SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  43
TEMA   4
ESTADO BURGUÉS E IMPERIALISMO


                           4º ESO
1
ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAIS
Entre 1870 1914, a maioría dos países de América e Europa estaban
gobernados por réximes liberais conservadores nos que a burguesía exercía
o poder en beneficio dos seus intereses
CARACTERÍSTICAS DO ESTADO BURGUÉS
●   Predominio de gobernos liberais conservadores –repúblicas en América ou monarquías
    constitucionais en Europa.
●   Existencia de parlamentos subordinados ao Xefe do Estado e con escasas
    competencias.
●   Aplicación restrinxida dos dereitos e liberdades
●   O dereito de propiedade e de liberdade económica prima sobre todos
●   A limitación do dereito o voto, reservado aos homes posuidores dun determinado nivel
    de riqueza (sufraxio censatario).
●   A corrupción so sistema electoral, mediante o fraude e a manipulación dos resultados
    pola actuación dos caciques locais (caciquismo).
●   Agrupación das forzas liberais en torno a dous partidos: conservador ou moderado e o
    progresista ou radical.
●   A exaltación patriótica, glorificación do Estado e da nación fronte aos demais
    (Nacionalismo de Estado).
A pesar do predominio conservador, fóronse introducindo reformas,
normalmente durante os gobernos progresistas, que foron abrindo o
camiño cara a democracia: ampliación dos dereitos e liberdades
individuais, ampliación do dereito ao voto, consolidación do
parlamentarismo...
AS POTENCIAS BURGUESAS
●   Gran Bretaña:
     –   Principal potencia industrial e colonial do
         mundo.                                         Victoria I
                                                       1837-1901
     –   Foi a primeira en consolidar as fórmulas
         liberais e parlamentarias.
     –   A coroa foi      cedendo     funcións   ao
         Parlamento.
     –   Tivo unha gran estabilidade política
         alternándose no poder o Partido
         Conservador (tory) e o Liberal (wigh).
     –   Irlanda, sometida a Inglaterra, loitou pola
         súa independencia durante décadas,
         alcanzándoa en 1921.
●   Francia.
     –   O Estado liberal e burgués consolídase a
         partir de 1871 coa Terceira República,
         tras o fin do Segundo Imperio.
     –   Numerosas reformas foron ampliando a
         base do sistema democrático.
     –   Mantivo unha gran inimizade con
         Alemaña pola perda de Alsacia e Lorena.
AS POTENCIA BURGUESAS
●   Alemaña:
     –   Unificada baixo o Segundo Imperio en
         1871,   mantivo    fórmulas políticas
         conservadoras acompañadas dun gran
         desenvolvemento económico.
     –   O chanceler Bismarck exerceu de árbitro
         nas relacións internacionais europeas
         tratando de manter illada a Francia
         mediante alianzas con outros países
●   Estados Unidos:
     –   Foi o primeiro Estado republicano e
         liberal do mundo.
     –   A conquista do Oeste foi acompañada
         dun forte desenvolvemento industrial.
     –   As Diferenzas sobre os poderes dos
         estados e a escravitude orixinaron a
         Guerra de secesión (1861-65) que
         rematou coa derrota do Sur.
     –   Fortalecido o poder federal, continuaron a
         súa expansión cara ao Pacífico e o
         Caribe.
A CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO
●   A partir da década de 1880 consolídase o movemento obreiro,
    que se mantivo dividido nas dúas grandes familias de anarquistas e
    socialistas.
●   A creación dos partidos socialistas para conquistar o poder por
    parte dos traballadores e cambiar a sociedade. O modelo a imitar
    foi o Partido Socialdemócrata alemán (1875). En España creouse na
    clandestinidade o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879.
●   A multiplicación de sindicatos. En España, os sindicatos
    anarquistas agrupáronse nas Federacións locais e na Federación de
    Traballadores da Rexión Española (1881) e despois na Confederación     Pablo Iglesias
    Nacional do Traballo (CNT) en 1910. Os socialistas agrupáronse na
    Unión Xeral de Traballadores (UXT) en 1888.
●   A Segunda Internacional. Creouse en París en 1889 e estivo
    formada polos partidos e organizacións socialistas. Entre os
    acordos máis importantes destacan: xornada de 8 horas de traballo,
    a revolución como medio para transformar a sociedade,
    establecemento dun día mundial da loita obreira, a defensa da paz e
    o rexeitamento da explotación colonial.
●   Celebración dos días internacionais obreiros: Primeiro de Maio e
    Día da muller traballadora o 8 de marzo.
OS DEREITOS POLÍTICOS DAS MULLERES
●   A pesares das Constitucións e das declaracións liberais, as mulleres foron
    excluídas do exercicio dos dereitos políticos.
●   Ao longo do século XIX, o debate sobre os dereitos da muller foise intensificando.
●   A partir de 1860, xurdiu en EE UU, Gran Bretaña e Francia o movemento
    sufraxista, que loitaba por lograr o recoñecemento do sufraxio feminino.
●   Nova Celandia foi o primeiro país en recoñecelo en 1893. En España foi aprobado
    en 1931 na Constitución da II República.
2
      SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
                   E
      TRANSFORMACIÓNS DEMOGRÁFICAS
A partir das décadas de 1860-70 producíronse importantes innovacións técnicas,
industriais e empresariais que permiten diferenciar unha segunda revolución industrial.
Paralelamente, a poboación aumentou e trasladouse a vivir ás cidades ou emigrou a
América.
A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
●   Estendeuse por Europa, América e tamén Xapón.
●   Características:
●   Novas fontes de enerxía: petróleo e a electricidade.
●   Novos sectores industriais:

     –   o siderometalúrxico con novos metais e aliaxes como o aluminio e aceiro.
     –   a industria química que produce novos produtos (colorantes, explosivos, plásticos...)
     –   a industria eléctrica que fabricou gran cantidade de motores, turbinas e aparatos electrodomésticos.
     –   os transportes: invención do motor de explosión, orixe do automóbil e do avión e a electricidade
         (tranvía, metro...).
●   Nova organización do traballo, buscando producir máis no menor tempo posible. Destaca o taylorismo
    (coa redución dos movementos inútiles dos obreiros nas fábricas) e o fordismo (fabricación en serie en
    cadeas de montaxe).
●   Novas formas de organización empresarial, orixinadas pola necesidade de conseguir grandes recursos
    financeiros, de dominar os mercados, e o desexo de obter os máximos beneficios.

     –   Sociedades anónimas: cada socio achega capitais mediante a compra de accións da empresa na
         Bolsa.
     –   Cartel: acordo entre empresas dun mesmo sector polo que se reparten zonas de mercado e fixan os
         prezos.
     –   Trust: fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova gran empresa que busca controlar un
         sector de produción.
     –   Holding (grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a maioría das súas accións).
A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA
●   Cambio do réxime demográfico. No século XIX produciuse
    un forte descenso da mortalidade, especialmente da infantil,
    como consecuencia de: incremento da produción de
    alimentos, dos progresos na medicina, mellora das condicións
    hixiénicas. Como seguiu manténdose unha elevada
    natalidade, o resultado foi un forte crecemento da
    poboación.
●   Éxodo rural e crecemento das cidades. O aumento da
    poboación, a introdución de maquinaria agrícola, que libera
    man de obra no campo, o aumento do traballo nas fábricas, e        Fleming
    a mellora dos transportes, ocasionaron un transvase masivo
    de xente dos campos ás cidades (éxodo rural). As cidades
    experimentan     un    constante   crecemento       e  unha
    transformación urbana: ensanches, metro, tranvías,....
●   Emigración transoceánica. O aumento da poboación tamén
    propiciou unha forte corrente migratoria desde Europa cara
    ao exterior. Calcúlase que entre 1812 e 1924 saíron 55 millóns
    de emigrantes europeos que se dirixiron fundamentalmente
    a América. Entre as causas destacan: desequilibrio entre         Tranvía eléctrico
    poboación e recursos; abaratamento dos transportes; grandes
    posibilidades dos novos países americanos.
REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA
3
    EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO

Desde 1830, pero de modo máis intenso a partir de 1870, as principais potencias
europeas, máis EE UU e Xapón, desenvolveron unha activa política de expansión e
dominación política, económica e militar fóra das súas fronteiras (imperialismo),
conquistando e ocupando moitos territorios en África, Asia e o Pacífico e transformando
eses territorios en colonias de explotación e de poboamento (colonialismo).
O REPARTO DO MUNDO
●   No século XIX, enormes extensións de territorios de África, Asia e o Pacífico foron
    conquistados e ocupados por un número reducido de países, destacando o Gran
    Bretaña e Francia.
●   O progresivo avance da colonización orixinou un crecente choque de intereses en
    África. Para evitar os enfrontamentos, en 1885 os países interesados na
    colonización reuníronse na Conferencia de Berlín, convocada por Bismarck. Nela
    acordouse:
     –   Unicamente a posesión da costa daba dereito a colonizar o interior.
     –   Só se tiña dereito sobre un territorio se ocupaba de forma efectiva.
     –   A navegación dos ríos Congo e Níxer sería libre.
     –   O territorio do Congo sería posesión persoal do rei Leopoldo II de Bélxica, coa
         obriga de manter a liberdade de comercio na zona.
●   Estes criterio determinaron unha desenfreada carreira por ocupar territorios antes
    que os demais.
REPARTO DE ÁFRICA
MAPA: REPARTO DE ÁFRICA, ASIA E O PACÍFICO
CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL
●   Económicas, relacionadas coa expansión da
    revolución industrial e do capitalismo. A
    necesidade de territorios que subministrasen
    materias primas, alimentos e mercados
    exclusivos onde vender os produtos elaborados
    polas súas fábricas; e lugares onde investir os
    capitais acumulados polos seus bancos.
●   Políticas, relacionadas co prestixio da nación.
    Cantas máis colonias tiña, máis poderosos se
    consideraba un país.
●   Demográficas e sociais, para que puidesen
    asentar nas colonias a poboación que vivían
    con dificultades na metrópole.
●   Ideolóxicas, relacionadas coa crenza na
    superioridade da raza branca e no seu deber
    de “levar a civilización” ao resto dos pobos do
    mundo.
CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN
●   Positivas para os intereses industriais e comerciais das
    potencias colonizadoras.
●   Negativas para as sociedades dominadas:
     –   guerras de conquista, masacres.
     –   desprezo cultural e étnico por parte dos países
         colonizadores
     –   alteración das fronteiras tribais e culturais.
     –   materias primas       e    man    de    obra     explotada
         brutalmente.
     –   desenvolvemento económico en beneficio exclusivo
         da metrópole.
●   Tamén é certo que os colonizadores levaron os avances
    técnicos e médicos e as novas correntes ideolóxicas
    occidentais (liberalismo, socialismo).
4
       O RÉXIME
          DA
RESTAURACIÓN BORBÓNICA
          EN
        ESPAÑA
CONCEPTO
A Restauración borbónica foi réxime político existente en España entre 1875
e 1923 vixente no reinado de:
 ●   Alfonso XII (1875-85)




 ●   Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902)




 ●   Período constitucional de Alfonso XIII (1902-23)
(reinou ata 1931 con España convertida en Ditadura por Primo de Rivera)
O REINADO DE ALFONSO XII
    Tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos que puxo fin
    a I República, foi restaurada a monarquía con Afonso XII de
    Borbón (fillo de Isabel II). O seu reinado caracterizouse por:
●   A pacificación do reino, derrotando aos carlistas e aos rebeldes de
    Cuba.
●   Abolición dos privilexios forais vascos, en 1876, polo seu apoio ao
    carlismo, substituídos polas leis comúns e polos concertos
    económicos na recadación de impostos.
●   O asentamento das novas bases políticas baixo a dirección de
    Antonio Cánovas del Castillo como presidente do goberno, e a
    aprobación da Constitución conservadora de 1876, que establecía
    unha monarquía constitucional conservadora, con amplos poderes
    do rei (soberanía compartida, nomeamento dos ministros, xefatura do
    exército, relixión católica como a oficial do Estado).
●   O sistema implicaba a necesidade de manipular as eleccións. O rei
    nomeaba o seu goberno e este convocaba deseguido eleccións a          Cánovas del Castillo
    Cortes, eleccións que debía gañar para ter maioría na Cámara; para
    facelo recorría ao fraude electoral e ao caciquismo.
●   A imposición da lei municipal de 1877 que implantaba o centralismo
    administrativo e a designación dos alcaldes polo goberno.
A REXENCIA DE MARIA CRISTINA DE HABSBURGO
En 1885 morreu Afonso XII a causa da tuberculose; a súa viúva estaba embarazada. Os líderes dos
partidos maioritarios – Cánovas e Sagasta- decidiron agardar ao nacemento para proclamar o
herdeiro. En 1886 naceu Afonso XIII e ata a súa maioría de idade exerceu a rexencia a súa nai.
Deste período destaca:
 ●   A consolidación da alternancia no poder e de mutuo acordo (Pacto do Pardo) entre as
     forzas monárquicas representadas nos dous grandes partidos: o Partido Conservador liderado
     por Cánovas del Castillo, e o Partido Liberal, progresista, por Sagasta.
 ●   As reformas liberais de Sagasta, coa ampliación de dereitos e liberdades: lei de asociación
     (1887) que permite a legalización das organizacións obreiras, lei do xurado (1888), Código
     Civil (1889), e lei do sufraxio universal masculino para os maiores de 25 anos (1890).
 ●   O incremento da Industrialización, na que destacan Cataluña (téxtil e agroalimentaria);
     Asturias (siderúrxica); País Vasco (Siderurxia, fabricación de explosivos, maquinaria e
     construción naval).
 ●   O desenvolvemento das organizacións obreiras tanto das socialistas (PSOE UXT fundada
     en 1888) como das anarquistas (federacións locais). Tamén se producen moitos atentados
     anarquistas, entre les o asasinato de Cánovas en 1897.
 ●   O desastre de 1898 coa perda de Cuba, Puerto Rico e Filipinas, consecuencia da derrota
     na guerra contra EE UU. O resto das posesións españolas no Pacífico – as illas Marianas e
     Carolinas- serían vendidas a Alemaña en 1899. desaparecía así o imperio colonial español.
     O desastre orixinou unha forte corrente intelectual de crítica ao sistema e aos males do país
     (rexeneracionismo), destacando o aragonés Xaquín Costa .
 ●   O inicio dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos que en Cataluña, País
     Vasco e Galicia reivindican o recoñecemento das súas peculiaridades lingüísticas e políticas.
O REINADO CONSTITUCIONAL DE ALFONSO XIII
Desde a súa maioría de idade en 1902 e ata 1923 reinou Alfonso XIII de
acordo cos principios da Constitución de 1876. No balance do seu reinado
constitucional apréciase un progresivo deterioro do funcionamento do sistema
canovista. En 1923 un golpe de Estado dirixido polo xeneral Primo de Rivera,
consentido polo rei, estableceu a ditadura.
Durante o reinado destacaron estes aspectos:
●   A crise no sistema da Restauración (sistema canovista).
●   O aumento da conflitividade social e política.
●   O desastre da guerra de Marrocos.
1.- A crise no sistema da Restauración
●   As excesivas intervencións do monarca nos asuntos políticos e
    militares e o incremento do papel do exército na vida pública.
●   A progresiva división e disputas internas nos partidos
    dinásticos que se alternaban no poder. Os novos líderes, entre
    os que destacaron o conservador Antonio Maura e o liberal Xosé
    Canalejas, non foron capaces de aglutinar as súas respectivas
    forzas. A partir de 1917, os gobernos foron moi débiles.
●   A crecente contestación política ás bases do sistema das
                                                                       Maura
    forzas opositoras (socialistas, republicanos, comunistas),
    tolerando a opinión pública cada vez peor o fraude electoral e o
    caciquismo. En 1909 formouse a Conxunción republicano-
    socialista, alianza que permitiu que en 1910 saíse elixido o
    primeiro deputado socialista, Pablo Iglesias, o fundador do PSOE
    e da UXT.
●   O incremento das reivindicacións dos nacionalismos
    periféricos encabezados polo PNV (fundado en 1895) e a Liga
    Rexionalista de Cataluña (fundada en 1901).

                                                                       Canalejas
2.- O aumento da conflitiviade social e política
●    O aumento da conflitividade social, provocada pola
     crecente industrialización e a pobreza de obreiros e
     xornaleiros. As organizacións de traballadores,
     socialistas (UXT) e anarquistas (CNT) incrementaron
     considerablemente o número de afiliados e
     protagonizaron numerosas folgas que foron duramente
     reprimidas. En 1921 engádese a creación do Partido
     Comunista de España. Ademais, seguíronse producidos
     graves atentados anarquistas (asasinatos dos xefes de
     goberno: Canalejas (1912) e Dato (1921).
●    O desenvolvemento de graves crises políticas e
     sociais, como a Semana Tráxica de Barcelona en 1909,
     provocada polo decontento popular que provocou o envío
     de tropas a Marrocos e a crise xeral de 1917, orixinada
     pola protesta da oposición política (catalanistas,
     republicanos e socialistas) que pretendía cambios no
     sistema e a folga revolucionaria convocada pola UXT e
     o PSOE co obxectivo de derrocar o réxime vixente que foi
     duramente esmagada.
3.- O desastre da guerra de Marrocos
●   A partir de 1904, España conseguiu o
    recoñecemento internacional para ocupar o
    norte de Marrocos.
●   As dificultades da conquista foron moi
    elevadas. Empregáronse fortes continxentes
    militares que sufriron diversas derrotas.
●   A crise máis grave aconteceu en 1921, cando
    as cabilas rifeñas ao mando de Abd el-Krim
    derrotaron as tropas españolas dirixidas polo
    xeneral        Silvestre       en      Annual
    (Desastre de Annual). A opinión pública e os
    grupos        da        oposición     esixiron
    responsabilidades.
●   En 1923, ante as crecentes críticas contra a
    monarquía e o exército, o xeneral Primo de
    Rivera deu un golpe de Estado que contou co
    aprobación do rei, poñendo así fin ao réxime da
    Restauración.
5
A GALICIA DOS CACIQUES
GALICIA, TERRA DE CACIQUES
Causas que favoreceron o poder dos caciques:
●   O atraso socioeconómico galego: o predominio do rural, a dispersión do
    poboamento, o escaso desenvolvemento económico, a debilidade do
    Estado en Galicia, favoreceron o caciquismo baseado no intercambio de
    votos por favores políticos e económicos.
●   Unhas poucas e poderosas familias (Montero Ríos, Gasset, Bugallal,
    González Besada) asociadas aos partidos gobernantes (conservadores e
    liberais) exercían e controlaban o poder político e os cargos.




                                       Montero Ríos
A LENTA TRANSFORMACIÓN ECONÓMICA
●   A agricultura seguiu sendo a principal fonte de riqueza e na
    que traballaba a maioría da poboación. Pero o campo galego
    presentaba graves problemas como o sistema foral e o
    minifundismo que o incapacitaban para lograr un
    desenvolvemento capitalista e comercial.
●   Ante a pobreza, moitos campesiños, dende 1860, comezan a
    emigrar a América dende os portos de Vigo e Coruña. Algúns
    volverán enriquecidos: os indianos.
●   A comezos do século XX xurdiu un movemento – o
    agrarismo -, que reclamaba eliminación dos contratos forais
    e permitir a conversión dos foreiros en propietarios. A chegada
    de capitais da emigración permitiu a moitas familias facerse coa
    propiedade onde traballaban como foreiros           e introducir
    melloras.                                                           Basilio Álvarez
                                                                       Líder do agrarismo
●   A industrialización foi moi lenta e afectou especialmente ás
    actividades relacionadas coa pesca. Xurdimento das
    primeiras conserveiras (Curbera, Massó, Alfageme... ). Tamén
    tivo importancia a construción naval e a produción
    hidroeléctrica.
A DEBILIDADE DAS FORZAS OPOSITORAS
●   O caciquismo, o atraso económico e a escasa industrialización fixeron que
    as forzas opositoras ao sistema da Restauración fosen moi minoritarias:
    –   O movemento obreiro só tivo importancia nas cidades da Coruña
        (anarquistas) e Vigo e Ferrol (socialistas).
    –   Os republicanos, vinculados coas clases medias urbanas estaban
        divididos (federais, progresistas...). tiñan importancia nalgúns núcleos
        como Pontevedra e A Coruña.
    –   A partir de 1880 xurdiu o movemento rexionalista, que reivindicaba a
        lingua e a especificidade de Galicia, e que foi evolucionando cara ao
        nacionalismo.
6
                REXIONALISMO
                      E
          NACIONALISMOS PERIFÉRICOS
                  EN ESPAÑA
Na segunda metade do século XIX xurdiron en Cataluña, País Vasco e
Galicia movementos culturais e políticos que reividicaron para os seus
territorios unha especificidade diferenciada baseada na lingua e na
historia, ademais da creación dun autogoberno
O CATALANISMO
●   É o movemento cultural e político
    de defensa dos intereses e
    particularidades de Cataluña.
    Presenta unha ampla variedade
    ideolóxica e organizativa:
     –   O rexionalismo catalán:
         reivindicaba a recuperación
         da lingua (Renaixença) e o
         autogoberno.    No     1892
         redactaron un proxecto de      Prat de la Riba
         estatuto    de   autonomía:                        Cambó
         Bases de Manresa
     –   O nacionalismo catalán
         reivindicaba a Cataluña como
         nación       soberana      e
         diferenciada da Española.
         Destacaron persoaxes como
         Prat de la Riva, Cambó ou
         Francisco Macià
                                                    Macià
O NACIONALISMO VASCO
O seu desenvolvemento inicial está vinculado á persoa e obra de Sabino Arana. Ante a
perda dos privilexios forais e a crecente chegada de inmigrantes para traballar na
industria (os maketos), Arana defendeu a independencia de Euskadi e o
restablecemento do dereito e costumes vascos. Arana tamén foi o fundador do Partido
Nacionalista Vasco (1895).

"La fisonomía del bizkaino es inteligente y noble; la del español,
inexpresiva y adusta.
El bizkaino es de andar apuesto y varonil; el español, o no sabe
andar (ejemplo, los quintos) o si es apuesto es tipo femenil (ejemplo,
el torero).
El bizkaino es nervudo y ágil; el español es flojo y torpe.
El bizkaino es inteligente y hábil para toda clase de trabajos; el
español es corto de inteligencia y carece de maña para los trabajos
más sencillos. Preguntádselo a cualquier contratista de obras y
sabréis que un bizcaino hace en igual tiempo tanto como tres
maketos juntos.
El bizkaino es laborioso (ved labradas sus montañas hasta la
cumbre); el español, perezoso y vago (contemplad sus inmensas
llanuras desprovistas en absoluto de vegetación).                        Sabino Arana
(...)
Oídle hablar a un bizkaino y escuchareis la más eufónica, moral y
culta de las lenguas; oidle a un español y si solo le oís rebuznar
podéis estar satisfechos, pues el asno no profiere voces indecentes
ni blasfemias.”
                                        Sabino Arana, "¿Qué somos?"
O GALEGUISMO
●   É o movemento que reivindica a defensa do galego e o recoñecemento
    dos intereses de Galicia e do seu autogoberno.
●   Os alicerces do galeguismo remóntanse a á década de 1840, cando
    aparecen as primeiras reivindicacións políticas e culturais como o
    provincialismo de Antolín Faraldo, o fracaso do pronunciamento de
    Miguel Solís (1846) e o Rexurdimento, movemento de recuperación da
    lingua e historias propias onde destacaron intelectuais como Rosalía de
    Castro,      Eduardo       Pondal,    Curros       Enríquez,   Manuel
    Murguía...contribuíron a prestixiar a lingua e vincularon o pasado de       Vilar Ponte
    Galicia co celtismo.
●   A partir da década de 1880, as teorías de Murguía e Alfredo Brañas
    sentaron as bases do rexionalismo galego, defendendo a
    descentralización, a autonomía de Galicia e a defensa do galego. Tamén
    se fundaron as primeiras organizacións galeguistas: Liga Galega,
    Real Academia Galega...
●   A partir de 1916, coa fundación das Irmandades da Fala na Coruña e
    os escritos de Antón Vilar Ponte e Vicente Risco, desenvolveuse o
    nacionalismo galego, afirmando que Galicia é unha nación
    diferenciada pola súa lingua (o galego), a súa xeografía e o seu espírito
    (a alma galega). Na difusión do ideario destacou a revista Nós (1920),      Vicente Risco
    así como o Seminario de Estudios Galegos (1923); en torno a eles,
    numerosos intelectuais conformaron a xeración Nós, que traballaron
    sobre todos os aspectos que configuraban a realidade galega.
7
IMPRESIONISMO E POSTIMPRESIONISMO
IMPRESIONISMO
●   Xurdiu en París na década de 1860-70.
●   A pintura é a arte que mellor o representa.
●   O protagonismo dos cadros impresionistas é a cor, mediante machas e
    xogos de luces e sombras.
●   Predominan as cores claras e a pincelada pequena.
●   Gustaban de pintar ao aire libre.
●   Os artistas queren captar a impresión que os obxectos provocan na nosa
    retina cando a luz incide sobre eles.
●   Destacaron os seguintes pintores: Monet, Pisarro, Renoir e Degas (Francia.
    En España: Sorolla.
MONET




    Impresión, sol nacente
                                Catedral de Rouen
PISARRO
                             RENOIR




 Tellados vermellos           Le moulin de la Galette
DEGAS




Clase de Baile     O ensaio
SOROLLA




  Nenos na praia     Paseo pola praia
POSTIMPRESIONISMO
CEZANNE (1839-1906)
●   Precursor do cubismo.
●   Nos cadros busca representar formas xeométricas da natureza.
●   Pinta perspectivas en primeiro plano.




       Os xogadores de cartas                O golfo de Marsella
POSTIMPRESIONISMO
GAUGUIN (1848-1903)
●   Precursor do surrealismo e do primitivismo.
●   Nos seus lenzos plasma a imaxinación e as sensacións da mente do artista.
●   Gusto polos temas exóticos.
●   Emprego de cores vivas.




                                            Mulleres tahitianas
           Cristo amarelo
POSTIMPRESIONISMO
VAN GOGH (1853-1890)
●   A súa pintura é un reflexo da súa vida/enfermidade.
●   Pinceladas moi grosas.
●   Forte movemento.
●   Cores fortes e planos.
●   Inicia a estética do expresionismo e do fauvismo


                                                          Noite estrelada




     A habitación de Vicent en Arlés                       Os xirasoles
FIN

Contenu connexe

Tendances

14.1. Esquema De La Guerra Civil
14.1.  Esquema De La Guerra Civil14.1.  Esquema De La Guerra Civil
14.1. Esquema De La Guerra Civiljesus ortiz
 
Unitat 3 Les Revolucions Liberals Pdf 09 10
Unitat 3   Les Revolucions Liberals Pdf 09 10Unitat 3   Les Revolucions Liberals Pdf 09 10
Unitat 3 Les Revolucions Liberals Pdf 09 10jordimanero
 
Tema 6.2 - Imperialismo y colonialismo
Tema 6.2 - Imperialismo y colonialismoTema 6.2 - Imperialismo y colonialismo
Tema 6.2 - Imperialismo y colonialismoetorija82
 
The spanish civil war
The spanish civil warThe spanish civil war
The spanish civil warGema
 
Bloque 10.. la ii república y la guerra civil
Bloque 10.. la ii república y la guerra civilBloque 10.. la ii república y la guerra civil
Bloque 10.. la ii república y la guerra civilMarta López
 
4t eso t2 la revolució industrial
4t eso t2 la revolució industrial4t eso t2 la revolució industrial
4t eso t2 la revolució industrialCamurac33
 
2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático
2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático
2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio DemocráticoSergio García Arama
 
LA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-antic
LA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-anticLA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-antic
LA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-anticjcorbala
 
HMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obrero
HMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obreroHMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obrero
HMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obreroSergio García Arama
 
Tema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerrasTema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerraslioba78
 
El sistema político de la Restauración (1875-1902)
El sistema político de la Restauración (1875-1902)El sistema político de la Restauración (1875-1902)
El sistema político de la Restauración (1875-1902)papefons Fons
 
Unitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a part
Unitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a partUnitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a part
Unitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a partJulia Valera
 
Dictadura De Primo De Rivera
Dictadura De Primo De RiveraDictadura De Primo De Rivera
Dictadura De Primo De RiveraGinio
 
Nt6.1 la crisis de la restauración
Nt6.1 la crisis de la restauraciónNt6.1 la crisis de la restauración
Nt6.1 la crisis de la restauraciónhammerklavier37
 
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIIILA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIIIJUAN DIEGO
 
La transición española
La transición españolaLa transición española
La transición españolaRafael Urías
 
Unitat 11 la guerra freda - mr
Unitat 11   la guerra freda - mrUnitat 11   la guerra freda - mr
Unitat 11 la guerra freda - mrjordimanero
 
HE Tema 07, La dictadura franquista I
HE Tema 07, La dictadura franquista IHE Tema 07, La dictadura franquista I
HE Tema 07, La dictadura franquista IManolo Ibáñez
 

Tendances (20)

14.1. Esquema De La Guerra Civil
14.1.  Esquema De La Guerra Civil14.1.  Esquema De La Guerra Civil
14.1. Esquema De La Guerra Civil
 
Unitat 3 Les Revolucions Liberals Pdf 09 10
Unitat 3   Les Revolucions Liberals Pdf 09 10Unitat 3   Les Revolucions Liberals Pdf 09 10
Unitat 3 Les Revolucions Liberals Pdf 09 10
 
Tema 6.2 - Imperialismo y colonialismo
Tema 6.2 - Imperialismo y colonialismoTema 6.2 - Imperialismo y colonialismo
Tema 6.2 - Imperialismo y colonialismo
 
The spanish civil war
The spanish civil warThe spanish civil war
The spanish civil war
 
Bloque 10.. la ii república y la guerra civil
Bloque 10.. la ii república y la guerra civilBloque 10.. la ii república y la guerra civil
Bloque 10.. la ii república y la guerra civil
 
4t eso t2 la revolució industrial
4t eso t2 la revolució industrial4t eso t2 la revolució industrial
4t eso t2 la revolució industrial
 
2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático
2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático
2º de Bachillerato HES - Tema 5 - Siglo XIX - El Sexenio Democrático
 
LA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-antic
LA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-anticLA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-antic
LA CRISI DE LA RESTAURACIÓ-antic
 
HMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obrero
HMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obreroHMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obrero
HMC - VV - Tema 4 - Los orígenes del movimiento obrero
 
Tema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerrasTema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerras
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
El sistema político de la Restauración (1875-1902)
El sistema político de la Restauración (1875-1902)El sistema político de la Restauración (1875-1902)
El sistema político de la Restauración (1875-1902)
 
Unitat 6 La Gran Guerra
Unitat 6   La Gran GuerraUnitat 6   La Gran Guerra
Unitat 6 La Gran Guerra
 
Unitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a part
Unitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a partUnitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a part
Unitat 9 crisi de les democràcies i segona guerra mundial (1919 1945)2a part
 
Dictadura De Primo De Rivera
Dictadura De Primo De RiveraDictadura De Primo De Rivera
Dictadura De Primo De Rivera
 
Nt6.1 la crisis de la restauración
Nt6.1 la crisis de la restauraciónNt6.1 la crisis de la restauración
Nt6.1 la crisis de la restauración
 
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIIILA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
 
La transición española
La transición españolaLa transición española
La transición española
 
Unitat 11 la guerra freda - mr
Unitat 11   la guerra freda - mrUnitat 11   la guerra freda - mr
Unitat 11 la guerra freda - mr
 
HE Tema 07, La dictadura franquista I
HE Tema 07, La dictadura franquista IHE Tema 07, La dictadura franquista I
HE Tema 07, La dictadura franquista I
 

Similaire à Tema 4 Estado burgués e imperialismo

Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaoblogdeasun
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiapablokatt
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
6º EP: idade contemporánea
6º EP:  idade contemporánea6º EP:  idade contemporánea
6º EP: idade contemporánearoberto
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 

Similaire à Tema 4 Estado burgués e imperialismo (20)

Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Restauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismoRestauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Gran capitalismo e imperialismo
Gran capitalismo e imperialismoGran capitalismo e imperialismo
Gran capitalismo e imperialismo
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
1ºB-HMC.pdf
1ºB-HMC.pdf1ºB-HMC.pdf
1ºB-HMC.pdf
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
TEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIATEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIA
 
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
 
6º EP: idade contemporánea
6º EP:  idade contemporánea6º EP:  idade contemporánea
6º EP: idade contemporánea
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 

Plus de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 

Plus de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 

Dernier

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Tema 4 Estado burgués e imperialismo

  • 1. TEMA 4 ESTADO BURGUÉS E IMPERIALISMO 4º ESO
  • 2. 1 ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAIS Entre 1870 1914, a maioría dos países de América e Europa estaban gobernados por réximes liberais conservadores nos que a burguesía exercía o poder en beneficio dos seus intereses
  • 3. CARACTERÍSTICAS DO ESTADO BURGUÉS ● Predominio de gobernos liberais conservadores –repúblicas en América ou monarquías constitucionais en Europa. ● Existencia de parlamentos subordinados ao Xefe do Estado e con escasas competencias. ● Aplicación restrinxida dos dereitos e liberdades ● O dereito de propiedade e de liberdade económica prima sobre todos ● A limitación do dereito o voto, reservado aos homes posuidores dun determinado nivel de riqueza (sufraxio censatario). ● A corrupción so sistema electoral, mediante o fraude e a manipulación dos resultados pola actuación dos caciques locais (caciquismo). ● Agrupación das forzas liberais en torno a dous partidos: conservador ou moderado e o progresista ou radical. ● A exaltación patriótica, glorificación do Estado e da nación fronte aos demais (Nacionalismo de Estado).
  • 4. A pesar do predominio conservador, fóronse introducindo reformas, normalmente durante os gobernos progresistas, que foron abrindo o camiño cara a democracia: ampliación dos dereitos e liberdades individuais, ampliación do dereito ao voto, consolidación do parlamentarismo...
  • 5. AS POTENCIAS BURGUESAS ● Gran Bretaña: – Principal potencia industrial e colonial do mundo. Victoria I 1837-1901 – Foi a primeira en consolidar as fórmulas liberais e parlamentarias. – A coroa foi cedendo funcións ao Parlamento. – Tivo unha gran estabilidade política alternándose no poder o Partido Conservador (tory) e o Liberal (wigh). – Irlanda, sometida a Inglaterra, loitou pola súa independencia durante décadas, alcanzándoa en 1921. ● Francia. – O Estado liberal e burgués consolídase a partir de 1871 coa Terceira República, tras o fin do Segundo Imperio. – Numerosas reformas foron ampliando a base do sistema democrático. – Mantivo unha gran inimizade con Alemaña pola perda de Alsacia e Lorena.
  • 6. AS POTENCIA BURGUESAS ● Alemaña: – Unificada baixo o Segundo Imperio en 1871, mantivo fórmulas políticas conservadoras acompañadas dun gran desenvolvemento económico. – O chanceler Bismarck exerceu de árbitro nas relacións internacionais europeas tratando de manter illada a Francia mediante alianzas con outros países ● Estados Unidos: – Foi o primeiro Estado republicano e liberal do mundo. – A conquista do Oeste foi acompañada dun forte desenvolvemento industrial. – As Diferenzas sobre os poderes dos estados e a escravitude orixinaron a Guerra de secesión (1861-65) que rematou coa derrota do Sur. – Fortalecido o poder federal, continuaron a súa expansión cara ao Pacífico e o Caribe.
  • 7. A CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO ● A partir da década de 1880 consolídase o movemento obreiro, que se mantivo dividido nas dúas grandes familias de anarquistas e socialistas. ● A creación dos partidos socialistas para conquistar o poder por parte dos traballadores e cambiar a sociedade. O modelo a imitar foi o Partido Socialdemócrata alemán (1875). En España creouse na clandestinidade o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879. ● A multiplicación de sindicatos. En España, os sindicatos anarquistas agrupáronse nas Federacións locais e na Federación de Traballadores da Rexión Española (1881) e despois na Confederación Pablo Iglesias Nacional do Traballo (CNT) en 1910. Os socialistas agrupáronse na Unión Xeral de Traballadores (UXT) en 1888. ● A Segunda Internacional. Creouse en París en 1889 e estivo formada polos partidos e organizacións socialistas. Entre os acordos máis importantes destacan: xornada de 8 horas de traballo, a revolución como medio para transformar a sociedade, establecemento dun día mundial da loita obreira, a defensa da paz e o rexeitamento da explotación colonial. ● Celebración dos días internacionais obreiros: Primeiro de Maio e Día da muller traballadora o 8 de marzo.
  • 8. OS DEREITOS POLÍTICOS DAS MULLERES ● A pesares das Constitucións e das declaracións liberais, as mulleres foron excluídas do exercicio dos dereitos políticos. ● Ao longo do século XIX, o debate sobre os dereitos da muller foise intensificando. ● A partir de 1860, xurdiu en EE UU, Gran Bretaña e Francia o movemento sufraxista, que loitaba por lograr o recoñecemento do sufraxio feminino. ● Nova Celandia foi o primeiro país en recoñecelo en 1893. En España foi aprobado en 1931 na Constitución da II República.
  • 9. 2 SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E TRANSFORMACIÓNS DEMOGRÁFICAS A partir das décadas de 1860-70 producíronse importantes innovacións técnicas, industriais e empresariais que permiten diferenciar unha segunda revolución industrial. Paralelamente, a poboación aumentou e trasladouse a vivir ás cidades ou emigrou a América.
  • 10. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ● Estendeuse por Europa, América e tamén Xapón. ● Características: ● Novas fontes de enerxía: petróleo e a electricidade. ● Novos sectores industriais: – o siderometalúrxico con novos metais e aliaxes como o aluminio e aceiro. – a industria química que produce novos produtos (colorantes, explosivos, plásticos...) – a industria eléctrica que fabricou gran cantidade de motores, turbinas e aparatos electrodomésticos. – os transportes: invención do motor de explosión, orixe do automóbil e do avión e a electricidade (tranvía, metro...). ● Nova organización do traballo, buscando producir máis no menor tempo posible. Destaca o taylorismo (coa redución dos movementos inútiles dos obreiros nas fábricas) e o fordismo (fabricación en serie en cadeas de montaxe). ● Novas formas de organización empresarial, orixinadas pola necesidade de conseguir grandes recursos financeiros, de dominar os mercados, e o desexo de obter os máximos beneficios. – Sociedades anónimas: cada socio achega capitais mediante a compra de accións da empresa na Bolsa. – Cartel: acordo entre empresas dun mesmo sector polo que se reparten zonas de mercado e fixan os prezos. – Trust: fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova gran empresa que busca controlar un sector de produción. – Holding (grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a maioría das súas accións).
  • 11.
  • 12. A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA ● Cambio do réxime demográfico. No século XIX produciuse un forte descenso da mortalidade, especialmente da infantil, como consecuencia de: incremento da produción de alimentos, dos progresos na medicina, mellora das condicións hixiénicas. Como seguiu manténdose unha elevada natalidade, o resultado foi un forte crecemento da poboación. ● Éxodo rural e crecemento das cidades. O aumento da poboación, a introdución de maquinaria agrícola, que libera man de obra no campo, o aumento do traballo nas fábricas, e Fleming a mellora dos transportes, ocasionaron un transvase masivo de xente dos campos ás cidades (éxodo rural). As cidades experimentan un constante crecemento e unha transformación urbana: ensanches, metro, tranvías,.... ● Emigración transoceánica. O aumento da poboación tamén propiciou unha forte corrente migratoria desde Europa cara ao exterior. Calcúlase que entre 1812 e 1924 saíron 55 millóns de emigrantes europeos que se dirixiron fundamentalmente a América. Entre as causas destacan: desequilibrio entre Tranvía eléctrico poboación e recursos; abaratamento dos transportes; grandes posibilidades dos novos países americanos.
  • 14. 3 EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO Desde 1830, pero de modo máis intenso a partir de 1870, as principais potencias europeas, máis EE UU e Xapón, desenvolveron unha activa política de expansión e dominación política, económica e militar fóra das súas fronteiras (imperialismo), conquistando e ocupando moitos territorios en África, Asia e o Pacífico e transformando eses territorios en colonias de explotación e de poboamento (colonialismo).
  • 15. O REPARTO DO MUNDO ● No século XIX, enormes extensións de territorios de África, Asia e o Pacífico foron conquistados e ocupados por un número reducido de países, destacando o Gran Bretaña e Francia. ● O progresivo avance da colonización orixinou un crecente choque de intereses en África. Para evitar os enfrontamentos, en 1885 os países interesados na colonización reuníronse na Conferencia de Berlín, convocada por Bismarck. Nela acordouse: – Unicamente a posesión da costa daba dereito a colonizar o interior. – Só se tiña dereito sobre un territorio se ocupaba de forma efectiva. – A navegación dos ríos Congo e Níxer sería libre. – O territorio do Congo sería posesión persoal do rei Leopoldo II de Bélxica, coa obriga de manter a liberdade de comercio na zona. ● Estes criterio determinaron unha desenfreada carreira por ocupar territorios antes que os demais.
  • 17. MAPA: REPARTO DE ÁFRICA, ASIA E O PACÍFICO
  • 18. CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL ● Económicas, relacionadas coa expansión da revolución industrial e do capitalismo. A necesidade de territorios que subministrasen materias primas, alimentos e mercados exclusivos onde vender os produtos elaborados polas súas fábricas; e lugares onde investir os capitais acumulados polos seus bancos. ● Políticas, relacionadas co prestixio da nación. Cantas máis colonias tiña, máis poderosos se consideraba un país. ● Demográficas e sociais, para que puidesen asentar nas colonias a poboación que vivían con dificultades na metrópole. ● Ideolóxicas, relacionadas coa crenza na superioridade da raza branca e no seu deber de “levar a civilización” ao resto dos pobos do mundo.
  • 19. CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN ● Positivas para os intereses industriais e comerciais das potencias colonizadoras. ● Negativas para as sociedades dominadas: – guerras de conquista, masacres. – desprezo cultural e étnico por parte dos países colonizadores – alteración das fronteiras tribais e culturais. – materias primas e man de obra explotada brutalmente. – desenvolvemento económico en beneficio exclusivo da metrópole. ● Tamén é certo que os colonizadores levaron os avances técnicos e médicos e as novas correntes ideolóxicas occidentais (liberalismo, socialismo).
  • 20. 4 O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA EN ESPAÑA
  • 21. CONCEPTO A Restauración borbónica foi réxime político existente en España entre 1875 e 1923 vixente no reinado de: ● Alfonso XII (1875-85) ● Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) ● Período constitucional de Alfonso XIII (1902-23) (reinou ata 1931 con España convertida en Ditadura por Primo de Rivera)
  • 22. O REINADO DE ALFONSO XII Tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos que puxo fin a I República, foi restaurada a monarquía con Afonso XII de Borbón (fillo de Isabel II). O seu reinado caracterizouse por: ● A pacificación do reino, derrotando aos carlistas e aos rebeldes de Cuba. ● Abolición dos privilexios forais vascos, en 1876, polo seu apoio ao carlismo, substituídos polas leis comúns e polos concertos económicos na recadación de impostos. ● O asentamento das novas bases políticas baixo a dirección de Antonio Cánovas del Castillo como presidente do goberno, e a aprobación da Constitución conservadora de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora, con amplos poderes do rei (soberanía compartida, nomeamento dos ministros, xefatura do exército, relixión católica como a oficial do Estado). ● O sistema implicaba a necesidade de manipular as eleccións. O rei nomeaba o seu goberno e este convocaba deseguido eleccións a Cánovas del Castillo Cortes, eleccións que debía gañar para ter maioría na Cámara; para facelo recorría ao fraude electoral e ao caciquismo. ● A imposición da lei municipal de 1877 que implantaba o centralismo administrativo e a designación dos alcaldes polo goberno.
  • 23. A REXENCIA DE MARIA CRISTINA DE HABSBURGO En 1885 morreu Afonso XII a causa da tuberculose; a súa viúva estaba embarazada. Os líderes dos partidos maioritarios – Cánovas e Sagasta- decidiron agardar ao nacemento para proclamar o herdeiro. En 1886 naceu Afonso XIII e ata a súa maioría de idade exerceu a rexencia a súa nai. Deste período destaca: ● A consolidación da alternancia no poder e de mutuo acordo (Pacto do Pardo) entre as forzas monárquicas representadas nos dous grandes partidos: o Partido Conservador liderado por Cánovas del Castillo, e o Partido Liberal, progresista, por Sagasta. ● As reformas liberais de Sagasta, coa ampliación de dereitos e liberdades: lei de asociación (1887) que permite a legalización das organizacións obreiras, lei do xurado (1888), Código Civil (1889), e lei do sufraxio universal masculino para os maiores de 25 anos (1890). ● O incremento da Industrialización, na que destacan Cataluña (téxtil e agroalimentaria); Asturias (siderúrxica); País Vasco (Siderurxia, fabricación de explosivos, maquinaria e construción naval). ● O desenvolvemento das organizacións obreiras tanto das socialistas (PSOE UXT fundada en 1888) como das anarquistas (federacións locais). Tamén se producen moitos atentados anarquistas, entre les o asasinato de Cánovas en 1897. ● O desastre de 1898 coa perda de Cuba, Puerto Rico e Filipinas, consecuencia da derrota na guerra contra EE UU. O resto das posesións españolas no Pacífico – as illas Marianas e Carolinas- serían vendidas a Alemaña en 1899. desaparecía así o imperio colonial español. O desastre orixinou unha forte corrente intelectual de crítica ao sistema e aos males do país (rexeneracionismo), destacando o aragonés Xaquín Costa . ● O inicio dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos que en Cataluña, País Vasco e Galicia reivindican o recoñecemento das súas peculiaridades lingüísticas e políticas.
  • 24. O REINADO CONSTITUCIONAL DE ALFONSO XIII Desde a súa maioría de idade en 1902 e ata 1923 reinou Alfonso XIII de acordo cos principios da Constitución de 1876. No balance do seu reinado constitucional apréciase un progresivo deterioro do funcionamento do sistema canovista. En 1923 un golpe de Estado dirixido polo xeneral Primo de Rivera, consentido polo rei, estableceu a ditadura. Durante o reinado destacaron estes aspectos: ● A crise no sistema da Restauración (sistema canovista). ● O aumento da conflitividade social e política. ● O desastre da guerra de Marrocos.
  • 25. 1.- A crise no sistema da Restauración ● As excesivas intervencións do monarca nos asuntos políticos e militares e o incremento do papel do exército na vida pública. ● A progresiva división e disputas internas nos partidos dinásticos que se alternaban no poder. Os novos líderes, entre os que destacaron o conservador Antonio Maura e o liberal Xosé Canalejas, non foron capaces de aglutinar as súas respectivas forzas. A partir de 1917, os gobernos foron moi débiles. ● A crecente contestación política ás bases do sistema das Maura forzas opositoras (socialistas, republicanos, comunistas), tolerando a opinión pública cada vez peor o fraude electoral e o caciquismo. En 1909 formouse a Conxunción republicano- socialista, alianza que permitiu que en 1910 saíse elixido o primeiro deputado socialista, Pablo Iglesias, o fundador do PSOE e da UXT. ● O incremento das reivindicacións dos nacionalismos periféricos encabezados polo PNV (fundado en 1895) e a Liga Rexionalista de Cataluña (fundada en 1901). Canalejas
  • 26. 2.- O aumento da conflitiviade social e política ● O aumento da conflitividade social, provocada pola crecente industrialización e a pobreza de obreiros e xornaleiros. As organizacións de traballadores, socialistas (UXT) e anarquistas (CNT) incrementaron considerablemente o número de afiliados e protagonizaron numerosas folgas que foron duramente reprimidas. En 1921 engádese a creación do Partido Comunista de España. Ademais, seguíronse producidos graves atentados anarquistas (asasinatos dos xefes de goberno: Canalejas (1912) e Dato (1921). ● O desenvolvemento de graves crises políticas e sociais, como a Semana Tráxica de Barcelona en 1909, provocada polo decontento popular que provocou o envío de tropas a Marrocos e a crise xeral de 1917, orixinada pola protesta da oposición política (catalanistas, republicanos e socialistas) que pretendía cambios no sistema e a folga revolucionaria convocada pola UXT e o PSOE co obxectivo de derrocar o réxime vixente que foi duramente esmagada.
  • 27. 3.- O desastre da guerra de Marrocos ● A partir de 1904, España conseguiu o recoñecemento internacional para ocupar o norte de Marrocos. ● As dificultades da conquista foron moi elevadas. Empregáronse fortes continxentes militares que sufriron diversas derrotas. ● A crise máis grave aconteceu en 1921, cando as cabilas rifeñas ao mando de Abd el-Krim derrotaron as tropas españolas dirixidas polo xeneral Silvestre en Annual (Desastre de Annual). A opinión pública e os grupos da oposición esixiron responsabilidades. ● En 1923, ante as crecentes críticas contra a monarquía e o exército, o xeneral Primo de Rivera deu un golpe de Estado que contou co aprobación do rei, poñendo así fin ao réxime da Restauración.
  • 28. 5 A GALICIA DOS CACIQUES
  • 29. GALICIA, TERRA DE CACIQUES Causas que favoreceron o poder dos caciques: ● O atraso socioeconómico galego: o predominio do rural, a dispersión do poboamento, o escaso desenvolvemento económico, a debilidade do Estado en Galicia, favoreceron o caciquismo baseado no intercambio de votos por favores políticos e económicos. ● Unhas poucas e poderosas familias (Montero Ríos, Gasset, Bugallal, González Besada) asociadas aos partidos gobernantes (conservadores e liberais) exercían e controlaban o poder político e os cargos. Montero Ríos
  • 30. A LENTA TRANSFORMACIÓN ECONÓMICA ● A agricultura seguiu sendo a principal fonte de riqueza e na que traballaba a maioría da poboación. Pero o campo galego presentaba graves problemas como o sistema foral e o minifundismo que o incapacitaban para lograr un desenvolvemento capitalista e comercial. ● Ante a pobreza, moitos campesiños, dende 1860, comezan a emigrar a América dende os portos de Vigo e Coruña. Algúns volverán enriquecidos: os indianos. ● A comezos do século XX xurdiu un movemento – o agrarismo -, que reclamaba eliminación dos contratos forais e permitir a conversión dos foreiros en propietarios. A chegada de capitais da emigración permitiu a moitas familias facerse coa propiedade onde traballaban como foreiros e introducir melloras. Basilio Álvarez Líder do agrarismo ● A industrialización foi moi lenta e afectou especialmente ás actividades relacionadas coa pesca. Xurdimento das primeiras conserveiras (Curbera, Massó, Alfageme... ). Tamén tivo importancia a construción naval e a produción hidroeléctrica.
  • 31. A DEBILIDADE DAS FORZAS OPOSITORAS ● O caciquismo, o atraso económico e a escasa industrialización fixeron que as forzas opositoras ao sistema da Restauración fosen moi minoritarias: – O movemento obreiro só tivo importancia nas cidades da Coruña (anarquistas) e Vigo e Ferrol (socialistas). – Os republicanos, vinculados coas clases medias urbanas estaban divididos (federais, progresistas...). tiñan importancia nalgúns núcleos como Pontevedra e A Coruña. – A partir de 1880 xurdiu o movemento rexionalista, que reivindicaba a lingua e a especificidade de Galicia, e que foi evolucionando cara ao nacionalismo.
  • 32. 6 REXIONALISMO E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS EN ESPAÑA Na segunda metade do século XIX xurdiron en Cataluña, País Vasco e Galicia movementos culturais e políticos que reividicaron para os seus territorios unha especificidade diferenciada baseada na lingua e na historia, ademais da creación dun autogoberno
  • 33. O CATALANISMO ● É o movemento cultural e político de defensa dos intereses e particularidades de Cataluña. Presenta unha ampla variedade ideolóxica e organizativa: – O rexionalismo catalán: reivindicaba a recuperación da lingua (Renaixença) e o autogoberno. No 1892 redactaron un proxecto de Prat de la Riba estatuto de autonomía: Cambó Bases de Manresa – O nacionalismo catalán reivindicaba a Cataluña como nación soberana e diferenciada da Española. Destacaron persoaxes como Prat de la Riva, Cambó ou Francisco Macià Macià
  • 34. O NACIONALISMO VASCO O seu desenvolvemento inicial está vinculado á persoa e obra de Sabino Arana. Ante a perda dos privilexios forais e a crecente chegada de inmigrantes para traballar na industria (os maketos), Arana defendeu a independencia de Euskadi e o restablecemento do dereito e costumes vascos. Arana tamén foi o fundador do Partido Nacionalista Vasco (1895). "La fisonomía del bizkaino es inteligente y noble; la del español, inexpresiva y adusta. El bizkaino es de andar apuesto y varonil; el español, o no sabe andar (ejemplo, los quintos) o si es apuesto es tipo femenil (ejemplo, el torero). El bizkaino es nervudo y ágil; el español es flojo y torpe. El bizkaino es inteligente y hábil para toda clase de trabajos; el español es corto de inteligencia y carece de maña para los trabajos más sencillos. Preguntádselo a cualquier contratista de obras y sabréis que un bizcaino hace en igual tiempo tanto como tres maketos juntos. El bizkaino es laborioso (ved labradas sus montañas hasta la cumbre); el español, perezoso y vago (contemplad sus inmensas llanuras desprovistas en absoluto de vegetación). Sabino Arana (...) Oídle hablar a un bizkaino y escuchareis la más eufónica, moral y culta de las lenguas; oidle a un español y si solo le oís rebuznar podéis estar satisfechos, pues el asno no profiere voces indecentes ni blasfemias.” Sabino Arana, "¿Qué somos?"
  • 35. O GALEGUISMO ● É o movemento que reivindica a defensa do galego e o recoñecemento dos intereses de Galicia e do seu autogoberno. ● Os alicerces do galeguismo remóntanse a á década de 1840, cando aparecen as primeiras reivindicacións políticas e culturais como o provincialismo de Antolín Faraldo, o fracaso do pronunciamento de Miguel Solís (1846) e o Rexurdimento, movemento de recuperación da lingua e historias propias onde destacaron intelectuais como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Manuel Murguía...contribuíron a prestixiar a lingua e vincularon o pasado de Vilar Ponte Galicia co celtismo. ● A partir da década de 1880, as teorías de Murguía e Alfredo Brañas sentaron as bases do rexionalismo galego, defendendo a descentralización, a autonomía de Galicia e a defensa do galego. Tamén se fundaron as primeiras organizacións galeguistas: Liga Galega, Real Academia Galega... ● A partir de 1916, coa fundación das Irmandades da Fala na Coruña e os escritos de Antón Vilar Ponte e Vicente Risco, desenvolveuse o nacionalismo galego, afirmando que Galicia é unha nación diferenciada pola súa lingua (o galego), a súa xeografía e o seu espírito (a alma galega). Na difusión do ideario destacou a revista Nós (1920), Vicente Risco así como o Seminario de Estudios Galegos (1923); en torno a eles, numerosos intelectuais conformaron a xeración Nós, que traballaron sobre todos os aspectos que configuraban a realidade galega.
  • 37. IMPRESIONISMO ● Xurdiu en París na década de 1860-70. ● A pintura é a arte que mellor o representa. ● O protagonismo dos cadros impresionistas é a cor, mediante machas e xogos de luces e sombras. ● Predominan as cores claras e a pincelada pequena. ● Gustaban de pintar ao aire libre. ● Os artistas queren captar a impresión que os obxectos provocan na nosa retina cando a luz incide sobre eles. ● Destacaron os seguintes pintores: Monet, Pisarro, Renoir e Degas (Francia. En España: Sorolla.
  • 38. MONET Impresión, sol nacente Catedral de Rouen PISARRO RENOIR Tellados vermellos Le moulin de la Galette
  • 39. DEGAS Clase de Baile O ensaio SOROLLA Nenos na praia Paseo pola praia
  • 40. POSTIMPRESIONISMO CEZANNE (1839-1906) ● Precursor do cubismo. ● Nos cadros busca representar formas xeométricas da natureza. ● Pinta perspectivas en primeiro plano. Os xogadores de cartas O golfo de Marsella
  • 41. POSTIMPRESIONISMO GAUGUIN (1848-1903) ● Precursor do surrealismo e do primitivismo. ● Nos seus lenzos plasma a imaxinación e as sensacións da mente do artista. ● Gusto polos temas exóticos. ● Emprego de cores vivas. Mulleres tahitianas Cristo amarelo
  • 42. POSTIMPRESIONISMO VAN GOGH (1853-1890) ● A súa pintura é un reflexo da súa vida/enfermidade. ● Pinceladas moi grosas. ● Forte movemento. ● Cores fortes e planos. ● Inicia a estética do expresionismo e do fauvismo Noite estrelada A habitación de Vicent en Arlés Os xirasoles
  • 43. FIN