1. BIBLIOTECA
CEIP. VALLE – INCLÁN
Ola a todas e todos:
Xa chegou o tempo da Semana e a Festa do Libro. Estades preparados?
Recordade que este ano o noso lema é Biodiversidade, o noso tesouro. Na biblioteca
temos unha selección de libros que foron elixidos porque tratan de animais e de
medioambiente. ¿Xa os coñecedes?
Ollo, os libros de consulta non os podedes levar en préstamos, pero para que
poidades consultalos e traballar con eles, vos anunciamos que a Biblioteca estará
aberta no tempo dos recreos durante todos os días desta Semana. Nese tempo tamén
poderedes buscar información nos ordenadores.
Para os rapaces e rapazas maiores, preparamos varios traballos de equipo
para os que ides precisar buscar información: Son unha webquest e dous cadernos de
campo sobre o tema da Biodiversidade.
O día da Festa imos ter Feira de Libros Usados, así que ide preparando os
libros que queredes intercambiar, xa sabedes, por cada libro achegado poderedes
coller un libro novo. Xa podedes ir traendo estes libros e entregándoos á titora ou
titor.
Preparádevos tamén para a Xincana. Teredes que facer equipos de tres
persoas e unha delas pode ser unha mamá ou un papá. Anímade aos vosos pais a
participar. Tamén eles están convidados á nosa Festa do Libro.
Na tarde da Festa teremos aberta a Biblioteca para que poidades traer as
vosas familias e lerlles o conto que máis vos guste.
Haberá comida e bebida de balde para todos os nenos e nenas participantes.
Recordade tamén que durante a Semana faremos visitas dunhas clases a
outras e intercambiaremos lecturas e agasallos.
Ademais, tamén nesta Semana, todos os grupos do colexio iremos de visita á
Rialeda onde nos están esperando para contarnos estupendos contos.
Marigaila e eu desexámosvos que pasedes unha estupenda Semana do Libro,
que aprendades moitas cousas sobre a importancia da vida no noso planeta, que
teñedes fermosas lecturas e.....
VÉMONOS NA FESTA!!!
Perillo, abril 2010