SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  8
Télécharger pour lire hors ligne
“Os itinerarios de inserción e
integración socio-laboral como
alternativa nun momento de crise
económica”
Santiago González Avión
Director de EAPN-Galicia



Limiar: Perdemos a búxola
O contexto de crise non modificou en absoluto as intuicións
fundamentais en que se baseaban as metodoloxías de inserción socio-
laboral que viñamos poñendo en práctica desde o Terceiro Secor de
Acción Social. Nin tampouco as metodoloxías vinculadas, de forma
básica, con esas intuicións.
Como queira que todas as que estamos aquí coñecemos ben ambas
cuestións (as intuicións e as metodoloxías), non centrarei a miña
intervención no obvio -a metodoloxía dos itinerarios-, senón nas
cuestións que suscita a crise arredor dos nosos proxectos, que en
último termo son a consecución dunha sociedade máis xusta e máis
humana.
Precisamente, a miña primeira reflexión xira arredor da utopía e das
súas mediacións concretas. Cando estabamos en plena expansión do
emprego, e xa superamos os 20 millóns de ocupados, quen daquela era o
meu colega de Andalucía, Humberto García, na actualidade subdirector
de desenvolvemento organizativo da Fundación Secretariado Gitano,
propúxome a cuestión de forma descarnada: “en que sociedade estamos
insertando á xente?, nunha na que o sentido da vida é o consumo? na
que o sentido do traballo é gañar diñeiro? unha sociedade que está
a consumir no presente os recursos das xeracións vindeiras?” Estas
preguntas ecoan hoxe con moita máis fondura, toda vez que é evidente
que o benestar da primeira década do século XXI foi construído non só
hipotecando os recursos naturais que lles corresponden ás xeracións
por vir1, senón que tamén estabamos hipotecando a vivenda, o automóvil
e outros produtos de consumo que, se ben responden a necesidades
obxectivas, a forma de cubrir esas necesidades, fixeron que o consumo
privado fose o gran mecanismo xerador da débeda privada que ameaza
comerse o conxunto do erario público e a que queríamos que fose
a “sociedade do benestar”.
Convén non perdelo de vista para non seguir culpando ao goberno de

1Cuestión que aínda hai que se atreve a negar. Sobre o negacionismo, especialmente no tocante ao
cambio climático, hai abundante bibliografía. Para un planeamento da cuestión de longo percorrido cf.
Los límites del crecimiento, 30 años después, Círculo de lectores, Barcelona 2009.


                                                   1
cuestións das que os primeiros responsables foron os bancos e os
reguladores financeiros, pero dos que os segundos fomos o conxunto
da cidadanía, que dunha forma maioritaria prefire transferir esa
responsabilidade en exclusiva ao ricos, aos especuladores ou, a
maioría sociolóxica, ao goberno de Zapatero.
Daquela, a miña resposta ao cuestionamento foi que cada quen ten que
ser dono do seu proceso, que nas nosas mans está crear oportunidades,
pero que o sentido quen o crea é cada quen. Contra o que Humberto
retrucou que tamén as organizacións sociais crean propostas de
sentido, que as metodoloxías e as formas de actuación tamén soportan e
transmiten valores, e que éstes non son puramente crenzas individuais,
senón construccións sociais.
Coido que para falar de itinerarios, convén reter este debate como
marco e como cuestionamento permanente do que estamos a facer e do que
queremos conseguir.


Os colectivos con dificultades
Desde EAPN, o mesmo que desde Cáritas e desde outras instancias,
viñamos insistindo na necesidade de aproveitar os tempos de
bonanza económica para xerar un sistema de protección social moito
menos “familista” do que viña sendo tradicional. Cómpre aclarar
que   “familista”   significa   baseado   na   solidariedade  “mecánica”
das    familias   (na    tradicional    diferencia   durkheniana   entre
solidariedade “mecánica” comunitaria e solidariedade “orgánica” -
organizada- societaria). Pero a realidade foi outra. Os tempos de
expansión fixeron máis fráxiles ás familias, tanto desde o punto
de vista da súa estrutura financeira como desde a estrutura das
relacións, pero os niveis de protección, nomeadamente das familias
e da infancia, lonxe de converxer, situaronse na cola da Europa dos
15, e en postos preocupantes da Europa dos 25. A cambio, a expansión
económica creou unha expansión inaudita do emprego na sociedade
española, e con ela, os itinerarios de inserción foron subsidiarios da
capacidade de absorción do propio mercado.
En certa forma, lonxe dos procesos de longa duración que aparecían nos
nosos manuais, estabamos a vivir en procesos de moi corto percorrido,
que eran retroalimentados cos períodos de desemprego. Estes servían
para coller folgos e proxectar novas experiencias de éxito. En
ocasións, estas experiencias eran acompañadas. Pero moita xente en
situación de vulnerabilidade social aprendeu rapidamente os mecanismos
do mercado de traballo expansivo e tiveron un rápido éxito.
Agora as cousas cambiaron considerablemente. As cifras son as
seguintes: pasamos de ter máis de 21 millóns de ocupados en 2007,
antes da creba de Lehman Brothers a ter pouco máis de 18 millóns.
Hai, daquela, tres millóns cumpridos de persoas que traballaban e
non están a traballar. Debemos ser conscientes de que houbo saídas
do mercado de traballo (xubilacións, retorno de inmigrantes), pero
tamén incorporacións. E que algunhas destas foron exitosas, polo que a
distancia entre os datos de 2007 e os de 2011 é maior que a expresada
linealmente. En calquera caso, tres millóns é un datos firme. O
segundo dato importante é que daquela querían traballar e non podían


                                   2
pouco máis dun millón e medio de persoas (que xa era bastante, pero
que constituía a taxa menor da nosa historia laboral moderna); agora
son cinco millóns as persoas que queren traballar e non poden. Son o
millón e medio que xa estaba en paro, os tres millóns que ficaron sen
traballo e outro medio millón que trata de incorporarse para compensar
a perda de capacidade adquisitiva procedente do desemprego e a falta
de protección social.
Para completar o panorama temos que mentar que, a pesar dos agudos
procesos de retorno de certos países, especialmente os de economías
emerxentes que están resultando exitosos no medio da crise; a pesar do
freo do efecto reclamo e dos maiores controis nas fronteiras, xunto
coas campañas de disuasión en orixe, hai unha cantidade importante
de inmigrantes que viñeron para contribuír á expansión económica
nos tempos das vacas gordas e que ficaron atrapados nos tempos das
vacas fracas, que ven como minguan os seus dereitos e os servizos
que reciben, e como son culpabilizados da falta de traballo e da
precariedade dos recursos públicos, cando seguen a formar parte do
que Marx chamaba “o exército de reserva” do capitalismo, e cando a
nosa estratexia reprodutiva (no dobre sentido biolóxico e sociolóxico)
depende deles.
A outra reflexión importante, para atender á cuestión dos itinerarios
que propopemos, e das utopías que percisamos, é a cantidade de fogares
con todos os seus membros en situación de desemprego. Xa na anterior
crise do emprego, a correspondente aos anos 1992-93, o padrón máis
resistente ao cambio da tendencia ocupacional foi o número de fogares
con todos os seus membros en desemprego. Tardouse un lustro en
estabilizar a cifra claramente por baixo do millón de fogares.
Daquela eramos unha sociedade con moitas menos persoas ocupadas:
chegamos a baixar dos doce millóns de persoas. Só que a capacidade de
crecemento da economía e do emprego estaba no marco de estabilidade da
que nos dotaramos, e que se trataba dunha sociedade financeiramente
saneada. Agora, cunha taxa de ocupación maior, non podemos tirar do
endebedamento público (e privado) para crear emprego con comodidade,
porque, como dixen, temos o futuro hipotecado.
Pero imos á cuestión dos fogares en relación coas oportunidades de
emprego. Unha sociedade familista sitúa a responsabilidade de atopar
emprego, mesmo na Administración Pública ou nas grandes empresas, no
marco das estratexias familiares. Por iso, é no emprego onde máis se
nota o “efecto Mateo” (Mt 13, 12): a quen ten, daráselle; pero a quen
non ten, mesmo o que ten váiselle quitar. O número de familias nesta
situación é de 1.425.200 (un 10,28% do total).

Desde o meu punto de vista, o reto dos itinerarios de inserción socio-
laboral céntranse neste colectivo (que, no mellor dos casos ronda
os tres millóns de persoas). E non nos que acumulan maior extensión
da pobreza, que son os maiores e os menores, por ese orde. É máis,
a nosa hipótese é que son os menores que residen neses fogares,
porcentualmente sobrerrepresentados sobre o conxunto dos menores,
os que acumulan maior risco presente e futuro, polo que cómpre
reflexionar fondamente se queremos quebrar o círculo da reprodución
interxeneracional da pobreza.



                                  3
Inserción socio-laboral
Agora estamos en disposición de entender o que significa o proceso
de inserción socio-laboral desde o punto de vista actual. Coido que
todas comprendemos a diferenza entre a inclusión social e a inserción
laboral. Mentres que a primeira fala de forma ampla de participación
na sociedade (saúde, educación, vivenda, emprego, cultura e relacións
sociais, ademais de niveis de renda aceptables e de dereitos de
cidadanía) a segunda fala de permanencia activa no mercado laboral
durante un período prolongado de tempo (en ningún caso inferior aos
seis meses continuados (durante un ano) ou un ano discontinuado nun
prazo de dous anos.
Falamos de inserción socio-laboral porque as principais dificultades
(que non teñen orixe idiosicrático) para lograr a inserción laboral
son de índole social. Daquela, unha intervención exclusiva no
ámbito laboral (orientación, intermediación, seguimento no emprego)
non é efectiva cando o déficit é anterior. E non só de carácter
formativo, nin no ámbito da experiencia, cuestións ambas que poden
ser acompasadas coas intervencións clásicas no emprego, senón cando
faltan habilidades básicas e habilidades sociais (tantas veces
confundidas popularmente), relacións sociais e familiares , cando non
hai referencias no contorno, cando os mercados de traballo non son
accesibles, porque existen barreiras físicas, sociais ou culturais...
Neses casos, enfrontamos a necesidade de realizar unha intervención
social que rache todas esas barreiras de forma holística e tamén de
forma individualizada.


Os itinerarios
Agora é cando podemos dicir unha palabra sobre os itinerarios. O
cambio de contexto e as problemáticas sociais que afrontamos deben
levarnos a complementar o que xa viñamos facendo con tres elementos
metodolóxicos que son máis elementos previos do que instrumentos
de traballo. Trátase de tomar en conta a necesidade de crear lazos
sociais, en todos os sentidos; de considerar os factores legais
e culturais que actúan sobre as minorías e os seus niveis de
expectativas sobre a sociedade no seu conxunto e sobre o mercado
laboral en particular; e de activar todos aqueles recursos de
capacitación que están implícitos ou explícitos, patentes ou latentes
tanto no currículo como na carreira profesional das persoas que sofren
a exclusión do mercado de traballo.
As dúas primeiras afirmacións poden agruparse nun convencemento:
cómpre relacionar os itinerarios individualizados de inserción coa
lóxica comunitaria. Ora ben, se con anterioridade fixemos referencia
á necesidade dunha solidariedade orgánica como substitución da
solidariedade mecánica, estamos incorrendo en contradiccións? Entendo
que non. As sociedades modernas precisan de lazos comunitarios. Pero
eses lazos non deben ser exclusivamente identitarios (e polo tanto,
construídos socialmente desde unha solidariedade mecánica).
Por iso, a primeira dimensión do desta proposta que enlaza o


                                  4
individual co comunitario consiste en crear lazos o máis amplos
posible. Trátase de incrementar o número de relacións sociais actuais
e, mediante a onda expansiva das mesmas, as relacións interpersoais
posibles para o futuro. A principal característica que definía
ás sociedades postmodernas (nas visións de J.-F. Lyotard e de G.
Vattimo) era a posibilidade de acceso universal e democrático á
información. Esa posibilidade existe na teoría na actualidade. Pero
as persoas que sofren exclusión social non poden facer real, actual,
ese acceso á información. E non só por mor da fenda dixital, que é
unha das formas máis preocupantes de desigualdade nas sociedades
postindustriais. Sobre todo, é unha consecuencia da falta de
significado da información. Son os contextos vitais os que dan
significado á información. E eses contextos vitais están condicionados
polos contextos socio-culturais e polas relacións interpersoais.
Dito de outra maneira, os significantes que non nacen das relacións
inmediatas, comunitarias e presenciais, poden chegar a aparecer coa
persenza de persoas alleas a ese contexto que vitalmente se fan
significativas. Por tanto, crear enlaces (virtuiais e reais) é unha
versión postmoderna da pretensión do raposo (no libro Le Petit Prince)
de crear lazos.

A segunda dimensión á que aludía trata de evitar a fenda social creada
pola dobre dimensión da pertenza e a exclusión. Esta cuestión ten
a maior relevancia nas sociedades complexas, ata o punto de que os
observadores máis agudos da realidade mundial entenden que é un reto
que está presente a nivel local pero que determina tamén a dialéctica
da convivencia a nivel mundial. As persoas que carecen de pertenza
algunha e que fican abandoadas á súa sorte nas sociedades complexas,
están máis desasistidas que as pertencentes a contornos comunitarios
ben definidos. Estes últimos colectivos evitan a anomia. Pero, mentres
que as persoas sen un fogar simbólico (e moitas veces sen fogar
real), entran en procesos de degradación e de forte marxinalidade
ou acaban acolléndose aos “fogares artificiais” que lles ofrecemos,
e onde fan itinerarios completos que son a un tempo formativos e
simbólicos, de capacitación laboral e de aprendizaxe da cidadanía, os
colectivos con identidades fortes e con trazos de exclusión social
apostan por discursos maniqueos nos que son eles son os (únicos)
esquecidos da historia, de forma inxusta. E a súa promoción social
coincide coa liberación dos valores e das formas de organización
da sociedade occidental. Estes grupos sitúanse no extremo oposto á
anomia: rexen dentro deles unhas leis fortes e inexorables, que van
desde o control da actividade propia ao control social de todas as
persoas relacionadas de forma familiar ou comunitaria con ese núcleo
de organización. Realizar itinerarios pasa por rachar a exclusividade
das relacións intragrupais. Non se trata de rachar a lóxica da
solidariedade paritaria entre as persoas que máis sofren na sociedade.
Trátase de evitar discursos e prácticas sociais conducentes á creación
de ghettos, que funcionan como bombas de reloxería desde o punto de
vista da inclusión social.

Por último, e isto enlaza co corazón da estratexia Europa 2020, hai
que activar todas as capacidades das persoas arredor de procesos de


                                  5
capacitación. E hai que considerar que cando falamos de capacitación
estamos a falar de formación ou de educación (máis do segundo que
simplemente do primeiro). Só que o facemos desde o dobre punto
de vista do empoderamento (“somos capaces”, “podemos!”) e do
desenvolvemento das capacidades. O elemento que resulta irrenunciable
cando falamos de itinerarios de inclusión é a “pedagoxía do oprimido”,
como expresión da pedagoxía da liberación de Paulo Freire: non
hai persoas - problema e persoas - solución. Mentres a prática da
formación e da capacitación estea presa desa óptica, o que faremos
será reproducir un esquema no que o saber é unha forma de ter ou de
poder, que cando se difunde, pérdese. A óptica correcta é que as
persoas teñen en si as capacidades para resolver os seus problemas.
Só fai falta que aprendan a ler a súa realidade de forma correcta e
a darlle as respostas acordes con esas capacidades. So que, e isto
continúa formando parte da pedagoxía irrenunciable de Freire, “ninguén
aprende só; ninguén aprende de outro: aprendemos xuntos”.
Non quero determe moito máis neste punto, pero cómpre relacionar
esta cuestión de fondo co que as metodoloxías de inserción socio-
laboral de matriz norteamericana denominan carreira profesional
ou, simplemente, carreira. Este concepto, que dista moito do noso
académico, fai referencia ao conxunto de actividades e de capacidades
que desenvolve unha persoa ao longo da súa vida. No momento actual
é de vital importancia que as carreiras sexan consideradas en toda
a súa amplitude, tanto no que teñan de concentradas arredor de
poucas capacidades e competencias profesionais, como no que teñan de
dispersas. Se non somos quen de manexar coherentemente este concepto
de carreira, as opcións básicas das que falaba no párrafo anterior
corren o risco de ficar na sombra.



Algúns elementos facilitadores
Agora estamos en disposición de atender aos elementos facilitadores
que considero claves neste momento, a diferenza dos caraterísticos
do anterior período expansivo, que son a formación, as prácticas en
empresas e as empresas de inserción.

- Formación
A formación, entendida como un momento particular dentro dun proceso
educativo   máis  amplo   que  denominei  “capacitación”,  constitúe
un momento moi importante na activación e no recoñecemento das
capacidades. Na súa activación, porque debe despertar capacidades
que estaban latentes pero que aínda non atoparan un canle polo que
discorrer. No seu recoñecemento, porque moitas veces as capacidades
existen pero non se poden acreditar, polo que, a falta de outras
modalidades de recoñecemento, pode ser oportuno acudir a modalidades
máis ou menos formais de ensino e aprendizaxe. Modalidades que, ás
veces, tamén serven para sistematizar os saberes e para reforzar as
destrezas.
Por suposto, hai actividades que son calificadas como informais
ou non-formais que son perfectamente formativas desde o punto de


                                  6
vista que estamos a empregar. Mentres que outras, que teñen plena
validez e recoñecemento, por veces carecen dos mínimos para despertar
e sistematizar as capacidades das persoas. Isto non é un alegato
en contra dos actuais sistemas. Pero, en xeral, teñen a pexa dun
forte peso de elementos burocrático-administrativos, mentres que a
capacidade de adaptación (ás persoas e aos mercados) é claramente
menor.

- Prácticas en empresas
As prácticas en empresas é unha modalidade que xa se viña empregando
e que recupera o espírito dos aprendizes doutrora. Aínda que moitas
veces non dan como resultado inmediato a contratación (e menos aínda a
inserción laboral) teñen a virtude de axudar a crear lazos plurais con
persoas e con organizacións que a persoa, noutro contexto, non sempre
podería lograr (e, por veces, non pode nin soñar). Ademais de poñer ás
persoas en contacto con outras culturas sociais e profesionais.

- Empresas de inserción
Por último están as empresas de inserción. Sendo a temática da xornada
que nos ocupa, e non sendo eu un experto na materia, renuncio a
afondar nelas. Só dicir que a situación actual non permite que certos
sectores sociais poidan sequera soñar cunha inserción laboral de curto
percorrido. E que as cláusulas sociais na contratación pública antes
chegan a colectivo doados de definir desde o punto de vista legal
e da igualdade de oportunidades (vítimas de violencia, persoas con
discapacidade) que non ao conxunto das persoas, familias e colectivos
sociais máis afastados do emprego. Para rachar o dobre círculo da
descualificación procedente de carreiras profesionais truncadas ou nin
sequera iniciadas, e do illamento social, as empresas de inserción
constitúen unha ferramenta de primeiro orde para lograr a habilitación
e capacitación.
Por suposto, non se trata de substituír ás outras ferramentas e aos
outros elementos que integran os itinerarios de inserción laboral. Se
así fose, e non houbese procesos fortes de orientación laboral e de
acompañamento de cara ao emprego, estaríamos ante un atallo, non ante
un método. Pero cando os problemas arrecian e o mercado normalizado de
traballo non só non vai facer de provisor deses ben escaso, senón que
mantén á marxe a unha cantidade demasiado importante de persoas, as
empresas de inserción son un mecanismo máis para dar permeabilidade ao
mercado e oportunidades ás persoas.



Conclusión: a irrupción da utopía
Falaba da utopía ao comezar. Quero referirme a ela para rematar. Cando
o soño do paraíso na terra que representaba o comunismo soviético se
esfarelou, comezou a desaparecer a principal utopía laica do século
XX, coas súas virtudes e os seus defectos.
Naquel intre, fronte aos predicadores do fin da historia, quen
reivindicaba a vixencia da utopía comezou a falar de que ésta, nas
condicións actuais, non podemos contar con que irrompa de forma xeral


                                  7
para todo o mundo (no sentido estricto e non figurado do termo).
Daquela, ao que podemos e debemos aspirar e a realizar xestos que
indiquen o camiño da igualdade e da xustiza.
O traballo en itinerarios de inserción socio-laboral, coas súas
limitacións certamente pesadas, é unha das formas actuais de facer
presente, de forma incipiente, fráxil e sinxela, esa utopía á que
aspiramos.




                                8

Contenu connexe

Tendances

Tendances (7)

60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Elecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaElecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En Marea
 
10 marzo manifiesto
10 marzo manifiesto10 marzo manifiesto
10 marzo manifiesto
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Ocaso da inclusión social
Ocaso da inclusión socialOcaso da inclusión social
Ocaso da inclusión social
 

En vedette

Corporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gestiCorporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gestimarcelajpf
 
Embassy suites powerpoint
Embassy suites powerpointEmbassy suites powerpoint
Embassy suites powerpointrnnix
 
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gestiCorporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gestimarcelajpf
 
Hallin et al. (2016) - FINAL
Hallin et al. (2016) - FINALHallin et al. (2016) - FINAL
Hallin et al. (2016) - FINALJohanna Hallin
 
Recibimos a los chicos del hombre nuevo 1º parte
Recibimos a los chicos del hombre nuevo  1º parteRecibimos a los chicos del hombre nuevo  1º parte
Recibimos a los chicos del hombre nuevo 1º partemel_videla
 
Malware
MalwareMalware
Malwareluniso
 
El plagio en internet
El plagio en internetEl plagio en internet
El plagio en internetIUTAC BARINAS
 

En vedette (14)

LIVRO - MODELAGEM DE SISTEMAS
LIVRO - MODELAGEM DE SISTEMASLIVRO - MODELAGEM DE SISTEMAS
LIVRO - MODELAGEM DE SISTEMAS
 
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gestiCorporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
 
Unit 2
Unit 2  Unit 2
Unit 2
 
En madrid..
En madrid..En madrid..
En madrid..
 
Embassy suites powerpoint
Embassy suites powerpointEmbassy suites powerpoint
Embassy suites powerpoint
 
Estrategias
EstrategiasEstrategias
Estrategias
 
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gestiCorporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
Corporacion universitaria minuto_de_dios_gesti
 
Hallin et al. (2016) - FINAL
Hallin et al. (2016) - FINALHallin et al. (2016) - FINAL
Hallin et al. (2016) - FINAL
 
Clases de Habitad
 Clases de Habitad Clases de Habitad
Clases de Habitad
 
Recibimos a los chicos del hombre nuevo 1º parte
Recibimos a los chicos del hombre nuevo  1º parteRecibimos a los chicos del hombre nuevo  1º parte
Recibimos a los chicos del hombre nuevo 1º parte
 
Masthead analysis
Masthead analysisMasthead analysis
Masthead analysis
 
Malware
MalwareMalware
Malware
 
Cocodrilos
CocodrilosCocodrilos
Cocodrilos
 
El plagio en internet
El plagio en internetEl plagio en internet
El plagio en internet
 

Similaire à Os itinerarios de inserción socio laboral

Galiciasindial11
Galiciasindial11Galiciasindial11
Galiciasindial11oscargaliza
 
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaEstamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaSantiago González Avión
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anososcargaliza
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Xornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosXornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosloaira
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010oscargaliza
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corCgt Correos A Coruña
 
Globalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxGlobalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxmackerel100
 
Lois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez CabanaLois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez Cabanaecursocig
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010oscargaliza
 
Manifesto galicia 8 de marzo
Manifesto galicia 8 de marzoManifesto galicia 8 de marzo
Manifesto galicia 8 de marzooscargaliza
 
Presentacion prosadi
Presentacion prosadiPresentacion prosadi
Presentacion prosadioscargaliza
 
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...ousli07
 

Similaire à Os itinerarios de inserción socio laboral (20)

Galiciasindial11
Galiciasindial11Galiciasindial11
Galiciasindial11
 
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaEstamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anos
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
25º domingo toc 2013 bene pagola
25º domingo toc 2013  bene pagola25º domingo toc 2013  bene pagola
25º domingo toc 2013 bene pagola
 
Xornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosXornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegos
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
 
Globalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxGlobalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correx
 
Lois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez CabanaLois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez Cabana
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010
 
Manifesto galicia 8 de marzo
Manifesto galicia 8 de marzoManifesto galicia 8 de marzo
Manifesto galicia 8 de marzo
 
Impulso 40
Impulso 40Impulso 40
Impulso 40
 
Presentacion prosadi
Presentacion prosadiPresentacion prosadi
Presentacion prosadi
 
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
 

Plus de Santiago González Avión

Diversidades emigración - dereitos e deberes
Diversidades   emigración - dereitos e deberesDiversidades   emigración - dereitos e deberes
Diversidades emigración - dereitos e deberesSantiago González Avión
 
Intervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasIntervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasSantiago González Avión
 
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoInclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoSantiago González Avión
 
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo   una experienciaMediación y acompañamiento educativo   una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo una experienciaSantiago González Avión
 

Plus de Santiago González Avión (20)

Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Presentacion Eliana Mendoza
Presentacion Eliana MendozaPresentacion Eliana Mendoza
Presentacion Eliana Mendoza
 
Presentacion elaine catoira 2019
Presentacion elaine catoira 2019Presentacion elaine catoira 2019
Presentacion elaine catoira 2019
 
Unha aposta pola diversidade
Unha aposta pola diversidadeUnha aposta pola diversidade
Unha aposta pola diversidade
 
Neeli
NeeliNeeli
Neeli
 
Unha vida mellor
Unha vida mellorUnha vida mellor
Unha vida mellor
 
Aprender a convivir
Aprender a convivirAprender a convivir
Aprender a convivir
 
Inclusion social muller inmigrante
Inclusion social muller inmigranteInclusion social muller inmigrante
Inclusion social muller inmigrante
 
Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017
 
Diversidades emigración - dereitos e deberes
Diversidades   emigración - dereitos e deberesDiversidades   emigración - dereitos e deberes
Diversidades emigración - dereitos e deberes
 
Contexto de exclusión social en Galicia
Contexto de exclusión social en GaliciaContexto de exclusión social en Galicia
Contexto de exclusión social en Galicia
 
Pobreza infantil-transmisión-da-pobreza
Pobreza infantil-transmisión-da-pobrezaPobreza infantil-transmisión-da-pobreza
Pobreza infantil-transmisión-da-pobreza
 
Intervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasIntervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanas
 
Que sabemos da comunidade xitana
Que sabemos da comunidade xitanaQue sabemos da comunidade xitana
Que sabemos da comunidade xitana
 
Certificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidadeCertificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidade
 
O plan comunitario do casco vello de vigo
O plan comunitario do casco vello de vigoO plan comunitario do casco vello de vigo
O plan comunitario do casco vello de vigo
 
Reconversión comercio ambulante
Reconversión comercio ambulanteReconversión comercio ambulante
Reconversión comercio ambulante
 
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoInclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
 
Mediación e acompañamento
Mediación e acompañamentoMediación e acompañamento
Mediación e acompañamento
 
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo   una experienciaMediación y acompañamiento educativo   una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
 

Os itinerarios de inserción socio laboral

  • 1. “Os itinerarios de inserción e integración socio-laboral como alternativa nun momento de crise económica” Santiago González Avión Director de EAPN-Galicia Limiar: Perdemos a búxola O contexto de crise non modificou en absoluto as intuicións fundamentais en que se baseaban as metodoloxías de inserción socio- laboral que viñamos poñendo en práctica desde o Terceiro Secor de Acción Social. Nin tampouco as metodoloxías vinculadas, de forma básica, con esas intuicións. Como queira que todas as que estamos aquí coñecemos ben ambas cuestións (as intuicións e as metodoloxías), non centrarei a miña intervención no obvio -a metodoloxía dos itinerarios-, senón nas cuestións que suscita a crise arredor dos nosos proxectos, que en último termo son a consecución dunha sociedade máis xusta e máis humana. Precisamente, a miña primeira reflexión xira arredor da utopía e das súas mediacións concretas. Cando estabamos en plena expansión do emprego, e xa superamos os 20 millóns de ocupados, quen daquela era o meu colega de Andalucía, Humberto García, na actualidade subdirector de desenvolvemento organizativo da Fundación Secretariado Gitano, propúxome a cuestión de forma descarnada: “en que sociedade estamos insertando á xente?, nunha na que o sentido da vida é o consumo? na que o sentido do traballo é gañar diñeiro? unha sociedade que está a consumir no presente os recursos das xeracións vindeiras?” Estas preguntas ecoan hoxe con moita máis fondura, toda vez que é evidente que o benestar da primeira década do século XXI foi construído non só hipotecando os recursos naturais que lles corresponden ás xeracións por vir1, senón que tamén estabamos hipotecando a vivenda, o automóvil e outros produtos de consumo que, se ben responden a necesidades obxectivas, a forma de cubrir esas necesidades, fixeron que o consumo privado fose o gran mecanismo xerador da débeda privada que ameaza comerse o conxunto do erario público e a que queríamos que fose a “sociedade do benestar”. Convén non perdelo de vista para non seguir culpando ao goberno de 1Cuestión que aínda hai que se atreve a negar. Sobre o negacionismo, especialmente no tocante ao cambio climático, hai abundante bibliografía. Para un planeamento da cuestión de longo percorrido cf. Los límites del crecimiento, 30 años después, Círculo de lectores, Barcelona 2009. 1
  • 2. cuestións das que os primeiros responsables foron os bancos e os reguladores financeiros, pero dos que os segundos fomos o conxunto da cidadanía, que dunha forma maioritaria prefire transferir esa responsabilidade en exclusiva ao ricos, aos especuladores ou, a maioría sociolóxica, ao goberno de Zapatero. Daquela, a miña resposta ao cuestionamento foi que cada quen ten que ser dono do seu proceso, que nas nosas mans está crear oportunidades, pero que o sentido quen o crea é cada quen. Contra o que Humberto retrucou que tamén as organizacións sociais crean propostas de sentido, que as metodoloxías e as formas de actuación tamén soportan e transmiten valores, e que éstes non son puramente crenzas individuais, senón construccións sociais. Coido que para falar de itinerarios, convén reter este debate como marco e como cuestionamento permanente do que estamos a facer e do que queremos conseguir. Os colectivos con dificultades Desde EAPN, o mesmo que desde Cáritas e desde outras instancias, viñamos insistindo na necesidade de aproveitar os tempos de bonanza económica para xerar un sistema de protección social moito menos “familista” do que viña sendo tradicional. Cómpre aclarar que “familista” significa baseado na solidariedade “mecánica” das familias (na tradicional diferencia durkheniana entre solidariedade “mecánica” comunitaria e solidariedade “orgánica” - organizada- societaria). Pero a realidade foi outra. Os tempos de expansión fixeron máis fráxiles ás familias, tanto desde o punto de vista da súa estrutura financeira como desde a estrutura das relacións, pero os niveis de protección, nomeadamente das familias e da infancia, lonxe de converxer, situaronse na cola da Europa dos 15, e en postos preocupantes da Europa dos 25. A cambio, a expansión económica creou unha expansión inaudita do emprego na sociedade española, e con ela, os itinerarios de inserción foron subsidiarios da capacidade de absorción do propio mercado. En certa forma, lonxe dos procesos de longa duración que aparecían nos nosos manuais, estabamos a vivir en procesos de moi corto percorrido, que eran retroalimentados cos períodos de desemprego. Estes servían para coller folgos e proxectar novas experiencias de éxito. En ocasións, estas experiencias eran acompañadas. Pero moita xente en situación de vulnerabilidade social aprendeu rapidamente os mecanismos do mercado de traballo expansivo e tiveron un rápido éxito. Agora as cousas cambiaron considerablemente. As cifras son as seguintes: pasamos de ter máis de 21 millóns de ocupados en 2007, antes da creba de Lehman Brothers a ter pouco máis de 18 millóns. Hai, daquela, tres millóns cumpridos de persoas que traballaban e non están a traballar. Debemos ser conscientes de que houbo saídas do mercado de traballo (xubilacións, retorno de inmigrantes), pero tamén incorporacións. E que algunhas destas foron exitosas, polo que a distancia entre os datos de 2007 e os de 2011 é maior que a expresada linealmente. En calquera caso, tres millóns é un datos firme. O segundo dato importante é que daquela querían traballar e non podían 2
  • 3. pouco máis dun millón e medio de persoas (que xa era bastante, pero que constituía a taxa menor da nosa historia laboral moderna); agora son cinco millóns as persoas que queren traballar e non poden. Son o millón e medio que xa estaba en paro, os tres millóns que ficaron sen traballo e outro medio millón que trata de incorporarse para compensar a perda de capacidade adquisitiva procedente do desemprego e a falta de protección social. Para completar o panorama temos que mentar que, a pesar dos agudos procesos de retorno de certos países, especialmente os de economías emerxentes que están resultando exitosos no medio da crise; a pesar do freo do efecto reclamo e dos maiores controis nas fronteiras, xunto coas campañas de disuasión en orixe, hai unha cantidade importante de inmigrantes que viñeron para contribuír á expansión económica nos tempos das vacas gordas e que ficaron atrapados nos tempos das vacas fracas, que ven como minguan os seus dereitos e os servizos que reciben, e como son culpabilizados da falta de traballo e da precariedade dos recursos públicos, cando seguen a formar parte do que Marx chamaba “o exército de reserva” do capitalismo, e cando a nosa estratexia reprodutiva (no dobre sentido biolóxico e sociolóxico) depende deles. A outra reflexión importante, para atender á cuestión dos itinerarios que propopemos, e das utopías que percisamos, é a cantidade de fogares con todos os seus membros en situación de desemprego. Xa na anterior crise do emprego, a correspondente aos anos 1992-93, o padrón máis resistente ao cambio da tendencia ocupacional foi o número de fogares con todos os seus membros en desemprego. Tardouse un lustro en estabilizar a cifra claramente por baixo do millón de fogares. Daquela eramos unha sociedade con moitas menos persoas ocupadas: chegamos a baixar dos doce millóns de persoas. Só que a capacidade de crecemento da economía e do emprego estaba no marco de estabilidade da que nos dotaramos, e que se trataba dunha sociedade financeiramente saneada. Agora, cunha taxa de ocupación maior, non podemos tirar do endebedamento público (e privado) para crear emprego con comodidade, porque, como dixen, temos o futuro hipotecado. Pero imos á cuestión dos fogares en relación coas oportunidades de emprego. Unha sociedade familista sitúa a responsabilidade de atopar emprego, mesmo na Administración Pública ou nas grandes empresas, no marco das estratexias familiares. Por iso, é no emprego onde máis se nota o “efecto Mateo” (Mt 13, 12): a quen ten, daráselle; pero a quen non ten, mesmo o que ten váiselle quitar. O número de familias nesta situación é de 1.425.200 (un 10,28% do total). Desde o meu punto de vista, o reto dos itinerarios de inserción socio- laboral céntranse neste colectivo (que, no mellor dos casos ronda os tres millóns de persoas). E non nos que acumulan maior extensión da pobreza, que son os maiores e os menores, por ese orde. É máis, a nosa hipótese é que son os menores que residen neses fogares, porcentualmente sobrerrepresentados sobre o conxunto dos menores, os que acumulan maior risco presente e futuro, polo que cómpre reflexionar fondamente se queremos quebrar o círculo da reprodución interxeneracional da pobreza. 3
  • 4. Inserción socio-laboral Agora estamos en disposición de entender o que significa o proceso de inserción socio-laboral desde o punto de vista actual. Coido que todas comprendemos a diferenza entre a inclusión social e a inserción laboral. Mentres que a primeira fala de forma ampla de participación na sociedade (saúde, educación, vivenda, emprego, cultura e relacións sociais, ademais de niveis de renda aceptables e de dereitos de cidadanía) a segunda fala de permanencia activa no mercado laboral durante un período prolongado de tempo (en ningún caso inferior aos seis meses continuados (durante un ano) ou un ano discontinuado nun prazo de dous anos. Falamos de inserción socio-laboral porque as principais dificultades (que non teñen orixe idiosicrático) para lograr a inserción laboral son de índole social. Daquela, unha intervención exclusiva no ámbito laboral (orientación, intermediación, seguimento no emprego) non é efectiva cando o déficit é anterior. E non só de carácter formativo, nin no ámbito da experiencia, cuestións ambas que poden ser acompasadas coas intervencións clásicas no emprego, senón cando faltan habilidades básicas e habilidades sociais (tantas veces confundidas popularmente), relacións sociais e familiares , cando non hai referencias no contorno, cando os mercados de traballo non son accesibles, porque existen barreiras físicas, sociais ou culturais... Neses casos, enfrontamos a necesidade de realizar unha intervención social que rache todas esas barreiras de forma holística e tamén de forma individualizada. Os itinerarios Agora é cando podemos dicir unha palabra sobre os itinerarios. O cambio de contexto e as problemáticas sociais que afrontamos deben levarnos a complementar o que xa viñamos facendo con tres elementos metodolóxicos que son máis elementos previos do que instrumentos de traballo. Trátase de tomar en conta a necesidade de crear lazos sociais, en todos os sentidos; de considerar os factores legais e culturais que actúan sobre as minorías e os seus niveis de expectativas sobre a sociedade no seu conxunto e sobre o mercado laboral en particular; e de activar todos aqueles recursos de capacitación que están implícitos ou explícitos, patentes ou latentes tanto no currículo como na carreira profesional das persoas que sofren a exclusión do mercado de traballo. As dúas primeiras afirmacións poden agruparse nun convencemento: cómpre relacionar os itinerarios individualizados de inserción coa lóxica comunitaria. Ora ben, se con anterioridade fixemos referencia á necesidade dunha solidariedade orgánica como substitución da solidariedade mecánica, estamos incorrendo en contradiccións? Entendo que non. As sociedades modernas precisan de lazos comunitarios. Pero eses lazos non deben ser exclusivamente identitarios (e polo tanto, construídos socialmente desde unha solidariedade mecánica). Por iso, a primeira dimensión do desta proposta que enlaza o 4
  • 5. individual co comunitario consiste en crear lazos o máis amplos posible. Trátase de incrementar o número de relacións sociais actuais e, mediante a onda expansiva das mesmas, as relacións interpersoais posibles para o futuro. A principal característica que definía ás sociedades postmodernas (nas visións de J.-F. Lyotard e de G. Vattimo) era a posibilidade de acceso universal e democrático á información. Esa posibilidade existe na teoría na actualidade. Pero as persoas que sofren exclusión social non poden facer real, actual, ese acceso á información. E non só por mor da fenda dixital, que é unha das formas máis preocupantes de desigualdade nas sociedades postindustriais. Sobre todo, é unha consecuencia da falta de significado da información. Son os contextos vitais os que dan significado á información. E eses contextos vitais están condicionados polos contextos socio-culturais e polas relacións interpersoais. Dito de outra maneira, os significantes que non nacen das relacións inmediatas, comunitarias e presenciais, poden chegar a aparecer coa persenza de persoas alleas a ese contexto que vitalmente se fan significativas. Por tanto, crear enlaces (virtuiais e reais) é unha versión postmoderna da pretensión do raposo (no libro Le Petit Prince) de crear lazos. A segunda dimensión á que aludía trata de evitar a fenda social creada pola dobre dimensión da pertenza e a exclusión. Esta cuestión ten a maior relevancia nas sociedades complexas, ata o punto de que os observadores máis agudos da realidade mundial entenden que é un reto que está presente a nivel local pero que determina tamén a dialéctica da convivencia a nivel mundial. As persoas que carecen de pertenza algunha e que fican abandoadas á súa sorte nas sociedades complexas, están máis desasistidas que as pertencentes a contornos comunitarios ben definidos. Estes últimos colectivos evitan a anomia. Pero, mentres que as persoas sen un fogar simbólico (e moitas veces sen fogar real), entran en procesos de degradación e de forte marxinalidade ou acaban acolléndose aos “fogares artificiais” que lles ofrecemos, e onde fan itinerarios completos que son a un tempo formativos e simbólicos, de capacitación laboral e de aprendizaxe da cidadanía, os colectivos con identidades fortes e con trazos de exclusión social apostan por discursos maniqueos nos que son eles son os (únicos) esquecidos da historia, de forma inxusta. E a súa promoción social coincide coa liberación dos valores e das formas de organización da sociedade occidental. Estes grupos sitúanse no extremo oposto á anomia: rexen dentro deles unhas leis fortes e inexorables, que van desde o control da actividade propia ao control social de todas as persoas relacionadas de forma familiar ou comunitaria con ese núcleo de organización. Realizar itinerarios pasa por rachar a exclusividade das relacións intragrupais. Non se trata de rachar a lóxica da solidariedade paritaria entre as persoas que máis sofren na sociedade. Trátase de evitar discursos e prácticas sociais conducentes á creación de ghettos, que funcionan como bombas de reloxería desde o punto de vista da inclusión social. Por último, e isto enlaza co corazón da estratexia Europa 2020, hai que activar todas as capacidades das persoas arredor de procesos de 5
  • 6. capacitación. E hai que considerar que cando falamos de capacitación estamos a falar de formación ou de educación (máis do segundo que simplemente do primeiro). Só que o facemos desde o dobre punto de vista do empoderamento (“somos capaces”, “podemos!”) e do desenvolvemento das capacidades. O elemento que resulta irrenunciable cando falamos de itinerarios de inclusión é a “pedagoxía do oprimido”, como expresión da pedagoxía da liberación de Paulo Freire: non hai persoas - problema e persoas - solución. Mentres a prática da formación e da capacitación estea presa desa óptica, o que faremos será reproducir un esquema no que o saber é unha forma de ter ou de poder, que cando se difunde, pérdese. A óptica correcta é que as persoas teñen en si as capacidades para resolver os seus problemas. Só fai falta que aprendan a ler a súa realidade de forma correcta e a darlle as respostas acordes con esas capacidades. So que, e isto continúa formando parte da pedagoxía irrenunciable de Freire, “ninguén aprende só; ninguén aprende de outro: aprendemos xuntos”. Non quero determe moito máis neste punto, pero cómpre relacionar esta cuestión de fondo co que as metodoloxías de inserción socio- laboral de matriz norteamericana denominan carreira profesional ou, simplemente, carreira. Este concepto, que dista moito do noso académico, fai referencia ao conxunto de actividades e de capacidades que desenvolve unha persoa ao longo da súa vida. No momento actual é de vital importancia que as carreiras sexan consideradas en toda a súa amplitude, tanto no que teñan de concentradas arredor de poucas capacidades e competencias profesionais, como no que teñan de dispersas. Se non somos quen de manexar coherentemente este concepto de carreira, as opcións básicas das que falaba no párrafo anterior corren o risco de ficar na sombra. Algúns elementos facilitadores Agora estamos en disposición de atender aos elementos facilitadores que considero claves neste momento, a diferenza dos caraterísticos do anterior período expansivo, que son a formación, as prácticas en empresas e as empresas de inserción. - Formación A formación, entendida como un momento particular dentro dun proceso educativo máis amplo que denominei “capacitación”, constitúe un momento moi importante na activación e no recoñecemento das capacidades. Na súa activación, porque debe despertar capacidades que estaban latentes pero que aínda non atoparan un canle polo que discorrer. No seu recoñecemento, porque moitas veces as capacidades existen pero non se poden acreditar, polo que, a falta de outras modalidades de recoñecemento, pode ser oportuno acudir a modalidades máis ou menos formais de ensino e aprendizaxe. Modalidades que, ás veces, tamén serven para sistematizar os saberes e para reforzar as destrezas. Por suposto, hai actividades que son calificadas como informais ou non-formais que son perfectamente formativas desde o punto de 6
  • 7. vista que estamos a empregar. Mentres que outras, que teñen plena validez e recoñecemento, por veces carecen dos mínimos para despertar e sistematizar as capacidades das persoas. Isto non é un alegato en contra dos actuais sistemas. Pero, en xeral, teñen a pexa dun forte peso de elementos burocrático-administrativos, mentres que a capacidade de adaptación (ás persoas e aos mercados) é claramente menor. - Prácticas en empresas As prácticas en empresas é unha modalidade que xa se viña empregando e que recupera o espírito dos aprendizes doutrora. Aínda que moitas veces non dan como resultado inmediato a contratación (e menos aínda a inserción laboral) teñen a virtude de axudar a crear lazos plurais con persoas e con organizacións que a persoa, noutro contexto, non sempre podería lograr (e, por veces, non pode nin soñar). Ademais de poñer ás persoas en contacto con outras culturas sociais e profesionais. - Empresas de inserción Por último están as empresas de inserción. Sendo a temática da xornada que nos ocupa, e non sendo eu un experto na materia, renuncio a afondar nelas. Só dicir que a situación actual non permite que certos sectores sociais poidan sequera soñar cunha inserción laboral de curto percorrido. E que as cláusulas sociais na contratación pública antes chegan a colectivo doados de definir desde o punto de vista legal e da igualdade de oportunidades (vítimas de violencia, persoas con discapacidade) que non ao conxunto das persoas, familias e colectivos sociais máis afastados do emprego. Para rachar o dobre círculo da descualificación procedente de carreiras profesionais truncadas ou nin sequera iniciadas, e do illamento social, as empresas de inserción constitúen unha ferramenta de primeiro orde para lograr a habilitación e capacitación. Por suposto, non se trata de substituír ás outras ferramentas e aos outros elementos que integran os itinerarios de inserción laboral. Se así fose, e non houbese procesos fortes de orientación laboral e de acompañamento de cara ao emprego, estaríamos ante un atallo, non ante un método. Pero cando os problemas arrecian e o mercado normalizado de traballo non só non vai facer de provisor deses ben escaso, senón que mantén á marxe a unha cantidade demasiado importante de persoas, as empresas de inserción son un mecanismo máis para dar permeabilidade ao mercado e oportunidades ás persoas. Conclusión: a irrupción da utopía Falaba da utopía ao comezar. Quero referirme a ela para rematar. Cando o soño do paraíso na terra que representaba o comunismo soviético se esfarelou, comezou a desaparecer a principal utopía laica do século XX, coas súas virtudes e os seus defectos. Naquel intre, fronte aos predicadores do fin da historia, quen reivindicaba a vixencia da utopía comezou a falar de que ésta, nas condicións actuais, non podemos contar con que irrompa de forma xeral 7
  • 8. para todo o mundo (no sentido estricto e non figurado do termo). Daquela, ao que podemos e debemos aspirar e a realizar xestos que indiquen o camiño da igualdade e da xustiza. O traballo en itinerarios de inserción socio-laboral, coas súas limitacións certamente pesadas, é unha das formas actuais de facer presente, de forma incipiente, fráxil e sinxela, esa utopía á que aspiramos. 8