2. A sociobioloxía
• A partir dos anos 70
prodúxose un intento
de analizar os asuntos
humanos á luz de
conceptos e teorías
procedentes do
pensamento evolutivo.
3. A sociobioloxía
• A sociobioloxía pretende
estudar as bases biolóxicas
de todo comportamento
social, de aí que se reclame
como parte da teoría
sintética. A tarefa da
sociobioloxía consistiría en
estruturar os fundamentos
das ciencias sociais para
que estas podan formar
parte da síntese.
4. A sociobioloxía
• O intento non é novo, como
se dependera demasiado da
etoloxía e a fisioloxía do
comportamento; a proposta
sociobiolóxica combinaría a
partes iguais a zooloxía de
invertebrados e vertebrados
e a xenética das
poboacións.
5. A sociobioloxía
• A síntese sociobiolóxica de
Wilson ten antecedentes na
obra de John Scott, Hockett,
Haldane, Fisher, pero
empeza a xestarse co
capítulo final de The Insect
Societies de Wilson.
Posteriormente iranse
engadindo Trivers,
Alexander, Dawkins, Brash,
Tiger, Fox, etc.
6. A sociobioloxía
• Sociobioloxía: a nova síntese
de 1975, adica un 90% á
sociobioloxía animal e só un
10% á humana; esta última
parte pretende converterse
nunha explicación global entre
xenes e conduta. O problema
teórico básico é: como pode
desenvolverse por selección
natural o altruismo tendo en
conta que, por definición,
merma o éxito individual?
7. A sociobioloxía
• A sociobioloxía pretende
estudar as bases biolóxicas de
todas as formas de
comportamento social,
incluíndo o parentesco e a
conduta sexual, partindo da
selección natural e do
concepto de eficacia inclusiva,
a suma da eficacia propia dun
individuo e de todas as súas
influenzas sobre a dos seus
parentes que non sexan
descendentes diretos.
8. A sociobioloxía
• A fonte de todo comportamento
sería a tendencia de cada
individuo a difundir os seus
propios xenes, vía reproducción,
e favorecendo a difusión dos
xenes dos seus parentes (que en
parte coinciden cos seus), o que
favorece a súa vez a difusión de
parte dos do individuo en
cuestión. Isto permite explicar
comportamentos aparentemente
anómalos como o altruísmo,
desastroso se se considera desde
a perspectiva da selección
individual, pero moi útil para
difundir o patrimonio xenético.
9. A sociobioloxía
• Richard Dawkins propón a súa
teoría, a cal aparece explicada na
súa obra máis paradigmática, O
xene egoísta (1976). A novidade
que introduce con esta obra é que,
frente ás teorías evolucionistas
clásicas, nas que o obxecto da
selección natural era a
supervivencia dos máis aptos, el
sostén que é a supervivencia do
ADN. Segundo isto, a selección
natural encárnase no ADN, que ten
como único obxectivo reproducirse
a si mesmo. Por conseguinte, o
único que ten realmente
importancia é o xene.
10. A sociobioloxía
• “O xene é unha unidade que
sobrevive a través dun gran
número de corpos sucesivos e
individuais” Richard Dawkins.
• O organismo non é máis que un
soporte provisional para o xene.
En palabras de R. Dawkins, “… un
corpo é o medio empregado
polos xenes para preservar os
xenes inalterados”.
• Isto conduce a afirmar que o
comportamento humano é
naturalmente egoísta.
11. A sociobioloxía
• “A proposta do presente libro é que nós, ao igual que todos os demais
animais, somos máquinas creadas polos nosos xenes. Da mesma maneira
que os prósperos gánsters de Chicago, os nosos xenes sobreviviron, en
algúns casos durante millóns de anos, nun mundo altamente competitivo.
Isto nos autoriza a supoñer certas cualidades nos nosos xenes.
Argumentarei que unha cualidade predominante que podemos esperar
que se encontre nun xene próspero será o egoísmo despiadado. Esta
cualidade egoísta do xene dará normalmente, orixe ao egoísmo no
comportamento humano. Sen embargo, como podemos apreciar, hai
circunstancias especiais nas cales os xenes poden alcanzar mellor os seus
obxectivos egoístas fomentando unha forma limitada de altruísmo a nivel
dos animais individuais”.
• “O individuo é unha máquina egoísta, programada para realizar calquera
cousa que sexa mellor para os seus xenes considerados no seu conxunto”.
12. A sociobioloxía
• R. Dawkins afirma que, aínda nos
supostos nos que inicialmente se
pense que se está actuando dun
modo altruísta, isto é, sen
embargo, debido a que, en última
instancia, tal actuar é o que,
neses supostos concretos, mellor
responde aos impulsos egoístas
innatos.
13. Críticas á Sociobioloxía
• Existe un determinismo xenético
físico, por canto as nosas
estruturas nese nivel están
construídas segundo un
programa contido nos xenes.
• Pero, ata que punto pode
extrapolarse o comportamento
animal como modelo do
comportamento humano? Os
opositores á Sociobioloxía
insisten en que os seres humanos
trascenderon todos os instintos
sociais impostos pola evolución.
14. Críticas á Sociobioloxía
• O comportamento dos animais
está restrinxido severamente
polos instintos e, no noso caso, a
intelixencia humana elevounos a
un plano moi diferente e
podemos dicir que temos
“liberdade” de comportarnos
trascendendo eses instintos.
Unha das diferenzas
fundamentais é que os seres
humanos somos conscientes de
nós mesmos. Ademais a cultura
xoga un papel fundamental no ser
humano, e moito máis limitado
no caso dos animais non
humanos.
15. O materialismo cultural
• O Materialismo Cultural é
un modelo antropolóxico
baseado no pensamento
Materialista Marxista
pero non limitado por
este.
• Outras influenzas son o
neo-evolucionismo de
Julian Steward e Leslie A.
White e a teoría
demográfica de Thomas
Malthus.
17. O materialismo cultural
• O termo Materialismo
Cultural, foi usado por
primeira vez por Marvin Harris
no seu libro The Rise of
Anthopological Theory (1968),
e derívase de dous palabras:
“Cultura” (estrutura social,
linguaxe, leis, relixión, política,
arte, ciencia, supersticiones,
etc.) e “Materialismo” (a
materia, en lugar do intelecto
ou da espiritualidade, é
fundamental para a realidade).
18. O materialismo cultural
• Marvin Harris desenvolveu o
Materialismo Cultural con
ideas prestadas de doutrinas
antropolóxicas existentes,
especialmente do
Materialismo Marxista. O
Materialismo Cultural busca
explicar a organización
cultural, a ideoloxía e o
simbolismo dentro dun marco
materialista e conserva os Tres
Niveis Marxistas do Modelo
Cultural: Infraestrutura,
Estrutura e Superestrutura.
20. O materialismo cultural
• Infraestrutura: poboación, necesidades biolóxicas básicas e
recursos (traballo, equipo, tecnoloxía…).
• Estrutura: patrón de organización (goberno, educación,
regulamento de producción, etc). comprende a xestión da
economía familiar e a producción e reproducción da
sociedade. (Helveltius, 1998).
• Superestrutura: institucións sociais (leis, relixión, política,
arte, ciencia, supersticións, valores, emocións, tradicións,
etc.). abarca a dimensión ideolóxica da cultura, é dicir, está
presente en todos os aspectos mentais e intelectuais do resto
de estruturas.
21. Críticas ao materialismo cultural
• Son criticados polo seu determinismo.
• Os Marxistas critican ao Materialismo Cultural por ignorar a
influenza da Estrutura sobre a Infraestrutura.
• Os postmodernistas cren que a confianza no aspecto “Etic" en o
estudo da cultura non é apropiada, xa que a ciencia é
simplemente unha función da cultura.
• Os idealistas critícano por ignorar variables tales como a
xenética, e cren que a perspectiva “Emic" é máis importante que
o que os Materialistas Culturais admiten. Finalmente, parece que
o Materialismo é demasiado simplista. Debemos considerar
igualmente influenzas intelectuais e espirituais sobre a
sociedade. Somos criaturas intelixentes tendentes a ter
inclinacións espirituais que non poden ser explicadas soamente
por medios materiais.