SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  9
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
20 DE NOVEMBRO, 
DÍA DOS DEREITOS 
DA INFANCIA 
http://blog.xerais.es/2014/un-libro-emocionante-os-dereitos-da-infancia- 
anotacion-en-trafengando-ronseis/ 
SE VOS INTERESA ESTE LIBRO DA EDITORIAL XERAIS ESTÁ 
RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA! ESTES CONTOS QUE 
PROPOÑEMOS SON SO UNHA PEQUENA MOSTRA E ESTÁN 
RELACIONADOS COA INTERCULTURALIDADE.
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
EPÍLOGO DO LIBRO: 
A Declaración Universal dos Dereitos do Neno foi aprobada o 20 
de Novembro de 1959 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 
Nela recóllense dez principios que supuxeron o primeiro gran 
consenso internacional sobre os dereitos fundamentais dos nenos 
e das nenas. 
No obstante, as súas orixes están na Declaración de Xenebra de 
1924, cando despois da Primeira Guerra Mundial se considerou a 
necesidade de protexer a vulnerabilidade dos nenos. Neste texto 
histórico recoñecese por primeira vez a existencia de dereitos 
específicos para os nenos. 
En 1949 as Nacións Unidas, constituídas unha vez rematada a 
Segunda Guerra Mundial, aprobaron a Declaración Universal dos 
Dereitos Humanos e foi daquela cando decidiron elaborar a 
Declaración dos Dereitos do Neno xa que na Declaración de 
Xenebra atopaban moitas deficiencias. 
Foi en 1959 cando os 78 estados membros aprobaron a 
Declaración Universal dos Dereitos do Neno, cuxo obxectivo era 
garantir a protección e o desenvolvemento dos nenos e nenas. 
Trinta anos despois, o 20 de Novembro de 1989, a Asemblea 
Xeral de Nacións Unidas deu un paso máis coa Convención sobre 
os Dereitos do Neno. Ao longo de 54 artigos o documento 
introduce novidades moi importantes con respecto á Declaración 
de 1959, como por exemplo o recoñecemento dos nenos como 
cidadáns desde o seu nacemento. 
Moitos máis recursos sobre este tema podédelos atopar tamén 
no seguinte enlace da mestra María Asunción García Álvarez. 
https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
O DEREITO Á IGUALDADE, SEN 
DISTINCIÓN DE RAZA, RELIXIÓN 
OU NACIONALIDADE. 
AS MONDAS DA LÚA 
Gustavo Martín Garzo 
Naquel país, ao chegar a primavera, as mulleres poñían un ovo, 
branco, perfecto, de tacto aveludado, e sentaban a esperar a que 
o neno nacese. 
Era tan fermoso ese ovo que elas tiñan que telo nas mans todo o 
tempo. Dormían con eles, e ao apagaren a luz oían un canto 
misterioso que non sabían de onde viña, nin se era nos seus soños 
onde o escoitaban. 
Tiñan aqueles ovos con elas durante tres lúas. Ao chegar á 
terceira, levábamos á fraga nunha ceremonia moi bonita na que 
se adornaban con flores e se acompañaban con fermosos cantos. 
Entón, deixaban os ovos nun claro e regresaban ás súas casa, pois 
aqueles nenos necesitaban o segredo para naceren. 
Esperaban entón unha lúa máis, e cando regresaban, os nenos xa 
naceran. O claro da fraga estaba cheo das cascas baleiras, que á 
luz da lúa tiñan unha blancura inmaculada. 
As mondas da lúa, chamaban a aquelas cascas. 
Daquela quedaban moi quietas agardando. 
Oíase entón un canto, e outro máis, e outro, que viñan de todos 
os recunchos da fraga. Eran os cantos dos nenos que ían ao 
encontro das súas nais. Uns tiñan escamas; outros, aletas e cola; 
outros, plumas coma as dos paxaros, pois durante o tempo que 
estiveran na fraga, tomaran as calidades dos animais que había 
nese lugar. 
E as nais axiña identificaban os seus nenos pola súa forma de 
cantar, xa que ese canto era o mesmo que escoitaran nos seus
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
soños, cando aínda estaban dentro dos seus ovos e elas os tiñan 
pola noite nas súas camas. 
E cada unha levaba o seu sen importarlle como era. Entón 
comezaba aquel mundo de agarimos, bicos e desvelos que é a 
crianza dos nenos. E pouco a pouco estes ían perdendo as 
escamas, plumas e cristas para transformárense en seres 
humanos. 
Non quere decir esto que se volvesen iguais, pois cada un 
conservaba no seu carácter as calidades do animal que o 
acomañara na fraga, de maneira que se un vivira cun rato, era un 
neno moi rebuldeiro; se outro, cun gato, tiña os ollos riscados; se 
unha nena nena estivo cun merlo; a súa voz era moi fermosa, e a 
súa pel negra, e se fose un peixe o que coidara doutra nena, esta 
quería estar na auga todo o tempo e movía as súas mans e pés 
coma se fosen aletas e cola. 
Non había un mundo onde os nenos fosen á vez tan distintos e tan 
iguais coma aquel. Distintos, porque na fraga cada criatura ten 
unha apariencia diferente e o seu propio xeito de ser; iguais, 
porque os cantos cos que se chamaran polas súas nais se 
asemellaban entre si como os ovos dos que naceran. 
E todos tiñan o mesmo corazón.
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
DEREITO A UN NOME E A UNHA 
NACIONALIDADE DESDE O SEU 
NACEMENTO. 
NO MUNDO DOS SERES ESTRAÑOS. 
ANA MARÍA SHUA. 
- Mamá, mira o que atopei! 
A mamá troll non compartía o entusiasmo do seu fillo. 
- Un neno humano – dixo, engurrando o cello. 
- Pero se non se reflicte nos espellos! 
Era verdade. O neno tiña grandes ollos escuros, non sorría. E o 
espello non o reflectía. 
- Mmmmmm. Entón quizais poida quedar. Es sueco, rapaz? 
- Non –dixo o neno- Non son sueco. 
- Entón non es un troll. Nos somos monstruos suecos. 
A ver que din os nosos veciños leprechauns. 
Os leprechauns examinaron o neno. 
- Os teus pais son irlandeses?- preguntáronlle. 
- Non. Dixo o neno. 
- Daquela, non es un leprechaun, nós somos trasnos 
irlandeses. 
Niso pasou Babá Iagá, a famosa bruxa rusa. 
- Oes, Babá Iagá! – berrou nai troll -. Tomarías a este neno 
como aprendiz de bruxo? 
- É ruso? So lles ensino bruxerías a nenos rusos. 
O neno negou tristemente coa cabeza. 
Foron ao barrio das meigas. 
- Es galego? Preguntáronlle alí. 
Pero non o era.
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
- Entón non es fillo dunha meiga. Nosoutras somos bruxas 
galegas. 
- Será unha Pantasma – dixo nai troll -. Elas non teñen 
nacionalidade. 
- Falso! – contestoulle unha pantasma -. Somos de todas as 
nacionalidades, cada unha ten a súa… Podes atravesar unha 
parede, rapaz? 
O neno intentouno con tas as súas forzas, pero só logrou darse 
un bo golpe na fronte. 
Á nai troll, o neno deulle mágoa. 
- Pode quedar uns días – díxolle ao seu fillo -. Pero se non 
atopa a súa xente entre os Seres Estranos, terá que marchar. 
Mentres tanto, nun país europeo, os pais buscaban ao seu fillo 
desesperados. Fixeron a denuncia policial e os medios déronlle 
difusión. Como seus pais eran inmigrantes ilegais, o neno non 
tiña nacionalidade. Ningún goberno da terra o protexía baixo 
as súas leis. Por iso na televisión falaban da desaparición do 
“neno pantasma”, que así son chamados os pequenos apátridas. 
Un xuiz interesouse no caso. 
- Non quero prometerlles nada – dixo o xuiz -.Pero talvez 
sexa posible darlle ao neno a nacionalidade do país onde 
naceu. 
Aos pais xa non lles importaba moito a nacionalidade. Só 
querían que aparecese o seu filliño. 
No entanto, nese momento, algo moi raro acontece una cabana 
dos trolls. Ao pasar o neno diante do espello, apareceu unha 
bruma borrosa coa forma do seu corpo. 
- Si que é un neno humano despois de todo. Teremos que 
devolvelo – dixo a nai troll. 
Pouco a pouco, co corrrer dos días, ía asomando no espello 
unha cariña morena e riseira, cos dentes moi brancos.
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
Antes de que se reflectise completamente, os trolls deixaron 
o neno no linde da fraga. Alí o atopou a policía, que o levou cos 
seus pais. 
Uns meses despois o neno fora debidamente rexistrado. Tiña 
por fin os seus documentos, o seu nome oficial e a súa 
nacionalidade. Deixou de ser unha pantasma e endexamais tivo 
que volver ao mundo dos Seres Estraños. 
Pero quedoulle sempre agradecido á nai troll e cada pouco 
déixalle unha caixa de pizza preto da fraga. Desde que os 
trolls probaron a pizza, non había nada que lle gustase tanto!
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
DEREITO A UNHA EDUCACIÓN 
QUE FOMENTE A SOLIDARIEDADE, 
A AMIZADE E A XUSTIZA ENTRE 
TODO O MUNDO. 
CONFUSIÓN 
ELIACER CANSINO 
O mozo por fin enxergou as tendas onde acampaban os homes 
do deserto. Estou salvado! – díxose. E dirixiuse a eles e falou 
deste xeito: 
- Veño famento e teño sede. Preciso da vosa axuda. 
Os homes mirárono con desconfianza, pois non o coñecían. Un 
deles adiántouse e díxolle: 
- Ofrecémosche a nosa axuda, pero antes debes dicirnos que 
nos darás a cambio. 
O rapaz lembrou as palabras do seu mestre: “só é valioso o que 
se ama”, e rebuscando na súa alforxa sacou dela un libro. 
- Deixareivos este libro – dixo- . Nel están as palabras do meu 
deus. Son palabras boas que abrirán os vosos corazóns. 
Os homes colleron o libro e sen apenas miralo devolvéronllo. 
Precisamente loitamos contra ese libro. 
Entón o rapaz extraeu un pano dun fermoso tecido. 
Este pano é para min moi amado. Lévoo sempre onde vou. E 
nas festas cíngoo ao meu pescozo como insignia. 
Miraron os homes o pano e viron que as súas cores eran da 
bandeira dun país próximo. E devolvéronllo. 
- Non queremos ese pano: as súas cores oféndennos, pois 
desprezamos o país que representan.
20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. 
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. 
Equipo da Biblioteca 
O rapaz non entendeu aquel desprezo, pero volveu gardalo sen 
protestar. 
- Nese caso talvez vos gusten estas follas encadernadas. 
Nelas están escritas as palabras necesarias para entenderse 
con outros pobos. Se alguén vos fala nunha lengua 
descoñecida, mirando aquí podedes entendelo. 
- Para que queremos esas follas con palabras estrañas. A nosa 
lengua é a lengua verdadeira, a máis pura. Se alguén quere 
falar connosco que aprenda. Nós non precisamos aprender a 
súa. Se non falases a nosa lingua nin sequera te habiamos 
escoltar. 
Estaba a piques de desistir cando lembrou a súa moeda de 
ouro. Unha moeda que tiña o escudo do seu país, as palabras do 
seu deus, a lingua da súa terra. E dixo: 
- É o único que me queda. Pero sei que non ides querelo, 
porque ten todo o que desprezades: as palabras do meu 
deus, a miña lingua initelixible, o escudo coa bandeira do 
meu país. Así que seguirei o meu camiño esperando atopar a 
alguén que se apiade de min. 
Daquela os homes dixeron: 
- Agarda. Dixeche que esa moeda é de ouro? 
- Si, iso dixen. 
- Entón dánola, porque o ouro non ten lengua, nin relixión, nin 
país. Agora xa podes comer e beber. 
O rapaz entregoulla e, mentres saciaba a súa sede e a súa 
fame, pensou que aqueles homes estaban verdadeiramente 
tolos, pois confundiran o ouro co amor.

Contenu connexe

Tendances (20)

Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
Triptico copia
Triptico   copiaTriptico   copia
Triptico copia
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Recomendacións de verán 2014 ler e pintar
Recomendacións de verán 2014 ler e pintarRecomendacións de verán 2014 ler e pintar
Recomendacións de verán 2014 ler e pintar
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Veran 15
Veran 15Veran 15
Veran 15
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016
 
Nadal
Nadal Nadal
Nadal
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012
 
David ferreiro 3
David ferreiro 3David ferreiro 3
David ferreiro 3
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017
 

En vedette

Constitución española derechos y deberes
Constitución española derechos y deberesConstitución española derechos y deberes
Constitución española derechos y deberesleoconperafan
 
Derechos De Los NiñOs
Derechos De Los NiñOsDerechos De Los NiñOs
Derechos De Los NiñOsAna
 
Derechos y deberes de los niños niñas
Derechos y deberes de los niños  niñasDerechos y deberes de los niños  niñas
Derechos y deberes de los niños niñasgurezikloa
 

En vedette (6)

Solsticio de inverno
Solsticio de invernoSolsticio de inverno
Solsticio de inverno
 
RECEITAS DO OUTONO
RECEITAS DO OUTONORECEITAS DO OUTONO
RECEITAS DO OUTONO
 
Taller de bandeiras
Taller de bandeirasTaller de bandeiras
Taller de bandeiras
 
Constitución española derechos y deberes
Constitución española derechos y deberesConstitución española derechos y deberes
Constitución española derechos y deberes
 
Derechos De Los NiñOs
Derechos De Los NiñOsDerechos De Los NiñOs
Derechos De Los NiñOs
 
Derechos y deberes de los niños niñas
Derechos y deberes de los niños  niñasDerechos y deberes de los niños  niñas
Derechos y deberes de los niños niñas
 

Similaire à 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalbibliotecadocole
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalmarichoni
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalCarmela Garcia
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principiosatelite1
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfmarcoscorbacho
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicrequesmarixgv
 
CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.
CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.
CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.bibliocastelao
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Fiz
 

Similaire à 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA (20)

CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicreques
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
 
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014
 
CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.
CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.
CONTO OS AMIGOS DOS LIBROS.
 
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015
Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015
Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015
 

Plus de Patricia Pena Barbeito (20)

Guía lectura nadal
Guía lectura nadalGuía lectura nadal
Guía lectura nadal
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
 
Saisa ensínanos
Saisa ensínanosSaisa ensínanos
Saisa ensínanos
 
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXESSAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
 
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIOFICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
 
Tertulias de cine
Tertulias de cineTertulias de cine
Tertulias de cine
 
Inteligencia emocional
Inteligencia emocionalInteligencia emocional
Inteligencia emocional
 
Proba
ProbaProba
Proba
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
O fútbol e as mates
O fútbol e as matesO fútbol e as mates
O fútbol e as mates
 
Plantillas para crear contos
Plantillas para crear contosPlantillas para crear contos
Plantillas para crear contos
 
Resultados das enquisas
Resultados das enquisasResultados das enquisas
Resultados das enquisas
 
Historia do deporte
Historia do deporteHistoria do deporte
Historia do deporte
 
CARTA SAISA
CARTA SAISACARTA SAISA
CARTA SAISA
 
Díptico biblio
Díptico biblioDíptico biblio
Díptico biblio
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Fórmulas de xogo en galego e castelán
Fórmulas de xogo en galego e castelánFórmulas de xogo en galego e castelán
Fórmulas de xogo en galego e castelán
 
Lenda dos sentimentos
Lenda dos sentimentosLenda dos sentimentos
Lenda dos sentimentos
 
Abpmooc intef
Abpmooc intefAbpmooc intef
Abpmooc intef
 
Aprendendo por competencias
Aprendendo por competenciasAprendendo por competencias
Aprendendo por competencias
 

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

  • 1. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca 20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA http://blog.xerais.es/2014/un-libro-emocionante-os-dereitos-da-infancia- anotacion-en-trafengando-ronseis/ SE VOS INTERESA ESTE LIBRO DA EDITORIAL XERAIS ESTÁ RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA! ESTES CONTOS QUE PROPOÑEMOS SON SO UNHA PEQUENA MOSTRA E ESTÁN RELACIONADOS COA INTERCULTURALIDADE.
  • 2. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca EPÍLOGO DO LIBRO: A Declaración Universal dos Dereitos do Neno foi aprobada o 20 de Novembro de 1959 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Nela recóllense dez principios que supuxeron o primeiro gran consenso internacional sobre os dereitos fundamentais dos nenos e das nenas. No obstante, as súas orixes están na Declaración de Xenebra de 1924, cando despois da Primeira Guerra Mundial se considerou a necesidade de protexer a vulnerabilidade dos nenos. Neste texto histórico recoñecese por primeira vez a existencia de dereitos específicos para os nenos. En 1949 as Nacións Unidas, constituídas unha vez rematada a Segunda Guerra Mundial, aprobaron a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e foi daquela cando decidiron elaborar a Declaración dos Dereitos do Neno xa que na Declaración de Xenebra atopaban moitas deficiencias. Foi en 1959 cando os 78 estados membros aprobaron a Declaración Universal dos Dereitos do Neno, cuxo obxectivo era garantir a protección e o desenvolvemento dos nenos e nenas. Trinta anos despois, o 20 de Novembro de 1989, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas deu un paso máis coa Convención sobre os Dereitos do Neno. Ao longo de 54 artigos o documento introduce novidades moi importantes con respecto á Declaración de 1959, como por exemplo o recoñecemento dos nenos como cidadáns desde o seu nacemento. Moitos máis recursos sobre este tema podédelos atopar tamén no seguinte enlace da mestra María Asunción García Álvarez. https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
  • 3. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca O DEREITO Á IGUALDADE, SEN DISTINCIÓN DE RAZA, RELIXIÓN OU NACIONALIDADE. AS MONDAS DA LÚA Gustavo Martín Garzo Naquel país, ao chegar a primavera, as mulleres poñían un ovo, branco, perfecto, de tacto aveludado, e sentaban a esperar a que o neno nacese. Era tan fermoso ese ovo que elas tiñan que telo nas mans todo o tempo. Dormían con eles, e ao apagaren a luz oían un canto misterioso que non sabían de onde viña, nin se era nos seus soños onde o escoitaban. Tiñan aqueles ovos con elas durante tres lúas. Ao chegar á terceira, levábamos á fraga nunha ceremonia moi bonita na que se adornaban con flores e se acompañaban con fermosos cantos. Entón, deixaban os ovos nun claro e regresaban ás súas casa, pois aqueles nenos necesitaban o segredo para naceren. Esperaban entón unha lúa máis, e cando regresaban, os nenos xa naceran. O claro da fraga estaba cheo das cascas baleiras, que á luz da lúa tiñan unha blancura inmaculada. As mondas da lúa, chamaban a aquelas cascas. Daquela quedaban moi quietas agardando. Oíase entón un canto, e outro máis, e outro, que viñan de todos os recunchos da fraga. Eran os cantos dos nenos que ían ao encontro das súas nais. Uns tiñan escamas; outros, aletas e cola; outros, plumas coma as dos paxaros, pois durante o tempo que estiveran na fraga, tomaran as calidades dos animais que había nese lugar. E as nais axiña identificaban os seus nenos pola súa forma de cantar, xa que ese canto era o mesmo que escoitaran nos seus
  • 4. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca soños, cando aínda estaban dentro dos seus ovos e elas os tiñan pola noite nas súas camas. E cada unha levaba o seu sen importarlle como era. Entón comezaba aquel mundo de agarimos, bicos e desvelos que é a crianza dos nenos. E pouco a pouco estes ían perdendo as escamas, plumas e cristas para transformárense en seres humanos. Non quere decir esto que se volvesen iguais, pois cada un conservaba no seu carácter as calidades do animal que o acomañara na fraga, de maneira que se un vivira cun rato, era un neno moi rebuldeiro; se outro, cun gato, tiña os ollos riscados; se unha nena nena estivo cun merlo; a súa voz era moi fermosa, e a súa pel negra, e se fose un peixe o que coidara doutra nena, esta quería estar na auga todo o tempo e movía as súas mans e pés coma se fosen aletas e cola. Non había un mundo onde os nenos fosen á vez tan distintos e tan iguais coma aquel. Distintos, porque na fraga cada criatura ten unha apariencia diferente e o seu propio xeito de ser; iguais, porque os cantos cos que se chamaran polas súas nais se asemellaban entre si como os ovos dos que naceran. E todos tiñan o mesmo corazón.
  • 5. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca DEREITO A UN NOME E A UNHA NACIONALIDADE DESDE O SEU NACEMENTO. NO MUNDO DOS SERES ESTRAÑOS. ANA MARÍA SHUA. - Mamá, mira o que atopei! A mamá troll non compartía o entusiasmo do seu fillo. - Un neno humano – dixo, engurrando o cello. - Pero se non se reflicte nos espellos! Era verdade. O neno tiña grandes ollos escuros, non sorría. E o espello non o reflectía. - Mmmmmm. Entón quizais poida quedar. Es sueco, rapaz? - Non –dixo o neno- Non son sueco. - Entón non es un troll. Nos somos monstruos suecos. A ver que din os nosos veciños leprechauns. Os leprechauns examinaron o neno. - Os teus pais son irlandeses?- preguntáronlle. - Non. Dixo o neno. - Daquela, non es un leprechaun, nós somos trasnos irlandeses. Niso pasou Babá Iagá, a famosa bruxa rusa. - Oes, Babá Iagá! – berrou nai troll -. Tomarías a este neno como aprendiz de bruxo? - É ruso? So lles ensino bruxerías a nenos rusos. O neno negou tristemente coa cabeza. Foron ao barrio das meigas. - Es galego? Preguntáronlle alí. Pero non o era.
  • 6. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca - Entón non es fillo dunha meiga. Nosoutras somos bruxas galegas. - Será unha Pantasma – dixo nai troll -. Elas non teñen nacionalidade. - Falso! – contestoulle unha pantasma -. Somos de todas as nacionalidades, cada unha ten a súa… Podes atravesar unha parede, rapaz? O neno intentouno con tas as súas forzas, pero só logrou darse un bo golpe na fronte. Á nai troll, o neno deulle mágoa. - Pode quedar uns días – díxolle ao seu fillo -. Pero se non atopa a súa xente entre os Seres Estranos, terá que marchar. Mentres tanto, nun país europeo, os pais buscaban ao seu fillo desesperados. Fixeron a denuncia policial e os medios déronlle difusión. Como seus pais eran inmigrantes ilegais, o neno non tiña nacionalidade. Ningún goberno da terra o protexía baixo as súas leis. Por iso na televisión falaban da desaparición do “neno pantasma”, que así son chamados os pequenos apátridas. Un xuiz interesouse no caso. - Non quero prometerlles nada – dixo o xuiz -.Pero talvez sexa posible darlle ao neno a nacionalidade do país onde naceu. Aos pais xa non lles importaba moito a nacionalidade. Só querían que aparecese o seu filliño. No entanto, nese momento, algo moi raro acontece una cabana dos trolls. Ao pasar o neno diante do espello, apareceu unha bruma borrosa coa forma do seu corpo. - Si que é un neno humano despois de todo. Teremos que devolvelo – dixo a nai troll. Pouco a pouco, co corrrer dos días, ía asomando no espello unha cariña morena e riseira, cos dentes moi brancos.
  • 7. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca Antes de que se reflectise completamente, os trolls deixaron o neno no linde da fraga. Alí o atopou a policía, que o levou cos seus pais. Uns meses despois o neno fora debidamente rexistrado. Tiña por fin os seus documentos, o seu nome oficial e a súa nacionalidade. Deixou de ser unha pantasma e endexamais tivo que volver ao mundo dos Seres Estraños. Pero quedoulle sempre agradecido á nai troll e cada pouco déixalle unha caixa de pizza preto da fraga. Desde que os trolls probaron a pizza, non había nada que lle gustase tanto!
  • 8. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca DEREITO A UNHA EDUCACIÓN QUE FOMENTE A SOLIDARIEDADE, A AMIZADE E A XUSTIZA ENTRE TODO O MUNDO. CONFUSIÓN ELIACER CANSINO O mozo por fin enxergou as tendas onde acampaban os homes do deserto. Estou salvado! – díxose. E dirixiuse a eles e falou deste xeito: - Veño famento e teño sede. Preciso da vosa axuda. Os homes mirárono con desconfianza, pois non o coñecían. Un deles adiántouse e díxolle: - Ofrecémosche a nosa axuda, pero antes debes dicirnos que nos darás a cambio. O rapaz lembrou as palabras do seu mestre: “só é valioso o que se ama”, e rebuscando na súa alforxa sacou dela un libro. - Deixareivos este libro – dixo- . Nel están as palabras do meu deus. Son palabras boas que abrirán os vosos corazóns. Os homes colleron o libro e sen apenas miralo devolvéronllo. Precisamente loitamos contra ese libro. Entón o rapaz extraeu un pano dun fermoso tecido. Este pano é para min moi amado. Lévoo sempre onde vou. E nas festas cíngoo ao meu pescozo como insignia. Miraron os homes o pano e viron que as súas cores eran da bandeira dun país próximo. E devolvéronllo. - Non queremos ese pano: as súas cores oféndennos, pois desprezamos o país que representan.
  • 9. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia. CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES. Equipo da Biblioteca O rapaz non entendeu aquel desprezo, pero volveu gardalo sen protestar. - Nese caso talvez vos gusten estas follas encadernadas. Nelas están escritas as palabras necesarias para entenderse con outros pobos. Se alguén vos fala nunha lengua descoñecida, mirando aquí podedes entendelo. - Para que queremos esas follas con palabras estrañas. A nosa lengua é a lengua verdadeira, a máis pura. Se alguén quere falar connosco que aprenda. Nós non precisamos aprender a súa. Se non falases a nosa lingua nin sequera te habiamos escoltar. Estaba a piques de desistir cando lembrou a súa moeda de ouro. Unha moeda que tiña o escudo do seu país, as palabras do seu deus, a lingua da súa terra. E dixo: - É o único que me queda. Pero sei que non ides querelo, porque ten todo o que desprezades: as palabras do meu deus, a miña lingua initelixible, o escudo coa bandeira do meu país. Así que seguirei o meu camiño esperando atopar a alguén que se apiade de min. Daquela os homes dixeron: - Agarda. Dixeche que esa moeda é de ouro? - Si, iso dixen. - Entón dánola, porque o ouro non ten lengua, nin relixión, nin país. Agora xa podes comer e beber. O rapaz entregoulla e, mentres saciaba a súa sede e a súa fame, pensou que aqueles homes estaban verdadeiramente tolos, pois confundiran o ouro co amor.