SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
O CONTADOR DE ESTRELAS
Santiago Jaureguízar
Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, vive na actualidade en Lugo. Este
escritor e xornalista traballa no xornal El Progreso. No ano 2005 obtivo o
Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo
Provincial. Pertence ao movemento Bravá. Foi pioneiro na introdución da
literatura galega na rede, con proxectos como: Familia feliz en Vieiros. Son
obras súas: As horas sucias, Casa Skylab ou O Globo de Sheakespeare. E en
canto á narrativa xuvenil: Todo a cen, Salitre, A cova das vacas mortas,
Corazón de chocolate, etc. Ten unha obra de teatro: Estación Mir.
O contador de estrelas narra a historia dunha rapaza de quince anos, Antía,
que debe acompañar a súa nai, Rosa, quen vai ir traballar como responsable
da emisora no Servizo Antilumes durante o verán. As vacacións de Antía
prometen ser aburridas e monótonas, a pasar as tardes lendo e xogando á
Nintendo na cafetería do aeródromo. Pero todo cambia cando coñece a
Enver, un mozo apaixonado pola astronomía. Entre eles xorde unha relación
moi especial: comezan a verse a miúdo e a quedar polas noites nunha torre de
control abandonada na que el lle ensina moitas cousas sobre as estrelas e o
espazo. O gran soño de Antía é aprender a voar para cruzar o Atlántico e
volver atoparse co seu pai. Entón pídelle a Enver, con amplos coñecementos
sobre aeronáutica, que lle ensine a pilotar.
Así pois, o tema fundamental desta novela é o amor, pois entre Antía e
Enver xorde unha relación romántica, platónica, de admiración. Antía así o
manifesta ao longo da novela e Enver escríbeo ao final nunha carta. En ningún
momento existe entre eles unha relación amorosa física, non hai bicos nin
declaracións, é o amor como sentimento.
Outra maneira distinta de amor é a que existe entre os pais de Antía. O pai
era piloto, pero debido á presión do seu traballo e da súa muller, comezou a
beber e bater en Rosa. Isto deu na súa separación tendo Antía só cinco anos,
aínda que ambos se seguían amando. Trátase dun amor roto e perdido.
Destaco tamén o amor nai-filla: como Rosa loita por sacar a Antía adiante a
pesar das dificultades que o abandono do seu pai supuxera, e como lle oculta
á nena o negro pasado co seu pai. Un amor filial.
E o amor non correspondido, que é o que hai entre Antía e Nito: Nito
desexa que Antía sexa a súa moza, Antía rexéitao sempre.
Podo dicir entón que o amor se ve reflectido de moitas maneiras nesta
historia.
En canto á estrutura da novela, esta divídese en dúas partes que
corresponden aos meses de xullo e agosto; cada unha delas consta de dez
capítulos, en total vinte e un, que van desenvolvendo a presentación, nó e
desenlace da historia.
Os personaxes deste libro poderíanse incluír en dous grupos diferentes:
por unha banda os mozos e, por outra, os adultos; todos teñen problemas e
relacións acordes ás súas idades e situacións.
Como xa dixen, o personaxe principal é Antía, unha adolescente que soña
con ser piloto de avións, feita una lea coa súa vida amorosa: ten por unha
parte a Enver, un misterioso mecánico albanés de dezaoito anos ao que lle
apaixonan as estrelas e o universo, loiro de ollos azuis e moi atractivo en
opinión de Antía. E polo outro, a Nito, un mozo inmaduro que deixara os
estudos para traballar como repartidor en “pizzamóbil”. Enver cóntalle
cousas sobre as persoas, as estrelas, que provén do espazo exterior e ten
encomendada unha misión especial, etc. Mentres que Nito só lle ofrece
quedadas aburridas .
A nai de Antía, Rosa, é encargada da emisora no Servizo Antilumes. Unha
nai moi preocupada e pendente da súa filla, sempre procurando o seu
benestar. Atópase algo soa e comeza a sentirse atraída por Romar, un piloto
serbio, xefe de Enver, que amosa unha actitude despectiva e inxusta cara a
el.
Outro personaxe importante é o pai de Antía, un home “cuspidiño a ela”,
boa persoa segundo Rosa, pero que tivo mala sorte. Despois de anos
desaparecido para Antía, reaparece na súa vida unha noite que foxe con
Enver a Ribadeo, a beber nun pub. Xa estivera no cárcere por mor dun
despiste que tivera un día de néboa e rematara coa vida dun fotógrafo. E
volve entrar na cadea xa que resultou ser o famoso Piloto Vermello que
andaba a prender lumes e poñendo en perigo persoas e vivendas, na súa
avioneta vermella, cheo de carraxe ao coñecer que a súa ex-muller (á que
aínda quería) estaba comezando a manter unha relación sentimental con
Romar. Despois de ser un home de éxito, pasa a ser un fracasado.
No libro predomina a narración sobre a descrición: abundan os verbos, o
diálogo…
O relato está narrado en terceira persoa, narrador omnisciente, que conta
centrándose en Antía, cunha linguaxe doada de entender, coloquial e sen
vocabulario nin expresión complexos.
A acción transcorre ao longo dos dous meses dun verán da actualidade.
Apréciase nalgúns comentarios que se fan, como a Nintendo de Antía. Os
feitos sitúanse concretamente no aeródromo de Rozas, Lugo, agás unha noite
na que Enver e Antía foxen a Ribadeo.
A historia gustoume moito porque a temática que trata me resulta próxima
e Antía podería ser unha das miñas amigas. Ademais, este libro paréceme
moi sinxelo e doado de ler. Así pois, a lectura de O contador de estrelas foi
unha boa elección.
SARA MÍGUEZ PAIS
2º ESO B
O contador de estrelas

More Related Content

Similar to O contador de estrelas

Europa express irene quintelavalino1a
Europa express irene quintelavalino1aEuropa express irene quintelavalino1a
Europa express irene quintelavalino1aRemoeaLinguaLinguaGa
 
Europa express(paula mendez 1 bach b)
Europa express(paula mendez 1 bach b)Europa express(paula mendez 1 bach b)
Europa express(paula mendez 1 bach b)RemoeaLinguaLinguaGa
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoBibliotecadicoruna
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Actividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaActividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaMarlou
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránfontexeriabib
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Similar to O contador de estrelas (20)

Europa express irene quintelavalino1a
Europa express irene quintelavalino1aEuropa express irene quintelavalino1a
Europa express irene quintelavalino1a
 
Europa express(paula mendez 1 bach b)
Europa express(paula mendez 1 bach b)Europa express(paula mendez 1 bach b)
Europa express(paula mendez 1 bach b)
 
reseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Actividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaActividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografía
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Tes ata as dez
Tes ata as dezTes ata as dez
Tes ata as dez
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 

More from normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 

O contador de estrelas

  • 1. O CONTADOR DE ESTRELAS Santiago Jaureguízar Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, vive na actualidade en Lugo. Este escritor e xornalista traballa no xornal El Progreso. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial. Pertence ao movemento Bravá. Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con proxectos como: Familia feliz en Vieiros. Son obras súas: As horas sucias, Casa Skylab ou O Globo de Sheakespeare. E en canto á narrativa xuvenil: Todo a cen, Salitre, A cova das vacas mortas, Corazón de chocolate, etc. Ten unha obra de teatro: Estación Mir. O contador de estrelas narra a historia dunha rapaza de quince anos, Antía, que debe acompañar a súa nai, Rosa, quen vai ir traballar como responsable da emisora no Servizo Antilumes durante o verán. As vacacións de Antía prometen ser aburridas e monótonas, a pasar as tardes lendo e xogando á Nintendo na cafetería do aeródromo. Pero todo cambia cando coñece a Enver, un mozo apaixonado pola astronomía. Entre eles xorde unha relación moi especial: comezan a verse a miúdo e a quedar polas noites nunha torre de control abandonada na que el lle ensina moitas cousas sobre as estrelas e o espazo. O gran soño de Antía é aprender a voar para cruzar o Atlántico e volver atoparse co seu pai. Entón pídelle a Enver, con amplos coñecementos sobre aeronáutica, que lle ensine a pilotar. Así pois, o tema fundamental desta novela é o amor, pois entre Antía e Enver xorde unha relación romántica, platónica, de admiración. Antía así o manifesta ao longo da novela e Enver escríbeo ao final nunha carta. En ningún momento existe entre eles unha relación amorosa física, non hai bicos nin declaracións, é o amor como sentimento. Outra maneira distinta de amor é a que existe entre os pais de Antía. O pai era piloto, pero debido á presión do seu traballo e da súa muller, comezou a beber e bater en Rosa. Isto deu na súa separación tendo Antía só cinco anos, aínda que ambos se seguían amando. Trátase dun amor roto e perdido.
  • 2. Destaco tamén o amor nai-filla: como Rosa loita por sacar a Antía adiante a pesar das dificultades que o abandono do seu pai supuxera, e como lle oculta á nena o negro pasado co seu pai. Un amor filial. E o amor non correspondido, que é o que hai entre Antía e Nito: Nito desexa que Antía sexa a súa moza, Antía rexéitao sempre. Podo dicir entón que o amor se ve reflectido de moitas maneiras nesta historia. En canto á estrutura da novela, esta divídese en dúas partes que corresponden aos meses de xullo e agosto; cada unha delas consta de dez capítulos, en total vinte e un, que van desenvolvendo a presentación, nó e desenlace da historia. Os personaxes deste libro poderíanse incluír en dous grupos diferentes: por unha banda os mozos e, por outra, os adultos; todos teñen problemas e relacións acordes ás súas idades e situacións. Como xa dixen, o personaxe principal é Antía, unha adolescente que soña con ser piloto de avións, feita una lea coa súa vida amorosa: ten por unha parte a Enver, un misterioso mecánico albanés de dezaoito anos ao que lle apaixonan as estrelas e o universo, loiro de ollos azuis e moi atractivo en opinión de Antía. E polo outro, a Nito, un mozo inmaduro que deixara os estudos para traballar como repartidor en “pizzamóbil”. Enver cóntalle cousas sobre as persoas, as estrelas, que provén do espazo exterior e ten encomendada unha misión especial, etc. Mentres que Nito só lle ofrece quedadas aburridas . A nai de Antía, Rosa, é encargada da emisora no Servizo Antilumes. Unha nai moi preocupada e pendente da súa filla, sempre procurando o seu benestar. Atópase algo soa e comeza a sentirse atraída por Romar, un piloto serbio, xefe de Enver, que amosa unha actitude despectiva e inxusta cara a el.
  • 3. Outro personaxe importante é o pai de Antía, un home “cuspidiño a ela”, boa persoa segundo Rosa, pero que tivo mala sorte. Despois de anos desaparecido para Antía, reaparece na súa vida unha noite que foxe con Enver a Ribadeo, a beber nun pub. Xa estivera no cárcere por mor dun despiste que tivera un día de néboa e rematara coa vida dun fotógrafo. E volve entrar na cadea xa que resultou ser o famoso Piloto Vermello que andaba a prender lumes e poñendo en perigo persoas e vivendas, na súa avioneta vermella, cheo de carraxe ao coñecer que a súa ex-muller (á que aínda quería) estaba comezando a manter unha relación sentimental con Romar. Despois de ser un home de éxito, pasa a ser un fracasado. No libro predomina a narración sobre a descrición: abundan os verbos, o diálogo… O relato está narrado en terceira persoa, narrador omnisciente, que conta centrándose en Antía, cunha linguaxe doada de entender, coloquial e sen vocabulario nin expresión complexos. A acción transcorre ao longo dos dous meses dun verán da actualidade. Apréciase nalgúns comentarios que se fan, como a Nintendo de Antía. Os feitos sitúanse concretamente no aeródromo de Rozas, Lugo, agás unha noite na que Enver e Antía foxen a Ribadeo. A historia gustoume moito porque a temática que trata me resulta próxima e Antía podería ser unha das miñas amigas. Ademais, este libro paréceme moi sinxelo e doado de ler. Así pois, a lectura de O contador de estrelas foi unha boa elección. SARA MÍGUEZ PAIS 2º ESO B