SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  5
Télécharger pour lire hors ligne
1
ESQUEMA DA FILOSOFÍA DE ARISTÓTELES: FÍSICA,
METAFÍSICA, ANTROPOLOXÍA, ÉTICA E POLÍTICA
Física e metafísica: hilemorfismo, cambio e causalidade
a) Estamos no terreo das ciencias teóricas, que se ocupan de contemplar e coñecer
a realidade. A metafísica,a física, a teoloxía e as matemáticas.
b) A metafísica enténdese de varias maneiras ao longo deste apartado: Filosofía
primeira (a máis importante), ciencia do ser en xeral, ciencia da substancia e Teoloxía
ou ciencia do ser supremo (theós).
c) A física –a outra grande ciencia teórica xunto coas matemáticas– ocúpase dos
seres naturais.
d) Aristóteles busca explicar o fenómeno do cambio, que afecta a todos os seres. A
súa explicación deste fenómeno físico, lévaa ata o terreo da Metafísica. Vai tratar de
superar as posicións ao respecto de Heráclito, Parménides e Platón.
e) A teoría da substancia.
Todo o que existe é unha substancia.
Primeira: cada un dos seres
individuais. Son a auténtica
realidade.
Segunda: o que teñen en común todos os
seres individuais do mesmo tipo. A esencia
non ten existencia independente, só existe na
substancia primeira ao revés do que ocurría
en Platón.
f) A teoría hilemórfica.
Toda substancia (primeira) é un composto de materia e forma.
Materia: elemento físico dunha
cousa. Divídese en primeira
(indeterminada e inexistente) e
próxima (dterminada, é dicir,
con forma)
Forma: calidades específicas desa cousa.
Pódese identificar coa substancia segunda ou
esencia da cousa.
A materia é o soporte
(substrato) da forma. Sen
materia non hai cousa.
A forma é o que fai que unha cousa sexa o
que é e non outra cousa diferente.
g) O ser tamén pode ser por esencia ou por accidente.
Por esencia: aqueles trazos dunha
cousa que non poden cambiar porque
de facelo a cousa deixa de ser a
mesma.
Por accidente: aqueles trazos
dunha cousa que aínda que cambien
a cousa sigue sendo a mesma.
2
h) Outra forma de referirse ao ser son as categorías ou xéneros supremos do ser.
Refírense todas elas á substancia primeira (o único realmente existente) e son os
trazos máis xerais que se poden dicir dela. Entre a substancia e o resto de categorías
establécese unha relación similar á que hai entre o suxeito (Aristóteles di que a
substancia é hipokeímenon, é dicir, suxeito) e o predicado na oración. Por exemplo,
Xoan (substancia) é atravesado (calidade). Todas as categorías dependen para
existir da categoría de substancia. Ademais da substancia están as seguintes.
Cantidade Calidade Relació
n
Lugar Temp
o
Posició
n
Estad
o
Acció
n
Paixón
i) O cambio na substancia: a teoría da potencia e o acto.
Serve para explicar o cambio na natureza.
Permite superar a negación parmenídea do cambio.
O cambio ou movemento enténdese como o paso da potencia ao acto mentres está
en potencia.
Os tres principios explicativos do cambio: a materia (o que permanece) a forma nova
(o que aparece) e a forma que se perde (algo que desaparece).
Os tipos de cambio: substancial (por xeración e corrupción da substancia) e
accidental (calidade, cantidade e lugar).
j) A teoría da causalidade sirve para completar a explicación do cambio.
A teoría das causas responde á pregunta de “por que se produce un fenómeno,
unha cousa ou un cambio na natureza”. As causas proporciónannos coñecemento
científico.
Material Formal Eficiente Final
k) A causa final é a que explica máis a fondo o que sucede na natureza (e tamén na
sociedade, como veremos no apartado seguinte). Pois existe na natureza a tendencia
cara a un fin, a tendencia a actualizar todas as potencias ou a adquirir todas as formas
que pode chegar a acadar unha cousa. En definitiva, unha tendencia a perfeccionarse.
l) Tendo en conta o feito do movemento, tamén establece unha diferenciación entre
seres naturais seres artificiais
Teñen en si mesmos a razón do seu
movemento
Non teñen en si mesmos a razón do seu
movemento
l) A Cosmoloxía de Aristóteles dá unha explicación última do movemento.
Existen dous mundos: o sublunar e o supralunar (reaparece en certa maneira o
dualismo ontolóxico de Platón).
O Primeiro Motor Inmóbil é o que da explicación e sentido a todo o movemento que
hai no universo. Pódese entender como causa primeira (orixe do todo o movemento
do universo, xa que logo, causa eficiente) e tamén causa última (a súa perfección
atrae a todo o que existe no universo; por iso, é o fin último de todo.
Carácter perfecto do Primeiro Motor: non ten materia, é só forma, e non ten potencia
é só acto.
O Primeiro Motor é trascendente, é dicir, non se mezcla co resto das cousas
Concepción xerárquica do Universo: hai distintos tipos de seres y cada un ten a súa
3
importancia. Aquí tamén se amosa a influencia de Platón.
A idea de cidadán en Aristóteles
O ser humano: a antropoloxía aristotélica.
Significado do termo ‘alma’: vida, alento (psykhe)
Posición dualista (Platón): alma e corpo, materia e forma, potencia e acto.
Aínda que corpo e alma non son principios opostos (Platón) senón complementarios.
A alma depende do corpo para existir. Unidade do ser humano: unha única
substancia.
Tres tipos ou funcións da alma: vexetativa, sensitiva e racional (esta última é
exclusiva do ser humano e nela se fundamenta a superioridade deste sobre o resto
de seres vivos).
A visión antropolóxica do ser humano inflúe na ética aristotélica (como imos ver
agora)
 As ciencias prácticas: ética e política.
a) Teñen como finalidade o ben do home a nivel individual (ética) e colectivo (política).
b) Superioridade da política sobre a ética.
o A ética: na procura da felicidade.
Teleoloxía no campo da ética: o comportamento humano está dirixido cara un fin
último.
Cal é ese fin último?: en último termo a felicidade
Como se entende a felicidade? Como sabedoría.
Por que? Porque o ser humano ten que desenvolver a súa natureza para ser feliz. E a
súa natureza non debe identificarse coas necesidades que xorden da alma vexetativa
ou sentitiva (aínda que estas necesidades, os chamados bens externos, sexan
importantes) senón, sobre todo, da alma racional.
Por tanto o fin propio do ser humano: vida contemplativa adicada ao saber. Esta vida
chámase ‘contemplativa’ porque se fai polo saber mesmo e non por outra cousa.
o O concepto de virtude (areté). ethos e praxe)
Concepto: aquela actividade ou modo de ser (ethos) que perfeccionan ao home en
canto home e que acada mediante a práctica (praxe).
Virtudes éticas.
o Sirven para perfeccionar a parte irracional da alma humana (vexetativa e
sensitiva)
o Controlan os sentimentos e paixóns.Por iso se entende como xusto medio…
o Non se nace con elas (contra Platón) senón que se aprenden mediante o hábito
(praxe) forxando así o noso carácter (ethos).
o A ética axuda á convivencia, pois da lugar a costumes que fomentan a vida en
común.
4
o A virtude da xustiza: dar a cada un o que é debido. Tamén como xustiza
distributiva, que regula o reparto dos bens da sociedade, e conmutativa, que
regula as relacións entre os cidadans
Virtudes dianoéticas.
o Sirven para perfeccionar a parte racional da alma humana.
o A parte racional da alma ten tres funcións básicas: productiva, práctica e teórica
(os tres tipos de ciencias). Entón haberá virtudes para perfeccionar cada unha
desas funcións.
o Especial mención merece a prudencia (phrónesis) ou virtude da dimensión
práctica da alma racional, que consiste no coñecemento dos fins e dos medios
propios de cada acción humana a nivel ético e político.
o A vida contemplativa é a forma máis perfecta de felicidade para os seres
humanos. Chámase ‘contemplativa’ porque se trata dunha actividade adicada ao
saber polo saber, sen agardar outra cousa a cambio que non sexa a propia
sabedoría.
o A dedicación a unha completa vida contemplativa non é posible. Aínda así, canto
máis se aproxime á mesma máis feliz chegará a ser. Non hai que esquecer que é
da propia natureza humana, tal como Aristóteles a entende na súa antropoloxía,
de onde nace a necesidade do concepto de virtude do ser humano.
o A política: a idea de polis e a condición de cidadán.
Ética e política (ciencias prácticas) son inseparables polo seu obxectivo, pero a ética
está subordinada á política (texto 2 PAU).
o O ser humano, un animal político.
Aclaración do termo ‘polis’. Ademais deste Aristóteles utiliza diferentes expresión
sinónimas, que serían cidade, cidade- estado, estado, sociedade civil, sociedade.
A superioridade da cidade-estado sobre outras formas de organización das persoas:
nela o ser humano pode vivir ben (felicidade).
A cidade é por natureza: porque é o fin ao que se tende e a natureza é fin (causa
final).
Ademais é perfecta: carácter autárquico. Independencia económica, política e,
sobre todo moral.
O ser humano é social por natureza. A linguaxe mostra este feito
Visión organicista da sociedade. O individuo está sometido ao estado. Pero a
liberdade do individuo debe quedar garantizada polo estado.
o Os rexímenes políticos.
A idea de xustiza como obediencia ás leis (porque o home fóra da lei é a peor das
bestas) leva ao tema da importancia dunha constitución política adecuada. É dicir á
reflexión sobre as leis axeitadas.
Os rexímenes políticos pódense dividir en dous grupos.
A elección é unha república intermedia gobernada por una clase media maioritaria.
Algunhas diferenzas con Platón: importancia da familia e a propiedade privada para
acadar a felicidade (pois forman parte daqueles bens externos dos que falaba na
5
ética).
Concepto restrinxido de cidadanía Xustificación dos valores da aristocracia da súa
época.

Contenu connexe

En vedette

Aristóteles parte iii
Aristóteles parte iiiAristóteles parte iii
Aristóteles parte iiinieveslopez
 
Aristóteles parte II
Aristóteles parte IIAristóteles parte II
Aristóteles parte IInieveslopez
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristótelesvaldexeadas
 
Introducción a la metafísica en Aristóteles
Introducción a la metafísica en AristótelesIntroducción a la metafísica en Aristóteles
Introducción a la metafísica en AristótelesJorge Muñoz
 
Aristóteles- Filosofia
Aristóteles- Filosofia Aristóteles- Filosofia
Aristóteles- Filosofia Gloria Sabando
 
La metafísica aristotélica
La metafísica aristotélicaLa metafísica aristotélica
La metafísica aristotélicaSusana Delgado
 
Aristóteles
AristótelesAristóteles
Aristóteleskamargo
 
Principales caracteristicas de la filosofia
Principales caracteristicas de la filosofiaPrincipales caracteristicas de la filosofia
Principales caracteristicas de la filosofiaEdith GC
 
Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c
Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c
Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c Javier Madrid
 

En vedette (17)

Aristóteles parte iii
Aristóteles parte iiiAristóteles parte iii
Aristóteles parte iii
 
Clase 7 aristóteles
Clase 7   aristótelesClase 7   aristóteles
Clase 7 aristóteles
 
Aristóteles parte II
Aristóteles parte IIAristóteles parte II
Aristóteles parte II
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristóteles
 
GUIA DE ESTUDIO PRIMER PARCIAL
GUIA DE ESTUDIO PRIMER PARCIALGUIA DE ESTUDIO PRIMER PARCIAL
GUIA DE ESTUDIO PRIMER PARCIAL
 
5fil
5fil5fil
5fil
 
Ontologia
Ontologia Ontologia
Ontologia
 
ARISTÓTELES-FILOSOFÍA
ARISTÓTELES-FILOSOFÍAARISTÓTELES-FILOSOFÍA
ARISTÓTELES-FILOSOFÍA
 
Introducción a la metafísica en Aristóteles
Introducción a la metafísica en AristótelesIntroducción a la metafísica en Aristóteles
Introducción a la metafísica en Aristóteles
 
Aristóteles- Filosofia
Aristóteles- Filosofia Aristóteles- Filosofia
Aristóteles- Filosofia
 
La metafísica aristotélica
La metafísica aristotélicaLa metafísica aristotélica
La metafísica aristotélica
 
Aristóteles.pw
Aristóteles.pwAristóteles.pw
Aristóteles.pw
 
Aristóteles
AristótelesAristóteles
Aristóteles
 
Aristoteles (Metafisica)
Aristoteles (Metafisica)Aristoteles (Metafisica)
Aristoteles (Metafisica)
 
AristóTeles
AristóTelesAristóTeles
AristóTeles
 
Principales caracteristicas de la filosofia
Principales caracteristicas de la filosofiaPrincipales caracteristicas de la filosofia
Principales caracteristicas de la filosofia
 
Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c
Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c
Linea de tiempo de la computacion desde 2500a.c hasta 1976d.c
 

Similaire à Esquema meu

Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.MariaPazLopez
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensiónAfrica Lopez
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Dimensión relixiosa
Dimensión relixiosaDimensión relixiosa
Dimensión relixiosaCotarelo08
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 

Similaire à Esquema meu (20)

A filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historiaA filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historia
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
 
10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración
 
Utopías
UtopíasUtopías
Utopías
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensión
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Teorías éticas
Teorías éticasTeorías éticas
Teorías éticas
 
Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11
 
Platón web
Platón webPlatón web
Platón web
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
Dimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humanoDimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humano
 
Utopias e distopias
Utopias e distopiasUtopias e distopias
Utopias e distopias
 
Platon
PlatonPlaton
Platon
 
Dimensión relixiosa
Dimensión relixiosaDimensión relixiosa
Dimensión relixiosa
 
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea SalgadoFilosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
06 tomé de aquino e a escolástica
06 tomé de aquino e a escolástica06 tomé de aquino e a escolástica
06 tomé de aquino e a escolástica
 

Esquema meu

  • 1. 1 ESQUEMA DA FILOSOFÍA DE ARISTÓTELES: FÍSICA, METAFÍSICA, ANTROPOLOXÍA, ÉTICA E POLÍTICA Física e metafísica: hilemorfismo, cambio e causalidade a) Estamos no terreo das ciencias teóricas, que se ocupan de contemplar e coñecer a realidade. A metafísica,a física, a teoloxía e as matemáticas. b) A metafísica enténdese de varias maneiras ao longo deste apartado: Filosofía primeira (a máis importante), ciencia do ser en xeral, ciencia da substancia e Teoloxía ou ciencia do ser supremo (theós). c) A física –a outra grande ciencia teórica xunto coas matemáticas– ocúpase dos seres naturais. d) Aristóteles busca explicar o fenómeno do cambio, que afecta a todos os seres. A súa explicación deste fenómeno físico, lévaa ata o terreo da Metafísica. Vai tratar de superar as posicións ao respecto de Heráclito, Parménides e Platón. e) A teoría da substancia. Todo o que existe é unha substancia. Primeira: cada un dos seres individuais. Son a auténtica realidade. Segunda: o que teñen en común todos os seres individuais do mesmo tipo. A esencia non ten existencia independente, só existe na substancia primeira ao revés do que ocurría en Platón. f) A teoría hilemórfica. Toda substancia (primeira) é un composto de materia e forma. Materia: elemento físico dunha cousa. Divídese en primeira (indeterminada e inexistente) e próxima (dterminada, é dicir, con forma) Forma: calidades específicas desa cousa. Pódese identificar coa substancia segunda ou esencia da cousa. A materia é o soporte (substrato) da forma. Sen materia non hai cousa. A forma é o que fai que unha cousa sexa o que é e non outra cousa diferente. g) O ser tamén pode ser por esencia ou por accidente. Por esencia: aqueles trazos dunha cousa que non poden cambiar porque de facelo a cousa deixa de ser a mesma. Por accidente: aqueles trazos dunha cousa que aínda que cambien a cousa sigue sendo a mesma.
  • 2. 2 h) Outra forma de referirse ao ser son as categorías ou xéneros supremos do ser. Refírense todas elas á substancia primeira (o único realmente existente) e son os trazos máis xerais que se poden dicir dela. Entre a substancia e o resto de categorías establécese unha relación similar á que hai entre o suxeito (Aristóteles di que a substancia é hipokeímenon, é dicir, suxeito) e o predicado na oración. Por exemplo, Xoan (substancia) é atravesado (calidade). Todas as categorías dependen para existir da categoría de substancia. Ademais da substancia están as seguintes. Cantidade Calidade Relació n Lugar Temp o Posició n Estad o Acció n Paixón i) O cambio na substancia: a teoría da potencia e o acto. Serve para explicar o cambio na natureza. Permite superar a negación parmenídea do cambio. O cambio ou movemento enténdese como o paso da potencia ao acto mentres está en potencia. Os tres principios explicativos do cambio: a materia (o que permanece) a forma nova (o que aparece) e a forma que se perde (algo que desaparece). Os tipos de cambio: substancial (por xeración e corrupción da substancia) e accidental (calidade, cantidade e lugar). j) A teoría da causalidade sirve para completar a explicación do cambio. A teoría das causas responde á pregunta de “por que se produce un fenómeno, unha cousa ou un cambio na natureza”. As causas proporciónannos coñecemento científico. Material Formal Eficiente Final k) A causa final é a que explica máis a fondo o que sucede na natureza (e tamén na sociedade, como veremos no apartado seguinte). Pois existe na natureza a tendencia cara a un fin, a tendencia a actualizar todas as potencias ou a adquirir todas as formas que pode chegar a acadar unha cousa. En definitiva, unha tendencia a perfeccionarse. l) Tendo en conta o feito do movemento, tamén establece unha diferenciación entre seres naturais seres artificiais Teñen en si mesmos a razón do seu movemento Non teñen en si mesmos a razón do seu movemento l) A Cosmoloxía de Aristóteles dá unha explicación última do movemento. Existen dous mundos: o sublunar e o supralunar (reaparece en certa maneira o dualismo ontolóxico de Platón). O Primeiro Motor Inmóbil é o que da explicación e sentido a todo o movemento que hai no universo. Pódese entender como causa primeira (orixe do todo o movemento do universo, xa que logo, causa eficiente) e tamén causa última (a súa perfección atrae a todo o que existe no universo; por iso, é o fin último de todo. Carácter perfecto do Primeiro Motor: non ten materia, é só forma, e non ten potencia é só acto. O Primeiro Motor é trascendente, é dicir, non se mezcla co resto das cousas Concepción xerárquica do Universo: hai distintos tipos de seres y cada un ten a súa
  • 3. 3 importancia. Aquí tamén se amosa a influencia de Platón. A idea de cidadán en Aristóteles O ser humano: a antropoloxía aristotélica. Significado do termo ‘alma’: vida, alento (psykhe) Posición dualista (Platón): alma e corpo, materia e forma, potencia e acto. Aínda que corpo e alma non son principios opostos (Platón) senón complementarios. A alma depende do corpo para existir. Unidade do ser humano: unha única substancia. Tres tipos ou funcións da alma: vexetativa, sensitiva e racional (esta última é exclusiva do ser humano e nela se fundamenta a superioridade deste sobre o resto de seres vivos). A visión antropolóxica do ser humano inflúe na ética aristotélica (como imos ver agora)  As ciencias prácticas: ética e política. a) Teñen como finalidade o ben do home a nivel individual (ética) e colectivo (política). b) Superioridade da política sobre a ética. o A ética: na procura da felicidade. Teleoloxía no campo da ética: o comportamento humano está dirixido cara un fin último. Cal é ese fin último?: en último termo a felicidade Como se entende a felicidade? Como sabedoría. Por que? Porque o ser humano ten que desenvolver a súa natureza para ser feliz. E a súa natureza non debe identificarse coas necesidades que xorden da alma vexetativa ou sentitiva (aínda que estas necesidades, os chamados bens externos, sexan importantes) senón, sobre todo, da alma racional. Por tanto o fin propio do ser humano: vida contemplativa adicada ao saber. Esta vida chámase ‘contemplativa’ porque se fai polo saber mesmo e non por outra cousa. o O concepto de virtude (areté). ethos e praxe) Concepto: aquela actividade ou modo de ser (ethos) que perfeccionan ao home en canto home e que acada mediante a práctica (praxe). Virtudes éticas. o Sirven para perfeccionar a parte irracional da alma humana (vexetativa e sensitiva) o Controlan os sentimentos e paixóns.Por iso se entende como xusto medio… o Non se nace con elas (contra Platón) senón que se aprenden mediante o hábito (praxe) forxando así o noso carácter (ethos). o A ética axuda á convivencia, pois da lugar a costumes que fomentan a vida en común.
  • 4. 4 o A virtude da xustiza: dar a cada un o que é debido. Tamén como xustiza distributiva, que regula o reparto dos bens da sociedade, e conmutativa, que regula as relacións entre os cidadans Virtudes dianoéticas. o Sirven para perfeccionar a parte racional da alma humana. o A parte racional da alma ten tres funcións básicas: productiva, práctica e teórica (os tres tipos de ciencias). Entón haberá virtudes para perfeccionar cada unha desas funcións. o Especial mención merece a prudencia (phrónesis) ou virtude da dimensión práctica da alma racional, que consiste no coñecemento dos fins e dos medios propios de cada acción humana a nivel ético e político. o A vida contemplativa é a forma máis perfecta de felicidade para os seres humanos. Chámase ‘contemplativa’ porque se trata dunha actividade adicada ao saber polo saber, sen agardar outra cousa a cambio que non sexa a propia sabedoría. o A dedicación a unha completa vida contemplativa non é posible. Aínda así, canto máis se aproxime á mesma máis feliz chegará a ser. Non hai que esquecer que é da propia natureza humana, tal como Aristóteles a entende na súa antropoloxía, de onde nace a necesidade do concepto de virtude do ser humano. o A política: a idea de polis e a condición de cidadán. Ética e política (ciencias prácticas) son inseparables polo seu obxectivo, pero a ética está subordinada á política (texto 2 PAU). o O ser humano, un animal político. Aclaración do termo ‘polis’. Ademais deste Aristóteles utiliza diferentes expresión sinónimas, que serían cidade, cidade- estado, estado, sociedade civil, sociedade. A superioridade da cidade-estado sobre outras formas de organización das persoas: nela o ser humano pode vivir ben (felicidade). A cidade é por natureza: porque é o fin ao que se tende e a natureza é fin (causa final). Ademais é perfecta: carácter autárquico. Independencia económica, política e, sobre todo moral. O ser humano é social por natureza. A linguaxe mostra este feito Visión organicista da sociedade. O individuo está sometido ao estado. Pero a liberdade do individuo debe quedar garantizada polo estado. o Os rexímenes políticos. A idea de xustiza como obediencia ás leis (porque o home fóra da lei é a peor das bestas) leva ao tema da importancia dunha constitución política adecuada. É dicir á reflexión sobre as leis axeitadas. Os rexímenes políticos pódense dividir en dous grupos. A elección é unha república intermedia gobernada por una clase media maioritaria. Algunhas diferenzas con Platón: importancia da familia e a propiedade privada para acadar a felicidade (pois forman parte daqueles bens externos dos que falaba na
  • 5. 5 ética). Concepto restrinxido de cidadanía Xustificación dos valores da aristocracia da súa época.