SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  26
Télécharger pour lire hors ligne
Entendendo
       Internet.
    Uso responsable
        da rede.
IES Primeiro de Marzo. Baiona.



                        Formación do profesorado
Redes
Redes de ordenadores
➔   Unha rede informática é un conxunto de equipos
    conectados por cables, sinais, ondas ou calquera outro
    medio capaz de transportar información, de xeito que se
    poden compartir datos e hardware.


➔   Unha Rede de Área Local (LAN) é unha rede informática
    limitada dentro dunha área xeográfica.


➔   Internet é unha agrupación de redes
    de ordenadores distribuídas por todo o mundo.
Servidores e clientes
➔   Un equipo actúa como servidor cando presta un servizo,
    e actúa como cliente cando aproveita un servizo
    ofrecido por outro equipo.




                                                 (Imaxe: Kalipedia)
Intranet (rede do centro)
Desde calquera ordenador do centro podemos acceder:
➔   Ao servidor Abalar que, entre outras cousas, ofrece
    unha aplicación de recursos.
➔   Ao servidor propio “rochaserver” para o
    intercambio de ficheiros.


➔   Para conectarnos a eles desde o centro non necesitamos
    Internet, pois a comunicación é interna.
➔   Non podemos acceder a estes servidores desde fóra do
    centro.
Internet (rede de redes)
En Internet non hai “nubes”, son máquinas conectadas.
➔   Cando accedemos a unha páxina de Internet mediante
    un navegador, o que facemos é comunicarnos co
    servidor web no que está almacenada.
➔   Os datos da páxina viaxarán en
    paquetes desde o servidor
    ata o equipo no que estamos
    (cliente) e o navegador
    interpretará o código para
    amosalo en pantalla.
Enderezos IP
➔   Necesitamos identificar os equipos para dirixir os
    paquetes de datos dun ordenador a outro. Para iso
    asignamos a cada ordenador (host) un enderezo IP
➔   Enderezo IP do servidor Abalar: 69.56.133.250
    En binario: 01000101.00111000.10000101.11111010


➔   Os tres primeiros números identifican a rede á que
    pertence o ordenador (rede da Xunta de Galicia, no IES
    Primeiro de Marzo)
➔   O último número identifica o equipo dentro desa rede.
IPs estáticas
➔   Os ordenadores do centro utilizan unha IP estática
    ou fixa para conectarse á rede Siega.


➔   Se queredes conectarvos a Internet co
    voso portátil debedes solicitar unha IP e
    configurar o acceso manualmente.


➔   Interésanos coñecer as IPs dos servidores:
     ➔   IP do servidor “abalar”:   69.56.133.250
     ➔   IP do servidor “rochaserver”:69.56.133.45
IPs dinámicas
➔   Os equipos Abalar, dentro do alcance da wifi abalar,
    utilizan IP dinámica (Pode variar)


➔   O servidor Abalar é servidor DHCP (Dynamic Host
    Configuration Protocol) e asigna automaticamente aos
    equipos abalar os parámetros de rede.


➔   Fóra das aulas abalar, se queredes conectar os equipos
    abalar á rede Siega, falade antes coa coordinadora.
Enderezos MAC
➔   O enderezo MAC (Media Access Control) é un
    identificador de 48 bits (6 bloques hexadecimais) que
    corresponde de forma única a unha tarxeta de rede.
    Exemplo: 00:02:3F:0C:44:E0
➔   Unha utilidade é engadir un control de hardware nun
    conmutador ou nun punto de acceso wifi para permitir o
    acceso á rede só a unhas MAC concretas.


➔   Á wifi Abalar só se poderán conectar os equipos
    Abalar, identificados pola súa MAC.
Protocolo TCP/IP
TCP/IP é un protocolo de comunicación entre equipos
(Transmission Control Protocol / Internet Protocol)

➔   TCP: Decide como se envía a información,
    dividíndoa en diferentes paquetes e
    codificándoos para que o ordenador de destino
    saiba como organizalos.
➔   IP: Dirixe os paquetes de información polas
    distintas redes que forman Internet e identifica
    os equipos, para o que emprega as direccións IP.
Dominios
➔   DNS: Traduce os nomes de dominio a enderezos IP
    Exemplo: A páxina www.xunta.es (nome para as persoas)
    en realidade para as máquinas é: 85.91.64.232 (IP para as
    máquinas) ou 01010101.01011011.01000000.11101000
➔   O Servidor Abalar funciona como servidor DNS.
     ●   Para acceder desde a rede Abalar utilizamos o nome.
         http://servidorcentro/recursos
     ●   Desde a rede Siega usamos a IP.
         http://69.56.133.250/recursos
➔   Ao servidor Rochaserver accedemos a través do
    explorador de aquivos, coma se fose un cartafol máis.
Router, módem e switch
➔   Os módems permiten a transmisión de datos a través
    de liñas telefónicas analóxicas.
➔   Os encamiñadores ou routers deciden cal é a ruta
    que van seguir os paquetes de datos, en función do
    estado da rede e da localización dos ordenadores
    que se comunican.




➔   Os conmutadores ou switchs utilízanse cando
    se desexa conectar múltiples dispositivos e redes.
Datos
O tamaño importa
➔   Un bit é a unidade mínima de información empregada
    nun dispositivo dixital. Pode tomar dous valores: 0 ou 1
➔   Nos ordenadores a información está en formato dixital
    e pódese transmitir dun equipo a outro mediante:
     ●   Cable de cobre: transporta impulsos eléctricos
     ●   Fibra óptica: transporta patróns de luz
     ●   Ondas: transmisións de radio

➔   Tamaño dos arquivos:

1 B (byte) = 8 b (bits)            1 MB (megabyte) = 1024 kB (kilobytes)
1 kB (kilobyte) = 1024 B (bytes)   1 GB (gigabyte) = 1024 MB (megabytes)
Ancho de banda
➔   O ancho de banda é a cantidade de datos que se pode
    enviar a través dunha conexión de rede nun tempo dado.
➔   O ancho de banda indícase xeralmente en kilobits por
    segundo (kbps) ou megabits por segundo (Mbps).
➔   A conexión que temos é asimétrica, é dicir, o ancho de
    banda reservado para a recepción de datos (baixada) é
    diferente ao empregado para a emisión (subida).




                                                 (Imaxe: Velocímetro R)
Sobes ou baixas?
➔   Baixada 6122 kbps: Os datos van desde
    outro ordenador (servidor web) ao noso.
    Por exemplo: Cando vemos unha web, un
    vídeo de youtube ou descargamos o correo.


➔   Subida 506 kbps: Os datos van desde o noso
    ordenador a outro noutra localización.
    Por exemplo, cando introducimos as faltas no
    xade, subimos un vídeo a youtube ou
    enviamos un correo electrónico.
Canto tardamos?
➔       Baixada 6122 kbps
    ●   Se unha persoa quere descargar un ficheiro de 10MB
                                                  1024 kB 8 kb   1s
        tardaría 13,38 s                 10MB ·          ·     ·
                                                   1MB 1 kB 6122 kb
                                                                    =13,38 s

    ●   25 persoas descargando un arquivo de 10MB suman un
        total de 250MB e tardarían 334,5s = 5,5min (desespera)


➔       Subida 506 kbps
    ●   Para subir o mesmo arquivo de 10MB tardaríamos 161,9s
                                                  1024 kB 8 kb   1s
        = 2,7 min                        10MB ·          ·     ·
                                                   1MB 1 kB 506 kb
                                                                    =161,89 s

    ●   25 persoas subindo 10MB tardarían 67min!! (imposible)
Tardamos aínda máis
➔   Agora facede o cálculo para 40 ou 50 persoas.
➔   En realidade os tempos aínda son maiores porque hai
    que ter en conta que, ademais dos datos que se
    transmiten, tódolos paquetes levan información propia do
    protocolo (encabezamentos, destinatarios, datas, códigos
    de corrección de erros, etc.)
➔   No caso das wifis, o ancho de banda redúcese canto maior
    sexa a concorrencia e tamén polas interferencias.
➔   Usade os servidores: Na rede local con fíos o ancho de
    banda é de 100Mbps
Uso responsable
Uso responsable da rede
➔   Utilizar formatos e tamaños axeitados nos ficheiros.
    Baixar a resolución das imaxes, inserir imaxes en
    documentos no canto de copiar a pegar, comprimir,
    exportar presentacións a pdf, etc. Fixádevos no tamaño!!

➔   Elixir o dispositivo a utilizar.
    Por exemplo, se queremos que o
    alumnado vexa un vídeo,
    proxectalo no canón ou
    encerado, e non que cada quen
    o vexa no seu equipo.
Uso responsable da rede
➔   Evitar a concorrencia. Secuenciar o
    tráfico de datos en Internet.
    Por exemplo, se o alumnado está a traballar
    nun blogue, que vaia publicando o traballo
    durante a clase, e non agardar ao final e que
    todos publiquen ao mesmo tempo.

➔   Traballar en local, utilizando os servidores do centro.
    Por exemplo, para entregar ou recoller documentos pesados
    facelo a través do servidor, e non de Internet.
Uso responsable da rede

➔   Evitar o consumo de ancho de
    banda innecesario.
    Non usar a rede do centro para o
    intercambio de ficheiros persoais,
    descarga de películas, xogar en
    rede, etc.
➔   Os xogos en rede e os programas
    de intercambio P2P consumen
    moitísimo ancho de banda.
Uso responsable da rede
➔   Subir os arquivos pesados desde casa.
    Subir un vídeo a youtube desde o centro pode levarnos uns
    15 min e colapsa a rede. Desde casa non tardamos nada.

➔   Realizar as actualizacións dos
    equipos fóra do horario
    lectivo. Para actualizar o sistema
    operativo cómpre descargar
    varios MB por equipo. Aproveitar
    o mediodía ou a tarde para
    realizar actualizacións.
Colapso!
En ocasións atopamos a rede colapsada
➔   Que sucede? Imaxinádevos o
    acceso a internet coma dúas portas:
    unha de entrada (ancha) e outra de
    saída (estreita). Podemos saír un a
    un, ata unha velocidade máxima.
    Pero se intentamos saír todos á vez
    a rede vai quedar bloqueada.
➔   Que debemos facer? Retirarnos (parar as subidas ou
    descargas), analizar o tráfico que estamos a xerar e tomar
    decisións para un uso responsable e eficiente da rede.
Créditos das imaxes:
  ➔   LAN: redesterrestresyalgomas
  ➔   Servidor-Cliente: Kalipedia
  ➔   Pedras: shajar18
  ➔   Modem-router: howtogeek
  ➔   Tráfico: 'Autopista del sur'
  ➔   Xogos tuenti: byjose
  ➔   Colapso: romain-laurent




      Presentación: Licenza Creative commons BY-NC-SA
  ➔   http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/es/deed.gl




María Loureiro 2011



                                                                    Grazas

Contenu connexe

Similaire à Entendendo Internet

Presentación de redes
Presentación de redesPresentación de redes
Presentación de redesBorja1235
 
Formando ao futuro profesional en Software Libre
Formando ao futuro profesional en Software LibreFormando ao futuro profesional en Software Libre
Formando ao futuro profesional en Software Libreousli07
 
AmpliacióN De Redes
AmpliacióN De RedesAmpliacióN De Redes
AmpliacióN De Redesmperezhdez
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeAlberteFM
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Redepicaragz
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeAlberteFM
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Redepicaragz
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Redepicaragz
 
Presentación sobre Internet
Presentación sobre InternetPresentación sobre Internet
Presentación sobre InternetAdrianP321
 
Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP
 Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP
Como facer apps fodidamente rápidas: con PHPFran Diéguez
 
Como facer PHP fodidamente rápido
Como facer PHP fodidamente rápidoComo facer PHP fodidamente rápido
Como facer PHP fodidamente rápidoFran Diéguez
 
El ordenador
El ordenadorEl ordenador
El ordenadorAraLuc
 
Equipamento Abalar
Equipamento AbalarEquipamento Abalar
Equipamento AbalarMaría L
 

Similaire à Entendendo Internet (20)

Presentación de redes
Presentación de redesPresentación de redes
Presentación de redes
 
Presentación redes
Presentación redesPresentación redes
Presentación redes
 
Formando ao futuro profesional en Software Libre
Formando ao futuro profesional en Software LibreFormando ao futuro profesional en Software Libre
Formando ao futuro profesional en Software Libre
 
Traballo
Traballo Traballo
Traballo
 
Ejabberd Usc07
Ejabberd Usc07Ejabberd Usc07
Ejabberd Usc07
 
AmpliacióN De Redes
AmpliacióN De RedesAmpliacióN De Redes
AmpliacióN De Redes
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Rede
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Rede
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Rede
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Rede
 
Curso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo RedeCurso Forga Traballo Rede
Curso Forga Traballo Rede
 
WPCompostela
WPCompostelaWPCompostela
WPCompostela
 
Redes e internet
Redes e internetRedes e internet
Redes e internet
 
Presentación sobre Internet
Presentación sobre InternetPresentación sobre Internet
Presentación sobre Internet
 
O ordenador (1)
O ordenador (1)O ordenador (1)
O ordenador (1)
 
Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP
 Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP
Como facer apps fodidamente rápidas: con PHP
 
Como facer PHP fodidamente rápido
Como facer PHP fodidamente rápidoComo facer PHP fodidamente rápido
Como facer PHP fodidamente rápido
 
El ordenador
El ordenadorEl ordenador
El ordenador
 
Equipamento Abalar
Equipamento AbalarEquipamento Abalar
Equipamento Abalar
 
Ordenador
OrdenadorOrdenador
Ordenador
 

Entendendo Internet

  • 1. Entendendo Internet. Uso responsable da rede. IES Primeiro de Marzo. Baiona. Formación do profesorado
  • 3. Redes de ordenadores ➔ Unha rede informática é un conxunto de equipos conectados por cables, sinais, ondas ou calquera outro medio capaz de transportar información, de xeito que se poden compartir datos e hardware. ➔ Unha Rede de Área Local (LAN) é unha rede informática limitada dentro dunha área xeográfica. ➔ Internet é unha agrupación de redes de ordenadores distribuídas por todo o mundo.
  • 4. Servidores e clientes ➔ Un equipo actúa como servidor cando presta un servizo, e actúa como cliente cando aproveita un servizo ofrecido por outro equipo. (Imaxe: Kalipedia)
  • 5. Intranet (rede do centro) Desde calquera ordenador do centro podemos acceder: ➔ Ao servidor Abalar que, entre outras cousas, ofrece unha aplicación de recursos. ➔ Ao servidor propio “rochaserver” para o intercambio de ficheiros. ➔ Para conectarnos a eles desde o centro non necesitamos Internet, pois a comunicación é interna. ➔ Non podemos acceder a estes servidores desde fóra do centro.
  • 6. Internet (rede de redes) En Internet non hai “nubes”, son máquinas conectadas. ➔ Cando accedemos a unha páxina de Internet mediante un navegador, o que facemos é comunicarnos co servidor web no que está almacenada. ➔ Os datos da páxina viaxarán en paquetes desde o servidor ata o equipo no que estamos (cliente) e o navegador interpretará o código para amosalo en pantalla.
  • 7. Enderezos IP ➔ Necesitamos identificar os equipos para dirixir os paquetes de datos dun ordenador a outro. Para iso asignamos a cada ordenador (host) un enderezo IP ➔ Enderezo IP do servidor Abalar: 69.56.133.250 En binario: 01000101.00111000.10000101.11111010 ➔ Os tres primeiros números identifican a rede á que pertence o ordenador (rede da Xunta de Galicia, no IES Primeiro de Marzo) ➔ O último número identifica o equipo dentro desa rede.
  • 8. IPs estáticas ➔ Os ordenadores do centro utilizan unha IP estática ou fixa para conectarse á rede Siega. ➔ Se queredes conectarvos a Internet co voso portátil debedes solicitar unha IP e configurar o acceso manualmente. ➔ Interésanos coñecer as IPs dos servidores: ➔ IP do servidor “abalar”: 69.56.133.250 ➔ IP do servidor “rochaserver”:69.56.133.45
  • 9. IPs dinámicas ➔ Os equipos Abalar, dentro do alcance da wifi abalar, utilizan IP dinámica (Pode variar) ➔ O servidor Abalar é servidor DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol) e asigna automaticamente aos equipos abalar os parámetros de rede. ➔ Fóra das aulas abalar, se queredes conectar os equipos abalar á rede Siega, falade antes coa coordinadora.
  • 10. Enderezos MAC ➔ O enderezo MAC (Media Access Control) é un identificador de 48 bits (6 bloques hexadecimais) que corresponde de forma única a unha tarxeta de rede. Exemplo: 00:02:3F:0C:44:E0 ➔ Unha utilidade é engadir un control de hardware nun conmutador ou nun punto de acceso wifi para permitir o acceso á rede só a unhas MAC concretas. ➔ Á wifi Abalar só se poderán conectar os equipos Abalar, identificados pola súa MAC.
  • 11. Protocolo TCP/IP TCP/IP é un protocolo de comunicación entre equipos (Transmission Control Protocol / Internet Protocol) ➔ TCP: Decide como se envía a información, dividíndoa en diferentes paquetes e codificándoos para que o ordenador de destino saiba como organizalos. ➔ IP: Dirixe os paquetes de información polas distintas redes que forman Internet e identifica os equipos, para o que emprega as direccións IP.
  • 12. Dominios ➔ DNS: Traduce os nomes de dominio a enderezos IP Exemplo: A páxina www.xunta.es (nome para as persoas) en realidade para as máquinas é: 85.91.64.232 (IP para as máquinas) ou 01010101.01011011.01000000.11101000 ➔ O Servidor Abalar funciona como servidor DNS. ● Para acceder desde a rede Abalar utilizamos o nome. http://servidorcentro/recursos ● Desde a rede Siega usamos a IP. http://69.56.133.250/recursos ➔ Ao servidor Rochaserver accedemos a través do explorador de aquivos, coma se fose un cartafol máis.
  • 13. Router, módem e switch ➔ Os módems permiten a transmisión de datos a través de liñas telefónicas analóxicas. ➔ Os encamiñadores ou routers deciden cal é a ruta que van seguir os paquetes de datos, en función do estado da rede e da localización dos ordenadores que se comunican. ➔ Os conmutadores ou switchs utilízanse cando se desexa conectar múltiples dispositivos e redes.
  • 14. Datos
  • 15. O tamaño importa ➔ Un bit é a unidade mínima de información empregada nun dispositivo dixital. Pode tomar dous valores: 0 ou 1 ➔ Nos ordenadores a información está en formato dixital e pódese transmitir dun equipo a outro mediante: ● Cable de cobre: transporta impulsos eléctricos ● Fibra óptica: transporta patróns de luz ● Ondas: transmisións de radio ➔ Tamaño dos arquivos: 1 B (byte) = 8 b (bits) 1 MB (megabyte) = 1024 kB (kilobytes) 1 kB (kilobyte) = 1024 B (bytes) 1 GB (gigabyte) = 1024 MB (megabytes)
  • 16. Ancho de banda ➔ O ancho de banda é a cantidade de datos que se pode enviar a través dunha conexión de rede nun tempo dado. ➔ O ancho de banda indícase xeralmente en kilobits por segundo (kbps) ou megabits por segundo (Mbps). ➔ A conexión que temos é asimétrica, é dicir, o ancho de banda reservado para a recepción de datos (baixada) é diferente ao empregado para a emisión (subida). (Imaxe: Velocímetro R)
  • 17. Sobes ou baixas? ➔ Baixada 6122 kbps: Os datos van desde outro ordenador (servidor web) ao noso. Por exemplo: Cando vemos unha web, un vídeo de youtube ou descargamos o correo. ➔ Subida 506 kbps: Os datos van desde o noso ordenador a outro noutra localización. Por exemplo, cando introducimos as faltas no xade, subimos un vídeo a youtube ou enviamos un correo electrónico.
  • 18. Canto tardamos? ➔ Baixada 6122 kbps ● Se unha persoa quere descargar un ficheiro de 10MB 1024 kB 8 kb 1s tardaría 13,38 s 10MB · · · 1MB 1 kB 6122 kb =13,38 s ● 25 persoas descargando un arquivo de 10MB suman un total de 250MB e tardarían 334,5s = 5,5min (desespera) ➔ Subida 506 kbps ● Para subir o mesmo arquivo de 10MB tardaríamos 161,9s 1024 kB 8 kb 1s = 2,7 min 10MB · · · 1MB 1 kB 506 kb =161,89 s ● 25 persoas subindo 10MB tardarían 67min!! (imposible)
  • 19. Tardamos aínda máis ➔ Agora facede o cálculo para 40 ou 50 persoas. ➔ En realidade os tempos aínda son maiores porque hai que ter en conta que, ademais dos datos que se transmiten, tódolos paquetes levan información propia do protocolo (encabezamentos, destinatarios, datas, códigos de corrección de erros, etc.) ➔ No caso das wifis, o ancho de banda redúcese canto maior sexa a concorrencia e tamén polas interferencias. ➔ Usade os servidores: Na rede local con fíos o ancho de banda é de 100Mbps
  • 21. Uso responsable da rede ➔ Utilizar formatos e tamaños axeitados nos ficheiros. Baixar a resolución das imaxes, inserir imaxes en documentos no canto de copiar a pegar, comprimir, exportar presentacións a pdf, etc. Fixádevos no tamaño!! ➔ Elixir o dispositivo a utilizar. Por exemplo, se queremos que o alumnado vexa un vídeo, proxectalo no canón ou encerado, e non que cada quen o vexa no seu equipo.
  • 22. Uso responsable da rede ➔ Evitar a concorrencia. Secuenciar o tráfico de datos en Internet. Por exemplo, se o alumnado está a traballar nun blogue, que vaia publicando o traballo durante a clase, e non agardar ao final e que todos publiquen ao mesmo tempo. ➔ Traballar en local, utilizando os servidores do centro. Por exemplo, para entregar ou recoller documentos pesados facelo a través do servidor, e non de Internet.
  • 23. Uso responsable da rede ➔ Evitar o consumo de ancho de banda innecesario. Non usar a rede do centro para o intercambio de ficheiros persoais, descarga de películas, xogar en rede, etc. ➔ Os xogos en rede e os programas de intercambio P2P consumen moitísimo ancho de banda.
  • 24. Uso responsable da rede ➔ Subir os arquivos pesados desde casa. Subir un vídeo a youtube desde o centro pode levarnos uns 15 min e colapsa a rede. Desde casa non tardamos nada. ➔ Realizar as actualizacións dos equipos fóra do horario lectivo. Para actualizar o sistema operativo cómpre descargar varios MB por equipo. Aproveitar o mediodía ou a tarde para realizar actualizacións.
  • 25. Colapso! En ocasións atopamos a rede colapsada ➔ Que sucede? Imaxinádevos o acceso a internet coma dúas portas: unha de entrada (ancha) e outra de saída (estreita). Podemos saír un a un, ata unha velocidade máxima. Pero se intentamos saír todos á vez a rede vai quedar bloqueada. ➔ Que debemos facer? Retirarnos (parar as subidas ou descargas), analizar o tráfico que estamos a xerar e tomar decisións para un uso responsable e eficiente da rede.
  • 26. Créditos das imaxes: ➔ LAN: redesterrestresyalgomas ➔ Servidor-Cliente: Kalipedia ➔ Pedras: shajar18 ➔ Modem-router: howtogeek ➔ Tráfico: 'Autopista del sur' ➔ Xogos tuenti: byjose ➔ Colapso: romain-laurent Presentación: Licenza Creative commons BY-NC-SA ➔ http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/es/deed.gl María Loureiro 2011 Grazas