SlideShare a Scribd company logo
1 of 46
Algúns personaxes
das historias de medo
na cultura popular galega
Estes contos inventáronse pra contalos nas
noites de inverno, a carón do lume...
Inventar, inventáronse moitos, mais non todos.
Hainos que son verdade. Todos sabemos de
cousas que acontecen na vida, raras e sen
explicación, nin pola ciencia nin polo sentido
común.
Ánxel Fole. Terra Brava.
Traballo realizado polo EDLG do IES de Rodeira (Cangas)
A Santa Compaña
• Segundo a tradición vai recoller a alma
dalgún veciño que ha finar esa noite.
• Son ánimas en pena, en espera de entrar
no outro mundo; almas de xente que xa
non está neste mundo, pero que aínda
non entrou no outro. Están aí, no medio,
porque teñen algunha cousa pendente de
facer aquí.
• Segundo a tradición van recoller a alma
dalgún veciño que ha finar esta noite.
• Son son ánimas en pena, en espera de
entrar no outro mundo, non sei se no
purgatorio ou no ceo; almas de xente que
xa non está neste mundo, pero que aínda
non entrou no outro. Están aí, no medio,
porque teñen algunha cousa pendente de
facer aquí
O meu marido estaba enfermo, lixeiramente enfermo e eu
erguérame pola noite para darlle as pastillas que lle receitara o
médico. Oín ruído na rúa. Pola ventá vin dúas ringleiras de xente
cunha vela acesa na man. Alguén tocaba unha campaíña.
Detivéronse un anaquiño diante da nosa casa e logo seguiron.
Pensei que levaban o Viático a algún enfermo. Por iso, despois de
darlle as medicinas ao meu home, asomeime de novo a ventá para
ver regresar a comitiva e preguntar quen era o moribundo. Unha
hora máis tarde non volveran. Pasou pola rúa un veciño que
traballaba no café da Praza. Comentando o feito, aseguroume que
a igrexa permanecera pechada toda a noite.
Deducín que en realidade eu vira a Santa Compaña e que, polo
tanto, na miña casa habería axiña unha morte. Ó día seguinte, en
contra do prognóstico do médico, morreu o meu home.
Aparicións e Santa Compaña.
Historias recollidas por MARIÑO FERRO (etnógrafo)
O que vai a fronte da Santa Compaña é sempre unha persoa
viva... E non poderá morrer ata que ela, á súa vez, lle pase a
cruz a outra persoa viva, ou lla colgue do pescozo a un Urco,
que é o can fiel das ánimas. Pero isto último dáse moi
poucas veces e só cando as ánimas o consenten.
Para librarse
aconséllase facer un
círculo e meterse dentro
a poder ser cunha cruz
(cristianización do rito).
Ou un dobre círculo, ó
ceo e máis á terra
(correa de San Agustín).
• Segundo a tradición van recoller a alma
dalgún veciño que ha finar esta noite.
• Son son ánimas en pena, en espera de
entrar no outro mundo, non sei se no
purgatorio ou no ceo; almas de xente que
xa non está neste mundo, pero que aínda
non entrou no outro. Están aí, no medio,
porque teñen algunha cousa pendente de
facer aquí
Eu na Santa Compaña non creo nin deixo de crer. Eu nunca a vin.
Pero a meu pai levárono as ánimas tres días por eses camiños
adiante. Cando o atopamos estaba tan ensumido e esfameado
coma se levase vinte días sen probar bocado. Apareceu pálido,
fraco e case sen poder falar. Fora de noite botar auga ó prado de
herba verde, que era a nosa vez. De súpeto, viu unha especie de
esqueleto grande que andaba e que lle chamaban a Estadea, e
quedou paralizado, mirando. Cando máis pasmado estaba, un
home que ía na procesión das ánimas colocoulle unha cruz de
madeira nas mans, e arrea, Manuel! Tres días andou o pobre por
aí... Todo o mundo sabe por aquí que algúns tiveron que ir con ela
á forza. Ninguén libra ben dela cando te colle para levar a cruz.
Todos saen esbrancuxados e sen forzas... Porque as ánimas seica
poden voar ou ir a rentes o chan e percorrer grandes distancias nun
segundo.
A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña.
Carlos G.REIGOSA
• Segundo a tradición van recoller a alma
dalgún veciño que ha finar esta noite.
• Son son ánimas en pena, en espera de
entrar no outro mundo, non sei se no
purgatorio ou no ceo; almas de xente que
xa non está neste mundo, pero que aínda
non entrou no outro. Están aí, no medio,
porque teñen algunha cousa pendente de
facer aquí
De repente, un descoñecido con hábitos e capuchón brancos acercouse e
púxolle entre os dedos da man dereita unha cruz procesional, feita con
dúas madeiras planas con símbolos que non identificou gravados nelas...
Logrou poñerse de pé e ollou a miríade de luces que o rodeaba. No mesmo
intre soubo –e sentiu- que formaba parte dun cortexo de ánimas, todas con
túnicas e capuchas brancas. A primeira portaba un estandarte con
emblemas e divisas que tampouco puido descifrar, distintivos quizais dun
tempo remoto ou dun mundo aínda descoñecido. A segunda levaba un
caldeiro e un hisopo de auga bendita cunhas espirais buriladas no seu
metal amarelo; a terceira sostiña o peto de ánimas , que semellaba de
pedra, cun portelo de ferro e un buraco para meter as moedas. A cuarta
alumaba o camiño cun farol de acompañar o Viático na hora de ir
administrar o sacramento da eucaristía e os santos óleos os doentes en
perigo de morte. E a quinta mexía unha campaíña que soaba en todas as
encrucilladas e ante os cruceiros que recordaban algunha morte
accidentada. Detrás delas, a inconfundible procesión de ánimas, coas
candeas feitas de ósos de defuntos que nunca se apagaban nin oscilaban
co aire... Ánimas fronteirizas do trasmundo que el guiaba pola terra dos
mortais adiante...
A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña.
Carlos G.REIGOSA, escritor galego actual
-Corrín e corrín, fuxindo
daquela visión. Mais tiven
que parar ao chegar a unha
carrilleira... No medio e
medio dila, vin sentado un
can grandísimo, meirande
cun cabalo. Medio can e
medio boi; pois tiña cornos.
Non ladraba, nin sequera
boligaba; mais estaba vivo
porque lle vía o bafo roxo
que botaba pola boca. E
todiño il negro.
Ánxel Fole, Terra Brava
escritor galego que
comeza a publicar nos anos 50
e recolle nos
seus relatos as tradicións da
montaña lucense
O URCO
Un bramido animal, que parecía de vaca doente, soou cerca deles e fíxoos
estremecer. A brétema semellaba cada vez máis mesta e diante dos faros do
coche parecían xurdir figuras indecisas que se desfacían ao atravesalas. Un
enorme becerro negro avanzaba diante deles, pero só lle vían a parte
traseira. O becerro esvaeuse nun repente e comezaron a oír longos ouveos de
cans. A contorna era unha sinfonía entolecida de voces animais.
- Ventan a morte. Vainos pasar algo ...
Aquelas pistas cheas de desvíos e encrucilladas convertéranse nun labirinto e
parecían desorientados pola néboa, que xurdía a cachón ao seu paso. Ollaban
para todas partes con aglaio, ata que viron un can negro que corría diante do
coche e sobre o que voaba dous corvos e unha pega co ventre e as plumas
escapulares de cor branca. As aves desapareceron e o can comezou a medrar
e medrar, aumentando cada vez máis o seu tamaño.
- Que carallo é iso?
- É o Urco. Meu avó faloume del. É o can que leva as ánimas a Santo André
de Teixido e a outros santuarios. Non morre nunca, é inmortal, e vive entre
este mundo e o outro, nun sitio que non é mundo...
Acelerou e logrou poñer o coche á altura do enorme can, e os tres puideron
observar que tiña un corpo moi longo, unhas orellas desmesuradas e
dous cornos na fronte que parecían de boi novo.
A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA)
A ESTADEA
A Estadea é un esqueleto
xigante, que triplica en
altura ao home, cunha
túnica branca, case
transparente. Parecía ser
fume en movemento e tiña
uns límites imprecisos e
cambiantes.
A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da
Santa Compaña. (Carlos
G.REIGOSA)
Ás veces, a Estadea dirixe
a Santa Compaña.
- Unha néboa branca viña cara min. A néboa colleu a
figuración dunha muller. Era unha muller alta, altísima,
coma dous choplos, posto un enriba do outro... Víñase
achegando, achegando. Xa lle vía os ollos... Era toda
branca. Tiña que erguer a testa, para vela toda.
Chantaba os ollos en min e era coma se me zugase a
alma.
- E ti sabes o que é a Estadea?
- Eu, non, señor.
Preguntáralles a outros labregos do Incio pola Estadea
e ningún sabía o que era. Outras veces falaban da
Santa Compaña. Chocábame abondo que o Breixo a
estivese describindo, segundo din que se ve nas
antigas lendas.
Ánxel Fole, Terra Brava
Dous mozos que volvían da tuna ben entrada a
noite, na revolta dun camiño atopáronse de
súpeto cunha luz moi brillante que medraba e
subía altísima. Un deles, máis valente, marcou
un circo no aire e riscou outro na terra,
poñéndolle a cruz no medio. O segundo rapaz,
entalado polo medo, non soubo reaccionar.
Botouse a correr, tropezou e caeu ó chan. De
contado sentiu unha dor intensa no pelo, coma
se alguén llo estarricara con forza. Non tardou
en comprender que o levaban colgado polos
cabelos. Pasárono por riba das silveiras e dos
toxos, e batérono en canta pedra había nos
valados e nos camiños. Por fin, cando o pobre
rapaz, coidando morrer, rezaba as letanías,
guindárono desde o alto, preto da súa casa.
Estaba rabuñado por todo o corpo. Máis tarde
soubo que ao seu compañeiro non lle pasar
nada.
Aparicións e Santa Compaña.
Historias recollidas por MARIÑO FERRO
A MORTE Un esqueleto con gadaña
que vén buscar aos vivos.
Temida pero xusta xa que
fai a todos iguais.
A Morte sempre avisa da
súa chegada (Avisos da
Morte).
Vai de branco (Morte
Branca) para dar o tempo
que os homes precisan
para axustar contas e
despedírense. Pero anda
enloitada (Morte Negra)
cando vai facer o seu
traballo verdadeiro.
Un rapaz encontrouse coa Morte e fixéronse moi amigos. E en nome
desa amizade pediulle un gran favor: que, para poder divertirse con
maior tranquilidade, lle avisase con tempo a hora final. A Morte
prometeulle que así o faría.
Pasaron moitos anos. O rapaz fíxose vello sen que recibise ningún
aviso. Pero un día a Morte presentouse de súpeto, dicíndolle que viña
por el. O home, todo asustado, protestou, porque iso non era o que
tiñan acordado.
-Branquexouche o pelo? – preguntoulle a Morte.
- Branquexou – respondeu o home
- Caéronche os dentes?
- Caeron.
- Cansáronche as pernas?
- Cansaron.
- Perdiches as forzas?
- Perdín.
- E logo –
dixo a Morte- que máis avisos querías?
Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
OS LOBOS Sabedes cando se atreven os
lobos cos homes? Cando teñen
moita fame ou cando se decatan
de que lles teñen medo... Cando
se atopan un home só pola serra,
póñense a traballalo... De
primeiro, acompáñano; despois,
póñenselle diante; máis tarde
chegan a zorregarlle as pernas
cos rabos... Así, pouquiño a
pouquiño... Vén un intre en que o
home xa non pode máis. O medo
alporízalle os cabelos. Parécelle
que lle cravaran arames na testa.
Váiselle a voz, perde o sentido. Xa
está perdido. Bótanse os lobos
enriba del e esnaquízano...
Ánxel Fole. Á lus do candil.
O certo é que o lobo é cousa de temer.
Ningunha outra fera arrepía aos homes
coma o lobo. El algo ten... O lobo ten
ollar magnético; os seus ollos reluman
coma brasas de noite: na noite pecha
son estrelas, pode ter un a carón seu o
sinistro paseante nocturno, e non verlle o
vulto, mais as dúas flamiñas acesas dos
seus ollos anuncian que alí está. É un
ollar que traspasa a un coma unha
espada, e detén o sangue nas veas e
deixa a un como a neve... Non cómpre
tan sequera velo: abonda sentilo ouvear
medoñento para que lle pase a un por
todo o corpo o arreguizo astral, igual ao
que se sente cando un atopa un ánima
en pena, ou cando lle dan unha labazada
no medio da noite silandeira unhas mans
invisibles...
Ánxel Fole. Á lus do candil.
O LOBISHOME (O LOBO DA XENTE)
E aínda pasaron máis cousas, e dicían que
unha das veces viran as pisadas do lobo,
mais dun lobo moi grandísimo... Por fin a
moita xente xa non lle collía dúbida pois por
dúas veces a homes que ían de viaxe
atacounos un lobo tremendo, que non sei
como puideron fuxir. Dunha das veces, un
disparoulle e o lobo coma se nada...
O medo correu por toda aquela terra, e a
xente non quería saír fóra despois de
empardecer... A sona do lobo da xente collía
ata Maceda por unha banda, e ata Quiroga
por outra... Había quen xuraba que lle
entrara na casa; outros que o atoparan indo
para tal sitio ou tal outro. Uns que era
abrancazado e vello. Outros que era mouro.
Que se tiña os dentes de tal xeito ou de tal
outro, nunha ringleira ou en tres... o que se
apalpaba era o medo...
Principiaba a topenear o Ánxel cando lle pareceu que sentía así coma se
andasen rañando na porta... Púxose a espreitar...
E anque cheo de medo, ergueuse caladiñamente e apañou a machada...
A cousa ía de veras: agora trequeneaban na porta, e con forza... Con
forza que estralaban as táboas. O Ánxel meteuse atrás do lume...
De súpeto, o arreguizo astral correulle desde as unllas dos pés ao coiro
da testa, e tódolos pelos se lle puxeron de punta: na porta había unha
fendedela, e por ela pasaba a pata dianteira dun lobo grandísimo. Unha
pouta negra, grande, con unllas afiadas que relucían...
Pola porta apareceu un fuciño longo, con dentes brancos que en poucos
instantes fixeron saltar as táboas, e polo burato coouse o lobo da xente.
O Ánxel vira o lobo moitas veces... Mais lobo como aquel, tan negro, tan
peludo, tan espantosamente grandísimo, con aqueles ollos sanguiñentos
e relucentes, que escintilaban máis que o lume da lareira, con aqueles
dentes brancos e afiados como navallas, aquel fuciño mouro, lixado de
sangue fresco, aquelas poutas grandes como as dun oso, coma aquel
nunca, endexamais outro vira na súa vida. O Ánxel, acochado, tremía
como unha vara verde...
VICENTE RISCO. O lobo da xente
OS APARECIDOS
Todo o mundo tiña medo de pasar de noite pola Agra Grande dos Xastre. A iso
das doce oíase na beira do camiño unha voz queixosa que repetía unha e outra
vez: Onde a poño? Onde a poño?...
Nin a auga bendita nin as palabras que leu nun libro o señor cura lograron nada.
O aparecido, cando chegou ó extremo da agra, perdeuse nas sombras.
- Non é cousa deste mundo e non cabe senón rezar pola súa alma.
- Eu sei moi ben quen é –dixo o zapateiro- pero fai falta ser moi valente para falar
con el sen asustarse. Se cando te achegas ao defunto sentes medo, pode
metérseche no corpo e veste obrigado a facer o que el facía ata que alguén te
libre.
A xente sabía que o zapateiro era un charlatán pero tamén sabía que non era
ningún covarde. E por iso lle pediron que fixese algo...
Dito e feito. Ás doce da noite estaba o zapateiro no sitio en que aparecía o
defunto.
- Onde a poño? Onde a poño? –dixo a voz queixosa do defunto
- Onde a quitaches –berroulle, de súpeto, o zapateiro.
O defunto parouse, mirou ao zapateiro e pousou no chan a pedra que levaba ás
costas.
- Moitas grazas, meu amigo! E desapareceu para sempre.
Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
Fora na feira de Rubián... Eu e outros tratantes xantaramos en cas do
Tumbaron. Eramos catro... Esquecinme de dicirlles que xogabamos nun
cuarto do piso... Pechamos a porta tras nós; e xa comprenderán por
que. Onde hai cartos hai que ter moito procuro... Alí había un home...
Non sei que cousa de raro lle atopaba ao seu vestido. Dende logo non
era xa do noso tempo. Levaba unha chaqueta de pana moura...E unha
camisa almidonada... Déixenme acordare. Un chaleque color tabaco. E
antiparras. Era un home que tería uns sesenta anos pouco máis ou
menos. E parecía home de carreira. Coma todos nós estaba coas
cartas na man. Non daba fala. Dábame medo... E moito máis me deu.
Ía un tute... Non sei quen gañaba... Eu erguía a testa para mirar aquel
home... Xa non estaba alí. Ollei para un lado e para outro. Nada. Nin
que o levara o demo. Abofé que non me sentía ben...
- Non víchedes un home xa vello, de chaqueta moura, que estaba
xogando cara a min? Con quen de vós veu? Fai un intre que
desapareceu e eu non sentín abrir a porta. Quen o viu marchar?
Ninguén o vira ou ninguén reparara nel... Erguinme. A xanela e a
porta estaban pechadas. Non entendía aquilo. Mais cando din a
volta para me volver sentar, ollei un gran retrato de marco
dourado... Era igualiño! Ó fixarme nel sentín unha friaxe no
carreguizo... Aquel home era o do cuadro!...
- Non creas que toleei. Vino todo polos meus ollos como te estou
vendo agora a ti. O home do cadro e o home que xogaba
connosco eran a mesma persoa... Todo era igualiño: as fazulas
afundidas, os ollos cansos. E non era unha pantasma porque lle
sentía o folgo. Ninguén o viu saír... Mellor dito, eu fun o único que
o vin alí... Que che parece?
- O home do cadro morreu hai máis de vinte anos...
Un estraño desacougo facíame ir calado... Sentín que unha
ollada se me chantaba na caluga. Non puiden resistir máis. Virei
a testa. Nunha revolta do camiño había un home vestido de
negro. Acenábame coa man dereita. Tiña algo nela. Non era un
pano; mais ben unha carteira... Endexamais volvín coller as
cartas.
Ánxel Fole. Á lus do candil
MEIGAS Foramos o Ricardo e eu vela
meiga de Torgán...Tiña moita sona
entre os feirantes daquelas terras.
E cobraba polas consultas máis
que un avogado...A fe que
adiviñaba o porvir. E sabía o que
facían as persoas que vivían en
América, ou onde fose. Ata viñan
falar con ela os defuntos. Tamén
botaba as cartas. Non se vira
cousa igual. Ninguén sabía de
onde viñera... Nunca ollaba de
fronte. A fe que non me gustaba
nada. Eu coido que fixera algunha
morte.
A meiga daba as consultas
despois dos arroutos.
Mentres lle duraban os
arroutos ladraba e ouveaba
como un can, metida no
leito. Despois viña ao
cuarto da consulta e
vendábase os ollos. Nunca
vin unha muller tan fea.
Tiña o pelo cano e a
dentamia moura.
Botábanlle os dentes para
diante. Falaba con voz
grosa... Sempre consultaba
despois das doce da noite
e con moito misterio.
Ánxel Fole. Á lus do candil
MEIGALLO
Bruxedo ou feitizo que botan
as meigas. Persoas e
animais enferman, non
medran e acumulan toda
sorte de desgrazas.
O meigallo entra no corpo
de varios xeitos. Unhas
veces de xeito material, co
alimento ou achegándolle
pelos da bruxa . obxectos
previamente enmeigados.
Tamén recibe este nome
unha especie de demo
pequeniño que se mete no
corpo das persoas e que lle
causa enfermidades.
MAL DE OLLO
Mal que se causa coa vista ás persoas, animais,
plantas, froitos, colleitas ou calquera cousa material.
Pódeno causar as bruxas. Pero hai quen pensa que
calquera persoa pode ser axente casual do mal de ollo,
sinxelamente polo feito de mirar as cousas e as
persoas con envexa ou mala
intención.
Contra o mal de ollo e os
meigallo úsanse
amuletos como a Figa.
MEIGACHUCHONA
Meiga nocturna que entra nas casas para zugar o sangue
dos nenos ou dos maiores. Os nenos van mirrando e
enfraquecendo ata morrer esmirriados, esbrancuxados.
CHUPASANGUES
Home que agarda nas noites de
inverno os nenos que saen do
colexio e volven andando á casa
e se entreteñen polo camiño.
Mátaos e chúchalle o sangue
todo.
O DEMO
Viña tal e como el é:
ispido e peludo, con
cornos e rabo, con
pezuña fendida nos pés
e poutas nas mans, con
cara de coello e
cheirando a xofre, e
quizais unha miga a
corno queimado e sola
de zapatilla, e aínda coa
forquita de dúas gallas e
o cu recachado beixado
polas bruxas…
V.RISCO: O porco de pé
ESQUELETOS
Un mozo que ía casar invitou aos seus amigos a unha festa na que
correu o viño e houbo bromas a eito. Ben entrada a noite, volvía para
casa ledo polo futuro acontecemento e pola bebida. Ó pasar por diante
do camposanto deu unha cotenada contra algo que non vira.
- Me cago en...! –exclamou-. A pouco máis mancoume dun pé.
Á luz da lúa viu que o tropezón fora contra unha caveira, que o miraba a
fito coas cuncas dos ollos e que parecía rirse del regañando os dentes.
Entón, sen pensar ben o que facía, deulle un couce e chimpouna lonxe.
- Iso para que te monees de min – dixo rindo
Logo, cambiando de ton, pediulle perdón.
- Disimula se che fixen mal.
Pero veulle de novo os dentes e imaxinou que seguía a moquearse del. -
Vexo que aínda te estás rindo, que che relocen os dentes. E abofé que
tes unha boa dentamia. Podías ir xantar con nós o día do meu
casamento.
Despois da voda, cando estaban empezando a
comer, petaron á porta...
Tódolos presentes quedaron horrorizados: a
través da porta, sen abrila, entrou un esqueleto
ó que lle chinguileaban os ósos a cada paso
que daba.
- Ben ves que asisto ó teu convite –díxolle á
caveira ó mozo.
- Pois séntate e come –respondeulle, a pesar
do medo, o noivo, que estaba lívido e suaba a
fío.
- Vin porque son cumprido, mais no outro
mundo xa non podemos comer. Non obstante,
para corresponder á túa invitación, espero que
mañá a medianoite vaias verte comigo ao
camposanto, onde onte nos atopamos. Quero
que tamén asistas a unha festa miña.
Logo ergueuse e como viñera marchou. (...)
- Vaia vostede! –aconselloulle o vello- Non pode deixar de ir,
porque senón viralle unha desgraza. Pero teña coidado de
levar unha poliña de oliveira e mais un pau de carballo. En
chegando ó adro, faga no chan cun pau de carballo, arredor de
vostede, un círculo e entón, coa oliveira na man, dirá: “Veño
onda ti, quen queira que sexas, para preguntarche se podo
facer algo pola túa alma, e prométoche facelo. Pero pídoche
tamén que, se algún mal che fixen, me perdoes e me deixes ir
en paz”. Xa verá como non lle pasa mal ningún e pode voltar á
casa sen problema.
Pola noite foi ó cemiterio e seguiu as indicacións do vello. O
esqueleto presentouse ó instante.
-Salvouche o que fixeches. Vaite mais acórdate sempre do que
che pasou.
Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
Sentimos todos aquel arrepiante berro. Un berro coma nunca sentín
na miña vida. Como se chegase do alén... Todos nos erguemos e nos
puxemos a escoitar. A voz era a mesmo do Furelo mais coma se
estivese de volta de outro mundo...“Encarnación!... Eu te matei e
enterrei no monte da xesteira...” Despois, catapum!... O peso dun
corpo que se derruba... Todos nos botamos cara á escaleira do piso...
Sen saber como, atopeime no cuarto de Furelo. A bombilla estaba
acesa. O Furelo, estalicado no chan tan longo era... As roupas da
cama estaban refucidas, colcha, mantas e saba. E no leito... Un
esquelete! Contábanselle todos os ósos da caixa do peito. A calivera
inda conservaba o cabelo, de muller, que lle chegaba ás costelas.
Ánxel Fole. Historias que ninguén cre.
HOME DO SACO
Home alto, forte, desastrado, cun saco ao lombo
no que leva aos nenos para facerlles quen sabe
que maldades.
SACAÚNTOS
Rouba os nenos coa intención de sacarlles o
unto que logo vende. Relaciónase cos
boticarios que usan o unto para fabricar
medicinas.
LUCES NA NOITE
As FACHAS son estrelas fugaces que causan unha morte no sitio onde caen.
Os FOTOS FATUOS son lapas, faíscas ou muxicas que saen dos camposantos,
da descomposición de cadáveres e que se elevan no aire.
A LEI DAS ÁNIMAS. (Carlos G.REIGOSA)
Era unha noite de inverno polo camiño do monte. Ó chegar ás Laxiñas Fracas,
vin que se aproximaban dúas luces e que se pousaban nos meus ombreiros, sen
causarme molestia algunha. Eran como dous fachicos, pero en lugar de dar calor
producían un frío intenso.
Collín medo, moito medo. Intentei desfacerme das luces restregando os
ombreiros contra unha árbores. Entón pousáronseme nos xeonllos, co que me
asustei máis aínda. Boteime a correr polo medio do monte coma un tolo. Durante
a carreira as luces pasaron dos xeonllos aos zapatos, dos zapatos ás orellas,
das orellas aos cóbados e dos cóbados ás mans.
Por fin cheguei á igrexa da parroquia que, a pesar da hora que era, estaba
aberta. Metinme dentro esperando atopar refuxio. Nada máis entrar, as luces
estouparon orixinando un resplandor vivísimo no que puiden distinguir o rostro de
Sabelo, o meu amigo Sabelo, que aquela noite non fora pescar porque non se
encontraba ben.
Ós poucos días, Sabelo morría afogado no mar.
Aparicións e Santa Compaña.
Historias recollidas por MARIÑO FERRO
AS PANTASMAS
O Uxío de Teixiz era un mozo ben
plantado. Ía por dous anos que lle
facía as beiras á Rola de
Trascastro...A Rola era unha
rapaza de moi bo ver, xeitosiña e
moi goberneira... Mais tivo o
desgracia de que lle saíse outro
pretendente. Chamábanlle de mal
nome o Falcón, pola súa valentía e
coraxe nas liortas das romarías...
Toda a súa vida fora un perdidiño,
bebedor e xogantín... Andaba coa
zunia de que a Rola había de ser
para il (...)
Sentiuse estourar un tiro, e resoou por todo o val. Logo, outro tiro...
- Alguén que atopou o lobo...
Eu fitaba para o Uxío ; il fitaba para a ventá. Estaba branco como o papel. E
vin que se lle puñan os pelos dereitos. Unha man de muller, grande e branca,
acenando cun pano tamén branco, entrara pola ventá... Subía e baixaba,
vagariño, vagariño, e desfíxose no aire. O Uxío quixo erguer e non puido. E
berrou cunha voz que parecía a voz de outro.
- E vós, vistes algo...?
- Eu vin... como unha néboa branca que se me pousou nos ollos como din que
ven os que ven a Estadea
-Que me leve Diós, como a matou...
Despediuse de min.
Ánxel Fole. Terra Brava.
OS CORPOS ABERTOS
Un corpo aberto é unha persoa á que lle entra un
espírito no corpo, aproveitando a súa debilidade ou
aproveitando que abre a boca, por exemplo, ó levar un
susto.
AS FADAS
OU SEREAS
Era verdade, inda que non o pareza... Estaba namorado dunha muller
e ía cabo dela. Mais esta muller non era unha muller de carne e óso,
senón unha muller ideal... Era a fada do relanzo...Ten os ollos claros
e a cabeleira loira; xorde no relanzo no medio dun feixe de escumas...
peitéase na orela e mírase nun pequeno espello...
Alí estaba o corpo de don Francisco coa cara xa algo comesta polos
peixes. Os petos da levita do afogado facían moito balume... Que
diaño levaba neles?... Pois... as pesas do reloxo do seu cuarto...
Sabería nadar, e tivo medo que o seu instinto de vivir fose máis forte
que a súa teima de morrer, e lle traizoase no intre de lle dar unha
aperta a súa fada... Estou seguro de que se viu morrer nos seus
brazos.
Aquel sitio chámase desde
entón o Relanzo da Fada.
Ninguén se atrevía a
bañarse, nin tan siquer a
pasar a noite por alí, pois
tiña fama de estar
enfeitizado.
Os campesiños dicían que
as noites de lúa chea
sentíase cantar a serea.
Cantaba mellor que o
reiseñor i engadaba aos
mozos que ían de camiño
pola orela... Houbo algún
rapaz que chegou de noite á
casa berrando: “Valédeme,
que vén a fada correndo tras
de min!...
Ánxel Fole. Terra Brava.
OS AGOIROS
Do CAN e dos LOBOS o significativo son os
soes ouveos, porque lembran os choros dos
parentes no velorio e no enterro. Tamén a voz
lúgubre da CURUXA convértea en paxaro da
morte.
O CHEIRO A CERA anuncia a morte porque, en
efecto, durante o velorio a casa enchíase de olor
das velas que ardían xunto ao cadáver.
Por negro e por carroñeiro é polo que O
CORVO anuncia a morte. A crenza xa está
rexistrada na Antigüidade. Plinio comenta
que anuncian o peor porque berran como se
os estrangulasen.
A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA)
O VALOR DESTAS CRENZAS
• Son unha creación cultural de enorme
valor para atallar un dos problemas máis
serios do ser humano: a angustia ante a
morte.
• Teñen un importante valor social porque
reforzan o vínculo entre os vivos e son un
importante mecanismo para afastar nenos
e mozos de comportamentos negativos
que impiden o repouso máis alá da morte.
AS CABAZAS DO SAMAÍN
O SAMAÍN era a festa de fin de ano celta, a noite en que se
abrían as portas que separaban o mundo dos vivos e dos
mortos.
En Galicia sobreviviu este nome que ten case tres mil anos e o
costume de baleirar as cabazas, acendenlas e poñelas polos
camiños para asustar á xente a noite do 31 de novembro.
Tamén en Irlanda que o exportou a EEUU desde onde volveu
chegar a nós como Halloween.
O cristianismo non conseguiu erradicar estas festas pagás e
adaptounas como Día de Todos os Santos e Día dos Defuntos
no ano 840.
COMO FACELO?
- Recollendo tradicións que nos conten os maiores e inventando nós
mesmos novas historias.
- Lendo e contando oralmente historias de terror, ambientadas con
música e efectos especiais.
- Disfrazándonos, fotografando e dramatizando escenas ou historias.
- Realizando un mural na aula cos personaxes da tradición galega e
universal ao que teredes que poñer algo de texto (como mínimo un título
en galego).
- Tamén podedes preparar a vosa cabaza e adornala como máis vos
guste.
EN GALEGO
CONTAMOS
HISTORIAS DE
TERROR
ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICAEstades tod@s invitad@s a participar na celebración do Samaín no instituto
Recuperamos a tradición como fonte de inspiración para que expresedes a vosa
creatividade
CANDO?
Tedes que comezar xa.
- A semana do 18 de outubro o
xurado pasará polas aulas para
valorar o voso traballo.
- A semana do 25 de outubro
utilizaremos todo o que se
achegue desde as aulas para
ambientar a entrada do instituto e
teremos sesións de lectura e de
historias contadas.

More Related Content

What's hot

10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]
Loli Cid Cid
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
Celia Díaz
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
guest7b8f3b
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
profelinguagalega
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Román Landín
 

What's hot (20)

7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
 
O prerrexurdimento
O prerrexurdimentoO prerrexurdimento
O prerrexurdimento
 
Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]
 
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí PazóAs variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Lecture 02: Poetics and Poetry: An Introduction
Lecture 02: Poetics and Poetry: An IntroductionLecture 02: Poetics and Poetry: An Introduction
Lecture 02: Poetics and Poetry: An Introduction
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
El bosque animado
El bosque animadoEl bosque animado
El bosque animado
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 

Viewers also liked

A paisaxe
A paisaxeA paisaxe
A paisaxe
Juana
 
Variedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galegaVariedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galega
xoanseca
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
Marlou
 
Lengua%205%c2%ba
Lengua%205%c2%baLengua%205%c2%ba
Lengua%205%c2%ba
Anicu12
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
Belén
 

Viewers also liked (20)

Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesa
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
 
A paisaxe
A paisaxeA paisaxe
A paisaxe
 
Variedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galegaVariedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galega
 
O teatro
O teatroO teatro
O teatro
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativaCarlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
 
El paso de primaria a secundaria
El paso de primaria a secundariaEl paso de primaria a secundaria
El paso de primaria a secundaria
 
Repaso de Matemáticas
Repaso de MatemáticasRepaso de Matemáticas
Repaso de Matemáticas
 
Marzo
MarzoMarzo
Marzo
 
Febreiro
FebreiroFebreiro
Febreiro
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
Xaneiro
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017
 
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalLiteratura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
 
Copia de fichas euros cuánto hay
Copia de fichas euros cuánto hayCopia de fichas euros cuánto hay
Copia de fichas euros cuánto hay
 
Lengua%205%c2%ba
Lengua%205%c2%baLengua%205%c2%ba
Lengua%205%c2%ba
 
Problemas de matematicas 4.maila iii
Problemas de matematicas 4.maila iiiProblemas de matematicas 4.maila iii
Problemas de matematicas 4.maila iii
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
La Cenicienta que no quería comer perdices
La Cenicienta que no quería comer perdicesLa Cenicienta que no quería comer perdices
La Cenicienta que no quería comer perdices
 

Similar to Terror galego

Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
osnososavos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
osnososavos
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
arilogar
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
arilogar
 
A compaña
A compañaA compaña
A compaña
anagagon
 
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZAA COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
Iván Fernández Coba
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
xenevra
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
trafegandoronseis
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
iesasorey
 

Similar to Terror galego (20)

Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
Traballo Samaín
Traballo SamaínTraballo Samaín
Traballo Samaín
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Diaz castro
Diaz castroDiaz castro
Diaz castro
 
A compaña
A compañaA compaña
A compaña
 
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZAA COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Mitoloxía galega
Mitoloxía galegaMitoloxía galega
Mitoloxía galega
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
curros
curroscurros
curros
 

More from quendadeira

Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
quendadeira
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
quendadeira
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
quendadeira
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
quendadeira
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
quendadeira
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
quendadeira
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
quendadeira
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
quendadeira
 

More from quendadeira (20)

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cacho
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
Astrónomas
AstrónomasAstrónomas
Astrónomas
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
 

Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Terror galego

  • 1. Algúns personaxes das historias de medo na cultura popular galega Estes contos inventáronse pra contalos nas noites de inverno, a carón do lume... Inventar, inventáronse moitos, mais non todos. Hainos que son verdade. Todos sabemos de cousas que acontecen na vida, raras e sen explicación, nin pola ciencia nin polo sentido común. Ánxel Fole. Terra Brava. Traballo realizado polo EDLG do IES de Rodeira (Cangas)
  • 2. A Santa Compaña • Segundo a tradición vai recoller a alma dalgún veciño que ha finar esa noite. • Son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí.
  • 3.
  • 4. • Segundo a tradición van recoller a alma dalgún veciño que ha finar esta noite. • Son son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo, non sei se no purgatorio ou no ceo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí O meu marido estaba enfermo, lixeiramente enfermo e eu erguérame pola noite para darlle as pastillas que lle receitara o médico. Oín ruído na rúa. Pola ventá vin dúas ringleiras de xente cunha vela acesa na man. Alguén tocaba unha campaíña. Detivéronse un anaquiño diante da nosa casa e logo seguiron. Pensei que levaban o Viático a algún enfermo. Por iso, despois de darlle as medicinas ao meu home, asomeime de novo a ventá para ver regresar a comitiva e preguntar quen era o moribundo. Unha hora máis tarde non volveran. Pasou pola rúa un veciño que traballaba no café da Praza. Comentando o feito, aseguroume que a igrexa permanecera pechada toda a noite. Deducín que en realidade eu vira a Santa Compaña e que, polo tanto, na miña casa habería axiña unha morte. Ó día seguinte, en contra do prognóstico do médico, morreu o meu home. Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO (etnógrafo)
  • 5. O que vai a fronte da Santa Compaña é sempre unha persoa viva... E non poderá morrer ata que ela, á súa vez, lle pase a cruz a outra persoa viva, ou lla colgue do pescozo a un Urco, que é o can fiel das ánimas. Pero isto último dáse moi poucas veces e só cando as ánimas o consenten. Para librarse aconséllase facer un círculo e meterse dentro a poder ser cunha cruz (cristianización do rito). Ou un dobre círculo, ó ceo e máis á terra (correa de San Agustín).
  • 6. • Segundo a tradición van recoller a alma dalgún veciño que ha finar esta noite. • Son son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo, non sei se no purgatorio ou no ceo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí Eu na Santa Compaña non creo nin deixo de crer. Eu nunca a vin. Pero a meu pai levárono as ánimas tres días por eses camiños adiante. Cando o atopamos estaba tan ensumido e esfameado coma se levase vinte días sen probar bocado. Apareceu pálido, fraco e case sen poder falar. Fora de noite botar auga ó prado de herba verde, que era a nosa vez. De súpeto, viu unha especie de esqueleto grande que andaba e que lle chamaban a Estadea, e quedou paralizado, mirando. Cando máis pasmado estaba, un home que ía na procesión das ánimas colocoulle unha cruz de madeira nas mans, e arrea, Manuel! Tres días andou o pobre por aí... Todo o mundo sabe por aquí que algúns tiveron que ir con ela á forza. Ninguén libra ben dela cando te colle para levar a cruz. Todos saen esbrancuxados e sen forzas... Porque as ánimas seica poden voar ou ir a rentes o chan e percorrer grandes distancias nun segundo. A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. Carlos G.REIGOSA
  • 7. • Segundo a tradición van recoller a alma dalgún veciño que ha finar esta noite. • Son son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo, non sei se no purgatorio ou no ceo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí De repente, un descoñecido con hábitos e capuchón brancos acercouse e púxolle entre os dedos da man dereita unha cruz procesional, feita con dúas madeiras planas con símbolos que non identificou gravados nelas... Logrou poñerse de pé e ollou a miríade de luces que o rodeaba. No mesmo intre soubo –e sentiu- que formaba parte dun cortexo de ánimas, todas con túnicas e capuchas brancas. A primeira portaba un estandarte con emblemas e divisas que tampouco puido descifrar, distintivos quizais dun tempo remoto ou dun mundo aínda descoñecido. A segunda levaba un caldeiro e un hisopo de auga bendita cunhas espirais buriladas no seu metal amarelo; a terceira sostiña o peto de ánimas , que semellaba de pedra, cun portelo de ferro e un buraco para meter as moedas. A cuarta alumaba o camiño cun farol de acompañar o Viático na hora de ir administrar o sacramento da eucaristía e os santos óleos os doentes en perigo de morte. E a quinta mexía unha campaíña que soaba en todas as encrucilladas e ante os cruceiros que recordaban algunha morte accidentada. Detrás delas, a inconfundible procesión de ánimas, coas candeas feitas de ósos de defuntos que nunca se apagaban nin oscilaban co aire... Ánimas fronteirizas do trasmundo que el guiaba pola terra dos mortais adiante... A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. Carlos G.REIGOSA, escritor galego actual
  • 8.
  • 9. -Corrín e corrín, fuxindo daquela visión. Mais tiven que parar ao chegar a unha carrilleira... No medio e medio dila, vin sentado un can grandísimo, meirande cun cabalo. Medio can e medio boi; pois tiña cornos. Non ladraba, nin sequera boligaba; mais estaba vivo porque lle vía o bafo roxo que botaba pola boca. E todiño il negro. Ánxel Fole, Terra Brava escritor galego que comeza a publicar nos anos 50 e recolle nos seus relatos as tradicións da montaña lucense O URCO
  • 10. Un bramido animal, que parecía de vaca doente, soou cerca deles e fíxoos estremecer. A brétema semellaba cada vez máis mesta e diante dos faros do coche parecían xurdir figuras indecisas que se desfacían ao atravesalas. Un enorme becerro negro avanzaba diante deles, pero só lle vían a parte traseira. O becerro esvaeuse nun repente e comezaron a oír longos ouveos de cans. A contorna era unha sinfonía entolecida de voces animais. - Ventan a morte. Vainos pasar algo ... Aquelas pistas cheas de desvíos e encrucilladas convertéranse nun labirinto e parecían desorientados pola néboa, que xurdía a cachón ao seu paso. Ollaban para todas partes con aglaio, ata que viron un can negro que corría diante do coche e sobre o que voaba dous corvos e unha pega co ventre e as plumas escapulares de cor branca. As aves desapareceron e o can comezou a medrar e medrar, aumentando cada vez máis o seu tamaño. - Que carallo é iso? - É o Urco. Meu avó faloume del. É o can que leva as ánimas a Santo André de Teixido e a outros santuarios. Non morre nunca, é inmortal, e vive entre este mundo e o outro, nun sitio que non é mundo... Acelerou e logrou poñer o coche á altura do enorme can, e os tres puideron observar que tiña un corpo moi longo, unhas orellas desmesuradas e dous cornos na fronte que parecían de boi novo. A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA)
  • 11. A ESTADEA A Estadea é un esqueleto xigante, que triplica en altura ao home, cunha túnica branca, case transparente. Parecía ser fume en movemento e tiña uns límites imprecisos e cambiantes. A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA) Ás veces, a Estadea dirixe a Santa Compaña.
  • 12. - Unha néboa branca viña cara min. A néboa colleu a figuración dunha muller. Era unha muller alta, altísima, coma dous choplos, posto un enriba do outro... Víñase achegando, achegando. Xa lle vía os ollos... Era toda branca. Tiña que erguer a testa, para vela toda. Chantaba os ollos en min e era coma se me zugase a alma. - E ti sabes o que é a Estadea? - Eu, non, señor. Preguntáralles a outros labregos do Incio pola Estadea e ningún sabía o que era. Outras veces falaban da Santa Compaña. Chocábame abondo que o Breixo a estivese describindo, segundo din que se ve nas antigas lendas. Ánxel Fole, Terra Brava
  • 13.
  • 14. Dous mozos que volvían da tuna ben entrada a noite, na revolta dun camiño atopáronse de súpeto cunha luz moi brillante que medraba e subía altísima. Un deles, máis valente, marcou un circo no aire e riscou outro na terra, poñéndolle a cruz no medio. O segundo rapaz, entalado polo medo, non soubo reaccionar. Botouse a correr, tropezou e caeu ó chan. De contado sentiu unha dor intensa no pelo, coma se alguén llo estarricara con forza. Non tardou en comprender que o levaban colgado polos cabelos. Pasárono por riba das silveiras e dos toxos, e batérono en canta pedra había nos valados e nos camiños. Por fin, cando o pobre rapaz, coidando morrer, rezaba as letanías, guindárono desde o alto, preto da súa casa. Estaba rabuñado por todo o corpo. Máis tarde soubo que ao seu compañeiro non lle pasar nada. Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
  • 15. A MORTE Un esqueleto con gadaña que vén buscar aos vivos. Temida pero xusta xa que fai a todos iguais. A Morte sempre avisa da súa chegada (Avisos da Morte). Vai de branco (Morte Branca) para dar o tempo que os homes precisan para axustar contas e despedírense. Pero anda enloitada (Morte Negra) cando vai facer o seu traballo verdadeiro.
  • 16. Un rapaz encontrouse coa Morte e fixéronse moi amigos. E en nome desa amizade pediulle un gran favor: que, para poder divertirse con maior tranquilidade, lle avisase con tempo a hora final. A Morte prometeulle que así o faría. Pasaron moitos anos. O rapaz fíxose vello sen que recibise ningún aviso. Pero un día a Morte presentouse de súpeto, dicíndolle que viña por el. O home, todo asustado, protestou, porque iso non era o que tiñan acordado. -Branquexouche o pelo? – preguntoulle a Morte. - Branquexou – respondeu o home - Caéronche os dentes? - Caeron. - Cansáronche as pernas? - Cansaron. - Perdiches as forzas? - Perdín. - E logo – dixo a Morte- que máis avisos querías? Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
  • 17. OS LOBOS Sabedes cando se atreven os lobos cos homes? Cando teñen moita fame ou cando se decatan de que lles teñen medo... Cando se atopan un home só pola serra, póñense a traballalo... De primeiro, acompáñano; despois, póñenselle diante; máis tarde chegan a zorregarlle as pernas cos rabos... Así, pouquiño a pouquiño... Vén un intre en que o home xa non pode máis. O medo alporízalle os cabelos. Parécelle que lle cravaran arames na testa. Váiselle a voz, perde o sentido. Xa está perdido. Bótanse os lobos enriba del e esnaquízano... Ánxel Fole. Á lus do candil.
  • 18. O certo é que o lobo é cousa de temer. Ningunha outra fera arrepía aos homes coma o lobo. El algo ten... O lobo ten ollar magnético; os seus ollos reluman coma brasas de noite: na noite pecha son estrelas, pode ter un a carón seu o sinistro paseante nocturno, e non verlle o vulto, mais as dúas flamiñas acesas dos seus ollos anuncian que alí está. É un ollar que traspasa a un coma unha espada, e detén o sangue nas veas e deixa a un como a neve... Non cómpre tan sequera velo: abonda sentilo ouvear medoñento para que lle pase a un por todo o corpo o arreguizo astral, igual ao que se sente cando un atopa un ánima en pena, ou cando lle dan unha labazada no medio da noite silandeira unhas mans invisibles... Ánxel Fole. Á lus do candil.
  • 19. O LOBISHOME (O LOBO DA XENTE) E aínda pasaron máis cousas, e dicían que unha das veces viran as pisadas do lobo, mais dun lobo moi grandísimo... Por fin a moita xente xa non lle collía dúbida pois por dúas veces a homes que ían de viaxe atacounos un lobo tremendo, que non sei como puideron fuxir. Dunha das veces, un disparoulle e o lobo coma se nada... O medo correu por toda aquela terra, e a xente non quería saír fóra despois de empardecer... A sona do lobo da xente collía ata Maceda por unha banda, e ata Quiroga por outra... Había quen xuraba que lle entrara na casa; outros que o atoparan indo para tal sitio ou tal outro. Uns que era abrancazado e vello. Outros que era mouro. Que se tiña os dentes de tal xeito ou de tal outro, nunha ringleira ou en tres... o que se apalpaba era o medo...
  • 20. Principiaba a topenear o Ánxel cando lle pareceu que sentía así coma se andasen rañando na porta... Púxose a espreitar... E anque cheo de medo, ergueuse caladiñamente e apañou a machada... A cousa ía de veras: agora trequeneaban na porta, e con forza... Con forza que estralaban as táboas. O Ánxel meteuse atrás do lume... De súpeto, o arreguizo astral correulle desde as unllas dos pés ao coiro da testa, e tódolos pelos se lle puxeron de punta: na porta había unha fendedela, e por ela pasaba a pata dianteira dun lobo grandísimo. Unha pouta negra, grande, con unllas afiadas que relucían... Pola porta apareceu un fuciño longo, con dentes brancos que en poucos instantes fixeron saltar as táboas, e polo burato coouse o lobo da xente. O Ánxel vira o lobo moitas veces... Mais lobo como aquel, tan negro, tan peludo, tan espantosamente grandísimo, con aqueles ollos sanguiñentos e relucentes, que escintilaban máis que o lume da lareira, con aqueles dentes brancos e afiados como navallas, aquel fuciño mouro, lixado de sangue fresco, aquelas poutas grandes como as dun oso, coma aquel nunca, endexamais outro vira na súa vida. O Ánxel, acochado, tremía como unha vara verde... VICENTE RISCO. O lobo da xente
  • 21. OS APARECIDOS Todo o mundo tiña medo de pasar de noite pola Agra Grande dos Xastre. A iso das doce oíase na beira do camiño unha voz queixosa que repetía unha e outra vez: Onde a poño? Onde a poño?... Nin a auga bendita nin as palabras que leu nun libro o señor cura lograron nada. O aparecido, cando chegou ó extremo da agra, perdeuse nas sombras. - Non é cousa deste mundo e non cabe senón rezar pola súa alma. - Eu sei moi ben quen é –dixo o zapateiro- pero fai falta ser moi valente para falar con el sen asustarse. Se cando te achegas ao defunto sentes medo, pode metérseche no corpo e veste obrigado a facer o que el facía ata que alguén te libre. A xente sabía que o zapateiro era un charlatán pero tamén sabía que non era ningún covarde. E por iso lle pediron que fixese algo... Dito e feito. Ás doce da noite estaba o zapateiro no sitio en que aparecía o defunto. - Onde a poño? Onde a poño? –dixo a voz queixosa do defunto - Onde a quitaches –berroulle, de súpeto, o zapateiro. O defunto parouse, mirou ao zapateiro e pousou no chan a pedra que levaba ás costas. - Moitas grazas, meu amigo! E desapareceu para sempre. Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
  • 22. Fora na feira de Rubián... Eu e outros tratantes xantaramos en cas do Tumbaron. Eramos catro... Esquecinme de dicirlles que xogabamos nun cuarto do piso... Pechamos a porta tras nós; e xa comprenderán por que. Onde hai cartos hai que ter moito procuro... Alí había un home... Non sei que cousa de raro lle atopaba ao seu vestido. Dende logo non era xa do noso tempo. Levaba unha chaqueta de pana moura...E unha camisa almidonada... Déixenme acordare. Un chaleque color tabaco. E antiparras. Era un home que tería uns sesenta anos pouco máis ou menos. E parecía home de carreira. Coma todos nós estaba coas cartas na man. Non daba fala. Dábame medo... E moito máis me deu. Ía un tute... Non sei quen gañaba... Eu erguía a testa para mirar aquel home... Xa non estaba alí. Ollei para un lado e para outro. Nada. Nin que o levara o demo. Abofé que non me sentía ben... - Non víchedes un home xa vello, de chaqueta moura, que estaba xogando cara a min? Con quen de vós veu? Fai un intre que desapareceu e eu non sentín abrir a porta. Quen o viu marchar? Ninguén o vira ou ninguén reparara nel... Erguinme. A xanela e a
  • 23. porta estaban pechadas. Non entendía aquilo. Mais cando din a volta para me volver sentar, ollei un gran retrato de marco dourado... Era igualiño! Ó fixarme nel sentín unha friaxe no carreguizo... Aquel home era o do cuadro!... - Non creas que toleei. Vino todo polos meus ollos como te estou vendo agora a ti. O home do cadro e o home que xogaba connosco eran a mesma persoa... Todo era igualiño: as fazulas afundidas, os ollos cansos. E non era unha pantasma porque lle sentía o folgo. Ninguén o viu saír... Mellor dito, eu fun o único que o vin alí... Que che parece? - O home do cadro morreu hai máis de vinte anos... Un estraño desacougo facíame ir calado... Sentín que unha ollada se me chantaba na caluga. Non puiden resistir máis. Virei a testa. Nunha revolta do camiño había un home vestido de negro. Acenábame coa man dereita. Tiña algo nela. Non era un pano; mais ben unha carteira... Endexamais volvín coller as cartas. Ánxel Fole. Á lus do candil
  • 24. MEIGAS Foramos o Ricardo e eu vela meiga de Torgán...Tiña moita sona entre os feirantes daquelas terras. E cobraba polas consultas máis que un avogado...A fe que adiviñaba o porvir. E sabía o que facían as persoas que vivían en América, ou onde fose. Ata viñan falar con ela os defuntos. Tamén botaba as cartas. Non se vira cousa igual. Ninguén sabía de onde viñera... Nunca ollaba de fronte. A fe que non me gustaba nada. Eu coido que fixera algunha morte.
  • 25. A meiga daba as consultas despois dos arroutos. Mentres lle duraban os arroutos ladraba e ouveaba como un can, metida no leito. Despois viña ao cuarto da consulta e vendábase os ollos. Nunca vin unha muller tan fea. Tiña o pelo cano e a dentamia moura. Botábanlle os dentes para diante. Falaba con voz grosa... Sempre consultaba despois das doce da noite e con moito misterio. Ánxel Fole. Á lus do candil
  • 26. MEIGALLO Bruxedo ou feitizo que botan as meigas. Persoas e animais enferman, non medran e acumulan toda sorte de desgrazas. O meigallo entra no corpo de varios xeitos. Unhas veces de xeito material, co alimento ou achegándolle pelos da bruxa . obxectos previamente enmeigados. Tamén recibe este nome unha especie de demo pequeniño que se mete no corpo das persoas e que lle causa enfermidades.
  • 27. MAL DE OLLO Mal que se causa coa vista ás persoas, animais, plantas, froitos, colleitas ou calquera cousa material. Pódeno causar as bruxas. Pero hai quen pensa que calquera persoa pode ser axente casual do mal de ollo, sinxelamente polo feito de mirar as cousas e as persoas con envexa ou mala intención. Contra o mal de ollo e os meigallo úsanse amuletos como a Figa.
  • 28. MEIGACHUCHONA Meiga nocturna que entra nas casas para zugar o sangue dos nenos ou dos maiores. Os nenos van mirrando e enfraquecendo ata morrer esmirriados, esbrancuxados. CHUPASANGUES Home que agarda nas noites de inverno os nenos que saen do colexio e volven andando á casa e se entreteñen polo camiño. Mátaos e chúchalle o sangue todo.
  • 29. O DEMO Viña tal e como el é: ispido e peludo, con cornos e rabo, con pezuña fendida nos pés e poutas nas mans, con cara de coello e cheirando a xofre, e quizais unha miga a corno queimado e sola de zapatilla, e aínda coa forquita de dúas gallas e o cu recachado beixado polas bruxas… V.RISCO: O porco de pé
  • 30. ESQUELETOS Un mozo que ía casar invitou aos seus amigos a unha festa na que correu o viño e houbo bromas a eito. Ben entrada a noite, volvía para casa ledo polo futuro acontecemento e pola bebida. Ó pasar por diante do camposanto deu unha cotenada contra algo que non vira. - Me cago en...! –exclamou-. A pouco máis mancoume dun pé. Á luz da lúa viu que o tropezón fora contra unha caveira, que o miraba a fito coas cuncas dos ollos e que parecía rirse del regañando os dentes. Entón, sen pensar ben o que facía, deulle un couce e chimpouna lonxe. - Iso para que te monees de min – dixo rindo Logo, cambiando de ton, pediulle perdón. - Disimula se che fixen mal. Pero veulle de novo os dentes e imaxinou que seguía a moquearse del. - Vexo que aínda te estás rindo, que che relocen os dentes. E abofé que tes unha boa dentamia. Podías ir xantar con nós o día do meu casamento.
  • 31. Despois da voda, cando estaban empezando a comer, petaron á porta... Tódolos presentes quedaron horrorizados: a través da porta, sen abrila, entrou un esqueleto ó que lle chinguileaban os ósos a cada paso que daba. - Ben ves que asisto ó teu convite –díxolle á caveira ó mozo. - Pois séntate e come –respondeulle, a pesar do medo, o noivo, que estaba lívido e suaba a fío. - Vin porque son cumprido, mais no outro mundo xa non podemos comer. Non obstante, para corresponder á túa invitación, espero que mañá a medianoite vaias verte comigo ao camposanto, onde onte nos atopamos. Quero que tamén asistas a unha festa miña. Logo ergueuse e como viñera marchou. (...)
  • 32. - Vaia vostede! –aconselloulle o vello- Non pode deixar de ir, porque senón viralle unha desgraza. Pero teña coidado de levar unha poliña de oliveira e mais un pau de carballo. En chegando ó adro, faga no chan cun pau de carballo, arredor de vostede, un círculo e entón, coa oliveira na man, dirá: “Veño onda ti, quen queira que sexas, para preguntarche se podo facer algo pola túa alma, e prométoche facelo. Pero pídoche tamén que, se algún mal che fixen, me perdoes e me deixes ir en paz”. Xa verá como non lle pasa mal ningún e pode voltar á casa sen problema. Pola noite foi ó cemiterio e seguiu as indicacións do vello. O esqueleto presentouse ó instante. -Salvouche o que fixeches. Vaite mais acórdate sempre do que che pasou. Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
  • 33. Sentimos todos aquel arrepiante berro. Un berro coma nunca sentín na miña vida. Como se chegase do alén... Todos nos erguemos e nos puxemos a escoitar. A voz era a mesmo do Furelo mais coma se estivese de volta de outro mundo...“Encarnación!... Eu te matei e enterrei no monte da xesteira...” Despois, catapum!... O peso dun corpo que se derruba... Todos nos botamos cara á escaleira do piso... Sen saber como, atopeime no cuarto de Furelo. A bombilla estaba acesa. O Furelo, estalicado no chan tan longo era... As roupas da cama estaban refucidas, colcha, mantas e saba. E no leito... Un esquelete! Contábanselle todos os ósos da caixa do peito. A calivera inda conservaba o cabelo, de muller, que lle chegaba ás costelas. Ánxel Fole. Historias que ninguén cre.
  • 34. HOME DO SACO Home alto, forte, desastrado, cun saco ao lombo no que leva aos nenos para facerlles quen sabe que maldades. SACAÚNTOS Rouba os nenos coa intención de sacarlles o unto que logo vende. Relaciónase cos boticarios que usan o unto para fabricar medicinas.
  • 35. LUCES NA NOITE As FACHAS son estrelas fugaces que causan unha morte no sitio onde caen. Os FOTOS FATUOS son lapas, faíscas ou muxicas que saen dos camposantos, da descomposición de cadáveres e que se elevan no aire. A LEI DAS ÁNIMAS. (Carlos G.REIGOSA)
  • 36. Era unha noite de inverno polo camiño do monte. Ó chegar ás Laxiñas Fracas, vin que se aproximaban dúas luces e que se pousaban nos meus ombreiros, sen causarme molestia algunha. Eran como dous fachicos, pero en lugar de dar calor producían un frío intenso. Collín medo, moito medo. Intentei desfacerme das luces restregando os ombreiros contra unha árbores. Entón pousáronseme nos xeonllos, co que me asustei máis aínda. Boteime a correr polo medio do monte coma un tolo. Durante a carreira as luces pasaron dos xeonllos aos zapatos, dos zapatos ás orellas, das orellas aos cóbados e dos cóbados ás mans. Por fin cheguei á igrexa da parroquia que, a pesar da hora que era, estaba aberta. Metinme dentro esperando atopar refuxio. Nada máis entrar, as luces estouparon orixinando un resplandor vivísimo no que puiden distinguir o rostro de Sabelo, o meu amigo Sabelo, que aquela noite non fora pescar porque non se encontraba ben. Ós poucos días, Sabelo morría afogado no mar. Aparicións e Santa Compaña. Historias recollidas por MARIÑO FERRO
  • 37. AS PANTASMAS O Uxío de Teixiz era un mozo ben plantado. Ía por dous anos que lle facía as beiras á Rola de Trascastro...A Rola era unha rapaza de moi bo ver, xeitosiña e moi goberneira... Mais tivo o desgracia de que lle saíse outro pretendente. Chamábanlle de mal nome o Falcón, pola súa valentía e coraxe nas liortas das romarías... Toda a súa vida fora un perdidiño, bebedor e xogantín... Andaba coa zunia de que a Rola había de ser para il (...)
  • 38. Sentiuse estourar un tiro, e resoou por todo o val. Logo, outro tiro... - Alguén que atopou o lobo... Eu fitaba para o Uxío ; il fitaba para a ventá. Estaba branco como o papel. E vin que se lle puñan os pelos dereitos. Unha man de muller, grande e branca, acenando cun pano tamén branco, entrara pola ventá... Subía e baixaba, vagariño, vagariño, e desfíxose no aire. O Uxío quixo erguer e non puido. E berrou cunha voz que parecía a voz de outro. - E vós, vistes algo...? - Eu vin... como unha néboa branca que se me pousou nos ollos como din que ven os que ven a Estadea -Que me leve Diós, como a matou... Despediuse de min. Ánxel Fole. Terra Brava.
  • 39. OS CORPOS ABERTOS Un corpo aberto é unha persoa á que lle entra un espírito no corpo, aproveitando a súa debilidade ou aproveitando que abre a boca, por exemplo, ó levar un susto.
  • 40. AS FADAS OU SEREAS Era verdade, inda que non o pareza... Estaba namorado dunha muller e ía cabo dela. Mais esta muller non era unha muller de carne e óso, senón unha muller ideal... Era a fada do relanzo...Ten os ollos claros e a cabeleira loira; xorde no relanzo no medio dun feixe de escumas... peitéase na orela e mírase nun pequeno espello... Alí estaba o corpo de don Francisco coa cara xa algo comesta polos peixes. Os petos da levita do afogado facían moito balume... Que diaño levaba neles?... Pois... as pesas do reloxo do seu cuarto... Sabería nadar, e tivo medo que o seu instinto de vivir fose máis forte que a súa teima de morrer, e lle traizoase no intre de lle dar unha aperta a súa fada... Estou seguro de que se viu morrer nos seus brazos.
  • 41. Aquel sitio chámase desde entón o Relanzo da Fada. Ninguén se atrevía a bañarse, nin tan siquer a pasar a noite por alí, pois tiña fama de estar enfeitizado. Os campesiños dicían que as noites de lúa chea sentíase cantar a serea. Cantaba mellor que o reiseñor i engadaba aos mozos que ían de camiño pola orela... Houbo algún rapaz que chegou de noite á casa berrando: “Valédeme, que vén a fada correndo tras de min!... Ánxel Fole. Terra Brava.
  • 42. OS AGOIROS Do CAN e dos LOBOS o significativo son os soes ouveos, porque lembran os choros dos parentes no velorio e no enterro. Tamén a voz lúgubre da CURUXA convértea en paxaro da morte. O CHEIRO A CERA anuncia a morte porque, en efecto, durante o velorio a casa enchíase de olor das velas que ardían xunto ao cadáver. Por negro e por carroñeiro é polo que O CORVO anuncia a morte. A crenza xa está rexistrada na Antigüidade. Plinio comenta que anuncian o peor porque berran como se os estrangulasen. A LEI DAS ÁNIMAS. A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA)
  • 43. O VALOR DESTAS CRENZAS • Son unha creación cultural de enorme valor para atallar un dos problemas máis serios do ser humano: a angustia ante a morte. • Teñen un importante valor social porque reforzan o vínculo entre os vivos e son un importante mecanismo para afastar nenos e mozos de comportamentos negativos que impiden o repouso máis alá da morte.
  • 44. AS CABAZAS DO SAMAÍN O SAMAÍN era a festa de fin de ano celta, a noite en que se abrían as portas que separaban o mundo dos vivos e dos mortos. En Galicia sobreviviu este nome que ten case tres mil anos e o costume de baleirar as cabazas, acendenlas e poñelas polos camiños para asustar á xente a noite do 31 de novembro. Tamén en Irlanda que o exportou a EEUU desde onde volveu chegar a nós como Halloween. O cristianismo non conseguiu erradicar estas festas pagás e adaptounas como Día de Todos os Santos e Día dos Defuntos no ano 840.
  • 45. COMO FACELO? - Recollendo tradicións que nos conten os maiores e inventando nós mesmos novas historias. - Lendo e contando oralmente historias de terror, ambientadas con música e efectos especiais. - Disfrazándonos, fotografando e dramatizando escenas ou historias. - Realizando un mural na aula cos personaxes da tradición galega e universal ao que teredes que poñer algo de texto (como mínimo un título en galego). - Tamén podedes preparar a vosa cabaza e adornala como máis vos guste. EN GALEGO CONTAMOS HISTORIAS DE TERROR ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICAEstades tod@s invitad@s a participar na celebración do Samaín no instituto Recuperamos a tradición como fonte de inspiración para que expresedes a vosa creatividade
  • 46. CANDO? Tedes que comezar xa. - A semana do 18 de outubro o xurado pasará polas aulas para valorar o voso traballo. - A semana do 25 de outubro utilizaremos todo o que se achegue desde as aulas para ambientar a entrada do instituto e teremos sesións de lectura e de historias contadas.