SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Concha Blanco
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Concha Blanco naceu en Lires (Cee) no ano 1950. Tras os
seus estudos de Maxisterio exerceu sempre pola zona de Cee
(Ézaro, Brens, Muxía...). Como escritora destaca polo seu
labor en literatura infanto-xuvenil con obras como
Andrómenas (1989), Catuxa quere saber (2012) ou a última
titulada Cos ollos do avó (2014). Outras obras narrativas súas
son Berta non soubo voar (1995), Coa carauta posta (2009)...
Tamén participou na elaboración de diferentes libros de
texto.
viernes 4 de abril de 2014
Si. O das tres “B” puido ser terrible, aínda que imaxino que lle sacaría algo bo que minimizase
os efectos.
O sitio no que naces non o elixe un, o mesmo que ocorre coa familia, e nos dous casos inflúen
moito na persoa (amais doutras cousas, por suposto). Eu fun afortunada. Lires, naquela
década dos 50, era un lugar illado, tanto que nin había estrada de acceso a el, iso chegou máis
tarde, pero dotado dun encanto e unha beleza especiais. Quizais por iso a veciñanza era
tremendamente unida e no tocante á rapazada, eramos tantos que cada día era unha festa,
aínda que se colaborase no traballo dos grandes, pero tiñamos tempo para todo. Todo iso fixo
que en min se asentase a solidariedade, a empatía e a non esquecer nunca de onde vin nin
onde están as miñas raíces.
Concha Blanco
1. Comezos daqueles anos 50, unha cativa nace ao pé dunha ría máxica que aparece e
desaparece e case pasa á historia cos tres “B”... Que lembranzas ten daqueles primeiros
anos de vida e como marcaron á futura Concha Blanco a nivel persoal?
2. Se as circunstancias de xuventude soen marcar fondamente ás persoas, que circunstancias
puideron marcar á futura obra literaria de Concha Blanco? Cantas veces tivo que abrir a
porta da súa gaiola -igual que ocorre en Nano- para dar vida aos seus personaxes?
Eu, xa moi noviña, con só 20 anos, comecei a miña docencia por varias localidades (Nemiña, O
Ézaro, Brens, Dumbría e Cee), primeiro en escolas con alumnado moi variado e de todos os
niveis e logo, os 13 últimos anos nun Instituto, con adolescentes. Foron 40 anos de docencia,
onde recibín e vin todo tipo de situacións, nas que podía constatar como as circunstancias da
vida trataban de forma tan diferente a uns e a outros. Esas vivencias dos discentes ás veces
facíalas túas e comprometíaste na procura dunha mellora para ese alumno ou alumna que o
estaba pasando mal. Por iso, como as levabas dentro, afloraron e seguen aflorando na miña
obra literaria. Os meus dous primeiros libros, Cousiñas para a escola e Contos para a escola
foron especialmente feitos para o meu alumnado da Escola de Dumbría, co que pasei 6 anos e
no 1º os protagonistas son aqueles nenos e nenas da miña escola aos que eu suplantaba para
contar, en primeira persoa, as súas propias cousas cotiás. Eses traballos foron feitos sen
pensar que nun futuro próximo se converterían en libros. Esa foi outra historia. No caso de
Nano, como en tantos outros títulos, eu trataba temas que coñecía de cerca, a
homosexualidade, alcolismo, emigración …
viernes 4 de abril de 2014
Pois certamente desde o principio non fun consciente, pois dedicábaste a preparar os contidos da materia para examináreste deles
e superar a proba. Tampouco había quen te aleccionase sobre o que pasaba arredor da lingua, por exemplo, e foi cando rematada
a carreira pola túa conta ías descubrindo que había unha historia “por descubrir” (redundancia provocada). A nosa historia, da
que ninguén che falara, e na procura de libros que tocaban a triste realidade social, outros cos que dabas ao chou e parolas con
algúns compañeiros e compañeiras de profesión. E, sobre todo, a vida do meu alumnado do rural no que moitos se consideraban
inferiores por ser da aldea e falar o galego. Coma se iso fose un estigma de nacemento. Así que…Había que poñerse a traballar
sobre as actitudes!
Superado na actualidade? Non totalmente, pero si que se mellorou. Podería poñer ducias de exemplos.
Concha Blanco
4. Foi consciente Vostede desde a súa primeira toma en contacto coa pedagoxía das eivas que esta especialidade tiña con respecto
a Galiza e ao noso idioma, algo que a levou a traballar arreo nesta especialidade? Están superadas estas circunstancias na
actualidade?
3. A comezos dos anos sesenta vaise estudar para o Ferrol e a finais a Santiago para facer a carreira de Maxisterio. Que supuxeron
estas dúas cidades un tanto dispares (industria/cultura) para Vostede? Sabemos que Santiago é para Vostede algo semellante á
Ría de Lires no que á maxia se refire. Que lembra daquela sociedade compostelá tan convulta de fins do franquismo?
Moi diferentes estas dúas cidades. Certo. Con 10 anos aparecín en Ferrol (a razón de miña nai elixir esa cidade foi porque miña tía
ao casar, vivía alí). Unha cidade con moita xente de fóra polo que á vida militar se refería. As clases sociais eran notorias. E a
lingua? De galego nada. Entón non quedaba outra, se querías sobrevivir, que facer tradución simultánea (mental – verbal). A
familia presentoume unhas rapazas da mesma rúa e pronto me adaptei. Teño que dicir que foi alí onde me cambiaron o nome. En
serio. A min preguntáronme “Cómo te llamas? E eu coa miña timidez disimulada: “Mª Concepción” “Entonces eres Conchy”, e non
me atrevín a dicir que na miña aldea todos me chamaban “Marujiña”. A verdade é que aínda teño moi boas amizades daquela
época e fun moi ben acollida. Elas seguen a me chamar “Conchy”.
En Santiago era outro mundo. Estabas como máis na casa. O ambiente non tiña nada que ver co de Ferrol. Escoitabas falar galego
e falábalo como a cousa máis normal. Pero a verdade é que vivía alí con miña nai e tampouco tiña esa liberdade que che dá o
compartir piso con outros estudantes. Aínda así lembro as manifestacións nas que nalgunha tiven que correr sen estar nela. Pero o
que non esquezo son aquelas sesións de estudo no Bar Azul con outra xente, sobre todo preparando Oposicións.
viernes 4 de abril de 2014
5. Que supuxo para Vostede ter a sorte de impartir clase sempre na súa zona de nacemento? Supuxo este feito unha maior
implicación co ensino e cos ensinados?
Nunca pensara nisto, pero coido que o feito de estar sempre na miña zona impartindo a docencia non supuxo ningún cambio meu
de comportamento nin de implicación. Eu seguiría facendo o mesmo nos Ancares ou na Guarda. Pero unha sorte si foi porque
estaba arredor da miña xente e as distancias daquela eran distancias e non as de agora. Cando eu estudaba en Ferrol para vir á
casa a Lires precisaba todo un día. É máis doado ir agora a Madrid. Pero tamén tiña a outra parte, que ao seres da zona,
coñecíante e sempre estabas máis cuestionada e condicionada.
6. O seu primeiro contacto coa literatura foi xa de nena (O gato con botas). Foi por isto
que a súa literatura é practicamente toda adicada a estas idades?
Ai, El gato con botas! Que lembranzas! A mestra Dna. Rosita foi quen mo regalou. O
primeiro libro de meu. Líao e relíao. Sabíao de memoria.
O de que a miña maior parte da obra sexa máis ben para a xente miúda, foi porque o
alumnado co que eu traballaba era desas idades, logo xa no Instituto xa naceron Nano e
algún outro título para maiores. Pódese dicir que o alumnado era quen me facía chegar
os temas. De calquera detalle podía saltar a chispa para un novo tema, para unha nova
historia.
Supón que unha educadora, coma no meu caso, ten o mundo dos cativos máis explorado. Coñéceo porque realmente tamén forma
parte del e entón xogas con vantaxe.
En canto á imaxinación non ten por que ser máis nin menos, pero si que che permite moitas variantes pois a ficción non ten límites
e na literatura para pequenos cabe de todo sempre que sexa ben feito, porque os rapaces son moi listos.
7. Que supón para unha educadora, para unha persoa adulta, o se mergullar no mundo dos máis cativos para escribir? Cómpre máis
imaxinación que ante unha obra máis adulta?
Concha Blanco
viernes 4 de abril de 2014
8. O que máis lle gusta a Vostede é “soñar”. Até que punto a maior parte das súas obras son froito deses soños? Que soño(s) lle
gustaría cumprir?
Nos soños está a graza da vida. Deixar de soñar dáme un pouco de medo. Entendo os soños no sentido de ter ilusión por algo, que
desde logo non ten por que ser material.
Confórmome con cumprir o soño de non deixar nunca de soñar.
9. Tamén fixo Vostede incursións na prensa escrita. Que tivo que ocorrer para que o noso idioma
perdese un tan importante espazo na prensa escrita que acadara nos anos oitenta,
noventa...? Poderase volver a ocupar este espazo ou ben abonda con que aumente a súa
presenza na prensa virtual?
Pois que se dese unha Normalización Lingüística real, acabando coa diglosia, co autoodio e con
tantas actitudes negativas cara á nosa lingua. Non sei se se conseguirá. A min gustaríame velo.
10. Até que punto empregou a pedagoxía para se mergullar no seu mundo literario? Pensou
algunha vez á hora de escribir que o obxectivo final desa obra fose educar ademais de
entreter?
É difícil separar a profesión da obra que fas. A miña intención non é que o obxectivo final sexa
educar, pero se amais de entreter, forma… non ten por que molestar.
11. Nas súas obras tamén apareceu o mundo da emigración (Quero que veñan meus pais). Que pensa Vostede deste mundo actual
onde a nosa xuventude ten que revivir esa experiencia?
Unha pena. Xente tan formada ten que buscar fóra un posto de traballo, porque a situación no país está como está. E hai que vivir,
hai que comer, hai que realizarse. Con todo, grazas a esa formación, os novos emigrantes non han pasar, iso espero, o que os da
emigración da que eu falo pasaron. E non só os que se ían senón tamén os que quedaban. Cantas viúvas de vivos aguantaron os
efectos da emigración transoceánica nos anos 50 – 60 …
Concha Blanco
viernes 4 de abril de 2014
Concha Blanco
12. Vostede é amante das “luces” e danlle “arrepíos” as sombras. Como conseguirmos que os cativos ollen esta vida, esta sociedade,
con luces -que a fin de contas son as que producen as sombras- e sen sombras?
Que profunda esta pregunta/reflexión!
Metendo a cabeza debaixo da terra desde logo que non é o propio. Coa loita podemos conseguir esa luz e arremeter contra as
sombras. Caer e levantarse ata conseguir manterse en pé.
13. Cre Vostede, que é unha persoa experimentada neste ámbito, que deberían de existir máis certames literarios para o público
máis xove?
Quizais máis ca certames literarios onde non sempre gañan os mellores traballos (cuestión de gustos) houbese máis soportes nos
que poder expoñer as creacións dos máis novos. Ver a túa obra publicada nunha revista, nun blog, nun xornal… é fermoso e sobre
todo moi motivador. Iso habería que traballalo máis, nos colexios, nos institutos, pero o de sempre: non hai tempo. Canto me
sorprende esta entrevista en 2º de Bacharelato, curso que estresa e pasa coma un lóstrego pola vida destes estudantes (e dos seus
profesores tamén).
14. Que pensa cando ve un novo neto literario (obras de María Canosa), vostede
que xa ten unha familia moi numerosa?
Ha ha ha! Dáme moita alegría. Quero pensar e crer que algo tiven que ver na
afección dela á literatura. Sei que con esa dedicación nunca se vai aburrir.
15. A maior parte das súas obras literarias son ilustradas. Por que cre que este
detalle pasa moi desapercibido para a maior parte da literatura infanto-
xuvenil?
Supoño que lle dan máis importancia ao texto que á imaxe e, no caso de textos
para os máis pequenos, é un erro total. Hai imaxes que elas soas crearían unha
fantástica historia sen necesidade de ningunha verba de apoio.
viernes 4 de abril de 2014
CUESTIONARIO
Retrato de Concha Blanco realizado por:
Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB
viernes 4 de abril de 2014
A Torre de
Hércules
Un monumento
salientábel?
Autor, Castelao. Obra,
Memorias dun neno
labrego.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Concepción Arenal e
Kennedy
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
E. Hemingway. El viejo
y el mar.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Sara (da miña obraSARA)
Un personaxe literario co que se
identifique?
Cadena perpetua
Unha película de cine?
Inspíranme momentos, sensacións, paisaxes, colores, formas … pero
teño que confesar que non sempre é a inspiración a que chega a min;
son eu quen vou moitas veces na súa procura.
Cal é a súa fonte de inspiración
Bicos con Lingua
Unha obra teatral?
viernes 4 de abril de 2014
É persoal. Prefiro non
publicalo.
Un anceio por realizar?
Necesito cambiar.
Sempre o mesmo
angústiame.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Volvería a Roma. Para descansar, calquera curruncho
que me proporcionase tranquilidade e tivese diferentes
opcións para elixir. Hai moitos preto de nós, por sorte.
Un lugar para visitar? e un lugar para
descansar?
A evacuación polo
embarrancamento
do Cason
Un feito histórico?
Que se acabe o paro
XA.
Unha utopía?
O sofá do salónda miña casa.
Un lugar axeitado para a
lectura?
En función do estadode ánimo podocambiar. Canción: Dosgardenias para ti.
Un tipo de música? Unhacanción?
Non me identifico con
ninguén, sinceramente.
Un/ha autor/-a con quen
se identifique?
Escoitar a radio polas mañás
Outro entretemento ademais
da lectura?
viernes 4 de abril de 2014

More Related Content

What's hot

Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en wordradiorasca
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13belengc7
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013radiorasca
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 

What's hot (20)

Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 

Viewers also liked

Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletras
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 

Viewers also liked (11)

Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Similar to Concha Blanco

Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAntón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 

Similar to Concha Blanco (20)

Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAntón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 

More from Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (20)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 

Concha Blanco

  • 1. Concha Blanco Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Concha Blanco naceu en Lires (Cee) no ano 1950. Tras os seus estudos de Maxisterio exerceu sempre pola zona de Cee (Ézaro, Brens, Muxía...). Como escritora destaca polo seu labor en literatura infanto-xuvenil con obras como Andrómenas (1989), Catuxa quere saber (2012) ou a última titulada Cos ollos do avó (2014). Outras obras narrativas súas son Berta non soubo voar (1995), Coa carauta posta (2009)... Tamén participou na elaboración de diferentes libros de texto. viernes 4 de abril de 2014
  • 2. Si. O das tres “B” puido ser terrible, aínda que imaxino que lle sacaría algo bo que minimizase os efectos. O sitio no que naces non o elixe un, o mesmo que ocorre coa familia, e nos dous casos inflúen moito na persoa (amais doutras cousas, por suposto). Eu fun afortunada. Lires, naquela década dos 50, era un lugar illado, tanto que nin había estrada de acceso a el, iso chegou máis tarde, pero dotado dun encanto e unha beleza especiais. Quizais por iso a veciñanza era tremendamente unida e no tocante á rapazada, eramos tantos que cada día era unha festa, aínda que se colaborase no traballo dos grandes, pero tiñamos tempo para todo. Todo iso fixo que en min se asentase a solidariedade, a empatía e a non esquecer nunca de onde vin nin onde están as miñas raíces. Concha Blanco 1. Comezos daqueles anos 50, unha cativa nace ao pé dunha ría máxica que aparece e desaparece e case pasa á historia cos tres “B”... Que lembranzas ten daqueles primeiros anos de vida e como marcaron á futura Concha Blanco a nivel persoal? 2. Se as circunstancias de xuventude soen marcar fondamente ás persoas, que circunstancias puideron marcar á futura obra literaria de Concha Blanco? Cantas veces tivo que abrir a porta da súa gaiola -igual que ocorre en Nano- para dar vida aos seus personaxes? Eu, xa moi noviña, con só 20 anos, comecei a miña docencia por varias localidades (Nemiña, O Ézaro, Brens, Dumbría e Cee), primeiro en escolas con alumnado moi variado e de todos os niveis e logo, os 13 últimos anos nun Instituto, con adolescentes. Foron 40 anos de docencia, onde recibín e vin todo tipo de situacións, nas que podía constatar como as circunstancias da vida trataban de forma tan diferente a uns e a outros. Esas vivencias dos discentes ás veces facíalas túas e comprometíaste na procura dunha mellora para ese alumno ou alumna que o estaba pasando mal. Por iso, como as levabas dentro, afloraron e seguen aflorando na miña obra literaria. Os meus dous primeiros libros, Cousiñas para a escola e Contos para a escola foron especialmente feitos para o meu alumnado da Escola de Dumbría, co que pasei 6 anos e no 1º os protagonistas son aqueles nenos e nenas da miña escola aos que eu suplantaba para contar, en primeira persoa, as súas propias cousas cotiás. Eses traballos foron feitos sen pensar que nun futuro próximo se converterían en libros. Esa foi outra historia. No caso de Nano, como en tantos outros títulos, eu trataba temas que coñecía de cerca, a homosexualidade, alcolismo, emigración … viernes 4 de abril de 2014
  • 3. Pois certamente desde o principio non fun consciente, pois dedicábaste a preparar os contidos da materia para examináreste deles e superar a proba. Tampouco había quen te aleccionase sobre o que pasaba arredor da lingua, por exemplo, e foi cando rematada a carreira pola túa conta ías descubrindo que había unha historia “por descubrir” (redundancia provocada). A nosa historia, da que ninguén che falara, e na procura de libros que tocaban a triste realidade social, outros cos que dabas ao chou e parolas con algúns compañeiros e compañeiras de profesión. E, sobre todo, a vida do meu alumnado do rural no que moitos se consideraban inferiores por ser da aldea e falar o galego. Coma se iso fose un estigma de nacemento. Así que…Había que poñerse a traballar sobre as actitudes! Superado na actualidade? Non totalmente, pero si que se mellorou. Podería poñer ducias de exemplos. Concha Blanco 4. Foi consciente Vostede desde a súa primeira toma en contacto coa pedagoxía das eivas que esta especialidade tiña con respecto a Galiza e ao noso idioma, algo que a levou a traballar arreo nesta especialidade? Están superadas estas circunstancias na actualidade? 3. A comezos dos anos sesenta vaise estudar para o Ferrol e a finais a Santiago para facer a carreira de Maxisterio. Que supuxeron estas dúas cidades un tanto dispares (industria/cultura) para Vostede? Sabemos que Santiago é para Vostede algo semellante á Ría de Lires no que á maxia se refire. Que lembra daquela sociedade compostelá tan convulta de fins do franquismo? Moi diferentes estas dúas cidades. Certo. Con 10 anos aparecín en Ferrol (a razón de miña nai elixir esa cidade foi porque miña tía ao casar, vivía alí). Unha cidade con moita xente de fóra polo que á vida militar se refería. As clases sociais eran notorias. E a lingua? De galego nada. Entón non quedaba outra, se querías sobrevivir, que facer tradución simultánea (mental – verbal). A familia presentoume unhas rapazas da mesma rúa e pronto me adaptei. Teño que dicir que foi alí onde me cambiaron o nome. En serio. A min preguntáronme “Cómo te llamas? E eu coa miña timidez disimulada: “Mª Concepción” “Entonces eres Conchy”, e non me atrevín a dicir que na miña aldea todos me chamaban “Marujiña”. A verdade é que aínda teño moi boas amizades daquela época e fun moi ben acollida. Elas seguen a me chamar “Conchy”. En Santiago era outro mundo. Estabas como máis na casa. O ambiente non tiña nada que ver co de Ferrol. Escoitabas falar galego e falábalo como a cousa máis normal. Pero a verdade é que vivía alí con miña nai e tampouco tiña esa liberdade que che dá o compartir piso con outros estudantes. Aínda así lembro as manifestacións nas que nalgunha tiven que correr sen estar nela. Pero o que non esquezo son aquelas sesións de estudo no Bar Azul con outra xente, sobre todo preparando Oposicións. viernes 4 de abril de 2014
  • 4. 5. Que supuxo para Vostede ter a sorte de impartir clase sempre na súa zona de nacemento? Supuxo este feito unha maior implicación co ensino e cos ensinados? Nunca pensara nisto, pero coido que o feito de estar sempre na miña zona impartindo a docencia non supuxo ningún cambio meu de comportamento nin de implicación. Eu seguiría facendo o mesmo nos Ancares ou na Guarda. Pero unha sorte si foi porque estaba arredor da miña xente e as distancias daquela eran distancias e non as de agora. Cando eu estudaba en Ferrol para vir á casa a Lires precisaba todo un día. É máis doado ir agora a Madrid. Pero tamén tiña a outra parte, que ao seres da zona, coñecíante e sempre estabas máis cuestionada e condicionada. 6. O seu primeiro contacto coa literatura foi xa de nena (O gato con botas). Foi por isto que a súa literatura é practicamente toda adicada a estas idades? Ai, El gato con botas! Que lembranzas! A mestra Dna. Rosita foi quen mo regalou. O primeiro libro de meu. Líao e relíao. Sabíao de memoria. O de que a miña maior parte da obra sexa máis ben para a xente miúda, foi porque o alumnado co que eu traballaba era desas idades, logo xa no Instituto xa naceron Nano e algún outro título para maiores. Pódese dicir que o alumnado era quen me facía chegar os temas. De calquera detalle podía saltar a chispa para un novo tema, para unha nova historia. Supón que unha educadora, coma no meu caso, ten o mundo dos cativos máis explorado. Coñéceo porque realmente tamén forma parte del e entón xogas con vantaxe. En canto á imaxinación non ten por que ser máis nin menos, pero si que che permite moitas variantes pois a ficción non ten límites e na literatura para pequenos cabe de todo sempre que sexa ben feito, porque os rapaces son moi listos. 7. Que supón para unha educadora, para unha persoa adulta, o se mergullar no mundo dos máis cativos para escribir? Cómpre máis imaxinación que ante unha obra máis adulta? Concha Blanco viernes 4 de abril de 2014
  • 5. 8. O que máis lle gusta a Vostede é “soñar”. Até que punto a maior parte das súas obras son froito deses soños? Que soño(s) lle gustaría cumprir? Nos soños está a graza da vida. Deixar de soñar dáme un pouco de medo. Entendo os soños no sentido de ter ilusión por algo, que desde logo non ten por que ser material. Confórmome con cumprir o soño de non deixar nunca de soñar. 9. Tamén fixo Vostede incursións na prensa escrita. Que tivo que ocorrer para que o noso idioma perdese un tan importante espazo na prensa escrita que acadara nos anos oitenta, noventa...? Poderase volver a ocupar este espazo ou ben abonda con que aumente a súa presenza na prensa virtual? Pois que se dese unha Normalización Lingüística real, acabando coa diglosia, co autoodio e con tantas actitudes negativas cara á nosa lingua. Non sei se se conseguirá. A min gustaríame velo. 10. Até que punto empregou a pedagoxía para se mergullar no seu mundo literario? Pensou algunha vez á hora de escribir que o obxectivo final desa obra fose educar ademais de entreter? É difícil separar a profesión da obra que fas. A miña intención non é que o obxectivo final sexa educar, pero se amais de entreter, forma… non ten por que molestar. 11. Nas súas obras tamén apareceu o mundo da emigración (Quero que veñan meus pais). Que pensa Vostede deste mundo actual onde a nosa xuventude ten que revivir esa experiencia? Unha pena. Xente tan formada ten que buscar fóra un posto de traballo, porque a situación no país está como está. E hai que vivir, hai que comer, hai que realizarse. Con todo, grazas a esa formación, os novos emigrantes non han pasar, iso espero, o que os da emigración da que eu falo pasaron. E non só os que se ían senón tamén os que quedaban. Cantas viúvas de vivos aguantaron os efectos da emigración transoceánica nos anos 50 – 60 … Concha Blanco viernes 4 de abril de 2014
  • 6. Concha Blanco 12. Vostede é amante das “luces” e danlle “arrepíos” as sombras. Como conseguirmos que os cativos ollen esta vida, esta sociedade, con luces -que a fin de contas son as que producen as sombras- e sen sombras? Que profunda esta pregunta/reflexión! Metendo a cabeza debaixo da terra desde logo que non é o propio. Coa loita podemos conseguir esa luz e arremeter contra as sombras. Caer e levantarse ata conseguir manterse en pé. 13. Cre Vostede, que é unha persoa experimentada neste ámbito, que deberían de existir máis certames literarios para o público máis xove? Quizais máis ca certames literarios onde non sempre gañan os mellores traballos (cuestión de gustos) houbese máis soportes nos que poder expoñer as creacións dos máis novos. Ver a túa obra publicada nunha revista, nun blog, nun xornal… é fermoso e sobre todo moi motivador. Iso habería que traballalo máis, nos colexios, nos institutos, pero o de sempre: non hai tempo. Canto me sorprende esta entrevista en 2º de Bacharelato, curso que estresa e pasa coma un lóstrego pola vida destes estudantes (e dos seus profesores tamén). 14. Que pensa cando ve un novo neto literario (obras de María Canosa), vostede que xa ten unha familia moi numerosa? Ha ha ha! Dáme moita alegría. Quero pensar e crer que algo tiven que ver na afección dela á literatura. Sei que con esa dedicación nunca se vai aburrir. 15. A maior parte das súas obras literarias son ilustradas. Por que cre que este detalle pasa moi desapercibido para a maior parte da literatura infanto- xuvenil? Supoño que lle dan máis importancia ao texto que á imaxe e, no caso de textos para os máis pequenos, é un erro total. Hai imaxes que elas soas crearían unha fantástica historia sen necesidade de ningunha verba de apoio. viernes 4 de abril de 2014
  • 7. CUESTIONARIO Retrato de Concha Blanco realizado por: Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB viernes 4 de abril de 2014
  • 8. A Torre de Hércules Un monumento salientábel? Autor, Castelao. Obra, Memorias dun neno labrego. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Concepción Arenal e Kennedy Un personaxe galego e un estranxeiro? E. Hemingway. El viejo y el mar.Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Sara (da miña obraSARA) Un personaxe literario co que se identifique? Cadena perpetua Unha película de cine? Inspíranme momentos, sensacións, paisaxes, colores, formas … pero teño que confesar que non sempre é a inspiración a que chega a min; son eu quen vou moitas veces na súa procura. Cal é a súa fonte de inspiración Bicos con Lingua Unha obra teatral? viernes 4 de abril de 2014
  • 9. É persoal. Prefiro non publicalo. Un anceio por realizar? Necesito cambiar. Sempre o mesmo angústiame. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Volvería a Roma. Para descansar, calquera curruncho que me proporcionase tranquilidade e tivese diferentes opcións para elixir. Hai moitos preto de nós, por sorte. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A evacuación polo embarrancamento do Cason Un feito histórico? Que se acabe o paro XA. Unha utopía? O sofá do salónda miña casa. Un lugar axeitado para a lectura? En función do estadode ánimo podocambiar. Canción: Dosgardenias para ti. Un tipo de música? Unhacanción? Non me identifico con ninguén, sinceramente. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Escoitar a radio polas mañás Outro entretemento ademais da lectura? viernes 4 de abril de 2014