SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
ADEUS A DONA CELIA

                           Crónica de Antonio González López

         Algúns enterámonos pola mañá cedo, do luns 7 de maio de 2012, outros xa o sabían.
Pero a noticia é que dona Celia Amado López, a que foi profesora durante tantos anos na escola,
xubílase. Todo foi moi repentino, pero fixo fotos cos seus alumnos e alumnas deste ano e con
outros alumnos da ESO. A algúns deunos clase de Matemáticas en 6.º de Primaria tan só, a
outros deulles clase durante catro anos seguidos, en Primaria, e a outros que alí acudiron non
lles deu clase, pero todos lle gardamos cariño e afecto (aínda que se pasase algo cos deberes…).
Polo tanto, a esta mestra, que como outros e outras traballou durante tanto tempo na Ensinanza
e nesta escola, decidimos facerlle unha entrevista (aínda que por escrito).




                                    Dona Celia e Antonio González

                                               &&&&&&&

P.: Cantos anos son os que xa levas aquí?
R.: Para setembro faría trinta e dous anos.
P.: Cando comezaches a dar clase?
R.: Era moi noviña, comecei con vinte dous anos, o día 1 de febreiro de 1975. O meu primeiro
destino foi a escola de Limodre (Fene).
P.: Cales son os teus mellores recordos da escola? E dos teus alumnos?
R.: Teño tantos! Naquelas escolas unitarias, onde estaba toda a semana sen vir á casa. A
convivencia coas familias era algo especial, e sendo eu unha aldeana (con moita fachenda de
selo) adapteime moi ben. Neses lugares, como Fronzal (As Somozas), Envernallas (Navia de
Suarna), etc. Aprendinlles a bordar ás rapazas, ía apañar a herba cos donos da casa onde eu
quedaba… Mesmo fun esfollar á casa dun veciño, e paseino xenial, alí, na pila de millo cos
velliños e cos novos oíndo os contos…Uf! Paréceme que xa pasou… En fin, unha eternidade.
Aquí, en Monfero, sentinme moi ben tamén. Estaba no meu medio rural do que me sinto
orgullosa, preto da casa, e cuns rapaces (algúns pais de novos alumnos) moi auténticos, e boa
xente. Aquí, neste lugar, é onde máis vivencias teño. Se penso póñome morriñenta. Tantos
compañeiros, tantos alumnos, tantas inquedanzas, tantas ilusións, algún que outro desengano…
P.: Cando o pasaches mellor, antes ou despois?
R.: Todas as vivencias foron boas. E hoxe, aínda que teño ben anos, disfruto da Ensinanza
como o primeiro día. Eu aconsello a todo o mundo buscar un traballo vocacional, iso é o
disfrute.
P.: Como te atopas ó ter que xubilarte, triste ou contenta?
R.: Non me atopo o que se di feliz. Voume contenta, porque vou disfrutar da miña familia, en
especial do meu netiño Iago, e con saúde máis ou menos boa. Ademais creo que é o momento
adecuado (ós sesenta está ben). Pero queda aí dentro algo que botarei en falta seguramente (o
disfrute dos nenos coas súas boas e menos boas actitudes e aptitudes, etc.). Son demasiados
anos e se disfrutas co que fas, custa máis apartarte diso.
P.: Podes contarnos algunha anécdota dos teus anos de docencia ou algunha experiencia
divertida, agradable)
R.: Unha que sempre recordarei, porque levei o susto máis grande da miña vida como mestra.
Nunha saída de todo o colexio (cun número de alumnos salientable) a Santiago de Compostela.
Xantamos na Alameda, e alí había moitos chiringuitos con lambetadas, xoguetes, etc. Hora de
regreso, reconto dos nenos por curso, e fáltame un. Aínda hoxe me acordo do seu nome cando
comentamos ese momento. Ah! Estaba pasmado diante dun chiringuito e non se deu conta nin
de que estaba só (tiña seis ou sete anos, estaba en 1.º da antiga EXB).
P.: Sabemos que, mentres que deches clase, xunto con compañeiros e compañeiras teus,
fixeches moitas actividades, como excursións de fin de curso, a limpeza da ponte San Paio e
outras moitas. Que che levou a realizar estas actividades e que tal o pasaches facéndoas?
R.: Neste colexio sempre se fixeron saídas, non importaba se iamos lonxe ou cerca, o horario
era o de menos. Durante catorce ou quince anos tiven como compañeiro a José Manuel López
(Lodeiro), e xunto con el, fixemos intercambios escolares con nenos do Pindo (Carnota). Saídas
a San Andrés de Teixido, Viveiro, Vicedo, Lugo, Meira, A Coruña, Santiago, etc. Con hora de
regreso ás sete ou oito da tarde. Elaboramos para o Antroido, disfraces de bruxa, demo, indio,
un dragón enorme… Parte destes materiais aínda (penso) estarán na vivenda do conserxe.
Tamén participamos en “Voz Natura” co proxecto da limpeza da ponte románica de San Paio,
onde os nenos foron os auténticos protagonistas. Con botas de goma, metidos no río e
disfrutando dun traballo bonito, aínda que hoxe en día volve a estar cuberto de maleza. Fixemos
a excursión a Maiorca (con Elvira, Pepe e Lodeiro), etc. Cada xuño había a saída á praia, cada
ano a un lugar distinto. Eran estas saídas de convivencia perfectas, nunca tivemos máis que
satisfaccións. Marcha a pé ó Mosteiro, facer o magosto no monte de Gulfar levando a leña e as
castañas dende o colexio… Tantas e tantas saídas. Sobrado dos Monxes, Central do Eume e
senderismo ata Caaveiro…

Por último, despedirte calurosamente e darche as grazas por todos estes anos ó mesmo
tempo que che abrimos as portas desta escola para sempre.

      Gracias a vós, que triunfedes na vida coma boas persoas, que é a
mellor presentación ante o mundo. Ata sempre. Celia.

More Related Content

What's hot

Editado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozoEditado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozosatelite1
 
Aqueles anos
Aqueles anosAqueles anos
Aqueles anosnivecaro
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguezsatelite1
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016radiorasca
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistasatelite1
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escritasatelite1
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012oscar14tania
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anossatelite1
 
Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]fernandezminino
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapasatelite1
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidasoigca
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 

What's hot (20)

Editado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozoEditado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozo
 
Grazas
GrazasGrazas
Grazas
 
Aqueles anos
Aqueles anosAqueles anos
Aqueles anos
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revista
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 

Viewers also liked

Viewers also liked (20)

Pma 001 2015_anexo_01
Pma 001 2015_anexo_01Pma 001 2015_anexo_01
Pma 001 2015_anexo_01
 
Presentation2
Presentation2Presentation2
Presentation2
 
พิม
พิมพิม
พิม
 
交點台中Vol.13 - 張琮勛 - 這一年
交點台中Vol.13 - 張琮勛 - 這一年交點台中Vol.13 - 張琮勛 - 這一年
交點台中Vol.13 - 張琮勛 - 這一年
 
Regus
RegusRegus
Regus
 
اقرأني من فضلك
اقرأني من فضلكاقرأني من فضلك
اقرأني من فضلك
 
Capinha ingles 2
Capinha ingles 2Capinha ingles 2
Capinha ingles 2
 
Safari
SafariSafari
Safari
 
Condições gerais produção de filmes
Condições gerais   produção de filmesCondições gerais   produção de filmes
Condições gerais produção de filmes
 
Las redes sociales
Las redes socialesLas redes sociales
Las redes sociales
 
Energia electrica
Energia electricaEnergia electrica
Energia electrica
 
Jesus castillo gerencia industrial
Jesus castillo gerencia industrialJesus castillo gerencia industrial
Jesus castillo gerencia industrial
 
Opmr slide share 2013
Opmr   slide share 2013Opmr   slide share 2013
Opmr slide share 2013
 
Ensayo de las tic
Ensayo de las ticEnsayo de las tic
Ensayo de las tic
 
Boletim Informativo sobre Sildenafil
Boletim Informativo sobre SildenafilBoletim Informativo sobre Sildenafil
Boletim Informativo sobre Sildenafil
 
Influencia administracion
Influencia administracionInfluencia administracion
Influencia administracion
 
Act 1 revisión de presaberes Fisica UNAD
Act 1 revisión de presaberes Fisica UNADAct 1 revisión de presaberes Fisica UNAD
Act 1 revisión de presaberes Fisica UNAD
 
Jornal independente nº 3
Jornal independente nº 3 Jornal independente nº 3
Jornal independente nº 3
 
Pecha kuche
Pecha kuchePecha kuche
Pecha kuche
 
Lei 9.503 codigo de transito brasileiro
Lei 9.503   codigo de transito brasileiroLei 9.503   codigo de transito brasileiro
Lei 9.503 codigo de transito brasileiro
 

Similar to Adeus a dona celia

Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosassatelite1
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en wordradiorasca
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzosatelite1
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 

Similar to Adeus a dona celia (20)

Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosas
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Entrevistas
EntrevistasEntrevistas
Entrevistas
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzo
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Adeus a dona celia

  • 1. ADEUS A DONA CELIA Crónica de Antonio González López Algúns enterámonos pola mañá cedo, do luns 7 de maio de 2012, outros xa o sabían. Pero a noticia é que dona Celia Amado López, a que foi profesora durante tantos anos na escola, xubílase. Todo foi moi repentino, pero fixo fotos cos seus alumnos e alumnas deste ano e con outros alumnos da ESO. A algúns deunos clase de Matemáticas en 6.º de Primaria tan só, a outros deulles clase durante catro anos seguidos, en Primaria, e a outros que alí acudiron non lles deu clase, pero todos lle gardamos cariño e afecto (aínda que se pasase algo cos deberes…). Polo tanto, a esta mestra, que como outros e outras traballou durante tanto tempo na Ensinanza e nesta escola, decidimos facerlle unha entrevista (aínda que por escrito). Dona Celia e Antonio González &&&&&&& P.: Cantos anos son os que xa levas aquí? R.: Para setembro faría trinta e dous anos. P.: Cando comezaches a dar clase? R.: Era moi noviña, comecei con vinte dous anos, o día 1 de febreiro de 1975. O meu primeiro destino foi a escola de Limodre (Fene). P.: Cales son os teus mellores recordos da escola? E dos teus alumnos? R.: Teño tantos! Naquelas escolas unitarias, onde estaba toda a semana sen vir á casa. A convivencia coas familias era algo especial, e sendo eu unha aldeana (con moita fachenda de selo) adapteime moi ben. Neses lugares, como Fronzal (As Somozas), Envernallas (Navia de Suarna), etc. Aprendinlles a bordar ás rapazas, ía apañar a herba cos donos da casa onde eu quedaba… Mesmo fun esfollar á casa dun veciño, e paseino xenial, alí, na pila de millo cos velliños e cos novos oíndo os contos…Uf! Paréceme que xa pasou… En fin, unha eternidade. Aquí, en Monfero, sentinme moi ben tamén. Estaba no meu medio rural do que me sinto orgullosa, preto da casa, e cuns rapaces (algúns pais de novos alumnos) moi auténticos, e boa
  • 2. xente. Aquí, neste lugar, é onde máis vivencias teño. Se penso póñome morriñenta. Tantos compañeiros, tantos alumnos, tantas inquedanzas, tantas ilusións, algún que outro desengano… P.: Cando o pasaches mellor, antes ou despois? R.: Todas as vivencias foron boas. E hoxe, aínda que teño ben anos, disfruto da Ensinanza como o primeiro día. Eu aconsello a todo o mundo buscar un traballo vocacional, iso é o disfrute. P.: Como te atopas ó ter que xubilarte, triste ou contenta? R.: Non me atopo o que se di feliz. Voume contenta, porque vou disfrutar da miña familia, en especial do meu netiño Iago, e con saúde máis ou menos boa. Ademais creo que é o momento adecuado (ós sesenta está ben). Pero queda aí dentro algo que botarei en falta seguramente (o disfrute dos nenos coas súas boas e menos boas actitudes e aptitudes, etc.). Son demasiados anos e se disfrutas co que fas, custa máis apartarte diso. P.: Podes contarnos algunha anécdota dos teus anos de docencia ou algunha experiencia divertida, agradable) R.: Unha que sempre recordarei, porque levei o susto máis grande da miña vida como mestra. Nunha saída de todo o colexio (cun número de alumnos salientable) a Santiago de Compostela. Xantamos na Alameda, e alí había moitos chiringuitos con lambetadas, xoguetes, etc. Hora de regreso, reconto dos nenos por curso, e fáltame un. Aínda hoxe me acordo do seu nome cando comentamos ese momento. Ah! Estaba pasmado diante dun chiringuito e non se deu conta nin de que estaba só (tiña seis ou sete anos, estaba en 1.º da antiga EXB). P.: Sabemos que, mentres que deches clase, xunto con compañeiros e compañeiras teus, fixeches moitas actividades, como excursións de fin de curso, a limpeza da ponte San Paio e outras moitas. Que che levou a realizar estas actividades e que tal o pasaches facéndoas? R.: Neste colexio sempre se fixeron saídas, non importaba se iamos lonxe ou cerca, o horario era o de menos. Durante catorce ou quince anos tiven como compañeiro a José Manuel López (Lodeiro), e xunto con el, fixemos intercambios escolares con nenos do Pindo (Carnota). Saídas a San Andrés de Teixido, Viveiro, Vicedo, Lugo, Meira, A Coruña, Santiago, etc. Con hora de regreso ás sete ou oito da tarde. Elaboramos para o Antroido, disfraces de bruxa, demo, indio, un dragón enorme… Parte destes materiais aínda (penso) estarán na vivenda do conserxe. Tamén participamos en “Voz Natura” co proxecto da limpeza da ponte románica de San Paio, onde os nenos foron os auténticos protagonistas. Con botas de goma, metidos no río e disfrutando dun traballo bonito, aínda que hoxe en día volve a estar cuberto de maleza. Fixemos a excursión a Maiorca (con Elvira, Pepe e Lodeiro), etc. Cada xuño había a saída á praia, cada ano a un lugar distinto. Eran estas saídas de convivencia perfectas, nunca tivemos máis que satisfaccións. Marcha a pé ó Mosteiro, facer o magosto no monte de Gulfar levando a leña e as castañas dende o colexio… Tantas e tantas saídas. Sobrado dos Monxes, Central do Eume e senderismo ata Caaveiro… Por último, despedirte calurosamente e darche as grazas por todos estes anos ó mesmo tempo que che abrimos as portas desta escola para sempre. Gracias a vós, que triunfedes na vida coma boas persoas, que é a mellor presentación ante o mundo. Ata sempre. Celia.