SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  16
CALENDARIO CELTA
Os pobos celtas dividían o ano en oito partes e o
comezo de cada unha delas constituía –e constitúe
aínda- unha festa.
As festas maiores caen na metade das estacións:
Samaín, Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
As menores coinciden cos solsticios e equinoccios:
Yule, Ostara, Metade do Verán e Mabon.
A RODA DO TEMPO
Samaín, 31 de octubro: Véspera de Todos os
Santos (Halloween)
Yule, 23 de decembro: Nadal
Imbolc, 2 de febreiro: Candela, Candelaria
Ostara, 21 de marzo: comezo da Primavera
Beltane, 1º de maio: festa dos Maios
Metade do Verán, 23 de xuño: San Xoán
Lughnasadh, 1º de agosto: festas do Verán
Mabon, 21 de setembro: comezo do Outono
Samaín
Día do ano novo celta, cando a colleita chega ao fin e a terra
comeza o seu longo soño de inverno. As follas mudan a cor e
caen das árbores e os restos das colleitas quéimanse ou
apodrecen nos campos para nutrir o solo cara ao cultivo de
primavera. Tamén é a Festa dos Mortos, tempo de honrar a
memoria dos que pasaron para o Outro Mundo. E para
lembrar que o fin dunha cousa, aínda que poida ser triste,
leva implícito o comezo de algo novo.
Está representado pola deusa Cailegh, a vella de rostro azul
que simboliza a sabiduría da deusa triple raíña do tempo e a
súa renovación.
Deidade Triple do Tempo:
Doncela, Nai e Anciá
Yule
O solsticio de inverno é a noite máis longa do ano. A pesar
de que todo parece morto e cuberto por un manto de neve ou
lama, a nova vida virá na primavera e arelamos que crezan a
luz e o calor. O ritual céntrase na árbore de Nadal, tradición
que vén de Escandinavia, onde se cortaban pólas de piñeiros
e outras árbores perennes para decorar e iluminar as casas e
salóns da comunidade como un gran símbolo da vida en
medio da morte que semella o inverno. Sen dúbida, a
fragancia do piñeiro servía tamén para afastar o cheiro a
rancio das persoas forzadas a estar na casa tantos meses
resgardadas do frío. Das ramas pasouse a árbores enteiras
decoradas con elementos que representan desexos para o
próximo ano, como unha colleita próspera, ou un amor feliz.
No solsticio de inverno antigos celtas acendían
fogueiras coa finalidade de mandar o inverno
lonxe e animando ao deus Sol tamén coñecido
como o Rei do Carballo a derrotar ao inverno
longo e escuro que é o dominio do Rei Acivro.
Imbolc
Festa de Bridgid, cristianizada como santa Bríxida. Entre nós
e en moitos outros pobos por todo o mundo é a festa das
Candelas ou día da Candelaria. Imbolc representa o
aspecto de doncela da deusa Triple, pois é no cerne do
inverno cando a Terra renova a súa virxindade e aínda así
leva a semente da primavera no calor do seu ventre. Nun
ritual antigo a Alta Sacerdotisa e as mulleres do clan levaban
vestido vermello (para a Nai ou Matriz), branco (para o
Doncela) e negro (para a Vella). A Sacerdotisa usaba unha
coroa de velas paseando arredor do círculo en procesión. As
velas representan o calor e a luz do sol. Nesta época do
inverno vai desaparecendo a xeada e os días vanse facendo
máis quentes. É tempo de preparar as sementes e bulbos
para a primavera.
Ostara
Deidade da fertilidade e da primavera, Ostara é o nome celta
da Pascua (Easter). Moitos dos festivos cristiáns caen moi
próximos das celebracións antigas porque o pobo non estaba
disposto a abandoar as súas festas. En vez de eliminar
totalmente as tradicións pagás a Igrexa simplemente deu
diferentes significados cristiáns aos días en que se
celebraban rituais pagáns. É a época na que a Deusa se
transforma de Doncela en Nai unha vez máis, dando a luz ao
Sol e a toda a vida.
O ovo é o símbolo da nova vida que se vai manifestar. A
tradición de pintar ovos de Pascua comezou como forma de
manifestar desexos: prosperidade, boa colleita, un novo
amor... Retirábase un ovo fértil dun niño ocultándoo no chan
coa idea de que a vida do pitiño alí agochado sería transferida
ao desexo pintado na casca. Agora os ovos cócense e
agóchanse no roscón de Pascua.
O coello é tamén a Lebre de Marzo, símbolo da primavera e a
fertilidade, imaxe que se ve nas sombras da lúa.
Beltane
A festa dos Maios representa o verdadeiro comezo do verán,
cando os froitos xa están listos para a colleita. A vida no seu
conxunto parece moito máis doce. O sol é quente e brillante,
pero non excesivamente quente. A herba aínda está verde.
Hai flores que arrecenden por todas partes. A Terra está
entrando na súa plenitude e a promesa da recompensa está á
vista. Entre as meigas era o momento de celebrar as vodas
nas que se expresaba o compromiso por un ano. Ao ano
seguinte, a parella podía renovar os votos ou simplemente
deixalos e a voda remataba, mais o casamento podía durar
tanto tempo como quixeran, sempre que ambas as partes
estivesen de acordo.
En moitas vilas e cidades de Galicia, sobre todo no sur,
celébrase este día coa festa dos maios, nos que se
preparan estructuras feitas con flores, ramas, froitos, ovos,...
Os tradicionais teñen forma cónica e lembran as árbores de
nadal e os artísticos poden ser calquera figura, como
cruceiros, casas, hórreos, ou figuras humanas.
Os maios van acompañados de coplas nas que se fai crítica
social, igual ca no entroido.
Midsummer
No medio do verán celébrase a festa de San Xoán, o día do
ano no que a Terra está no seu apoxeo, os cultivos
madureceron e o sol brilla máis tempo. Esta época do ano
está chea de loucura e alegría, pensamentos de amor e
pracer. Podemos sentir os efectos do clima quente e anticipar
os preguiceiros días do verán. Apetece deitarse na herba
quente e doce ou nunha praia de branca area ao sol.
Aproveitamos o sol porque quizais instintivamente somos
conscientes de que, aínda que os días son quentes e o sol
está alto, os días comezan a ser máis curtos cada día que
pasa. É tempo de sentar e relaxarse, estar coas persoas que
se ama, invitar os amigos a un churrasco de verán e
aproveitar a vida. O inverno está máis perto do que se pensa.
Lughnasadh
O primeiro de agosto celébranse moitas das festas do verán.
Lugh, que significa "o que brilla“, é o deus do Sol e da
fertilidade agrícola cando a súa nai adoptiva (a Terra) “morre”
tras preparar as terras para o cultivo. É a través do sacrificio
dela que o pobo tiña para comer. Lughnasadh marca o inicio
da colleita de grans que son un elemento básico da dieta de
case todas as civilizacións de todo o mundo e certamente o
cultivo máis importante. O gran é tamén moi importante para
a elaboración da cervexa que, -aínda que hoxe vemos esta
bebida, como "lecer"- para os pobos da antiga Europa era un
medio de sustento líquido, cun contido de alcohol mínimo e un
contido calórico alto. Os cereais son básicos para a dieta non
só humana, senón de moitos seres vivos. Durante este
tempo, somos instados a dar grazas pola xenerosidade do
que temos de maneira que é como a versión Celta do Día de
Acción de Grazas.
Mabon
É o día do equinoccio de outono, cando o día e a noite son
de igual duración. Esta época do ano é o tempo de facermos
unha pausa para reflexionar sobre o ano que pasa e expresar
a nosa gratitude á Nai Natureza por axudar a manifestarse
todos os nosos desexos. É o momento de mirar para o
próximo ano e as posibilidades que presenta, os nosos soños
e desexos aínda non realizados.
A mitoloxía di que é o día do ano en que o deus da Luz é
derrotado polo seu irmán xemelgo, o deus das Tebras, o
momento en que a noite vence ao día.
Así remata o calendario celta ou Libro dos Días, pero só para
comezar de novo. A Roda de Prata, da Vida e da Morte, da
Contínua Renovación, está sempre xirando.

Contenu connexe

Tendances (8)

Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Nadal no mundo
Nadal no mundo Nadal no mundo
Nadal no mundo
 
Cultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primaveraCultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primavera
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en Galicia
 
Samahin
SamahinSamahin
Samahin
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN
 
Tempo de nadal
Tempo de nadalTempo de nadal
Tempo de nadal
 

Similaire à Calendario celta

Similaire à Calendario celta (20)

Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galegoO samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Tempo de Samaín
Tempo de Samaín Tempo de Samaín
Tempo de Samaín
 
Samaín
Samaín Samaín
Samaín
 
Solsticio de inverno
Solsticio de invernoSolsticio de inverno
Solsticio de inverno
 
Samain 2012
Samain 2012 Samain 2012
Samain 2012
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
Solsticio vanesa
Solsticio vanesaSolsticio vanesa
Solsticio vanesa
 
Solsticio de inverno
Solsticio de invernoSolsticio de inverno
Solsticio de inverno
 
A candeloria 2
A candeloria 2A candeloria 2
A candeloria 2
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Viva o samaín!!
Viva o samaín!! Viva o samaín!!
Viva o samaín!!
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 

Plus de quendadeira

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoquendadeira
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...quendadeira
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cachoquendadeira
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casaresquendadeira
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chavequendadeira
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoquendadeira
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froitaquendadeira
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundariaquendadeira
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2quendadeira
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantilquendadeira
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésquendadeira
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiagoquendadeira
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirquendadeira
 

Plus de quendadeira (20)

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cacho
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
Astrónomas
AstrónomasAstrónomas
Astrónomas
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
 

Calendario celta

  • 1. CALENDARIO CELTA Os pobos celtas dividían o ano en oito partes e o comezo de cada unha delas constituía –e constitúe aínda- unha festa. As festas maiores caen na metade das estacións: Samaín, Imbolc, Beltane e Lughnasadh. As menores coinciden cos solsticios e equinoccios: Yule, Ostara, Metade do Verán e Mabon.
  • 2. A RODA DO TEMPO
  • 3. Samaín, 31 de octubro: Véspera de Todos os Santos (Halloween) Yule, 23 de decembro: Nadal Imbolc, 2 de febreiro: Candela, Candelaria Ostara, 21 de marzo: comezo da Primavera Beltane, 1º de maio: festa dos Maios Metade do Verán, 23 de xuño: San Xoán Lughnasadh, 1º de agosto: festas do Verán Mabon, 21 de setembro: comezo do Outono
  • 4. Samaín Día do ano novo celta, cando a colleita chega ao fin e a terra comeza o seu longo soño de inverno. As follas mudan a cor e caen das árbores e os restos das colleitas quéimanse ou apodrecen nos campos para nutrir o solo cara ao cultivo de primavera. Tamén é a Festa dos Mortos, tempo de honrar a memoria dos que pasaron para o Outro Mundo. E para lembrar que o fin dunha cousa, aínda que poida ser triste, leva implícito o comezo de algo novo. Está representado pola deusa Cailegh, a vella de rostro azul que simboliza a sabiduría da deusa triple raíña do tempo e a súa renovación.
  • 5. Deidade Triple do Tempo: Doncela, Nai e Anciá
  • 6. Yule O solsticio de inverno é a noite máis longa do ano. A pesar de que todo parece morto e cuberto por un manto de neve ou lama, a nova vida virá na primavera e arelamos que crezan a luz e o calor. O ritual céntrase na árbore de Nadal, tradición que vén de Escandinavia, onde se cortaban pólas de piñeiros e outras árbores perennes para decorar e iluminar as casas e salóns da comunidade como un gran símbolo da vida en medio da morte que semella o inverno. Sen dúbida, a fragancia do piñeiro servía tamén para afastar o cheiro a rancio das persoas forzadas a estar na casa tantos meses resgardadas do frío. Das ramas pasouse a árbores enteiras decoradas con elementos que representan desexos para o próximo ano, como unha colleita próspera, ou un amor feliz.
  • 7. No solsticio de inverno antigos celtas acendían fogueiras coa finalidade de mandar o inverno lonxe e animando ao deus Sol tamén coñecido como o Rei do Carballo a derrotar ao inverno longo e escuro que é o dominio do Rei Acivro.
  • 8. Imbolc Festa de Bridgid, cristianizada como santa Bríxida. Entre nós e en moitos outros pobos por todo o mundo é a festa das Candelas ou día da Candelaria. Imbolc representa o aspecto de doncela da deusa Triple, pois é no cerne do inverno cando a Terra renova a súa virxindade e aínda así leva a semente da primavera no calor do seu ventre. Nun ritual antigo a Alta Sacerdotisa e as mulleres do clan levaban vestido vermello (para a Nai ou Matriz), branco (para o Doncela) e negro (para a Vella). A Sacerdotisa usaba unha coroa de velas paseando arredor do círculo en procesión. As velas representan o calor e a luz do sol. Nesta época do inverno vai desaparecendo a xeada e os días vanse facendo máis quentes. É tempo de preparar as sementes e bulbos para a primavera.
  • 9. Ostara Deidade da fertilidade e da primavera, Ostara é o nome celta da Pascua (Easter). Moitos dos festivos cristiáns caen moi próximos das celebracións antigas porque o pobo non estaba disposto a abandoar as súas festas. En vez de eliminar totalmente as tradicións pagás a Igrexa simplemente deu diferentes significados cristiáns aos días en que se celebraban rituais pagáns. É a época na que a Deusa se transforma de Doncela en Nai unha vez máis, dando a luz ao Sol e a toda a vida.
  • 10. O ovo é o símbolo da nova vida que se vai manifestar. A tradición de pintar ovos de Pascua comezou como forma de manifestar desexos: prosperidade, boa colleita, un novo amor... Retirábase un ovo fértil dun niño ocultándoo no chan coa idea de que a vida do pitiño alí agochado sería transferida ao desexo pintado na casca. Agora os ovos cócense e agóchanse no roscón de Pascua. O coello é tamén a Lebre de Marzo, símbolo da primavera e a fertilidade, imaxe que se ve nas sombras da lúa.
  • 11. Beltane A festa dos Maios representa o verdadeiro comezo do verán, cando os froitos xa están listos para a colleita. A vida no seu conxunto parece moito máis doce. O sol é quente e brillante, pero non excesivamente quente. A herba aínda está verde. Hai flores que arrecenden por todas partes. A Terra está entrando na súa plenitude e a promesa da recompensa está á vista. Entre as meigas era o momento de celebrar as vodas nas que se expresaba o compromiso por un ano. Ao ano seguinte, a parella podía renovar os votos ou simplemente deixalos e a voda remataba, mais o casamento podía durar tanto tempo como quixeran, sempre que ambas as partes estivesen de acordo.
  • 12. En moitas vilas e cidades de Galicia, sobre todo no sur, celébrase este día coa festa dos maios, nos que se preparan estructuras feitas con flores, ramas, froitos, ovos,... Os tradicionais teñen forma cónica e lembran as árbores de nadal e os artísticos poden ser calquera figura, como cruceiros, casas, hórreos, ou figuras humanas. Os maios van acompañados de coplas nas que se fai crítica social, igual ca no entroido.
  • 13. Midsummer No medio do verán celébrase a festa de San Xoán, o día do ano no que a Terra está no seu apoxeo, os cultivos madureceron e o sol brilla máis tempo. Esta época do ano está chea de loucura e alegría, pensamentos de amor e pracer. Podemos sentir os efectos do clima quente e anticipar os preguiceiros días do verán. Apetece deitarse na herba quente e doce ou nunha praia de branca area ao sol. Aproveitamos o sol porque quizais instintivamente somos conscientes de que, aínda que os días son quentes e o sol está alto, os días comezan a ser máis curtos cada día que pasa. É tempo de sentar e relaxarse, estar coas persoas que se ama, invitar os amigos a un churrasco de verán e aproveitar a vida. O inverno está máis perto do que se pensa.
  • 14. Lughnasadh O primeiro de agosto celébranse moitas das festas do verán. Lugh, que significa "o que brilla“, é o deus do Sol e da fertilidade agrícola cando a súa nai adoptiva (a Terra) “morre” tras preparar as terras para o cultivo. É a través do sacrificio dela que o pobo tiña para comer. Lughnasadh marca o inicio da colleita de grans que son un elemento básico da dieta de case todas as civilizacións de todo o mundo e certamente o cultivo máis importante. O gran é tamén moi importante para a elaboración da cervexa que, -aínda que hoxe vemos esta bebida, como "lecer"- para os pobos da antiga Europa era un medio de sustento líquido, cun contido de alcohol mínimo e un contido calórico alto. Os cereais son básicos para a dieta non só humana, senón de moitos seres vivos. Durante este tempo, somos instados a dar grazas pola xenerosidade do que temos de maneira que é como a versión Celta do Día de Acción de Grazas.
  • 15. Mabon É o día do equinoccio de outono, cando o día e a noite son de igual duración. Esta época do ano é o tempo de facermos unha pausa para reflexionar sobre o ano que pasa e expresar a nosa gratitude á Nai Natureza por axudar a manifestarse todos os nosos desexos. É o momento de mirar para o próximo ano e as posibilidades que presenta, os nosos soños e desexos aínda non realizados. A mitoloxía di que é o día do ano en que o deus da Luz é derrotado polo seu irmán xemelgo, o deus das Tebras, o momento en que a noite vence ao día.
  • 16. Así remata o calendario celta ou Libro dos Días, pero só para comezar de novo. A Roda de Prata, da Vida e da Morte, da Contínua Renovación, está sempre xirando.