SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  20
As sociedades igualitarias
Unidade 4
As sociedades igualitarias
• As sociedades
igualitarias: As bandas
• As sociedades
estratificadas: as tribos
• As xerarquías sociais: as
xefaturas.
As sociedades igualitarias: as bandas
Esquimais
• O grupo sociopolítico máis elemental
que se coñece é a banda, que
constitúe o agregado propio das
sociedades máis simples das que se
ten constancia, que son as de
cazadores-recolectores, as cales
chegaron ao noso tempo formando
illas, cada vez máis escasas, no seo
dalgúns Estados actuais, abocadas a
unha desaparición inminente polo
simple contacto con outros grupos
completamente organizados. A
banda, como agregado rudimentario,
atópase, entón, naquelas sociedades
que aínda non alcanzaran o umbral
da domesticación das plantas e dos
animais, de maneira que se
corresponde co grupo económico e
político por excelencia das
sociedades paleolíticas europeas.
As sociedades igualitarias: as bandas
Pigmeos
• A banda, cando as sociedades
de cazadores existen,
constitúe un agregado social
de tamaño moi variable, que
oscila por termo medio entre
os vinte e cinco e os cento
cincuenta individuos, e aínda
pode estar composta por un
número maior de membros
esporadicamente, formado
pola unión de familias
nucleares. O rasgo
determinante é o seu forte
carácter igualitario, en tódalas
ordes da vida, ben sexa no
económico ou no político.
As sociedades igualitarias: as bandas
Bosquimanos
• Nas sociedades organizadas en
bandas e aldeas mantense a orde
sen ningún aparato organizativo
polas relacións de parentesco, a
reciprocidade, o pequeno tamaño
e o acceso igualitario aos recursos
vitais. O perigo para esta orde
non é a propiedade individual
(posto que maiormente non
existe) senón os conflitos que se
crean entre as familias. Estes
conflitos resólvense de múltiples
maneiras, duelos de cancións, a
través do chamán e das
acusacións de bruxería, etc.
As sociedades igualitarias: as bandas
Pigmeos
• Mobilización de la opinión
pública: duelo de cancións.
• Para que unha disputa poda ser
resolta nunha aldea ou banda, o
mellor é deixar illados por un
tempo aos litigantes, de tal xeito
que se vexan desprotexidos do
grupo de parentesco e forzados a
chegar a unha solución. O
importante para estes será mover
a opinión colectiva ao seu favor.
• No duelo de cancións o ditame
ofréceno a comunidade coas súas
risas, pero o que perde pode
tomar represalias pola súa conta.
As sociedades igualitarias: as bandas
Pigmeos
• A intervención dos chamán
• Os chamáns desempeñan a
miúdo a función de
mobilizar a opinión pública.
Se lles ocorren desgrazas,
enseguida o atribúen á
bruxería polo que a tarefa
do chamán consistirá en
averiguar quen é o culpable.
• Os bruxos aos que se atopa
culpables probablemente
nin sequera sexan bruxos,
pero de todas formas son
asasinados.
As sociedades igualitarias: as bandas
Pigmeos
• As vinganzas de sangue
• A familia soe apoiar ao
membro que sofre a
agresión, de tal forma
que se orixina a disputa e
pode chegar a ter
repercusións a grande
escala. O peor é o
homicidio, que termina
en la vinganza de sangre.
As sociedades igualitarias: as bandas
Pigmeos
• EL LIDERAZGO
• Diferenzas entre líderes e
especialistas no eido estatal: o
líder non pode dar ordes
porque non pode esperar que
ninguén os cumpra, o mellor
para el, por tanto, é dar as
menos ordes posibles e
sempre indirectas. Un rei (caso
de especialista en poder
estatal) ten acceso e control
sobre os recursos que
permiten matar e polo tanto
se pode dar ordes directas.
As sociedades igualitarias: as bandas
Pigmeos
• EL LIDERAZGO
• Exemplos de liderazgo:
• Esquimais: o mellor cazador
será escoitado polos outros en
materia de caza pero nos demais
terreos a súa opinión é igual á de
tódolos homes.
• !kung-san: Hai líderes pero que
só poden intentar persuadir, non
dar ordes
• Semai: Malaya. O líder é unha
figura máis prestixiosa no grupo
de iguais, gáñao mediante o
respecto.
• Mehinacu:( Brasil) Debe ser bo
en oratoria, xeneroso etc.
As sociedades estratificadas: as tribos
• Se as bandas constitúen
os grupos socio-
políticos das sociedades
forraxeiras, os das
sociedades de
horticultores e de
pastores primitivos son
as asociacións tribais,
edificadas así mesmo
sobre a base do
parentesco.
As sociedades estratificadas: as tribos
• Se parte da base de
que o concepto de tribo
é teórico.
• Un exemplo actual o
encontramos entre os
Kpelle do África
Occidental e os
Yanomami da
Amazonia.
As sociedades estratificadas: as tribos
• Nas sociedades con organización
tribal, que poden ser moi grandes
numericamente (como a dos
Kpelle), as tribos propiamente
ditas son unidades de pequeno
tamaño.
• As sociedades tribais constitúen
sistemas de propensión
igualitaria, nas que a convivencia
vén determinada polo exercicio
dunha reciprocidade que se ve
cruzada por unha división
elemental do traballo social, pero
que ao ser máis marcada que nas
sociedades de bandas dá lugar a
divisións asimétricas dos recursos
no eido da idade e do xénero.
As sociedades estratificadas: as tribos
• Sen embargo, a división
asimétrica dos recursos non
é tan virulenta como para
que faga perder a estas
sociedades esa apreciable
tendencia igualitaria. Mais é
frecuente que apareza certa
estratificación nas tribos
que teñen por base da súa
economía a gandería, onde
as diferenzas no número de
cabezas de gando poden ser
notables.
As xerarquías sociais: as xefaturas
• Un agregado sociopolítico
máis complexo que a tribo é
a Xefatura.
• Trátase dun tipo de
agregado que, sen alcanzar
o grao de desenvolvemento
que supón o Estado,
constitúe como este un
sistema centralizado, no cal
a autoridade e o poder
coercitivo que levan
aparrelados a centralidade
descansan sobre una persoa
ou grupo de persoas.
As xerarquías sociais: as xefaturas
• Para levar a cabo esta
regulación requírese unha
estrutura piramidal, que
ten na cúspide ao Xefe.
• O Xefe agora ten poder, e
consecuentemente ten
acceso á coerción, que lle
concede unha autoridade
que ten a súa forza do
beneficio do
encauzamento do sistema
económico máis que do
castigo.
As xerarquías sociais: as xefaturas
• Xefes son os líderes de
grupos de bandas e aldeas,
aliados máis ou menos
permanentemente,
chamados xefaturas. A
xefatura consta de varias
comunidades e
asentamentos. A diferenza
dos líderes de bandas,
herdan o seu cargo e non
teñen que revalidar o seu
cargo continuamente
doando festíns e comida.
As xerarquías sociais: as xefaturas
• Alí onde floreceu a Xefatura
está presente como rasgo
distintivo a existencia dunha
embrionaria estratificación
social, resultante dunha
estrutura económica que
libera excedentes, polo que
se precisa dunha certa
especialización política, a
que conleva unha aínda
rudimentaria e básica
burocracia.
As xerarquías sociais: as xefaturas
• Os Trobiand
• As xefaturas herdábanse no
seo dos subclans máis ricos, e
os trobriandeses atribuían
estas desigualdades a guerras
de conquista libradas nun
pasado remoto. Só os xefes
podían portar certos
ornamentos de cunchas como
insignias do seu alto rango, e
aos plebeos lles estaba
prohibido permanecer de pé
ou estar sentados nunha
posición que colocase a cabeza
do xefe a unha altura inferior á
súa.
As xerarquías sociais: as xefaturas
• Xefe da guerra e xefes da
paz cherokees
• Algúns grupos de indios
americanos teñen xefes
da paz e xefes da guerra,
separando así en dúas
clases de papeis o
traballo político da
manter a harmonía
interna e a tarefa de
protexer ao grupo de
merodeadores externos.

Contenu connexe

En vedette

Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxíanieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Pautas para realizar un comentario de text0 filosófico cast
Pautas para realizar un comentario de text0 filosófico castPautas para realizar un comentario de text0 filosófico cast
Pautas para realizar un comentario de text0 filosófico castnieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesconieveslopez
 
Aristóteles comentarios textos resumenes
Aristóteles comentarios textos resumenesAristóteles comentarios textos resumenes
Aristóteles comentarios textos resumenesDesigners Logroño
 
Comentario de textos (filosofía)
Comentario de textos (filosofía)Comentario de textos (filosofía)
Comentario de textos (filosofía)Alberto Fernández
 
Guía para realizar un comentario de texto filosófico
Guía para realizar un comentario de texto filosóficoGuía para realizar un comentario de texto filosófico
Guía para realizar un comentario de texto filosóficosilviartigues
 
Modelo de comentario de texto filosófico
Modelo de comentario de texto filosóficoModelo de comentario de texto filosófico
Modelo de comentario de texto filosóficonieveslopez
 

En vedette (10)

Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Pautas para realizar un comentario de text0 filosófico cast
Pautas para realizar un comentario de text0 filosófico castPautas para realizar un comentario de text0 filosófico cast
Pautas para realizar un comentario de text0 filosófico cast
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Aristóteles comentarios textos resumenes
Aristóteles comentarios textos resumenesAristóteles comentarios textos resumenes
Aristóteles comentarios textos resumenes
 
Comentario de textos (filosofía)
Comentario de textos (filosofía)Comentario de textos (filosofía)
Comentario de textos (filosofía)
 
Guía para realizar un comentario de texto filosófico
Guía para realizar un comentario de texto filosóficoGuía para realizar un comentario de texto filosófico
Guía para realizar un comentario de texto filosófico
 
Modelo de comentario de texto filosófico
Modelo de comentario de texto filosóficoModelo de comentario de texto filosófico
Modelo de comentario de texto filosófico
 

Plus de nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalnieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, societynieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficonieveslopez
 
Comentarios de texto de Immanuel Kant
Comentarios de texto de Immanuel KantComentarios de texto de Immanuel Kant
Comentarios de texto de Immanuel Kantnieveslopez
 
Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7nieveslopez
 
Nietzsche completo castellano
Nietzsche completo castellanoNietzsche completo castellano
Nietzsche completo castellanonieveslopez
 
Apuntes de Karl Marx
Apuntes de Karl MarxApuntes de Karl Marx
Apuntes de Karl Marxnieveslopez
 

Plus de nieveslopez (17)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
 
Unidade 4
Unidade 4Unidade 4
Unidade 4
 
Comentarios de texto de Immanuel Kant
Comentarios de texto de Immanuel KantComentarios de texto de Immanuel Kant
Comentarios de texto de Immanuel Kant
 
Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7
 
Nietzsche completo castellano
Nietzsche completo castellanoNietzsche completo castellano
Nietzsche completo castellano
 
Apuntes de Karl Marx
Apuntes de Karl MarxApuntes de Karl Marx
Apuntes de Karl Marx
 
Kant
Kant Kant
Kant
 
Textos Kant
Textos KantTextos Kant
Textos Kant
 
David Hume
David HumeDavid Hume
David Hume
 

Unidade 4 As sociedades igualitarias

  • 2. As sociedades igualitarias • As sociedades igualitarias: As bandas • As sociedades estratificadas: as tribos • As xerarquías sociais: as xefaturas.
  • 3. As sociedades igualitarias: as bandas Esquimais • O grupo sociopolítico máis elemental que se coñece é a banda, que constitúe o agregado propio das sociedades máis simples das que se ten constancia, que son as de cazadores-recolectores, as cales chegaron ao noso tempo formando illas, cada vez máis escasas, no seo dalgúns Estados actuais, abocadas a unha desaparición inminente polo simple contacto con outros grupos completamente organizados. A banda, como agregado rudimentario, atópase, entón, naquelas sociedades que aínda non alcanzaran o umbral da domesticación das plantas e dos animais, de maneira que se corresponde co grupo económico e político por excelencia das sociedades paleolíticas europeas.
  • 4. As sociedades igualitarias: as bandas Pigmeos • A banda, cando as sociedades de cazadores existen, constitúe un agregado social de tamaño moi variable, que oscila por termo medio entre os vinte e cinco e os cento cincuenta individuos, e aínda pode estar composta por un número maior de membros esporadicamente, formado pola unión de familias nucleares. O rasgo determinante é o seu forte carácter igualitario, en tódalas ordes da vida, ben sexa no económico ou no político.
  • 5. As sociedades igualitarias: as bandas Bosquimanos • Nas sociedades organizadas en bandas e aldeas mantense a orde sen ningún aparato organizativo polas relacións de parentesco, a reciprocidade, o pequeno tamaño e o acceso igualitario aos recursos vitais. O perigo para esta orde non é a propiedade individual (posto que maiormente non existe) senón os conflitos que se crean entre as familias. Estes conflitos resólvense de múltiples maneiras, duelos de cancións, a través do chamán e das acusacións de bruxería, etc.
  • 6. As sociedades igualitarias: as bandas Pigmeos • Mobilización de la opinión pública: duelo de cancións. • Para que unha disputa poda ser resolta nunha aldea ou banda, o mellor é deixar illados por un tempo aos litigantes, de tal xeito que se vexan desprotexidos do grupo de parentesco e forzados a chegar a unha solución. O importante para estes será mover a opinión colectiva ao seu favor. • No duelo de cancións o ditame ofréceno a comunidade coas súas risas, pero o que perde pode tomar represalias pola súa conta.
  • 7. As sociedades igualitarias: as bandas Pigmeos • A intervención dos chamán • Os chamáns desempeñan a miúdo a función de mobilizar a opinión pública. Se lles ocorren desgrazas, enseguida o atribúen á bruxería polo que a tarefa do chamán consistirá en averiguar quen é o culpable. • Os bruxos aos que se atopa culpables probablemente nin sequera sexan bruxos, pero de todas formas son asasinados.
  • 8. As sociedades igualitarias: as bandas Pigmeos • As vinganzas de sangue • A familia soe apoiar ao membro que sofre a agresión, de tal forma que se orixina a disputa e pode chegar a ter repercusións a grande escala. O peor é o homicidio, que termina en la vinganza de sangre.
  • 9. As sociedades igualitarias: as bandas Pigmeos • EL LIDERAZGO • Diferenzas entre líderes e especialistas no eido estatal: o líder non pode dar ordes porque non pode esperar que ninguén os cumpra, o mellor para el, por tanto, é dar as menos ordes posibles e sempre indirectas. Un rei (caso de especialista en poder estatal) ten acceso e control sobre os recursos que permiten matar e polo tanto se pode dar ordes directas.
  • 10. As sociedades igualitarias: as bandas Pigmeos • EL LIDERAZGO • Exemplos de liderazgo: • Esquimais: o mellor cazador será escoitado polos outros en materia de caza pero nos demais terreos a súa opinión é igual á de tódolos homes. • !kung-san: Hai líderes pero que só poden intentar persuadir, non dar ordes • Semai: Malaya. O líder é unha figura máis prestixiosa no grupo de iguais, gáñao mediante o respecto. • Mehinacu:( Brasil) Debe ser bo en oratoria, xeneroso etc.
  • 11. As sociedades estratificadas: as tribos • Se as bandas constitúen os grupos socio- políticos das sociedades forraxeiras, os das sociedades de horticultores e de pastores primitivos son as asociacións tribais, edificadas así mesmo sobre a base do parentesco.
  • 12. As sociedades estratificadas: as tribos • Se parte da base de que o concepto de tribo é teórico. • Un exemplo actual o encontramos entre os Kpelle do África Occidental e os Yanomami da Amazonia.
  • 13. As sociedades estratificadas: as tribos • Nas sociedades con organización tribal, que poden ser moi grandes numericamente (como a dos Kpelle), as tribos propiamente ditas son unidades de pequeno tamaño. • As sociedades tribais constitúen sistemas de propensión igualitaria, nas que a convivencia vén determinada polo exercicio dunha reciprocidade que se ve cruzada por unha división elemental do traballo social, pero que ao ser máis marcada que nas sociedades de bandas dá lugar a divisións asimétricas dos recursos no eido da idade e do xénero.
  • 14. As sociedades estratificadas: as tribos • Sen embargo, a división asimétrica dos recursos non é tan virulenta como para que faga perder a estas sociedades esa apreciable tendencia igualitaria. Mais é frecuente que apareza certa estratificación nas tribos que teñen por base da súa economía a gandería, onde as diferenzas no número de cabezas de gando poden ser notables.
  • 15. As xerarquías sociais: as xefaturas • Un agregado sociopolítico máis complexo que a tribo é a Xefatura. • Trátase dun tipo de agregado que, sen alcanzar o grao de desenvolvemento que supón o Estado, constitúe como este un sistema centralizado, no cal a autoridade e o poder coercitivo que levan aparrelados a centralidade descansan sobre una persoa ou grupo de persoas.
  • 16. As xerarquías sociais: as xefaturas • Para levar a cabo esta regulación requírese unha estrutura piramidal, que ten na cúspide ao Xefe. • O Xefe agora ten poder, e consecuentemente ten acceso á coerción, que lle concede unha autoridade que ten a súa forza do beneficio do encauzamento do sistema económico máis que do castigo.
  • 17. As xerarquías sociais: as xefaturas • Xefes son os líderes de grupos de bandas e aldeas, aliados máis ou menos permanentemente, chamados xefaturas. A xefatura consta de varias comunidades e asentamentos. A diferenza dos líderes de bandas, herdan o seu cargo e non teñen que revalidar o seu cargo continuamente doando festíns e comida.
  • 18. As xerarquías sociais: as xefaturas • Alí onde floreceu a Xefatura está presente como rasgo distintivo a existencia dunha embrionaria estratificación social, resultante dunha estrutura económica que libera excedentes, polo que se precisa dunha certa especialización política, a que conleva unha aínda rudimentaria e básica burocracia.
  • 19. As xerarquías sociais: as xefaturas • Os Trobiand • As xefaturas herdábanse no seo dos subclans máis ricos, e os trobriandeses atribuían estas desigualdades a guerras de conquista libradas nun pasado remoto. Só os xefes podían portar certos ornamentos de cunchas como insignias do seu alto rango, e aos plebeos lles estaba prohibido permanecer de pé ou estar sentados nunha posición que colocase a cabeza do xefe a unha altura inferior á súa.
  • 20. As xerarquías sociais: as xefaturas • Xefe da guerra e xefes da paz cherokees • Algúns grupos de indios americanos teñen xefes da paz e xefes da guerra, separando así en dúas clases de papeis o traballo político da manter a harmonía interna e a tarefa de protexer ao grupo de merodeadores externos.