización varia. - 17 -
  • 18. A AGRUPACIÓN FOTOGRÁFICA DE RIBADAVIA A orixe da Agrupación Fotográfica de Ribadavia(1) (AFR), constituida en 1967, está nas inquietudes duns amigos, Juan Antonio Gómez Vázquez e Hipólito Fernández González, aos que pasado un tempo se lles une Víctor Manuel López Quijada. Serán eles tres, xuntamente con Luís Olivares Chao, Enrique Rodríguez Martínez e Antonio Pérez Chao, os socios fundadores da AFR e os integrantes da súa primeira Xunta Directiva. Sete anos despois contaba con sesenta e sete socios, entre os que cabe sinalar a presencia de dona Zoila Pérez Dávila, quen contribúe así a incrementar a nómina de mulleres participando na vida das agrupacións fotográficas galegas nesas datas. FUNDADORES E PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA DA AFR Víctor Manuel López Quijada Presidente Hipólito Fernández González Tesoureiro Luis Olivares Chao Vogal de relacións públicas Enrique Rodríguez Martínez Vogal de publicacións Antonio Pérez Chao Vogal de proxección e prácticas fotográficas Juan Antonio Gómez Vázquez Secretario A AFR tiña a súa sede no número 8 da rúa Mera Soto. Será aquí onde celebren as reunións, realicen prácti- cas de laboratorio, proxeccións, etc., así como onde dispongan dunha biblioteca. Cabe destacar entre as activi- dades desenvolvidas por esta agrupación as saídas en grupo para facer fotografías e, sobre todo, a realización de exposicións, unhas producidas por eles e outras cesión de terceiros. Entre as primeiras realizan no Club Artístico de Ribadavia, no mesmo ano da súa constitución, a I Exposición de Fotografía Artística e durante os anos 1969 a 1971 organizan no Grupo Escolar da Vila o Salón da Fotografía Gallega. (1) As fontes empregadas para a AFR son: CONDE MURAIS, Perfecto (1974): voz «Agrupación Fotográfica de Ribadavia»; in.: Silverio Cañada (Ed.): Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de Compostela. Tomo I, p.: 158; e a documentación procedente dos fondos José Luis García Casasnovas, Juan Antonio Gómez Vázquez e Margarita Mosquera do Arquivo do Museo Etnolóxico. Ribadavia. - 18 -
  • 19. A mirada dos espazos Se o primeiro dos eventos citados foi levado a Ourense e a Guadalajara, a vocación da AFR de dar a coñecer a fotografía feita na comarca acadó un éxito rotundo coa exposición Xentes e Paisaxes do Ribeiro, inaugurada en 1968 no Grupo Escolar, e que como Salón Circulante recorrió durante os dous anos seguin- tes as cidades de Madrid, Guadalajara, Ciudad Real, Soria, Rubí, Castellón de la Plana e Barcelona. Activida- des que complementou traendo a Ribadavia mostras de fotógrafos españoles, proxectando películas produ- Fundadores e primeira Xunta Directiva da Agrupación Fotográfica de Ribadavia. cidas en Galicia e, dende o ano 1971, creando e conce- dendo o Trofeo Galicia. A súa preocupación por manterse ao corrente do que se estaba a facer noutras partes materiali- zouse no establecemento de relacións con outras asociacións galegas e con agrupacións de Barcelona (Agrupación Fotográfica de Cataluña, Agrupación Fotográfica San Juan Bautista e Agrupación Foto- gráfica Sitges Foto.Film), de Valencia (Foto Club Valencia), de Madrid (Real Agrupación Fotográfica), de Guadalajara (Agrupación Fotográfica de Educación y Descanso), etc. E preocupáronse tamén da adquisición de publicacións como Imagen y Sonido, ECOS negra, Cuadernos de Fotografía, AF Arte Fotográfico, Bolex Reporter, Fotografía Internacional Kodak, Foto Negativo, FOCUS, ou Butlleti Club Cine Foto. Martorell. O inicio de novos camiños profesionais e incluso a marcha de Ribadavia de algúns dos seus mem- bros máis dinámicos levaron a AFR a súa desaparición, deixando tras si unha honrosa folla de servizos á fotografía e aos fotógrafos do Ribeiro. - 19 -
  • 20. Foto Hipólito González Fernández. [ca 1970]. Ámbito privado. Xénero e idade. Foto Juan Antonio Gómez Vázquez. 1970. Ámbito Público. Entroido. - 20 -
  • 21. A mirada dos espazos Foto Olivares. [S.d.]. Ámbito privado. Xénero e traballo. Foto Víctor M. López Quijada. [S.d.] Ámbito público. Xénero e traballo. - 21 -
  • 22. Cara unha antropoloxía visual Non sempre é doado distinguir o que entendemos por espazo público e por espazo privado. Atribuimos normalmente a condición de espazo público ao lugar que mostra o com- partido, o que se visualiza doadamente e non posúe valados nin fronteiras. Tamén adoita- mos considerar espazo público o que os indivi- duos divulgan e ensinan sen opoñerlle fiestras nin agochalo. Igualmente asumimos como público o que disfrutamos e ocupamos comu- nitariamente permitindo a relación social e a convivencia entre grupos e sectores sociais: v. Foto Llanos. [S.d.]. Ámbito privado. Primeira Comuñón. gr, unha praza, unha estrada ou un camiño, unha escola, un mercado, unha igrexa, un campo para a festa, un estadio deportivo, etc. Dun xeito máis formal entendemos que o público é o que identifica ás insti- tucións das Administracións, polo tanto cun dono colectivo –o Estado- que representa á socieda- de no seu conxunto. Nun tempo no que os medios de comunica- ción divulgan acontecementos e vidas sucede a apropiación pública de espazos e ámbitos do privado, fenómeno que se foi xeralizando coa prensa escrita e implantando- se totalitariamente cos medios de Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Voda. comunicación audiovisuais. - 22 -
  • 23. A mirada dos espazos O espazo privado adoitar ser aquel concernido por lindes, por separacións e pola oposición de barreiras ao observa- dor alleo. O privado é privativo pois forma parte dun universo limitado, sometido a cautelas e sempre acouta- do. O privado é tamén o que se compar- te con condicións, sendo posuido e disfrutado por uns e non por outros. O privado agóchase, ten vereas máis u menos ocultas e goza da discrecionali- dade pactada por todos no seo de cada sociedade. O privado muda, pode ser parcial ou totalmente publicitado, aten- dendo aos códigos morais establecidos Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Enterro. por cada comunidade culturalmente diferenciada. Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Segmentación social. [S.a.] : [1931]. Ámbito privado. Actividade política. - 23 -
  • 24. A fotografía axudou enor- memente ao desenvolvemen- to destes procesos, difundin- do imaxes de toda caste de indviduos e de todo tipo de ámbitos, rachando en boa medida coas lindes entre o público e o privado. Ao tempo a fotografía exerceu unha función de taboleiro para achegármonos a estes fenó- menos e para captar o perfil e Foto Bene. [S.d.]. Ámbito privado. Actividade política. a dimensión das máis varia- das circunstancias. Galiza. Estudio Fotográfico. Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Comercio. [1976]. Ámbito público. Acto público. - 24 -
  • 25. A mirada dos espazos A socialización da produccción de imaxes e a súa reproducibilidade, feito maxistralmente analizado por Walter Benjamin, constitúe unha cuestión subsi- diaria dos cambios acontecidos na modernidade no relativo á creación de cidadáns consumidores de imaxes, fronte as limitacións ao seu acceso que, por motivos sociais e técnicos, impuñan a pintura e o grabado. A fotografía é espello de si mesma, porque como medio logra unha gradual e continua asunción dos seus produtos e máquinas polos cidadáns, que chegan a apropiarse do seu manexo técnico. Igual- mente a fotografía retrata a sociedade que focaliza, constitíndose en intermediaria da interpretación que Foto Chao. [195-?]. Ámbito público. facemos da vida contemporánea. Escolaridad. Foto Chao. [1935]. Ámbito público. Foto Chao. [1932]. Entroido. Ámbito privado. Celebración. - 25 -
  • 26. O interese etnográfico da fotografía reside fundamentalmente na súa capacidade para descri- bir e interpelar a persoas e comunidades que se retratan diante da cámara e que retratan elas mesmas a súa contorna, os lugares e as xentes que forman parte da súa experiencia vital. A fotografía intervén na memoria de homes e mulleres, recrea a nostalxia das familias e exerce o papel de fedataria da experiencia de vida de grupos, corporacións e individuos. Fondo Augusto Pacheco. [S.d.]. Ámbito público. Mercado. Foto Bene. [195-?]. Ámbito público. Xénero e traballo. A fotografía, xa que logo, opera como un descritor máis da observación etnográfica ofre- cendo un relato para o antropólogo que se mer- Foto Bene. [195-?]. gulla na iconografía social de tempos e lugares. Ámbito público. Estereotipos tradicionais. - 26 -
  • 27. Foto contra: Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. [ca. 1960]. Ámbito privado. Adega.