SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
PROPOSTA DIDÁCTICA PARA
                         SECUNDARIA, BACHARELATO,
                         PERSOAS ADULTAS E
                         EDUCACIÓN NON FORMAL




SEMANA DE ACCIÓN
MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
22-28 de abril de 2013
ÍNDICE
Introdución                                                                                   1

    Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación
    Obxectivos xerais da proposta didáctica
    Consideracións xerais
    Para afondar...

Primeiro Ciclo Educación Secundaria                                                           5

    Obxectivos e competencias
    Actividade 1. A aventura da educación
    Actividade 2. O profesorado no mundo
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Segundo Ciclo Educación Secundaria                                                            8

    Obxectivos e competencias
    Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas
    Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Bacharelato                                                                                   10

    Obxectivos e capacidades
    Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente
    Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do profesorado para unha
    educación xusta”
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Educación de Persoas Adultas                                                                  14

    Obxectivos
    Actividade 1. Profesorado en escena
    Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Educación Non Formal (12-99 anos)                                                             16

    Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundo
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Actividade para todos os niveis. Pon profes no mapa                                           21

Avaliación                                                                                    23




© Foto de portada: G.M.B. Akash Panos/ActionAid
INTRODUCIÓN

         A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA
      FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN




                                                                                                                           © Sergi Cámara/Entreculturas
      PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE
       ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
          (SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO
        PROFESORADO E NA IMPORTANCIA
              DE CONTAR CON DOCENTES
             COA ADECUADA FORMACIÓN,
         MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO.




O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en
2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os que
asisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca-
lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivir
xuntos e a ser”.

Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despois
de dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di-
versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe.

O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes-
tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educación
primaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos da
SAME en 2013.




                                                        Ben formado
                               Falta de                 Motivado
                               profesorado              Ben remunerado
                                                        Tratado como profesional e non
                                                        como persoa que presta servizos


Desde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidade
real. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con-
dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesión
docente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais,
é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas.

É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que en
ocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio-
lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade.




1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf


                                                                                                                      1
© Lorena Andrés/Entreculturas




                                Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundo
                                baseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente e
                                o entendemento internacional e intercultural.

                                A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas.
                                Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, a
                                eliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acolle
                                nenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida.

                                Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investir
                                en educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro-
                                fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar co
                                suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que
                                destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal
                                docente é un elemento fundamental do Dereito á Educación.

                                Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso-
                                rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces.
                                En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán
                                en tamaño maior.

                                O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un
                                dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver
                                aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente
                                nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no
                                mundo.

                                A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá,
                                cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir
                                e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñecer
                                os valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais,
                                en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe-
                                rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver.




                                                 A CME/SAME                      a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividades
                                                   agradece                      desta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estas
                                                                                 suxestións e as poñen en marcha co seu alumnado.

                                                                                 Desta maneira confirman o seu compromiso coa
                                                                                 construción dun mundo mellor e co poder
                                                                                 transformador da educación.




                                2
OBXECTIVO XERAL DA
                       SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL
                       POLA EDUCACIÓN

Sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado,
remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira
urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.




                       OBXECTIVOS XERAIS DA
                       PROPOSTA DIDÁCTICA

1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educación
básica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito.

2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na Declaración
Universal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental para
o desenvolvemento das persoas e as comunidades.

3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todas
as persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade.




                        CONSIDERACIÓNS
                        XERAIS

* As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos de
educación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.).

* Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras,
facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal.

* Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode ser
realizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc.

* As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para ser
utilizadas con alumnado doutros niveis.

* O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en función
das características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc.

* Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses de
xaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo o
mundo).

* Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas as
ligazóns que aparecen neste material.




                                                                                                                     3
PARA
                        AFONDAR...

Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro-
fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas.

Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividades
e materiais.

     Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores:




2012             2011             2010            2009              2008            2007            2006
Dereito          Dereito á        Financiamento   Alfabetización    Educación       Dereito á       Docentes
a unha           educación        da educación    de persoas        e exclusión     educación
educación        de mulleres                      novas e
temperá de       e nenas                          adultas
calidade



                                           Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain)
                                           podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema.

                                           Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre
                                           a importancia do profesorado.



Bibliografía complementaria:

    Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012.

    Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco.

    Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006.

    Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005.
    http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf

    A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004.
    http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdf

Películas que abordan o tema do profesorado:

    Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011                Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999

    La clase. Laurent Cantet. 2008                           Profesor Holland. Stephen Herek. 1995

    Ser y tener. Nicolas Philibert. 2001




4
© Alboan
                               Obxectivos

                               1 Comprender a importancia da educación como un elemento clave para romper o círculo da pobreza e o papel do
                                 profesorado como elemento fundamental para unha educación de calidade.

                               2 Asumir como cidadás e cidadáns activos a nosa responsabilidade na defensa dunha educación de calidade e
                                 comprender que todas as persoas podemos facer algo a nivel global e local.

                               Competencias

                                   Autonomía e iniciativa persoal

                                   Social e cidadá



                               Actividade 1. A aventura da educación


                                                                                 Proponse elaborar entre todos e todas un mapa de ideas
© Sergi Cámara/Entreculturas




                                                                                 reflexionando ao redor do concepto educación. Para a súa
                                                                                 elaboración suxírense as seguintes preguntas:

                                                                                 * Que é a educación para nós?

                                                                                 * Por que é importante a educación?

                                                                                 * Para que serve?


                               A partir do mapa, individualmente ou en grupo elabórase unha definición do concepto “educación”.

                               Para completar a reflexión e enriquecer a definición elaborada compártese a definición de educación recollida na Decla-
                               ración Universal dos Dereitos Humanos.




                                     Artigo 26
                                                              Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, cando menos
                                                              respecto da instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria.
                                                              A instrución técnica e profesional deberá ser xeneralizada; o acceso aos estudos
                                                              superiores será igual para todas as persoas,...




                                                                                                                                                    5
A educación
                                   terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o
                                   fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais;
                                   favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos
                                   os grupos étnicos ou relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades
                                   das Nacións Unidas para o mantemento da paz...



* Como é a educación que queda definida neste artigo? Que características ten? Que obxectivos persegue?
Unha educación de calidade ofrece oportunidades de pleno desenvolvemento da persoa e dos países. A maior e mellor
educación existen maiores e mellores ferramentas para traballar en favor do crecemento e do desenvolvemento dos
pobos.

* Que factores son necesarios para ter unha boa educación, unha educación de calidade?

* É importante a figura da mestra ou mestre para lograr unha boa educación? Por que?
Proponse ao alumnado realizar (de forma individual, por parellas ou grupos) entrevistas a un profe ou unha profe. A metade
da clase entrevistará profesionais en activo e a outra metade persoas retiradas da actividade docente para coñecer a
súa experiencia docente. Interesa saber as motivacións que levaron ás persoas de cada testemuño a escoller e exercer
esta profesión, así como a formación e capacitación que tiveron para desenvolver a súa tarefa. Interesa tamén coñecer
os principais facilitadores e obstáculos encontrados no exercicio desta e a súa opinión sobre a importancia desta profesión
para o desenvolvemento individual e colectivo.

As entrevistas realizadas compartiranse co resto da clase, e coa axuda da profesora ou profesor salientaranse as ideas
máis relevantes, coincidencias, diferenzas xurdidas, etc., para a elaboración das conclusións.

Para fortalecer a idea da necesidade do exercicio do pleno dereito a unha educación de calidade e a importancia
que nela ten a figura da mestra ou mestre proponse divulgar estas entrevistas e as súas conclusións en formatos di-
versos como vídeo, radio, revista escolar, blog, web, etc.


Actividade 2. O profesorado no mundo




                                             Co fin de coñecer diferentes
                                                realidades educativas
                                            pescudarase en grupos sobre
                                         algúns países do mundo, como por
                                              exemplo Togo, Indonesia,
                                                 Brasil ou Paquistán.




Para comezar, buscaranse datos de contexto fundamentais de cada un deles como localización, poboación, situación do
país en relación con outros países, etc. (Pódese acceder a máis información sobre o estado da educación destes países
no material publicado na páxina web da Campaña Mundial pola Educación).



6
© Umar Farooq/ActionAid




                                                                                               © Ayuda en Acción
                          Coa información recompilada tratarase de responder as seguintes preguntas:

                          Cantos alumnos ou alumnas teñen de media por docente? Cal é o nivel de estudos das profesoras e profesores destes
                          países? En que condicións realiza o seu traballo como profesor ou profesora?

                          Para facilitar a reflexión conxunta, cada grupo presentará ante o resto do grupo a realidade do país estudado. Para a
                          posta en común posterior suxírense as seguintes preguntas:

                          * Que diferenzas se atopan na realidade da situación do profesorado de cada país?
                          * Que cousas en común se identificaron?

                          * Que datos chamaron máis a nosa atención? Por que?

                          * Que condicións necesita unha profesora ou profesor para realizar ben o seu traballo?

                          * Como podemos apoiar o labor das profes e dos profes do mundo?

                          * Como apoiar o labor das nosas profesoras e profesores na nosa aula e no noso colexio?
                          Con toda a información recompilada propoñerase ao alumnado deseñar unha acción que plasme as conclusións extraídas
                          do traballo previo e sirva para sensibilizar o centro ou a comunidade sobre a importancia de apoiar a educación de
                          calidade e o labor do profesorado.

                          Como exemplo suxírese o seguinte              un manifesto, exposición, decálogo, etc., que poida ser difundido a
                                                                        través da web, blogs, revistas, radio, etc.


                          Actividade de mobilización
                                                                                Ver páxina 21




                                                                                                                                              7
© Georgie Scott/ActionAid
Obxectivos

1 Descubrir a importante relación positiva entre gasto en educación, calidade da educación e calidade de vida para
  inverter o círculo de pobreza no mundo.

2 Recoñecer accións individuais e colectivas para reivindicar o dereito á educación de calidade a nivel local e global.

Competencias

    Social e cidadá

     Artística



Actividade 1. Financiamento para unha educación para
              todos e todas


                                                                       SUECIA                       6,7%
    Proponse ao alumnado observar e analizar os
                                                                       ESPAÑA                       4,4%
    seguintes datos. Son os máis recentes dos
    que dispón a Unesco (2010) referentes á                            CHILE                        3,4%
    porcentaxe que cada un dos seguintes países
                                                                       GUATEMALA                    3,2%
    inviste en educación en relación co seu
    produto interior bruto (PIB).                                      PAKISTÁN                     2,9%
                                                                       ANGOLA                       2,6%




Para mellorar a comprensión da actividade, en primeiro lugar pediráselle ao alumnado que busque ou recorde o significado
de PIB e Unesco. Despois, propoñeráselle que complete a información referente a estes seis países e que busque unha
serie de datos que considere significativos para recoñecer a importancia e relación entre o investimento en educación
e a calidade de vida nun país, como por exemplo renda per cápita, esperanza media de vida e seguridade cidadá, etc.
Tras esa recollida de datos, realizarase unha posta en común da información e debaterase sobre os datos suxeridos.
Propoñerase redactar unha conclusión escrita e razoada do traballado.

Para finalizar a actividade e completar a reflexión proponse consultar o artigo seguinte que establece unha relación
entre os triunfos na Champions League de fútbol e o número de Premios Nobel de áreas científicas en diferentes países
de Europa, claramente relacionada coa calidade da educación existente en cada un dos países.

http://www.principiamarsupia.com/2012/08/20/espana-1-premio-nobel-por-cada-6-champions/

Despois da lectura proponse que o alumnado realice, con todo o reflexionado, unha breve valoración persoal por escrito,
coa súa opinión e conclusións. E a partir de aquí realizar un debate co grupo que xire ao redor da importancia de investir
en educación para o desenvolvemento das persoas e os pobos.



8
Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un
              profesorado formado e suficiente

                                                                 Presentarase ao alumnado o clip do tema The Wall,
                                                                 do grupo Pink Floyd. Despois da súa visualización,
                                                                 formularanse as seguintes preguntas para ser
                                                                 respondidas individualmente:

                                                                 Cal é a idea principal da canción?
                                                                 Que modelo educativo se critica e cal se ofrece como
                                                                 alternativa desexable? Cres que a función dunha ou
                                                                 dun docente é ensinar/instruír ou educar?
                                                                 Coñeces máis cancións que falen sobre modelos de
                                                                 educación? Cales? Que din?


Iniciativas como a Campaña Mundial pola Educación perseguen concienciar para lograr o cumprimento do dereito a
unha educación de calidade para todas as persoas a nivel local e internacional. Coñeces algunha máis? Cales?

Individualmente ou en grupo pediráselles citar (ou buscar, no caso de dispoñer de máis tempo) un exemplo destas e
presentala ao resto de compañeiras e compañeiros a partir de preguntas como: quen son as promotoras ou promotores
da iniciativa? Que denuncian? Que obxectivos se fixan? Que estratexia usan para logralos? Nesta liña e despois de todo
o reflexionado na posta en común, por grupos mixtos de 4 ou 5 persoas, propoñerase a realización dalgunha das seguintes
actividades de sensibilización para difundir entre a súa comunidade:

* Redacción dunha carta para presentarlles ás administracións públicas competentes (central, autonómica e/ou local)
na que se xustifique por que resulta rendible investir en educación e, en concreto, na formación continua dos profesores
e profesoras.

* Elaboración dun slogan que resuma unha reivindicación vixente e pertinente no ámbito educativo a nivel local ou
internacional.

* Elaboración dun cartel con imaxes (tipo publicidade) que demande investimento ou esforzo por parte do Estado no
plano educativo e na formación das profesoras e profesores nos países empobrecidos.

* Creación dun vídeo que expoña de forma crítica (reivindicativa, humorística, etc.) o dereito á educación e o deber dos
poderes públicos por garantila de modo efectivo e universal, en especial facendo referencia á necesidade de investimento
na escola e no profesorado.

Actividade de mobilización
                                                       Ver páxina 21




                                                                                                              9
© Marcelo Benítez/Ayuda en Acción
            Obxectivos

            1 Reflexionar sobre a importancia do investimento público en mantemento e formación de profesorado como forma
              de protección do dereito universal a unha educación de calidade para todas as persoas.

            2 Analizar criticamente a calidade da educación a nivel local e global utilizando diferentes indicadores e propoñer
              iniciativas e accións persoais e colectivas que permitan mellorar o cumprimento do dereito universal á educación para
              todos e todas.

            Capacidades

                 Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación.

                 Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e
                 os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu
                 contorno social.



            Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente


                                                                                     Con esta actividade preténdese que
                                                                                     o alumnado de bacharelato, que xa
                                                                                     percorreu moitos anos no sistema
                                                                                     educativo, reflexione sobre o proceso
                                                                                     do que forma parte e sobre a
                                                                                     formación do profesorado, como
                                                                                     parte fundamental dun sistema
© InteRed




                                                                                     educativo de calidade e para todos e
                                                                                     todas.




            De forma individual ou en grupos, o alumnado investigará, reflexionará e responderá as actividades seguintes:



                           Adoita ser gratificante para o alumnado e o profesorado reencontrarse cun mestre ou mestra que
                           hai anos participou na súa educación. Esta actividade danos un bo pretexto para un encontro.
                           Propoñemos ao alumnado que investigue como é a formación inicial (antes de empezar a traballar) e
                           permanente (ao longo do tempo de desempeño profesional) do profesorado. Que pregunten a un
                           docente de educación infantil, a outro de educación primaria e a un terceiro de educación secundaria
                           ou bacharelato que lles desen clase como foi a súa formación inicial e permanente, para que lles
                           serviu e como a mellorarían.




            10
Nalgúns países empobrecidos, e hai anos tamén en España, sobre todo en zonas rurais, unha
               porcentaxe de postos docentes son ocupados por persoas das comunidades sen titulación
               profesional pero que destacaron na súa educación secundaria. Este profesorado ocupa interinamente
               o posto dun docente profesional. Por que se pensa que ocorre maioritariamente en comunidades
               illadas? Pensan que isto pode xerar algún tipo de discriminación en relación coa poboación urbana?
               Que medidas se propoñen para afrontar esta situación?


               Proponse que o alumnado analice o caso dunha profesora de tecnoloxía e un profesor de ciencias
               que empezaron a traballar en 1979. Que consecuencias concretas tería para o alumnado o feito de
               non existir formación permanente do profesorado?


               Axuda Oficial ao Desenvolvemento: no cadro pódese ver, da cantidade que o Goberno español
               destina á axuda a outros países en educación, que cantidade se destina a formación do profesorado.
               En relación con outras partidas considérase escaso ou excesivo? Que consecuencias se cree que
               pode ter para a educación non investir suficientemente en formación do seu corpo docente?




            Distribución por sectores da AOD bruta total española destinada a educación entre 2007 e 2010
            (millóns de euros)


                                                               Media        % sobre    2010       % sobre
  Descrición sector                                           2007-09      AOD bruta             AOD bruta
                                                                           educación             educación

  Educación, nivel non especificado                            113,58          30,8%    129,74      35,7%
  Política educativa e xestión administrativa                   56,61          15,4%     82,46      22,7%
  Servizos e instalacións educativos e formativos               34,61           9,4%     33,97       9,4%
  Formación de profesores                                        8,67           2,4%      4,66       1,3%
  Investigación educativa                                       13,70           3,7%      8,65       2,4%
  Educación básica                                             132,77          36,1%    130,93      36,1%
  Educación primaria                                           110,09          29,9%    112,08      30,9%
  Capacitación básica de persoas mozas e adultas                19,57           5,3%     13,73       3,8%
  Educación primeira infancia                                    3,11           0,8%      5,11       1,4%
  Educación secundaria                                          53,73          14,6%     48,89      13,5%
  Educación secundaria                                           7,50           2,0%     13,75       3,8%
  Formación profesional                                         46,23          12,6%     35,14       9,7%
  Educación pos-secundaria                                      68,18          18,5%     53,35      14,7%
  Educación universitaria                                       63,17          17,2%     46,42      12,8%
  Formación superior técnica e de dirección                      5,02           1,4%      6,93       1,9%

  TOTAL AOD MULTILATERAL EDUCACIÓN                             368,27         100,0%    362,90     100,0%



   Fonte: A axuda en educación a exame. Alboan, Entreculturas, Fundación ETEA 2012.




Farase unha posta en común de todas as respostas e pedirase ao alumnado que, ademais de chegar a conclusións
xerais do grupo, estas sirvan de base para algún tipo de acción.


O grupo pode decidir como quere intervir, por exemplo


elaborando un documento para publicar no blog do centro, deseñando un cartel publicitario de sensibilización,
pedindo a participación do profesorado e persoal non docente, do resto do alumnado ou as familias na actividade de
mobilización da SAME.




                                                                                                                11
Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do
                         profesorado para unha educación xusta”

                                                                                 Esta actividade pretende que o
                                                                                 alumnado coñeza e reflexione sobre
                                                                                 algúns exemplos de formación do
                                                                                 profesorado no mundo, empezando
                                                                                 pola do seu contorno inmediato. A
                                                                                 partir dese punto, primeiro en
                                                                                 comisións e logo en conxunto,
                                                                                 debaterase unha ponencia
                                                                                 consensuada para a mellora da
                                                                                 formación do profesorado, co
                                                                                 obxectivo final dunha educación de
© Alboan




                                                                                 calidade, inclusiva, equitativa e con
                                                                                 vocación global.




                                               * Artigo sobre a formación do profesorado en Finlandia, un país
                                               referente en educación:
                Preparación das
                ponencias                      http://revista.universidaddepadres.es/index.php?option=com_content&
                                               view=article&id=414&Itemid=338
                O profesorado dividirá a
                clase en 3 ou 4 grupos         * Artigo do periódico El Mundo sobre o financiamento da educación e,
                mixtos que traballarán, os     en concreto, a da formación permanente do profesorado, nunha situación
                días anteriores á actividade   de crise económica.
                central e co apoio do
                profesorado, os artigos        http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/03/espana/1333453157.html
                cuxas ligazóns de Internet
                se indican a continuación.     * Documento da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI)
                                               sobre as metas educativas e indicadores de avaliación que se pretenden
                                               para a comunidade, incluído o noso país, para 2021

                                               É un documento importante para a preparación das ponencias, non só
                                               pola meta 20 e 21 que afecta especificamente á formación inicial e
                                               permanente do profesorado, senón a todas as metas que axudan a
                                               definir como se debe formar os principais axentes para conseguilas: os
                                               docentes e as docentes.

                                               http://www.oei.es/metas2021/c4.pdf




                                               * Un breve parágrafo que resuma os obxectivos que se perseguen (5 a
                Redacción da                   10 liñas).
                ponencia política
                                               * Unha sinxela descrición de quen, como e cando se elaborou e a forma
                A ponencia debatida e          de aprobación (5 a 10 liñas).
                aprobada non debe ser
                breve e concisa e suxírese     * Que ferramentas (cursos presenciais, exames periódicos ao
                                               profesorado, formación semipresencial ou teleformación, grupos de
                que inclúa, cando menos,
                                               traballo) se propoñen como máis eficaz e viable, valorando as diferentes
                os apartados seguintes.
                                               posibilidades económicas dos países ou as situacións de crise?




           12
* Que características se cre que debe ter unha profesora ou un profesor
                                          para que traballe na consecución das metas educativas 2021 para a
                                          Comunidade Iberoamericana?

                                          * Como se cre que debería ser a formación docente no seu instituto ou
                                          colexio?

                                          * Poden facer algo o alumnado, as familias ou a sociedade para
                                          contribuír a unha formación docente de calidade?
© InteRed




                                          * Que papel debe desempeñar a formación do profesorado nos
                                          proxectos de cooperación ao desenvolvemento?

                                          * Que indicadores obxectivos se propoñen para avaliar os resultados
                                          da posta en práctica da ponencia dentro de 15 anos?




                                          Como se se tratase dun congreso político, o grupo escollerá 4 ou 5
                                          ponentes que, coa axuda dunha presentación, irán expoñendo a toda a
              Debate e aprobación
                                          clase o contido do documento. Despois da exposición de cada
              da ponencia                 apartado, abrirase un período de debate coa posibilidade de incorporar
                                          emendas.
              É a parte máis importante
              da actividade.              Terminada toda a exposición, a clase aprobará ou rexeitará a ponencia.
                                          Pódese considerar aprobada se conta coa maioría absoluta dos votos.




                                          Para incrementar o impacto sensibilizador do traballo realizado, o
              Conclusións                 alumnado pode difundir as ponencias aprobadas no seu contorno.
                                          Suxírese, por exemplo, utilizar a web ou blog do centro educativo,
                                          elaborar presentacións para levar ás titorías doutros cursos ou escribir
                                          cartas de opinión a diferentes periódicos ou foros na rede.




            Actividade de mobilización
                                                    Ver páxina 21




                                                                                                                     13
© Alboan
Obxectivos

1 Reflexionar e concienciar sobre a situación da calidade da educación a través da análise do papel do profesorado
  como elemento decisivo no impulso do desenvolvemento persoal e colectivo, partindo da propia experiencia e da
  análise da realidade nacional e internacional.

2 Considerar que actuacións son posibles a curto e medio prazo no ámbito global e local que fagan posible o exercicio
  pleno do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas.



Actividade 1. Profesorado en escena

Para formular a reflexión, propoñerase ao alumnado realizar unha escenificación na que cada membro do grupo
se converta en profesor ou profesora durante 3 minutos. Para iso os pasos que se deben seguir serán:


                                                                     Cada persoa pensará nalgún tema para
                                                                     presentalo aos demais.


                                                                     Unha vez escollido o tema, a persoa elixirá
                                                                     tamén a maneira de presentalo ao grupo.
                                                                     Para iso pensará no perfil de profesor ou
                                                                     profesora que deberá representar. A metade do
                                                                     grupo terá unha tarxeta verde e a outra unha
                                                                     vermella, que definirán parte do seu perfil. Os
                                                                     que teñan a tarxeta verde deberán representar
                                                                     o bo educador ou a boa educadora; os que a
                                                                     teñan vermella, o contrario.


          Realizaranse as dramatizacións para o resto do grupo. Suxírese que estas sexan rexistradas en vídeo.
          Despois das dramatizacións, comentarase en grupo o observado a partir de preguntas como: que
          sentistes?, en que rol estivestes máis cómodos?, que características se asociaron ao rol de bo e mal
          profesor ou profesora?, que recordos vos trouxo este exercicio? Houbo coincidencias, desacordos?
          Cales?


          Para afondar na reflexión ao redor do estado da educación a nivel nacional e internacional, proponse a
          lectura, análise e discusión de material de apoio (artigos, vídeos ou outro elemento de actualidade)
          citados na bibliografía recomendada desta unidade.


           Con todo o reflexionado, proponse elaborar un informe ou documento de síntese onde se recollan as
           principais conclusións extraídas sobre a relación entre a calidade da educación e o profesorado
           capacitado para o bo desenvolvemento persoal e colectivo.



14
Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade




                                                                                                Proponse ao alumnado buscar unha
© Dani Villanueva/Entreculturas




                                                                                                fotografía (revistas, periódicos, Internet,
                                                                                                etc.) que reflicta, segundo a consideración
                                                                                                de cada un, algunha ou algunhas das
                                                                                                condicións que debe ter o bo exercicio da
                                                                                                tarefa educadora con persoas adultas.




                                      Coas fotografías recollidas e os comentarios do alumnado elabórase unha presentación a partir das
                                      seguintes preguntas:

                                      Que condicións apareceron? Houbo coincidencias, desacordos? Con que aspecto ou aspectos se relacionan
                                      as condicións sinaladas: formación, contexto, recursos, relación docente-alumnado, investimento en
                                      educación, etc.?

                                      En caso de que as fotografías teñan un contexto identificado, suxírese tamén tratar de afondar na situación da
                                      educación desa realidade particular buscando a información pertinente de contexto.


                                      Completarase o proceso formulando un debate final que responda a pregunta: que actuacións son posibles
                                      para o exercicio do dereito a unha educación de calidade de todos os actores involucrados (docentes e
                                      alumnado)?


                                      Para preparalo, proponse ás alumnas ou alumnos informarse sobre campañas e iniciativas da sociedade
                                      civil (ONG) e gobernos en favor dunha educación de calidade a nivel nacional e internacional. Que aspectos
                                      priorizan? Son suficientes? Cales son os seus puntos fortes e os seus puntos débiles?



                                  Actividade de mobilización
                                                                                      Ver páxina 21




                                                                                                                                                   15
© Pablo Funes/Entreculturas
Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundo

Obxectivos

1 Fomentar o espírito crítico a través da análise da situación actual da educación e o papel dos docentes ou das
  docentes, tanto a escala local como global.

2 Concienciar da importancia dun profesorado capacitado para impulsar o desenvolvemento das capacidades persoais
  e colectivas.

Contidos

     Conceptos: dereito á educación, desigualdade, potencialidades persoais e colectivas, importancia da formación
     dos docentes e das docentes.

     Habilidades: desenvolvemento de comunicación verbal; resolución pacífica de conflitos.

     Actitudes: crítica ante situacións de necesidade e desigualdade, participativa e de colaboración entre os
     membros do equipo; busca de consenso.

Duración

2 horas

Desenvolvemento


     Proponse un xogo de roles
     para dar a coñecer as
     diferentes realidades do
     profesorado en varios países.
     Tratando de poñer ás nenas e
     aos nenos no lugar destes
     profesores e profesoras,
     traballarase para coñecer e
     valorar a importancia e
     dificultades que estes teñen
     para desenvolver o seu
     traballo. Para iso é importante
     definir ben os perfís do
     profesorado.




16
Propóñense dúas
    adaptacións segundo
    a idade:

    * Adaptación 1:
    desde 12 ata 14 anos

    * Adaptación 2:
    a partir de 15 anos




Divídense ás persoas participantes en grupos de 4-5 persoas, tantos como perfís de profesorado se elixan para xogar,
podendo engadir e suprimir os que se consideren necesarios. Cada grupo escollerá e asumirá como propia a situación
dun dos perfís das profesoras ou profesores que se representan e preparará a exposición dun tema para a súa propia clase
ou grupo; por exemplo, a clasificación dos seres vivos para rapazada de 12 anos na primeira adaptación, ou preparar unha
clase para primaria sobre a fotosíntese, nunha aula con conflitos de violencia, para a segunda.

Para iso o grupo deberá ter en conta as dificultades que se encontrará: medios materiais, realidade dos seus educandos,
a súa formación...

O xogo desenvólvese en 6 etapas:


       Cada grupo reúnese por separado para preparar a súa clase, en función das claves que mostra a súa ficha,
       podendo acompañar a súa posterior exposición con gráficos, debuxos, etc., segundo as posibilidades de
       cada realidade. Para iso consultará, co apoio da educadora ou educador, información de contexto sobre a
       situación da educación en cada país que deberá reflectir na súa posterior dramatización.

       Cada grupo elixirá un dos seus membros para que represente a profesora ou profesor que expoña a
       clase. O resto do grupo comportarase como o alumnado, describindo a situación que mostra a tarxeta.
       Pódense incorporar, adaptadas por idades, situacións que o profesorado debe resolver, como un conflito na
       clase, falta de asistencia de alumnado, inundacións que inhabilitan a aula habitual...

       Cada grupo desenvolve a súa posta en escena, mentres o resto observa e toma notas do que sucede.

       Cando todos os grupos deron a súa clase, ábrese un debate e coméntanse con todos os grupos prestando
       especial atención ás diferenzas en relación cos recursos, instalacións, preparación do profesorado... e en
       como estas inflúen na aprendizaxe das nenas e nenos.

       Avaliación final sobre a situación do profesorado e todo o aprendido. É un bo momento para, co apoio do
       formador ou formadora, sacar conclusións colectivas e buscar alternativas aos retos e dificultades ás que se
       enfronta o profesorado actualmente. Para iso é fundamental afondar na análise crítica, a explicación das
       realidades expostas e o descubrimento das súas causas con preguntas como: que sucedeu? Participaron?
       Como se sentiron? Que observaron? Conseguiron alcanzar os obxectivos propostos?

       Sensibilización. Para incrementar o impacto do aprendido, tratarase de recoller as solucións nun soporte
       gráfico e visible por todos (carteis, paneis, revistas, web, etc.) e expoñer as ideas resultantes da posta en
       común para difundilas posteriormente na súa comunidade.




                                                                                                                       17
Listaxe de posibles profesoras ou profesores




                                             Son mestra de educación primaria nunha escola rural
                                             dunha vila de Santa Cruz de Tenerife (España). Estudei
                                             en Madrid a diplomatura de Educación Primaria e
                 Noemí                       posteriormente seguín formándome. Gustaríame poder
                                             contar con novas tecnoloxías na aula (xogos interactivos e
                                             demais) pero non hai orzamento. Este ano ampliaron o
                                             número de alumnado por clase, polo que non podo atender
                                             as necesidades específicas de cada alumna ou alumno; e
                                             reduciron as clases de apoio para os menores de orixe
                                             inmigrante ou con problemas de aprendizaxe.

                                             Este ano por causa da crise moitos nenos e nenas tiveron
                                             problemas para conseguir os libros necesarios pero
                                             solucionámolo pedíndollelos ás editoriais ou ao alumnado
                                             de anos anteriores.

                                             A escola é rural ou unitaria, polo que alumnas e alumnos de
                                             diferentes idades están na mesma clase. Estou preocupada
                                             porque as escolas rurais están no punto de mira da
                                             Administración. Todas as nenas e nenos viven na vila, polo
                                             que están moi preto da escola.




                                             Son mestre de escola nunha aldea preto de Lokoja
                                             (Nixeria). Non puiden realizar a educación secundaria
                                             porque debía traballar na agricultura coa miña familia e
                                             tardaba máis de hora e media por traxecto andando. Aínda
                 Kayode                      que non finalizara os meus estudos, conseguín o posto de
                                             profesor da escola. O soldo é baixo, pero coa nosa horta e
                                             algúns agasallos dos nenos temos bastante para vivir a
                                             miña muller, os meus fillos e mais eu. As miñas irmás non
                                             finalizaron a educación primaria porque era necesario que
                                             traballasen para sobrevivir e segundo meus pais “iso non
                                             era cousa de rapazas”. A escola é un gran cuarto onde
                                             están todos os alumnos xuntos.

                                             Estou moi contento porque acabo de recibir un vello
                                             encerado, pero non o utilizamos a miúdo porque non é
                                             doado conseguir xiz. Os nenos e nenas carecen de material
                                             escolar e o que teñen compárteno entre todos e todas.

                                             Durante a tempada de chuvias a escola inúndase e durante
                                             a seca vai moita calor, o que dificulta a continuidade das
                                             clases. Todos os nenos e nenas se portan moi ben, queren
                                             aproveitar todo o tempo porque saben que non poderán
                                             asistir moitos anos á escola. Fan moito esforzo, percorren
                                             máis dunha hora a pé e traballan antes e despois de ir á
                                             escola. É frecuente que pequenas aldeas sexan atacadas
                                             debido aos enfrontamentos entre tribos de diferentes
                                             crenzas. O meu país é un dos países con maior taxa de
                                             persoas analfabetas ou semianalfabetas do mundo e quero
                                             que isto cambie.




18
Son profesor de primaria nunha escola pública de Helsinki
             (Finlandia), unha cidade grande e tranquila, e culturalmente
             bastante homoxénea, xa que as minorías son relativamente
             pequenas. Tiven que pasar varias probas para poder acceder
Harry Skog   aos estudos: exames, entrevistas, resumo dun libro,
             demostración de aptitudes artísticas... Os educadores e
             educadoras contamos cun gran prestixio en Finlandia, xa que
             os nenos e nenas se consideran a maior riqueza e se inviste
             moito en educación. A escola é grande e nova, conta con
             varias salas acondicionadas para actividades lúdico-
             educativas (teatro, música, cine…) e nas clases cóntase con
             material tecnolóxico para todo o alumnado, o que fai que a
             aprendizaxe sexa máis dinámica e entretida para as e os
             menores. Ata 5º curso poténciase a seguridade dos nenos e
             nenas en si mesmos, polo que non se utilizan ata ese
             momento as cualificacións numéricas. Igualmente, préstase
             moita atención ás relacións sociais entre eles e elas. As fins
             de semana as nenas e nenos adoitan acudir a teatros,
             museos e concertos coas súas familias.



             Son profesora dunha escola en Nouakchott (Mauritania).
             É un país musulmán, onde a relixión está moi presente na
             sociedade. Actualmente curso os estudos universitarios de
             maxisterio. Cando rematei secundaria comecei a traballar de
 Fátima      profesora. A escola está situada nun dos barrios máis pobres
             da cidade. Está moi poboado debido a que tras as últimas
             secas moitas familias se trasladaron das vilas á cidade.
             Moitos nenos viven en situacións precarias, e non teñen auga
             potable. Algúns ou algunhas menores teñen que ir antes de
             que comecen as clases ao manancial a por auga corrente. A
             maioría do alumnado son rapaces, sobre todo os maiores, xa
             que en Mauritania é frecuente contraer matrimonio moi novo
             ou que as rapazas queden na casa para axudar a familia.
             Existe unha parte da sociedade que considera que a muller
             está por debaixo do home. Gústame cumprir os preceptos
             relixiosos, e cubro o cabelo co hiyab por decisión propia. A
             escola está nun edificio vello e sucio. As menores e os
             menores deben sentar no chan. Moitos carecen de material
             escolar. Para a lectura adoita utilizarse o Corán, xa que non
             dispoñemos de gran número de libros de lectura.



             Nacín en Lima, pero decidín ser profesor nunha pequena
             escola nunha vila dos Andes peruanos. Puiden finalizar os
             meus estudos porque meus pais tiñan unha tenda que nos
             permitía vivir comodamente, pero moitas compañeiras e
Marcelo      compañeiros tiveron que abandonar por motivos económicos.
             Os meus alumnos e alumnas son indíxenas, e viven da
             agricultura, gandería ou minería, é un traballo duro e con
             poucos ingresos. Moitas nenas e nenos sofren desnutrición,
             polo que lles ofrecemos leite e algo de comer na escola. Sei
             que algúns abandonarán a aldea e irán á cidade buscar unha
             oportunidade, aínda que a maioría terminará sobrevivindo na
             rúa exercendo traballos moi duros. A sociedade peruana
             segue moi dividida culturalmente e as persoas indixenas teñen
             menos oportunidades e sofren discriminación e marxinación.
             Considero imprescindible que os nenos e nenas teñan boa
             educación para que poidan defender os seus dereitos e as
             súas terras. A escola foi construída polas familias.




                                                                        19
Observacións para as educadoras e os educadores:

               * As adaptacións por idades realizaranse en función da complexidade do tema escollido
               para traballar a dramatización, así como a profundidade de traballo, análise e reflexión
               sobre cada punto tratado na posta en común, debate e conclusións finais.

               * Para as e os maiores de 14 proponse, sempre que se dispoña de tempo, realizar esta
               dinámica en dúas sesións, co obxectivo de ampliar a información que se dá sobre a
               situación do profesorado no mundo. Deste modo poderían achegarse máis ás realidades
               existentes, e o debate sería de maior riqueza.

               Para iso suxírense os recursos seguintes:

               –– Fagámolo ben. Acabar coa crise na educación das nenas.
               https://www.box.com/shared/xk3ts57r0q0kubudqy19

               –– Os mozos e as competencias: traballar coa educación. UNESCO 2012.
               http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002175/217509S.pdf

               –– Global education digest 2011. Comparing Education Statistics Across the World.
               UNESCO.
               http://www.uis.unesco.org/Library/Documents/global_education_digest_2011_en.pdf

               –– Educación en Finlandia. Embaixada de Finlandia.
               http://www.finlandia.es/public/default.aspx?nodeid=36870&contentlan=9&culture=es-ES

               * De ser posible, recorrer a persoas convidadas que, como representantes de diversas
               entidades oficiais e particulares, poidan expoñer os seus enfoques sobre o estado da
               educación nos diferentes contextos reflectidos. A partir deles, o grupo pode establecer
               un debate que valore a coherencia e validez das clases desenvolvidas por cada un deles.




Actividade de mobilización
                                          Ver páxina 21




20
Actividade para todos os niveis




Obxectivos:

1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos
  países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015.

2 Participar na actividade de mobilización mundial.




                                Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de
                                persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai
                                escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os
                                gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con
                                adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para
                                esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para
                                Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un
                                elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha
                                Educación de calidade.



COMO PARTICIPAR NA AULA?


Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilización
que se leva a cabo en todo o mundo.

O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha
ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver
aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente
nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no
mundo.




                                                                                                                  21
Paso 1                         Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa
                                    salientar logo de traballar o tema.


Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di-
ferentes.

Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di-
vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación,
a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante o
profesorado?

Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces.



                                    En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma
     Paso 2                         de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño
                                    maior.



Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili-
dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade.

A nube de palabras pode presentarse de dúas formas:

* En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa-
labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron.

Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centro
convocado polo equipo da campaña.

* En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org).


     Paso 3                         Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa.

                                    Como o facemos?

* En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás do
resto de centros e persoas que participen na SAME.

* En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primaria
que faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado que
elaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es).

Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes.




                      A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, como
                      docentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por iso
                      queremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentes
                      modos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...).

                      Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindible
                      que rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org




22
da proposta
                                                  didáctica de Secundaria,
                                                  Bacharelato, Persoas
                                                  adultas e Educación
                                                  Non Formal
                                                 SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL
                                                 POLA EDUCACIÓN 2013




NOME DO CENTRO/GRUPO




ENDEREZO, CP, LOCALIDADE




CORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTO




QUE NIVEIS PARTICIPARON?

  1º ciclo ESO

  2º ciclo ESO

  Ciclos formativos

  Bacharelato

  Educación de Persoas Adultas

  Grupo de educación non formal


CANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS)




DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/AS


Nome                                    Enderezo electrónico




                                                                             23
PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS?




VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E A
ADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO.


Educación Secundaria

Primeiro ciclo

–   Obxectivos                                                           1   2   3   4    5
–   Actividade 1. A aventura da educación                                1   2   3   4    5
–   Actividade 2. O profesorado no mundo                                 1   2   3   4    5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                       1   2   3   4    5

Segundo ciclo

– Obxectivos                                                             1   2   3   4    5
– Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas         1   2   3   4    5
– Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado
 formado e suficiente                                                    1   2   3   4    5
– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                         1   2   3   4    5

Bacharelato

–   Obxectivos                                                           1   2   3   4    5
–   Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente             1   2   3   4    5
–   Actividade 2. Ponencia política                                      1   2   3   4    5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                       1   2   3   4    5

Educación de Persoas Adultas

–   Obxectivos                                                           1   2   3   4    5
–   Actividade 1. Profesorado en escena                                  1   2   3   4    5
–   Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade   1   2   3   4    5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                       1   2   3   4    5

Educación Non Formal

– Obxectivos                                                             1   2   3   4    5
– Actividade 1. Profesoras ou profesores polo mundo                      1   2   3   4    5
– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                         1   2   3   4    5


VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS


– Cantidade de materiais recibidos                                       1   2   3   4    5
– Data de recepción dos materiais                                        1   2   3   4    5
– Posibilidade de inclusión da proposta na programación
 do centro ou colectivo                                                  1   2   3   4    5
– Interese en traballar a SAME en vindeiros anos                         1   2   3   4    5


OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA




24
Queremos coñecer a opinión do
     alumnado sobre a SAME e os
     materiais. Anímaos a entrar en
     www.cme-espana.org e completar
     o cuestionario en liña.




Para a Campaña Mundial pola
Educación é moi importante coñecer
que persoas participaron na SAME.

Por iso che pedimos que rexistres a
participación do teu centro en
www.cme-espana.org

A vosa opinión é moi importante para
que poidamos seguir mellorando.
Completa este cuestionario e:

* envíao por fax ao 91 590 26 73

* ou complétao directamente na web.
* Rexistra a túa participación na SAME
           Entra en
                                                                 * Fai a túa nube de palabras e pon profes
           www.cme-espana.org                                    no mapa

                                                                 * Completa a avaliación dos materiais
                                                                 didácticos




A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:




Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:




Cofinancian:

                                                                                   Deseño e ilustracións: Maribel Vázquez
                                                                                   Traducións: Reverso

More Related Content

Similar to Sen profes non hai escola secundaria

Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariasatelite1
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfDavidMSeoane
 
Proxectotic
ProxectoticProxectotic
Proxectoticjcgalanp
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfDo que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfcursobarouta
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponenciasatelite1
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)satelite1
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Grupo PREMIR
 
Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2satelite1
 
Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)teteg662
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 

Similar to Sen profes non hai escola secundaria (20)

Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
 
Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Proxectotic
ProxectoticProxectotic
Proxectotic
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfDo que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
 
Educ.adul.dist.outubro.07
Educ.adul.dist.outubro.07Educ.adul.dist.outubro.07
Educ.adul.dist.outubro.07
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2
 
Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Sen profes non hai escola secundaria

  • 1. PROPOSTA DIDÁCTICA PARA SECUNDARIA, BACHARELATO, PERSOAS ADULTAS E EDUCACIÓN NON FORMAL SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 22-28 de abril de 2013
  • 2. ÍNDICE Introdución 1 Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación Obxectivos xerais da proposta didáctica Consideracións xerais Para afondar... Primeiro Ciclo Educación Secundaria 5 Obxectivos e competencias Actividade 1. A aventura da educación Actividade 2. O profesorado no mundo Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Segundo Ciclo Educación Secundaria 8 Obxectivos e competencias Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Bacharelato 10 Obxectivos e capacidades Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do profesorado para unha educación xusta” Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Educación de Persoas Adultas 14 Obxectivos Actividade 1. Profesorado en escena Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Educación Non Formal (12-99 anos) 16 Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundo Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Actividade para todos os niveis. Pon profes no mapa 21 Avaliación 23 © Foto de portada: G.M.B. Akash Panos/ActionAid
  • 3. INTRODUCIÓN A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN © Sergi Cámara/Entreculturas PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO PROFESORADO E NA IMPORTANCIA DE CONTAR CON DOCENTES COA ADECUADA FORMACIÓN, MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO. O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en 2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os que asisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca- lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivir xuntos e a ser”. Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despois de dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di- versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe. O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes- tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educación primaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos da SAME en 2013. Ben formado Falta de Motivado profesorado Ben remunerado Tratado como profesional e non como persoa que presta servizos Desde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidade real. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con- dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesión docente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais, é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas. É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que en ocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio- lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade. 1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf 1
  • 4. © Lorena Andrés/Entreculturas Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundo baseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente e o entendemento internacional e intercultural. A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas. Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, a eliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acolle nenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida. Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investir en educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro- fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un elemento fundamental do Dereito á Educación. Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso- rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces. En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño maior. O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no mundo. A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá, cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñecer os valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais, en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe- rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver. A CME/SAME a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividades agradece desta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estas suxestións e as poñen en marcha co seu alumnado. Desta maneira confirman o seu compromiso coa construción dun mundo mellor e co poder transformador da educación. 2
  • 5. OBXECTIVO XERAL DA SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN Sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado, remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas. OBXECTIVOS XERAIS DA PROPOSTA DIDÁCTICA 1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educación básica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito. 2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental para o desenvolvemento das persoas e as comunidades. 3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todas as persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade. CONSIDERACIÓNS XERAIS * As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos de educación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.). * Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras, facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal. * Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode ser realizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc. * As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para ser utilizadas con alumnado doutros niveis. * O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en función das características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc. * Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses de xaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo o mundo). * Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas as ligazóns que aparecen neste material. 3
  • 6. PARA AFONDAR... Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro- fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas. Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividades e materiais. Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores: 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 Dereito Dereito á Financiamento Alfabetización Educación Dereito á Docentes a unha educación da educación de persoas e exclusión educación educación de mulleres novas e temperá de e nenas adultas calidade Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain) podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema. Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre a importancia do profesorado. Bibliografía complementaria: Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012. Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco. Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006. Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005. http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004. http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdf Películas que abordan o tema do profesorado: Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011 Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999 La clase. Laurent Cantet. 2008 Profesor Holland. Stephen Herek. 1995 Ser y tener. Nicolas Philibert. 2001 4
  • 7. © Alboan Obxectivos 1 Comprender a importancia da educación como un elemento clave para romper o círculo da pobreza e o papel do profesorado como elemento fundamental para unha educación de calidade. 2 Asumir como cidadás e cidadáns activos a nosa responsabilidade na defensa dunha educación de calidade e comprender que todas as persoas podemos facer algo a nivel global e local. Competencias Autonomía e iniciativa persoal Social e cidadá Actividade 1. A aventura da educación Proponse elaborar entre todos e todas un mapa de ideas © Sergi Cámara/Entreculturas reflexionando ao redor do concepto educación. Para a súa elaboración suxírense as seguintes preguntas: * Que é a educación para nós? * Por que é importante a educación? * Para que serve? A partir do mapa, individualmente ou en grupo elabórase unha definición do concepto “educación”. Para completar a reflexión e enriquecer a definición elaborada compártese a definición de educación recollida na Decla- ración Universal dos Dereitos Humanos. Artigo 26 Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, cando menos respecto da instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional deberá ser xeneralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para todas as persoas,... 5
  • 8. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz... * Como é a educación que queda definida neste artigo? Que características ten? Que obxectivos persegue? Unha educación de calidade ofrece oportunidades de pleno desenvolvemento da persoa e dos países. A maior e mellor educación existen maiores e mellores ferramentas para traballar en favor do crecemento e do desenvolvemento dos pobos. * Que factores son necesarios para ter unha boa educación, unha educación de calidade? * É importante a figura da mestra ou mestre para lograr unha boa educación? Por que? Proponse ao alumnado realizar (de forma individual, por parellas ou grupos) entrevistas a un profe ou unha profe. A metade da clase entrevistará profesionais en activo e a outra metade persoas retiradas da actividade docente para coñecer a súa experiencia docente. Interesa saber as motivacións que levaron ás persoas de cada testemuño a escoller e exercer esta profesión, así como a formación e capacitación que tiveron para desenvolver a súa tarefa. Interesa tamén coñecer os principais facilitadores e obstáculos encontrados no exercicio desta e a súa opinión sobre a importancia desta profesión para o desenvolvemento individual e colectivo. As entrevistas realizadas compartiranse co resto da clase, e coa axuda da profesora ou profesor salientaranse as ideas máis relevantes, coincidencias, diferenzas xurdidas, etc., para a elaboración das conclusións. Para fortalecer a idea da necesidade do exercicio do pleno dereito a unha educación de calidade e a importancia que nela ten a figura da mestra ou mestre proponse divulgar estas entrevistas e as súas conclusións en formatos di- versos como vídeo, radio, revista escolar, blog, web, etc. Actividade 2. O profesorado no mundo Co fin de coñecer diferentes realidades educativas pescudarase en grupos sobre algúns países do mundo, como por exemplo Togo, Indonesia, Brasil ou Paquistán. Para comezar, buscaranse datos de contexto fundamentais de cada un deles como localización, poboación, situación do país en relación con outros países, etc. (Pódese acceder a máis información sobre o estado da educación destes países no material publicado na páxina web da Campaña Mundial pola Educación). 6
  • 9. © Umar Farooq/ActionAid © Ayuda en Acción Coa información recompilada tratarase de responder as seguintes preguntas: Cantos alumnos ou alumnas teñen de media por docente? Cal é o nivel de estudos das profesoras e profesores destes países? En que condicións realiza o seu traballo como profesor ou profesora? Para facilitar a reflexión conxunta, cada grupo presentará ante o resto do grupo a realidade do país estudado. Para a posta en común posterior suxírense as seguintes preguntas: * Que diferenzas se atopan na realidade da situación do profesorado de cada país? * Que cousas en común se identificaron? * Que datos chamaron máis a nosa atención? Por que? * Que condicións necesita unha profesora ou profesor para realizar ben o seu traballo? * Como podemos apoiar o labor das profes e dos profes do mundo? * Como apoiar o labor das nosas profesoras e profesores na nosa aula e no noso colexio? Con toda a información recompilada propoñerase ao alumnado deseñar unha acción que plasme as conclusións extraídas do traballo previo e sirva para sensibilizar o centro ou a comunidade sobre a importancia de apoiar a educación de calidade e o labor do profesorado. Como exemplo suxírese o seguinte un manifesto, exposición, decálogo, etc., que poida ser difundido a través da web, blogs, revistas, radio, etc. Actividade de mobilización Ver páxina 21 7
  • 10. © Georgie Scott/ActionAid Obxectivos 1 Descubrir a importante relación positiva entre gasto en educación, calidade da educación e calidade de vida para inverter o círculo de pobreza no mundo. 2 Recoñecer accións individuais e colectivas para reivindicar o dereito á educación de calidade a nivel local e global. Competencias Social e cidadá Artística Actividade 1. Financiamento para unha educación para todos e todas SUECIA 6,7% Proponse ao alumnado observar e analizar os ESPAÑA 4,4% seguintes datos. Son os máis recentes dos que dispón a Unesco (2010) referentes á CHILE 3,4% porcentaxe que cada un dos seguintes países GUATEMALA 3,2% inviste en educación en relación co seu produto interior bruto (PIB). PAKISTÁN 2,9% ANGOLA 2,6% Para mellorar a comprensión da actividade, en primeiro lugar pediráselle ao alumnado que busque ou recorde o significado de PIB e Unesco. Despois, propoñeráselle que complete a información referente a estes seis países e que busque unha serie de datos que considere significativos para recoñecer a importancia e relación entre o investimento en educación e a calidade de vida nun país, como por exemplo renda per cápita, esperanza media de vida e seguridade cidadá, etc. Tras esa recollida de datos, realizarase unha posta en común da información e debaterase sobre os datos suxeridos. Propoñerase redactar unha conclusión escrita e razoada do traballado. Para finalizar a actividade e completar a reflexión proponse consultar o artigo seguinte que establece unha relación entre os triunfos na Champions League de fútbol e o número de Premios Nobel de áreas científicas en diferentes países de Europa, claramente relacionada coa calidade da educación existente en cada un dos países. http://www.principiamarsupia.com/2012/08/20/espana-1-premio-nobel-por-cada-6-champions/ Despois da lectura proponse que o alumnado realice, con todo o reflexionado, unha breve valoración persoal por escrito, coa súa opinión e conclusións. E a partir de aquí realizar un debate co grupo que xire ao redor da importancia de investir en educación para o desenvolvemento das persoas e os pobos. 8
  • 11. Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente Presentarase ao alumnado o clip do tema The Wall, do grupo Pink Floyd. Despois da súa visualización, formularanse as seguintes preguntas para ser respondidas individualmente: Cal é a idea principal da canción? Que modelo educativo se critica e cal se ofrece como alternativa desexable? Cres que a función dunha ou dun docente é ensinar/instruír ou educar? Coñeces máis cancións que falen sobre modelos de educación? Cales? Que din? Iniciativas como a Campaña Mundial pola Educación perseguen concienciar para lograr o cumprimento do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas a nivel local e internacional. Coñeces algunha máis? Cales? Individualmente ou en grupo pediráselles citar (ou buscar, no caso de dispoñer de máis tempo) un exemplo destas e presentala ao resto de compañeiras e compañeiros a partir de preguntas como: quen son as promotoras ou promotores da iniciativa? Que denuncian? Que obxectivos se fixan? Que estratexia usan para logralos? Nesta liña e despois de todo o reflexionado na posta en común, por grupos mixtos de 4 ou 5 persoas, propoñerase a realización dalgunha das seguintes actividades de sensibilización para difundir entre a súa comunidade: * Redacción dunha carta para presentarlles ás administracións públicas competentes (central, autonómica e/ou local) na que se xustifique por que resulta rendible investir en educación e, en concreto, na formación continua dos profesores e profesoras. * Elaboración dun slogan que resuma unha reivindicación vixente e pertinente no ámbito educativo a nivel local ou internacional. * Elaboración dun cartel con imaxes (tipo publicidade) que demande investimento ou esforzo por parte do Estado no plano educativo e na formación das profesoras e profesores nos países empobrecidos. * Creación dun vídeo que expoña de forma crítica (reivindicativa, humorística, etc.) o dereito á educación e o deber dos poderes públicos por garantila de modo efectivo e universal, en especial facendo referencia á necesidade de investimento na escola e no profesorado. Actividade de mobilización Ver páxina 21 9
  • 12. © Marcelo Benítez/Ayuda en Acción Obxectivos 1 Reflexionar sobre a importancia do investimento público en mantemento e formación de profesorado como forma de protección do dereito universal a unha educación de calidade para todas as persoas. 2 Analizar criticamente a calidade da educación a nivel local e global utilizando diferentes indicadores e propoñer iniciativas e accións persoais e colectivas que permitan mellorar o cumprimento do dereito universal á educación para todos e todas. Capacidades Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación. Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social. Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente Con esta actividade preténdese que o alumnado de bacharelato, que xa percorreu moitos anos no sistema educativo, reflexione sobre o proceso do que forma parte e sobre a formación do profesorado, como parte fundamental dun sistema © InteRed educativo de calidade e para todos e todas. De forma individual ou en grupos, o alumnado investigará, reflexionará e responderá as actividades seguintes: Adoita ser gratificante para o alumnado e o profesorado reencontrarse cun mestre ou mestra que hai anos participou na súa educación. Esta actividade danos un bo pretexto para un encontro. Propoñemos ao alumnado que investigue como é a formación inicial (antes de empezar a traballar) e permanente (ao longo do tempo de desempeño profesional) do profesorado. Que pregunten a un docente de educación infantil, a outro de educación primaria e a un terceiro de educación secundaria ou bacharelato que lles desen clase como foi a súa formación inicial e permanente, para que lles serviu e como a mellorarían. 10
  • 13. Nalgúns países empobrecidos, e hai anos tamén en España, sobre todo en zonas rurais, unha porcentaxe de postos docentes son ocupados por persoas das comunidades sen titulación profesional pero que destacaron na súa educación secundaria. Este profesorado ocupa interinamente o posto dun docente profesional. Por que se pensa que ocorre maioritariamente en comunidades illadas? Pensan que isto pode xerar algún tipo de discriminación en relación coa poboación urbana? Que medidas se propoñen para afrontar esta situación? Proponse que o alumnado analice o caso dunha profesora de tecnoloxía e un profesor de ciencias que empezaron a traballar en 1979. Que consecuencias concretas tería para o alumnado o feito de non existir formación permanente do profesorado? Axuda Oficial ao Desenvolvemento: no cadro pódese ver, da cantidade que o Goberno español destina á axuda a outros países en educación, que cantidade se destina a formación do profesorado. En relación con outras partidas considérase escaso ou excesivo? Que consecuencias se cree que pode ter para a educación non investir suficientemente en formación do seu corpo docente? Distribución por sectores da AOD bruta total española destinada a educación entre 2007 e 2010 (millóns de euros) Media % sobre 2010 % sobre Descrición sector 2007-09 AOD bruta AOD bruta educación educación Educación, nivel non especificado 113,58 30,8% 129,74 35,7% Política educativa e xestión administrativa 56,61 15,4% 82,46 22,7% Servizos e instalacións educativos e formativos 34,61 9,4% 33,97 9,4% Formación de profesores 8,67 2,4% 4,66 1,3% Investigación educativa 13,70 3,7% 8,65 2,4% Educación básica 132,77 36,1% 130,93 36,1% Educación primaria 110,09 29,9% 112,08 30,9% Capacitación básica de persoas mozas e adultas 19,57 5,3% 13,73 3,8% Educación primeira infancia 3,11 0,8% 5,11 1,4% Educación secundaria 53,73 14,6% 48,89 13,5% Educación secundaria 7,50 2,0% 13,75 3,8% Formación profesional 46,23 12,6% 35,14 9,7% Educación pos-secundaria 68,18 18,5% 53,35 14,7% Educación universitaria 63,17 17,2% 46,42 12,8% Formación superior técnica e de dirección 5,02 1,4% 6,93 1,9% TOTAL AOD MULTILATERAL EDUCACIÓN 368,27 100,0% 362,90 100,0% Fonte: A axuda en educación a exame. Alboan, Entreculturas, Fundación ETEA 2012. Farase unha posta en común de todas as respostas e pedirase ao alumnado que, ademais de chegar a conclusións xerais do grupo, estas sirvan de base para algún tipo de acción. O grupo pode decidir como quere intervir, por exemplo elaborando un documento para publicar no blog do centro, deseñando un cartel publicitario de sensibilización, pedindo a participación do profesorado e persoal non docente, do resto do alumnado ou as familias na actividade de mobilización da SAME. 11
  • 14. Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do profesorado para unha educación xusta” Esta actividade pretende que o alumnado coñeza e reflexione sobre algúns exemplos de formación do profesorado no mundo, empezando pola do seu contorno inmediato. A partir dese punto, primeiro en comisións e logo en conxunto, debaterase unha ponencia consensuada para a mellora da formación do profesorado, co obxectivo final dunha educación de © Alboan calidade, inclusiva, equitativa e con vocación global. * Artigo sobre a formación do profesorado en Finlandia, un país referente en educación: Preparación das ponencias http://revista.universidaddepadres.es/index.php?option=com_content& view=article&id=414&Itemid=338 O profesorado dividirá a clase en 3 ou 4 grupos * Artigo do periódico El Mundo sobre o financiamento da educación e, mixtos que traballarán, os en concreto, a da formación permanente do profesorado, nunha situación días anteriores á actividade de crise económica. central e co apoio do profesorado, os artigos http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/03/espana/1333453157.html cuxas ligazóns de Internet se indican a continuación. * Documento da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) sobre as metas educativas e indicadores de avaliación que se pretenden para a comunidade, incluído o noso país, para 2021 É un documento importante para a preparación das ponencias, non só pola meta 20 e 21 que afecta especificamente á formación inicial e permanente do profesorado, senón a todas as metas que axudan a definir como se debe formar os principais axentes para conseguilas: os docentes e as docentes. http://www.oei.es/metas2021/c4.pdf * Un breve parágrafo que resuma os obxectivos que se perseguen (5 a Redacción da 10 liñas). ponencia política * Unha sinxela descrición de quen, como e cando se elaborou e a forma A ponencia debatida e de aprobación (5 a 10 liñas). aprobada non debe ser breve e concisa e suxírese * Que ferramentas (cursos presenciais, exames periódicos ao profesorado, formación semipresencial ou teleformación, grupos de que inclúa, cando menos, traballo) se propoñen como máis eficaz e viable, valorando as diferentes os apartados seguintes. posibilidades económicas dos países ou as situacións de crise? 12
  • 15. * Que características se cre que debe ter unha profesora ou un profesor para que traballe na consecución das metas educativas 2021 para a Comunidade Iberoamericana? * Como se cre que debería ser a formación docente no seu instituto ou colexio? * Poden facer algo o alumnado, as familias ou a sociedade para contribuír a unha formación docente de calidade? © InteRed * Que papel debe desempeñar a formación do profesorado nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento? * Que indicadores obxectivos se propoñen para avaliar os resultados da posta en práctica da ponencia dentro de 15 anos? Como se se tratase dun congreso político, o grupo escollerá 4 ou 5 ponentes que, coa axuda dunha presentación, irán expoñendo a toda a Debate e aprobación clase o contido do documento. Despois da exposición de cada da ponencia apartado, abrirase un período de debate coa posibilidade de incorporar emendas. É a parte máis importante da actividade. Terminada toda a exposición, a clase aprobará ou rexeitará a ponencia. Pódese considerar aprobada se conta coa maioría absoluta dos votos. Para incrementar o impacto sensibilizador do traballo realizado, o Conclusións alumnado pode difundir as ponencias aprobadas no seu contorno. Suxírese, por exemplo, utilizar a web ou blog do centro educativo, elaborar presentacións para levar ás titorías doutros cursos ou escribir cartas de opinión a diferentes periódicos ou foros na rede. Actividade de mobilización Ver páxina 21 13
  • 16. © Alboan Obxectivos 1 Reflexionar e concienciar sobre a situación da calidade da educación a través da análise do papel do profesorado como elemento decisivo no impulso do desenvolvemento persoal e colectivo, partindo da propia experiencia e da análise da realidade nacional e internacional. 2 Considerar que actuacións son posibles a curto e medio prazo no ámbito global e local que fagan posible o exercicio pleno do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas. Actividade 1. Profesorado en escena Para formular a reflexión, propoñerase ao alumnado realizar unha escenificación na que cada membro do grupo se converta en profesor ou profesora durante 3 minutos. Para iso os pasos que se deben seguir serán: Cada persoa pensará nalgún tema para presentalo aos demais. Unha vez escollido o tema, a persoa elixirá tamén a maneira de presentalo ao grupo. Para iso pensará no perfil de profesor ou profesora que deberá representar. A metade do grupo terá unha tarxeta verde e a outra unha vermella, que definirán parte do seu perfil. Os que teñan a tarxeta verde deberán representar o bo educador ou a boa educadora; os que a teñan vermella, o contrario. Realizaranse as dramatizacións para o resto do grupo. Suxírese que estas sexan rexistradas en vídeo. Despois das dramatizacións, comentarase en grupo o observado a partir de preguntas como: que sentistes?, en que rol estivestes máis cómodos?, que características se asociaron ao rol de bo e mal profesor ou profesora?, que recordos vos trouxo este exercicio? Houbo coincidencias, desacordos? Cales? Para afondar na reflexión ao redor do estado da educación a nivel nacional e internacional, proponse a lectura, análise e discusión de material de apoio (artigos, vídeos ou outro elemento de actualidade) citados na bibliografía recomendada desta unidade. Con todo o reflexionado, proponse elaborar un informe ou documento de síntese onde se recollan as principais conclusións extraídas sobre a relación entre a calidade da educación e o profesorado capacitado para o bo desenvolvemento persoal e colectivo. 14
  • 17. Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade Proponse ao alumnado buscar unha © Dani Villanueva/Entreculturas fotografía (revistas, periódicos, Internet, etc.) que reflicta, segundo a consideración de cada un, algunha ou algunhas das condicións que debe ter o bo exercicio da tarefa educadora con persoas adultas. Coas fotografías recollidas e os comentarios do alumnado elabórase unha presentación a partir das seguintes preguntas: Que condicións apareceron? Houbo coincidencias, desacordos? Con que aspecto ou aspectos se relacionan as condicións sinaladas: formación, contexto, recursos, relación docente-alumnado, investimento en educación, etc.? En caso de que as fotografías teñan un contexto identificado, suxírese tamén tratar de afondar na situación da educación desa realidade particular buscando a información pertinente de contexto. Completarase o proceso formulando un debate final que responda a pregunta: que actuacións son posibles para o exercicio do dereito a unha educación de calidade de todos os actores involucrados (docentes e alumnado)? Para preparalo, proponse ás alumnas ou alumnos informarse sobre campañas e iniciativas da sociedade civil (ONG) e gobernos en favor dunha educación de calidade a nivel nacional e internacional. Que aspectos priorizan? Son suficientes? Cales son os seus puntos fortes e os seus puntos débiles? Actividade de mobilización Ver páxina 21 15
  • 18. © Pablo Funes/Entreculturas Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundo Obxectivos 1 Fomentar o espírito crítico a través da análise da situación actual da educación e o papel dos docentes ou das docentes, tanto a escala local como global. 2 Concienciar da importancia dun profesorado capacitado para impulsar o desenvolvemento das capacidades persoais e colectivas. Contidos Conceptos: dereito á educación, desigualdade, potencialidades persoais e colectivas, importancia da formación dos docentes e das docentes. Habilidades: desenvolvemento de comunicación verbal; resolución pacífica de conflitos. Actitudes: crítica ante situacións de necesidade e desigualdade, participativa e de colaboración entre os membros do equipo; busca de consenso. Duración 2 horas Desenvolvemento Proponse un xogo de roles para dar a coñecer as diferentes realidades do profesorado en varios países. Tratando de poñer ás nenas e aos nenos no lugar destes profesores e profesoras, traballarase para coñecer e valorar a importancia e dificultades que estes teñen para desenvolver o seu traballo. Para iso é importante definir ben os perfís do profesorado. 16
  • 19. Propóñense dúas adaptacións segundo a idade: * Adaptación 1: desde 12 ata 14 anos * Adaptación 2: a partir de 15 anos Divídense ás persoas participantes en grupos de 4-5 persoas, tantos como perfís de profesorado se elixan para xogar, podendo engadir e suprimir os que se consideren necesarios. Cada grupo escollerá e asumirá como propia a situación dun dos perfís das profesoras ou profesores que se representan e preparará a exposición dun tema para a súa propia clase ou grupo; por exemplo, a clasificación dos seres vivos para rapazada de 12 anos na primeira adaptación, ou preparar unha clase para primaria sobre a fotosíntese, nunha aula con conflitos de violencia, para a segunda. Para iso o grupo deberá ter en conta as dificultades que se encontrará: medios materiais, realidade dos seus educandos, a súa formación... O xogo desenvólvese en 6 etapas: Cada grupo reúnese por separado para preparar a súa clase, en función das claves que mostra a súa ficha, podendo acompañar a súa posterior exposición con gráficos, debuxos, etc., segundo as posibilidades de cada realidade. Para iso consultará, co apoio da educadora ou educador, información de contexto sobre a situación da educación en cada país que deberá reflectir na súa posterior dramatización. Cada grupo elixirá un dos seus membros para que represente a profesora ou profesor que expoña a clase. O resto do grupo comportarase como o alumnado, describindo a situación que mostra a tarxeta. Pódense incorporar, adaptadas por idades, situacións que o profesorado debe resolver, como un conflito na clase, falta de asistencia de alumnado, inundacións que inhabilitan a aula habitual... Cada grupo desenvolve a súa posta en escena, mentres o resto observa e toma notas do que sucede. Cando todos os grupos deron a súa clase, ábrese un debate e coméntanse con todos os grupos prestando especial atención ás diferenzas en relación cos recursos, instalacións, preparación do profesorado... e en como estas inflúen na aprendizaxe das nenas e nenos. Avaliación final sobre a situación do profesorado e todo o aprendido. É un bo momento para, co apoio do formador ou formadora, sacar conclusións colectivas e buscar alternativas aos retos e dificultades ás que se enfronta o profesorado actualmente. Para iso é fundamental afondar na análise crítica, a explicación das realidades expostas e o descubrimento das súas causas con preguntas como: que sucedeu? Participaron? Como se sentiron? Que observaron? Conseguiron alcanzar os obxectivos propostos? Sensibilización. Para incrementar o impacto do aprendido, tratarase de recoller as solucións nun soporte gráfico e visible por todos (carteis, paneis, revistas, web, etc.) e expoñer as ideas resultantes da posta en común para difundilas posteriormente na súa comunidade. 17
  • 20. Listaxe de posibles profesoras ou profesores Son mestra de educación primaria nunha escola rural dunha vila de Santa Cruz de Tenerife (España). Estudei en Madrid a diplomatura de Educación Primaria e Noemí posteriormente seguín formándome. Gustaríame poder contar con novas tecnoloxías na aula (xogos interactivos e demais) pero non hai orzamento. Este ano ampliaron o número de alumnado por clase, polo que non podo atender as necesidades específicas de cada alumna ou alumno; e reduciron as clases de apoio para os menores de orixe inmigrante ou con problemas de aprendizaxe. Este ano por causa da crise moitos nenos e nenas tiveron problemas para conseguir os libros necesarios pero solucionámolo pedíndollelos ás editoriais ou ao alumnado de anos anteriores. A escola é rural ou unitaria, polo que alumnas e alumnos de diferentes idades están na mesma clase. Estou preocupada porque as escolas rurais están no punto de mira da Administración. Todas as nenas e nenos viven na vila, polo que están moi preto da escola. Son mestre de escola nunha aldea preto de Lokoja (Nixeria). Non puiden realizar a educación secundaria porque debía traballar na agricultura coa miña familia e tardaba máis de hora e media por traxecto andando. Aínda Kayode que non finalizara os meus estudos, conseguín o posto de profesor da escola. O soldo é baixo, pero coa nosa horta e algúns agasallos dos nenos temos bastante para vivir a miña muller, os meus fillos e mais eu. As miñas irmás non finalizaron a educación primaria porque era necesario que traballasen para sobrevivir e segundo meus pais “iso non era cousa de rapazas”. A escola é un gran cuarto onde están todos os alumnos xuntos. Estou moi contento porque acabo de recibir un vello encerado, pero non o utilizamos a miúdo porque non é doado conseguir xiz. Os nenos e nenas carecen de material escolar e o que teñen compárteno entre todos e todas. Durante a tempada de chuvias a escola inúndase e durante a seca vai moita calor, o que dificulta a continuidade das clases. Todos os nenos e nenas se portan moi ben, queren aproveitar todo o tempo porque saben que non poderán asistir moitos anos á escola. Fan moito esforzo, percorren máis dunha hora a pé e traballan antes e despois de ir á escola. É frecuente que pequenas aldeas sexan atacadas debido aos enfrontamentos entre tribos de diferentes crenzas. O meu país é un dos países con maior taxa de persoas analfabetas ou semianalfabetas do mundo e quero que isto cambie. 18
  • 21. Son profesor de primaria nunha escola pública de Helsinki (Finlandia), unha cidade grande e tranquila, e culturalmente bastante homoxénea, xa que as minorías son relativamente pequenas. Tiven que pasar varias probas para poder acceder Harry Skog aos estudos: exames, entrevistas, resumo dun libro, demostración de aptitudes artísticas... Os educadores e educadoras contamos cun gran prestixio en Finlandia, xa que os nenos e nenas se consideran a maior riqueza e se inviste moito en educación. A escola é grande e nova, conta con varias salas acondicionadas para actividades lúdico- educativas (teatro, música, cine…) e nas clases cóntase con material tecnolóxico para todo o alumnado, o que fai que a aprendizaxe sexa máis dinámica e entretida para as e os menores. Ata 5º curso poténciase a seguridade dos nenos e nenas en si mesmos, polo que non se utilizan ata ese momento as cualificacións numéricas. Igualmente, préstase moita atención ás relacións sociais entre eles e elas. As fins de semana as nenas e nenos adoitan acudir a teatros, museos e concertos coas súas familias. Son profesora dunha escola en Nouakchott (Mauritania). É un país musulmán, onde a relixión está moi presente na sociedade. Actualmente curso os estudos universitarios de maxisterio. Cando rematei secundaria comecei a traballar de Fátima profesora. A escola está situada nun dos barrios máis pobres da cidade. Está moi poboado debido a que tras as últimas secas moitas familias se trasladaron das vilas á cidade. Moitos nenos viven en situacións precarias, e non teñen auga potable. Algúns ou algunhas menores teñen que ir antes de que comecen as clases ao manancial a por auga corrente. A maioría do alumnado son rapaces, sobre todo os maiores, xa que en Mauritania é frecuente contraer matrimonio moi novo ou que as rapazas queden na casa para axudar a familia. Existe unha parte da sociedade que considera que a muller está por debaixo do home. Gústame cumprir os preceptos relixiosos, e cubro o cabelo co hiyab por decisión propia. A escola está nun edificio vello e sucio. As menores e os menores deben sentar no chan. Moitos carecen de material escolar. Para a lectura adoita utilizarse o Corán, xa que non dispoñemos de gran número de libros de lectura. Nacín en Lima, pero decidín ser profesor nunha pequena escola nunha vila dos Andes peruanos. Puiden finalizar os meus estudos porque meus pais tiñan unha tenda que nos permitía vivir comodamente, pero moitas compañeiras e Marcelo compañeiros tiveron que abandonar por motivos económicos. Os meus alumnos e alumnas son indíxenas, e viven da agricultura, gandería ou minería, é un traballo duro e con poucos ingresos. Moitas nenas e nenos sofren desnutrición, polo que lles ofrecemos leite e algo de comer na escola. Sei que algúns abandonarán a aldea e irán á cidade buscar unha oportunidade, aínda que a maioría terminará sobrevivindo na rúa exercendo traballos moi duros. A sociedade peruana segue moi dividida culturalmente e as persoas indixenas teñen menos oportunidades e sofren discriminación e marxinación. Considero imprescindible que os nenos e nenas teñan boa educación para que poidan defender os seus dereitos e as súas terras. A escola foi construída polas familias. 19
  • 22. Observacións para as educadoras e os educadores: * As adaptacións por idades realizaranse en función da complexidade do tema escollido para traballar a dramatización, así como a profundidade de traballo, análise e reflexión sobre cada punto tratado na posta en común, debate e conclusións finais. * Para as e os maiores de 14 proponse, sempre que se dispoña de tempo, realizar esta dinámica en dúas sesións, co obxectivo de ampliar a información que se dá sobre a situación do profesorado no mundo. Deste modo poderían achegarse máis ás realidades existentes, e o debate sería de maior riqueza. Para iso suxírense os recursos seguintes: –– Fagámolo ben. Acabar coa crise na educación das nenas. https://www.box.com/shared/xk3ts57r0q0kubudqy19 –– Os mozos e as competencias: traballar coa educación. UNESCO 2012. http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002175/217509S.pdf –– Global education digest 2011. Comparing Education Statistics Across the World. UNESCO. http://www.uis.unesco.org/Library/Documents/global_education_digest_2011_en.pdf –– Educación en Finlandia. Embaixada de Finlandia. http://www.finlandia.es/public/default.aspx?nodeid=36870&contentlan=9&culture=es-ES * De ser posible, recorrer a persoas convidadas que, como representantes de diversas entidades oficiais e particulares, poidan expoñer os seus enfoques sobre o estado da educación nos diferentes contextos reflectidos. A partir deles, o grupo pode establecer un debate que valore a coherencia e validez das clases desenvolvidas por cada un deles. Actividade de mobilización Ver páxina 21 20
  • 23. Actividade para todos os niveis Obxectivos: 1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015. 2 Participar na actividade de mobilización mundial. Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha Educación de calidade. COMO PARTICIPAR NA AULA? Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilización que se leva a cabo en todo o mundo. O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no mundo. 21
  • 24. Paso 1 Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa salientar logo de traballar o tema. Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di- ferentes. Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di- vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación, a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante o profesorado? Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces. En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma Paso 2 de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño maior. Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili- dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade. A nube de palabras pode presentarse de dúas formas: * En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa- labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron. Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centro convocado polo equipo da campaña. * En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org). Paso 3 Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa. Como o facemos? * En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás do resto de centros e persoas que participen na SAME. * En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primaria que faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado que elaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es). Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes. A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, como docentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por iso queremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentes modos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...). Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindible que rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org 22
  • 25. da proposta didáctica de Secundaria, Bacharelato, Persoas adultas e Educación Non Formal SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2013 NOME DO CENTRO/GRUPO ENDEREZO, CP, LOCALIDADE CORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTO QUE NIVEIS PARTICIPARON? 1º ciclo ESO 2º ciclo ESO Ciclos formativos Bacharelato Educación de Persoas Adultas Grupo de educación non formal CANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS) DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/AS Nome Enderezo electrónico 23
  • 26. PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS? VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E A ADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO. Educación Secundaria Primeiro ciclo – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. A aventura da educación 1 2 3 4 5 – Actividade 2. O profesorado no mundo 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Segundo ciclo – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas 1 2 3 4 5 – Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Bacharelato – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente 1 2 3 4 5 – Actividade 2. Ponencia política 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Educación de Persoas Adultas – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Profesorado en escena 1 2 3 4 5 – Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Educación Non Formal – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Profesoras ou profesores polo mundo 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS – Cantidade de materiais recibidos 1 2 3 4 5 – Data de recepción dos materiais 1 2 3 4 5 – Posibilidade de inclusión da proposta na programación do centro ou colectivo 1 2 3 4 5 – Interese en traballar a SAME en vindeiros anos 1 2 3 4 5 OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA 24
  • 27. Queremos coñecer a opinión do alumnado sobre a SAME e os materiais. Anímaos a entrar en www.cme-espana.org e completar o cuestionario en liña. Para a Campaña Mundial pola Educación é moi importante coñecer que persoas participaron na SAME. Por iso che pedimos que rexistres a participación do teu centro en www.cme-espana.org A vosa opinión é moi importante para que poidamos seguir mellorando. Completa este cuestionario e: * envíao por fax ao 91 590 26 73 * ou complétao directamente na web.
  • 28. * Rexistra a túa participación na SAME Entra en * Fai a túa nube de palabras e pon profes www.cme-espana.org no mapa * Completa a avaliación dos materiais didácticos A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por: Organizacións que participan na SAME a nivel estatal: Cofinancian: Deseño e ilustracións: Maribel Vázquez Traducións: Reverso